28

Sociedade Galega de Historia Natural - … · 2018-10-02 · para acadar a paralización cautelar do inicio da devandita explotación de caliza na parte leonesa da Serra de Enciña

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

2

ÍNDICE

Editorial . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3

Os incendios forestais en Galicia. A opinión da S.G.H.N . . . . . . . . . . . . . 4

Dereito á información ambiental . . . . . . . . 7

As minas abandonadas e a fauna . . . . . . . . 8

Informe 1998 do grupo de anelamento . . . 10

CEDIE e a Serra de Enciña da Lastra . . . . 16

Árbores, estradas e conciencia cidadán . . 20

A píntega común . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22

Situación do arao dos cons en Galicia . . . 24

PASPALLÁS é o boletín trimestral daS.G.H.N., pero as opinións expresadas nel(agás a Editorial) non son necesariamente asda súa Xunta Directiva Xeral.

Colaboraron neste número: Agustín AlcaldeLorenzo, Xusto Calvo Peña, Bernardo CarriónVelasco, Francisco Docampo Barrueco,Serafín González Prieto, Xosé Pernas Garcíae Xan Santamaría Cameán.

Depósito Legal: C 1590/91.I.S.S.N.1132-0567.

Impreso en papel reciclado.

A Sociedade Galega de Historia Natural,formada en 1973, é «unha asociaciónindependente e científica, dedicada ó estudio,divulgación, conservación e defensa do medionatural, que non tén na súa actuación finslucrativos» (Art. 5º dos Estatutos).

A S.G.H.N. é unha asociación legalmenterecoñecida có Protocolo nº 18.487 no RexistroNacional de Asociacións, inscrita no Folio 11 doRexistro de Asociacións Protectoras do MedioAmbiente (Xunta de Galicia), e có númeroAO/C-000/382 no Rexistro de AsociaciónsCulturais Galegas.

A S.G.H.N., federada na Coordinadorada deOrganizaciones de Defensa Ambiental(CODA), desenrola unha intensa actividade entemas medioambientais:

� Tén un representante no "Consello Galego doMedio Ambiente".

� Elaborou o Atlas de Vertebrados de Galicia.� Realiza, dende 1973, os Censos Invernales

de Aves Acuática.� Coordinou o "Programa de Conservación do

Arao ibérico" da Unión Europea.� Organiza Xornadas e Congresos sobre temas

medioambientais.� Participa no programa anual Coast Watch,

avaliando o estado da beiramar.� Publica revistas, monografías e boletíns de

divulgación do medio ambiente. � Organiza charlas e conferencias de educación

ambiental.� Persónase nos trámites de información

pública e de Avaliación de ImpactoAmbiental dos proyectos, públicos ouprivados, con incidencia medioambiental.

Santiago: Rúa da Oliveira, 4-2º. Apdo 330.15780 Santiago de Compostela. Teléf. 981584426.

A Coruña: Apdo. 825. 15080 A Coruña.Ferrol: Méndez Núñez, 11. Apdo. 356. Teléf.

981 352820. Ourense: Rúa Jesús Soria, 23-2º. Apdo. 212.

32080 Ourense.Vilagarcía: Apdo. 303.

3

O que ti podes facer é escribirlle óPresidente do Banco Pastor, sexas ounon cliente deste banco, e amosarlle atúa oposición a que a súa codicia senlímites destrúa físicamente unha paraxenatural única en Galicia. Podes

EDITORIAL

¿Qué está a pasar na Serra de Enciña da Lastra?

Por Resolución de 12 de maio de 1998(BOE nº 155 de 30-06-98) a Dirección Xeralde Calidade e Avaliación Ambiental doMinisterio de Medio Ambiente formulou adeclaración de impacto ambiental sobre aconcesión da explotación "Don Rufino",fracción 3ª, número 13.568, nas ComunidadesAutónomas de Galicia e Castela e León,autorizándoa condicionalmente.

O pasado día 30-07-98, a S.G.H.N.dirixiuse á Ministra de Medio Ambienteinstándolle a que ordene a revisión daDeclaración de Impacto Ambiental e a que, entanto non se revise ésta, ordene cantas medidaspoida tomar o Ministerio de Medio Ambientepara acadar a paralización cautelar do inicio dadevandita explotación de caliza na parteleonesa da Serra de Enciña da Lastra, egarantir así o cumplimento do artigo 7.1 da Lei4/89 de Conservación dos Espacios Naturais eda Flora e Fauna silvestres, xa que a zona estádeclarada Espacio Natural Protexido polaXunta de Castela e León, e foi proposta polaXunta de Galicia para a súa inclusión na RedeNatura 2000 da Unión Europea.

Apenas unha semana despois, segúnnoticias de prensa, a empresa solicitante(CEDIE, S.A., participada maioritariamentepolo Banco Pastor e Unión Eléctrica Fenosa)comenzou os traballos preparatorios paraescomenzar a explotación de 7.786.000toneladas de caliza no monte Morango, ocorazón do Espacio Natural Protexido.

O que está a suceder coa canteira queCEDIE, S.A. pretende explotar na Serra deEnciña da Lastra é obxectivamenteincomprensible. Os excepcionais valoresambientais desta serra foron expresamente

recoñecidos polas Comunidades Autónomasde Castela e León e de Galicia, que xaadoptaron medidas legais para a súaprotección, e tamén por medio cento deinvestigadores, catedráticos e profesores doConsello Superior de InvestigaciónsCientíficas (Real Xardín Botánico, EstaciónBiolóxica de Doñana) e das Universidades deLeón, Santiago e o País Vasco.

Con vintecatro informes oficiais eindependentes contrarios á explotación dacanteira polos extraordinarios valoresambientais da zona afectada, e un só favorable(pagado pola empresa solicitante), ¿cómo éposible que a Dirección Xeral de Avaliación eCalidade Ambiental do Ministerio de MedioAmbiente autorizase, aínda que sexacondicionalmente, a canteira?

¿Cómo é posible que o Ministerio deMedio Ambiente permita a destrucciónirreversible dun espacio natural que osgobernos autónomos de Castela e León e deGalicia queren protexer?

¿Qué máis argumentos científicos precisao Ministerio de Medio Ambiente para protexera Serra de Enciña da Lastra?

4

OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA. A OPINIÓN DA S.G.H.N.

Nota: este escrito foi solicitado á S.G.H.N.pola revista Tempos Novos para unhareportaxe sobre os incendios.Finalmente foi adoptado, con lixeirasmodificacións, como Editorial do seunúmero de setembro deste ano.

Número de incendiosDacordo coas cifras oficiais publicadas

polo ICONA e pola Dirección General deConservación de la Naturaleza do GobernoCentral, no período 1983-89 houbo en Galiciaun promedio de 3.841 incendios anuais, o querepresenta algo máis dun tercio dos incendiosque houbo en toda España nese período. Noseguinte período de sete anos (1990-96), xacon Fraga na Presidencia da Xunta, opromedio anual de incendios duplicouse enGalicia mentras que no resto de Españaaumentou nun 28%, polo que os 7.603incendios anuais en Galicia no período 1990-96 representan casi a metade de tódo-losincendios que houbo en España.

A análise estadística da serie anual de datosoficiais demostra que as porcentaxes do totalespañol de incendios e de superficie queimadaque corresponden a Galicia no período de seteanos inmediatamente "antes de Fraga" nondifiren siñificaticamente dos correspondentesós sete primeiros anos "despois de Fraga".Oito anos e 50.000 millóns de pesetas despoisa problemática dos incendios forestais enGalicia continúa exactamente igual porque ataagora non houbo, nin parece que vaia haber,vontade e coraxe político para atacar a raiz doproblema.

Os datos oficiais refrexan que a gravidadecrónica da problemática incendiaria en Galiciaacada niveis "explosivos" a partires de 1995con máis de 10.000 incendios anuais, é decircun incendio por cada 2 km2 de superficie

forestal, mentras que no resto de España opromedio é de un incendio por cada 25 km2 desuperficie forestal. Si a estas cifras lleengadimos os 4.000 conatos (incendios demenos de 1 ha) que hai anualmente en Galiciae os miles de de queimas, autorizadas ou non,resulta que cada ano hai en Galicia un foco delume por cada km2 de superficie forestal. Cunpromedio de 40-50 lumes diarios ó longo doano, a "bomba de reloxería" da problemáticaincendiaria en Galicia actívase dramáticamentecada vez que pasan quince ou vinte días senchover, sexa no verán, como neste ano, ou afinais de inverno e comenzo da primaveiracomo neste ano e nos tres anteriores.Causalidade, intencionalidade e conspiración

A Consellería de Medio Ambiente, comoxa fixo antes a de Agricultura (anos 1990,1995), plantexa a intencionalidade dameirande parte dos incendios forestais comoun descubrimento propio, cando realmenteninguén o dubida dende hai moitos anos, ecentraliza a autoría nunha ou varias presuntas"organizacións" empregando como probas: ohorario dos lumes, as zonas especialmenteafectadas (con "actividades reincidentes"), ogrande aumento de lumes no mes de agosto eo descubrimento duns poucos artefactosrudimentarios.

Pero estes feitos, incluindo a existencia dosartefactos incendiarios, veñen repitíndosedende que escomenzou a etapa virulenta dosincendios forestais en 1969, polo que si aXunta insiste na existencia dunha"organización incendiaria" habería que admitira súa presencia dende hai trinta anos.

Esta grande persistencia no tempo, oenorme número de lumes provocados cada anoe a súa distribución por tódolos concellos eparroquias de Galicia implicarían a existencia

5

dunha "organización" importante, con:� Dirección, financiación e "axentes" ben

ent renados , capaces de pasardesapercibidos no territorio español conmaior dispersión da poboación no mediorural.

� Infraestructura: medios técnicos edependencias para reunirse, coordinarse,elaborar e distribuir os artefactosincendiarios.

� Móbiles definidos, que deberan serespecíficos para o tipo de terreo queimado,pois deberan ser distintos según o terreoteña ou non interese urbanístico, árboresmadeirables, mato ou cultivos. Os móbiles,ademáis, deberan ser secretos pois nuncase fixeron públicos e os incendios nuncaforon reivindicados por ningunhaorganización.Semella increíble que unha "organización"

desta categoría non deixase máis rastro entrinta anos que uns poucos artefactosincendiarios, extremadamente rudimentarios(por non decir rupestres), e que ningún dosseus "axentes" fose detido e/ou identificado.

Ademáis a realidade desminte a "teoría da

conspiración", pois:� Tódo-los detidos e/ou denunciados son

veciños do lugar ou das súas proximidades,e galegos de nacemento ou adopción.

� Tódo-los motivos manexados nos estudiossobre causalidade dos lumes son locais.

� Ningunha outra comunidade autónomamanexa esta teoría exculpatoria, a pesaresde sofrir en diverso grado o efecto dosincendios forestais.Realmente, a única "organización"

coñecida que ten financiado a queima domonte en Galicia é a Xunta de Galicia que tenpagado ós coutos de caza 30.000 pts porhectárea de mato queimada no inverno,supostamente para a "mellora do hábitatcinexético para a caza menor" (véxase, porexemplo, o D.O.G. nº 87 do 6-05-94),obxectivo que non semella convincente naComunidade Autonóma con maior número delumes e queimas de toda España. Ademáis, ospropios equipos de extinción da Xunta deGalicia fan anualmente unha morea de"queimas controladas"; controladas en teoría,pois na práctica os efectos do lume sobre oecosistema son imposibles de controlar.

6

Plan INFOGA

Na actuación xeral da Xunta de Galiciadestacan:

1. A inexistencia dun verdadeiro plan contraos incendios, cunha teoría estratéxicamínima que teña en conta medidasglobalizadoras e unha imprescindiblepolítica de planificación territorial eintegración agro-forestal.

2. A concentración de tóda-las medidas nocurto prazo (extinción), ou en prácticasrutinarias reveladas como ineficacesilladamente, por exemplo a construcción decortalumes e pistas iñorando actuaciónsmáis complexas como a creación de áreascortalumes.

3. A continuidade na infravaloración, econseguinte carencia de medidasprotectoras integrais en áreas de alto valorecolóxico rexional como o P.N. do Xurés,que sufriron un forte impacto polo lumepese a acumulación de toda clase de mediosde extinción.

4. A metodoloxía simplista e obsoletaempregada para o cálculo de incendios esuperficies queimadas, que infravalora,como en anos anteriores, a verdadeiradimensión da lacra incendiaria.

5. A propaganda oficialista, que condicionoua realidade incendiaria a apriorismostriunfalistas, a costa dunha verdadeiracampaña de concienciación popular.

6. A información coxuntural, sesgada e faltade rigor.

7. A exculpación sistemática cando os feitosnon son favorables, basada nunha falta derealismo e na intoxicación da opiniónpública galega cunha inexistenteconspiración.

8. A consideración do lume como un feitoillado do contexto social e natural galego.

En definitiva, a S.G.H.N. considera quepara avanzar no tratamento da problemáticaincendiaria son necesarias, entre outras, asseguintes actuacións:

1. Evitar o tratamento partidista do tema paraacadar o consenso de todo-los grupospolíticos e sociais.

2. Desenvolver na súa totalidade os acordosdas "Xornadas técnicas sobre os incendiosforestais en Galicia", celebradas en Santiagoen maio de 1987.

3. Implicar na solución do problema a outrasConsellerías do Goberno Autónomo.

4. Recoñecer a exclusiva autoría dos galegosna traxedia, única explicación ata a databasada en feitos probados.

5. Espolea-la conciencia popular diante damáis grave destrucción do medio naturalgalego. Urxe erradica-las "bolsas deincultura" e o desprecio impune das leis edo medio ambiente.

6. Non intoxica-la opinión pública conmanobras exculpatorias como a"conspiración organizada" e a "pertinazseca".

7. Empregar satélites de teledetección paraunha avaliación real do número deincendios e da superficie queimada cadaano.

8. Subministrar á opinión pública datosprecisos, completos e cronolóxicamenteordeados para facilita-las labourasindependentes de seguemento e control.

E tamén compre aprender da historia:"Sempre que o propietario non teña interese enque haxa árbores na súa facenda, non bastarátoda a vixilancia do Goberno para vixilalo"(Barba y Roca, 1789). Dous séculos despois aXunta aínda non aprendou a lección e inviste ameirande parte dos cartos na extinción doslumes e non na súa prevención.

7

DEREITO Á INFORMACIÓN NO EIDO MEDIOAMBIENTAL

Máis información en:Partipación cidadá e lexislación

ambiental. Alba Nogueira Lopéz.Colección Monografias. EGAP. Xuntad e G a l i c i a . P a g . 1 0 2 - 1 0 7 . ACoruña.1997.

Derecho ambiental de Galicia. Javier SanzLarruga. Fundación Caixa Galicia.Pag.182-187. A Coruña.1997.

En 1990 xurdiu, a nivel comunitario, aDirectiva 90/313 relativa a liberdade deacceso á información en materia de medioambiente (DOCE L 158, do 23 de Xu�o de1990). Nela regúlase o modo de acceso aestas informacións, as excepcións a estedereito e os recursos que posue o cidadán encaso de denegación dunha petición deinformación.

Pode acceder a información calquerapersoa ou entidade que o solicite, sin anecesidade de demostrar un interesedeterminado. Poderase acceder a calquerainformación en relación co medio ambiente,con independencia do soporte no que sepresente (visual, oral ou escrito); o cal podesupo�er o cobro dunha cantidade “razoable”en concepto de reproducción dosdocumentos.

O estado pode denega-lo acceso polosseguintes motivos:1. Confidencialidade.2. Seguridade pública.3. Seguridade comercial ou industrial.4. Asuntos que sexan obxeto de pescudas ou

investigación preliminar.5. Datos proporcionados por un terceiro sen

que éste estea obrigado, xurídicamente, afacilitalos.

6. Datos que de ser divulgados poidanperxudica-lo medio ambiente.

7. A solicitude sexa demasiado vaga.8. Cando se refira a asuntos inconclusos ou

comunicacións internas.No caso de que estas excepcións

afectasen a unha parte da informaciónsolicitada, a administración está obrigada afacilita-la parte que non se vexa afectada por

elas.En todo caso a denegación ten que estar

motivada. Os particulares disporan dunrecurso, administrativo ou xudicial, contra adecisión denegatoria ou no caso de non obterresposta no plazo de 2 meses. Tamén existea posibilidade de elevar unha queixa áComisión Europea por incumplimento dodereito comunitario.

A Directiva foi trasposta tardíamente ódereito espa�ol, pola Ley 38/1995 sobre odereito de acceso á información en materiade medio ambiente (BOE do 13 dedecembro), que básicamente non introducediferencias salientabeis. A lei é aplicabletanto á administración xeral do estado, ásadministracións das comunidades autónomas,á administración local e ós empresarios quexestionen servicios públicos relacionados comedio ambiente.

A propia lei galega de protecciónambiental proclama este dereito do cidadá eo correlativo deber da administración:

“1.- As actuacións sobre o medioambiente en Galicia basaranse no libreacceso do público a unha informaciónobxectiva, fiable e completa,..., como basedunha efectiva partipación dos sectoressociais impricados...”(Art.24).

