12
TEMA 1: Diversidade xeolóxica e morfolóxica Vocabulario e imaxes IES.JOHAN CARBALLEIRA (Bueu)

Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

TEMA 1: Diversidade xeolóxica e morfolóxica

Vocabulario e imaxes

IES.JOHAN CARBALLEIRA (Bueu)

Page 2: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Vocabulario

Aluvión: Depósito de materiais detríticos, transportado e depositadode xeito transitorio ou permanentemente por unha corrente de auga.Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas ou limos,acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nosdeltas.

Page 3: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

• Foz: Corte profundo, case vertical, que pode chegar a formar un ríoao circular sobre materiais duros. Son formas propias do relevocárstico e do relevo sobre rochas metamórficas.

Vocabulario

Page 4: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Litosfera é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado endiversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansasobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada polacodia e unha parte do manto superior terrestre.

Vocabulario

Page 5: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Meseta: superficie plana de gran extensión, horizontal oulixeiramente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenaspresenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordospoden ser montañosos. En España é a unidade principal do relevopeninsular, resto do antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana,que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polomovemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e osrebordos montañosos.

Vocabulario

Page 6: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Penechaira: Superficie de erosión (xerada por un ciclo erosivo) cunhatopografía plana e de escasos desniveis que se atopa a certa altitudesobre o nivel do mar. Está formada por materiais antigos eerosionados.

Vocabulario

Page 7: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Somonte: Rexión ou territorio situado ao pé da montaña. Ex.: Terrasplanas , aínda que levemente inclinadas, formadas entre as serrasexteriores e o centro da depresión do Ebro, que están constituídaspor materiais grosos e duros dos relevos montañosos, transportadospolos ríos.

Vocabulario

Page 8: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

A tectónica de placas é unha teoría que explica a deriva continental eoutros fenómenos como a formación de montañas, volcáns eterremotos. Segundo a tectónica de placas, a superficie exterior daTerra, chamada cortiza, consiste en aproximadamente dez bloques ouplacas ríxidas que están en constante movemento. España está nolímite sur da placa eurasiática.

Vocabulario

Page 9: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Oroxenia: Proceso de formación dunha cordilleira, directamenterelacionado coa tectónica de placas (normalmente por colisións, perotamén por ascenso de material fundido). Tamén se denominaoroxenia a cada un dos grandes procesos que, no pasado, deron lugarnon só a algunhas das cordilleiras máis importantes do planeta, senónque configuran estruturas continentais que aínda hoxe perduran.Exemplos son a oroxenia herciniana, a alpina, etc.

Outros conceptos básicos

Page 10: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Transgresión mariña: Ascenso xeral do nivel mariño comoconsecuencia da fusión dos xeos glaciares en períodos máis cálidos eque se manifesta no avance do mar sobre as terras emerxidas.

O concepto oposto sería o de : regresión mariña.

Estrato Sedimentario: capa formada por acumulación de material deorixe detrítica (material procedente de partículas disgregadas doutrasrochas), química (disolución de substancias) ou orgánica (restos deseres vivos). O estrato presenta características uniformes ediferenciadas doutras capas.

Outros conceptos básicos

Page 11: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Erosión: Conxunto de procesos que actúan sobre a superficieterrestre, modificando e desgastando as formas creadas polaoroxenia e a tectónica, tendendo a igualar o relevo. Os procesospoden ser físicos (auga, xeo, vento), químicos e biolóxicos (seresvivos)

Outros conceptos básicos

Page 12: Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes

Sedimentación: Acumulación de material de orixe detrítica, químicaou orgánica nun medio mariño, continental ou lacustre. É a faseprincipal da xénese das rochas sedimentarias.

Outros conceptos básicos