13
SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE NOVEMBRO DE 2019 . No Pazo Municipal de Ferrol, sendo as dez horas e quince minutos do día 11 de novembro de 2019, reuniuse a Xunta de Goberno Local, en primeira convocatoria, baixo a Presidencia do Iltmo. Sr. Don Ángel Manuel Mato Escalona, coa asistencia dos señores Concelleiros seguintes, integrantes desta Xunta de Goberno Local: Don Germán Costoya Casas, Dona María Teresa Deus Trasobares, Don Antonio Golpe Díaz, Dona Ana Lamas Villar, Dona Eva Martínez Montero, Dona Cristina Prados Rubio e Don Julián Reina Villalón . Asistidos polo Secretario Xeral Don Leopoldo Moure García e polo Interventor Municipal Don Vicente José Calvo del Castillo, ó obxecto de celebrar sesión ordinaria correspondente a este día, adoptándose os seguintes acordos: 1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR . A Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou aprobar a acta da sesión anterior, celebrada o 4 de novembro de 2019 (ordinaria). 2. PROPOSTA DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA DE AGLOMERADO DA ESTRADA CATABOIS MANDIÁ INCLUIDA NO POS ADICIONAL 1/2017 (AVS 03007 19/12); APROBAR O ANEXO I, ANEXO II, ANEXO IV, ANEXO V E ANEXO VI DOS PREGOS-TIPO APROBADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA QUE HABERÁN DE REXER A CONTRATACIÓN E APROBACIÓN DOUTROS ACORDOS COMPLEMENTARIOS (CÍVIDAS 2019003705 ). Examinada a proposta que eleva o Concelleiro Delegado da Concellería de Contratación, que textualmente di: “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende a Área de Obras e Servizos remitiuse á Unidade de Contratación a solicitude de inicio do expediente de contratación da execución da obra de AGLOMERADO DA ESTRADA CATABOIS MANDIÁ incluida no POS ADICIONAL 1/2017 consonte o Proxecto redactado polo arquitecto técnico don Manuel José Iglesias Amado en data 13/02/2017, xunto coa restante documentación integrante do expediente que foi completada en data 31/10/2019. O Pleno da Corporación municipal en sesión do 22 de febreiro de 2017, acordou participar no PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (Plan Único de Concellos) “POS+2017” e aprobar o Plan Complemetario e os proxectos referidos ao mesmo, entre os que se atopa incluida obra obxecto deste expediente. Mediante Resolución nº 40643/2017 da Presidencia da Deputación de data 18/12/2017 considerouse definitivamente aprobada a 1ª fase do POS + ADICIONAL 1/2017 remitíndose a este Concello a Circular de aprobación e contratación do referido investimento. Por Resolución nº 2019/21672 do Presidente da Deputación de data 21/06/2019 concedeuse unha prórroga do prazo de adxudicación do investimento ata o 30/11/2019. Consonte o disposto na referida Circular de aprobación do POS+ ADICIONAL 1/2017 POR MAIOR ACHEGA PROVINCIAL 1ª FASE, a contratación das obras farase utilizando os Pregos Tipo de cláusulas Administrativas Particulares que, na actualidade, son os aprobados polo Pleno da Deputación nas sesións realizadas o día 27 de abril e 25 de maio de 2018, adaptados á nova Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, cuxo texto íntegro está publicado no BOP Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE NOVEMBRO DE 2019 .

No Pazo Municipal de Ferrol, sendo as dez horas e quince minutos do día 11 denovembro de 2019, reuniuse a Xunta de Goberno Local, en primeira convocatoria, baixo aPresidencia do Iltmo. Sr. Don Ángel Manuel Mato Escalona, coa asistencia dos señoresConcelleiros seguintes, integrantes desta Xunta de Goberno Local: Don Germán CostoyaCasas, Dona María Teresa Deus Trasobares, Don Antonio Golpe Díaz, Dona Ana LamasVillar, Dona Eva Martínez Montero, Dona Cristina Prados Rubio e Don Julián Reina Villalón . Asistidos polo Secretario Xeral Don Leopoldo Moure García e polo Interventor MunicipalDon Vicente José Calvo del Castillo, ó obxecto de celebrar sesión ordinaria correspondente aeste día, adoptándose os seguintes acordos:

1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. A Xunta de Goberno Local,en votación ordinaria e por unanimidade, acordou aprobar a acta da sesión anterior, celebradao 4 de novembro de 2019 (ordinaria).

