8
te traballadores/as do Ensino RETRIBUCIÓNS 2016 6 anos de recortes salariais ENSINO PÚBLICO editorial: A recuperación, unha utopía para os docentes actualidade: táboas salariais 2016 paga extra: eliminación do complemento específico

te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

te traballadores/as do Ensino

RETRIBUCIÓNS 2016

6 anos de

recortes salariais

ENSINO PÚBLICO

editorial: A recuperación, unha utopía para os docentes

actualidade: táboas salariais 2016

paga extra: eliminación docomplemento específico

Page 2: te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

Å editorial

Feliz ano novo, Ou non

Luz López Pérez 3

· actualidade educativa

Non se ven bos cambios neste curso coa LOMCE

José Fuentes 4

9 retribucións

As pagas extras dos empregados e empregadas

públicos, un concepto "atrapado no tempo"

Verísimo Pazos Pereira 7

À persoal laboral

Comezo do novo curso escolar, outro curso

marcado polos recortes dentro deste período

de crise que parece que nunca se vai acabar

María Burke Gerpe 9

Ì ensino app para mobiles

CCOO ensino presenta a

súa app para móbiles

Diego Bello 11

Ç novidades lexislativas

Modificación na normativa de pensións

no proxecto de PXE 2016

José Fuentes 14

traballadores/as do Ensino. Setembro 2015

352

DIRECTORDiego BelloTE non se fai responsable nin fai necesariamente súas as opinións expresadas polos seus colaboradores, nos traballos publicados, nin se identifica.CONSELLO DE REDACCIÓNAlberto Vázquez, Eugenio de la IglesiaCONSELLO EDITORIALLuz López, Verísimo Pazos, MªJosé García Barcia, Adolfo Gil, Anxo Muñiz, José Fuentes, María BurkeCOLABORADORESXan MariñasFEDERACIÓN DO ENSINOA Coruña: Avda. Alfonso Molina, Km. 2 - 3º andar CP 15008Tfno. 981 145895 / Fax 981 [email protected] de Compostela:Vía Edison 1º C. Polígono do TambreCP 15890Tfno. 981 958217 / Fax 981 [email protected]:R/ María 42-44 / CP 15402Tfno. 981 369336 / Fax 981 [email protected]:Ronda da Muralla 58. 5º andar / CP 27002Tfno. 982 221060 / Fax 982 [email protected]ín:Avda. Portugal 3-5 / CP 32600Tfno. 988 [email protected]:Parque S. Lázaro, 12. 3ª andar / CP 32003Tfno. 988 392256 / Fax 988 [email protected] Barco:Praza do Concello, 2 1º andar / CP 32300 Tfno. 988 322034 / Fax 988 325159Pontevedra:R/ Pasantería 1, 2ª andar / CP 36002 Tfno. 986 866276 / Fax 986 [email protected] Vigo:Rúa das Teixugueiras 11. Entrechán / CP 36212 Tfno. 986 246847 / Fax 986 [email protected] Viveiro:R/ García Dóriga s/n. CP 27850Tfno. 982 561001 / Fax 982 561025EDITAFederación do Ensino R/ Miguel Ferro Caaveiro, 8-1º andar 15703 Santiago Tfno. 981 551820 / Fax 981 551821 [email protected] MAQUETACIÓNGraforama. www.graforama.esIMPRESIÓNGráficas Magaña. Tel. 91 798 38 70

ISSN: 1131-9615

Impreso en papel reciclado

Os artigos desta publicación poden ser reproducidos, total ou parcialmente, citando a fonte.

Xaneiro 2016

Verísimo Pazos, José Fuentes

Verísimo Pazos Pereira

Retribucións do persoal docente

Complementos cargos directivos

Complementos outro cargos e

sexenios e cadro de descontos

Eliminación do complemento

específico da paga extra

Page 3: te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

A RECUPERACIÓN, UNHA UTOPÍA PARA OS DOCENTES GALEGOS.

O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por diante de case todas as CCAA na recuperación económica. Pero, un ano mais os orzamentos para o 2016 seguen a ser restritivos e novamente, os empregados e empregadas públicos vémonos atacados  polas medidas deste Goberno, que demostra unha xenreira especial contra o noso colectivo, ao que continua castigando e facendo que a temporalidade anunciada nas súas medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados no noso salario.

O goberno central pretendeu facer visible ese suposto proceso de recuperación económica e impregnado dun marcado carácter electoralista (había eleccións xerais en decembro) lexislou un aumento do 1% das retribucións das empregadas e empregados públicos. Anunciando un raquítico incremento salarial pretendeu ocultar a sangría retributiva que vimos sufrindo os empregados e empregadas públicos desde o ano 2010.

Pero o Goberno da Xunta de Galicia vai mais aló nas súas medidas restritivas e consolida, o mantemento do recorte no complemento específico das pagas extraordinarias para o 2016, dando carta de normalidade a unha medida tomada desde o ano 2013. As empregadas e empregados públicos seguimos sendo os que soportamos os custos da mala xestión do Goberno de Galicia, xa que neste momento somos a única comunidade do estado que non cobrará a parte autonómica nas pagas extraordinarias de 2016.

O PP segue a vender diante da opinión pública que ten que manter este recorte porque non lle queda outra opción. Non é certo que non haxa outro remedio; pero ademais temos que ter en conta que os docentes galegos perdemos coa retirada do complemento específico desde o ano 2013 unhas cantidades que oscilan entre os  4.663,28  euros para un mestre sen antigüidade e os 8.446,96 euros para un catedrático con trinta anos de servizo.

Ademais, continúan a incrementarse as retencións por MUFACE e clases pasivas, o que significa unha  redución salarial de facto, xa que continuamos a  perder poder adquisitivo.

O que está claro é que a pesar da escuálida subida do 1%, e tendo en conta o mantemento dos recortes nas pagas extras, se aplicamos o IPC consolidado nos últimos anos, a perda de poder adquisitivo supón unha media dun 21 % da nosa masa salarial, ao que hai que engadir os recortes nas prestacións sociais que supoñen unha mingua no salario, pois forman parte do que se chama salario diferido, conformando así un retroceso de moitos anos nas nosas retribucións.

A Xunta de Galicia, volve a amosar un cinismo da maior envergadura e manifesta que estamos no camiño de saída da crise pero continúa recortándolles o salario aos seus empregados e empregadas e utiliza a devolución da paga extraordinaria de decembro de 2012 como un caramelo que se vai dando a contagotas e sempre coincidindo con citas electorais, deixando sen facer efectivo o pagamento do 50% restante, que está pendente de calendarización, e que de seguro anunciará en datas moi próximas as eleccións autonómicas. Non debemos esquecer que o 25% desta cantidade foi detraído de modo ilegal tal e como recoñeceron os autos de todos os tribunais de xustiza. Ademais non se aborda, nin hai intención de facelo, a recuperación das pagas detraídas nos últimos anos, máxime cando as cantidades devindicadas da paga extraordinaria de xuño de 2013 están a ser recoñecidas nos autos ditados polos tribunais de xustiza.

CCOO-Ensino considera absolutamente vergonzosa a actitude da Xunta de Galicia, e non renuncia ao cobramento das cantidades detraídas, para o que usará todas as armas ao seu alcance, nas que está a reclamación de cantidades nos tribunais de xustiza que permitan a obtención de sentenzas firmes, situación que a administración esta a dilatar no tempo ao ter recorridos en interese de lei todos os autos dos tribunais, evitando así, cunha manobra que prexudica novamente aos seus traballadores e traballadoras, que de momento se poidan presentar as correspondentes extensións de sentenza de ditos autos.

Por todo isto,  a recuperación non é mais que unha falacia e os feitos amosan que se trata dunha utopía para os e as docentes de Galicia, nunha nova mostra do desprezo con que os trata o Goberno galego.

 

retribucións 9

7Setembro 2015 | te 352

Cando no 2013 o goberno do señor Feijoo decide a retirada dos comple-mentos autonómicos da paga extraor-dinaria, xa nos albiscabamos que po-díamos estar diante dunha medida que ía ter unha certa continuidade no tem-po, non en van, en decembro de 2009 foi o momento en que se acadou, gra-zas aos esforzos desta organización, a vella reivindicación da percepción da paga extra completa, que se esfumou cal soño de verán cos primeiros recor-tes do goberno Zapatero abríndose así á veda para as reducións salariais aos empregados e empregadas públicos e a unha forte campaña de desprestixio dos mesmos diante da sociedade.

Entre medías o goberno de Rajoy, de-cide a retirada total da paga extraordi-naria de decembro de 2012, o que foi contestado cunha cascada de accións nas rúas e nos xulgados que provoca-ron que se nos recoñecera aos empre-gados e empregadas públicos que aló menos 44 días desta paga foron retira-dos de forma improcedente.

É aquí cando comeza a historia repeti-da en bucle, " temos os deberes feitos, estamos recuperándonos, pero os em-pregados públicos seguirán sen perci-bir a parte autonómica da paga extra", esta frase repítese coma un mantra dende inicios do 2013 e ameaza con consolidarse, a pesar dos anuncios

feitos pola administración de que se recuperarán no 2017, facendo que as pagas extras recibidas nestes anos se-xan as máis exiguas da historia.

O uso partidista e electoralista que están a facer coa devolución da paga extra do 2012, non é mais que unha mostra do desprezo co que trata a Xunta aos seus empregados/as. O anuncio da devolución do 24,77% polo goberno central o pasado ano, veu seguido da decisión nesta comu-nidade de devolución en "cómodos" prazos, que de non ser pola celebra-ción das eleccións municipais no maio pasado, aínda non teríamos percibido. Non debemos esquecer que esa parte era a que estabamos a gañar en to-dos os tribunais e que tarde ou cedo terían que aboar por sentenza firme e co agravante de terlle que engadir as custas xudiciais. Nova cita electoral e nova devolución de parte da extra de 2012, neste caso dun 26,23%, para así completar o 50% dunha percep-ción que se eliminou dun golpe, pero que fai que a súa devolución sexa ca-paz de estirar de modo utilitario a con-veniencia das citas coas urnas.

Os empregados e empregadas públicos levamos uns anos que parece que estamos vivindo unha sorte de situación que se asemella á dise reporteiro interpretado por Bill Murray no cinema, que amañecía continuamente atrapado no tempo nun bucle eterno. A Xunta de Galicia teima en afirmar ano tras ano que ten os deberes feitos pero segue a insistir en deixarnos ano tras ano e xa van..., sen a percepción da compoñente autonómica da paga extraordinaria.

[email protected]

Verísimo Pazos Pereira Responsable Acción Sindical Pública no Universitaria FE de CCOO de Galicia

º

As pagas extras dos empregados e empregadas públicos,

un concepto "atrapado no tempo" Responsable Acción Sindical

Pública non Universitaria FE de CCOO de Galicia

Page 4: te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

Concepto

Grupo A2 Grupo A1

Mestres P. Técnico/a FP P. Secundaria Catedrático/a

Paga ordinaria mensual Paga extra Paga ordinaria

mensual Paga extra Paga ordinaria mensual Paga extra Paga ordinaria

mensual Paga extra

Soldo base 968,57 € 706,38 € 968,57 € 706,38 € 1.120,15 € 691,21 € 1.120,15 € 691,21 €

C. destino 478,09 € 478,09 € 588,75 € 588,75 € 588,75 € 588,75 € 705,19 € 705,19 €

C. específico 544,68 € 0 € 544,68 € 0 € 544,68 € 0 € 595,17 € 0 €

Titoría e outras funcións docentes

44,06 € 0 € 44,06 € 0 € 44,06 € 0 € 44,06 € 0 €

TOTAL 2.035,40 € 1.184,47 € 2.146,06 € 1.295,13 € 2.297,64 € 1.279,96 € 2.464,57 € 1.396,40 €

Trienios 35,12 € 25,61 € 35,12 € 25,61 € 43,08 € 26,58 € 43,08 € 26,58 €

IPC galego 0,3784% das retribucións brutas de cada persoa

RETRIBUCIÓNS PERSOAL DOCENTE

1º SEXENIO 2º SEXENIO 3º SEXENIO 4º SEXENIO 5º SEXENIO

59,80 € 76,89 € 102,55 € 145,25 € 42,71 €

SEXENIOS Non se cobran nas extras de xuño e decembro

DESCONTOS

CONCEPTO GRUPO A1 GRUPO A2

PASIVOS 109,86 € 86,46 €

MUFACE 48,10 € 37,86 €

COTA OBREIRA 4,445% das retribucións

RETENCIÓNS I.R.P.F. Segundo retribucións anuais e situación persoal

Page 5: te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

COMPLEMENTOS Non se cobran nas extras de xuño e decembro

XEFATURA DE DEPARTAMENTO 67,03 €

COORDINACIÓN DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO 67,03 €

COORDINACIÓN EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA 67,03 €

RESPONSABLE DE CENTROS DE MENOS DE 3 UNIDADES (E.I. - E.P.) 67,03 €

XEFATURA DE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (PRIMARIA) 67,03 €

PROFESORADO E.P.A.P.U. 67,03 €

RESPONSABLE CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA DE MENOS DE 3 UNIDADES 67,03 €

