4
Tema 4: O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. 1.- Antecedentes . Das orixes ó s.XX. Non se conserva ningún texto dramático da Idade Media, mais é evidente que en Galicia existiu - como no resto de Europa - un teatro de tipo litúrxico, e temos informacións indirectas de que estas representacións habían chegar ata o século XVI. Tamén debeu existir un teatro de tipo profano como nolo mostran os diferentes elementos dramáticos dos cancioneiros (danza, música, coro, solista e intérprete), e en especial nas cantigas de amigo, especialmente se estas pertencen a un mesmo autor (lembremos os ciclos de Pero Meogo ou Martín Códax). Durante os Séculos Escuros (XVI, XVII, XVIII), ademais das referencias a ese teatro litúrxico, debemos falar da existencia de formas parateatrais de tipo popular que aínda se manteñen vivas hoxe, como é o caso das celebracións do Entroido en diferentes vilas de Galicia. Cómpre non esquecer que é precisamente nesta época, especialmente nos séculos XVI e XVII cando se produce o esplendor do teatro nas literaturas europeas, esplendor do que non participa a literatura galega, que vive neles as súas horas máis baixas. Do século XVII data a primeira peza teatral conservada na nosa literatura, que é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), obra do licenciado Gabriel Feixoo de Araúxo. Da lª metade do século XIX apenas temos documentación; a primeira peza teatral desta época é unha pequena obra titulada A Casamenteira (1812), de Antonio Benito Fandiño. Un xénero característico destes momentos son os diálogos propagandísticos, que son escritos satíricos de carácter popular, aínda que no anonimato se agachen dous interlocutores instruídos e ilustrados. Neste tipo de escritos predomina a función didáctica, e así empregaban o galego e o carácter popular para provocar verosimilitude no que expuñan. Podemos citar, entre outros, un folleto titulado Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira. Da 2ª metade do século XIX temos coñecemento da primeira obra escenificada, que é A fonte do xuramento , de Francisco Mª de la Iglesia (1882); con ela iníciase o drama realista, social e costumista, de forte tradición no noso teatro. Por outra banda, temos o drama histórico, que reconstrúe episodios da historia de Galicia mesturados con elementos folclóricos ou lendarios; destaca Xoán Cuveiro Piñol coa obra titulada Pedro Madruga , ou Galo Salinas coa obra Torre de Peito Burdelo . Este teatro histórico vai ter menos continuidade no s. XX có drama costumista; aínda así temos algúns representantes en autores como Cotarelo Valledor e Ramón Cabanillas.

TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.042

  • Download
    4

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

Tema 4: O teatro do primeiro terzo

do XX: Irmandades, vangardas e

Grupo Nós. 1.- Antecedentes . Das orixes ó s.XX.

Non se conserva ningún texto dramático da Idade Media, mais é evidente que en Galicia existiu - como no resto de Europa - un teatro de tipo litúrxico, e temos informacións indirectas de que estas representacións habían chegar ata o século XVI. Tamén debeu existir un teatro de tipo profano como nolo mostran os diferentes elementos dramáticos dos cancioneiros (danza, música, coro, solista e intérprete), e en especial nas cantigas de amigo, especialmente se estas pertencen a un mesmo autor (lembremos os ciclos de Pero Meogo ou Martín Códax).

Durante os Séculos Escuros (XVI, XVII, XVIII), ademais das referencias a ese teatro litúrxico, debemos falar da existencia de formas parateatrais de tipo popular que aínda se manteñen vivas hoxe, como é o caso das celebracións do Entroido en diferentes vilas de Galicia. Cómpre non esquecer que é precisamente nesta época, especialmente nos séculos XVI e XVII cando se produce o esplendor do teatro nas literaturas europeas, esplendor do que non participa a literatura galega, que vive neles as súas horas máis baixas.

Do século XVII data a primeira peza teatral conservada na nosa literatura, que é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), obra do licenciado Gabriel Feixoo de Araúxo.

Da lª metade do século XIX apenas temos documentación; a primeira peza teatral desta época é unha pequena obra titulada A Casamenteira (1812), de Antonio Benito Fandiño. Un xénero característico destes momentos son os diálogos propagandísticos, que son escritos satíricos de carácter popular, aínda que no anonimato se agachen dous interlocutores instruídos e ilustrados. Neste tipo de escritos predomina a función didáctica, e así empregaban o galego e o carácter popular para provocar verosimilitude no que expuñan. Podemos citar, entre outros, un folleto titulado Proezas

de Galicia de Xosé Fernández Neira. Da 2ª metade do século XIX temos coñecemento da primeira obra escenificada,

que é A fonte do xuramento, de Francisco Mª de la Iglesia (1882); con ela iníciase o drama realista, social e costumista, de forte tradición no noso teatro. Por outra banda, temos o drama histórico, que reconstrúe episodios da historia de Galicia mesturados con elementos folclóricos ou lendarios; destaca Xoán Cuveiro Piñol coa obra titulada Pedro Madruga, ou Galo Salinas coa obra Torre de Peito Burdelo. Este teatro histórico vai ter menos continuidade no s. XX có drama costumista; aínda así temos algúns representantes en autores como Cotarelo Valledor e Ramón Cabanillas.

Page 2: TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

2.- O teatro no primeiro terzo do século XX.

No que se refire ás tendencias teatrais desta etapa, cómpre sinalar fundamentalmente tres:

A) O teatro costumista-ruralista, dominante no conxunto da produción. B) O teatro de tese e propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala

que viron no teatro unha arma eficaz para a educación de masas, espallar as súas ideas nacionalistas e posibilitar a normalización lingüística. É un teatro de ambiente e tema máis urbano cá anterior tendencia.

C) O teatro renovador (Dieste e Nós), que concilia o popular e galego coas técnicas da vangarda artística.

A) O Rexionalismo.

Dentro das estratexias normalizadoras do movemento rexionalista (tal era o nome que se daba a si mesmo o galeguismo de finais do XIX e principios do XX), inaugúrase en 1903 na Coruña a Escola Rexional de Declamación coa presentación da obra "¡Fílla ... !" de Galo Salinas, quen presidía a Escola. O obxectivo da Escola... era consolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego, o que por forza estimularía a súa redacción. O autor máis destacado neste primeiro intento foi Manuel Lugrís Freire con obras como A ponte (1903), primeiro drama galego en prosa .

B) Irmandades da Fala.

A transición entre o teatro rexionalista e o das Irmandades da Fala, estaría representada polo teatro de Leandro Carré Alvarellos, con obras como Pra vivir ben

casados, ou Rexurdimento. O proxecto político e cultural das Irmandades (baseado na significación e

oficialización da nosa lingua e en concienciar ao pobo na defensa da súa cultura) non vai ser alleo ao teatro. A importancia que lle concederon a este xénero púxose de manifesto coa publicación de pezas, estudios e informacións variadas, que apareceron en A Nosa Terra. O seu interese quedou ben reflectido coa creación do Conservatorio

Nacional de Arte Galega (1919), onde se representa como primeira obra A man de

Santiña, de Cabanillas. Anos máis tarde, o Conservatorio transformouse en Escola

Dramática Galega (1922-26), e resultou ser a época máis intensa do desenvolvemento do noso teatro. Os homes das Irmandades non só exerceron o seu labor como escritores, senón tamén como críticos teatrais e tradutores de obras estranxeiras.

Entre as obras máis importantes das Irmandades debemos salientar O Mariscal (1926), escrita por R. Cabanillas e A. Villar Ponte, xa que mostraba importantes innovacións técnicas. O Mariscal, glosa a figura do Mariscal Pardo de Cela, o derradeiro nobre galego que se enfrontou ao proxecto político centralizador dos Reis Católicos.

Un autor teatral que é obrigatorio mencionar, pola asiduidade coa que publicou e representou, e tamén pola calidade da súa produción, é Armando Cotarelo Valledor

(1879-1950). Autor realista, preocúpase pola psicoloxía dos personaxes e polo

Page 3: TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

ambiente, que determina as súas accións. Entre as súas obras destacan: Trebón, drama rural en prosa con situacións efectistas, Hostia, traxedia histórica que conta o suplicio de Prisciliano, e Mourenza, drama mariñeiro.

C) O teatro do Grupo Nós.

Aínda que o teatro non foi o xénero máis cultivado polo Grupo Nós, si foi un dos temas que maior interese espertou neles. Risco, Otero e Castelao traballaron con novas ideas, proxectos e textos, mais a propia sociedade serviu de freo e non propiciou un auténtico desenvolvemento teatral; por iso o teatro destes homes quedou reducido ao plano literario, agás a obra de Castelao , que foi escenificada en vida do autor e supervisada por el mesmo. Eles concibían o teatro como un espectáculo global, introducindo novas técnicas relacionadas con diferentes artes que supoñen a entrada en escena de elementos plásticos (a cor, a luz, o baile, simbolismos ...).

Os homes do Grupo Nós van compartir criterios coas correntes da Vangarda europea como o Modernismo, o simbolismo (a corrente máis seguida polo grupo) e o expresionismo, que marcaron entre fins do século XIX e comezos do XX unha ruptura nos contidos e nas formas das artes plásticas e literarias. Nas letras galegas as maiores pegadas afectan ó aspecto formal e están presentes na obra de Castelao, Otero e Risco, os principais importadores e incorporadores das formas europeas á literatura galega. O Grupo Nós realizou a tarefa de europeizar e modernizar o teatro galego, adaptándoo formalmente aos parámetros que tiñan plena actualidade no momento, e tematicamente mantendo os contidos da propia tradición e das nosas raíces. Autores e obras: � RISCO.- A única peza teatral publicada é O bufón de El-Rei (1928), drama

simbolista que se desenvolve na época medieval, toca a “materia de Bretaña”e é unha reflexión sobre a maldade e sobre o inevitable do destino.

� OTERO PEDRAYO.- Deixou mostras escritas dun amplo proxecto dramático, pezas breves que permaneceron inéditas ata 1975, cando foron publicadas baixo o título de Teatro de máscaras. Mais a única peza que posúe unha elaboración teatral é A Lagarada (1928), na que a vendima e o viño fan agromar a luxuria e a cobiza dos personaxes, que son populares e deseñados cun forte realismo. Nas escenas tamén aparecen intercaladas mostras de fantasía, maxia ou ambientación poética. Outras pezas do autor son O desengano do prioro e Noite compostelana.

� CASTELAO.-.Trazou, xunto con Otero, numerosos proxectos teatrais, coincidindo

ámbolos dous autores na súa concepción estética e formal do teatro, que é unha síntese dos elementos presentes na realidade (luz, cor, música, baile, palabras) pero é realmente Castelao quen maior atención presta á elaboración artística, fronte a Otero que presenta pezas inacabadas. A única peza que nos deixou, Os vellos non

deben de namorarse, é, tamén, a peza máis famosa do teatro galego. Estreada en Bos

Aires no ano 1941, trátase dunha farsa dividida en tres lances ou actos, de estrutura

Page 4: TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

paralela e complementados cun prólogo e un epílogo. En cada lance hai un vello namorado dunha moza, en tanto que un mozo desempeña o papel de rival do vello nas súas pretensións amorosas. Aparece tamén a morte como personaxe que, baixo aparencia diferente en cada acto, avisa os vellos das consecuencias fatais do seu namoramento, como indica o refraneiro popular galego. O epílogo, no que aparecen no cemiterio os tres vellos esqueletos comentando a súa imprudencia, pon de manifesto as aparencias e falsidades existentes no mundo. A concepción teatral do rianxeiro consistía no espectáculo global, unha mestura artística de acción dramática, luces, música, baile, escenarios etc.

� RAFAEL DIESTE.- A fiestra baldeira (1927). Nesta obra, chea de elementos vangardistas, Dieste expón o conflito dun indiano que volve rico da emigración e que se ten que enfrontar ao problema de que a súa muller e a súa filla se avergoñen da orixe social del. O conflito xorde cando o indiano encarga un cadro no que debe escoller entre un fondo de ambientación mariñeira –as súas orixes- ou un fondo de xardín fidalgo – a súa nova condición-.