2. PROPOSTA DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA DEAGLOMERADO DA ESTRADA CATABOIS MANDIÁ INCLUIDA NO POS ADICIONAL 1/2017(AVS 03007 19/12); APROBAR O ANEXO I, ANEXO II, ANEXO IV, ANEXO V E ANEXO VI DOSPREGOS-TIPO APROBADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA QUE HABERÁNDE REXER A CONTRATACIÓN E APROBACIÓN DOUTROS ACORDOS COMPLEMENTARIOS(CÍVIDAS 2019003705). Examinada a proposta que eleva o Concelleiro Delegado da Concellería deContratación, que textualmente di:

“Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-propostasobre o asunto:

“Dende a Área de Obras e Servizos remitiuse á Unidade de Contratación a solicitude de inicio doexpediente de contratación da execución da obra de AGLOMERADO DA ESTRADA CATABOISMANDIÁ incluida no POS ADICIONAL 1/2017 consonte o Proxecto redactado polo arquitecto técnicodon Manuel José Iglesias Amado en data 13/02/2017, xunto coa restante documentación integrante doexpediente que foi completada en data 31/10/2019.

O Pleno da Corporación municipal en sesión do 22 de febreiro de 2017, acordou participar no PLANPROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL(Plan Único de Concellos) “POS+2017” e aprobar o Plan Complemetario e os proxectos referidos aomesmo, entre os que se atopa incluida obra obxecto deste expediente. Mediante Resolución nº40643/2017 da Presidencia da Deputación de data 18/12/2017 considerouse definitivamente aprobadaa 1ª fase do POS + ADICIONAL 1/2017 remitíndose a este Concello a Circular de aprobación econtratación do referido investimento. Por Resolución nº 2019/21672 do Presidente da Deputación dedata 21/06/2019 concedeuse unha prórroga do prazo de adxudicación do investimento ata o30/11/2019.

Consonte o disposto na referida Circular de aprobación do POS+ ADICIONAL 1/2017 POR MAIORACHEGA PROVINCIAL 1ª FASE, a contratación das obras farase utilizando os Pregos Tipo decláusulas Administrativas Particulares que, na actualidade, son os aprobados polo Pleno daDeputación nas sesións realizadas o día 27 de abril e 25 de maio de 2018, adaptados á nova Lei9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, cuxo texto íntegro está publicado no BOP

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 2: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

nº 82 do 2 de maio de 2018 e BOP nº 101 do 30 de maio de 2018 e na páxina web deputación:www/dacoruna.gal/contratación/pregos-tipo, debendo cumprimentarse en cada expediente o cadro decaracterísticas do contrato.

Constan incorporados ao expediente a memoria xustificativa da necesidade do contrato asinada polaxefa de sección de Servizos e Obras en data 8/02/2019 na que se describe o obxecto do contrato e axustificación da non división en lotes do seu obxecto, informe específico das circunstancias polas quenon se estima conveniente a división en lotes do obxecto do contrato de data 4/11/2019, informefacultativo favorable de supervisión do proxecto de data 1/08/2019, informe de viabilidade urbanísticado arquitecto técnico municipal de data 1/08/2019 e a acta de replanteo favorable de data 30/10/2019.

Consta documento RC emitido pola Intervención municipal, con cargo á aplicación orzamentaria03007 1532 61900 na que existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte aos gastos derivadosda presente contratación no exercicio 2019 (RC nº 219101419, ref.743 GFA 19101006).

Consta así mesmo, informe xurídico de contratación de data 31/10/2019 conformado polo SecretarioXeral.

Visto o expediente instruído e a documentación que o integra, previo informe de fiscalizaciónfavorable da Intervención Municipal, e de conformidade co establecido nos artigos 116, 117 eDisposición Adicional Segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público polaque se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e doConsello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, propónselle ao concelleiro da Áreade Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación, CRI eOrganización Interna a elevación á Xunta de Goberno Local como órgano de contratacióncompetente en virtude da delegación conferida polo Alcalde mediante Resolución de data 8 de xullode 2019 (BOP nº 137 de 22/07/2019), da seguinte proposta de acordo:

PRIMEIRO.- Aprobar o expediente de contratación da obra AGLOMERADO DA ESTRADACATABOIS MANDIÁ incluida no POS ADICIONAL 1/2017 consonte o Proxecto redactado poloarquitecto técnico don Manuel José Iglesias Amado en data 13/02/2017 e outorgarlle o número deexpediente AVS 03007 19/12.

SEGUNDO.- Considerar suficientemente xustificada a non división do obxecto do contrato en lotespolas razóns recollidas no informe específico do arquitecto técnico municipal don David CouseloMéndez de data 4/11/2019.

TERCEIRO.- Aplicar ao presente expediente os Pregos Tipo de Cláusulas AdministrativasParticulares das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais, publicados noBOP nº 101 de 30 de maio de 2018 e aprobar o anexo I, anexo II, anexo IV, anexo V e anexo VI dosreferidos Pregos-Tipo que haberán de rexer a contratación mediante procedemento abertosimplificado (mediante a aplicación de fórmulas) da obra de AGLOMERADO DA ESTRADACATABOIS MANDIÁ.

CUARTO.- Aprobar o gasto correspondente a dita contratación por importe máximo de 115.728,76 €(21% de IVE incluido) e imputalo á aplicación 03007 1532 61900 do orzamento municipal.

QUINTO.- Dispoñer a apertura do procedemento de adxudicación aberto simplificado previsto noartigo 159 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, cun único criterio deadxudicación (prezo), tramitación electrónica e proceder á publicación do correspondente anuncio delicitación no Perfil do Contratante do Concello de Ferrol aloxado na Plataforma de Contratos do

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 3: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

Sector Público, así como dos documentos do expediente que conteñen a información á que se refire oartigo 63.3 LCSP.

Non obstante, vostede decidirá o que considere máis axeitado”.

Examinada a proposta transcrita xunto coa documentación acompañada e visto o informe defiscalización favorable da Intervención Municipal, propónselle á Xunta de Goberno Local aadoptación do seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Aprobar o expediente de contratación da obra AGLOMERADO DA ESTRADACATABOIS MANDIÁ incluida no POS ADICIONAL 1/2017 consonte o Proxecto redactado poloarquitecto técnico don Manuel José Iglesias Amado en data 13/02/2017 e outorgarlle o número deexpediente AVS 03007 19/12.

SEGUNDO.- Considerar suficientemente xustificada a non división do obxecto do contrato enlotes polas razóns recollidas no informe específico do arquitecto técnico municipal don David CouseloMéndez de data 4/11/2019.

TERCEIRO.- Aplicar ao presente expediente os Pregos Tipo de Cláusulas AdministrativasParticulares das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais, publicados noBOP nº 101 de 30 de maio de 2018 e aprobar o anexo I, anexo II, anexo IV, anexo V e anexo VI dosreferidos Pregos-Tipo que haberán de rexer a contratación mediante procedemento aberto simplificado(mediante a aplicación de fórmulas) da obra de AGLOMERADO DA ESTRADA CATABOISMANDIÁ.

CUARTO.- Aprobar o gasto correspondente a dita contratación por importe máximo de115.728,76 € (21% de IVE incluido) e imputalo á aplicación 03007 1532 61900 do orzamentomunicipal.

QUINTO.- Dispoñer a apertura do procedemento de adxudicación aberto simplificado previsto noartigo 159 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, cun único criterio deadxudicación (prezo), tramitación electrónica e proceder á publicación do correspondente anuncio delicitación no Perfil do Contratante do Concello de Ferrol aloxado na Plataforma de Contratos do SectorPúblico, así como dos documentos do expediente que conteñen a información á que se refire o artigo 63.3LCSP”.

A Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou a aprobación daproposta anteriormente transcrita.

3. PROPOSTA DE APROBACIÓN DA ADXUDICACIÓN DO CONTRATOCORRESPONDENTE AO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SISTEMA DE PRODUCCIÓN TÉRMICA NO PAZO MUNICIPAL (AVS 07109 18/51) A FAVOR DA EMPRESA COBRAINSTALACIONES Y SERVICIOS SA (CÍVIDAS 2018028447). Examinada a proposta que eleva o Xefedo Servizo de Contratación, que textualmente di:

“Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 28/12/2018, aprobouse o expediente decontratación administrativa número AVS 07109 18/51 correspondente ao “Subministro einstalación de sistema de producción térmica no Pazo Municipal”; os pregos decláusulas administrativas e de prescricións técnicas da licitación; o gasto correspondente a ditacontratación por importe de 70.000,00 €, co 21% de IVE incluido (57.851,24 euros. IVA 21%:12.148,76 euros) e a súa imputación á aplicación 07109-9330-63900 do orzamento

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 4: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

municipal; a convocatoria de licitación pública mediante procedemento aberto simplificadoprevisto no artigo 159 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público conpluralidade de criterios de valoración, tramitación ordinaria, nas condicións e prazos indicadosnos Pregos; a publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante do órgano decontratación e a dispensa da utilización de medios electrónicos para a presentación de ofertasno procedemento polas razóns reflectidas no informe específico de data 22/06/2018.

O día 18/01/2019 se publica anuncio de licitación no perfil do contratante do Concello deFerrol aloxado na Plataforma de Contratos do Sector Público (PLACSP) outorgando aoslicitadores un prazo de 20 días naturais para a presentación de ofertas que remataba o día07/02/2019.

Na Mesa de Contratación Permanente, en sesión celebrada en data 26/02/2019, deuseconta do procedemento seguido; da data de remate do prazo de presentación de ofertas edo certificado do Rexistro Xeral expedido o 25/02/2019 no que consta a seguinte relación deempresas que presentaron oferta para este procedemento:

plica nº 1: Medancli SL plica nº 2: Cobra Instalaciones y Servicios SA plica nº 3: Iam Rumbo Instalaciones y Obras SL plica nº 4: Desarrolla Obras y Servicios SL

De seguido se procede coa apertura dos sobres nº 1 “Documentación acreditativa documprimento de requisitos previos e criterios que dependen dun xuízo de valor” presentadospolos catro licitadores interesados no procedemento e coa revisión do seu contido doseguinte xeito:

Sobre nº 1 presentado por Medancli SL que conten:

MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE (na que constan datos relativos á representa-ción legal da empresa e poder bastante; cumprimento dos requisitos esixidos no artigo140 LCSP; declaración relativa ao artigo 71 LCSP respecto da limitación, prohibición ouincompatibilidade para contratar; respecto das inscricións no ROLECE e/ou equivalente;respecto da artigo 86 e artigo 149.3 LCSP sobre empresas vinculadas; dirección a efectode notificacións electrónicas e outros datos)

(*queda pendente a verificación dos datos relativos ás incricións no ROLECE e/ou equivalente)

PROPUESTA SUJETA A EVALUACIÓN DE CRITERIOS QUE DEPENDEN DE UN JUICIO DEVALOR (*queda pendente de revisión e informe técnico)

Sobre nº 1 presentado por Cobra Instalaciones y Servicios SA que conten:

MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE (na que constan datos relativos á representa-ción legal da empresa e poder bastante; cumprimento dos requisitos esixidos no artigo140 LCSP; declaración relativa ao artigo 71 LCSP respecto da limitación, prohibición ou in-compatibilidade para contratar; respecto das inscricións no ROLECE e/ou equivalente;respecto da artigo 86 e artigo 149.3 LCSP sobre empresas vinculadas; dirección a efectode notificacións electrónicas e outros datos)

(*queda pendente a verificación dos datos relativos ás incricións no ROLECE e/ou equivalente)

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 5: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

PROPUESTA SUJETA A EVALUACIÓN DE CRITERIOS QUE DEPENDEN DE UN JUICIO DEVALOR (*queda pendente de revisión e informe técnico)

Sobre nº 1 presentado por Iam Rumbo Instalaciones y Obras SL que conten:

MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE (na que constan datos relativos á representaciónlegal da empresa e poder bastante; cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 140LCSP; declaración relativa ao artigo 71 LCSP respecto da limitación, prohibición ou incom-patibilidade para contratar; respecto das inscricións no ROLECE e/ou equivalente; respectoda artigo 86 e artigo 149.3 LCSP sobre empresas vinculadas; dirección a efecto de notifica-cións electrónicas e outros datos)

(*queda pendente a verificación dos datos relativos ás incricións no ROLECE e/ou equivalente)

PROPUESTA SUJETA A EVALUACIÓN DE CRITERIOS QUE DEPENDEN DE UN JUICIO DEVALOR (*queda pendente de revisión e informe técnico)

Sobre nº 1 presentado por Desarrolla Obras y Servicios SL que conten:

MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE (na que constan datos relativos á representaciónlegal da empresa e poder bastante; cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 140LCSP; declaración relativa ao artigo 71 LCSP respecto da limitación, prohibición ou incom-patibilidade para contratar; respecto das inscricións no ROLECE e/ou equivalente; respec-to da artigo 86 e artigo 149.3 LCSP sobre empresas vinculadas; dirección a efecto de noti-ficacións electrónicas e outros datos)

(*queda pendente a verificación dos datos relativos ás incricións no ROLECE e/ou equivalente)

PROPUESTA SUJETA A EVALUACIÓN DE CRITERIOS QUE DEPENDEN DE UN JUICIO DEVALOR (*queda pendente de revisión e informe técnico)

Considerando as esixencias do artigo 159.4.a) da LCSP; o recollido no apartado 10 doAnexo I do PCAP e á vista das declaracións responsables presentadas polas catro empresasinteresadas no procedemento; a Mesa de Contratación Permanente, co voto favorable detodos os vocais asistentes, acordou:

Que polo servizo de Contratación se realicen as comprobacións oportunas respecto daefectiva incrición de todas as empresas licitadoras no ROLECE ou no rexistroequivalente.

◦ Para o suposto positivo de que todas as empresas figuren inscritas CALIFICARfavorablemente as declaracións responsables presentadas polas empresaslicitadoras e, en consecuencia, REQUERIR INFORME TÉCNICO para a valoracióndas ofertas dependentes dun xuizo de valor (sobre 1).

◦ Para o suposto negativo, CONCEDER UN PRAZO DE SUBSANACIÓN, de tresdías hábiles, para presentar no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol a acreditaciónde ter solicitado a inscrición no ROLECE ou no Rexistro equivalente daComunidade Autónoma de Galicia, establecendo como data límite a de

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 6: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

presentación de ofertas (ás 14:00 horas do día 7/02/2019)

Polo servizo de Contratación comprobouse que tódalas empresas participantesse atopan inscritas no ROLECE e/ou no Rexistro Xeral de Contratistas daComunidade Autónoma de Galicia.