PROFESOR DE COLEXIOS RURAIS AGRUPADOS 67,03 €

IMPARTIR DOCENCIAS EN CENTROS ESPECÍFICOS DE ENSINANZAS DE ADULTOS 67,03 €

COMPLEMENTO MESTRES/AS 1º CICLO E.S.O. 110,67 €

Nos CI de FP as coordinacións de EMPRENDEMENTO, PROGRAMAS INTERNACIONAIS, TICs, INNOVACIÓN E FORMACIÓN DO PROFESORADO, BIBLIOTECA E RESIDENCIA teñen un complemento de 67,03 €Nos CRD á Xefatura de Residencia correspóndelle 282,09 € e á Dirección, 67,03 €Nos CAFI e CEFORE os complementos son os seguintes: - Dirección, 552,33 € - Asesoría, 282,09 €

OUTROS COMPLEMENTOS

CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL

CARGO TIPO A Colexios de 40 ou máis unidades e centros específicos de e. especial

TIPO B Colexios de 18 a 39 unidades

TIPO C Colexios de 6 a 17 unidades

TIPO D Colexios de 3 a 5 unidades

DIRECCIÓN 525,52 € 475,71 € 344,28 € 254,55 €

XEFATURA DE ESTUDOS 182,86 € 171,82 € 166,32 € 122,20 €

SECRETARÍA 182,86 € 171,82 € 166,32 € 122,20 €

CENTROS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, CPI, F.P. E RÉXIME ESPECIAL

CARGO TIPO A Centros de máis de 1350 alumnos

TIPO B Centros de 751 a 1350 alumnos

TIPO C Centros de menos de 750 alumnos

TIPO D Extensións ou seccións delegadas

Os conservatorios superiores de música, as escolas de artes plásticas e deseño nas que se impartan ensinanzas superiores, a Escola de Restauración, a Escola de Arte Dramática, os centros residenciais docentes e os centros integrados de FP están clasificados como centros de tipo A

DIRECCIÓN 641,25 € 552,33 € 499,99 € 452,63 €

VICEDIRECCIÓN 282,09 € 276,62 € 199,40 € 171,82 €

XEFATURA DE ESTUDOS 282,09 € 276,62 € 199,40 € 171,82 €

SECRETARÍA 282,09 € 276,62 € 199,40 € 171,82 €

CARGOS DIRECTIVOS. Non se cobran nas extras de xuño e decembro

Page 6: te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

CORPO ANTIGÜIDADE 2013 2014 2015 2016 PERDA TOTAL

MESTRES/AS

PES

PT FP

0 trienios 1.165,82 € 1.165,82 € 1.165,82 € 1.165,82 € 4.663,28 €

2 trienios / 1 sexenio 1.284,24 € 1.284,24 € 1.284,24 € 1.284,24 € 5.136,96 €

4 trienios / 2 sexenio 1.436,5 € 1.436,5 € 1.436,5 € 1.436,5 € 5.746,00 €

6 trienios / 3 sexenio 1.639,56 € 1.639,56 € 1.639,56 € 1.639,56 € 6.558,24 €

8 trienios / 4 sexenio 1.927,18 € 1.927,18 € 1.927,18 € 1.927,18 € 7.708,72 €

10 trienios / 5 sexenio 2.011,76 € 2.011,76 € 2.011,76 € 2.011,76 € 8.047,04 €

CATEDRÁTICOS/AS

4 trienios / 2 sexenio 1.536,48 € 1.536,48 € 1.536,48 € 1.536,48 € 6.145,92 €

6 trienios / 3 sexenio 1.739,54 € 1.739,54 € 1.739,54 € 1.739,54 € 6.958,16 €

8 trienios / 4 sexenio 2.027,16 € 2.027,16 € 2.027,16 € 2.027,16 € 8.108,64 €

10 trienios / 5 sexenio 2.111,74 € 2.111,74 € 2.111,74 € 2.111,74 € 8.446,96 €

ELIMINACIÓN DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO DA PAGA EXTRA

Page 7: te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

A súa app para móbiles

Page 8: te Retribucións 2016 · O presidente do Goberno galego repite constantemente que Galicia vai por ... medidas se alongue no tempo e suframos a consolidación dos recortes xa efectuados

T.E.

www.ccooensino.net

DOCENTESENSINO PÚBLICO

Podes poñerte en contactos con nós,nos locais das comarcas

Enderezos, teléfonos e fax:

Enderezos electrónicos:

PERMISOS

LICENZAS

REDUCIÓNS HORARIAS

EXCEDENCIAS

ACTUALIZADO DE ACORDO COA LEI 2/2015 DO 29 DE ABRIL DO EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA