4
Setembro 2010 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com CIG-ENSINO Circular 3/2010 sobre o uso de comedores escolares Polo dereito a que todo o profesorado poida usar o comedor escolar Sen lugar a dúbidas, unha das medidas necesarias para contribuír á defensa do en- sino público como garante da igualdade de oportunidades é a universalización dos servi- zos complementarios e actividades extraes- colares, nomeadamente o comedor escolar. Neste curso, a Consellaría de Educación no seu ataque ao ensino público empéñase en recortar, desmantelar e/ou privatizar di- ferentes comedores escolares, ao mesmo tempo que restrinxe, aínda máis, o uso do servizo de comedor polo profesorado. A Consellaría de Educación, no seu afán de recortar os dereitos do profesorado, vén de publicar unhas instrucións nas que pretende impedir o uso do comedor escolar, de xes- tión directa, ao profesorado se non colabora no comedor escolar. Como é sabido, o funcionamento de moitos comedores escolares débese a di- ferentes iniciativas que están a suplir unha responsabilidade que lle corresponde á Con- sellaría de Educación. Para a CIG-Ensino, o servizo de comedor debe ser atendido por persoal específico, non docente, depen- dente da Administración e coa cualificación correspondente, única maneira de liberar o profesorado de responsabilidades que non lle corresponden. O día 8 de setembro de 2010, a CIG En- sino presentou ante o Secretario Xeral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria un escrito en que exiximos a modificación da Instrución 3/2010 da Secretaría Xeral sobre o funciona- mento dos come- dores escolares de xestión directa no curso escolar 2010-2011, por restrinxir o uso do comedor ao profe- sorado e por con- tradicir o decreto de comedores. O Secretario Xeral contestounos de forma negativa, o día 13 de setembro de 2010. Ante esta resposta, a CIG ten presentado un recurso contencio- so administrativo contra a dita circu- lar. (Achegamos escritos) Para a CIG Ensino, trátase dunha des- consideración máis co profesorado. Esta Consellaría está empeñada en desprezar- mos, chegando, como neste caso, a intentar prohibirnos o uso do comedor mediante un- has instrucións ilegais. Amais de conculcar a legalidade, é unha inxustiza que o profesorado non poida facer uso do servizo do comedor no seu centro de traballo. En ningún outro ámbito laboral ocorre isto. Baixo ningún concepto podemos aceptar este abuso da Consellaría de Educación, polo tanto, co obxecto de que retire a Circular e de que o profesorado poida facer uso do servizo de comedor, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas en todos os centros educativos. Achegamos o texto para que o asinedes, o enviedes á Secretaría Xeral e achegue- des unha copia á CIG-Ensino.

Setembro 2010 - CIG Ensino · Setembro 2010 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CIG-ENSINO Circular 3/2010 sobre o uso de comedores escolares Polo dereito a que todo

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Setembro 2010 - CIG Ensino · Setembro 2010 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CIG-ENSINO Circular 3/2010 sobre o uso de comedores escolares Polo dereito a que todo

Setembro 2010

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

CIG-ENSINO

Circular 3/2010 sobre o uso de comedores escolares

Polo dereito a que todo o profesorado poida usar o comedor escolar

Sen lugar a dúbidas, unha das medidas necesarias para contribuír á defensa do en-sino público como garante da igualdade de oportunidades é a universalización dos servi-zos complementarios e actividades extraes-colares, nomeadamente o comedor escolar.

Neste curso, a Consellaría de Educación no seu ataque ao ensino público empéñase en recortar, desmantelar e/ou privatizar di-ferentes comedores escolares, ao mesmo tempo que restrinxe, aínda máis, o uso do servizo de comedor polo profesorado. A Consellaría de Educación, no seu afán de recortar os dereitos do profesorado, vén de publicar unhas instrucións nas que pretende impedir o uso do comedor escolar, de xes-tión directa, ao profesorado se non colabora no comedor escolar.

Como é sabido, o funcionamento de moitos comedores escolares débese a di-ferentes iniciativas que están a suplir unha responsabilidade que lle corresponde á Con-sellaría de Educación. Para a CIG-Ensino, o servizo de comedor debe ser atendido por persoal específico, non docente, depen-dente da Administración e coa cualificación correspondente, única maneira de liberar o profesorado de responsabilidades que non lle corresponden.

O día 8 de setembro de 2010, a CIG En-sino presentou ante o Secretario Xeral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria un escrito en que exiximos

a modificación da Instrución 3/2010 da Secretaría Xeral sobre o funciona-mento dos come-dores escolares de xestión directa no curso escolar 2010-2011, por restrinxir o uso do comedor ao profe-sorado e por con-tradicir o decreto de comedores. O Secretario Xeral contestounos de forma negativa, o día 13 de setembro de 2010. Ante esta resposta, a CIG ten presentado un recurso contencio-so administrativo contra a dita circu-lar. (Achegamos escritos)

Para a CIG Ensino, trátase dunha des-consideración máis co profesorado. Esta Consellaría está empeñada en desprezar-mos, chegando, como neste caso, a intentar prohibirnos o uso do comedor mediante un-has instrucións ilegais.

Amais de conculcar a legalidade, é unha inxustiza que o profesorado non poida facer uso do servizo do comedor no seu centro

de traballo. En ningún outro ámbito laboral ocorre isto.

Baixo ningún concepto podemos aceptar este abuso da Consellaría de Educación, polo tanto, co obxecto de que retire a Circular e de que o profesorado poida facer uso do servizo de comedor, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas en todos os centros educativos. Achegamos o texto para que o asinedes, o enviedes á Secretaría Xeral e achegue-des unha copia á CIG-Ensino.

Page 2: Setembro 2010 - CIG Ensino · Setembro 2010 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CIG-ENSINO Circular 3/2010 sobre o uso de comedores escolares Polo dereito a que todo

confederación intersindical galega2

setembro 2010

Page 3: Setembro 2010 - CIG Ensino · Setembro 2010 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CIG-ENSINO Circular 3/2010 sobre o uso de comedores escolares Polo dereito a que todo

confederación intersindical galega3

setembro 2010

Page 4: Setembro 2010 - CIG Ensino · Setembro 2010 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CIG-ENSINO Circular 3/2010 sobre o uso de comedores escolares Polo dereito a que todo

confederación intersindical galega4

setembro 2010

Polo dereito a usar o Servizo de ComedorAs/Os Profesoras e Profesores do Centro Educativo.....................................do Concello de ........................................... reclamamos a modificación da instrución 3/2010 da Secretaría Xeral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria do 9 de xuño, sobre o funcionamento dos centros escolares de xestión directa no referente á pretensión de prohibir o uso do comedor escolar ao profesorado do centro.Trátase dun abuso máis co profesorado, pois estamos ante unha instrución inxustificada e totalmente ilegal por contradicir o propio decreto 10/2007 polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares dos centros educativos.Exiximos a modificación desta instrución para que se garanta o dereito de facer uso do servizo do comedor escolar a todo o profesorado.

Remitir por fax á CIG Ensino (981575839) e á Secretaría Xeral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (981545443)

Asina polo dereito ao uso do comedor escolarXa tés no centro o modelo de recollida de sinaturas.

Senón podes usar este texto como modelo: