Teatro Bonadal

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Teatro do bom.

Citation preview

  • BO NADAL?

    Xos Manuel Carballo

  • Personaxes

    Garda 1Garda 2XosMaraPousadeiroMaleteiraCliente 1Cliente 2ParellaTres pequenosSimn

    MaraRubnElenaXoanaAnaCoxoCegoBorrachoRomualdoIsaas

    PRIMEIRA PARTE

    Unha ra pequena de calquera capital de provincia. A ser posible, con beirarra na que poidan sentarse Xos a Mara. De non ser as, preciso algn outro obxecto que sirva de asento. Nunha banda, porta practicable e sobre dela un letreiro : Fonda, camas e comidas. Ambiente de festas de Nadal nunha cidade. A vestimenta actual. Mara est embarazada de mentira para poder desembarazarse no momento preciso.

    Escena primeira

    Ao comezo aparecen Xos e Mara, andando amodio. Xos leva na man unha bolsa de plstico de medianas dimensins. Sntase semellando falar entre si en voz baixa. Pode escoitarse unha mestura de sons: buguinazos de autombiles, asubos de axentes de trfico, panxolias, en off as voces de dous supostos gardas municipais.

    GARDA 1.- Fxate naquela parella.GARDA 2.- Ela semella estar embarazada.GARDA 1.- Nesas condicins non se lles perda nada fra da casa.GARDA 2.- Vai ti saber de qu calaa son. Vaia xeito de nai... Se cadra estn arrimados.GARDA 1.- A mocidade de agora! Non sei a onde vai parar.GARDA 2.- Escorrmolos de a?GARDA 1.- Dixaos. Non te compliques a vida. Que mis ten!GARDA 2.- A min rebntanme as festas... Nadal, fin de ano, aninovo, reis... non hai mis ca forasteiros e xente de mal vivir.GARDA 1.- Festas para os outros. Para ns servizo e traballo redobrado.GARDA 2.- Algn poida que durma hoxe na cadea, dgocho eu... Unha muller a punto de dar a luz sentada na ra!GARDA 1.- Se estivesen na casa. Paletos!(Van baixando os rudos ata desapareceren).XOS.- Cntame a verdade, Mara, tes dores, non si?MARA.- Pouquios, pero non teas medo, que Deus nunca abandona os que quere.

  • XOS.- Falta fai, muller falta fai. Iso psachenos por sermos pobres, sabes?MARA.- Quen sabe? Hainos mis pobres ca ns. Non podemos queixarnos.XOS.- Ns ben pouco temos, Mara.MARA.- Temos, temos, Xos. Eu tote a ti, que mis quero? XOS.- E eu tote a ti, Mara, e non te trocara por nada do mundo.MARA.- Si. Tmonos un ao outro e imos ter...XOSE.- Un neno.MARA.- Tera graza que resultase unha nena.XOS.- Non, ha de ser neno; pero semellarase moito, moito a ti... Tamn se para hoxe... Non me mintas, tes dores?MARA.- Pouquios. E estate tranquilo, que ben oches os mdicos do hospital que volvesemos ma s dez. Eles saben mis ca ns destas cousas. Como a primeira vez...XOS.- Si, anque xa puideron internarte hoxe, que estas cousas tampouco che son exactas. Se non fosemos pola Beneficencia, seguro que te internaban hoxe. Se fosemos de pago, non te an deixar fra. Xogo o que teo.MARA.- Pois non xogas moito. Que tes?XOS.- Sen ti, case nada, por iso teo tanto medo a perderte por non seres ben atendida... Se fosemos ricos...MARA.- Se fosemos ricos, igual me internaban hoxe, si. E ocupaba unha cama, se cadra sen necesidade; e logo via unha de urxencia e non tian onde metela.XOS.- Ben se nota que fuches mis escola ca min. Grazas que es tan boa coma intelixente, que se non, quen te aturara? Imos ter un neno mis listo!... Deche?MARA.- Pouquio... O peor que non haxa xa a estas horas coche de lia para irnos.XOS.- E anque o houbese, muller. Non pensars que a consentir que fixeses unha viaxe tan pesada nas condicins en ests para termos que volver ma.MARA.- Pois durmir nun banco do parque co fro que vai...XOS.- Nin pensalo! Hoxe imos a unha pensin, baratia, pero polo menos ha ter lousado, portas e vents.MARA.- Ti ben falas, Xos, pero os sentimentos nbranche a razn. Se gastamos dese xeito, nunca poderemos devolverlle a don Fructuoso os cartos que lle temos pedido, e esqucete da serra de disco, da cepilladora e de tantas cousas nas que temos soado para poer un tallerio como debido.XOS.- Pois se non podemos devolverllos, que se quede coa garlopa, cos serrns, coas das machadas e, se quere, ata coa burra, pero fra non quedas hoxe.MARA.- Est ben. Como ti queiras, home. Por iso non te alporices. (ollando para a Fonda) Preguntamos logo a a ver se teen sitio?XOS.-(ergundose e axudndolle a Mara) Preguntamos. Agrrate ben a min, non sexa que esvares e vaias caer.(Agarrados un ao outro camian ata a Fonda. Chaman. Sae o pousadeiro).

