Upload
others
View
8
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 1
SERVIZO PARA A DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES
NO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA (LIFE09 NAT/ES/000514), COFINANCIADO CON FONDOS
LIFE+ NATUREZA E BIODIVERSIDADE, CUN 49,68 %
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza participa no proxecto LIFE+ Natureza e Biodiversidade,
Recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla
MARGAL ULLA, aprobado pola Comisión europea dentro da convocatoria do ano 2009. A presente proposta
englóbase dentro das actuacións do proxecto que tratan de recuperar o hábitat de Margaritifera margaritifera
e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla.
O bosque de ribeira é un elemento importante do hábitat das especies obxectivo do Proxecto. As bandas de
vexetación restaurada preveñen a entrada de nutrintes e partículas nos cauces, polo que as plantacións
previstas terán tamén a finalidade de servir de barreira para evitar que as actividades agrícolas (laboreo das
terras, aplicación de fitosanitarios, etc.) cheguen ás mesmas marxes dos ríos. Como requisito previo á
execución das tarefas de restauración vexetal cómpre definir as zonas nas que é necesario mellorar o hábitat de
bosque de ribeira, polo que se incluíu non proxecto MARGAL ULLA a actuación A.8 Definición de zonas en las
áreas potenciales para aplicar bandas tampón para la protección de cauces.
Obxecto
Definición e cartografado das zonas para aplicar bandas tampón para a protección de canles nas zonas de
actuación definidas no proxecto Margal Ulla.
Contido do entregable
1. Metodoloxía de análise a nivel de cunca (documento en .pdf):.
Neste documento presentase un modelo de análise a nivel de cunca para a delimitación das areas
tampón en base a información cartografía e ambiental existente no ámbito territorial do proxecto.
A definición de zonas nas áreas potenciais para aplicar bandas tampón para a protección de canles ven
derivada da actuación A.7 do proxecto Margal-ULLA Inventario detallado e caracterización dos focos
de contaminación por partículas en suspensión, xurros, augas residuais domésticas e residuos sólidos,
así como das zonas de ribeira degradada na zona de actuación, onde se realiza a identificación e
localización das zonas degradadas de bosque de ribeira e focos causantes de contaminación (entre os
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 2
que destaca a contaminación difusa por xurros ou fosas sépticas, vertidos directos de augas residuais,
etc.)
A actuación A.8 desenvolvese de xeito complementario á A.7, e o conxunto destas dúas actuacións
deberá servir de base para a actuación C.3 do proxecto LIFE Margal-Ulla: Restauración ambiental de
marxes de ribeira e bosque de ribeira, alí onde estean degradadas e aplicación de bandas tampón da
contaminación en marxes de ríos.
Na determinación das bandas tampón empregouse un Sistema de Información Xeográfica (SIX ou GIS).
No deseño das bandas tampón fundaméntase na cartografía oficial e na ortofotos máis actuais,
despois esta información depurouse en traballo de gabinete e procedeuse a súa revisión mediante o
traballo de campo.
2. Anexo I (documento en .pdf): Parcelas de catastro afectadas estruturadas por concellos e usos,
incluindo a referencia catastral.
3. Mapas xerais da bacía do Río Ulla (formato pdf).
� HIDROLOXÍA
� ESPAZOS PROTEXIDOS
� HÁBITATS
� COBERTURAS DOSOLO
� PRESENSEZA DE ESPECIES
� CALIDADE DO HÁBITAT
� PRESIÓN DEMOGRÁFICA
� CARGA DE NUTRIENTES
� RISCO
� PENDENTE
4. Mapas coa delimitación das zonas de risco a nivel de cunca a escala 1:10.000 (formato pdf).
5. Cartografía en formato shapefile (carpeta Capas_GIS).
6. Cartografía do parcelario de catastro (formato shapefile).
7. Geodatabase que inclúe as capas GIS.
8. Zonas de actuación: documento onde se detallan e ubican as zonas de actuación propostas
� Fichas en formato pdf .
� Fihas en formato editable (.odt)
� Cartografía en formato shapefile
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 3
METODOLOXÍA PARA A DEFINICIÓN DE ZONAS
PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A
PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO
PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 4
Índice 1. ANTECEDENTES 5
2. METODOLOXÍA 6
2.1 Calculo da calidade do hábitat. 7
2.2 Calculo dos Riscos 10
2.3 Condicionantes da súa contorna 12
2.4 Definición das zonas Tampón. 12
3. RESULTADOS 12
3.1 A calidade do hábitat 12
3.2 Riscos 13
4. ZONAS POTENCIAIS PARA A UBICACIÓN DAS BANDAS TAMPÓN TRAS A ANÁLISE A NIVEL DE
CUNCA 14
5. PROPOSTA DEFINITIVA DAS BANDAS TAMPÓN 21
6. ANEXO CARTOGRÁFICO 22
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 5
1. ANTECEDENTES
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza participa no proxecto LIFE+ Natureza e Biodiversidade,
Recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla
MARGAL ULLA, aprobado pola Comisión europea dentro da convocatoria do ano 2009. A presente
proposta englóbase dentro das actuacións do proxecto que tratan de recuperar o hábitat de
Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla.
Estas especies soen presentar patróns de distribucións descontinuos o longo do curso fluvial asociados
as variacións espaciais das condicións ambientais que determinan a presenza dos seus hábitats. O
réxime natural de perturbacións (caída de arbores, inundacións,desprendementos, etc) da lugar a trocos
continuos na estrutura do territorio xerando unha paisaxe heteroxénea (Hasson et al . 1995). Ademais,
a dinámica natural do ecosistema fluvial esta fortemente influenciada pola presión humana que
condiciona o a calidade do habitat asi como o estado de conservación das poboacións de
M.margaritifera e G.pyrenaicus.
A zona da ribeira dos ríos e unha rexión de transición e interacción entre o medio terrestre e acuático.
Esta zona ten un importante rol ecolóxico no funcionamento do ecosistema fluvial así como un poder
tampón de absorción e acumulación de elementos. As especies obxectivo deste proxecto son
especialmente sensibles as alteracións da calidade do hábitat fluvial polo que a degradación ou
fragmentación das bandas de vexetación de ribeira supoñen unha afección para as poboacións destas
especies.
Como requisito previo á execución das tarefas de restauración vexetal cómpre definir as zonas nas que é
necesario mellorar o hábitat de bosque de ribeira, polo que se incluíu non proxecto MARGAL ULLA a
actuación A.8 Definición de zonas en las áreas potenciais para aplicar bandas tampón para la protección
de cauces.
As bandas Tampón ou zonas de amortecemento son franxas de vexetación incorporadas á paisaxe para
influenciar os procesos ecolóxicos e provernos unha variedade de bens e servizos.
As bandas de vexetación de ribeira teñen un importante rol na estrutura e no funcionamento do
ecosistema fluvial; preveñen a entrada de nutrientes e tóxicos nos cauces, estabilizan as marxes,
reducen a escorrentia, reducen a erosión e regulan a temperatura da auga. A súa extensión, anchura e
continuidade condiciona moitos dos procesos ecolóxicos asociados as ribeiras fluviais.
Os principais ricos para o ecosistema fluvial da cunca do Ulla, dentro o ámbito de actuación deste
proxecto, están relacionados coa presión gandería (aportes orgánicos o cauce), o risco de incendios
forestais ( gran parte dos concellos (A Estrada, Melide, Lalín, Vila de Cruces) do ámbito presentan
superficies ZAR (zonas de alto risco de incendios forestais) e a presión antrópica ( presenza de unha
serie de actividades e infraestruturas derivadas deste poboamento, como poden ser as explotacións
mineiras, obras públicas, polígonos empresariais, ou crecemento da trama urbana).
Neste documento presentase un modelo para a delimitación das areas tampón en base a información
cartografía e ambiental existente no ámbito territorial do proxecto. Esta metodoloxía modelo poderá
ser modificada en función das consultas realizadas o panel de expertos do proxecto así como do aporte
nova información ambiental.
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 6
AMBITO TERRITORIAL
O ámbito territorial básico do presente traballo se corresponde co do Proxecto Life+ MARGAL ULLA, que abarca a
bacía do río Ulla, excluíndo a sub-bacía do río Sar. Este ámbito afecta as catro provincias galegas, inda que a de
Ourense ten unha representación moi residual. Este sector abarca aproximadamente uns 2.500,33 km2. Dentro do
proxecto enmárcanse 29 concellos, que son os seguintes: A Estrada, Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto,
Boqueixón, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Dodro, Dozón, Forcarei, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Padrón,
Palas de Rei, Santiago de Compostela, Santiso, Silleda, Sobrado, Taboada, Teo, Toques, Touro, Valga, Vedra ou Vila
de Cruces.
Na cunca do ámbito de estudo hai un total de 72 masas de auga superficial , 71 masas de auga de río e
o encoro de Portodemouros, segundo Augas de Galicia. Por outra banda , e en base a súa natureza
destas masas, debese sinalar que a totalidade dos ríos existentes correspóndense cos ríos naturais,
mentres que o encoro de Portodemouros é unha masa de auga moi modificada (ver mapa 1 Hidroloxía).
2. METODOLOXÍA
A definición de zonas nas áreas potenciais para aplicar bandas tampón para a protección de canles ven
derivada da actuación A.7 do proxecto Margal-ULLA Inventario detallado e caracterización dos focos de
contaminación por partículas en suspensión, xurros, augas residuais domésticas e residuos sólidos, así
como das zonas de ribeira degradada na zona de actuación, que de xeito previo á execución deste
servizo, realizará a identificación e localización das zonas degradadas de bosque de ribeira e focos
causantes de contaminación (entre os que destaca a contaminación difusa por xurros ou fosas sépticas,
vertidos directos de augas residuais, etc.)
A actuación A.8 (actual proxecto) desenvolvese de xeito complementario á A.7, e o conxunto destas
dúas actuacións deberá servir de base para a actuación C.3 do proxecto LIFE Margal-Ulla: Restauración
ambiental de marxes de ribeira e bosque de ribeira, alí onde estean degradadas e aplicación de bandas
tampón da contaminación en marxes de ríos.
Na determinación das bandas tampón empregarase un Sistema de Información Xeográfica (SIX ou GIS).
Un SIX é unha eficaz ferramenta informática creada para obter, analizar, cartografar, xestionar e
transformar datos especialmente referenciados. Os SIX operan con dous tipos de datos: espaciais e
temáticos. As fontes das que se obteñen estes datos son moi variada: fotografía aérea, cartografía
convencional, imaxes de satélite … No deseño das bandas tampón fundaméntase na cartografía oficial
e na ortofotos máis actuais, despois esta información depurouse en traballo de gabinete e procedeuse a
súa revisión mediante o traballo de campo.
Nos proxectos e estudios medioambientais é aconsellable o emprego de ferramentas SIX, debido a que
se utilizan gran cantidade e diversidade de datos e metodoloxías.
Esta actuación consistirá na realización dunha cartografía de detalle da vexetación actual existente e do
seu estado de conservación. A cartografía realizarase en formato dixital xeorreferenciado e terá unha
resolución de 1:10.000 ou maior. Por medio de polígonos delimitaranse as unidades de vexetación
existentes, incluíndo o código do hábitat naquelas comunidades de interese ou prioritarias. A cartografía
acompañarase dunha memoria explicativa, na que cada unidade de vexetación cartografada será
descrita incluíndo a súa fisionomía, estrutura e composición florística. A cada tesela asignaráselle
ademais un valor do estado de conservación.
Este proxecto articulase a través de tres piares: a calidade do hábitat, os riscos e actuais impactos e os
condicionantes existentes na contorna do espazo , tendo coma obxectivo a análise do espazo a nivel da
cunca do Río Ulla.
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 7
2.1 Calculo da calidade do hábitat.
En primeiro lugar definise os espazos de maior calidade de hábitat para albergar as especies de
Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do Ulla. A calidade dun hábitat é un
concepto relativamente ambiguo cuxa magnitude e estimación varían en función dos obxectivos de
cada tipo de estudo e do autor. Xeralmente, as valoracións do hábitat realízanse partindo de
determinados datos, como serían as esixencias en canto a hábitat das especies, no caso particular das
especies de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus este hábitat está vinculado entornos
fluviais ben conservados e pouco alterados pola actividade antrópica.
A Margaritifera margaritifera vive nos cursos superiores e medios de ríos con augas ben osixenadas,
pouco calizas , oligrotróficas e con presenza de salmónidos. Galemys pyrenaicus está preferentemente
regos montañosos de augas limpas e osixenadas. Ambas especies están limitadas pola presenza está
dun fluxo regular de auga durante todo o ano.
A información inicial para avaliar a calidade destes hábitats parte da cartografía oficial existente. A
continuación móstranse as principais fontes cartográficas:
• ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS
Dentro dos espazos naturais protexidos distinguiremos en función do rango de protección:
o Espazos protexidos ZEPVN- LIC (nova delimitación).
Esta cartografía delimita os espazos protexidos ZEPVN-LIC desenvoltos a partir da Rede
Natura 2000. A Rede Natura 2000, é unha rede ecolóxica coherente creada pola Directiva
92/43/CEE, formada polos lugares declarados en conformidade coa Directiva 2009/147/CE,
como Zonas de Especial Protección para as Aves ZEPA (Special Protection Area SPA), así
como daquelas designadas para a conservación dos hábitats do Anexo I e das especies de
flora e fauna silvestre do Anexo II da propia Directiva 92/43/CEE, designadas na súa fase
inicial como Lugares de Importancia Comunitaria LIC (Sites of Community Importance SCI),
e na súa fase final como Zona Especial de Conservación ZEC (Special Area of Conservation
SAC).
O desenvolvemento da Rede Natura 2000 supuxo un importante aliciente para o
establecemento da Rede Galega de Espazos Protexidos, desenvolvida no marco da Lei
9/2001 e constituída por 7 dos 9 tipos de espazos protexidos que establece a mencionada
normativa: Reserva Natural, Parque Nacional, Parque Natural, Monumento Natural,
Humidal Protexido, Paisaxe Protexida, Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.
