1
Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax, el non ha de virme a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás... Ferbe o pote... mais, meu caldo, soíña te hei de cear. Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas sinto negras soidás. O meu homiño perdeuse, ninguén sabe en onde vai... Anduriña que pasache con el as ondas do mar, anduriña, voa, voa, ven e dime en onde está. 1. Le o poema e explica o significado destas palabras: carrax(e), soidás, anduriña, arrulo 2. A protagonista do poema é unha campesiña nova. Describe o mundo da protagonista Indica cales son os seus compañeiros. Di que función cumpre no poema o canto da rula e o son do grilo 3. Divide o poema en dúas partes segundo se refira á realidade exterior da protagonista ou á interior. 4. Fai a análise métrica do poema, rima e o ritmo. 5. Explica os seguintes recursos empregados no poema: repeticións, paralelismos, antíteses. Por que cres que emprega estes? 6. Sitúa este poema no libro de Follas Novas.

Tecín soia a miña tea

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.252

  • Download
    2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Tecín soia a miña tea

Tecín soia a miña tea,

sembrei soia o meu nabal,

soia vou por leña ó monte,

soia a vexo arder no lar.

Nin na fonte nin no prado,

así morra coa carrax,

el non ha de virme a erguer,

el xa non me pousará.

¡Que tristeza! O vento soa,

canta o grilo ó seu compás...

Ferbe o pote... mais, meu caldo,

soíña te hei de cear.

Cala, rula, os teus arrulos

ganas de morrer me dan;

cala, grilo, que si cantas

sinto negras soidás.

O meu homiño perdeuse,

ninguén sabe en onde vai...

Anduriña que pasache

con el as ondas do mar,

anduriña, voa, voa,

ven e dime en onde está.

1. Le o poema e explica o significado destas palabras: carrax(e), soidás, anduriña, arrulo

2. A protagonista do poema é unha campesiña nova.• Describe o mundo da protagonista• Indica cales son os seus compañeiros.• Di que función cumpre no poema o canto da rula e o son do grilo

3. Divide o poema en dúas partes segundo se refira á realidade exterior da protagonista ou á interior.

4. Fai a análise métrica do poema, rima e o ritmo.

5. Explica os seguintes recursos empregados no poema: repeticións, paralelismos, antíteses. Por que cres que emprega estes?

6. Sitúa este poema no libro de Follas Novas.