    Escena segunda

    POUSADEIRO.- Boa noite, que desexan?XOS.- Pois mire, ns viemos ao hospital; porque a mia muller xa comezara a notar...(Chega un cliente ben traxeado, que entre na fonda case sen esperar resposta)CLIENTE.- Hai camas?POUSADEIRO.- (Compracente). Si, pase.XOS.- Comezara a notar...POUSADEIRO.- Ao gran, queren cama e cea ou s cama?XOS.- Ver, ns primeiro tiamos que saber en canto nos poda sar, porque somos xente humilde e...(Reptese o lance anterior cunha parella)

  • PARELLA.- Hai camas?POUSADEIRO.- Si, pasen.XOS.- Somos xente humilde e temos que facer moito pola vida. Ns non podemos pagar tanto coma outros que...(Chega unha maleteira acompaando a un cliente. Trae das maletas nun carretillo. A maleteira unha muller xa entrada en anos, vestida sen gusto e desguedellada).CLIENTE 2.- Ten sitio?POUSADEIRO.- Teo. Entre.(Colle as maletas o cliente. Dlle 5 euros maleteira e entra. Esta queda ollando disimuladamente a Mara).XOS.- Non podemos gastar tanto coma outros, pero somos honrados; e non por chufar. Facanos moita falta para hoxe casa cuberta.POUSADEIRO.- Non te fxaches nos que entraron? Ningn axustou o prezo. Van pagar ben.MALETEIRA.- Pagarn o xusto, ou non hai unhas tarifas de prezos e uns libros de reclamacins?POUSADEIRO.- Estamos en festas, e sobra xente que busca onde se deitar.MARA.- Pero por iso non se poder asoballar.POUSADEIRO.- O negocio o negocio, nena. Hai que limpar cando vai aire.MALETEIRA.- (Erguendo a voz) Ti es un xudeu!POUSADEIRO.- (No mesmo ton) Que sabers ti, maleteira esfarrapada, que nunca tiveches un peso de teu?MALETEIRA.- Pois ti, cando esteas agoniante, anda has querer beber as cinzas dos que mal gaaches!XOS.- Non hai por que latricar. Haber un sitio para ns?MALETEIRA.- E como non vai haber sitio para unha muller encinta?POUSADEIRO.- (Observando moito a Xos) Hoxe en da hai que fixarse moito en quen se mete na casa; e ti... ti non me tes boa pinta.MALETEIRA.- Non che ten boa pinta e teen os dous unha cara de santos que non se remexen!MARA.- Non tanto. Somos coma os mis.POUSADEIRO.- Para min non sodes coma os mis, que xa me chegastes chorando, e nun da coma hoxe ningun regatea. Nadal. Estamos en festas.XOS.- que ns non vimos festa.MARA.- (Mostra moita doenza contida) Ai!XOS.- Deche moito, Mara?MARA.- Moito non. Un pouquioPOUSADEIRO.- Pero, para tan axia?XOS.- Quen sabe. Dixenos entrar, ande.MALETEIRA.- Iso. Dixaos entrar, a que agardas?POUSADEIRO.- Nesas condicins, imposible. A mia fonda nin un hospicio nin unha casa berce. Non pode ser!XOS.- Ande, danos casa cuberta para esta noite, que se non chegan os cartos que traemos, xa lle farei chegar os que falten. Por que habemos ter que buscar noutros sitios?POUSADEIRO.- Para vosoutros non hai sitio. Non faltara mis ca un parto esta noite. A metade dos clientes pediran o libro de reclamacins. devos canto antes. Non hai sitio.MALETEIRA.- Non vos movades. Sentdevos na soleira da porta.POUSADEIRO.- Mirade o que facedes, que mando chamar un municipal.XOS.- (Implorante) Por caridade.POUSADEIRO.- (Ceiba unha gargallada metndose para dentro). Por caridade! Por caridade! A caridade non casa co negocio, rapaz. Por caridade! A caridade xa non se leva. Pasou de moda.MALETEIRA.- (Berrando fronte porta moi alporizada). Non ts entraas! Es un desalmado! Agora entendo por que Deus non che deu un fillo, non valas para pai!

  • POUSADEIRO.- (Dende dentro) E a ti por que non cho deu? Porque nunca se sabera certo quen poda ser o pai? Lvaos ti para a ta casa, xa que tes tan boas entraas. MALETEIRA.- (Dende dentro). Xa o vou facer, sabes? Anque a mia non unha casa. Soamente un cortello. Un cortello, si!(Deixa de berrar e segue falando con Xos e Mara en ton moderado).Si, un cortello que quedou abandonado e expropiado polo ensanche da circunvalacin, pero mentres non o desfn, a min vaime servindo. Despois xa Deus dir.(Pense a andar os tres).Al polo menos teredes un teito, e non xear por vs. do outro lado da va do tren. ningun rico al. (A Mara) Se se che fai custoso andar, podo levarte no carretillo, e se non, que te leve o teu home, ou non estades casados? A min non me importa, eh.MARA.- Si, casados estamos. E deixe, que ata agora anda podo andar.XOS.- (Axdalle a Mara a sosterse e a camiar) Tes dores, Mara?MARA.- Pouquios.MALETEIRA.- O meu cortello ata cheira mal, que teo unha cabra para o leite e un porquio, que vou criando coas lavaduras que me dan e co que podo rastrexar al onde descargan os camins da limpeza.XOS.- Mara, queres que volvamos ao hospital, por se un caso?MARA.- Non deixa. Eles dixeron ma, e non teo mis dores das que tia.XOS.- Logo seguiremos con esta boa muller, anque lle imos causar moitos mareos.MALETEIRA.- Mareos a min? Non, santios, que quen est abondo mareada de carrexar petates de riba para baixo todo o da, non se marea mis nin menos por tan pouca cousa.(Apgase a luz amodio. Poden volver a escoitarse os sons do comezo).

    FIN DA PRIMEIRA PARTE

    SEGUNDA PARTE

    Escena nica

    (A chabola da maleteira. Toda a escena acontece no que puidera ser a cocia. Mobiliario elemental: unha mesa, algunha banqueta, algn caldeiro, un infernio de gas, e nel unha pota ao lume con auga a quentar. Unhas cortinas, non precisamente de veludo, separan esta peza do que pode ser habitacin na que se supn a cama)

    XOS.- (Non ten acougo. Fala s) Canto mellor fose que arrincasemos para o hospital cando eu llo dica, pero esta muller mia sempre ten tanto medo a facerse pesada...(Sae a maleteira cunha palangana na man. Vota nela auga quente e volve marchar para tras das cortinas. Media este dilogo).XOS.- Xa?MALETEIRA.- Logo, logo.XOS.- Todo vai ben?MALETEIRA.- Todo vai ben.XOS.- (Outra vez fala s). Por que tia que ir mal...? Eu tampouco nacn nunha clnica. Anda hai moitos que non nacen nunha clnica. Algns nacen polo camio ou nun taxi... Deus che axude, Mara! Que muller mis sufrida! E dica que lle doa pouquio!MALETEIRA.- (Berra dende dentro) Xos, pampolloncio, vente que xa est lavadio.XOS.- (Brincando de ledo) neno! neno!(Entra detrs das cortinas. ense algns bicos. Tamn poden escoitarse choros de cro gravados).O meu neno! O meu nenio!MARA.- O noso neno! O noso nenio!XOS.- Xa cho dica eu. Mara, ten a ta mesma cara.