Na cunca existe sete ZEPVN e un Monumento natural (ver mapa 2 espazos protexidos). No
ámbito de proxecto contase cos seguintes ZEPVN-LIC:
o Serra do Careón. Espazo formado pola Serra do Careón e subcuncas dos ríos Furelos e
Seco, que se estende ata o río Tambre polo sur, na súa maior parte dentro dos termos
municipais de Toques, Melide e Santiso. Área dun grande interese xeolóxico e dunha
excepcional relevancia botánica. A elevada singularidade da área reside no substrato
litolóxico, que constitúe o afloramento de rochas ultrabásicas máis extenso do noroeste
ibérico, esténdese entre o sur de Melide e os arredores de Sobrado. A área está
atravesada por masivas pero complexas bandas de anfibolitas, rochas ultrabásicas
serpentinizadas e rochas metabásicas en facies granulítica, que son substituídas por
gneis de biotita máis ao oeste do espazo natural. Recentemente este espazo protexido
ampliouse
o Sobreirais do Arnego. Principal masa forestal representativa da fraga atlántica con
influencia mediterránea presente na cunca do río Ulla. Como especies máis
representativas destacan o carballo, Quercus robur, e a sobreira, Quercus ilex.
o Serra da Cova da Serpe. Serra situada entre as provincias de Lugo e A Coruña,
caracterizase por breixeiras humidas e tubeiras altas. Este espazo catalogouse
recentemente.
o Monte Faro. Área de media montaña galega con formacións de mato de interese. As
formacións boscosas autóctonas adquiren relevancia na paisaxe, tradicionalmente
moldeada pola actividade agrogandeira. Consérvanse entre as terras de labor boas
mostras de carballeiras, con exemplares de gran porte nalgunhas zonas.
o Sistema Fluvial Ulla-Deza. Cursos fluviais con importantes poboacións piscícolas, entre
as que destacan salmón atlántico e lamprea. Este espazo protexido foi ampliado
recentemente.
o Brañas de Xestoso. Pequenas áreas de turbeiras e torgueiras con esfagno, Sphagnum
pylaisii, con presenza abondosa de uceiras e tamén carballeiras en zona de media
montaña galega. Este espazo protexido foi ampliado recentemente.
o Serra do Candán. Serra de mediana altitude que conta con notables extensións de
matogueira e pradeiras (con afloramentos rochosos), xunto con pequenas carballeiras
de Quercus robur. Ten ademais superficies de turbeiras e torgueiras con esfagno,
Sphagnum pylaisii.
Tamén na cunca contamos co Monumento Natural Fraga de Catasós ou Quiroga, que se
caracteriza polos seus monumentais castiñeiros, entre os máis grandes de Europa.
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 8
o Inventario de Humedais de Galicia.
A maior parte dos humedais inventariados, como poden ser as Brañas de Xestoso, non
responden aos hábitats das especies deste proxecto, por tanto esta fonte non se emprega
como fonte para o desenvolvemento das zonas tampón para estas especies.
o Hábitats prioritarios.
Estes datos derivan do desenvolvemento da Directiva Hábitat 92/43/CEE impulsou a
necesidade de realizar un inventario Nacional, de carácter exhaustivo, sobre os tipos de
Hábitat do Anexo I da Directiva. Se tiveron en conta os relacionados con estas especies
como son os bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior, co código 91E0. (ver
mapa 3 Hábitat prioritario)
Estes datos deben ser depurados ou escollidos con cautela, unha análise previa dos
shapefiles descargados no ministerio mostra incoherencias ca realidade territorial, xa que a
escala de traballo ten un menor detalle (1:50.000) e os datos da súa actualización son do
1997.
Un exemplo destas incoherencias é que atopamos grandes amplas zonas de bosques
aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior en zonas ocupadas por matogueiras ou
repoboacións forestais que historicamente foron zonas de pastoreo, e dificilmente poden
albergar un hábitat tan extenso, este e o caso do polígono que vai dende a parroquia de
Pedroso (concello de Rodeiro), ata o concello de Dozón, pasando polo leste do concello de
Lalín.
o Espazos naturais de rango local (PXOM, NNSS, etc).
Estes espazos protexidos que delimita o planeamento urbanístico son moi diversos, acorde a
heteroxeneidade do planeamento dos concellos do ámbito do proxecto. As diferenzas
temporais (dende os anos 1980 ata actualidade, a heteroxeneidade dos equipos redactores,
conleva unhas grandes diferenzas na detección de espazos naturais por parte do
planeamento. Isto pode provocar que concellos de gran riqueza natural non presenten
ningún espazo natural local, nin sequera recolla os espazos naturais de rango superior,
debido a súa antigüidade. Por tanto o proxecto ten en conta estes espazos, xa que son
mostra da sensibilidade local respecto o seu medio natural, pero a ausencia de
homoxeneidade impide a súa normalización para o obxectivo deste proxecto.
• COBERTURAS E USOS DO SOLO
Neste apartado intentouse determinar as coberturas coherentes co hábitat óptimo destas
especies, así que buscase coberturas propias do bosque de ribeira. As fontes empregadas son as
distintas cartografías sobre usos e coberturas do solo oficiais.
o Cartografía de Usos do Solo (SITGA).
Nesta capa descríbense os diferentes usos do solo do territorio galego. Xerada mediante
fotointerpretación de imaxes dos satélites Landsat-TM (Tematic mapper) e Spot
(Pancromatic) con apoio de fotografías aéreas a escala 1:17000, acompañado de traballo de
campo.
o A cartografía catastral.
Esta cartografía representa o sistema parcelario, ademais apórtanos o tipo de cobertura ou
uso de cada parcela. Esta cartografía é a de mais detalle e ao dispoñer do parcelario,
facilita a xestión posterior do territorio.
• A UTILIZACIÓN DA ORTOFOTO DO PNOA 2009
O emprego desta fotografía aérea permitirá depurar a cartografía de base, segundo os usos e
coberturas actuais.
A partir destas capas elaborarase un cartografía de usos, detectando as coberturas e usos propios ou
coherentes cos bosques de ribeira autóctono, como poden ser as masas forestais de caducifolias, que se
sitúen próximas a un canle fluvial (ver mapa 4 Coberturas do solo).
Ademais das anteriores fontes xerais, dispóñense de datos recollidos en campo da presenza destas
especies (Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus) e doutras especies acompañantes dentro
da bacía, o que permite definir zonas de presenza real destas especies (ver mapa 5 presenza das
especies).
Despois de recompilar, avaliar e depurar toda a información tanto en traballo de gabinete como de
campo, uniformaranse as distintas fontes cartográficas.
A partir desta información depurada e validada elaboramos as zonas de maior calidade do seu hábitat,
tendo en conta que esta especie esta vinculada aos canles fluviais, por tanto as áreas a analizar sitúanse
na contorna dos cauces. Outro dos factores a considerar é a vexetación dos contornos fluviais, sendo a
de maior calidade a conformada por especies ripícolas. O hábitat óptimo desta especie responde a
ámbitos fluviais, onde prime a vexetación climácica e non presenta alteracións significativas
procedentes de actividades humanas (exceso de nutrientes, pesticidas, sedimentos, etc).
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 9
Os valores superiores acadaranse nos espazos naturais protexidos compatibles co hábitat destas
especies. Mentres os valores inferiores acadaranse nas zonas afastadas destes canles fluviais e que se
atopen moi antropizadas (polígonos empresariais, canteiras, núcleos urbanos, etc)
Para acadar estes resultados, valoraranse as coberturas e usos do solo de todo o ámbito, dándolle maior
valor aos cursos fluviais, e as coberturas relacionadas co bosque de ribeira (12) e o inferior as zonas
antropizadas (1). Ademais as coberturas que se localicen en espazos protexidos incrementase o valor
(5) debido a calidade destes espazos.
Despois co shapefile de hábitats escollemos os prioritarios que teñan unha vinculación cas especies é
dámoslles un valor en consonancia ca anterior táboa (3). O problema que detectamos con esta
cartografía e que está a unha escala e detalle que difire moito da realidade, existindo algunhas
incoherencias como se comentou anteriormente. Por tanto antes de empregala realizarase unha
depuración desta información.
A partir da valoración das distintas capas (shapefiles) pásase esta información a formato ráster. O
tamaño de píxel , 10*10 m, escolleuse de acordo coas dimensións mínimas dos elementos físicos no
modelo, e da acordo cos obxectivos particulares do estudo.
A maior parte das transformacións dos datos espaciais realizáronse mediante o emprego da aplicación
de Spatial Analyst, unha extensión do programa SIX, Arcgis. Esta función permitiu executar as
operacións necesarias entre as distintas capas temáticas
Como xa citamos, considéranse os espazos de maior calidade aqueles que presentan coberturas do solo
autóctonas e que presenten algunha figura de protección polo súa calidade ecolóxica. Neste caso
sumamos as distintas capas raster, cos valores das coberturas cas valoracións dos espazos naturais e
hábitats prioritarios (ver mapa 6 de calidade do hábitat).
No seguinte cadro mostra o sistema de valoración da calidade do hábitat; os valores asociados a cada
cobertura poden variar en función do resultado as consultas do panel de expertos do proxecto.
Calidade do hábitat = Valor das coberturas + Valor ZEPVN + Valor Hábitat prioritario+Valor
Especies
Coberturas Valor
Augas naturais 15
Bosque de ribeira 12
Caducifolias 8
Matogueiras 6
Cultivos e prados 5
Vides 5
Artificial 1
Valor ZEPVN
LIC- ZEPVN 5
Valor hábitat
Hábitat 91EO 3
Valor especies
Presenza da especie (100 m. de radio) 12
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 10
2.2 Calculo dos Riscos
Os principais riscos veñen derivados da actividade humana, destacando a gandeira intensiva (xurros),
actividades extractivas (canteiras a ceo aberto), e explotacións forestais pirófilas e en menor medida da
actividade industrial e dos centros urbanos (debido a súa escasa presenza na cunca do Ulla). Estes ricos
proceden de fontes difusas (gandería intensiva) e fontes puntuais (puntos de vertido de EDAR).
A información que empregaremos para detectar os potenciais riscos fundamentase, en primeiro lugar
en buscar as principais fontes de risco. Para detectar as fontes de risco empregaremos as fontes
cartográficas das coberturas do solo, como as seguintes:
• Cartografía dos usos do solo (SITGA):
o Actividades extractivas (Minas)
o Gandería ou granxas (Urbanizacións agrícola difusa)
o Medio urbano e industrial (Zonas industriais, comerciais e de servizos; Urbanizacións;
Tecido urbano continúo; Núcleos de poboación; estradas)
o Explotacións forestais pirófilas (eucalipto e piñeiro)
Esta cartografía está realizada a unha escala de menor detalle (1:25.000), por tanto só sirve para
unha análise previa, ademais os usos e coberturas presentan erros debido a súa antigüidade.
• USOS E COBERTURAS DO SOLO DO PARCELARIO (catastro). Esta capa reflexa mellor as
superficies reforestadas por eucalipto e piñeiro, e a dimensión do núcleos rurais e a trama
urbana.
• MAPA FORESTAL (MARM), inda que está a unha escala de 1:50.000 concreta a especie forestal e
o seu porte.
• Empregarase a ortofoto do PNOA (2009) para actualizar a detallar os usos recollidos na
anterior cartografía.
Ademais empregaremos outras fontes para determinar as zonas de risco:
• Consultar o planeamento existe, para ter en conta futuros desenvolvementos potencialmente
perxudiciais como solo empresariais, urbanizacións, grandes infraestruturas, etc.
O problema desta información e a súa diversidade (cada concello é distinto) e a maior parte do
planeamento esta en PDF, sen xeorreferenciar. Ademais moito deste planeamento atopase en
fase de actualización como é o caso do PXOM de Silleda ou Vila de Cruces.
• Zonas queimadas.Empregase a cartografía dos anos 2005, 2006 e 2.007.
• Outra información a empregar son os núcleos de poboación co número de habitantes do 2.009,
para ver a presión humana do territorio. Atopámonos ante un medio moi antropizado, onde a
dispersión da poboación é a nota dominante (ver mapa 7 presión demográfica). A presión
demográfica a pesar de ser intensa é considerablemente inferior a outras zonas costeiras.
• Información da carga de nutrientes (nitróxeno e fósforo) que presenta o ámbito de estudo, xa
que a mexillón de río (Margaritifera margaritifera) desenvolvese en augas oligotróficas e gran
parte da zona presenta unha alta carga derivada da carga gandeira. Esta información
permitiríanos detectar unhas das principais fontes de contaminación difusa ( ver mapa 8 carga
de nutrientes).
A partir desta información avalíanse os riscos segundo a súa repercusión e compatibilidade con estas
especies. A valoración faise de xeito similar a calidade do hábitat pero de xeito inverso, os usos e
coberturas máis artificiais ou que supoñan unha maior alteración do medio teñen un valor superior,
neste caso os núcleos urbanos, industriais e canteiras, xunto co grandes explotacións gandeiras acada
valores máis altos, séguenlle en importancia os núcleos rurais e en menor medida as plantacións de
rápido crecemento. Ademais do propio impacto, estas coberturas teñen un área de influencia directa as
mesmas, por tanto localízanse as afeccións, e crease unha área de influencia segundo a distancia. Se
analizaron os riscos atendendo a súa área de influencia tramado unha gradación entre os espazos
inmediatos onde o impacto era alto o moi alto ata os máis afastados onde era baixo o nulo. Así dáse un
valor de 20 as zonas totalmente antropizadas (urbanas, industrias e mineiras) ou 12 as menos
modificadas (granxas, núcleos rurais e plantacións pirófilas) dependendo da repercusión e vaise
reducindo segundo a distancia a fonte, ata considerarse como non significativo (a partir dun 1 km. de
distancia ao impacto). Ademais incluíse os riscos por contaminación difusa derivada da agricultura,
partindo como 6 a media galega (48 kg/ha de nitróxeno e 28 kg/ha de fósforo) e 12 os valores
superiores (> 100 kg/ha de nitróxeno e >40 kg/ha en fósforo)
A continuación mostrase unha zona afectada por especies pirófilas.
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 11
Zona con risco de lumes forestais (plantación de rápido crecemento), sendo vermello alto e verde baixo
Zona de baixo risco por presión industrial, urbana o extractiva.
Do mesmo xeito ca calidade do hábitat a partir da valoración das distintas capas (shapefiles) pasase esta
información a formato ráster. O tamaño de píxel , 10*10 m, escolleuse de acordo coas dimensións
mínimas dos elementos físicos no modelo, e da acordo cos obxectivos particulares do estudo.
Como no caso do calculo da Calidade do Hábitat realizáronse mediante o emprego da ferramenta Arcgis
e da súa aplicación, Spatial Analyst. Esta función permitiu executar as operacións necesarias entre as
distintas capas temáticas
Para detectar as zonas de maior risco por causas antrópicas realizouse o seguinte calculo raster:
Riscos= V_ industria + V_minas + V_trama urbana + V_eucalipto_piñeiro + V_ núcleo
rural+Contaminación Difusa
Táboa de valores:
Valor Alteración 50 m. de distancia
50-100 m. de distancia
100-250 m. de distancia
250-500 m. de distancia
500 – 1.000 m. de distancia
> 1km. de distancia
Industria 20 12 10 8 6 3 1
Minas 20 12 10 8 6 3 1
Trama_ Urbana
20 12 10 8 6 3 1
Eucalipto e piñeiro
12 10 8 6 4 2 1
Núcleo Rural
12 10 8 6 4 2 1
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 12
2.3 Condicionantes da súa contorna
Unha vez detectados os elementos e as zonas de risco, hai que determinar os elementos que agravan ou
minimizan os riscos existentes. Un dos factores claves é a pendente xa que a maior inclinación,
aumenta a escorrenta producindo unha maior degradación do hábitat destas especies. Co esta
finalidade realizamos un mapa de pendentes clasificando en seis categorías e valorando as súas
pendentes. (ver mapa 10 pendentes). A clasificación de pendentes é a seguinte:
• Chaira, pendentes inferiores ao 3% (valor 2)
• Pendentes suaves, cando a pendente varía entre o 2 -10% (valor 4)
• Pendentes moderadas, cando a pendente oscila entre o 10-20% (valor 6)
• Pendentes fortes, entre o 20-30% (valor 8).
• Pendentes moi fortes 30-50% (valor 10).
• Pendentes escarpadas, cando son superiores ao 50% (valor 12).
Existen outros condicionantes como a xeomorfoloxía da zona, a estrutura parcelaria que tamén inflúen
na magnitude dos riscos.
2.4 Definición das zonas Tampón.
Na definición das zonas tampón considerarase os riscos e os condicionantes territoriais, por tanto
relacionaranse as dúas capas raster (Riscos + Pendentes) que dará como resultado un mapa de riscos
potenciais existentes na comarca.
Para determinar as zonas máis apropiadas para definir as zonas Tampón establecerase unha zona de
afección directa das zonas de maior calidade hábitat. Neste caso temos en conta o seu ámbito de
influenza directa, considerando as ladeiras que verten directamente ao cauce e os seus tributarios
directos. Por outra banda, debido o gran tamaño dalgunha vertente estableceuse unha distancia
aproximada de 1 km arredor das poboacións de Galemys pyrenaica e Margaritifera margaritifera e/ou
as zonas de maior calidade que pode habitar es especies.
A definición final de zonas Tampón vincularanse os riscos reais e as zonas de maior calidade e por tanto
maior sensibilidade, detallando polo miúdo as zonas óptimas para constituírse como zonas tampón.
3. RESULTADOS
A continuación analizaremos os resultados obtidos seguindo a anterior metodoloxía.
3.1 A calidade do hábitat
A bacía do río Ulla presenta unha rede hidrográfica moi densa que se estende por unha superficie
arredor de 2.500 km2. O tamaño desta rede hidrográfica e a diversidade territorial da cunca favorece
unha distribución heteroxénea destas especies.
A calidade do Hábitat dentro da bacía presenta claras desigualdades debido a distinta presión
antrópica. En termos xerais, os tramos superiores presentan unha maior calidade debido a unha menor
presión demográfica.
Na bacía localizase varias zonas protexidas de diversas categorías, ocupando unha superficie
considerable do ámbito. Sen embargo, todos non responden a este hábitat, a pesar disto a maioría
destes ámbitos teñen un alto valor dende o punto de vista da conservación xa que presentan
ecosistemas be conservados.
Se temos en conta as poboacións inventariadas destaca a presenza da Margarifera margaritifera nos
tramos alto do río Ulla, na comarca da Ulloa e no río Arnego na comarca de Deza. A distribución de
Galemys pyrenaica é máis homoxénea na bacía, destacando nas canles de xerarquía inferior como os
ríos Iso, Boente, ou de maior importancia como o río Deza ou Asneiro.
Mentres se analizamos as coberturas do solo, especialmente as vinculadas a estas especies como os
bosques de ribeira e as masas forestais de caducifolias autóctonas, observamos un maior predominio
nos concellos orientais ou do interior respecto os concellos costeiros ou máis occidentais. Isto debese a
varias razóns, por un lado unha maior antropización e por outro por troco de hábitos. Nas concellos
orientais existen unha densidade demográfica moito menor e segue vixente o aproveitamento do
campo por medio da gandería. Mentres concellos occidentais tivo un crecemento urbano máis
importante e máis localizado, así como un gran abandono rural o que favoreceu a forte artificialización
do solo por medio asentamentos urbanos ou rururbanos, industrias e infraestruturas e nas zonas non
impermeabilizadas polos procesos construtivos foron adicadas a especies forestais de rápido
crecemento como o eucalipto e o piñeiro. Nestas zonas interiores, como xa mencionamos a presión é
menor e atopase máis localizada (vilas e polígonos empresariais). A pesar de que nas zonas de interior
seguen baseando a súa economía no sector primario, a explotación intensiva do agro favoreceu a perda
de hábitat destas especies. O aumento de produtividade do rural tivo repercusións negativas no medio
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 13
natural. Por un lado fragmentouse o seu hábitat nestas zonas produciuse pola roturación para pastos e
cultivos forraxeiros, eliminando a vexetación autóctona, en moitos casos por medio da concentración
parcelaria. Ademais estas concentracións parcelarias eliminan o “bocage” tradicional que permite unha
maior afección dos impactos, xa que esta estrutura parcelaria minimiza as afeccións. Outras veces
afectouse a calidade do hábitat mediante o usos de herbicidas, pesticidas ou un aumento excesivo da
carga orgánica froito dos vertido de xurros.
Dentro da bacía destacan as seguintes zonas pola súa calidade dentro da bacía:
- Os Sobreirais do Arnego. Este ámbito que coincide parte co ZEPVN Sobreirais do Arnego,
presenta unha alta densidade de exemplares Margaritifera margaritifera e un bosque de ribeira
ben conservado. Xunto a estas especies ripícolas existen pequenos bosquetes de sobreiras
(Quercus ilex). A carga gandería desta zona é lixeiramente inferior que noutras zonas do Deza,
debido o aproveitamento forestal tanto de sobreiras como de especies de rápido crecemento
como o piñeiro.
- Tramo Alto do Ulla. Este sector se localiza entre os concellos de Palas de Reis e Santiso e os
concellos de Agolada e Antas de Ulla. Como o ámbito anterior presenta unha alta concentración
de exemplares de Margaritifera margaritifera e un bosque de ribeira ben conservado. Ocupa
unha zona de baixa densidade demográfica, na que só destacan pequenos núcleo rurais.
- Nos tramos baixos do río Ulla, tamén presenta unha gran calidade ambiental, onde existen
unha alta densidade de Galemys e unha considerable presenza de Margaritifera é significativa,
inda que considerable inferior que nos tramos superiores.
- Tributarios do Ulla no concello de Arzúa (Río Boente, Brandeso e Iso) Nestes ríos localízanse
unha poboación significativa de Galemys pyrenaica, grazas a conservación en bo estado de gran
parte do bosque de ribeira a pesar da proximidade da vila da Arzúa, das concentracións
parcelarias e da gran presenza de plantacións forestais de rápido crecemento.
- Río Caseta, no concello de Silleda, presenta un bo estado de conservación con poucas
alteracións, sendo a máis significativa a pequena vila de Bandeira.
- Río Vea na Estrada, especialmente nas proximidades a súa desembocadura no Ulla, ten un
bosque de ribeira ben conservado é unha poboación destacable de Galemys, froito da pouca
presión agrogandeira da zona especialmente se o comparamos con outras zonas do concello da
Estrada.
- Río Santa Lucía en Teo, presenta unha alta concentración de Galemys, así como un bo estado
de conservación do cauce e do seu bosque ribeira a pesar da presión antrópica.
- Río Valga, contrastase unha presenza significativa de Galemys.
- Río Deza (para a comarca de Deza) e Asneiro (Augas de Galicia) no seu tramo alto dende antes
da confluenza co Asneiro ou viceversa presenta un bo estado de conservación xa que presenta
poucas alteracións, e as existentes derivan das explotacións agrogandeiras.
3.2 RISCOS
Os riscos de maior magnitude e importancia que presenta a bacía veñen derivados da acción humana.
Este territorio en comparación co resto de Galicia presenta unha artificialización baixa. Se analizamos a
densidade demográfica observamos 55,34 hab/km2 no 2009 case a metade da media galega.
Entre os riscos significativos aos que están expostos estes cauces que poden reducir o seu hábitat,
atópanse as seguintes: Fontes de contaminación puntual, difusas, hidromorfolóxicas e coberturas do
solo.
3.2.1 Riscos por fontes de contaminación Puntual
Estimouse a contaminación significativa orixinada por fontes puntuais producida especialmente polas
sustancias enumeradas no anexo II do Regulamento de dominio Público Hidráulico (RDPH), procedentes
de instalacións e actividades urbanas, industriais, agrogandeiras e outro tipo de actividades
económicas.
Segundo o Plan de Control de Vertidos a cunca cota 658 vertidos nas masas de agua, 342 de pluviais,
271 domésticos , 18 industriais e 26 agrícola-gandeiro e unha de refrixeración.
A bacía conta 24 Estacións depuradoras de augas residuais, para o tratamento dos vertidos urbanos, e
11 Depuradoras de vertidos industriais.
Respecto os vertidos urbanos, localízanse próximos aos máis importantes están compostos por as vilas
da Estrada, Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso,Os Tilos, Cacheiras e Silleda, e a outros núcleos con
particularidades urbanas como Bandeira (Silleda) ou Moa (Vila de Cruces).
Os vertidos industriais inda que teñen unha gran repercusión no medio a súa importancia espacial é
máis moderada, xa que é unha comarca propiamente agrogandeira con pouca presión industrial. Este
sector ten unha relevancia secundaria, non existindo grandes centros industriais, e os existentes
localízanse nos concellos máis urbanos, como A Estrada, Lalín, Melide, Arzúa, Valga ou de menor
importancia como Agolada ou Silleda.
Así mesmo no sector se recollen 22 IPPC ou actividades industriais que se atopan sometidas ao
establecemento da directiva 96/61/CE e a Lei 16/2002 de prevención e Control integrado da
Contaminación, estando tres delas (121,128,144) incluídas no polígono industrial de Valga. A maior
parte destas empresas está relacionada co sector agroalimentario.
Outros dos focos puntuais son as minas a ceo aberto existentes no ámbito de estudo, en total hai 24
minas que ocupan unha superficie de 587,31 Ha.
Existen outros fontes de risco como os centrais hidroeléctricas pero non son aplicables para a actuación
deste proxecto.
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 14
3.2.2 Riscos por fontes de Contaminación difusa
A valoración da contaminación de orixe difuso a que se atopa sometida a cunca do Ulla estimouse a
contaminación orixinada por fontes difusas producida especialmente por sustancias enumeradas no
anexo II do Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH), procedentes de instalacións e
actividades urbanas, industriais, agrícolas e gandeiras, en particular non estabuladas, e outro tipo de
actividades , tales como zonas mineiras, solos contaminados ou vías de transporte.
A bacía presenta unha gran presión gandeira , especialmente de porcino e vacún e de xeito focalizado
avícolas como no concello de Dozón e Palas de Rei. Os valores de nitróxeno (71 kg/ha) e fósforo (44
kg/ha) son moi superiores o resto da demarcación de augas de Galicia ( 43kg/ha de nitróxeno e 28 kg/ha
en fósforo). Estes valores tanto de nitróxeno e fósforo son especialmente alto no sur e sueste da
comarca de Deza e nos concellos de Arzúa, Melide e Boimorto (ver mapa 8 carga de nutrientes).
3.2.3 Riscos procedentes de procesos hidromorfolóxicos
Respecto os riscos hidromorfolóxicos o estudo tivo en conta a morfoloxía da zona, xa que dependendo
da pendente e da cobertura existente o risco pode aumentar ou diminuír. No ámbito de estudo en
certos tramos do río Deza (entre o concello de Touro e Vila de Cruces), de Deza (Entre Silleda e Vilade
Cruces), ou en zonas de Montaña como os Montes Testeiro ou Serra do Candán, as vertentes son moi
fortes e cunha baixa densidade vexetal, predominando os afloramentos rochosos, o que favorece os
procesos erosivos (deslizamentos desprendimentos, etc)
3.2.4 Riscos derivados das coberturas do solo
Estes riscos relaciónanse con aquelas coberturas que baixo teñen unha gran potencialidade de provocar
un risco, inda que na súa fase de uso non contemple un efecto directo. Estas coberturas responde a
especies forestais pirófilas, como son os eucaliptos e piñeiros.
4. ZONAS POTENCIAIS PARA A UBICACIÓN DAS BANDAS TAMPÓN TRAS A ANÁLISE A NIVEL DE CUNCA
Antes de comentara as zonas elixidas como zonas tampón, se aconsellan unha serie de recomendacións
para garantir o existo das mesmas, que son as seguintes:
- As zonas de amortecemento ripícola soen ser máis eficaces ao longo dos regatos pequenos ou
de baixo orden que os canles máis grandes o de maior orden posto que a maior parte da auga
da cunca entra ao longo de regos de baixo orden.
- A escorrenta nas áreas cultivadas é maior onde as pendentes son máis pronunciadas e a textura
do solo é máis fina. Ë importante protexer estas áreas con zonas de amortecemento.
- Se debe localizar as zonas de tampón o máis preto posible da fonte de contaminación e o longo
da contorna promover un fluxo pouco profundo a través da zona de amortecemento. Se non se
segue estreitamente o contorno, unha zona de amortecemento podería incrementar a
concentración do fluxo de escorrenta e reducir a eficacia da zona tampón.
- Hai que ter en conta a unidade cunca (unidade de xestión hídrica) para avaliar a colocación das
zonas tampón de xeito que se minimice as escorrentas a nivel da bacía.
- As zonas de amortecemento terán en conta os fluxos da escorrenta das vertentes, xa que non
soen ser uniforme. Por tanto a anchura da zona tampón aumentará e diminuirá en función das
cargas de escorrenta.
- As zonas tampón teñen que favorecer unha escorrenta baixa para lograr un retiro alto de
contaminantes.
- As pendentes máis fortes necesitan zonas de amortecemento máis amplas, do mesmo xeito os
solos con pouca capacidade de infiltración necesitan zonas tampón máis anchos.
A partir da diagnose dos criterios anteriormente citados, detallaranse as propostas de zonas tampón,
describindo o canle, a súa situación e a función da zona Tampón. As zonas de actuación son as
seguintes:
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 15
Río Arnego
Concello: Rodeiro
Mapas: AR1
Actuación:
Neste ámbito está contrastado a existencia das especies do proxecto. O bosque de ribeira presentase
bastante esquelético. Tanto na vertente occidental coma na oriental está sometido a fortes presións.
Na vertente occidental localízase unha granxa de coellos e na vertente oriental situándose varías naves,
no sector seleccionado polo PXOM como solo urbanizable industrial (futuro parque empresarial).
Ademais verten as augas do río Rodeiro, que transcorre pola pequena cabeceira municipal ( ver mapa
AR1). A zona tampón é necesaria para reducir os sedimentos (construción do polígono empresarial de
Rodeiro), a carga orgánica das granxas, e os posibles axentes patóxenos da actividade gandeira,
industrial e urbana existente na contorna
Río Asneiro
Concello: Lalín
Mapa: AS1, AS2, e AS3
Actuación 1:
Río Cabirtas, tributario do Asneiro. Este cauce está moi antropizado, non só polo seu paso pola vila de
Lalín unha das máis grandes da bacía, senón pola proximidade do polígono empresarial Lalín 2.000 e
por industrias illadas situadas fora do polígono (ver mapa AS1). Ademais o polígono empresarial de Lalín
fáltanlle dúas fases de ampliación o que repercutirá nunha maior presión do hábitat. Recomendase
crear unha zona tampón na vertente setentrional deste ámbito, para reducir os sedimentos e sólidos en
suspensión cando amplíe o polígono empresarial e que permita conter algún posible vertido tanto na
fase de construción como de funcionamento.
Actuación 2:
Río Asneiro, na parroquia de Vilanova, concello de Lalín. A maiores presións veñen derivadas das
plantacións forestais de piñeiro e dos núcleos rurais. Presenta uns riscos moderados. (Ver mapa AS2). A
función desta zona é evitar a afección dos lumes forestais e reducir a carga de nutrientes derivada da
actividade gandeira.
Concello: Dozón
Actuación:
Río Asneiro, concello de Dozón. Na vertente meridional existe varias granxas avícolas no núcleo das
Maceiras. Aconsellase localizar nesta vertente bandas tampón para reducir a carga orgánica(Nitróxeno
e Fósforo) derivada desta actividade (Ver mapa AS3).
Río Brandelos
Concello:Touro
Mapa: B1
Actuación:
Na parroquia de Bama (San Vicente) están identificados a presenza destas especies. A proximidade da
canteira de Touro, implica un alto risco por aporte de sedimentos e sólidos a este canle fluvial, por tanto
sería aconsellable crean unha banda tampón na vertente oriental. Este tramo fluvial do Río Brandelos
presenta un alto risco por exceso de carga orgánica, xa que no núcleo de Sar existe unha alta
concentración de granxa (mapa B1).
O Rego de Xarmil
Concello: Boqueixón
Mapa: B2
Actuación:
O Rego de Xarmil, tributario do río Brandelos, na parroquia de Santa María de Gastrar concello de
Boqueixón. Este tramo presenta unha forte carga gandeira nas dúas vertentes do rego, concretamente
nos núcleos rurais de Gastrar e Xiadas. Nas proximidades a estes núcleos sería unha zona óptima para
implantar unha zona tampón para evitar posibles aportes de nutrientes procedentes dos xurros a este
canle (ver mapa B2).
Río Deza
Concello: Lalín e Silleda
Mapa: D1 e D2
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 16
Actuación 1:
Río Deza entre a parroquia de Oleiros, concello de Silleda, e Anseán, concello de Lalín. (ver mapa D1).
Esta parte do río presenta unha gran presión gandeira, especialmente na aldea de Alén (Lalín), o que
supón un alto risco por exceso de nutrientes. A conservación do modelo parcelario tradicional permite
minimizar o impactos derivados da actividade gandeira da zona. A zona máis sensible deste tramo
corresponde as seccións de maior pendente, xa que a densidade vexetal e menor, estes condicionantes
poden agravar os potenciais riscos (xurros, pesticidas, etc).
Actuación 2:
Río Deza entre a parroquia de Taboada, concello de Silleda, e a parroquia de Prado, concello de Lalín.
(ver mapa D2). Neste ámbito detectouse a presenza de desmán, e presenta unha alta densidade de
vexetación ripícola a pesar da colonización de mimosas e piñeiros. Neste sector presenta unha
considerable presión antrópica non tanto pola explotación gandeira se non pola proximidade ao núcleo
de Prado ao leste e polo polígono industrial de Silleda ao oeste As zonas de maior risco veñen
derivadas pola proliferación de plantacións destas especies pirófilas (piñeiro) e dos posibles vertidos
procedentes de Prado e da queixería de Borralla. Nesta zona sería conveniente trocar as especies
pirófilas por especies autóctonas, e tomar medidas para reducir a carga nutrientes.
Río Boente, Iso e Brandeso
Mapa: I1, I2, I3, I4, I5 e I6
Río Boente
Concellos: Arzúa e Santiso
Actuación:
Tramo do Río Boente entre as parroquias de Maroxo e Vilantime, concello de Arzúa, e Visantoña e San
Roman, concello de Santiso (ver mapa I1). Este tramo existe unha alta densidade de Galemys pyrenaica
e de especies acompañantes, o maior risco desta zona é alta poboación de especies pirófilas. Suxírese
substituir os piñeiros e eucaliptos nas lindes do cauce por especies ripícolas.
Concello: Arzúa e Melide
Actuación:
O segundo tramo do río Boente, entre as parroquias de Fogueroa e Boente, concello de Arzúa e Vitiriz
concello de Melide (ver mapa I6). Este ámbito constátase a presenza de Galemys inda que non presenta
riscos significativos, por tanto non é unha zona prioritaria para o establecer zonas de amortecemento.
Río Iso e Brandeso
Concello: Arzúa
Actuación 1:
Río Iso é Brandeso nas proximidades do núcleo e Arzúa (I2, I3 e I4). Estes canles destacan pola presenza
de Galemys pyrenaica, a proximidade a cabeceira municipal e o polígono fai necesaria tomar medidas
para evitar impactos derivados do desenvolvemento industrial e urbano. A pesar que os núcleo urbano
e o polígono localízanse a máis dun quilómetro desta zonas, e aconsellable plantexar zonas tampón na
vertente oriental do río Brandeso e occidental do río Iso, concretamente no tramo alto do Río Vello,
tributario do río Brandeso (ver mapa I3). E respecto o río Iso , recomendase establecer unha zona de
amortecemento na zona do Coto, parroquia de Lema, e na vertente setentrional á altura do núcleo de
Tras-Eirexe.
Actuación 2:
Tramo alto do río Iso, entre a parroquia de Mella, concello de Arzúa e as parroquias de Baltar e Grobas
no concello de Melide. Como nos tramos inferiores tamén destaca a presenza de Galemys. Non é unha
zona prioritaria para o establecemento de zonas de amortecemento, o risco máis destacable é a
presenza de especies forestais de rápido crecemento. Por tanto aconsellase substituír estas especies
pirófias por especies autóctonas.
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 17
Río Lañas
Concellos: Touro e Vila de Cruces
Mapa: L1, L2, L3 e L4
Actuación:
A pouca presión antrópica permitiu o desenvolvemento dun hábitat propicio para estas especies. As
únicas zonas con certo perigo (risco moderado) para o establecemento nde zonas tampón localizase na
desembocadura co río Ulla (ver mapa L1). Entre a aldea de Vilar, concello de Touro e Monte Salgueiros,
vila de Cruces, recomendase substituír as plantacións de piñeiro e eucalipto por especies propias do
bosque de ribeira.
Rego Ruxian
Concello: Palas de Rei
Mapa: R1 e R2
Actuación:
O rego Ruxian é tributario do río Pambre, no concello de Palas de Rei (ver mapas R1 e R2). Este canle
fluvial presenta un bosque de ribeira ben conservado que permite conformar un hábitat para
Margaritifera. O maior risco ven derivado da proximidade ao núcleo de Palas de Rei, considerando case
toda a cunca cun risco moderado. Por tanto aconsellase crear unha zona tampón, preto do casco
urbano, concretamente nas proximidades do núcleos rurais de Lalín e Sande, na vertente oriental do
rego (ver mapa R1). De xeito secundario contorna do núcleo de Curbián e a substitución das especies
pirófilas por especies autóctonas(ver mapa R2).
Sobreirais do Arnego
Esta zona presenta zonas de alto risco, por tanto é prioritario establecer unha zonas de amortecemento
para evitar a destrución do hábitat destas especies.
Mapas: S_AR1, S_AR2, S_AR3, S_AR4, S_AR5, S_AR6, S_AR7, S_AR8 E S_AR9
Concello: Lalín
Actuación 1:
A primeira zona localízase na parroquia de Moimenta, concello de Lalín, ao norte do núcleo de
Meixomin na vertente meridional do rego de Chancelas. A presenza da canteira tan próximo a este rego
fai necesario a creación dunha zona de amortecemento para evitar vertidos de sedimentos e sólidos a
este cauce (ver mapa S_AR8 e S_AR9).
Actuación 2:
Outra zona de risco é a cunca do rego Borbón (ver mapa S_AR7), esta cunca presenta unha considerable
presión gandeira e na súa vertente existe unha importante masa forestal de piñeiro que permite ata
agora amortecer a carga de nutrientes derivada ca cabana gandeira. A desaparición desta masa forestal
froito dun lume pode ocasionar un vertido de cinzas a corto prazo e de nutrientes a medio que pode
destruír o hábitat de Margaritifera existente neste sector. Para minimizar este risco proponse substituír
as masas forestais pirófilas por autóctonas nas proximidades do cauce, especialmente nas zonas
clasificadas como de alto risco.
Concellos: Agolada e Vila de Cruces
Actuación 1:
A forte difusión que sufriron as plantacións de piñeiro nesta zona e a elevada pendente do Arnego neste
sector fai necesario un troco na política forestal deste ámbito trocando as especies pirófilas por masas
forestais autóctonas, especialmente nas parroquias de Toiriz, concello de Vila de Cruces, e Brántega,
concello de Agolada (ver mapas S_AR4 e S_AR5).
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 18
Serra do Careón. Río Furelos Río Ulla (
Mapas: SC1, SC2, SC3, SC4, SC5, SC6, SC7, SC8, SC9, SC10, SC11, SC12, SC13, SC14, SC15, SC16 e SC17
Río Furelos
Existen varias zonas prioritarias para o establecemento de zonas de amortecemento.
Concello: Melide
Actuación 1:
Tramo do río Furelos na parroquia de Furelos (ver mapa SC11). Crear unha zona de transición entre na
parte occidental do canle fluvial, entre o río Furelos e o núcleo de Melide. Esta banda permitirá reducir
as posibles afeccións derivadas da actividade urbana.
Actuación 2:
Na parroquia de Moldes,concello de Melide, na confluencia do río Catasol e Furelos, establecer unha
zona de amortecemento entre a canteira de áridos do Monte Lobeira e os canles fluviais (ver mapa
SC9.). Esta medida debe ir contemplada mediante a mellorar a vexetación ripícola augas abaixo,
mediante a substitución das recentes plantacións de piñeiro por vexetación autóctona (ver mapa SC7),
en Fondelo, concello de Melide, e no Monte da Cabreira no concello de Santiso.
Concello: Toques
Actuación:
Río Furelos na parroquia de Paradela, concello de Toques( ver mapa SC16). Crear zona de
amortecemento entre as granxas de Arxuible e o río Furelos, isto permitirá unha redución de nutrientes
que cheguen ao río.
Río Ulla
Concello: Agolada
Actuación:
No concello de Agolada na parroquia da Baíña (ver mapa SC2), crear unha zona de amortecemento na
vertente escarpada do Ulla, mediante a reforestación para evitar posibles incidencias derivadas dos
xurros das granxas existentes no Monte San Silvestre.
Reforestar as pendentes escarpadas valoradas con risco moderado para mellorar a conectividade do
hábitat destas especies (mapa SC2 e SC5).
Tramo Alto do Ulla
Mapas: U1 e U2
Concello: Monterroso
Actuación:
Crear unha zona de amortecemento para minimizar as afeccións derivadas do núcleo urbano de
Monterroso ao río Ulla e o seu tributario o rego do Sagueiral (ver map U2)
Serra do Candán
Mapas: SCN1, SCN2, SCN3, SCN4, SCN5, SCN6 e scn7
Concellos: Silleda e Lalín
Actuación:
Esta zona debido a súa baixa antropización non é prioritaria creación dunha zona de amortecemento.
Reforestar as ladeiras máis escarpadas hoxe sen vexetación nas proximidade de Gondoriz Grande (ver
mapa SCN4).
Río Lebozán
Mapa: SCN7
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 19
Concello: Lalín
Actuación:
Esta actuación intenta recuperar as vertentes queimadas no Coto Redondo e no Coto de Felgueiras, e
mellorar a conectividade do vexetación ripícola desta zona (ver mapa SCN7)
Serra da Serpe
Mapa:SS1
Concello: Sobrado e Toques
Actuación:
Esta actuación vai encamiñada a conservar a calidade ambiental do rego da Vela e río Furelos e evitar o
aporte de nutrientes das granxas de A Baloira e Espiñeira (ver mapa SS1)
Serra do Faro
Mapa:SF_1
Concello: Rodeiro
Actuación:
Esta actuación destinase a reforestar as vertentes queimadas nas Pobanzas e nas Angrilladas e evitar os
vertido de cinzas ao regos que sucan a Serra do Faro (ver mapa SF1).
Río Toxa
Mapa: T1
Concello: Silleda
Actuación:
Esta actuación secundaria, orientada para reducir a carga nutrientes derivada da carga gandeira dos
núcleos rurais Penaguda e Recimil (ver mapa T1)
Complexo Ulla Deza
Mapas: U_D1, U_D2, U_D3, U_D4, U_D5, U_D6, U_D7, U_D8, U_D9, U_D10, U_D11, U_D12, U_D13,
U_D14, U_D15, U_D16, U_D17, U_D18, U_D19, U_D20, U_D21, U_D22, U_D23, U_D24, U_D25, U_D26,
U_D27, U_D28, U_D29, U_D30, U_D31, U_D32 e, U_D33.
Río Louro
Concello: Valga.
Establecer unha zona de transición entre o complexo industrial e o río Louro e o seu esquelético bosque
de ribeira, concretamente nos lugares de Castiñeiras e A Carballa (ver mapa U_D3).
Río Ulla
Concellos: Padrón e Pontecesures
Actuación:
Está localizada entre Padrón e Pontecesures (ver mapa UD_4). Este tramo do río Ulla atopase moi
antropizado, está actuación intenta favorecer unha zona de transición entre as zonas artificializadas
(núcleo urbano de Pontecersures e as zonas industriais) e o canle fluvial.
Concello: Padrón
Actuación:
Río Ulla no concello de Padrón (ver mapa UD_7). Nesta zona sería recuperación da vexetación de ribeira
das dúas ribeiras xa que a cuberta vexetal é moi reducida. Isto permitirá evitar aportes de materia e
dar continuidade o hábitat destas especies.
Concello: Vedra e Boqueixón
Actuación :
Recentemente houbo un gran risco de afección do canle debido as obras do AVE, actualmente estas
zonas atópanse restauradas, por tanto no é necesario crear unha zona de amortecemento (Ver mapa
U_D21 e mapa U_D23). A pesar disto , aínda existen varias canteiras que fan necesario crear unha
zona Tampón, para minimizar posibles afeccións o río Ulla e o seu afluente o rego do Pontillón.
Concello: A Estrada
Actuación 1:
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 20
Está actuación tampouco é prioritaria e ten como obxectivo reducir as afeccións pola actividade
gandeira do núcleo de Sesteles, na vertente meridional do río Ulla (Ver mapa U_D15).
Actuación 2:
A actuación localizaríase entre Ríobo e o río Ulla. A actuación está destinada en reducir calquera
afección derivada da actividade industrial localizada neste interfluvio e frear a difusión de especies
pirófilas (Ver mapa U_D20)
Actuación 3:
Crear unha zona de amortecemento no regueiro do Castelo, concretamente na vertente occidental. A
finalidade destas zonas é reducir os aportes de materiais da canteira da Bugalleira e de nutrientes das
granxas e dos núcleos rurais da contorna, como é Carballeira ou Prado.(Ver mapa U_D29)
Río Santa Lucía e o seu tributario o río Tella.
Concello: Teo
Actuación:
Neste caso o río Tella presenta un alto grao de urbanización dispersa por tanto é necesario crear zonas
que amortecen posibles impactos derivados destes desenvolvementos urbanísticos. Ademais na
contorna destas urbanizacións presentan unha alta ocupación de especies pirófilas por tanto é
recomendable mellorar este hábitat por medio de una reforestacíón con vexetación autóctona, as zonas
da Revolta e a Palloza (ver mapa U_D16) ou na Florida (Ver mapa U_D13)
Río Santa Lucía e Ulla
Concello:Teo
Actuación:
Esta actuación está destinada en crear unha zona entre o río Santa Lucía e o río Ulla, para amortecer as
posibles afeccións do núcleo de Xermeada e da industria enclavada neste asentamento (Ver mapa
U_D14).
Río Vea
Concello: A Estrada
Actuación:
Está actuación é secundaria e vai encamiñada en reducir as afeccións pola actividade gandeira do núcleo
de Vilcriste por aporte de nitróxeno e fósforo, na vertente oriental do río Vea(Ver mapa U_D11).
Concellos: Touro e Vila de Cruces
Actuación:
Esta actuación na parroquia de Enquerente, concello de Touro, é secundaria. Está orientada a reducir as
afeccións derivadas da actividade gandeira dos núcleos de Pousada e dos Muíños, mediante a
ampliación do vexetación ripícola que se sitúa no rego de escorrenta que verte o Ulla. (Ver mapa
U_D27)
Río Caseta
Concello: Silleda
Actuación:
As actuacións da recuperación deste canle e mellorar o bosque de ribeira e limitar as plantacións de
especies pirófilas que asolagan a vexetación autóctona. (Ver mapa U_D26)
DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES DO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
OUTUBRO DE 2013 21
Río Deza e tributarios
Concello: Silleda e Vila de Cruces
Actuación 1:
Unha das medidas máis urxentes desta cunca é crear unha zona tampón entre a canteira do Monte
Carcavelos e o río Deza, debido a proximidade ao cauce, as fortes pendentes da súa contorna e a
sensibilidade deste hábitat. Esta zona tampón estará destinada a frear os aportes de rochas e
sedimentos o río de xeito incontrolado e de mellorar o ecosistema deste río. (Ver mapa U_D25 e mapa
U_D30).
Actuación 2:
A proximidade das canteiras de Campomarzo o Río Toxa, fai necesaria tomar medidas para reducir o
aporte de sedimentos da actividade extractiva ao canle fluvial, creando unha zona de amortecemento
na vertente occidental. Ademais a forte presenza de plantacións de piñeiro, tanto no río Toxa como no
Deza (parroquias de Pazos e Martixe en Silleda) fai necesaria zonas que permitan minimizar posibles
lumes forestais (v er mapa U_D31 )
Actuación 3:
A actuación desenvolveríase entre Carboeiro (concello de Silleda) e Fontao (Concello de Vila de Cruces),
mediante a recuperación da vexetación autóctona, e limitando as plantacións forestais de piñeiro. Estas
plantacións de piñeiro están colonizando as vertentes do río Deza, co risco de incendio que carrexan.
Ademais a forte pendente que presentan as vertentes favorece a súa inestabilidade e acentúa o
posible impacto dun lume forestal (Ver mapa U_D32).
5. PROPOSTA DEFINITIVA DAS BANDAS TAMPÓN
Tras a análise inicial a nivel de cunca e tras unha revisión exhaustiva en campo, determináronse as
seguintes actuacións definitivas para o establecemento de Bandas Tampón. Estas actuacións
preséntanse en detalle en fichas anexas tanto en formato dixital editable como en pdf, acompañadas da
súa cartografía correspondente en formato SIX.
[08_FICHAS ZONAS DE ACTUACIÓN]
UBICACIÓN DAS ACTUACIÓNS
1:250.000SERVIZO PARA A DEFINICIÓN DE ZONAS PARA APLICAR BANDAS TAMPÓN PARA A PROTECCIÓN DE CAUCES NO ÁMBITO DO PROXECTO LIFE+ MARGAL ULLA
(LIFE09 NAT/ES/000514) COFINANCIADO CON FONDOS LIFE+ NATUREZA E BIODIVERSIDADE CUN 49,68% EscalaZ
12345
68
7
9
101112
13
Nome: Antas de Ulla 1 - Número no mapa: 1
Ubicación:
Concello: Antas de Ulla
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 591236, 4740248
Descrición:Trátase dun treito na parte alta do río Ulla, de 70 m de lonxitude.
Atópase na unidade bioxeográfica do sector Galaico interior e nosubsector Ulloa-Deza, e inclúese no termotipo mesotempladoinferior e o ombrotipo húmedo superior.
Este treito do río discurre encaixado a 480 msnm, entre ladeirasque alcanzan os 520 msnm. Neste treito concreto fórmase unmeandro e na zona externa (marxe esquerda) formouse unhapequena chaira empregada para pastos. É unha zona especialmenteexposta á erosión polo río, e a vexetación de ribeira melloraría aprotección da marxe. Sen embargo trátase dunha marxe que careceprácticamente de vexetación de ribeira.
Atópanse nos extremos exemplares pequenos de Alnus glutinosa eBetula celtiberica, de 10-13 cm. de diámetro (dbh), e ao longo damarxe unha fileira de árbores de menos de 2 cm de diámetrocortados a unha altura máxima de 1m.
Na contorna atópanse Alnus glutinosa, Salix sp. Betula celtiberica eFraxinus excelsior. No estrato arbustivo atópase Rubus ulmifolius,
Ulex europaeus, Cytisus scoparius. Tamén é frecuente atopar nasleiras adxacentes eucaliptos e piñeirais.
Trátase polo tanto dun tramo cunha marxe moi alterada e cunhaelevada presión antrópica.
Fileira de árbores cortadas ao longo do cauce
Marxe esquerda sen vexetación de ribeira
Actuación:O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema deribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual (aeliminación antrópica do hábitat). Cando no medio se conserva unha porcentaxesuficiente de vexetación primaria pode ser suficiente coa non actuación. Senembargo, se se quere obter un resultado a medio-longo prazo pódese plantexarunha actuación para recuperar a cuberta vexetal. Esta revexetación vai constituir abase sobre a que se vai producir o verdadeiro proceso de recuperación doecosistema.
Especies:
Segundo as particularidades bioxeográficas desta zona proponse realizar unharevexetación na marxe esquerda, con Salix atrocinerea, Fraxinus excelsior, e Betula
celtiberica. Considérase que introducir diferentes especies, sempre que sexanaxeitadas, supón unha reducción da vulnerabilidade do ecosistema.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai utilizar é do tipo irregular, para intentar adecuara distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
Debido ao escaso espazo, a actuación vaise limitar á zona ocupada polo DominioPúblico Hidráulico, co que neste caso o marco de actuación terá una anchura de 2m en cada marxe. A superficie resultante non resulta suficiente como paraconstituir un bosque de ribeira ben estructurado en diferentes bandas, nin paraevitar o efecto borde. Sen embargo, sen aspirar á recuperación total doecosistema, si se espera mellorar a diversidade florística e estrutural, mellorando aconectividade da zona, e reducindo os nutrientes e contaminantes que podanchegar por escorrentía ao cauce.
A porcentaxe de especies é de un 60% de salgueiros, un 10% de freixos e un 30%de bidueiros na primeira banda e un 30% de salgueiros, un 40% de freixos un 30%de bidueiros na segunda banda.
Número de árbores:
Marxe esquerda de 70 m, primeira banda: distribúense 17 salgueiros, 3 freixos e 9bidueiros.
Marxe esquerda de 70 m, segunda banda: distribúense 9 salgueiros, 12 freixos e 9
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes preciosunitarios:nidaTiempo de ejecución
yConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cmaltura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 1.250 euros (sin impuestos)
Nome: Antas de Ulla 2 – Número no mapa: 2
Ubicación:
Concello: Antas de Ulla, Monterroso
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 591070, 4741005
Descrición:
Trátase dun treito da parte alta do río Ulla, de 190 m de lonxitude,
situado a 465 msnm.
Atópase na unidade bioxeográfica do sector Galaico interior e no
subsector Ulloa-Deza, e inclúese no termotipo mesotemplado
inferior e o ombrotipo húmedo superior.
As principais especies arbóreas que se atopan son Alnus glutinosa,
Salix sp. Betula celtiberica e Fraxinus excelsior. No estrato arbustivo
atópase Rubus ulmifolius e no lianoide Hedera helix.
Este treito está rodeado de ladeiras de pendente suave, adicadas a
pastos.
Atópase augas abaixo dunha zona de bosque de ribeira ben
conservado, con ameneiros na primeira banda e carballos, Ulex
europaeus, e Cytisus scoparius, Erica sp. algo máis separados da
lámina de auga.
Neste treito as árbores teñen separacións de 4 a 10 m entre si, ás
veces ata 20 m. e posúen unha estrutura heteroxénea, con árbores
moi novas, árbores de uns 20 cm (dbh) e aŕbores con máximos de
50 cm. As árbores de menor tamaño sitúanse na parte exterior do
meandro.
O principal problema que se atopa neste treito para conseguir un
bosque ribereño en bo estado é a falta de espazo e a elevada
presión gandeira, que fai que o bosque quede reducido a unha
fileira de árbores.
Este ecosistema ripario ten unha elevada posibilidade de
recuperación ao atoparse nun entorno que conserva masas
forestais cunha biodiversidade alta, e ao non ter unha grande
degradación da contorna.
Treito do Ulla cunha fileira de árbores ao longo do rio
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira realizarase eliminando os elementos que provocan a situación actual (a
eliminación antrópica do hábitat por sobrepastoreo). Cando no medio se conserva
unha porcentaxe suficiente de vexetación primaria pode ser suficiente coa non
actuación. Sen embargo se se quere obter un resultado a medio-longo prazo
pódese plantexar unha actuación para recuperar a cuberta vexetal. Esta
revexetación vai constituir a base sobre a que se vai producir o verdadeiro proceso
de recuperación do ecosistema.
Especies:
Segundo as particularidades bioxeográficas desta zona proponse realizar unha
revexetación tanto na marxe esquerda como na dereita, con Salix atrocinerea,
Fraxinus excelsior, Quercus robur e Betula celtiberica. Considérase que introducir
diferentes especies, sempre que sexan axeitadas, supón unha reducción da
vulnerabilidade do ecosistema.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai utilizar é do tipo irregular, para intentar adecuar
a distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
Un condicionante importante neste proceso é o espazo. A actuación vaise limitar á
zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico, co que neste caso o marco de
actuación terá una anchura de 2 m en cada marxe. A superficie resultante non
resulta suficiente como para constituir un bosque de ribeira ben estruturado en
diferentes bandas, nin para evitar o efecto borde. Sen embargo, sen aspirar á
recuperación total do ecosistema, si se espera mellorar a diversidade florística e
estrutural, mellorando a conectividade da zona, e reducindo os nutrientes e
contaminantes que podan chegar por escorrentía ao cauce.
A porcentaxe de especies é de un 60% de salgueiros, un 30% de freixos e un 10%
de bidueiros na primeira banda e un 30% de salgueiros, un 40% de freixos un 30%
de carballos na segunda banda.
Número de árbores:
Marxe dereita de 190 m, primeira banda: distribúense 46 salgueiros, 23 freixos e 8
bidueiros. Segunda banda: distribúense 23 salgueiros, 31 freixos e 23 carballos.
Marxe esquerda de 150 m, primeira banda: distribúense 37 salgueiros,18 freixos e
6 bidueiros. Segunda banda: distribúense 18 salgueiros, 24 freixos e 18 carballos.
Orzamento estimado:Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 2.450 euros (sin impuestos)
Nome: Antas de Ulla 3 – Número no mapa: 2
Ubicación:
Concello: Antas de Ulla, Monterroso
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 591040, 4741276
Descrición:
Trátase dun treito na parte alta do río Ulla, de 170 m de lonxitude,
situado a 465 msnm.
Atópase na unidade bioxeográfica do sector Galaico interior e no
subsector Ulloa-Deza, e inclúese no termotipo mesotemplado
inferior e o ombrotipo húmedo superior.
Este treito está rodeado de ladeiras de pendiente suave, adicadas a
pastos ou plantacións de bidueiros.
As principais especies arbóreas que se atopan son Alnus glutinosa,
Salix sp. Betula celtiberica e Fraxinus excelsior. No estrato arbustivo
atópase Rubus ulmifolius e no lianoide Hedera helix.
Atópanse na contorna varias masas de bosque de ribeira ben
conservado, con diferentes bandas e estratos, incluíndo ameneiros
na primeira banda e carballos, Ulex europaeus, Cytisus scoparius e
Erica sp. algo máis separados da lámina de auga.
Neste tramo as árbores atópanse con separacións de 4 a 10 m entre
sí, ás veces ata 20 m. e teñen unha estrutura non moi heteroxénea,
con árbores novas, e sobre todo árbores de uns 20-25 cm (dbh).
O principal problema que se atopa neste treito para conseguir un
bosque ribereño en bo estado é a falta de espazo e a elevada
presión gandeira, que fai que o bosque quede reducido a unha
fileira de árbores na marxe dereito do río.
Este ecosistema ripario ten unha elevada posibilidade de
recuperación ao atoparse nun entorno que conserva masas
forestais cunha biodiversidade alta, e ao ter unha presión antrópica
non moi elevada.
Plantación de bidueiros na contorna
Treito con claros frecuentes
Árbores de pouco diámetro e presencia de estrato arbustivo e epífitos
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual.
Cando no medio se conserva unha porcentaxe suficiente de vexetación primaria
pode ser suficiente coa non actuación. Sin embargo se se quere obter un resultado
a medio-largo prazo pódesa plantear unha actuación para recuperar a cuberta
vexetal. Esta revexetación vai constituir a base sobre a que se vai producir o
verdadeiro proceso de recuperación do ecosistema.
Especies:
Segundo as particularidades bioxeográficas desta zona proponse realizar unha
revexetación na marxe dereita, con Salix atrocinerea, Fraxinus excelsior, Quercus
robur e Betula celtiberica. Considérase que introducir diferentes especies, sempre
que sexan axeitadas, supón unha reducción da vulnerabilidade do ecosistema.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai utilizar é do tipo irregular, para intentar adecuar
a distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
Un condicionante importante neste proceso é o espazo. A actuación vaise limitar á
zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico, co que neste caso o marco de
actuación terá una anchura de 2 m en cada marxe. A superficie resultante non é
suficiente como para constituir un bosque de ribeira ben estruturado en diferentes
bandas, nin para evitar o efecto borde. Sen embargo, sen aspirar á recuperación
total do ecosistema, espérase mellorar a diversidade florística e estrutural,
mellorando a conectividade da zona, e reducindo os nutrientes e contaminantes
que podan chegar por escorrentía ao cauce.
A porcentaxe de especies é de un 60% de salgueiros, un 30% de freixos e un 10%
de bidueiros na primeira banda e un 30% de salgueiros, un 40% de freixos un 30%
de carballos na segunda banda.
Número de árbores:
Marxe dereita de 170 m, primeira banda: distribúense 41 salgueiros, 21 freixos e 7
bidueiros.
Marxe dereita de 170 m, segunda banda: distribúense 21 salgueiros, 28 freixos e 21
carballos.
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 2.250 euros (sin impuestos)
Nome: Ramil – Número no mapa: 3
Ubicación:
Concello: Palas de Rei, Agolada
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 583379, 4744246
Descrición:Trátase dun treito do río Ulla, de unha lonxitude de 650 metros.
Atópase dentro do LIC Serra de Careón, a 330 msnm, na unidadebioxeográfica do sector Galaico interior e o subsector Ulloa-Deza, einclúese no termotipo mesotemplado inferior e o ombrotipohúmedo superior.
Este treito do río atópase na parte media-alta do río, e discurre porun val de 50 m de ancho, encaixado entre ladeiras con cultivos emasas de bosque ben conservado, con Quercus suber, Quercus
robur, Ulex europaeus, Castanea sativa, Fraxinus excelsior, Corylus
avellana, Ruscus aculeatus, Salix sp. Alnus gllutinosa.
O principal problema que se atopa neste treito para conseguir unbosque ribereño en bo estado é a elevada presión gandeira namarxe dereita do río, onde se atopa un bosque en bo estado naladeira, pero no fondo da vaguada, na marxe dereita, os pastossustitúen a banda de bosque adaptados ao nivel freático alto e ásinundacións.
Soamente no meandro aparece unha fileira de árbores nas dúasmarxes.
É importante recuperar a presenza de bosque de ribeira nesteespazo ben conservado para manter a conectividade do ecosistemaao longo do río. Na contorna ten unha boa fonte de sementes paraa súa recuperación, cunha gran variedade de especies e unhadiversidade florística e estrutural alta.
Marxe dereita sen vexetación de ribeira
Fileira de árbores no meandro
Actuación:O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema deribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual (aeliminación antrópica do hábitat). Cando no medio se conserva unha porcentaxesuficiente de vexetación primaria, a non actuación pode ser suficiente. Senembargo se se quere obter un resultado a medio-largo prazo pódesa plantexarunha actuación para recuperar a cuberta vexetal. Esta revexetación vai constituir abase sobre a que se vai producir o verdadeiro proceso de recuperación doecosistema.
Especies:
Segundo as particularidades bioxeográficas desta zona proponse realizar unharevexetación con Alnus glutinosa, Fraxinus excelsior e Corylus avellana Considéraseque introducir diferentes especies, sempre que sexan axeitadas, supón unhareducción da vulnerabilidade do ecosistema.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai utilizar é do tipo irregular, para intentar adecuara distribución das especies a unha distribución o máis natural posible. Aporcentaxe de especies é de un 50% de ameneiros, 20% de salgueiros, 20% defreixos, e 10% de abeleiros na primeira banda e un 50% de ameneiros, 40% defreixos, e 10% de abeleiros na segunda banda.
A actuación vaise limitar á zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico.
Proponse revexetar a marxe dereita na totalidade, con dúas bandas de vexetacióne engadir unha banda na zona do meandro nas dúas marxes.
Número de árbores:
treito de 100 m, primeira banda: distribúense 21 ameneiros, 8 salgueiros, 8 freixose 4 abeleiros.
treito de 100 m, segunda banda: distribúense 21 ameneiros, 16 freixos e 4abeleiros.
treito de 170 m, nunha única banda, en cada marxe: 35 ameneiros, 14 salgueiros,14 freixos e 7 abeleiros.
treito de 390 m, primeira banda: distribúense 79 ameneiros, 31 salgueiros, 31
freixos e 16 abeleiros.
treito de 390 m, segunda banda: 79 ameneiros, 63 freixos e 16 abeleiros.
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes preciosunitarios:nidaTiempo de ejecución
yConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cmaltura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 3.835 euros (sin impuestos)
Nome: Galegos – Número no mapa: 4
Ubicación:
Concello: Santiso, Agolada
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 580713, 4744515
Descrición:
Trátase dun treito de 310 m na marxe dereita do río e 90 m na
marxe esquerda, situado a 310 msnm, na parte alta do río Ulla.
Este treito atópase moi preto do LIC Serra do Careón, case no
límite, na unidade bioxeográfica do sector Galaico interior e no
subsector Ulloa-Deza, e inclúese no termotipo mesotemplado
inferior e o ombrotipo húmedo superior.
Na marxe dereita o uso do solo é pastos e no marxe esquerdo é
principalmente plantacións de piñeiro, agás por un pequeño treito
destinado a pastos.
O bosque de ribeira limítase a unha fileira de árbores, excepto por
un treito na marxe esquerda no que o bosque ten unha maior
entidade.
A estrutura é heteroxénea. Ainda que hai moitos individuos novos,
de diámetros de 5-25 cm de diámetro, tamén algúns chegan a
alcanzar 60-70 cm (o 10%). A separación entre eles é difícil de
identificar posto que moitos de eles son individuos moi novos ou
vastagos todos do mesmo pé, pero atópanse frecuentemente
espazos de 2 a 4 m, e chegan nalgúns casos a superar os 10 m sen
árbores. As especies que se atopan son Alnus glutinosa, Salix sp,
Corylus avellana, e un individuo illado de Quercus robur.
Zona con densidade baixa de árbores e árbores de diferentes idades
Vista xeral da marxe dereita
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual (a
eliminación antrópica do hábitat por sobrepastoreo). Cando no medio se conserva
unha porcentaxe suficiente de vexetación primaria pode ser suficiente coa non
actuación. Sen embargo se se quere obter un resultado a medio-longo prazo
pódese plantexar unha actuación para recuperar a cuberta vexetal. Esta
revexetación vai constituir a base sobre a que se vai producir o verdadeiro proceso
de recuperación do ecosistema.
Especies: Proponse realizar unha revegetación nas dúas marxes coas especies
arbóreas Salix atrocinerea, Corylus avellana e Fraxinus excelsior.
Marco de plantación: O marco de plantación que se vai utilizar é do tipo irregular,
para intentar adecuar a distribución das especies a unha distribución o máis
natural posible. A actuación limitase á zona ocupada polo Dominio Público
Hidráulico.
Proponse unha distribución mediante dúas bandas, unha de mayor cercanía ao río,
cunha separación media entre individuos de 2,5 m, e unha segunda banda, a 1,5
metros da primeira, na que se distribúe una cantidade diferente de cada especie,
tamén con 2,5 m aproximados de separación.
A actuación limitase á zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico. A superficie
obtida deste xeito non resulta suficiente como para constituir un bosque de ribeira
ben estruturado en bandas, nin para evitar o efecto borde no ecosistema que se
constitúa. Sen embargo, a diversidade florística e estrutural pode mellorar
sustancialmente, reducindo os nutrientes e contaminantes que chegan por
escorrentía ao cauce.
A porcentaxe de salgueiros-abeleiros-freixos é do 60-30-10 na primeira banda, e
30-40-30 na segunda.
Número de árbores:
Primeira banda, na marxe dereita: distribúense de forma mesturada 75 salgueiros,
38 abeleiros e 13 freixos. Segunda banda: 38 salgueiros, 50 abeleiros e 38 freixos.
Primeira banda, na marxe esquerda: distribúense 22 salgueiros, 11 abeleiros e 4
freixos. Segunda banda: distribúense 11 salgueiros, 15 abeleiros e 11 freixos.
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 2.450 euros (sin impuestos)
Nome: Ponte Arcediago 1 – Número no mapa:5
Ubicación:
Concello: Agolada, Santiso
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 579919, 4744272
Descrición:
Trátase dun treito do río Ulla, de 40 m de lonxitude, situado a 305
msnm e a poucos metros do LIC Serra de Careón.
Atópase na unidade bioxeográfica do sector Galaico interior e no
subsector Ulloa-Deza, e inclúese no termotipo mesotemplado
inferior e o ombrotipo húmedo superior.
Atópase nunha chaira de inundación empregada para pastos, con
presión antrópica relativamente alta, existindo ademais outras
actividades que alteran a contorna natural, como plantacións de
piñeiros, vivendas rurais e carreteiras.
A vexetación de ribeira neste treito redúcese a unha fileira
discontinua de Betula celtiberica e Alnus glutinosa. Carece de
outros estratos.
Trátase dun ecosistema sometido a altas presións antrópicas pola
presencia frecuente de gando. Carece de vexetación que absorba os
nutrientes reducindo a contaminación difusa, que contribúa á
formación dun solo cunha boa estrutura ou que garanta a
conservación do ecosistema ripario.
Solos pouco cobertos por vexetación, con presencia de especiesruderais
Fileira de árbores na marxe esqueda e zona prácticamente sen árbores na dereita
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribera débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual (a
eliminación antrópica do hábitat). Cando no medio se conserva unha porcentaxe
suficiente de vexetación primaria pode ser suficiente coa non actuación. Neste
caso a vexetación existente non está en moi bo estado e é recomendable levar a
cabo unha actuación para reforzar a súa recuperación.
Especies:
Proponse realizar unha revexetación tanto na marxe dereita como na esquerda,
con Salix atrocinerea, Fraxinus excelsior e Betula celtiberica. Considérase que
introducir diferentes especies, sempre que sexan axeitadas, supón unha
disminución da vulnerabilidade do ecosistema.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai utilizar é do tipo irregular, para intentar adecuar
a distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
A actuación vaise limitar á zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico, co que
neste caso o marco de actuación terá una anchura de 1,5 m en cada marxe. A
superficie resultante non resulta suficiente como para constituir un bosque de
ribeira ben estructurado en diferentes bandas, nin para evitar o efecto borde. Sen
embargo, espérase unha mellora na diversidade florística e estrutural, incremento
da conectividade da zona e reducción dos nutrientes e contaminantes que poidan
chegar por escorrentía ao cauce.
A porcentaxe de especies é dun 60% de salgueiros, un 30% de freixos e un 10% de
bidueiros na primeira banda e un 30% de salgueiros, un 40% de freixos un 30% de
bidueiros na segunda banda.
Número de árbores:
Primeira banda, nas dúas marxes: distribúense 9 salgueiros, 5 freixos e 2 bidueiros.
Segunda banda, nas dúas marxes: distribúense 5 salgueiros, 6 freixos e 5 bidueiros.
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 1.250 euros (sin impuestos)
Nome: Ponte Arcediago 3 – Número no mapa: 6
Ubicación:
Concello: Santiso
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 580140, 4744377
Descrición:
Trátase dun treito da desembocadura do río Furelos, de 200 m de
lonxitude, situado a 310 msnm, incluído dentro do LIC Serra do Careón.
Neste espazo protexido, o hábitat relacionado cos cursos fluviais que
se pode atopar é o bosque aluvial de Alnus glutinosa e Fraxinus
excelsior (91E0).
Atópase na unidade bioxeográfica do sector Galaico interior e no
subsector Ulloa-Deza, e inclúese no termotipo mesotemplado inferior
e o ombrotipo húmedo superior.
O treito atópase nunha chaira de inundación empregada para pastos,
de presión antrópica relativamente alta, existindo ademais outras
actividades que alteran a contorna natural, como plantacións de
piñeiros, carreteiras e vivendas rurais.
A principal especie arbórea atopada é Alnus glutinosa, tamén é
importante a presenza de Betula celtiberica. Carece de estrato
arbustivo ou lianoide. O estrato herbáceo está formado por especies
ruderais.
Neste treito as árbores atópanse con grandes separacións entre elas,
teñen diámetros duns 30-45 cm (dbh) e non hai individuos novos.
Trátase dun ecosistema sometido a altas presións antrópicas pola
presenza frecuente de gando. Carece de vexetación arbustiva ou
herbácea que absorba os nutrientes, reducindo a contaminación difusa
ou contribuíndo á formación dun solo cunha boa estrutura. Todas as
árbores son novas e hai unha baixa complexidade estrutural e
florística.
Marxe esquerda, zona do treito de 70 m
Treito antes do meandro
Parte final do treito, despois do meandro
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual (a
eliminación antrópica do hábitat por sobrepastoreo). Cando no medio se conserva
unha porcentaxe suficiente de vexetación primaria pode ser suficiente coa non
actuación. Neste caso a vexetación existente non está en moi bo estado e é
recomendable levar a cabo unha actuación para reforzar a súa recuperación.
Especies:
Proponse realizar unha revexetación tanto na marxe dereita como na esquerda,
con Salix atrocinerea, Fraxinus excelsior, e Betula celtiberica.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai utilizar é do tipo irregular, para intentar adecuar
a distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
A actuación vaise limitar á zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico, co que
neste caso o marco de actuación terá una anchura de 1,5 m en cada marxe. A
superficie resultante non resulta suficiente como para constituir un bosque de
ribeira ben estructurado en diferentes bandas, nin para evitar o efecto borde. Sen
embargo, espérase mellorar a diversidade florística e estrutural, mellorando a
conectividade da zona e reducindo os nutrientes e contaminantes que podan
chegar por escorrentía ao cauce.
A porcentaxe de especies é dun 60% de salgueiros, un 30% de freixos e un 10% de
bidueiros na primeira banda e un 30% de salgueiros, un 40% de freixos e un 30%
de bidueiros na segunda banda.
Número de árbores:
Marxe dereita, de 190 m, primeira banda: distribúense 46 salgueiros, 23 freixos e 8
bidueiros. Segunda banda: distribúense 23 salgueiros, 31 freixos e 23 bidueiros.
Marxe esquerda, de 70 m, primeira banda: distribúense 17 salgueiros, 9 freixos e 3
bidueiros. Segunda banda: distribúense 9 salgueiros, 12 freixos e 9 bidueiros.
Marxe esquerda, de 50 m, primeira banda: distribúense 13 salgueiros, 6 freixos e 2
bidueiros. Segunda banda: distribúense 6 salgueiros, 8 freixos e 6 bidueiros.
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 2.250 euros (sin impuestos)
Nome: Ponte Arcediago 2 – Número no mapa: 7
Ubicación:
Concello: Agolada
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 579167, 4743484
Descrición:
Trátase dun treito do rego de Oural, un afluente do río Ulla, de 110
m de lonxitude, situado a 305 msnm, a 1 km augas abaixo do LIC
Serra de Careón.
Atravesa a chaira de inundación do río Ulla, duns 300 m de
amplitude, cun uso do territorio gandeiro e agrícola.
Atópase na unidade bioxeográfica do sector Galaico interior e no
subsector Ulloa-Deza, e inclúese no termotipo mesotemplado
inferior e o ombrotipo húmedo superior.
Carece prácticamente de árbores. A súa desembocadura está
poboada por Salix sp., Crataegus monogyna e Rubus ulmifolius.
Tamén aparece Fraxinus excelsior no comezo do treito.
Trátase dun ecosistema moi modificado, coa marxe dereita do
cauce reforzada con pedras e que carece de vexetación que
absorba os nutrientes e reduza a contaminación difusa.
Ademais é importante destacar a presenza dun individuo de Acacia
dealbata, duns 7 m de altura e 10 cm de diámetro (dbh), ao Sur do
treito, antes de cruzar a ponte que leva a Santiso.
Paredes do cauce reforzadas con pedras
Acacia dealbata
Fileira de árbores soamente antes do meandro
Vista panorámica do treito, a chaira de inundación e a desembocadura d o regato no Ulla
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual (a
eliminación antrópica do hábitat). Neste caso a vexetación existente non está en
moi bo estado e é recomendable levar a cabo unha actuación para reforzar a súa
recuperación.
Aconséllase tamén a eliminación da Acacia dealbata, antes de que se produza a
súa propagación.
Especies:
Proponse realizar unha revexetación tanto na marxe dereita como na esquerda,
con Salix atrocinerea e Fraxinus excelsior. Considérase que introducir diferentes
especies, sempre que sexan axeitadas, supon unha reducción da vulnerabilidade
do ecosistema.
Marco de plantación:
Un condicionante importante neste proceso é o espazo. Para evitar os conflictos
cos propietarios proponse realizar a actuación distribuindo as especies de forma
aproximadamente lineal ao longo do río, cunha separación media de 2 m. A
superficie resultante non resulta suficiente como para constituir un bosque de
ribeira ben estructurado. Sen embargo, espérase mellorar a diversidade florística e
estrutural, reducir os nutrientes e contaminantes que podan chegar por
escorrentía ao cauce e reforzar a estrutura do cauce.