Xosé Pernas García

8

AS MINAS ABANDONADAS E A CONSERVACIÓN DA FAUNA

O pasado 30 de xullo a Xunta DirectivaXeral dirixiuse ós Conselleiros de Industria eComercio e de Medio Ambiente paramanifestarlles a opinión e inquedanzas daS.G.H.N. respecto ós concursos públicos daConsellería de Industria e Comercio para ocenso e clausura das explotacións mineirasabandonadas en Galicia.

Por mor da práctica inexistencia decavidades naturais en Galicia, as galerías ecortas mineiras abandonadas constitúen unhábitat sustitutorio de extraordinariaimportancia para os morcegos (tamén paraalgúns anfibios e aves). Cada campo mineiroabandonado supón unha auténtica rede derefuxios que é necesario conservar na súatotalidade pois en función das súas distintascaracterísticas (lonxitude, amplitude,humidade, temperatura, accesibilidade,...) sonaxeitados para unhas ou outras especies demorcegos, ou para a mesma especie endistintas épocas do ano.

Alomenos 12 das 18 especies de morcegosatopadas en Galicia ocupan as minasabandonadas en diversos períodos do ano,especialmente no inverno, así:

� Morcego pequeno de ferradura(Rhinolophus hipposideros), ameazado enEspaña, incluido na Directiva Hábitats. Óredor do 80% dos refuxios de hibernacióncoñecidos en Galicia atópanse en minasabandonadas.

� Morcego grande de ferradura (Rhinolophusferrumequinum), ameazado en España,incluido na Directiva Hábitats. O maiorrefuxio de hibernación coñecido enGalicia, e casi o 90% dos restantes,atópanse en minas abandonadas.

� Morcego mediterráneo de ferradura

(Rhinolophus euryale), ameazado enEspaña, incluido na Directiva Hábitats. O80% dos seus refuxios coñecidos enGalicia atópanse en minas abandonadas.

� Morcego ribeireño (Myotis daubentoni),ameazada en España. A metade dos seusrefuxios coñecidos en Galicia atópanse enminas abandonadas.

� Morcego de Natterer (Myotis nattereri),ameazado en España. Máis do 80% dosseus refuxios coñecidos en Galiciaatópanse en minas abandonadas.

� Morcego de Bechstein (Myotis bechsteini),ameazado en España, incluido na DirectivaHábitats. O único refuxio coñecido enGalicia é unha galería soterránea.

� Morcego rateiro grande (Myotis myotis),ameazado en España, incluido na DirectivaHábitats. Os seus refuxios de cópulacoñecidos en Galicia atópanse en minasabandonadas.

� Morcego rateiro pequeno (Myotis blythi),ameazado en España, incluido na DirectivaHábitats. O único refuxio coñecido daespecie en Galicia é unha explotaciónmineira abandonada.

� Morcego orelludo septentrional (Plecotusauritus), ameazado en España. Ocuparegularmente minas abandonadas.

� Morcego orelludo meridional (Plecotusaustriacus), ameazado en España. Ametade dos seus refuxios coñecidos enGalicia atópanse en minas abandonadas.

� Morcego de bosque (Barbastellabarbastellus), ameazado en España,incluido na Directiva Hábitats. Ocupaocasionalmente minas abandonadas.

9

� Morcego de cova (Miniopterusschreibersi) ameazado en España, incluidona Direc t iva Hábi ta ts . Ocupaocasionalmente minas abandonadas.

Os Quirópteros constitúen un grupo demamíferos de sobranceira importanciaecolóxica e moi beneficiosos para o home polasúa dieta insectívora. A meirande parte dasespecies de morcegos europeos atópansenunha delicada situación poboacional, nalgúnscasos con dramáticas regresións espaciais enúmericas nos últimos anos por mor da perdados seus hábitats e os seus refuxios, ademáisde polo envelenamento por insecticidas eoutros productos químicos.

Tódalas especies de Quirópteros presentesen España inclúense no Catálogo Nacional deEspecies Ameazadas (Real Decreto 439/1990,de 30 de Marzo) nacategoría de especies dein terese especia l .Ademáis, case a metadedelas figuran no AnexoII da Directiva deHábitats (Directiva92/43/CEE do Consello,de 21 de Maio de 1992,relativa á conservacióndos hábitats naturais eda fauna e florasilvestres), normat r a n s p o s t a óordenamento xurídicoespañol polo RealDecreto 1997/1995, de7 de Decembro.

O selado e clausuradas minas abandonadasen Galicia suporía aperda dun hábitatirreemplazable para osquirópteros, e enespecia l para asespecies nomeadas.

A medida máis axeitada neste caso, paragarantir tanto a seguridade das persoas e osseus bens como a conservación da faunagalega, sería o valado do perímetor das bocas,zanxas e chemineas de ventilación que sexanperigosas empregando postes e dúas ou tresfieiras de aramio, de xeito que semprepermitise a fácil entrada e saída da fauna quese refuxia nelas. E que fosen ben visibles paraa xente e un obstáculo insalvable para o gando.

Por tódo-lo devandito, a S.G.H.N. solicitouós Conselleiro de Industria e Comercio e deMedio Ambiente que tódolos proxectos deselado e clausura de explotacións mineirasabandonadas en Galicia sexan sustituídos porproxectos individualizados, e nunca en serie,de valado das explotacións perigosas.

10

ANELAMENTO DE AVES. INFORME 1998 (I)GRUPO DE ANELAMENTO DA S.G.H.N.

Sección de Ornitoloxía

A Sociedade Galega de Historia Naturalven realizando anelamentos dende cáseque ásua constitución, máis non dun xeitoorganizado como é no caso actual. En 1993, ogrupo de anelamento de Vigo GAIVOTON emailo grupo BRIÑAS-SGHN decidironxunguir esforzos para a creación do grupo deanelamento da SGHN. Esto significa que, hoxeen día, 8 aneladores traballan xuntos nesteimportante eido da Ornitoloxía.

Moitos vos preguntaredes qué é iso doanelamento e se sirve para algo máis quepasalo ben nunha xornada de campo. Pois ben,xustifica-lo anelamento de aves é moi doado,só tedes que pensar que unha grande parte doscoñecementos actuais sobre ornitoloxía sonderivados directa ou indirectamente damarcaxe. E non só no referente a saber ondemigran as nosas aves, senón que traballos debiometría, estudios de muda, tasas desupervivencia-mortalidade, estudios deecoloxía e etoloxía apoianse ben nestaferramenta. Como vedes non é ningunhalixeireza a nosa laboura, todo ese traballoservirá para que os investigadores teñan datoscos que traballar, xa que lles sería imposible setiveran eles que anelar miles de paxaros paraobte-los datos necesarios.

Máis, ¿como se desenvolve o nosotraballo?. O grupo de anelamento ten uncoordinador que é o que se encarga das tarefasburocráticas coa Oficina de Anelamento doICONA e o Centro de Migración de Aves(CMA) da Sociedad Española de Ornitoloxía(que é a nosa entidade avaladora, ou sexa aque certifica a nosa aptitude para poderanelar). O Coordinador é o que tramita osnosos permisos, solicita pedidos de anelas,envia os balances anuais, e en xeral arranxacalquer asunto administrativo. Os aneladores

deben dar conta ó coordinador dosanelamentos efectuados perante o ano, asicomo de calquer problema que poda xurdir.

Existen duas categorías de aneladores: onumerario, que ten certas limitacións como ade non poder anelar poliños, e o experto, máiscapacitado na amplitude do seu traballo. Paraobte-lo permiso é preciso supera-lo exame deanelador, onde demostraremos que temos oscoñecementos necesarios para esta actividade.Primeiro acadaremos o permiso de aneladornumerario e ó cabo de dous anos, e sequeremos, poderémonos presentar ó exame deexperto.

¿Cómo se anelan as aves ?. Hai variasposibilidades de capturar un ave para o seuanelamento. A máis común é mediante algúnaparello como poden ser as redes xaponesas,tamén chamadas de néboa. Estas redesfuncionan coma se foran un trasmallo, as avesquedan prendidas o enrredarse no finoentramado que forma a rede, por suposto sensufrir dano algún. O nome de redes de néboaven por que son moi finiñas e cáseque non seven ó poñelas diante da vexetación. O anelamento dos poliños nos niños éoutro de xeito de anelar, ainda que moito máisdelicado pola fraxilidade dos niños e dospitiños. Este método vai ben no caso de avesgrandes e coloniais coma poden ser asgaivotas, corvos mariños, etc.

¿Qué facemos cando cae un paxaro narede?. O primeiro é desenmallalo. Estaoperación é extremadamente delicada e sópode ser feita por xente ben aprendida nestetarefa xa que as articulacións e osos das avesson moi fráxiles (como sabedes os osos dasaves son ocos para facilita-lo vóo). Uhna vezsacado da rede, metémolo nunha bolsa de pano

11

e seguidamente, no posto de anelamento,procederemos a súa identificación, qué é oprimeiro en facerse antes de poñerlle a anela.¡Nunca xamais anelaremos un paxaro sen estarseguros da especie que é!. Támen temos queapuntar si é macho ou femia e a súa idade, si éposible. Temos varios modelos de anelassegundo o tamaño da ave, dende a máispequeniña que levaría unha carriza, ata a máisgrande no caso dun corvo mariño ou dunmascato. Estas anelas son de aceiro inoxidablee polo tanto non se estropean co tempo nin coaauga salgada, o que permitirá a súa lecturaanos despois.

Unha vez feito o máis importante,seguiremos tomando outros datos como:lonxitude alar, lonxitude do tarso e peteiro,peso e estado de muda, entre outros. Xarematado o estudio do paxaro, ceibámolo econtinuamos co seguinte.

Para facer todo esto dispoñemos dunmaterial de apoio como diferentes guías deidentificación, muda, sexo e idade;instrumentos de medición como calibradores,reglas, pesas e outros que nos axudan a unharigurosa toma de datos.

Para rematar temos que dicir que non todaa xente que colabora nas tarefas de anelamentoé aneladora, se non queremos comprometernostanto, podemos axudar de igual xeito sempreque esteamos baixo a tutela dun deles. Comovedes todo son facilidades se queredescolabourar con nós. ¡¡Animádevos eparticipade!!

BALANCE DE ACTIVIDADES DOGRUPO DE ANELAMENTO DA

S.G.H.N.Nas táboas que se expoñen pódese ve-lo

balance total de anelamentos por especies noperíodo 1994-97. Tamén se relacionan asrecuperacións de aves aneladas pola S.G.H.N.,e as aves aneladas recuperadas por nós.

Como se pode ollar na táboa de balance,houbo unha lixeira disminución no número de

aves aneladas debido a que no pasado anoaneláronse poucas aves mariñas, que fixeronmoito número nos pasados anos. Por outrabanda, o resto de aves foron, básicamente,marcadas en catro localidades: Roxique(Complexo intermareal Umia-Grove), Illa deArousa, Gándaras de Budiño e Estaca deBares. Lévanse aneladas 68 especies e 3723aves, entre elas a máis anelada é a Gaivotapatiamarela (1437) seguida do Corvo mariño(1281) e do Liñaceiro (96). A especie máisrara anelada foi un Pimpín real capturado enSobrado dos Monxes. En canto as recuperacións, a especie queconta con máis número é o Corvo mariñoseguida da Gaivota patiamarela. Arecuperación máis lonxana foi un Pilrocurlibico recapturado na Suecia, e a ave conmáis idade unha Fulepa amarela con seteanos. Todo isto referido as aves aneladas polaS.G.H.N.

Francisco Docampo (compilador)

12

BALANCE DE ANELAMENTOS DO GRUPO DA S.G.H.N.

ESPECIE 1994 1995 1996 1997 TOTALHydrobates pelagicus (Paiño do mal tempo) 3 3Phalacrocorax aristotelis (Corvo mariño) 284 570 314 113 1281Anas platyrhynchos (Alavanco real) 1 1Coturnix coturnix(Paspallás) 1 1Charadrius alexandrinus (Píllara papuda) 3 3Pluvialis squatarola (Píllara cincenta) 3 3Calidris canutus (Pilro groso) 1 1C. alpina (Pilro curlibico) 19 22 41Philomachus pugnax (Liorteiro) 1 1Gallinago gallinago (Becacina cabra) 2 2Limosa limosa (Mazarico rabinegro) 3 3L. lapponica (Mazarico rabipinto) 1 1Numenius arquata (Mazarico curlí) 2 2Tringa totanus (Bilurico común) 8 2 10T. nebularia (Bilurico pativerde) 4 4Actitis hypoleucos (Bilurico bailón) 23 9 32Larus cachinnans (Gaivota patiamarela) 761 7 443 226 1437Streptopelia turtur (Rula comun) 2 1 1 4S. decaocto (Rula turca) 14 14Caprimulgus europaeus (Avenoiteira cincenta) 2 2 4Apus apus (Vencello común) 1 1Picus viridis (Peto verdeal) 2 1 3Hirundo rustica (Anduriña común) 1 1Alauda arvensis(Laverca) 1 1Anthus pratensis (Pica dos prados) 1 1 6 8Motacilla flava (Lavandeira verdeal) 3 1 1 5M. alba (L. branca) 1 1Troglodytes troglodytes (Carrizo) 9 12 16 37Prunella modularis (Azulenta común) 5 5 6 10 26Erithacus rubecula (Paporrubio) 20 14 10 39 83Luscinia megarhynchos (Reiseñor común) 1 1Phoenicurus ochrurus (Rabirrubio tizón) 1 4 5Saxicola torquata (Chasco común) 17 13 9 9 48Turdus merula (Merlo común) 14 21 10 16 61T. philomelos (Tordo galego) 2 1 2 2 7T. iliacus (Tordo malvís) 1 1Cettia cetti (Reiseñor da auga) 1 6 7

13

ESPECIE 1994 1995 1996 1997 TOTALCisticola juncidis (Picaxuncos) 3 6 1 10Acrocephalus scirpaceus (Fulepa dos carrizos) 2 4 6Hippolais polyglotta (Fulepa amarela) 6 6 3 4 19Sylvia undata (Papuxa montesa) 1 2 1 4S. melanocephala (Papuxa cabecinegra) 5 3 1 8 17S. communis (Papuxa común) 1 1 2S. atricapilla (Papuxa das amoras) 7 11 11 13 42Phylloscopus collybita (Picafollas común) 19 2 9 31 61P. trochilus (Picafollas cantor) 5 6 11Regulus ignicapillus (Estreliña riscada) 1 1 1 6 9Ficedula hypoleuca (Papamoscas negro) 1 1 5 7Aeghitalos caudatus (Ferreiriño subeliño) 5 5 4 14Parus cristatus (Ferreiriño cristado) 1 1P. ater (Ferreiriño común) 1 3 3 1 8P. caeruleus (Ferreiro bacachís) 1 1 3 5P. major (Ferreiro abelleiro) 2 2 2 6Pica pica (Pega rabilonga) 1 1Sturnus vulgaris (Estorniño pinto) 2 2S. unicolor (Estorniño negro) 2 2 4Passer domesticus (Pardal común) 24 4 1 20 49P. montanus (Pardal orelleiro) 5 7 4 15 31Fringilla coelebs (Pimpín común) 3 1 1 5F. montifringilla (Pimpín real) 1 1Serinus serinus (Xirín) 6 3 3 12 24Carduelis chloris (Verderolo común) 42 19 15 14 90C. carduelis (Xílgaro) 2 2C. cannabina (Liñaceiro común) 25 6 15 50 96Pyrrhula pyrrhula (Paporrubio real) 4 3 7Emberiza cirlus (Escribenta liñaceira) 3 3 2 8E. cia (Escribenta riscada) 4 16 1 21E. schoeniclus (Escribenta das canaveiras) 3 5 8 16

TOTAL (68 especies) 1365 786 921 651 3723

Aneladores: Agustín Alcalde, Carlos Alonso, Xusto Calvo, Francisco Docampo, Xosé Lois Rei,Álvaro R. Pomares, David Taín e Alberto Velando.

14

RECUPERACIÓNS DE AVES ANELADAS POLA S.G.H.N.

Phalacrocorax aristotelis (Corvo mariño cristado)9013100 1 01.05.93 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 24.08.96 43.32N 07.14W. Barreiros (LU). 198 Kms. 1211 días9014359 1 03.05.94 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 01.09.94 42.54N 09.16W. Ría de Finisterre(C). 82 Kms. 121 días9014598 1 27.05.94 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 28.06.94 43.04N 09.19W. Cabo Touriñan (C). 100 Kms. 32 días9018344 1 18.06.94 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 15.08.94 42.49N 09.05W. Praia de Carnota(C). 68 Kms. 58 días9018380 1 12.06.94 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO)ICONA X 15.11.94 42.33N 08.59W. Castro-Castiñeira, Ribeira(C). 18Kms. 156 días9018391 1 12.06.94 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO)ICONA X 30.10.94 42.33N 08.59W. Corrubedo, Ribeira (C). 18 Kms. 140 días9018482 1 12.06.94 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO)ICONA X 08.09.94 42.30N 08.52W. O Grove (PO). 10 Kms. 88 días9014560 1 22.05.94 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 08.02.97 42.30N 08.52W. O Grove (PO). 31 Kms. 993 días9022319 1 11.06.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 13.05.97 42.54N 09.09W. Ézaro (C). 79 Kms. 702 días9022391 1 08.06.96 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 23.01.97 42.19N 08.47W. Bueu (PO). 13 Kms. 229 días9022341 1 25.04.97 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO) ICONA X 06.08.97 41.17N 08.36W. Praia de Cesantes (PO). 103 días9022327 1 11.06.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 09.01.97 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO). 0 Kms. 578 días9022354 1 08.06.96 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 19.07.96 43.06N 09.10W. Muxía (C). 100 Kms. 41días

Calidris alpina (Pilro curlibico)2482754 3 26.10.93 42.06N 08.48W. Ramallosa, Nigrán (PO).ICONA C 28.07.96 56.12N 16.24W. Ottenby. Suecia. 2386 Kms. 1006 días

Actitis hypoleucos (Bilurico bailón)3041646 4 14.09.92 42.15N 08.44W. Río Lagares,Vigo (PO)ICONA X 07.08.95 54.19N 08.37W. St. Peter-Ording, Holstein. Alemania. 1845 Kms. 1057 días2482785 3 27.09.94 42.15N 08.44W. Río Lagares,Vigo (PO)ICONA C 12.09.96 42.15N 08.44W. Río Lagares,Vigo (PO). 0 Kms. 716 días

Larus cachinnans (Gaivota patiamarela)6084897 1 02.07.94 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C)ICONA X 10.08.96 42.54N 09.16W. Praia Sardiñeiro, Finisterre (C). 62 Kms. 770 días6077180 1 30.06.92 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C)ICONA X 02.08.96 43.21N 08.50W. Cabo San Adrián (C). 1 Km. 1494 días6085388 1 17.07.94 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA C 31.10.96 42.16N 08.47W. Punta Balea, Cangas (PO). 9 Kms. 837 días6085333 1 17.07.94 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 31.10.96 41.54N 08.53W. O Rosal (PO). 35 Kms. 833 días

15

Rissa tridactyla (Gaivota tridáctila)5021397 1 07.07.90 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C) ICONA C 13.06.96 47.23N 03.15W. Belle Ille, Morbihan. Francia. 623 Kms. 2168 días5032877 1 30.06.91 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C) ICONA C 04.07.96 47.23N 03.15W. Belle Ille, Morbihan. Francia. 623 Kms. 1831 días

Troglodytes troglodytes (Carrizo)0446052 3 07.09.96 42.30N 08.52W. O Grove (PO) ICONA C 15.06.97 42.30N 08.52W. O Grove (PO). 0 Kms. 281 días

Turdus merula (Merlo común)Y08823 4 14.02.96 42.52N 08.33W. Santiago (C)ICONA X 16.04.96 42.52N 08.33W. Santiago (C). 0 Kms. 427 días

Hippolais polyglotta (Fulepa amarela)0279522 4 30.06.90 41.10N 08.38W. Porriño (PO) ICONA C 22.06.97 41.10N 08.38W. Porriño (PO). 0 Kms. 2549 días

AVES ANELADAS RECUPERADAS POLA S.G.H.N.

Phalacrocorax carbo (Corvo mariño real)5106836 1 19.05.84 52.07N 06.35W. Little Saltee, Wexford. EireLONDON X 01.01.85 41.52N 08.50W. Caminha. Portugal. 1151 Kms. 227 días

Larus fuscus (Gaivota escura)GF42081 1 05.07.94 52.54N 03.57W. Llyn Traswsfynydd, Gwynedd. GalesGBT C 01.11.95 42.15N 08.44W. Samil, Vigo. 1236 Kms. 484 días

Larus argentatus (Gaivota clara) GJ40013 1 28.06.80 55.16N 04.07W. Flanders moss, Strathclyde. ScotlandLONDON X 18.12.96 42.26N 08.42W. Poio (PO). 1464Kms. 6017 días

Larus cachinnans (Gaivota patiamarela)E 30832 1 11.07.76 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C)MUSEO C 28.06.93 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C). 0 Kms. 6196 días

Rissa tridactyla (Gaivota tridáctila)FT87859 1 02.07.84 48.04N O4.37W. An aoteriou Goulmen. Finisterre. FranciaPARIS C 07.07.91 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C). 616 Kms. 2561 díasFT95674 1 02.07.86 48.04N O4.37W. An aoteriou Goulmen. Finisterre. FranciaPARIS C 07.07.91 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C). 616 Kms. 1831 días

Lenda:1: ave anelada como polo2: ave de edad exacta descoñecida3: ave xuvenil (primeiro ano)4: ave de alomenos 1 ano, pero idade exacta

descoñecida

5: ave nada hai 2 anos6: ave de alomenos 2 anos, pero idade exacta

descoñecidaX: ave atopada mortaC: ave controlada viva

16

CEDIE, S.A. E A EXPLOTACIÓN DA CALIZA NA SERRA DE ENCIÑA DA LASTRA

No ano 1993 a empresa CEDIE, S.A. (daque teñen a maior participación económica oBanco Pastor e Unión Eléctrica-FENOSA)solicitou autorización para instalar unhacanteira na Serra de Enciña da Lastra (León eOurense) para a “Explotación de calizaderivada do P.I. “Don Rufino” Fracc. 3ª nº13.568" sobre unha superficie de 132 ha ecunha profundidade de corta de 150 m. Amentada explotación contaría cunhas reservastotais de 305.5 millóns de toneladas das que aempresa pretendía extraer anualmente1.050.000 Tm de caliza; deste volume CEDIE,S.A. distribuiría a totalidade da fracción detamaño 60-100 mm (200.000 Tm/ano) para asúa fábrica de carburos no Barco deValdeorras (Ourense) e o res tocomercializaríao para outros fins.

Xa durante o trámite de consultas previasó estudio de avaliación do impacto ambientalhoubo un aluvión de protestas contra ainstalación da canteira, que se repiteu noperíodo de información pública do proxecto.

A S.G.H.N. manifestou a súa opinión deque a canteira “provocaría un impacto severo,permanente e irreversible sobre a flora, a faunae a paisaxe, polo que considera que o proxectonon é ambientalmente asumible” (páx. 21.766del BOE nº 155 de 30-06-98).

A Comisión Galega de Medio Ambiente daXunta de Galicia remitiu o preceptivo informe(véxanse paxs. 21.766 e 21.768 do BOE nº155, de 30-06-98) no que sinalaba que “...Ascaracterísticas anteriores dan lugar a que azona manteña un número moi elevado deplantas e animais, con moitas especies raras eameazadas e algunhas endémicas, que teñen assúas únicas poboacións nesta área; asemesmoreúne unha serie de ecosistemas de caráctermediterráneo únicos en Galicia. A zona foi

seleccionada para ser incluida na proposta paraa REDE NATURA 2000... Segundo adocumentación que se adxunta, os danos sobrea fauna e a flora son irreversibles, estandoademáis a explotación na zona definida polasnormas complementarias e subsidiarias deplaneamento provincial como Solo nonurbanizable de protección de espaciosnaturais”.

A Presidencia da Xunta de Galiciasolicitou “a formulación dunha Declaración deImpacto Ambiental negativa”, tal como serecolle na páxina 21.767 do BOE nº 155 de30-06-98.

O Real Xardín Botánico do ConselloSuperior de Investigacións Científicas,considera “que o proxecto provocará unincremento do risco de desaparición deespecies e sobre todo de formacións vexetaisde grande valor biolóxico, afectandoasemesmo a paisaxe” (páx. 21.766 do BOE nº155 de 30-06-98).

A Universidade de Santiago de Compostela"opónse pola excepcional riqueza botánica efaunística da zona, que sufriría unha alteraciónradical e irreversible” (páx. 21.767 do BOE nº155 de 30-06-98).

Ademáis, mostráronse contrarios aexplotación por motivos ecolóxicos,paisaxísticos, antropolóxicos, hidroxeolóxicos,agrícolas, arqueolóxicos, etc. a DiputaciónProvincial de Ourense, o Departamento deBioloxía Vexetal da Facultade de Farmacia daUniversidade de Santiago de Compostela, oConcello de Carucedo, a Xunta de Montes deBiobra, a Comisión Galega de MedioAmbiente, a Conselleria de Agricultura,Gandería e Montes da Xunta de Galicia, oReal Xardín Botánico pertencente o ConselloSuperior de Investigacións Científicas, a

17

Iniciativas da S.G.H.N. para protexera Serra de Enciña da Lastra

A Sociedade Galega de Historia Naturalpresentou o 26-05-97, diante do Ministeriode Medio Ambiente, da Xunta de Castela eLeón e da Xunta de Galicia, unha propostapara a creación do Parque Natural dasSerras do Caurel e Enciña da Lastra. Ditaproposta recibiu o apoio de 20investigadores dos Departamentos deBioloxía Vexetal e Bioloxía Animal daUniversidade de León, 1 investigador doDepartamento de Bioloxía Vexetal eEcoloxía da Universidade do País Vasco, 7investigadores dos Departamentos deBioloxía Vexetal, Ecoloxía e Xeografía daUniversidade de Santiago, 15 investigadoresda Facultad de Ciencias da Universidade deVigo e 5 investigadores do Instituto deInvestigacións Agrobiolóxicas de Galicia(Consello Superior de InvestigaciónsCientíficas)

A Xunta de Castela e León, mediante oDecreto 94/1998, de 14 de mayo (BoletínOficial de Castilla e León nº 91, de 18-05-98), acordou a incorporación da Serra deEnciña da Lastra ó Plan de EspaciosNaturais Protexidos de Castela e León.

Valores naturaisda Serra de Enciña da Lastra

� Xeolóxicos e xeomorfolóxicos, confermosas formacións cársticas eescarpes calcáreos de grande belezapaisaxística.

� Botánicos: hai 2 endemismosexclusivos (Petrocoptis grandiflorae Rhamnus legionensis), especiesúnicas a nivel mundial, e 9endemismos ibéricos entre os que seinclúen Armeria rothmaleri e Isatisplatyloba. Hai tamén 8 comunidadesvexetais de interese prioritario paraa Unión Europea xa que estánincluidas na Directiva Hábitat,criterio base para a inclusión dunterritorio na Rede Natura 2000.

� Zoolóxicos, con máis de 140especies de vertebrados, incluindo aúnica parella de voitre branco(Neophron percnopterus) de Galiciae tamén unha das cinco maiorescolonias ibéricas de morcego decova (Miniopterus schreibersi),especie considerada migradoratransfronteiriza e de interesecomunitario pola Unión Europea.Ademáis, a zona está incluida dentrodunha IBA (Important Bird Area =área importante para as aves) poloque, de acordo coa Directiva Aves, asúa conservación é considerada deinterese comunitario pola UniónEuropea.

Sociedade Galega de Historia Natural, aAsociación para o Estudo e Protección daNatureza U.R.Z., a Asociación Tyto Alba deEstudos Ornitolóxicos do Bierzo, a AsociaciónEcoloxista O Brote, a Asociación para aDefensa Ecolóxica de Galicia ADEGA, aUniversidade de Santiago de Compostela, aAsociación Cultural Portela, a AsociaciónCultural Hervedo, a Xunta Vecinal de LaBarosa, a Xunta Vecinal de El Carril, a XuntaVecinal de Biobra, a Comunidade de Regantesda Quinteira, a Asociación de Veciños LasMatas, a Xunta Vecinal de Cancela e aPresidencia da Xunta de Galicia.

18

Por Resolución do 12 de maio de 1998(BOE nº 155 de 30-06-98), a Dirección Xeralde Calidade e Avaliación Ambiental doMinisterio de Medio Ambiente formulou adeclaración de impacto ambiental sobre aconcesión de explotación de caliza "DonRufino", fracción 3ª, número 13.568, solicitadapor CEDIE, S.A., nas ComunidadesAutónomas de Galicia e Castela e León,autorizándoa condicionalmente.

O 30-07-98, a S.G.H.N. enviou un escritoá Ministra de Medio Ambiente expoñendolle:

� Que a declaración de impacto ambientalformulada pola Dirección Xeral deCalidade e Avaliación Ambiental inicia aposibilidade do comenzo de explotación dacanteira “Don Rufino”, o cal iría contra oArt. 7.1 da Lei 4/89, segundo o cal durantea tramitación dos Plans de Ordeación dosRecursos Naturais non poden “realizarseactos que supoñan unha transformaciónsensible da realidade física e biolóxica quepoda chegar a facer imposible ou dificultarde xeito importante a consecución dosobxetivos de dito plan”.

� Que, con vintecatro informes oficiais eindependientes contrarios a explotación dacanteira polos extraordinarios valoresambientais da zona afectada, e un sófavorable (pagado pola empresasolicitante) resulta obxectivamenteincomprensible a resolución do 12 de maiode 1998 da Dirección Xeral de Calidade eAvaliación Ambiental, do Ministerio deMedio Ambiente, pola que se formulaDeclaración de Impacto Ambientalfavorable á concesión da explotación “DonRufino”, fracción 3ª, número 13.568, nasComunidades Autónomas de Galicia eCastela e León.

� Que as condicións impostas na Declaraciónde Impacto Ambiental non garanten enabsoluto que a realización do proxectopoda ser ambientalmente viable pois: a) a

destrucción da paisaxe será irremediable,b) non se contempla medida algunha paraprotexer os extraordinarios valoresbotánicos da zona, e c) as condicións 4 e 5para a protección das Aves Rapaces e osQuirópteros iñoran a dinámica real daspoboacións desta especies na zona.

Por tódolo devandito, a S.G.H.N.solicitoulle á Ministra de Medio Ambiente queordene a revisión da Declaración de ImpactoAmbiental para a concesión da explotación“Don Rufino”, fracción 3ª, número 13.568, nasComunidades Autónomas de Galicia e Castillae León. A S.G.H.N. solicitoulle asimesmo que,en tanto non se revise a Declaración deImpacto Ambiental, ordene cantas medidaspoida tomar o Ministerio de Medio Ambienteen orden á paralización cautelar do inicio daexplotación “Don Rufino”.

CALIZA, DIÑEIRO E MENTIRAS

Durante os meses de marzo e abril de1998 CEDIE, S.A. desenvolveu unhacampaña de intoxicación da opinión públicaen contra da protección da Serra da Lastraafirmando que “se vería obrigada a pecha-lasúa industria do Barco de Valdeorras se nonlle autorizaban a apertura dunha novacanteira de caliza na Serra de Enciña daLastra”. Inicialmente publícase que sencanteira perderíanse 250 empregos, perofinalmente resulta que CEDIE, S.A. só ten110 empregados. Sé nesto se exaserou, ¿nonse estaría exaxerando tamén no tocante ópeche?; ¿non se estaría preparando asindicatos e opinión pública de Valdeorraspara un recorte de plantilla, xa previsto?

Propoñe-lo dilema entre conserva-loemprego e protexe-lo medio ambiente foi e éunha das falacias máis empregadas pordiversas empresas para poñe-la opiniónpública en contra da protección da naturezae o medio ambiente. A axitación e a alarmasocial que CEDIE, S.A. provocou enValdeorras baseábase, consciente edeliberadamente, en crear da nada unconflicto entre Medio Ambiente e Empregoxa que:1. CEDIE, S.A. non ten problemas de

abastecemento de caliza, xa que existenvarias canteiras para suministrarlle amateria prima necesaria para a súaindustria do Barco de Valdeorras.

2. A actividade principal de CEDIE, S.A.que da emprego ós traballadores de OBarco é a transformación industrial dacaliza e non a explotación de canteiras decaliza.

3. A creación de emprego na nova canteirafaríase a costa de destruir postos detraballo nas restantes canteiras da zona.CEDIE, S.A. afirma que necesita unha

nova canteira pero, nun comunicado dosveciños de Biobra (Rubiá, Ourense) queserían directamente afectados pola canteira,a empresa aseguraba non hai moito que tiña

reservas para 25 anos. Ademáis, CEDIE,S.A. ten, ou tivo, a posibilidade de explotaroutras 3 canteiras (2 en Ourense e 1 en León)que, en principio rechaza pola “baixacalidade” da caliza... pero estas canteirasexplotan a mesma formación xeolóxica decalizas da Aquiana que CEDIE, S.A.pretende explotar na Serra de Enciña daLastra. Pero, ademáis un mes antes oXulgado doBarco de Valdeorras subastoupúblicamente unha canteira de caliza que“non atraeu o interese dos empresarios doramo porque os prezos da caliza están baixose as canteiras son pouco rendibles” segundoa prensa rexional.

Tamén o pasado mes de marzo, a prensarexional publicou que o grupo empresarialMartínez Núñez (Canteiras Industriales doBierzo, S.A.) paga a diversos pobosourensáns tanto pola explotación dunhacanteira como porque non deixen explotaroutras canteiras a terceiros (é dicir, a CEDIE,S.A.) Este feito poderíase deber ben a unintento desta empresa para monopolizar omercado de caliza, ou ben a que, diante dosbaixos prezos e a escasa rendibilidade dascanteiras esté intentando reduci-la oferta decaliza para facer rendible a explotación.

Á luz destos datos hai que analizar apretensión de CEDIE, S.A. (que controla o80% do mercado do seu sector no noroestepeninsular segundo os seus informes deresultados facilitados á prensa) de instalarunha gran canteira de caliza na Serra deEnciña da Lastra da que pensaba adicarmenos do 20% da producción á súa industriado Barco e máis do 80% para a venda aoutras empresas. Pero si a oferta de caliza xaé excesiva, inundando o mercado sóconseguiría reventa-los prezos... e cecais aalgún competidor.

¿Non estaremos simplemente diantedunha guerra comercial de dúas empresa contentacións monopolísticas?

20

ÁRBORES, ESTRADAS E CONCIENCIA CIDADÁN

O 26-03-98 a Xunta Directiva Xeraldirixiuse ó Sr. Director Xeral de ObrasPúblicas (Consellería de Política Territorial,Obras Públicas e Vivenda) para comunicarllea opinión da S.G.H.N. en relación coa novaestrada de enlace na circunvalación deSantiago dende a C-543 en Vidán ata a N-550en A Rocha.

No seu escrito, a S.G.H.N. noncuestionaba a necesidade da devandita obrapero sí o trazado elexido para o treito queenlaza coa C-543, pois mutilaría unha zonaverde importante para unha das áreas deexpansión da cidade de Santiago.

A S.G.H.N. manifestoulle a súa repulsapolo feito de que a Dirección Xeral ObrasPúblicas escollera un trazado que suporía adesaparición de 2 acibos, especie con nivel deprotección 1 en todo o territorio galego(Orden da Xunta de Galicia do 10-XII-84), 28carballos centenarios, 1 plátano e 1 palmeira.A perda destas árbores sería especialmentelamentable por innecesaria e porqueconstituiría un exemplo nefasto daAdministración Autonómica para os cidadáns,máxime tendo en conta a oposición de boaparte dos veciños á tala das árbores, unhaactitude moi salientable dada a tradiciónarboricida xeneralizada en Galicia.

Diante da oposición cidadán, a autoridade"competente" tentou a maquillaxe da talacomo se fose un "traslado" das árbores. Porelo a S.G.H.N. comunicoulle ó Director Xeralque, ó seu xuicio, a afirmación de que asárbores non se talarían senón que setransplantarían era tan só unha manobra dedistracción da opinión pública: o transplantede árbores centenarias, nesa época do ano, coaclimatoloxía das semáns anteriores e sen

preparación previa das árbores tiña unhasposibilidades de éxito nulas, polo que asárbores morrerían e os cartos doscontribuintes tiraríanse polo sumideiro.

Polo devandito, a S.G.H.N. solicitoulle áDirección Xeral de Obras Públicas quereconsiderase o trazado da nova estrada parasalvar o parque de Vidán. Lonxe da verborrearetórica habitual nos políticos, o cambio dotrazado, aínda que cun pequeno retraso, seríaunha boa celebración do Día Mundial daÁrbore pola Dirección Xeral.

O Director Xeral de Obras Públicas nontivo en conta que de sabios é rectificar e,finalmente, o cemento e o asfalto pasaron porenriba das árbores e o parque de Vidán, maliaa oposición dos veciños e da S.G.H.N.

21

Carta remitida pola Xunta Directiva Xeral da S.G.H.N.

ó Excmo. Sr. Delegado do Goberno en Galicia

O pasado 17-02-98, co gaio da concesión á Sociedade Galega de Historia Naturaldo premio Voces do Ano de Compostela na área de Medio Ambiente, V.E. felicitouá nosa asociación polo seu "intenso traballo na defensa do Medio Ambiente".

Apenas catro meses despois, o pasado 11-06-98, efectivos da policía nacional,que dependen de V.E., disolveron con innecesaria dureza unha concentración deveciños de Vidán (Santiago de Compostela) que tan só estaban a defenderpacíficamente unhas árbores centenarias e a integridade dun parque público.

Esta actuación policial-gubernativa é a antítese da educación ambiental queprecisa a sociedade: ¿que pensarán os nenos que viron como lle batían ós seus paispor defender un parque e unhas árbores?

É unha mágoa a perda absurda e innecesaria deste recuncho verde de Compostela,pero a exemplar actitude dos veciños de Vidán pode ser a semente dun futuro mellorpara as nosas árbores.

Cecais nese futuro mellor os Delegados do Goberno empreguen os corpos deseguridade na loita contra os delincuentes ambientais, e non contra os cidadáns consensibilidade social e ecolóxica.

Mentras tanto, o que a S.G.H.N. non pode aceptar son as felicitacións de V.E. pordefender o Medio Ambiente, ó tempo que a policía enviada por V.E. empurra egolpea a cidadáns e socios da S.G.H.N. que están a defender o Medio Ambiente.Lamentámolo moito, pero vémonos na obriga moral de rexeitar a súa felicitación,que lle devolvemos adxunta.

En Santiago de Compostela, a 18 de xuño de 1998

22

PÍNTEGA COMÚN (Salamandra salamandra)

Dentro dos anfibios atopamos a nivelmundial tres ordes das cales dúas, Urodelos eAnuros, engloban a tódalas especies europease, por ende, as catorce que podemos atopar enGalicia.

Cada unha destas dúas ordescorrespóndense cun tipo morfolóxico bendiferenciado e así os máis primitivos Urodelosconservan a típica forma tetrápoda conaspecto xeral de lagarto, rabo longo e patastraseiras e dianteiras de igual tamaño. Estánrepresentados na nosa terra pola familiaSalamandridae con dúas especies de píntegase tres de pintafontes. Pola súa banda osAnuros perderon a cola no proceso evolutivoe neles as extremidades traseiras, adaptadas ódesprazamento a saltos, están moito máisdesenvolvidas. En total nove especies de "rase sapos" viven en Galicia ocupando granvariedade de ambentes e non só charcas oucursos de auga.

Así pois, e dentro dos Urodelos,escomezamos falando do que seguramentesexa o máis coñecido, despreciado eperseguido do rural galego. Un anfibio sobreo que pesan acusacións tales como provocarterribles doenzas ó seu contacto, bota-lo"aire", mexar veleno, apodrece-lo membro dapersoa que o tocou... , todas elas falsas eseguramente provocadas polo audaz deseño dasúa coloración e tal vez polo "veleniño" queexcretan pola pel en caso de apuro comointento de disuadi-los predadores, que poucasveces se dan por aludidos, pero que podeprovocar unha pequena irritación de entrar encontacto con ollos ou mucosas. Se lavamos asmans despois de manipular unha píntega ousapo, problema resolto. Tamén a suposta

inmunidade ó lume é falsa e, de feito, osincendios forestais son unha das principaisameazas tamén para a píntega.

Comezando cas certezas que sobre esteanimal están escritas, hai que dicir que é omáis grande entre os nosos Urodelos, podendoacadar-los 18 cm de lonxitude total. Isto xuntocoa súa figura rechoncha, o chamativo do seuaspecto, a lentitude dos seus movementos e asúa abundancia en case toda Galicia faina undos anfibios máis visíbles, e esmagados, o quetamén se traduce nunha gran variedade denomes populares: Saramela, Pinchorra,Saramaganta, Píntiga, Sacabeira ou Ronchason algúns dos que recibe segundo a zonaxeográfica. Chegado a este punto, compresina-la presencia en Galicia de dúassubespecies que se diferencian poladisposición do amarelo sobre o fondo negrono seu deseño. Así, en S.s. bernardezi,distribuída polo norte da Coruña e Lugo, oamarelo forma dúas liñas lonxitudinais ólongo do corpo que se xuntan ó chegar á cola;ademáis, é de menor tamaño e de constitucióncomparativamente máis esbelta. S.s. gallaicasería a forma presente no centro-sur deGalicia, cunha distribución do amarelo enmanchas nas que son frecuentes tonalidadesavermelladas en cabeza e extremidades. Entreestas dúas formas hai outras moitasintermedias que ocuparían o centro de Galiciacorrespondendo a unha ampla franxa dehibridación.

A Píntega é moi terrestre; tanto é así queno estado adulto é incapaz de nadar, polo queafoga no caso de caer en augas libres.Podemos atopala durante o día debaixo daspedras en lugares de solo profundo como

23

Bibliografía:

CALVO PE�A, X. e VARELA PARAPAR,X.M., 1996 “Anfibios e réptiles deGalicia.” Unidades didácticas. Ed. Bahía.

GALÁN REGALADO, P. e FERNÁNDEZARIAS, G. 1993 "Anfibios e réptiles deGalicia” Ed. Xerais.

S.G.H.N. 1995 .“Átlas de vertebrados deGalicia” Tomo I. Consello da CulturaGalega.

carballeiras ou hortas, nembargantes é nasnoites das estacións húmidas cando a Píntegadesenvolve a maior actividade. Precisa dunhaelevada humidade ambiental, polo que enGalicia o período de inactividade correspondeós meses do verán, e só nas áreas montañosasen invernos fríos se produciría unhahibernación, polo demais pouco frecuente.

Empezan, xa que logo, a verse as Píntegascas primeiras chuvias do outono, entrando xaen celo este mesmo mes. Durante a cópula afemia recolle o espermatóforo do macho noreceptáculo seminal e a partir deste punto afecundación dos óvulos pode retardarse ataque a femia estea nas mellores condicións,incluso un ano despóis.

Pero o máis curioso da reproducción é oseu ovoviviparismo, de xeito que os ovos sedesenvolven e eclosionan dentro da nai atachegar a un grao de desenvolvemento variablesegundo as zonas. Durante esta xestación as

larvas poden devorarse unhas a outras, ochamado "canibalismo intrauterino", de xeitoque nos casos en que os xuvenís son paridostotalmente metamorfoseados o número decrías é moi pequeno, entre dúas e catro, peroisto confírelle á especie unha totalindependencia da auga e ás crías maioresposibilidades de supervivencia, un caso únicoentre os anfibios galegos. Este fenómenoparece ser máis frecuente na subespeciebernardezi e témolo comprobado enpoboacións da localidade de Cariño,concretamente nunha horta rodeada dun muroduns tres metros de alto e sen ningunha charcaou poza que fixese viable parir larvas conrespiración branquial. Mesmo así o máisfrecuente é que as larvas sexan depositadas naauga, aínda con branquias externas, e que aquícompleten o seu crecemento.

Para rematar, lembremos que a súaalimentación está baseada en pequenosinvertebrados, principalmente lamachas einsectos de movementos lentos o que fai deste,como do resto dos anfibios, animaisbeneficiosos para a economía humana.

Xusto Calvo Peña.

24

SITUACIÓN DO ARAO DOS CONS Uria aalge EN GALICIA

O Arao dos Cons (Uria aalge) é unha dasespecies de aves mariñas nidificantes nos máisde 1200 kms de costas de Galicia.

Pero, ó contrario de outros casos, o Araoatópase nunha dificilísima situación comoespecie nidificante en Iberia, o amosar as suaspoboacions un declive constante nos últimostrinta anos. Este feito motivou que no ano 1987a Sociedade Galega de Historia Naturalpropuxese á Sociedade Española deOrnitoloxía a realización do PROGRAMAARAO para intentar unha aproximación ócoñecemento das razóns desta situación eestudiar as suas posibles solucións. A raíz doPROGRAMA ARAO, un grupo de persoaspertencentes á Sociedade Galega de HistoriaNatural continuou co estudio e seguimento daespecie en Galicia e promovendo actuacións decara á sua conservación.

O Arao dos Cons conta na actualidade contres únicas colonias en Galicia situadas deNorte a Sur: nas Illas Sisargas, no Cabo Viláne no Complexo Illas Ons - Cíes.

Os censos realizáronse entre os meses demaio e xullo, visitándose as colonias por terrae mar e a metodoloxía seguida basouse noconteo directo de parellas con reproduccióncomprobada.

RESULTADOS

O resultado dos censos realizados nosúltimos catro anos en cada unha das coloniaspódese ver na taboa.

CAUSAS DA REGRESIÓN Tense apuntado un conxunto de factores

como posibles causas da disminución da

especie, que poden dividirse en artificiais enaturais.

Entre as artificiais atópanse: 1) a capturapara consumo humán, sobre todo a colleita deovos nas colonias de cría, actividade ésta queafortunadamente xa non se realiza, pero quedebeu ter unha influencia importante naregresión da especie; 2) as artes de pesca,sobre todo as artes de enmalle, na que as avesquedan atrapadas cando buscan os peixes dosque se alimentan; 3) contaminación porproductos petrolíferos. Non só as mareasnegras producto dos grandes accidentes depetroleiros, sinon que tamén as máis frecuentesprocedentes do lavado dos tanques que serealiza frente as nosas costas provocan baixasnos exemplares desta especie e outras avesmariñas.

25

Entre as causas naturais caben citar : 1) acompetencia interespecífica; a expansión daGaivota Patiamarela (Larus cachinnans) podeter certa inflencia na poboación de araos, ódepredar sobre os ovos e os polos; 2) cambiosna oferta trófica; as fluctuacións naspoboacións piscícolas, ben como resposta acambios fisicoquímicos, ben por efecto dacompetencia, poden obrigar a desplazarse áspoboacións de aves mariñas.

CONCLUSIÓNS

Como se pode ver, a situación do Araocomo especie nidificante é en extremo crítica,e resulta por elo urxente a adopción demedidas encamiñadas a evitar a desaparicióndo exigüo número de parellas que aíndasubsisten. Para elo, ademáis do control dacontaminación mariña por hidrocarburos,considérase importante a limitación de artes depesca de enmalle nas proximidades dascolonias coñecidas, alomenos entre os mesesde abril e agosto, época en que a especiepermanece nas proximidades dos cantís.

Tamén por parte da administración deberíaelaborarse un programa de investigación e

seguimento da especie, así como a realizacióne manteñemento de un programa anual dedivulgación dirixido ós centros escolares delocalidades costeiras. Sen embargo, a actualadministración da Xunta de Galicia non pareceter intención de preocuparse pola situación daespecie pois no parlamento galego foirexeitado un plan de conservación do Arao,argumentando que a especie non corre peligrode extinción, xa que, segundo os datos quemanexaba a Xunta, a poboación era de 44parellas. A Sociedade Galega de HistoriaNatural solicitou á Xunta por escrito osresultados do censo efectuado por ela, asícomo as datas, lugares de realización emetodoloxía empregada; pero estos datosnunca foron aportados, o que motivou unhaqueixa ó Valedor do Pobo por infracción dalexislación europea, española e galega queregula o libre acceso dos cidadáns áinformación sobre medio ambiente.

Agustín Alcalde Lorenzo.

Localidade 1995 1996 1997 1998

Illas Sisargas 3 3 3 2

Cabo Vilán 7 7 7 5

Illas Ons-Cíes 1 1 1 0

Total Galicia 11 11 11 7

26

TARREIRIGO-ESGOS (OURENSE) Tel: (988) 290137 Fax: (988) 290162

VIVEIRO FORESTALMÁIS DE 150 ESPECIES PARA REPOBOACIÓNS

PROXECTO E EXECUCIÓN DE REPOBOACIÓNS FORESTAISÁRBORES AUTÓCTONAS

Pódenos consultar tamén sobre árbores froitais e ornamentaisPrecio especial para socios da S.G.H.N.

¿PENSACHES ALGUNHA VEZ QUE TE PODES ANUNCIAR

NESTAS PÁXINAS E Ó MESMO TEMPO COLABORAR NA

DEFENSA DA NATUREZA?

AGARDAMOS A TÚA COLABORACIÓN

BICICLETAS A MEDIDA

Rúa San Pedro, 23. 15703 Santiago de Compostela. Teléfono 58 02 60

"Sempre que o propietario non teña interese en que haxa árbores na súafacenda, non bastará tóda-la vixilancia do Goberno para vixila-lo".

M. Barba y Roca: La plantación de árboles (1789). Manuscrito, Barcelona,Arquivo da Real Academia de Ciencias e Artes.

¡FAITE SOCIO! ¡Apoia o labor da S.G.H.N. en defensa da Natureza Galega!Cubre e envía unha fotocopia desta ficha ó Apdo. 330. 15780 Santiago de Compostela.

Apelidos: ...............................................................................................................................................Nome: .............................................................................................. D.N.I.: ........................................ Data de nacemento: ..........................................................................Teléfono: ....................................Enderezo: .............................................................................................................................................. Localidade: ........................................................................................Provincia: ..................................

Categoría de socio (indica cunha cruz) � Infantil (ata 12 anos) 875 pts/ano� Xuvenil (ata 18 anos) 1.750 pts/ano� Estudiante 2.625 pts/ano

� Plenario 3.500 pts/ano� Familiar 5.250 pts/ano� Protector 175.000 pts

Sr. Director do Banco/Caixa ...........................................................................................................,sucursal nº ......................................en............................................: Prégolle admita os recibos que no sucesivo lle remita ó meu nome a Sociedade Galega de HistoriaNatural e os cargue na miña conta nº _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ Atentamente,

Sinatura: Data:

Sociedade Galega de Historia Natural

1973-1998: 25 Anos Estudiando, Divulgando e Defendendo

o Medio Natural Galego.