  • MARA.- Ata agora semllase a todos.MALETEIRA.- (Sae case tola de contenta e berra aos catro ventos) Vecios, vinde todos mia casa! Naceu aqu un neno! Vinde, vecios! Vndeo ver! Axudeille eu a nacer! Eu, a maleteira! Eu coas mias mans! Na mia casa! Vndeo ver! Vinde todos os bos e xenerosos! Non hai outro neno coma el! Vndeo ver!(Todos os que vaian chegando entra escena sen cumpridos. Os primeiros son das pequenas e un pequeno: Anxlica, nxeles e Rafael).OS TRES PEQUENOS.- Podemos ver o neno?MALETEIRA.- Podedes, pero antes ti, Rafael, meu anxio, que mis que correr voas, vai avisar polo barrio, que quero que o saiban todos. E dille que traian algunha cousia.(Marcha o pequeno, e a maleteira encamia as pequenas para a habitacin. Chega Simn. un home vello).SIMN.- Que foi?MALETEIRA.- Que tiven un neno.SIMN.- Que tiveches un neno?... Que tiveches un neno ti?MALETEIRA.- Si. Este neno tamn meu. Naceu na mia casa. Fun eu a primeira que o tivo nas mans. Canto teo desexa un fillo! Este fillo tamn meu!SIMN.- Pero quen son os pais?MALETEIRA.- A nai Mara, o pai supoo que ser Xos, uns pobres coma ns. Estn a dentro, pode ir velos.(Entra Simn. Chegan Marta e Rubn. Este pode vestir unha funda).MARTA.- Como foi?MALETEIRA.- Foi ben. Non haba sitio na pousada.RUBN.- En ningunha pousada?MALETEIRA.- Para eles, seguro que en ningunha pousada.MARTA.- Parece un milagre.MALETEIRA.- un milagre! Entrade a velo.(Entran, e sae Simn)SIMN.- Vou avisar que vean os mis da casa e que lle traian algo a estes pobres. Agora eu xa morro en paz, porque puiden ver a quen me releve. A mia pel escurece e a sa reloce. Os meus ollos apganse e os seus brillan coma luceiros. Naceu un home novo, pode morrer un home vello.MALETEIRA.- Nada de cavilar en morrer! Quen pode matinar na morte diante da vida?SIMN.- unha dbeda que todos temos que pagar, e a ningun lla perdoan. Adeus, e en boa hora tamn a ti. (Vaise).MALETEIRA.- Non deixe de volver mis tarde vostede tamn.(Chega Elena, cun envoltorio debaixo do mantelo).ELENA.- Volviches a beber outra vez, ou certo que naceu aqu un neno?MALETEIRA.- Volviches a beber? Volviches a beber? Pola ta mala lingua non pasan os anos! Que lles traes?ELENA.- Media botella de Sansn, que me sobrou de cando tiven a Uxo.MALETEIRA.- Co agarrada que es, iso en ti moito. Entra.(Entra Elena, e sae Marta)MARTA.- Se segue chegando xente, non se vai caber a dentro.MALETEIRA.- E que pode facerse?MARTA.- Poderiamos sacar a Mara para aqu no mesmo xergn de palla en que est.MALETEIRA.- Se cadra est mis a gusto nunha hamaca vella que teo. Non lle pasar mal?MARTA.- Non creo. Estn tan fresca coma se nada pasase, e iso que primeiriza.MALETEIRA.- Seguro que lle fixo ben andar.MARTA.- Imos logo por ela, antes que chegue mis xente.MALETEIRA.- Imos. Pequenas, vndevos para aqu e reparade que non se bufe esta pota que est ao lume!(Saen as das pequenas. Os grandes axudan a traer a Mara; mentres, falan as nenas entre elas. Xos trae un nenio? Envolto en paxelos, que logo coller Mara para o

  • regazo. preferible que sexa un boneco, porque entre outras razns, un neno verdadeiro podera romper a chorar en calquera momento).ANXLICA.- A min parceme moi pequenio.NXELA.- Cando nacemos, todos somos pequenios.ANXLICA.- Pesar dez quilos?NXELA.- Sers bruta! Mia irm cando naceu pesaba tres e medio, e todos dican que era moi grande.ANXLICA.- Ser cego?NXELA.- Por que ha ser cego?ANXLICA.- Como anda non abriu os ollos...NXELA.- Mia avoa di que seguen durmindo dez horas ou mis, e que nin ven nin oen ata pasados uns das.(As frases das nenas entremestranse coas lxicas de situar a Mara na escena. Convn que quede sentada e co neno no colo. Xos sntase ao seu lado. Os outros colcanse pola escena como mellor poidan).XOS.- Ests a gusto, Mara? Non che fara mal moverte?MARA.- Estou moi ben. Estou moi a gusto. Pouco importan as dores do parto comparadas coa ledicia de alumar para o mundo un home novo.(Chega Xoana. Trae unhas andadeiras).XOANA.- Xa via chegando, e o vello Simn fxome volver casa por algunha cousia para esta boa xente. E boa noite.MARA.- Boa noite. Non deberan molestarse tanto por ns.XOANA.- Non molestia. Triolles estas andadeiras, que para os meus non creo que volvan facer falla.MALETEIRA.- Muller, este ben criado, pero de aqu a que comece a andar, anda lle quedan catro bgoas que botar.XOS.- Deus o ampare e o cre para ben, que xa lle chegar o seu da.(Ana, que chega agora, unha vellia moi entapullada nun manto negro).ANA.- E pdese?(A Maleteira selle ao encontro agarimosa para lle axudar a camiar).MALETEIRA.- Entre, seora Ana. Como deu chegado aqu co reuma que ten?ANA.- Por ver a un neno acabadio de nacer andara o que fose, e mis ben sabe Deus que me doen todos os sios.MALETEIRA.- Pois aqu os ten. Os pais chmanse Xos e Mara.ANA.- En boa hora fillios. Nada vos traio, pero aceptardesme estes aforrios para lle mercar un bibern.(Recolle Xos os cartos que Ana lle entrega).MARA.- Ns nunca poderemos pagar todo isto.RUBN.- Quen falou aqu de pagar! Todo, pouco .XOS.- D moito mis o que d pouco do moito que lle fai falla ca o que d moito do moito que lle sobra.MARA.- Nin no mellor sanatorio do mundo podan ser mis agasallados pais e fillo.ANA.- Deixdesme velo?(Ana pousa un bico na fronte do posible neno. Mentres, falan entre si e en ton baixo Mara e Xoana).MALETEIRA.- Marta e Xoana, non estabades a mal entre vs?XOANA.- Estabamos desde hai dous anos. Por cousa de nada comezamos a torcernos a cara e negarnos o sado.MARTA.- Foi este encontro a oportunidade para que nos atopasemos. Dalgn xeito este neno o causante da nosa reconciliacin.(Chega un coxo con muletas).RUBN.- Tamn vostede aqu nas sas muletas?COXO.- Si, contaba con non volver a sar da casa ata que me levasedes para a furada, pero foi tal o rebumbio que se armou, que non sei como nin como non, boteime a andar

  • e cheguei. Puiden comprobar que anda me quedan mis folgos dos que pensaba. (Mira ao neno) Que guapio ! Deus o bendiga.(Volve o pequeno Rafael. Trae collido da man a un cego. Antes de intervir na conversa, escoitan o que vai dicir Ana).ANA.- un caravelio, mia xoia. Se non fose polo medo a que esperte chorando, cubrao de bicos... O seu cabelio roibo, a pel branquia, e a boca semella unha cereixa madura.CEGO.- Como ten os ollos?(Hai un silencio. Ningun responde).Dicdeme, por caridade, como son os ollos.MARA.- Son da cor do ceo.CEGO.- (Fala con lentitude). Os ollos da cor do ceo... Que fermosos deben ser os ollos da cor do ceo...! Que fermosos debe ser o ceo! ...Que belidos deben ser os ollos da cor do ceo!... A pel branquia, o cabelo dourado. Xa est! ...E coma se eu mesmo o estivese vendo. En realidade estouno vendo... Cos vosos ollos. Cos ollos que vosoutros me prestades falta dos meus. Moitas grazas! Deixdesme que o apalpe!(Rafael guao ata cerca de Mara. Ela gualle a man para tocar o neno)Vouvos dicir eu como , se mo permitides.(Canta a seguinte panxolia, da que doado facerse coa msica. Axudara moito que puidese acompaarse con algn instrumento, preferentemente cun violn que traia consigo).

    Ten cara meigosade neve e carmn.

    Ten beizos vermellos,cal rosa de abril.Mirada tan tenra,tan doce sorrir,

    que crava na almacrava sen ferir,crava sen ferir.