O expediente pasa a informe técnico.

Na sesión da Mesa de Contratación Permanente de data 7/10/2019; en primeiro lugar, deuseconta do do informe técnico que, en data 3/10/2019, emite don Alberto Castro Rascado,enxeñeiro municipal e no que consta o seguinte:

INFORME:Ä vista das ofertas presentadas ao procedemento de contratación do Subministro e instalación de sistema de producióntérmica no Pazo Municipal, e en relación coa petición realizada pola Mesa de Contratación en data 04/03/2019, infórmase:

1. Que avalíanse os criterios dependentes dun xuízo de valor as ofertas presentada polas empresas:

1. MEDANCLI, S.L.2. COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, S.L.3. IAM RUMBO INSTALACIONES Y OBRAS, S.L.4. DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS, S.L.

2. Destas, a empresa IAM RUMBO INSTALACIONES Y OBRAS presenta o importe económico da actuación, polo que,por ser unparámetro obxectivo, propoño a súa exclusión.

3. Nestas condicións, achégase como anexo un resumo das outras propostas ofertadas.

4. O PCA establece os seguintes criterios subxectivos de avaliación das ofertas presentadas:

Características funcionais do sistema (20 PUNTOS): Valorarase segundo as características do sistema, notocante á facilidade de manexo dos equipos, adecuación ás instalacións existentes, seguridade dainstalación, capacidade para adaptarse ás distintas demandas de potencia da instalación prevista.

5. Nestas condicións, e coas características indicadas no ANEXO, pódese facer a seguinte táboa de avaliación:

PUNTUACIÓN

MEDANCLI, S.L. 12

COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, S.L. 18

DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS, S.L. 6

ANEXO OFERTAS PRESENTADAS:

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 7: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

MEDANCLI, S.L.:

O sistema baséase na instalación do reparto da potencia total en catro caldeiras murais en cascada, da marca DIETRITCH, de115 kW cada una, cun total teórico máximo de 460 kW. Cada caldeira ten a súa bomba de primario, e o conxunto traballa,hidráulicamente, sobre dun desacoplador.

Describe a adaptación da sala de caldeiras, coa construción dun vestíbulo de independencia, no que se instalará o cadroeléctrico. Por último, se prevé unha ventilación por conduto de 300 mm dende a carboeira cun ventilador para realizar oaporte de aire preciso. A ventá da sala de caldeiras se utilizaría para ventilación.

As caldeiras son de condensación.

A evacuación de fumes faríase mediante reforma da cheminea existente, con instalación dunha nova de 250 mm dediámetro.

Aínda que a solución de instalar catro caldeiras pode parecer axeitada a efectos de repartir a carga térmica, o certo é queevidentemente, a medio prazo se multiplican por catro os posibles problemas da instalación, e se considera, por unhabanda, que as situacións térmicas non son tan variables como para aproveitar un reparto da potencia entre as catrocaldeiras, e, por outro, a vantaxe obtida tamén pode acadarse con un número menor de caldeiras con queimadoresmodulantes.

COBRA:

Instalación dun conxunto modular ADISA modelo ADI CD-M 500 formado por dúas caldeiras ADI CD 250 de condensación degas natural, cunha potencia conxunta de 485 kW e regulación modulante 15%-100%. Cada caldeira incorpora un circuitohidráulico independente cunha bomba enclavada electricamente coa caldeira. A regulación de temperatura faise por sondaexterior.

A evacuación de fumes realízase cun colector de fumes de 175 mm de diámetro para cada caldeira, e un de 300 mm para otramo común, de doble parede.

Adecúase a sala de caldeiras coa instalación dun vestíbulo de independencia, detección de gas, ventilación medianteconduto e reixa.

Considérase a mellor opción no relativo a produción térmica, pois te a vantaxe de repartir entre dúas caldeiras a produción,de xeito que en caso de problemas cunha delas, polo menos se poderá utilizar a outra mentres dure a avaría, presentandounha boa solución entre custes de mantemento e seguridade (térmica) da instalación. Por outra banda, é a oferta quepresenta unha maior potencia total.

DESARROLLA:

Presenta unha oferta baseada en dúas caldeiras WOLF de condensación de gas natural, cunha potencia unitaria nominal de

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 8: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

200 kW ( 400 o conxunto), con posibilidade de funcionamento conxunto ou individual, unha regulación 17-100%; orendemento dos equipos é do 110%.

A conexión hidráulica se fai mediante unha soa bomba de circulación cara unha agulla hidráulica.

A regulación de temperaturas faise mediante elementos de control, eo traballo das caldeiras mediante unha unidade demando con sonda exterior.

Aínda que a solución é similar á presentada por COBRA ( cunha potencia inferior), non se detalla na documentación aevacuación de fumes, nin a ventilación da sala, polo que a avaliación debe ser menor.

Considerando o informado polo técnico municipal; compróbase que no sobre 1 da empresaIAM RUMBO INSTALACIONES Y OBRAS SL consta no cadro-resumo da súa proposta (páxina8) unha descripción por capítulos ( Cap 01 ACTUACIONES PREVIAS; Cap 02 SALA DECALDEIRAS; Cap 03 INSTALACIONES DE GAS; Cap 04 INSTALACIÓN ELÉCTRICA e Cap05 LEGALIZACIÓN) e de seguido o seguinte texto:

TOTAL

Asciende el presente presupuesto a la cantidad de (CINCUENTA Y OCHO MIL NOVECIENTOS Euros CON CUARENTA CENTIMOSTendo en conta todo o anterior; a Mesa de Contratación Permanente, co voto favorable detodos os vocais asistentes, acordou:

Conforme ao disposto na cláusula 23 do PCAP- Modalidade II (para os supostos noque o procedemento contemple criterios de adxudicación cuxa cuantificación dependadun xuizo de valor) epígrafe 4 ( no sobre nº 1 se incluirá a documentación relativa áproposta que deba ser valorada conforme aos criterios de ponderación que dependandun xuizo de valor) coa advertencia que en ningún caso poderán engadirse noSOBRE Nº 1 documentos propios do SOBRE Nº 2 e de igual xeito se recolle noapartado 14 do anexo I do PCAP; EXCLUIR do presente procedemento a ofertapresentada pola empresa IAM RUMBO INSTALACIONES Y OBRAS SL; tendo enconta o informe técnico de data 03/10/2019 e á vista do importe económico que constana súa proposta suxeita a valoracións que dependen dun xuizo de valor.

PONDERAR, as propostas presentadas, coa puntuación que detalla o técnico municipalno referido informe, contidas nos sobres 1 das tres empresas que continúan noprocedemento.

Coa comprobación previa de que non houbo asistentes ao acto público convocado; seprocede coa apertura dos sobres nº 2 “Oferta de criterios valorables en cifras ouporcentaxes” presentados polos tres licitadores que continúan no procedemento e resulta doseguinte xeito:

Sobre nº 2 presentado por MEDANCLI, SL que conten:

OFERTA ECONÓMICA:

Oferta a execución do contrato na cantidade, sen IVE, de51.369,44 €

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 9: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

PRAZO DE GARANTÍA:

Oferta un prazo de garantía de 4 anos, o que supón un aumentodo prazo de garantía de 2 anos respecto do prazo de garantíaque figura no presente prego.

RENDIMENTO DOS EQUIPOS OFERTADOS: 108%

Conforme ao recollido nos pregos que rexen a licitación e segundo dis-pón o modelo de oferta Os licitadores deberán indicar o rendimento dosequipos e aportar a documentación do fabricante (catálogos, documen-tación comercial o certificación) na que conste claramente este dato.

*A documentación presentada queda pendente de revisión e informetécnico.

Sobre nº 2 presentado por COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS SA queconten:

OFERTA ECONÓMICA:

Oferta a execución do contrato na cantidade, sen IVE, de48.564,57 €

PRAZO DE GARANTÍA:

Oferta un prazo de garantía de 12 anos, o que supón un aumen-to do prazo de garantía de 10 anos respecto do prazo de garan-tía que figura no presente prego.

RENDIMENTO DOS EQUIPOS OFERTADOS:

Rendimiento útil s/PCS a 70º C (carga total al 100%): 88.38%

Rendimiento útil s/PCS a 30º C (carga parcial al 30%): 94,65%

Rendimiento útil s/PCS a 70º C (carga total al 100%): 97,80%

Rendimiento útil s/PCS a 30º C (carga parcial al 30%): 104,70%

Rendimiento estacional hasta 108%

Conforme ao recollido nos pregos que rexen a licitación e segundo dis-pón o modelo de oferta Os licitadores deberán indicar o rendimento dosequipos e aportar a documentación do fabricante (catálogos, documenta-ción comercial o certificación) na que conste claramente este dato.

*A documentación presentada queda pendente de revisión e informe téc-nico.

Sobre nº 2 presentado por DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS SL queconten:

OFERTA ECONÓMICA:

Oferta a execución do contrato na cantidade, sen IVE, de52.930,00 €

PRAZO DE GARANTÍA:

Oferta un prazo de garantía de 10 anos, o que supón un aumen-to do prazo de garantía de 8 anos respecto do prazo de garantíaque figura no presente prego.

RENDIMENTO DOS EQUIPOS OFERTADOS: 110 % sobre PCI

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 10: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

NON presenta documentación anexa conforme ao recollido nos pregosque rexen a licitación e segundo dispón o modelo de oferta que indique orendimento dos equipos e documentación do fabricante (catálogos, do-cumentación comercial o certificación) na que conste claramente estedato.

O expediente pasa a informe técnico.

A Mesa de Contratación Permanente, na súa sesión de data 21/10/2019, toma en conta oinforme técnico que, en data 10/10/2019, emite don Alberto Castro Rascado, enxeñeiromunicipal e no que consta o seguinte:

INFORME:En relación coa solicitude de avaliación dos criterios obxectivos das ofertas das empresasinicialmente admitidas á licitación no procedemento de contratación para SUBMINISTRO EINSTALACIÓN DE SISTEMA DE PRODUCIÓN TÉRMICA NO PAZO MUNICIPAL, infórmase:

1. Que procedeuse á avaliación das ofertas remitidas, que son as presentadas polas seguintesempresas:

MEDANCLI, S.L.COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS S.L.DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS

2. As ofertas presentadas, segundo os criterios establecidos, son:

RENDEMENTO

PREZO GARANTÍA 70º//100% 70º//30% 30º//30% PROMEDIO

MEDANCLI, SL 51369,44 4 99,1 102,9 110,6 104,2

COBRAINSTALACIONES YSERVICIOS S.L.

48564,57 12 97,8 104,7 108 103,5

DESARROLLA OBRASY SERVICIOS

52930 10 98,1 104,3 106,7 103,03

3. E as puntuacións obtidas para cada un dos criterios pódense resumir nas seguintes táboas:

1. Oferta económica

PREZO

TIPO 57.851,24 €

Oferta Of/med1 Punt

MEDANCLI, SL 51.369,44 € 1,01 22,08

COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS S.L. 48.564,57 € 0,95 31,20

DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS 52.930,00 € 1,04 17,00

MEDIA 1 50.954,67 €

Limite da baixa 45.859,20 €

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 11: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

2. Prazo de garantía

PRAZO DE GARANTÍA

Oferta Punt

MEDANCLI, SL 4 3

COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS S.L. 12 20

DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS 10 20

3. Rendemento

RENDEMENTO

Oferta Punt

MEDANCLI, SL 104,2 11,36

COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS S.L. 103,5 10,8

DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS 103,03 10,43

4. Deste xeito, a avaliación total dos criterios obxectivos será:

TOTAL

PREZO GARANTÍA REND. TOTAL OBX.

MEDANCLI, SL 22,08 3 11,36 36,44

COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS S.L. 31,2 20 10,8 62,00

DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS 17,00 20 10,43 47,43

5. E a avalación global das ofertas (criterios subxectivos e obxectivos), quedaría a seguinte:

TOTAL OBXECT. E SUBXECT.TOTAL SUBXECT TOTAL OBXECT PUNT

MEDANCLI, SL 12 36,44 48,44

COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS S.L. 18 62,00 80,00

DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS 6 47,43 53,43

Sendo polo tanto, a oferta máis vantaxosa a presentada pola empresa COBRA INSTALACIONES YSERVICIOS S.L.

Tendo en conta o informado; a Mesa de Contratación Permanente, na sesión celebrada endata 21/10/2019 e co voto favorable de todos os vocais asistentes, acordou:

CLASIFICAR por orden decrecente as ofertas presentadas coa puntuación que detalla otécnico municipal no seu informe de data 10/10/2019.

REQUERIR da empresa clasificada en primeiro lugar, COBRA INSTALACIONES YSERVICIOS, SL a presentación de documentación, nos termos establecidos nacláusula 27 do PCAP; condicionando á adxudicación ao seu favor á presentaciónfavorable de toda a documentación requirida nos pregos. Advertíndolle das

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 12: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

consecuencias de non cumprimentar adecuadamente o requerimiento no prazoconcedido.

A citada empresa atende o requerimento dentro do prazo concedido e a Mesa de ContrataciónPermanente, na súa sesión de data 8/11/2019, reunida con motivo da calificación dadocumentación presentada por COBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, SL e para os efectosdo disposto na cláusula 27 no que respecta á adxudicación do contrato; considerando toda adocumentación acreditativa presentada e os extremos esixidos na cláusula 27 do PCAP ; covoto favorable de todos os vocais asistentes, acorda:

CALIFICAR favorablemente toda a documentación presentada e, en consecuencia,elevar proposta de adxudicación ao órgano de contratación a favor da empresaCOBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, SL.

CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS

Primeiro.- A nosa lexislación contractual impón ao órgano de contratación a obriga deadxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación(artigo 150.3 LCSP). O acordo de adxudicación deberá ser motivado, notificarase aoslicitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil de contratante no prazo de quince días(artigo 151.1 LCSP).

Recibida tanto a documentación presentada polo licitador clasificado en primeiro lugarCOBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, SL como a solicitada de oficio pola Administraciónmunicipal e, comprobado pola Mesa de Contratación que esta é correcta, procede adxudicareste contrato.

