44
O libro Lingua +, para terceiro curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO María Fernández Rei Rafael Fortes Otero Xosé Luís Navarro Peiró Luísa March Soler Irene Penas Murias Afonso Toimil Castro ILUSTRACIÓN Sandra de la Prada López Ayesha L. Rubio David Sierra Listón EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades deste libro non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno. PRIMARIA 3 Tarefas e destrezas comunicativas

Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

  • Upload
    others

  • View
    10

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

O libro Lingua +, para terceiro curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTOMaría Fernández ReiRafael Fortes OteroXosé Luís Navarro Peiró Luísa March SolerIrene Penas MuriasAfonso Toimil Castro

ILUSTRACIÓN Sandra de la Prada LópezAyesha L. RubioDavid Sierra Listón

EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIALDE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades deste libro non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemase outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno.

PRIMARIA3

Tarefas e destrezas comunicativas

Page 2: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

Presentación

é o novo proxecto de Obradoiro/Santillana dirixido aos profesores

e profesoras que buscan un novo xeito de ensinar Lingua.

presenta un ENFOQUE FUNCIONAL da aprendizaxe, de carácter máis comunicativo, que se centra nas destrezas básicas (falar, escoitar, ler e escribir), deixando nun segundo plano os contidos de carácter conceptual. Para facilitar este enfoque, o traballo organízase en tarefas que lle permiten ao alumnado saber, en todo momento, o que está facendo e para que o está facendo.

ten, ademais, unha ORGANIZACIÓN FLEXIBLE, que lle ofrece ao profesorado a posibilidade de decidir o que quere ensinar, cando e como. Con este fin, o material estrutúrase en bloques de tarefas e en obradoiros, que se poden combinar libremente.

Os bloques de tarefas constitúen o elemento central do material, xa que traballan os aspectos esenciais da área. Distribúense do seguinte xeito:

COMUNICACIÓN ORAL

COMPETENCIA LECTORA

ESCRITURA

Estes aspectos esenciais abórdanse de maneira eminentemente práctica. Non obstante, en terceiro curso incorpóranse informacións básicas que axudan a entender mellor o sentido e o significado dalgúns dos textos do apartado de Competencia lectora.

Os obradoiros desenvólvense en fichas de traballo prácticas e sinxelas que serven de complemento ás tarefas. Neste curso ofrécense o Obradoiro de vocabulario, o Obradoiro de gramática e o Obradoiro de ortografía.

favorece unha APRENDIZAXE ACTIVA, en que a motivación e a emoción son premisas fundamentais. Por iso, Obradoiro/Santillana ofrece un material onde se mesturan o traballo oral e o escrito, o individual e o colectivo, o xogo e a creatividade…; un material que vai máis alá da lectura e da resolución de actividades: o alumnado falará en público, realizará as súas propias producións escritas (para as que contará con modelos) e poderá gardar algúns dos seus traballos nun porfolio ou carpeta persoal.

Ao longo das páxinas do libro, atoparedes dous tipos de iconas que se refiren a diversos elementos que axudarán ao desenvolvemento das tarefas:

Audio. Gravacións para a realización de actividades do bloque de Comunicación oral.

Modelos. Conteñen fichas para desenvolver de xeito eficaz determinadas tarefas dos diversos bloques.

Page 3: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

Táboa de contidos

COMUNICACIÓN ORAL COMPETENCIA LECTORA

TAREFA 1. Pedir información

TAREFA 2. Contar unha experiencia persoal

TAREFA 3. Describir unha persoa

TAREFA 4. Explicar conceptos

TAREFA 5. Contar chistes

TAREFA 6. Iniciar unha conversa

TAREFA 7. Facer predicións

TAREFA 8. Dar indicacións

TAREFA 9. Representar un fragmento teatral

TAREFA 10. Explicar un xogo

TAREFA 11. Dar unha noticia

TAREFA 12. Expresar a opinión

TAREFA 1. Fábula: O raposo e a cegoña

TAREFA 2. Poema: Unha serea poeta • O verso e o poema

TAREFA 3. Texto descritivo: Un animal moi curiosoTAREFA 4. Conto: Un reloxo do revés

TAREFA 5. Anuncio: Usa a auga con cabeza

TAREFA 6. Conto popular: O camelo perdido

TAREFA 7. Poema: O señor merlo • A estrofa

TAREFA 8. Conto: O pitiño feo

TAREFA 9. Cómic: Unha noite movidiña

TAREFA 10. Teatro: O lobishome

TAREFA 11. Texto informativo: Unha inventora excepcional

TAREFA 12. Poema: Menú • A rima

TAREFA 13. Conto: A vila sen cores

TAREFA 14. Texto xornalístico: Premio ao compromiso coa reciclaxe

TAREFA 15. Conto: Baixo o chan

TAREFA 16. Pantalla de videoxogo: Os Viaxenios

TAREFA 17. Relato mitolóxico: Hércules e Atlas

TAREFA 18. Poema: A cabra barbuda • Os recursos literarios

TAREFA 19. Conto: Gora, unha rata de biblioteca

TAREFA 20. Conto: Tres estrelas

Page 4: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

ESCRITURAOBRADOIROS

Vocabulario

TAREFA 1. Escribir unha nota de aviso

TAREFA 2. Escribir unha carta

TAREFA 3. Escribir unha autobiografía

TAREFA 4. Elaborar fichas de vocabulario

TAREFA 5. Elaborar un anuncio

TAREFA 6. Escribir diálogos

TAREFA 7. Inventar o final dun conto

TAREFA 8. Describir un itinerario

TAREFA 9. Elaborar un cómic

TAREFA 10. Deseñar un catálogo

TAREFA 11. Facer un resumo

TAREFA 12. Escribir unha recensión

FICHA 1. O dicionario

FICHA 2. Sinónimos e antónimos

FICHA 3. Palabras polisémicas

FICHA 4. Palabras compostas

FICHA 5. Palabras derivadas

FICHA 6. Diminutivos e aumentativos

FICHA 7. Xentilicios

FICHA 8. Familia de palabras

Gramática

FICHA 1. O substantivo

FICHA 2. O adxectivo

FICHA 3. O artigo

FICHA 4. Os pronomes persoais

FICHA 5. O verbo

FICHA 6. Os tempos verbais

FICHA 7. A oración. Suxeito e predicado

FICHA 8. Clases de oracións

Ortografía

FICHA 1. O son K

FICHA 2. O son G. A diérese

FICHA 3. O son Z

FICHA 4. O son R suave e o son R forte

FICHA 5. Palabras con b

FICHA 6. Palabras con v

FICHA 7. Palabras con h

FICHA 8. Palabras con x e con s

FICHA 9. Palabras con x e con ll

FICHA 10. As contraccións do artigo

FICHA 11. A partición de palabras

FICHA 12. Signos que pechan oracións

FICHA 13. A coma

FICHA 14. Os dous puntos

Page 5: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

COMUNICACIÓN ORAL

Page 6: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

1

CO

MU

NIC

ACIÓ

N O

RAL

TAREFA 1. Pedir información

1 Di en que globos se pide información.

A quen lle pedirías cada información anterior? Comenta coa clase.

policía compañeiro tendeiro

2 Que palabras se empregaron para dirixirse ao policía e ao tendeiro? Cando utilizas ti esas palabras? Comenta cun compañeiro ou compañeira.

3 Escoita e copia a opción correcta en cada caso.

• Onde ten lugar a escena?

– Nun centro cultural. – Nun polideportivo.

• Sobre que pide información a rapaza?

– Sobre os concursos que fan. – Sobre os obradoiros que fan.

• Por que actividade se interesa a rapaza?

– Informática. – Cociña. – Pintura.

– Teatro. – Robótica. – Deportes.

4 En que obradoiro che gustaría apuntarte? Comenta co resto da clase explicando a túa elección.

Perdín as chaves da casa. Pódelo crer?

A

Por favor, poderíame dicir como se chega

ao concello?

D

Mañá Uxío fai oito anos,

sabías?

C

Desculpe, a como están as mazás?

E

Sabes como se resolve este exercicio?

B

Page 7: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

2

5 Que non coincide coa información que lle deron á rapaza no centro cultural? Localiza os erros.

Dá en voz alta a información da ficha corrixindo os erros.

6 Le e comenta coa clase.

• Con quen fala o rapaz: cunha persoa

coñecida ou descoñecida?

• Cres que será unha persoa da súa idade

ou máis vella? Por que?

• Como faría a pregunta en caso contrario?

7 Por parellas, representade unha escena en que pidades información.

• Cubride no caderno unha ficha do cine igual ao modelo que tedes na páxina 26 cos datos que queirades.

• Decidide quen vai pedir a información e quen a vai dar, e se vos trataredes de ti ou de vostede.

• Representade a escena utilizando expresións do banco de palabras e expresións da ficha.

COMPROBAMOS COMO O FIXEMOS

HORARIO: Mércores e xoves, de 6 a 7 da tarde.

LUGAR: Sala de lectura

INICIO DO OBRADOIRO: Finais de setembro

Hai catro erros!

Anotade no caderno en que aspectos

podedes mellorar.

OBRADOIRO DE ROBÓTICANIVEL

avanzado

Falade cos compañeiros e coas compañeiras sobre a vosa intervención.

CONTIDO – Eran adecuadas as preguntas para obter a información da ficha?

– Foron as respostas claras e comprensibles?

CORRECCIÓN – Mantivemos todo o tempo o tratamento de ti ou de vostede, segundo a nosa decisión inicial?

Por favor, poderíame dicir

cando pasa o autobús?

Page 8: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

3

CO

MU

NIC

ACIÓ

N O

RAL

TAREFA 2. Contar unha experiencia persoal

1 Comenta co compañeiro ou coa compañeira.

• A quen adoitas contarlle as cousas

que che pasan?

• Contas todo o que che ocorre ou só as cousas

que consideras importantes?

• Gústache escoitar os demais cando che contan

as cousas que lles pasan? Por que?

• Como axudas a un compañeiro ou a unha compañeira

se che conta algo que lle preocupa?