    TODOS.- Moi ben!MARA.- Que Deus lle conserve a Graza!(O borracho que vai entrar agora en escena ten que semellar un borracho profesional. Polo menos, suorento, mal afeitado, descoidado en toda a sa pobre vestimenta. Leva unha gabardina vella, e dun dos petos asoma unha botella. Un borracho en escena sempre fai rir de entrada. Non importa, no seu momento conseguir afogar esas risas).BORRACHO.- (Despois de ollar a todos os que estn en escena, dirxese a Xos). Es ti o pai? (Sen agardar resposta) Va que ningun che trouxo nada a ti. Nestes casos ningun se lembra do pai, coma se o pai non tivese tamn que bregar para quitar adiante os fillos... De ti acordeime eu... toma, bota un trago, que boa falta che ha facer. (Ofrcelle a botella. Xos acepta un grolo. O borracho bebe tamn e limpa o bico)... Eu tamn fun pai, sabes?... A xente rise... xente gstalle rir..., as non pensa. (Ao pblico) Ranse! Ranse! (Baixa por entre a xente). Ranse. Aproveiten a ocasin! Os borrachos somos para iso, para facer rir!... Tiven dous fillos... Morreron tsicos. Ningun tivo a culpa... Ranse!... A mia muller tamn morreu tuberculosa. Ningun tivo a culpa... Non teo traballo, quen lle ha dar traballo a un borracho? igual! Para quen hei traballar...! xente gstalle rirse. Non teo mis compaeira ca esta botella, e Deus ben sabe e non lle parece mal... Ou pareceralle mal?(Pregunta a tres ou catro espectadores) Pareceralle mal?... Pareceralle mal?... Ningun ten a culpa de nada. Ningun ten a culpa de que a mia muller morrese tuberculosa. Ningun ten a culpa de que morresen os meus fillos. Por que se rin?... (Berra) Ranse!... Se este neno morrese esta noite, ningun tia a culpa... s veces a xente non se ri... Tera algun a culpa, se morrese este neno? Teras ti a culpa? Teriamos ns a culpa? Teriades vs a culpa?... Seguro que a culpa deles. A culpa sempre dos outros.

  • (Retorna ao escenario e observa o pblico). Agora a xente xa non se ri. Eu non tiven a culpa de que non se ran... A culpa foi do esprito... do esprito do vio.(A maleteira lvao collido por un brazo para unha banda do escenario. Noutra banda est, desde hai un cacho, Romualdo. Entrou dun xeito misterioso. Caviloso, ensimesmado)MALETEIRA.- Cala, anda, cala.BORRACHO.- Si... vou calar. Se cadra falando ofendn. Disimulen.RUBN.- (A quen tea ao seu lado) Como vira Romualdo, se des que retornou de Alemaa anda tan tristeiro e ensumido en si, que mesmo semella que escapa da xente?MARTA.- Romualdo, e ti aqu?(Comeza a rir amodio. Vai subindo o ton ata rir a grandes gargalladas. O mesmo tempo d palmadas rtmicas. Todos se contaxian, e palmean unha pandeirada. El baila s, ata que Rubn o agarra forte e para en seco).RUBN.- Puxcheste tolo?ROMUALDO.- doado. San da casa para tirarme ao tren cando pasase, pero ao pasar diante desta, sentn unha curiosidade irresistible, e entrei, e estou aqu, e estou vivo, e xa non quero morrer! (Berrando como fra de si) Xa non quero morrer!!!ANA.- Se non fose por este neno, ti non estaras aqu.ROMUALDO.- (Voltea sobre si mesmo por todo o escenario cos brazos moi erguidos, como se fose unha buxaina xigante a cmara lenta). Non abof! Xa no quero morrer!ANA.- Salvouno este neno!ROMUALDO.- Non quero morrer!ANA.- Soamente Deus salva.ROMUALDO.- Non quero morrer! Non quero morrer!ANA.- (Caendo de xeonllos diante do neno) Este neno Deus que volveu a nacer entre ns!ROMUALDO.- Non quero morrer! Quero vivir! Quero cantar!(Romualdo neste derradeiro berro prolongado e na derradeira volta prase diante do personaxe que acaba de enttar. Este viste de hebreo cun pergameo na man. Nos ollos de todos est a mesma pregunta que fai en voz alta a Maleteira).MALETEIRA.- Quen vostede? Nunca o vin por aqu. Vostede non deste pas. Quen ?ISAIAS.- Eu son o vello Isaas... Hai moitos sculos que vos anunciei que isto haba acontecer un da. Daquela dxenvos: (Desenvolve o pergameo, e le) O Esprito do Seor est sobre min, pois el foi quen me unxiu para proclamar a Boa Nova aos pobres; envioume para lles anunciar a liberacin aos cativos e a vista aos cegos; para lles dar liberdade aos asoballados, e proclamar o ano de gracia do Seor. Hai mis de dous milleiros de anos que se cumpriu nunha cova de Beln. Volveu cumprirse hoxe nunha casoupa abandonada para que vs despechedes os vosos corazns. De vs depende.

    FIN