A porcentaxe de especies é de un 60% de salgueiros, un 40% de freixos.
Número de árbores:
Marxe dereita de 110 m: 34 salgueiros, 22 freixos.
Marxe esquerda de 20 m: 7 salgueiros, 4 freixos.
Marxe esquerda de 35 m: 11 salgueiros, 7 freixos
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 1.450 euros (sin impuestos)
Nome: Bran – Número no mapa: 8
Ubicación:
Concello: Santiso
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 580155, 4746979
Descrición:
Trátase dun treito do río Furelos de 110 m de lonxitude, situado a
330 msnm, que se atopa nunha chaira de inundación, con solos de
nivel freático alto no inverno, cun uso do territorio gandeiro.
Atópase situado no límite do LIC Serra do Careón, na unidade
bioxeográfica do sector Galaico interior e no subsector Ulloa-Deza,
e inclúese no termotipo mesotemplado inferior e o ombrotipo
húmedo superior.
Neste treito a frecuencia con que aparecen as árbores e moi baixa,
atopándose ata 25 m sen ningún exemplar. Cando están presentes
son moi novos, de diámetros inferiores a 10 cm (dbh).
As principais especies arbóreas que se atopan son Alnus glutinosa,
e Betula celtiberica. Tamén atópanse exemplares de Fraxinus
excelsior. O estrato herbáceo está formado por especies ruderais.
Atópanse frecuentemente vástagos formados despois da corta do
tronco principal. Presenta tamén moitos restos vexetais
depositados como resultado das crecidas.
Trátase dun ecosistema sometido a altas presións antrópicas pola
presencia continua de gando e a intervención humana sobre a
vexetación da ribeira. Carece de vexetación arbustiva ou herbácea
que absorba os nutrientes reducindo a contaminación difusa ou
que contribúa á formación dun solo cunha boa estrutura. Todas as
árbores son novas e hai unha baixa complexidade estrutural e
florística.
Solos erosionados pola escorrentía
Zonas sen árbores na marxe dereita
Actuación:
A eliminación antrópica do hábitat por sobrepastoreo é primeiro paso na
restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de ribeira ao ser o
elemento que provoca a situación actual. Neste caso a vexetación existente non
está en moi bo estado e é recomendable levar a cabo unha actuación para reforzar
a súa recuperación, non sendo unha opción suficiente a non actuación.
Especies:
Proponse realizar unha revexetación tanto na marxe dereita como na esquerda,
con Salix atrocinerea, Fraxinus excelsior, e Betula celtiberica. Considérase que
introducir diferentes especies, sempre que sexan axeitadas, supon unha reducción
da vulnerabilidade do ecosistema.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai utilizar é do tipo irregular, para intentar adecuar
a distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
Un condicionante importante neste proceso é o espazo, polo que a actuación vaise
limitar á zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico: unha anchura de 2 m en
cada marxe. A superficie resultante non resulta suficiente como para constituir un
bosque de ribeira ben estructurado en diferentes bandas, nin para evitar o efecto
borde. Sen embargo, espérase mellorar a diversidade florística e estrutural,
mellorando a conectividade da zona, e reducindo os nutrientes e contaminantes
que podan chegar por escorrentía ao cauce.
A porcentaxe de especies é de un 60% de salgueiros, un 30% de freixos e un 10%
de bidueiros na primeira banda e un 30% de salgueiros, un 40% de freixos un 30%
de bidueiros na segunda banda.
Número de árbores:
Marxe dereita e esquerda, de 110 m, primeira banda: distribúense 27 salgueiros,
14 freixos e 5 bidueiros.
Marxe dereita e esquerda, de 110 m, segunda banda: distribúense 14 salgueiros,
18 freixos e 14 bidueiros.
Orzamento estimado:Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 1.250 euros (sin impuestos)
Nome: Toques-Furelos – Número no mapa: 9
Ubicación:
Concello: Melide, Toques
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 580713, 4744515
Descrición:
Trátase dun treito de 170 m na cabeceira do río Furelos, a 420
msnm, que se inclúe dentro do LIC Serra do Careón.
Neste espazo protexido pódense atopar hábitats como estanques
temporais mediterráneos (3170), brezales húmedos atlánticos de
zonas templadas (4020), brezales secos europeos (código 4030),
brezales oromediterráneos (4090), roquedos siliceos con
vegetación pionera (8230), robledales galaico-portugueses (9230)
e, o máis relacionado cos cursos fluviais, os bosques aluviales de
Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (91E0).
O principal problema que se atopa neste treito para conseguir un
bosque ribereño en bo estado é a falta de espazo e a elevada
presión gandeira, que fai que o bosque quede reducido a unha
fileira de árbores, sen unha estructura e complexidade suficiente
para conservar a funcionalidade do ecosistema.
Atópanse no estrato arbóreo Salix sp., Quercus robur, Alnus
glutinosa, Fraxinus excelsior, e dentro do estrato arbustivo e
lianoide Hedera helix, Rubus ulmifolius, Crataegus monogyna.
Na contornoa, obsérvanse manchas de Fraxinus excelsior, Quercus
robur, Ulex europaeus e Rubus ulmifolius.
Constitúe unha zona con posibilidades de mellora ao atoparse nun
entorno con moita diversidade florística. A revexetación pode ser a
base para a súa recuperación, pero ademais a contorna podelle
aportar os outros estratos para acadar unha mellor funcionalidade
como ecosistema.
Vista xeral do treito
Marxes con baixa densidade de vexetación de ribeira
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual (a
eliminación antrópica do hábitat por sobrepastoreo). Cando no medio se conserva
unha porcentaxe suficiente de vexetación primaria pode ser suficiente coa non
actuación. Sen embargo se se quere obter un resultado a medio-longo prazo
pódese plantexar unha actuación para recuperar a cuberta vexetal. Esta
revexetación vai constituir a base sobre a que se vai producir o verdadeiro proceso
de recuperación do ecosistema.
Especies: Proponse realizar unha revexetación nas dúas marxes coas especies
arbóreas Salix atrocinerea, Fraxinus excelsior e Quercus robur.
Marco de plantación: O marco de plantación que se vai a utilizar é do tipo
irregular, para intentar adecuar a distribución das especies a unha distribución o
máis natural posible.
A actuación limítase á zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico. O marco de
actuación terá unha anchura de 1,5 m en cada marxe.
A superficie obtida deste xeito non resulta suficiente como para constituir un
bosque de ribeira ben estructurado en bandas, nin para evitar o efecto borde no
ecosistema que se constitúa. Sen embargo, si se espera mellorar a diversidade
florística e estrutural, reducindo os nutrientes e contaminantes que chegan por
escorrentía ao cauce.
Proponse unha distribución mediante dúas bandas, unha de mayor cercanía ao río,
cunha separación media entre individuos de 2,5 m, e unha segunda banda, a 1,5
metros da primeira, na que se distribúe unha cantidade diferente de cada especie,
tamén con 2,5 m aproximados de separación.
A porcentaxe é de un 60% de salgueiros e un 40 % de freixos na primeira banda, e
de un 30 % de salgueiros, un 40 % de freixos e un 30 % de carballos na segunda.
Número de árbores:
Primeira banda: distribúense de forma mesturada 41 salgueiros e 28 freixos en
cada marxe.
Segunda banda: distribúense 21 salgueiros, 28 freixos e 21 carballos en cada
marxe.
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 1.250 euros (sin impuestos)
Nome: Portocovo-Toques – Número no mapa 9
Ubicación:
Concello: Toques
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 580713, 4744515
Descrición:
Trátase dun treito de 70 m no afluente do río Furelos, o rego
Portocovo, situado a 420 msnm, moi preto do LIC Serra do Careón.
O rego Portocovo conserva o seu bosque de ribeira con pouca
amplitude ata o seu treito final antes de verter as súas augas ao
Furelos, onde a presión gandeira fai que perda todo o seu estrato
arbóreo, conservando soamente algunhas macollas de herbáceas.
Na contorna, obsérvanse manchas de Fraxinus excelsior, Quercus
robur, Ulex europaeus e Rubus ulmifolius, Salix sp., Alnus glutinosa,
Fraxinus excelsior, e dentro do estrato arbustivo e lianoide as
especies Hedera helix, Rubus ulmifolius, Crataegus monogyna.
Constitúe unha zona con posibilidades de mellora ao atoparse
nunha contorna con moita diversidade florística. A revexetación
serviralle como base para a súa recuperación. Ademais as especies
da contorna podenlle aportar os individuos doutros estratos que lle
permitan alcanzar unha mellor funcionalidade como ecosistema.
Comezo do treito despois da ponte
Vista dende a desembocadura
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual.
Cando no medio se conserva unha porcentaxe suficiente de vexetación primaria
pode ser suficiente coa non actuación. Neste caso a vexetación existente non está
en moi bo estado e é recomendable levar a cabo unha actuación para reforzar a
súa recuperación.
Especies:
Proponse realizar unha revexetación nas dúas marxes coas especies arbóreas Salix
atrocinerea, Fraxinus excelsior e Quercus robur.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai a utilizar é do tipo irregular, para intentar
adecuar a distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
O marco de actuación terá unha anchura de 1,5 m en cada marxe.
A superficie obtida deste xeito non resulta suficiente como para constituir un
bosque de ribeira ben estructurado en bandas, nin para evitar o efecto borde no
ecosistema que se constitúa. Sen embargo, espérase mellorar a diversidade
florística e estructural, reducindo os nutrientes e contaminantes que chegan por
escorrentía ao cauce.
Proponse unha distribución mediante dúas bandas, unha de mayor cercanía ao río,
cunha separación media entre individuos de 2,5 m, e unha segunda banda, na que
se distribúa una cantidade diferente de cada especie, tamén con 2,5 m
aproximados de separación.
A porcentaxe de salgueiros-freixos-carballos é do 60-40-0 na primeira banda, e 30-
40-30 na segunda.
Considérase ademáis un espazo para permitir o acceso ao río e evitar as presións
cos gandeiros, pero é importante a reforestación na saída da ponte para reforzar a
morfoloxía do cauce nesta zona onde se forma un pequeño meandro.
Número de árbores:
Primeira banda no treito de 50 m, nas dúas marxes: distribúense 13 salgueiros e 8
freixos. Segunda banda, nas dúas marxes: distribúense 6 salgueiros, 8 freixos e 6
carballos en cada marxe.
Primeira banda no treito de 20 m, na marxe esquerda: distribúense 5 salgueiros e 4freixos. Segunda banda no treito de 20 m: distribúense 3 salgueiros, 4 freixos e 3carballos en cada marxe.
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 1.250 euros (sin impuestos)
Nome: Río Arnego – Número no mapa: 10
Ubicación:
Concello: Agolada
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 573560, 4736605
Descrición:
Trátase dun treito do río Arnego, afluente do Ulla, de unha
lonxitude de 240 metros e uns 2 metros de ancho.
Atópase situado dentro do LIC Sobrerais do Arnego, a 300 msnm,
na unidade bioxeográfica do sector Galaico interior e o subsector
Ulloa-Deza, e inclúese a súa vez no termotipo mesotemplado
inferior e o o ombrotipo húmedo superior.
Neste espazo protexido pódense atopar hábitats como brezales
secos europeos (código 4030), brezales oromediterráneos (4090),
robledales galaico-portugueses (9230) e, máis relacionado cos
cursos fluviais, os bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus
excelsior (91E0).
Este treito do río atópase na parte media-baixa do río, pouco antes
da súa desembocadura no Ulla no encoro de Portodemouros. Está
rodeado por unha chaira de inundación de uns 50 m de ancho en
cada marxe, que se destina a pastos.
O principal problema que se atopa neste treito para conseguir un
bosque ribeirego en bo estado é a falta de espazo e a elevada
presión gandeira, que fai que o bosque quede reducido a una fileira
de árbores, sen unha estrutura e complexidade suficiente para
conservar a funcionalidade do ecosistema.
O bosque de ribeira quedou reducido a unha liña ao longo do río, e
carece dun estrato importante de arbustos. A especie dominante
neste treito é Alnus glutinosa ainda que tamén aparecen Betula
celtiberica, Fraxinus excelsior, Corylus avellana y Salix sp.
Neste treito as árbores atópanse separadas de 4 a 10 m entre si e
teñen unha estrutura moi homoxénea, con árbores novos de
diámetros inferiores a 10 cm (dbh) e excepcións de ata 40 cm. A
marxe dereita ten algo máis de variación, chegando a ter individuos
duns 25 cm de diámetro.
O estrato arbustivo está formado por Rubus ulmifolius e Rosa sp.
Na contorna inmediato, as zonas de máis pendiente conservan
masas de robledais, alcornocais e piñeirais. Pódense atopar
especies como Ruscus aculeatus, Cytisus scoparia, Ulex europaeus,
Arbutus unedo e Hedera helix.
O ecosistema ripario atópase bastante alterado, ainda que ten unha
elevada posibilidade de recuperación ao atoparse nun entorno
protexido cunha biodiversidade alta.
Ademáis é importante destacar a súa situación intermedia entre as
dúas zonas de maior superficie que forman parte do LIC, o que lle
da papel moi relevante no mantemento da conectividade de estes
espazos. Treito do río Arnego
Actuación:
O primeiro paso na restauración das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira débese realizar eliminando os elementos que provocan a situación actual (a
eliminación antrópica do hábitat por sobrepastoreo). Cando no medio se conserva
unha porcentaxe suficiente de vexetación primaria pode ser suficiente coa non
actuación. Sen embargo se se quere obter un resultado a medio-largo prazo
pódese plantexar unha actuación para recuperar a cuberta vexetal. Esta
revexetación vai constituir a base sobre a que se vai producir o verdadeiro proceso
de recuperación do ecosistema.
Especies:
Segundo as particularidades bioxeográficas desta zona proponse realizar unha
revexetación tanto na marxe esquerda como na dereita, con Salix atrocinerea,
Fraxinus excelsior e Betula celtiberica. Considérase que introducir diferentes
especies, supon unha reducción da vulnerabilidade do ecosistema.
Marco de plantación:
O marco de plantación que se vai empregar é do tipo irregular, para intentar
adecuar a distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
Distribuiranse as especies en dúas bandas, quedando na primeira unha porcentaxe
maior das especies máis adaptadas ao nivel freático alto ou ás inundacións. A
porcentaxe de especies é de un 60% de salgueiros, un 20% de freixos e un 20% de
bidueiros na primeira banda, e un 20% de salgueiros, un 60% de freixos e un 20%
de bidueiros na segunda.
Un condicionante importante neste proceso é o espazo. A actuación vaise limitar á
zona ocupada polo Dominio Público Hidráulico, co que neste caso o marco de
actuación terá una anchura de 2 m en cada marxe. A superficie resultante non
resulta suficiente como para constituir un bosque de ribeira ben estruturado en
diferentes bandas, nin para evitar o efecto borde. Sen embargo, sen aspirar á
recuperación total do ecosistema, si se espera mellorar a diversidade florística e
estrutural, mellorando a conectividade da zona, e reducindo os nutrientes e
contaminantes que podan chegar por escorrentía ao cauce.
