2
l www.compromiso.gat 2 3 O CT . 2015 Data: POR GALlelA BETANZOS A ATE CIÓN DO PLÉNO DA CORPORACiÓN DE BETANZOS D. Carlos Alberte Muíño Naveira, Concelleiro do Grupo Municipal de Compromiso por Galicia no Concello de Betanzos e o abeiro do artigo 97.3 do regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico de Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal de Betanzos a Seguinte Moción. MOCiÓN SOBRE SINALIZACIÓN · NO RURAL E NOS LíMITES MUNICIPAIS EXPOSICiÓN DE MOTIVOS Dun tempo a esta parte, boa parte dos vecíños de Betanzos vimos detectando coma os diversos sinais indicadores das parroquias e lugares repartidos polo rural do noso Concello¡ así como os "taboleiros" indicativos de entrada no noso termo Municipal (situados no límite por estrada cos concellos veciños) ou ben son xa ilexibles ou se atopan francamente deteriorados. É por iso que¡ transcorrido un tempo máis ca razoable dende a súa instalación, dende Compromiso por Gal.icia-Betanzos entendemos que é hora de que o Concello aborde un proxecto que comprendese tanto a substitución dos sinais existentes como a instalación doutros novos que se prevea necesarios para sínalizar lugares que por un outro motivo non están sinalizados hoxe en día, poñendo en valor, ao mesmo tempo, a riqueza da nosa variada microtoponimia. Amáis abondar, e polo que toca aos paneis ou taboleiros indicativos de entrada e saída do noso Concello, basta con viaxar por estrada polo país adiante para ver como calquera municipio con certa entidade atende a sinalización dos seu s límites municipais a través de dispositivos e deseños bastante máis atractivos ca os que temos hoxe en día nós, malia gabarnos de ser un dos conxuntos histórico- artísticos de meirande interese da provincia da Coruña e aínda de toda Galicia, e capital da nosa bisbarra. Páxina 1 de 2

sinalización

Embed Size (px)

DESCRIPTION

sinalización

Citation preview

Page 1: sinalización

l www.compromiso.gat

<t~!OMISO 2 3 OCT. 2015Data:POR GALlelA BETANZOS

A ATECIÓN DO PLÉNO DA CORPORACiÓN DE BETANZOS

D. Carlos Alberte Muíño Naveira, Concelleiro do Grupo Municipal de Compromiso por Galicia no Concello de Betanzos e o abeiro do artigo 97.3 do regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico de Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal de Betanzos a Seguinte Moción.

MOCiÓN SOBRE SINALIZACIÓN · NO RURAL E NOS LíMITES MUNICIPAIS

EXPOSICiÓN DE MOTIVOS

Dun tempo a esta parte, boa parte dos vecíños de Betanzos vimos

detectando coma os diversos sinais indicadores das parroquias e lugares

repartidos polo rural do noso Concello¡ así como os "taboleiros" indicativos de entrada no noso termo Municipal (situados no límite por estrada cos concellos veciños) ou ben son xa ilexibles ou se atopan francamente deteriorados. É por iso que¡ transcorrido un tempo máis ca razoable dende

a súa instalación, dende Compromiso por Gal.icia-Betanzos entendemos que é hora de que o Concello aborde un proxecto que comprendese tanto a substitución dos sinais existentes como a instalación doutros novos que se prevea necesarios para sínalizar lugares que por un outro motivo non están sinalizados hoxe en día, poñendo en valor, ao mesmo tempo, a

riqueza da nosa variada microtoponimia. Amáis abondar, e polo que toca aos paneis ou taboleiros indicativos de entrada e saída do noso Concello, basta con viaxar por estrada polo país adiante para ver como calquera

municipio con certa entidade atende a sinalización dos seu s límites municipais a través de dispositivos e deseños bastante máis atractivos ca os

que temos hoxe en día nós, malia gabarnos de ser un dos conxuntos histórico- artísticos de meirande interese da provincia da Coruña e aínda de toda Galicia, e capital da nosa bisbarra.

Páxina 1 de 2

Page 2: sinalización

www.compromiso.gal

Tendo en conta o exposto o Grupo Municipal de Compromiso por Galicia,

propón o Pleno da Corporación municipal de Betanzos, a adopción dos

seguintes acordos:

ACO RDOS

1-Que, previo o estudio pertinente, se p~oceda a · realizar unha nova

sinalización dos lugares e parroquias do Concello de Betanzos,

incrementadas no seu caso as existentes por aquelas localizacións de

interese toponómico que non foron sinalizadas á data.

2-Que se substitúan os paneis ou taboleiros indicativos da entrad? =3

Betanzos nos nosos límites municipais por outros máis acordes co interes,

e importancia histórica, artística e administrativa do noso Concello.

En Betanzos, a 23 de outubro de 2015.

Carlos Alberte Muíño Naveira

Páxina 2 de 2