Segundo.- A competencia para formular a proposta de adxudicación ao órgano decontratación correspóndelle á Mesa de Contratación (artigo 326.2 letra d) LCSP). A propostarealizarase a favor do licitador que teña presentado a mellor oferta, de conformidade codisposto no artigo 145, segundo proceda de conformidade co prego de cláusulasadministrativas particulares que rexa a licitación.

A oferta máis vantaxosa para a administración contratante é a formulada por COBRAINSTALACIONES Y SERVICIOS, SL, de acordo co informe de valoración das proposicións dedata 10/10/2019.

Terceiro.- A competencia para a adxudicación deste expediente correspóndelle á Xunta deGoberno local (apartado 4 da disposición adicional segunda da LCSP), na súa calidade deórgano de contratación, en virtude da delegación conferida pola Alcaldía-Presidencia de data8/07/2019 (BOP nº 137 de 22/07/2019).

En base a canto antecede e polas razóns recollidas na parte expositiva; a proposta da MESADE CONTRATACIÓN PERMANENTE, con voto favorable de todos os vocais asistentes, eprevio informe de fiscalización favorable da Intervención Municipal, elévase á Xunta deGoberno Local, como órgano de contratación competente ao abeiro da delgación conferida polaAlcaldía-Presidencia (Resolución 8/07/2019 -BOP nº 137 de 22/07/2019) a adopción dosseguintes acordos:

Primeiro: ADXUDICAR, polas razóns recollidas na parte expositiva, a contrataciónadministrativa número AVS 07109 18/51 correspondente ao Subministro e instalación

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE

Page 13: SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11 DE … · “Con data do 6/11/2019, a xefa de Sección de Contratación emitiu o seguinte informe-proposta sobre o asunto: “Dende

de sistema de producción térmica no Pazo Municipal á empresa COBRAINSTALACIONES Y SERVICIOS, SL (CIF A-46146387) na cantidade total de 58.763,13 €(21% de IVE engadido) [48.564,57 € (sen IVE); 10.198,56 € (IVE)]; cun PRAZO DEGARANTÍA DE 12 ANOS (o que supón un aumento do prazo de garantía de 10 anos aorespecto do prazo de garantía que figura nos pregos) e o seguinte RENDIMENTO DOSEQUIPOS OFERTADOS:

Rendimiento útil s/PCS a 70º C (carga total al 100%): 88.38%

Rendimiento útil s/PCS a 30º C (carga parcial al 30%): 94,65%

Rendimiento útil s/PCS a 70º C (carga total al 100%): 97,80%

Rendimiento útil s/PCS a 30º C (carga parcial al 30%): 104,70%

Rendimiento estacional hasta 108%

Todo iso con suxeición ós pregos de cláusulas que rexen o presente contrato econsonte á oferta presentada.

Segundo: Considerando o disposto nas cláusulas 17 e 28 do PCAP proceder áFORMALIZACIÓN do contrato en documento administrativo no xeito previsto no artigo 151LCSP; debendo efectuarse o trámite non máis tarde dos QUINCE DÍAS HÁBILES contadosdende a data de envío do aviso da posta a disposición da notificación de adxudicación ádirección de correo electrónico que as empresas licitadoras facilitaron a ditos efectos na súadeclaración responsable; debendo procederse de xeito simultáneo á publicación daadxudicación no perfil do contratante do Concello de Ferrol aloxado na Plataforma de Contratosdo Sector Público o mesmo dia de envío de referido aviso.

Terceiro: Tendo en conta o disposto no epígrafe 26 do anexo I do PCAP; a empresaCOBRA INSTALACIONES Y SERVICIOS, SL (CIF A-46146387) se obriga a remitir aoConcello de Ferrol, antes da formalización do contrato, copia acreditativa da póliza oupólizas de R. Civil, e de todas as súas renovacións no transcurso do contrato.

Cuarto: Segundo o disposto no artigo 62 da LCSP, DESIGNAR como RESPONSABLEDO CONTRATO a don Alberto Castro Rascado, enxeñeiro municipal a quen lle corresponderásupervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin deasegurar a correcta realización da prestación pactada, dentro do ámbito das facultades que oórgano de contratación lle atribue e que a cláusula 3 do PCAP, recolle a título non exhaustivo”.

A Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou aaprobación da proposta anteriormente transcrita.

4. ROGOS. Non se formularon.

E non habendo máis asuntos que tratar, a Presidencia levantou a sesión, sendo as dezhoras e vintecinco minutos, de todo o que, como Secretario, DOU FE.

Visto e prace, O Secretario Xeral, O Alcalde-Presidente

D. Ángel Manuel Mato Escalona D. Leopoldo Moure García

Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:R7WXZWPVMDWDCAWE