Deixaraise ademais un espazo de 25 m no que non se realizará ningunha
actuación, para permitir o acceso ao gando ao río, ou ás comunidades que
requiran espazos abertos.
Número de árbores:
Treito de 145 m, primeira banda: distribúense 17 salgueiros, 6 bidueiros e 6 freixos
en cada marxe.
Treito de 145 m, segunda banda: distribúense 6 salgueiros, 17 bidueiros e 6 freixos
en cada marxe.
Treito de 70 m, primeira banda: distribúense 35 salgueiros, 12 bidueiros e 12
freixos en cada marxe.
Treito de 70 m, segunda banda: distribúense 12 salgueiros, 35 bidueiros e 12
freixos en cada marxe.
Orzamento estimado:Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 1.250 euros (sin impuestos)
Nome: Sulago – Número no mapa: 11
Ubicación:
Concello: Vila de Cruces
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 573560, 4736605
Descrición:Trátase dun tramo nun meandro moi pronunciado do río Deza ondeno pasado realizáronse extraccións de area na zona externa domeandro.
O río Deza, cunha bacía de 550 km2, atópase aquí próximo á súadesembocadura no Ulla, sendo a superficie da bacía que drena ataeste punto, en Sulago, de 480 km2, e dicir, trátase dun punto do ríopolo que se transmiten a maior parte das aportacións da bacía.
Este punto atópase despois dun tramo no que o río ten un granpotencial de erosión, discorre excavado na roca, con granvelocidade e pendente, e fai un cambio brusco na súa direccióninundando ocasionalmente as ladeiras que se atopan na zonaexterna do meandro, perdendo así parte da súa enerxía hidráulica,e depositando os sedimentos arrastrados.
A extracción das areas provocou ademais a formación dunha pozanesta zona do cauce do río, e actualmente fórmanse remansos edeposítanse os materiais arrastrados polo río.
Esta alteración na morfoloxía e hidrodinámica do río produceinundacións frecuentes na zona, quedando inutilizado o camiñoque bordea a lámina de auga e que permite o acceso a algunhasparcelas.
Esta zona está situada dentro do LIC Sistema Fluvial Ulla Deza, e asespecies arbóreas que se atopan na ribeira do meandro sonQuercus suber, Quercus robus, Alnus glutinosa, Betula celtiberica,
Fraxinus excelsior, Laurus nobilis e a invasora Acacia dealbata.
Análise:
Elevacións na zona de Sulago
A estación de aforos máis cercana atópase en Silleda (Estación de Aforos nº 552), 8,5km augas abaixo de este lugar. Nesta estación pódese observar a gran variaciónestacional e interanual nas aportaciones que recibe esta bacía.
Os caudais máximos medios por mes prodúcense en xaneiro e duplican os caudaismedios mensuais. Nos períodos extraordinarios chéganse a superar os 1200 hm3
anuais, cando o valor medio é de 516 hm3. Esta situación produciuse 2 veces nosúltimos 40 anos.
O principal problema que se atopa nesta zona son as frecuentes inundacións cunestado ordinario de caudais.
As dinámicas aparentes que se detectaron nas inspeccións de campo móstranse naimaxe da dereita, existindo zonas de socavación do cauce (en azul), onde se produceconverxencia dos fluxos e de sedimentación (en amarelo), onde se producediverxencia. O balance de carga sólida no tramo parece negativo, saíndo menossedimentos dos que entran, de forma que estaríase a producir un aterramento doleito.
Despois do meandro o río incrementa a súa velocidade, volvendo a alcanzar unestado de tensión de arrastre alto. O río aquí ten un caudal sólido baixo e volve ater un poder de socavación maior.
Zonas de converxencia (azul) e diverxencia de fluxos (amarelo)
Parece que a dinámica natural do río produciría o recheo da poza, colmatando, ecomunicando máis rápidamente a chaira co río nas avenidas. O río continuaría oproceso natural dos meandros, socavando a súa ribeira externa.
Produciríase erosión cara a illa que existe no centro, que iría perdendo espazo, e acanle posterior á illa iría perdendo importancia, desaugando caudais menores, sónos momentos das crecidas.
Camiño asolagado e ramas arrastradas polo río na beira
Ao fondo entrada e saída do río, diante a zona do remanso
Canle irregular de desaugue da zona de remanso, por detrás da illa
Actuacións:
As actuacións sobre a hidrodinámica adoitan levar consecuencias difíciles depredicir e non buscadas. Sería necesario un coñecemento máis profundo damorfoloxía e o funcionamento fluvial. É importante coñecer o réxime de caudais esedimentos en detalle na sección transversal ao longo do ano. Por isto é altamenterecomendable realizar un hidrodinámico da situación actual e das consecuenciasdas actuacións.
Dada as inspeccións visuais, considérase que as posibilidades de actuación podenorientarse cara a:
1. permitir as das dinámicas hídricas naturais, é dicir, o soterramentonatural da zona, e o avance do meandro, e dirixir as actuacións a protexerás intraestruturas de interés, ou
2. retrasar o enchido da zona mediante dragados.
O dragado produciría de forma inmediata un incremento na capacidade dealmacenamento de auga, e por tanto de laminación de avenidas, pero trátasedunha solución temporal, contraria á propia dinámica do río, polo que habería querefacer a actuación co tempo.
Posto que as actuacións de restauración buscan a recuperación das dinámicasnaturais proponse permitir os procesos que forman parte da dinámica natural dorío, protexendo o camiño das inundacións máis frecuentes.
Para a realización de actuacións que produzan unha alteración maior nocomportamento hidráulico, considérase necesario realizar modelizacións paraprever os impactos da modificación dos reximes de erosión e sedimentación nabacía.
As actuacións consistirían no seguinte:
- Elevación do camiño uns 40 cm e estabilización do talude mediante técnicas de
bioenxeñaría.
Non se debe perder a conectividade hidráulica, e as avenidas extraordinariasdeben continuar disipando a súa enerxía desbordándose sen provocar inundaciónsgraves nin inestabilidade. A obra debe permitir o paso da auga, tanto sobre ocamiño como a través do solo, non impermeabilizando as marxes.
Para á estabilización do talude pódese utilizar a técnica do entramado vivo conpaus verticais, ou entramado vivo entre dúas paredes. Con grava, areas e fajos deramas vivas de Salix sp. créase unha estrutura vertical que protexe da erosión otalude que se vai formar coa elevación do camiño.
- Eliminación dos individuos de Acacia dealbata
Eliminación dunha ou varias superficies de cortiza ao redor do tronco (aneis),provocando que o individuo seque en pé.
Grupo de Acacia dealbata na beira do rio, na zona sur do remanso
Orzamento estimado:
Total
Carga con autocargador de leñas 575 €
Jornal con motosierra en tronzado leñas y desbroces puntuales 350,00 €
Preparación asiento calzada pista con maquinaria 425 €
Aporte de xabre y nivelación 5.375 €
Drenes transversales 1.725 €
Aporte y rastrillado manual tierra orgánica en talud pista juntorío 950 €
Semillado herbáceas y leñosas autóctonas a razón de 30 gr y 5gr/m2 resp. 265 €
Manta orgánica antierosión fijada sobre grapas cada m.l. 210 €
Plantación 80x80 cm. varas Salix horizontales concableestacado (4 estacas) i/enterrado extremos 1.760 €
Plantación estacas verticales de Salix (3 por m2) 260 €
Plantación Alnus glutinosa, Salix, Fraxinus de talla forestal (1por m2) 230 €
Ud. Portes de maquinaria (ida+vuelta) 750 €
Transporte a vertedero leñas 5.062,5€
TOTAL: 17.937,5 euros (sin impuestos)
Nome: Ribadulla - Número no mapa: 12
Ubicación:
Concello: A Estrada, Vedra
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 548844, 4736143
Descrición:Trátase dun treito do río Ulla, dentro do LIC do Sistema Fluvial Ulla-Deza, no que aparecen varias manchas da especie exótica invasoraAcacia dealbata.
Ésta é unha especie arbórea con gran capacidade de invasión, queaparece en diversos treitos augas abaixo deste punto.
Analizouse un treito de 2 km a partir do ponte da N-525 en PonteUlla. Nesta zona ainda non aparece moi extendida, pero aparecenmoitas manchas dispersas, polo que é unha boa oportunidade paracomezar a súa eliminación neste río, tendo en conta ademais que éimportante comezar a súa erradicación dende augas arriba.
Atópanse individuos de diferentes idades, formados por medio devarias estratexias de dispersión. Dende individuos de un ano,xerminados a partir de semente, individuos formados por rebrotes,e individuos adultos de máis de 20 cm de diámetro.
Ás principais manchas monoespecíficas atópanse en diferentespuntos da ladeira da bacía hidrográfica, en lugares onde aparecencarballos e piñeiros.
No bosque de ribeira a súa presencia prodúcese de unha maneiramesturada entre a vexetación.
En cor vermello móstranse as zonas aproximadas onde atopouse Acacia dealbata
Grupo de acacias na ladeira oeste de Angrois e na PO-213
Grupo de acacias na chaira de inundación do marxe esquerdo
Ademais da presenza desta especie no bosque de ribeira atópanse ameneiros, salgueiros ebidueiros. Tamén mestúranse os loureiros na primeira liña do auga.
Non é un bosque ben estructurado, posto que os usos agrícola e gandeiro na chaira de inundaciónocupan practicamente todo o espazo, pero a contorna conserva varias masas arbóreas devexetación primaria.
Actuación:Eliminar estas especies en esta fase é fundamental, require de relativamentepouco esforzo, posto que se trata de manchas localizadas. O esforzo debe sercontinuado no tempo; nos anos seguintes é importante o seguimento dosresultados e a eliminación dos rebrotes.
A prioridade debe ser intervir nas masas que se atopen preto do río ou que sexanafectadas polas crecidas, e podan propagarse por medio do río.
Tamén é importante realizar a retirada antes da formación das sementes.
Para os individuos novos utilízase o arranque manual, coidando de non deixar araíz, posto que se trata dunha especie con capacidade de rebrote moi elevada. Aretirada dos individuos de maior tamaño é máis complexa posto que a curta dotronco pode provocar que se produzcan rebrotes de novo desde a raíz. Outraposible solución é a eliminación dunha ou varias superficies de cortiza ao redor dotronco (aneis), provocando que o individuo se seque en pé.
Acacias no marxe esquerdo, debaixo da ponte
Esta actuación plantexase combinada coa plantación de especies autóctonas nazona, que compitan polos recursos coa acacia.
As especies que se emplearán son as atopadas neste espacio que forman parte dohábitat 91E0 incluido no LIC, e dicir Fraxinus angustifolia, Salix atrocinerea.
Acacias dispersas no marxe dereito do río
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes preciosunitarios:nidaTiempo de ejecución
yConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cmaltura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: Aproximadamente 1.450 euros/km de actuación (sin impuestos)
incluyendo transporte a vertedero de leñas.
Nome: Oca – Número no mapa: 13
Ubicación:
Concello: A Estrada
Coordenadas ETRS89 / UTM zona 29N: 551950, 4732793
Descrición:
Trátase dun treito situado a 260 msnm, na parte alta do río de Oca,
un afluente do Ulla.
O río discurre con moi pouco caudal nun entorno de pastos, con
solos encharcados. Trátase dunha zona na que a escorrentía
hipodérmica é moi importante, as augas flúen subsuperficialmente
cara varios cauces pouco definidos que terminan confluíndo.
Esta dinámica natural foi alterada pola canalización e entubación do
cauce en pequenos treitos, tanto ao ser atravesado por carreteras,
como durante o seu transcurso pola zona de pastos.
Trátase polo tanto dun río moi alterado morfolóxicamente.
Ademáis de isto a vexetación de ribeira está ausente en todo o
treito. Atópanse abudantes especies ruderais, adaptadas ás
alteracions frecuentes do hábitat e os niveis altos de nitratos.
O uso do solo de esta zona é pastos, e atópanse explotacións
ganadeiras nas inmediacións. Os bosques na contorna están
formados por repoblacións de piñeirais.
Treito norte, marxe dereita sen espazo para a súa revexetación emarxe esquerda moi alterada
Treito sur canalizado
Treito sur, unión de dous treitos canalizados
Actuación:
O primeiro paso na recuperación das funcionalidades ecolóxicas do ecosistema de
ribeira debería ser a recuperación do cauce, eliminando os elementos de
canalización.
Pódese realizar unha actuación de profundización do cauce, concentrando as
augas, dunha maneira máis naturalizada, permitindo a transmisión da auga entre a
ribeira e o cauce. Este proceso de mellora da conectividade hidráulica entre cauce
e marxes pode reducir o encharcamiento do solo, favorecendo o proceso de
revexetación.
Especies:
Proponse ademais realizar unha revexetación nas dúas marxes coas especies
arbóreas Betula celiberica, Salix atrocinerea e Fraxinus excelsior. O bidueiro
atópase xunto aos ameneiros entre as árbores adyacentes ademais é necesario
obter certa diversidade florística que reduzca a vulnerabiliade do ecosistema.
Marco de plantación:
A actuación limitase á ocupada polo Dominio Público Hidráulico, difícil de
identificar neste tipo de cauces pouco definidos. O marco de actuación terá unha
anchura de 2 m en cada marxe.
A superficie resultante non resulta suficiente como para constituir un bosque de
ribeira ben estructurado en bandas, nin para evitar o efecto borde no ecosistema
que se constitúa. Sen embargo, si se espera mellorar a diversidade florística e
estructural, reducindo os nutrientes e contaminantes que chegan por escorrentía
ao cauce.
O marco de plantación que se vai empregar é do tipo irregular, para tentar adecuar
a distribución das especies a unha distribución o máis natural posible.
Proponse unha distribución mediante dúas bandas, unha de mayor cercanía ao río,
cunha separación media entre individuos de 2.5 m, e unha segunda banda, a 2
metros da primeira, na que se distribúe una cantidade diferente de cada especie,
tamén con 2,5 m aproximados de separación.
Número de árbores:
No treito norte, na marxe esquerda, de 35 m: distribúense 9 salgueiros, 5 bidueiros
e 2 freixos.
Na segunda banda: distribúense 5 salgueiros, 5 bidueiros e 6 freixos.
No treito norte, na marxe dereita, de 20 m: distribúense 5 salgueiros, 3 bidueiros e
1 freixos.
Na segunda banda: distribúense 3 salgueiros, 3 bidueiros e 4 freixos.
No treito sur, de 100 m, na primeira banda: distribúense 25 salgueiros, 12
bidueiros e 4 freixos nas dúas marxes.
Na segunda banda: distribúense 12 salgueiros, 12 bidueiros e 16 freixos nas dúas
marxes.
Orzamento estimado:
Para a elaboración do orzamento tiveronse en consideración os seguintes precios
unitarios:nidaTiempo de ejecuciónyConcepto: Plantación especie rupícola con planta forestal de 2 savias 40-40 cm
altura.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades plantadas: 250 / día
Precio: 5 €/Ud.
Concepto: Desbroce manual, picado in situ de restos e retirada.
Medios: Cuadrilla (cinco traballadores)
Tempo de execución: 1 día
Unidades : 2000 m2
Precio: 0,6 €/m2
TOTAL: 1.500 euros (sin impuestos)