2 Escoitade por parellas e dicide se son verdadeiras ou falsas estas afirmacións.

• Na escena falan Carlos e Marta.

• Carlos comeza hoxe as clases de patinaxe.

• Carlos coñece moita xente que vai ás clases de patinaxe.

• Marta rise de Carlos porque ten medo.

• Marta pensa que Carlos acabará deixando as clases de patinaxe.

Corrixide en voz alta as afirmacións falsas.

3 Que lle explica Marta a Carlos? Volve escribir o texto copiando a opción correcta en cada caso.

4 Cres que a experiencia que conta Marta axuda a Carlos? Por que? Comenta co resto da clase.

O inverno / verán pasado fun a un campamento

onde non coñecía a ninguén. Ao principio, falaba

pouco / moito porque quería chamar a atención / pasar

desapercibida. Pero o primeiro / terceiro día tocoume ser

a guía / capitá dun equipo nunha xincana / excursión.

Daquela coñecín a Roi, Cibrán e Paula / Brais, Cibrán e Uxía,

e convertémonos en inseparables.

Page 9: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

4

5 Como se sentirá cada un? Fala coa compañeira ou co compañeiro.

Compartide as vosas conclusións co resto da clase.

6 Escolle un dos personaxes da actividade anterior e conta unha experiencia persoal que poida axudalo ou axudala.

• Pensa nalgunha situación en que te sentises de xeito semellante ao personaxe escollido e responde.

• Conta a túa experiencia persoal diante do resto da clase seguindo a orde das respostas ás preguntas anteriores.

Escribe no caderno o que fixeches moi ben e o que

necesitas mellorar. Pídelles aos demais que valoren a túa narración.

CONTIDO – Era adecuada á situación escollida a experiencia persoal que contei?

– Dei toda a información que pedían as preguntas de preparación?

ESTRUTURA – Foi clara e ordenada a narración?

ENTOACIÓN – Falei cun volume axeitado para que toda a xente me oíse?

Sempre xogamos ao mesmo.

Cando foi? Onde?Como te sentías

ao principio?

Por que?

Que pasou daquela?

Como te

sentiches

ao final?

COMPROBAMOS COMO O FIXEMOS

Hoxe actúo por primeira vez diante de público.

O meu equipo perdeu.

• aburrido • triste • preocupada • cansa

• enfadada • nervioso • emocionado • decepcionada

Banco de palabras

Page 10: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

MODELOS PARA A COMUNICACIÓN ORAL

Page 11: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

26

TAREFA 1

• Bo día! • Por favor... • Grazas pola información.

• Boa tarde! • Desculpe... • Necesita algo máis?

• Boa noite! • Sería tan amable de... • Foi un pracer.

• Adeus! • Deica a próxima! • Moitas grazas por todo.

Banco de palabras e expresións

TÍTULO DA PELÍCULA

Sala onde se proxecta

Horarios

Duración da película

TÍTULO DA PELÍCULA

Sala onde se proxecta

Horarios

Duración da película

PREZO DA ENTRADA

Adultos €

Menores de 10 anos €

Page 12: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

27

CO

MU

NIC

ACIÓ

N O

RAL

TAREFA 3

FICHA PARA DESCRIBIR UNHA PERSOA

NOME

ASPECTO FÍSICO

alto / alta forte baixo / baixa delgado / delgada

Pel morena clara

Ollos negros verdes

marróns azuis

Outros trazo físicos destacables

CARÁCTER

Pelo negro liso

roxo rizo

castaño longo

rubio curto

Page 13: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

COMPETENCIA LECTORA

Page 14: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

1

O raposo e a cegoña

Un día, o raposo foi buscar a cegoña e, cando a atopou, díxolle moi amablemente:

–Irmá, é unha mágoa que, vivindo como vivimos tan preto un do outro, non sexamos máis amigos. Aceptarías vir mañá xantar á miña casa? Así poderiámonos coñecer un pouco mellor. Que me dis?

–Que tes toda a razón e que acepto a invitación de moi boa gana –respondeulle a cegoña contenta.

Ao día seguinte, á hora fixada, a cegoña acudiu á casa do raposo, que a recibiu con grandes mostras de alegría. A cegoña relambíase pensando no suculento banquete que, sen dúbida, a esperaba.

Despois dos saúdos, o raposo levou a súa amiga ata a mesa, onde non faltaba ningún detalle. A cegoña observou a comida: era unha crema boísima… Pero estaba servida nuns pratos chairos, moi pouco apropiados para o seu longo peteiro.

A cegoña, desconcertada, intentaba con todas as súas forzas coller a crema co peteiro. Pero éralle imposible!

O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas. Mesmo deixou o prato relucente de tanto lambelo!

TAREFA 1

O texto que vas ler a continuación é unha fábula. As fábulas son narracións protagonizadas por animais que falan e actúan coma se fosen persoas.

A fábula que vas ler nesta tarefa está protagonizada por unha cegoña e un raposo.

Antes de lela, pensa e contesta: Cres que os protagonistas se farán amigos?

CO

MPETEN

CIA

LECTO

RA • FÁ

BU

LA

Page 15: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

2

Daquela, a cegoña comprendeu que o raposo a convidara para burlarse dela e decidiu darlle unha lección.

Así pois, unha mañá a cegoña saíu ao encontro do raposo e díxolle:

–Quero devolverche o convite. Queres vir xantar hoxe comigo?

O raposo aceptou con gusto e acompañouna á casa. O xantar era realmente apetitoso: un guiso de carne que ulía tan ben que ao raposo facíaselle auga na boca. Hummm!

Pero había un pequeno problema: estaba servido nuns recipientes que tiñan un colo moi alto e moi estreito.

Co peteiro, a cegoña chegaba facilmente aos anacos de carne. En cambio, o raposo, por máis que estiraba e estiraba a lingua, non podía conseguir aquel manxar saboroso.

Finalmente, famento e de mal humor, o raposo tivo que renunciar.

Daquela, a cegoña preguntoulle:–E logo non che gusta o meu xantar? Vexo que nin sequera o probaches.–A túa comida estaba exquisita –respondeu o raposo–. Pero só co aroma

alimenteime tanto que é imposible que dea comido un anaco.O raposo marchou da casa da cegoña enfadado e coa barriga baleira. Mentres se afastaba, a cegoña dixo:–Non che gustan as bromas, irmán? Pois así as fas, así as atoparás.

Fábula popular

Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña.

COMPLETA O CONTO

Page 16: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

CO

MPETEN

CIA

LECTO

RA • FÁ

BU

LA

3

TAREFA 1. O raposo e a cegoña

1 Le e responde.

• Por que di o raposo que quere convidar a cear á cegoña?

• Pensas que é sincera a súa proposta?

• Que quere facer en realidade?

• Cres que a cegoña sospeita algo nese momento? Por que?

Como dirías que é o raposo? Pensa e comenta co teu compañeiro ou coa túa compañeira.

2 Que lle podería dicir a cegoña ao raposo para evitar a burla? Valora e copia a opción que máis te convenza.

Explica o porqué da túa elección e escoita o porqué das compañeiras e dos compañeiros. Despois de escoitar todas as explicacións, cambiarías a túa resposta? Por que?

bromista

amable

falso

desconsiderado

espelido

burleiro

...

Aceptarías vir mañá cear á miña casa?

Acepto de moi boa gana.

Ai, que mágoa! Non o podo comer. As cremas séntanme

moi mal.

Por favor, pódesme servir a crema nun vaso alongado? É que se non,

non a vou dar comido.

Que pretendes, raposo? Burlarte de min? Pois atente

ás consecuencias!

Síntoo moito, pero non podo quedar a xantar. Acabo de lembrar

que tiña outro compromiso.

Page 17: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

4

3 Copia o que é verdadeiro e corrixe o que é falso.

• A cegoña convidou o raposo a xantar para facer as paces.

• Para xantar, a cegoña preparou un guiso de carn e.

• O guiso estaba servido nun recipiente de colo baixo e largo.

• O raposo marchou da casa da cegoña farto e satisfeito.

4 Que outra expresión lle podería dicir a cegoña ao raposo ao final? Comenta coa clase e escolle.

• Quen non se fía non é de fiar.

• Quen sementa ventos recolle tempestades.

• Polo froito coñécense as árbores.

• Quen non queira po que non vaia á eira.

5 Que característica das persoas podería representar cada animal nunha fábula? Elixe e relaciona.

orgullo paciencia sabedoría lealdade preguiza cacholada afecto

Comproba se coincidiches con outras compañeiras e compañeiros ou non.

6 Inventa outro título para a fábula que liches. Escríbeo con letras bonitas e coloréao.

7 Completa no caderno unha Ficha de lectura coma o modelo que tes na páxina 64 e gárdaa no porfolio.

Así as fas, así as atoparás.

2 3 4

Podes deseñar unha orla coma esta ou outra que che guste e escribir nela o título que pensaches.

1

Page 18: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

MODELOS PARA A COMPETENCIA LECTORA

Page 19: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

64

FICHA DE LECTURA

Título

Tipo de narración

Resumo. Que fai o raposo? Como actúa despois a cegoña?

TAREFA 1

VALORACIÓN PERSOAL

Gustouche a lectura?

Nada. Pouco. Moito. Encantoume.

Que é o que máis che gustou?

Engadirías ou cambiarías algo? Explícao.

Page 20: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

FICHA DE LECTURA

65

VALORACIÓN PERSOAL

Gustouche a lectura?

Nada. Pouco. Moito. Encantoume.

Que é o que máis che gustou?

Engadirías ou cambiarías algo? Explícao.

Título

Nome do autor

Resumo. Por que se fixeron amigos Brais e Carla?

TAREFA 4

Page 21: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

ESCRITURA

Page 22: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

ESCRITU

RA

TAREFA 1. Escribir unha nota de aviso

1 Le estes textos e di cales son notas de aviso.

A Sabela: Graciñas por deixarme a gorra para a excursión. Veume de marabilla! Un biquiño.

Breixo

B Sabela: Deixeiche no armario a gorra que me prestaches para a excursión. Graciñas por todo.

Breixo

C Comunícase ao alumnado de terceiro de primaria que mañá acaba o prazo para apuntarse no obradoiro de robótica.

ANPA

D A dirección do colexio felicita o alumnado de terceiro de primaria polo éxito da súa campaña solidaria «Lecturas para todo o mundo».

Onde deixariades cada nota? Por que? Comenta coas compañeiras e cos compañeiros.

Que información é necesaria nunha nota de aviso? Copia.

• O lugar desde onde se escribe. • A sinatura da persoa a quen se dirixe.

• O motivo do aviso. • A sinatura da persoa que a escribe.

• A hora en que se escribe. • O nome da persoa ou grupo a quen se dirixe.

Escribiches ou escribíronche algunha vez unha nota de aviso? Cal foi o motivo? Comenta coa clase.

2

Esqueceume dicirlle á mestra que mañá á primeira hora teño consulta coa médica. E agora que fago?… Xa o teño! Deixareille unha nota de aviso explicándollo! Axudádesme a escribila?

1

Page 23: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

4 Como debe ser unha nota de aviso? Copia o que che pareza máis axeitado.

• Unha nota de aviso debe ser longa e debe gardarse ben para que non se perda.

• Unha nota de aviso debe ser curta e debe gardarse nun lugar ben visible.

5 Quen tería que deixar unha nota de aviso? Por que? Le e comenta coa compañeira ou co compañeiro.

6 Elixe unha destas situacións, ou outra que queiras, e escribe a nota de aviso correspondente.

SITUACIÓN 1 Sen querer, manchaches a camiseta preferida de teu irmán e metíchela na lavadora, pero ti vaste agora e non o vas ver deica mañá.

SITUACIÓN 2 Esqueciches dicirlle a túa nai que hoxe, ao saír do colexio, vas ir á festa de aniversario de Xela e que seus pais te van traer á casa ao acabar.

SITUACIÓN 3 Avisaron da Biblioteca Pública de que xa tiñan o libro que pediras. Como vai pasar por alí teu pai, dille que non esqueza traercho.

Móstralle a nota a un compañeiro ou compañeira para que a revise e che diga se está ben ou se lle falta algunha información importante.

7 Pasa a limpo a nota de aviso e gárdaa no porfolio.

A avoa quere que meu pai a chame cando el chegue á

casa, pero eu xa non estarei.

Cóllolle este libro a Roi e mañá devolvereillo.

Telefonei á casa e non hai ninguén.

Gardarei o meu estoxo

na mochila.

CIBRÁN MARIÑA

ESTER BREIXO

2

Page 24: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

ESCRITU

RA

1 Le a carta e copia a información que corresponda.

Saúdo Despedida

Data Sinatura

Completa no caderno a partir dos datos da carta.

O día de , escribiulle unha carta a , para preguntarlle polo cambio e polas novas . El contoulle que axiña ía ter , que llo dixeran . Vítor estaba .

2 Escribiches algunha vez unha carta? A quen? Que lle contabas? Comenta coa clase.

TAREFA 2. Escribir unha carta

Mirade o que atopei na caixa do correo: unha carta dos avós! Normalmente, falamos polo móbil ou por correo electrónico. Pero, ás veces, enviámonos cartas porque nos fai ilusión. Animádesvos a escribir unha carta? Veña, que vai ser divertido!

28 de setembro de 2021Ola, Mariña :

Como estás? Imaxino que bastante preocupada aínda con todo iso do cambio de colexio . Como che vai? É s impát ica a xente do novo colexio? Espero que s i e que xa f ixeses unha chea de novas amizades .

Eu teño unha boa not ic ia para darche: axiña vou ter un irmanciño ou irmanciña! Dixéronmo onte meus pais e estou moi emocionado. Xa te irei informando dos avances .

Unha aperta!

V ítor

3

Page 25: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

Por que a carteira non pode entregar estas cartas? Que datos faltan? Observa e comenta co compañeiro ou coa compañeira.

4 Responde no caderno como queiras.

• A quen che gustaría escribirlle unha carta?

– A algún familiar. – A un compañeiro ou compañeira.

– A un amigo ou amiga. –

• Para que lle escribirías?

– Para saber como está. – Para contarlle unha viaxe.

– Para darlle unha boa noticia. –

Que fórmulas vas utilizar na túa carta? Copia unha en cada caso.

SAÚDO

DESPEDIDA

• Benquerido / Benquerida • Unha aperta

• Estimado / Estimada • Saúdos cordiais

• Ola • Un bico

Escríbelle a carta á persoa que elixiches na actividade 4.

Ten en conta o seguinte:

• Non esquezas poñer a data, o saúdo e a despedida.

• Comproba que queda claro o motivo polo que lle escribiches.

• Escribe con boa letra, revisa a ortografía e respecta as marxes.

Comenta co resto da clase como cres que se sentiu esa persoa ao recibir a túa carta.

Mete a túa carta nun sobre e cubre os datos necesarios para que a persoa a quen lle escribiches a reciba. Despois, garda todo no teu porfolio.

3

5

6

7

Mart iñoR/ dos Oleiros , 22, pta . 5Uxía Castro Miguéns

Avda. da Carbal leira

00330 Vi lamar

4

Page 26: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

MODELOS PARA A ESCRITURA

Page 27: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

Apega aquí unha foto túa

A miña autobiografía

26

TAREFA 3

Page 28: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

Apega aquí unha foto ou un debuxo

alusivo

O MEU VOCABULARIO

Apega aquí unha foto ou un debuxo

alusivo

O MEU VOCABULARIO

Apega aquí unha foto ou un debuxo

alusivo

O MEU VOCABULARIO

27

TAREFA 4

Page 29: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OBRADOIRO DE VOCABULARIO

Page 30: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OB

RAD

OIRO

DE VO

CA

BU

LARIO

1

FICHA 1. O dicionario

1 Cal destes fragmentos de páxina pertence a un dicionario? Cópiao.

árbore s. f. Calquera planta de tamaño grande, tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.

arboredo s. m. Lugar poboado de árbores.

As árbores máis características dos bosques galegos son o carballo e o castiñeiro. Tamén destacan outras árbores, como o piñeiro, o bidueiro, o amieiro, o sabugueiro e o salgueiro.

2 Que nomes de instrumentos se atoparán antes no dicionario? Fíxate na primeira letra e ordénaos alfabeticamente.

frauta acordeón trompeta violín

Que libro ten que consultar o personaxe? Comenta.

O libro en que se recollen todas as palabras dunha lingua co seu significado é o dicionario.

No dicionario, as palabras ordénanse alfabeticamente, é dicir, seguindo a orde das letras do abecedario.

REFLEXIONA E APRENDE

Non sei o que significa xarope.

unha guía un dicionario un atlas

Page 31: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

2

3 Copia as palabras de cada grupo en orde alfabética.

regra • goma • bolígrafo • lapis

vaca • parrulo • ovella • porco

barco • barcaza • veleiro • buque

airosa • aeroplano • aéreo • aerobús

4 Copia as palabras que aparecen no dicionario con esta forma.

• felices • cantaban • vasoira • esbirrar

• imposible • pé • complicadas • astuta

Escribe a forma con que buscarías o resto das palabras.

5 Busca no dicionario as seguintes palabras e elixe a imaxe que corresponde á definición.

Agora, escribe unha oración con cada palabra.

6 Escolle e completa tendo en conta a definición do dicionario de cada palabra.

apicultor

avicultor • O recolle o mel das abellas.

rebelar

revelar • Tareixa vai as fotografías da súa viaxe ao Courel.

machada remexer

Cando varias palabras comezan pola mesma letra, ordénanse alfabeticamente

pola súa segunda letra, e así sucesivamente.

Page 32: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OB

RAD

OIRO

DE VO

CA

BU

LARIO

3

FICHA 2. Sinónimos e antónimos

1 De que dous xeitos se pode dicir cada cousa? Copia e completa coas palabras do recadro que corresponda.

lentes • feiticeiro • soberana • coche • raíña • anteollos • bruxo • automóbil

Pódese dicir ou .

Pódese dicir ou .

Pódese dicir ou .

Pódese dicir ou .

2 Substitúe por un sinónimo a palabra destacada.

• Non te achegues moito á fogueira.

• Tes que retirar a pota do lume.

• Aquel problema foi fácil de resolver.

• Conserven o billete ata o final do traxecto.

Agora, substitúe a palabra destacada por outro sinónimo diferente. Usa o dicionario se o precisas.

Fíxate nas palabras propostas e indica se significan o mesmo ou o contrario ca contento.

• feliz • satisfeito • infeliz

• triste • descontento • alegre

• insatisfeito • apesarado • ledo

As palabras que teñen o mesmo significado ou un moi parecido son sinónimas.

As palabras que teñen significados contrarios son antónimas.

contento

REFLEXIONA E APRENDE

sacar

boleto

doado

cacharela

Page 33: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

4

• narrar • relatar • explicar

• relato • historia • narración

Aquí tes algúns sinónimos que podes usar.

3 Copia o texto substituíndo as palabras destacadas por sinónimos.

Queres escoitar un conto?

A min gústacheme moito que me conten contos. E a ti? Onte, miña tía Carme contoume un conto sobre unha cigarra e unha formiga. Queres que cho conte? Vaiche encantar!

4 Copia a oración que di o contrario.

O meu equipo gañou.

• O meu equipo venceu.

• O meu equipo perdeu.

A tormenta achégase.

• A tormenta afástase.

• A tormenta aproxímase.

5 Forma antónimos seguindo o modelo correspondente.

• feliz infeliz • facer desfacer

• experto • atar

• tranquilo • ordenar

• capaz • obedecer

6 Localiza no cadro un sinónimo e un antónimo para cada unha das palabras da táboa.

veloz • tranquilo • fermoso • adiñeirado • pobre • axitado • feo • lento

SINÓNIMOS ANTÓNIMOS

rico

nervioso

bonito

rápido

Page 34: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OBRADOIRO DE GRAMÁTICA

Page 35: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OB

RAD

OIRO

DE G

RAM

ÁTICA

1

1 Localiza os substantivos do texto e clasifícaos segundo o que nomean.

Un debuxo de primeira

Á miña irmá encántalle debuxar. Sempre anda co lapis e co caderno de arriba para abaixo. Tanto che debuxa un cabalo coma unha bolboreta. Hoxe fixo un debuxo do can dos veciños mentres xogaba co fillo máis novo. Mira que ben lle quedou!

PERSOAS

ANIMAIS

COUSAS

2 Escribe nomes propios de persoas, animais e lugares que coñezas.

Lembra que os substantivos propios se escriben sempre con maiúscula inicial.

DEPORTISTAS

ANIMAIS

CIDADES

PAÍSES

FICHA 1. O substantivo

Copia a palabra de cada parella que nomea unha persoa, un animal ou unha cousa.

• rato / escribir • Uxío / antes

• doutora / falar • veloz / lapis

Os substantivos son as palabras que nomean persoas, animais ou cousas.

Os substantivos poden ser comúns ou propios. Os substantivos comúns nomean calquera persoa, animal ou cousa; os substantivos propios, nomean unha persoa, un animal ou unha cousa concreta.

Os substantivos teñen xénero, que pode ser masculino ou feminino. Os substantivos masculinos poden levar diante o, os, un, uns e os femininos a, as, unha, unhas.

Os substantivos teñen número, que pode ser singular ou plural. Os substantivos en singular nomean unha soa persoa, animal ou cousa. Os substantivos en plural nomean máis dunha persoa, animal ou cousa.

REFLEXIONA E APRENDE

Page 36: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

2

3 Copia o seguinte texto cambiando os debuxos por substantivos comúns.

Unha boa veciña

Na onde vivo hai unha que case todos os días

vai ao darlles aos que alí habitan.

Adoita ir acompañada dun pequeno negro que acolleu hai uns anos.

4 Escolle a palabra que pode ir diante de cada substantivo e indica o seu xénero.

o a

bombeira unha un

ra

un unha

bufanda o a

reloxo

a o

pitiño un unha

panadeiro

5 Forma o feminino dos substantivos seguintes segundo o modelo que corresponda.

neno nena mestre mestra doutor doutora

• cliente • arquitecto • presidente • director

• varredor • alumno • administrador • sogro

• reloxeiro • autor • elefante • xefe

6 Elixe a forma do substantivo máis axeitada para cada imaxe.

Como se formaron? Fíxate nos substantivos en plural e escríbeos onde corresponda.

• flor

• flores

• baúl

• baúis

• golfiño

• golfiños

Engadiu un -s

ao singular.

Engadiu -es

ao singular.

Substituíu o -l

do singular por -is.

Page 37: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OB

RAD

OIRO

DE G

RAM

ÁTICA

FICHA 2. O adxectivo

Copia as palabras que nos din como é ou como está o can.

Os adxectivos son as palabras que nos din como son ou como están as persoas, os animais ou as cousas.

Os adxectivos teñen o mesmo xénero e número ca o substantivo a que se refiren.

REFLEXIONA E APRENDE

1 Localiza os adxectivos que hai neste cartel e sinala os substantivos a que se refiren.

2 Como son? Relaciona cada adxectivo co personaxe axeitado.

feroz falcatrueiros valente malvadas combativa

Inventa unha oración para cada personaxe cos adxectivos que escribiches.

un can

canso

dorme

come

pequeno

ladra

manso

Queres pasar uns días inesquecibles?

VEN CONNOSCO E GOZA DE PRAIAS PARADISÍACAS NUN CONTORNO MARABILLOSO.

A mellor viaxe para escapar da aburrida rutina.

3

Page 38: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

4

3 Como está hoxe? Escribe sobre un dos teus compañeiros ou compañeiras da clase.

Podes comezar así: hoxe está e .

feliz nervioso cansa enfadada tranquilo

aburrido contenta aterrorizado triste preocupada

4 Completa o texto coa opción adecuada en cada caso.

Que mans!

Miña irmá Xulia é moi . Con materiais e un rotulador fai unhas bonequiñas . Gústanche?

En que xénero e número están os adxectivos que escribiches? Clasifícaos.

5 A que substantivo se refiren? Observa e escribe onde corresponda.

• A é verde e redonda.

• O é vermello e pequeno.

• O é amarelo e alongado.

• A é gris e abrigosa.

• O é verde e fino.

• A é vermella e redonda.

En parellas, localizade obxectos da aula e describídeos utilizando dous adxectivos.

pulseira botónbufanda plátanobóla lapis

SINGULAR PLURAL

MASCULINO

FEMININO

mañoso

mañosa

reciclados

reciclado

vermello

vermellos

preciosas

preciosos

Page 39: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OBRADOIRO DE ORTOGRAFÍA

Page 40: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OB

RAD

OIRO

DE O

RTOG

RAFÍA

1

FICHA 1. O son K

1 Copia e completa con c ou qu.

Unha en●isa ●uriosa

Esta tarde, ●edei no par●e ●oa miña ●ompañeira ●atuxa para facer unha en●isa. Tiñamos ●e preguntar ●al é a ●or ●e máis lle gusta á xente da lo●alidade. E sabedes ●omo ●edou a ●ousa? Pois gañou o bran●o. É ●urioso, non credes?

2 Clasifica as palabras anteriores segundo a forma en que se escriben.

CON C CON QU

3 Escribe o nome dos obxectos representados.

Le e copia os casos en que a letra destacada representa o son K.

• piscina • quirófano • cuarto

• castaña • abecedario • paquete

• cerdeira • acordeón • cesto

O son K pode representarse con c ou con qu.

– Escríbese c diante de a, o, u: casa, conto, cueiro…

– Escríbese qu diante de e, i: paquete, quilo…

COMPROBA O QUE SABES

Resolve a actividade ti só. Despois, le a información do cadro. Respondiches

correctamente?

Page 41: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

2

4 Forma o diminutivo das palabras segundo o modelo.

butaca butaquiña

vaca foca

barca roca

5 Resolve as seguintes adiviñas.

Inventa unha oración coa solución de cada adiviña.

6 Escribe.

• Un nome de rapaz que teña qu.

• Un nome de rapaza que teña ca.

• Unha palabra que comece por qu.

• Unha palabra que comece por co.

• Unha palabra que teña dúas veces o son K.

7 DITADO. Prepara o ditado e escríbeo no caderno.

Vaia catarro!

A semana pasada, Carmela, a miña compañeira do colexio, unha rapaza que nunca se queixa por nada, colleu un catarro descomunal, tanto que mo contaxiou. Agora, eu non paro de espirrar, de asoar os mocos e de que me choren os ollos. Carmela está preocupada por min e a min... non me chega a hora de curar o catarro e de quitalo de enriba. Que mala sorte!

Nas calorosas noites do verán paso o tempo voando, co grande e único afán do teu sangue ir chuchando.

Entre as árbores salta un precioso animaliño, ten unha figura esvelta e un enorme rabiño.

Page 42: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

OB

RAD

OIRO

DE O

RTOG

RAFÍA

3

FICHA 2. O son G. A diérese

Le e di como se representa o son G de gato nas seguintes palabras.

• gusto • gota

• pingüín • xoguete

• formiguiña • Sigüeiro

O son G de gato pode representarse con g ou con gu.

– Escríbese g diante de a, o, u: galiña, figo, figura…

– Escríbese gu diante de e, i. O u de gue e gui non se pronuncia: albergue, aguia…

– Escríbese diérese ( ¨ ) enriba do u dos grupos güe, güi para indicar que o u se pronuncia: lingüeta, piragüismo…

COMPROBA O QUE SABES

1 Localiza as palabras que conteñen o son G de gato e clasifícaas.

Termas e piraguas

A vila de Guillerme é famosa polas súas augas termais, descubertas na antigüidade. Sempre hai regueiros de turistas que ateigan e tinguen de cores as rúas. Pero tamén hai moita xente que vén facer piragüismo. Dáme mágoa non entendelos a todos, polo que terei que aprender moitas linguas. De momento son bilingüe, que xa é algo.

SOA O U NON SOA O U

2 Escribe, en cada caso, unha palabra da familia coa terminación -eiro ou -eira.

• cego • formiga • paraugas

• rego • pexego • ortiga

• figo • manga • pinga

Resolve a actividade ti só. Despois, le a información do cadro. Respondiches

correctamente?

Page 43: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o

4

4 Escribe estas oracións substituíndo os debuxos por palabras.

• O meu amigo ten un e unha de peluche.

• Gladis mercou unha , uns e un .

• Águeda toca moi ben a e a .

• Olga prefire usar a e non o .

5 Completa con g, gu ou gü, segundo corresponda.

• Mig●el ten unha ami●a lin●ista que coñece lin●uas moi anti●as.

• Miña nai é trilin●e: fala ●ale●o, castelán e ●alés.

• O que máis lle ●usta a ●abriela é o pira●ismo, e practícao en A●iño.

6 DITADO. Prepara o ditado e escríbeo no caderno.

Unhas formiguiñas ben larpeiriñas

Guido e Begoña son lingüistas, pero gústalles moito ir de pícnic. Onte foron xantar ao río Tambre, en Sigüeiro. Ao chegar, pousaron as bolsas ao pé dun salgueiro e fóronse bañar. Cando volveron para comer, vaia desgusto! Unha chea de formigas saíra do seu formigueiro e comezara a comer os espaguetes con salsa de tomate que levaran. Que mágoa de pasta!

3 Ordena as letras de cada grupo. Descubre as palabras que levan gu ou gü.

T AÜ GENL I

UA GNI UB

U OE T NN ÜG

FA OERG I U

Page 44: Tarefas e destrezas comunicativas - Santillana...FICHA 8. Clases de oracións Ortografía FICHA 1. O son K FICHA 2. O son G. A diérese FICHA 3. O son Z FICHA 4. O son R suave e o