Upload
others
View
65
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
87
O SUBSTANTIVO
1. Definición e funcións
O substantivo é unha clase de palabra que designa seres animados ou inanimados,
accións, estados, sentimentos e calidades.
Desde unha perspectiva morfolóxica, o substantivo consta dun lexema ou raíz,
que achega o contido lexical, e pode recibir dous morfemas constitutivos flexivos, o de
xénero e o de número. Alén disto, pode conter tamén morfemas derivativos.
A nivel sintáctico, o substantivo desempeña a función de núcleo da frase
substantiva e pode ir acompañado de modificador. Se leva un determinante, formará
unha frase nominal.
Merquei toallas de praia (fr. substantiva).
Puxen a lavar os xerseis de la e encolleron (fr. nominal).
Se outra clase de palabra pasa a funcionar como substantivo, estaremos perante un
proceso de substantivación, que pode ser de dous tipos:
a) Substantivación morfolóxica, cando un adxectivo ou un verbo recibe un sufixo
derivativo que crea substantivos: amable > amabilidade, armar > armamento.
b) Substantivación sintáctica, se unha palabra doutra clase (adxectivo, adverbio,
verbo en infinitivo, artigo) exerce a función de núcleo dunha frase nominal e polo
tanto vai acompañado dun determinante: o (barco) veleiro, o si, o falar, o
(bañador) de cadros.
2. Clasificación do substantivo
a) Substantivo propio e substantivo común
O substantivo propio alude a un referente único (persoa, animal, país, cidade…)
e diferenciado dos outros da mesma especie.
Entre os substantivos propios podemos destacar:
Antropónimos (nomes de persoa, apelidos, alcumes) e nomes de
animais: Antonio, Freixeiro, o Moreno, Milú.
Topónimos (nomes de lugar): Estremadura, Dinamarca, Tui.
Hidrónimos (nomes de océanos, mares, ríos, etc.): mar Caspio, océano
Pacífico, río Nilo.
Orónimos (nomes de accidentes xeográficos): cabo Ortegal, praia das
Catedrais, serra do Xistral.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
88
Nomes de entidades, empresas ou institucións: Biblioteca-Arquivo
Teatral Francisco Pillado, Consello da Cultura Galega, Pescanova.
Os substantivos propios poden tornarse comúns mediante procesos de metáfora e
metonimia: Sempre foi un xudas (“traidor”). / Abriron o ribeiro na mesa (“un viño da
denominación de orixe Ribeiro”).
O substantivo común fai referencia a todos os seres da mesma clase ou especie
que partillan unha serie de trazos comúns e que, polo tanto, teñen un referente variable.
Así, en pexego reúnense todos os valores semánticos que caracterizan o “froito
comestible do pexegueiro”, sexa grande, pequeno, amarelo, verde, acedo, etc.: O
pexego é unha das froitas máis saborosas.
b) Substantivo concreto e substantivo abstracto
O substantivo concreto designa unha entidade material (persoa, animal ou cousa)
percibida por medio dos sentidos: Sandra perdeu a chave do coche / As luvas de Uxia
son vermellas.
O substantivo abstracto, polo contrario, correspóndese cunha realidade inmaterial
(noción, acción, calidade, estado) que só se pode comprender a través do pensamento:
A amizade multiplica as alegrías e divide as angustias / Sentín unha profunda emoción
na xuntanza de ex-alumnos.
c) Substantivo contable e substantivo non contable
O substantivo contable denota entidades que se poden cuantificar. Adoita ir
acompañado de determinantes numerais, indefinidos cuantificadores ou expresións
partitivas como acio, anaco, cullerada, folla, gramo, porción, quilo, restra, rodela, etc.:
Quería dez laranxas / Quería un quilo de laranxas.
O substantivo non contable aplícase a realidades que non poden ser enumeradas,
mais si medidas e divididas. En consecuencia, non pode vir acompañado de
determinantes numerais, só de indefinidos cuantificadores (bastante, canto, demasiado,
máis, menos, moito, pouco, tanto) ou expresións partitivas, que lle esixen número
singular: Aquel muíño leva producido bastante fariña / Canta terra precisas para
transplantar o acivro?
d) Substantivo individual e substantivo colectivo
O substantivo individual nomea en singular unha única realidade: Teño avariado
o computador.
O substantivo colectivo alude no singular a un conxunto plural de entidades da
mesma especie: Sempre hai unha ovella negra no rabaño.
Recóllense na seguinte tabela os substantivos colectivos máis frecuentes:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
89
Colectivo “Conxunto de” Colectivo “Conxunto de”
arquipélago illas lexión soldados
alameda álamos louza pratos, vasos
asamblea persoas reunidas manda animais (cans de caza ou peixes)
banco peixes maraña fíos, pelos…
banda músicos, criminais mollo chaves, herba
bandada aves niñada animais que nacen no mesmo niño
cancioneiro poesías líricas multitude persoas
canzada cans orquestra músicos
carballeira carballos panal, entena celas de cera
cardume peixes piara porcos e porcas
caravana viaxantes, peregrinos, vehículos
pomar maceiras
constelación estrelas profesorado profesores e profesoras
coral cantantes público destinatarios
cordilleira serras rabaño ovellas
coro cantantes recua animais de carga, persoas (figurado)
enxame abellas romanceiro poesías narrativas
equipa xogadores, membros dun grupo
souto castiñeiros
exército soldados tropa soldados, persoas
familia parentes xente persoas
feixe leña, herbas, etc. xurado persoas que xulgan
frota navíos, barcos veciñanza vecinos e veciñas
leva presos, recrutas viña vides
3. Xénero do substantivo.
a) O xénero agrupa os substantivos en masculinos e femininos. Porén, non sempre
se trata dunha diferenciación de sexo senón que pode establecer outras
distincións.
Ás veces a diferenza de xénero establece unha distinción de forma: barco
/barca, cesto/cesta.
Ás veces a diferenza de xénero establece unha distinción de tamaño: agro /agra,
carballo /carballa, machado /machada, cancelo /cancela.
Ás veces a diferenza de xénero establece unha distinción de cantidade
(individual /colectivo): agro / agra, froito / froita, madeiro /madeira, ovo/ova, gran
/ gra.
Hai substantivos que presentan significados diferentes segundo vaian
acompañados por determinantes masculinos ou femininos: o editorial (artigo
xornalístico) / a editorial (empresa de libros), o cólera (doenza) / a cólera
(irritación), o cal (óxido de calcio) / a cal (canle), o capital (riqueza) / a capital
(cidade ou vila), o fin (obxectivo) / a fin (final), o rosa (cor) / a rosa (flor), o corte
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
90
(acción de cortar) / a corte ( dependencia da casa ou residencia real). Son os
chamados substantivos homónimos.
b) Cando non hai oposición de xénero, a adscrición ao masculino ou ao feminino
prodúcese do seguinte xeito en galego:
Son masculinos:
- Os nomes das letras, números, ríos, cabos, montes, mares e océanos (o be, o
tres, o Miño, o Atlántico).
- Os substantivos rematados en -me: o legume, o friame, o raizame, o costume, o
teitume, o cume, o crime, o lume, o arame, etc.
Excepcións: a fame, a derme, a servidume, a síndrome, a mansedume.
- O berce, o couce, o cárcere, o leite, o cuspe, o ubre, o dote, o pantasma, o sal,
o sinal, o fel, o mel, o til, o mar, o labor, o samba, o nariz, o xiz, o masacre, o
prebe, o sangue, o ubre, etc.
Son femininos:
- Polo xeral, os nomes de froitas e de árbores froiteiras: a laranxa / a laranxeira, a
pera / a pereira, a mazá / maceira, a ameixa / a ameixeira, etc.
Hai algunhas excepcións: a castaña / o castiñeiro, o figo / a figueira, o limón / o
limoeiro, o pexego /o pexegueiro, etc.
- Os substantivos rematados en -axe, agás traxe, paxe e garaxe: a paisaxe, a
mensaxe, a carruaxe, etc. O substantivo personaxe pode ser masculino ou
feminino segundo o xénero natural do referente: o personaxe / a personaxe.
- Os substantivos rematados en -uxe: a viruxe, a feluxe, etc.
- Os substantivos rematados en -se: a hipnose, a énfase, a paréntese, a eclipse,
a análise, etc.
Excepcións: o interese, o envase, o pase, o valse, o éxtase.
- Os substantivos rematados en -ite (case todos designan doenzas): a hepatite, a
meninxite, a gastrointerite, etc.
Excepcións: o convite, o satélite, o desquite.
- Os substantivos rematados en -ade: a lealdade, a liberdade, a fraternidade, a
bondade, a señardade, etc.
- A ábsida, a pantasma, a auga, a alma, a plasma, a reuma, a grei, a síncope, a
apócope, a sé, a síndrome, a dor, a cor, a calor, a suor, a canle, a marxe, a
árbore, a arte, a augardente, a ave, a avestruz, a acne, a canle, a cute, a fraude,
a orixe, a pube, a sebe, a bile, a epígrafe, etc.
c) Os substantivos que non teñen un xénero determinado están suxeitos a unhas
regras de formación do feminino, sempre partindo da forma masculina. Estas
son as seguintes:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
91
Masculino Feminino Exemplo
-o / -e átonos muda para -a / -á amigo/amiga, burelao/burelá, mestre/mestra
vogal tónica –ó acrecenta –a avó/avoa
consoante distinta de -n (-r, -s, -l, -z)
acrecenta –a
deus/deusa, labrador/labradora, Dr./Dra., español/española, xuíz/xuíza
-án
-ón
-ún
-ín
muda para –á muda para -ana (despectivo) muda para -oa muda para -ona (despectivo) muda para -ua muda para -una (excepción) muda para –ina (excepción:ruín, que é invariable)
ferrolán/ferrolá, irmán/irmá lacazán/lacazana campión/campioa, ladrón/ladroa cabezón/cabezona, lambón/lambona vacún/vacúa, cabrún/cabrúa euscaldún/euscalduna bailarín/bailarina, benxamín/benxamina
d) Noutros casos a flexión de xénero lévase a cabo mediante a utilización dun sufixo
ou dunha base diferente. Son os denominados substantivos heterónimos.
Exemplos con sufixos: abade / abadesa, actor / actriz, barón / baronesa, can /
cadela, conde / condesa, cónsul / consulesa, emperador / emperatriz, galo / galiña,
heroe / heroína, poeta / poetisa, príncipe / princesa, profeta / profetisa, sacerdote
/ sacerdotisa, tsar / tsarina, vampiro / vampiresa, xograr / xograresa, xudeu / xudía,
etc.
Exemplos con base diferente: home / muller, xenro / nora, xinete / amazona,
cabalo / egua, boi-touro / vaca, cabaleiro / dama, home-marido /muller, macho /
femia, castrón / cabra, padriño / madriña, carneiro / ovella, pai / nai, padrasto /
madrasta, patriarca / matriarca, etc.
e) Algúns substantivos fan a flexión de xénero por medio de determinantes, xa que
presentan sincretismo formal (a mesma forma) para o masculino e para o
feminino: o / a cantante (todos os substantivos en -nte), o / a herexe, o / a soldado,
o / a refén, o / a cómplice, o / a mártir, o / a suicida, o / a guía, o / a xornalista, o /
a artista (todos os substantivos en -ista), etc.
f) En moitos substantivos que fan referencia a animais a flexión de xénero fórmase
engadindo as palabras macho ou femia, pois por si sós designan o masculino ou
feminino de forma indistinta. Son os denominados substantivos epicenos:
leopardo macho / leopardo femia, rinoceronte macho / rinoceronte femia, etc.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
92
4. Número do substantivo
a) A meirande parte dos substantivos poden aparecer en singular ou en plural. Non
obstante, algúns só teñen forma singular e outros só forma plural.
Singular: balor, caridade, cobre, fariña, esperanza, fe, ignorancia, leite, norte,
leste, orgullo, ouro, prata, saúde, sede, sur, trigo, etc.
Plural: arredores, cóxegas, condolencias, entrañas, exequias, lentes, macarróns,
olleiras, ouriños, maniotas, parabéns, tebras, témporas, tenaces, víveres, etc.
b) Ás veces a flexión de número implica un cambio de significado entre a forma
singular e a plural: aire (vento) / aires (arrogancia), miolo (parte interior dunha
cousa) / miolos (masa encefálica), valor (coraxe) / valores (referencia na conduta
das persoas), letra (signo gráfico) / letras (disciplinas humanísticas), rei (monarca)
/ reis (Reis Magos), cera (substancia producida polas abellas) / ceras (pinturas),
fume (gas procedente da combustión) / fumes (vaidade), etc.
c) A flexión de número do substantivo está suxeita ás seguintes regras de
formación:
Masculino Feminino Exemplos
-vogal, -n ou –ditongo engaden –s rubí/rubís, elisión/elisións, rei/reis
-r, -z engaden –es radar/radares, paz/paces
agudas - s graves esdrúxulas
engaden -es excepto -grupo consonántico
invariables
invariables
siamés/siameses, pero o luns/os luns o martes/os martes, o lapis/os lapis o mércores/os mércores
-x [ks] invariables o fax/os fax, o télex/os télex
monosílabos e os seus compostos - l polisílabos non agudos polisílabos agudos
engaden -es
engaden -es
perden o -l e engaden –is
sol/soles, parasol/parasoles túnel/túneles, cónsul/cónsules fiel/fieis, cruel/crueis, esmeril/esmerís, enxoval/enxovais
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
93
Outras consoantes (cultismos e estranxeirismos)
engaden –s
club/clubs, sándwich/sándwichs, anorak/anoraks
d) Os substantivos compostos fan a flexión de número da seguinte maneira:
Os dous elementos separados
plural nos dous
garda civil/gardas civís, chave inglesa/chaves inglesas
Os dous elementos soldados ou separados por guión
plural no segundo elemento
vagalume/vagalumes, galego-falante/galego-falantes
Os dous elementos unidos por unha preposición
plural no primeiro elemento arco da vella/ arcos da vella, pita do monte/pitas do monte
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
94
Exercicios tema 5 (substantivo)
1. A interferencia co castelán leva ás veces a confusións no xénero dos
substantivos.
Consulta, en caso de dúbida, o dicionario e ponlles o artigo correspondente aos
seguintes substantivos para indicar o seu xénero (hai doce masculinos e outros
tantos femininos): aramado, bile, contrasinal, cute, diadema, fraude, legume,
lentes, libido, masacre, omoplata, paradoxo, pelame, pube, reuma, salitre,
sangue, síncope, síndrome, síntoma, trabe, velame, vertixe, xiz.
2. Indica o nome da árbore que produce os seguintes froitos: mazá, pera, limón,
cereixa, améndoa, laranxa, pexego, bévera, oliva, ameixa, abelá, amorodo, figo,
néspera, castaña, plátano, marmelo, uva, amora, noz.
3. Indica os xentilicios (forma masculina e feminina) de: África, Alemaña, América,
Arousa, Arzúa, Australia, Bolivia, Burela, Castro Caldelas, Compostela, Italia,
Láncara, O Ribeiro, Pontecaldelas, Ribeira, Vilagarcía.
4. Substitúe a secuencia que aparece en cursiva por un adxectivo ou substantivo,
como no exemplo: Teño varias amigas de Muros > Teño varias amigas muradás.
- Barcelona é a capital de Cataluña.
- A rapaza medrou moito e está feita unha muller robusta.
- Gústame a noite de Compostela.
- Cada vez son máis valorados os produtos elaborados artesanalmente.
- Eles tamén se emocionan cos solpores da Arousa.
- Come pouco pero é moi amiga das lambonadas.
- Teu irmán está feito un rapaz moi alto para a súa idade.
- É ela a que recibe os invitados.
- Moitos poemas de Uxío Novoneyra e María Mariño Carou cantan as terras
do Courel.
- Os produtos da horta son saborosos e sans.
5. O feminino de catalán é catalá. Indica o feminino de ferrolán, alemán, musulmán,
curmán, aldeán, testán, san, capitán, lacazán, cirurxián.
6. Indica os femininos de cristián, irmán, ningún, touro e lacazán.
7. Forma o plural das seguintes palabras compostas e indica a categoría gramatical
dos seus constituíntes: maleducado, tentemozo, vacaloura, tiraliñas, bulebule,
escola taller, quitamanchas, aqueloutra, peixe espada, herba de namorar,
lucecú, benvida, vaivén, xirasol, branquiazul, portavoz.
8. Sinala os estranxeirismos no seguinte texto e indica a súa forma en plural.
No álbum podiamos ver o cámping no que estiveramos desde que ingresamos
no club de tréking. Almorzabamos un croissant que o chef facía con moito agarimo.
Ao xantar tomabamos unha pizza deliciosa e crepe con chocolate. El dicíanos que
cociñar non era só o seu traballo, era un hobby.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
95
Pasámolo moi ben o día que nos fixeron o cásting para rodarmos un sketch no
ring de boxeo. O flash da cámara púxonos un pouco nerviosos, pero así que o míster
tocou o cláxon e pasou o primeiro round todo foi máis doado.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
96
O ADXECTIVO
1. Definición e funcións
O adxectivo é a clase de palabra que expresa unha cualidade atribuída a un ser, a
un obxecto ou a un concepto designado polo substantivo.
Desde o punto de vista morfolóxico o adxectivo consta dun lexema ou raíz e pode
recibir dous morfemas flexivos, de xénero e de número, condicionados pola
concordancia co substantivo, e tamén morfemas derivativos.
Do punto de vista sintáctico, o adxectivo eríxese como núcleo da frase adxectiva,
exercendo a función de modificador do substantivo (rapaz alto) no interior dunha frase
substantiva. O adxectivo, pola súa parte, pode estar modificado por un adverbio (rapaz
ben alto) e mesmo pode substantivarse (o bo) ou adverbializarse (onte corrín rápido).
2. Clasificación do adxectivo
Atendendo á posición e á realidade expresada, o adxectivo pode ser especificativo
ou explicativo.
Especificativo: acostuma aparecer posposto ao substantivo. Indica unha
calidade que pode ter ou non o substantivo, polo cal restrinxe a extensión do
significado deste (muller alta / feliz / guapa, etc.).
Explicativo (epítetos): poden aparecer antepostos ou pospostos ao
substantivo. Expresan unha calidade propia do substantivo, polo que non lle
engaden ningún trazo particularizador (sangue vermello, neve branca, clara luz,
etc.).
3. Xénero e número do adxectivo.
Respecto á flexión de xénero e de número, o adxectivo segue as mesmas regras de
formación que o substantivo.
De todos os xeitos, hai adxectivos que non teñen flexión de xénero: os rematados
en -e (intelixente, libre, etc.), os rematados en -az, -iz, -oz (audaz, feliz, veloz, etc.), os
rematados en -al, -el, -il (foral, cruel, áxil, etc.), os rematados en -ar, -or (semicircular,
maior, etc.).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
97
4. Graos do adxectivo.
As calidades expresadas polos adxectivos poden ser graduables, de maneira que
se establecen tres tipos de grao (positivo, comparativo e superlativo), en cuxa
formación interveñen procesos morfolóxicos e sintácticos.
a) Grao positivo: indica unha calidade sen comparación nin intensificación: O
aeroporto coruñés é moderno / O mercado tecnolóxico é unha boa opción.
b) Grao comparativo: permite confrontar, en termos de igualdade, inferioridade ou
superioridade, distintos elementos pertencentes a un mesmo conxunto ou a
diferentes. Para existir unha comparación, deben existir como mínimo dous
elementos: un adxectivo e un segundo elemento (un substantivo, un adxectivo,
un adverbio ou unha cláusula). Porén, cómpre ter presente que nalgúns casos
un dos dous termos da comparación pode estar elidido.
O esquema máis básico dun enunciado comparativo é:
1º termo + adv. cantidade + adxectivo + conx. comparativa + 2º termo
O libro que me emprestou é + máis + interesante + ca + o da biblioteca
1º termo adv. adx. conx. 2º termo
O grao comparativo de igualdade, inferioridade e superioridade fórmase por medio
dos seguintes procedementos analíticos:
Comparativo de igualdade (tan /tanto…coma / como)
Formas Usos Exemplos
COMA
Cando o segundo termo da comparación é un pronome persoal tónico
Fala coma ela.
COMO Cando o segundo termo da comparación é un verbo conxugado
É tan bo como parecía.
COMA/COMO
Indiferente para o resto dos casos
O can é tan dócil como/coma o cabalo. (fr. nominal) Fala como/coma se tivese algo na boca. (cláusula subordinada)
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
98
Comparativos de superioridade e inferioridade (máis/menos…ca/que/do que)
Formas Usos Exemplos CA Cando o segundo termo da comparación é un
pronome persoal tónico Luís é menos alto ca ti.
QUE
Cando o segundo termo da comparación é - un adxectivo - unha forma verbal non conxugada
É menos ancho que alto Ler é máis entretido que lacazanear.
CA/QUE Indiferente para o resto dos casos Resultou máis simpático que/ca Valentín
DO QUE Cando o segundo termo da comparación é un verbo conxugado
Come menos do que bebe.
c) Grao superlativo: expresa a calidade no seu grao máis alto.
Podemos distinguir entre superlativo absoluto, que atribúe unha característica nun
grao moi elevado sen a comparar con outra explicitamente (Ignacio é listísimo), e
superlativo relativo, que presenta unha calidade no máis alto grao respecto dun
conxunto (Ana é a máis baixa da aula; Xan é o menos estudoso da clase).
O superlativo relativo fórmase da seguinte maneira:
artigo + máis / menos + adxectivo en grao positivo + de + 2º termo
Carme é a + máis + medrosa + de + a familia.
Carme é a máis medrosa da familia.
Pola contra, o superlativo absoluto fórmase como se indica a seguir:
Adxectivo precedido do adverbio moi: Xurxo está moi contento.
Adxectivo modificado polo sufixo -ísimo/a: Xurxo está contentísimo.
Adxectivo modificado polo sufixo -érrimo/a: Xurxo vivía nunhas condicións
misérrimas.
Anteposición de adverbios rematados en -mente: Xurxo está
extraordinariamente contento.
Anteposición dos prefixos super-, extra-, hiper-…: Xurxo está supercontento.
Adición de sufixos como -ón, -iño, -echo, etc.: Xurxo está contentiño.
Adxectivo + abondo: Xurxo está contento abondo.
Repetición do adxectivo: Xurxo está contento, contento.
Anteposición do adverbio ben: Xurxo está ben contento.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
99
Formacións cultas con -ísimo que poden crear confusións: antigo - antiquísimo,
nobre - nobilísimo, cru - crudísimo, cruel - crudelísimo, fiel - fidelísimo, frío - frixidísimo,
sabio - sapientísimo, sagrado - sacratísimo, soberbio - superbísimo, xeneral -
xeneralísimo.
Formacións cultas con -érrimo que poden crear confusións: acre - acérrimo, áspero
- aspérrimo, célebre - celebérrimo, íntegro - integuérrimo, libre - libérrimo, mísero -
misérrimo, negro - neguérrimo, pobre - paupérrimo, pulcro - pulquérrimo, salubre -
salubérrimo.
Existen algunhas formas sintéticas para os comparativos e os superlativos:
POSITIVO COMPARATIVO SUPERLATIVO
grande maior máximo
pequeno menor mínimo
bo mellor óptimo
malo peor pésimo
alto superior supremo
baixo inferior ínfimo
As formas sintéticas comparativas e superlativas indican por si mesmas o grao
da calidade que expresan. Por causa disto, nun enunciado comparativo onde apareza
unha delas, non se admite o uso do adverbio de cantidade (*A súa pena non é máis
maior ca a miña / A súa pena non é maior ca a miña.). Así mesmo, nun enunciado onde
apareza unha forma superlativa, tampouco se poderán aplicar os procedementos
mencionados anteriormente para a súa formación (*Os resultados do exame foron
optimísimos. / Os resultados do exame foron óptimos.).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
100
Exercicios tema 5 (adxectivo)
1. Recolle os adxectivos -excluídos os participios- que aparecen no texto.
Centro comercial Camelias: Zara E por último aquí está.
O modelo da industria De mulleres En cadea.
Un modo de produción Sumamente rendible
Para a economía do país. Mágoa que se axuste tan pouco
Ó produto autóctono De carnes tradicionalmente alimentadas
Con botelos, touciños e lacóns. A revolución industrial. As mulleres de talle 36
Embutidas no que antes Utilizariamos
Para facer uns bos chourizos. Todas iguais.
Unha por unha. Unha produción ilimitada Nun mercado mutilador.
Se cadra agora haberá que xustificar Que se segue sendo humana
Mesmo se non se cabe Na roupa de Zara.
María Reimóndez: Moda galega.
2. Sinala polo menos dez adxectivos cualificativos distintos do texto. Explica o significado de neuróticas (liña 5) e vizoso (liña 8).
O pan e o viño dividen en mil anacos o carácter xeográfico e humano do chan
galego, non separados, senón penetrándose e dividíndose en complicadas figuras. Para
nós o pan é o centeo, e o viño, o da cepa vella, de cepa torta, coma osatura dun
patriarca. En Ourense inda miramos as “americanas” como un fato de damiselas
neuróticas, víctimas do surmenage e necesitadas de todas as drogas para botar o viño.
O centeo, cereal de inverno, pasa por tantas calamidades como o paisano que o
procura. Aguanta xiadas, neves, chuvias, nace entre il, se chove moito, un lameiro de
xaramagos, serradelas e gramas; cando está vizoso e alto, tremando co vento en ondas
conmovidas, o paisano, sempre pesimista, di: “pasa moitas noites fora”. Recólleo con
cariño especial, porque é o recurso da facenda doméstica, xa polo gran que se garda
na arca tradicional coma pola palla que serve para tapar a chouza, anoar o fachico e
facer o leito para a paridura da porca. O paisano tenlle máis lei ao centeo que ao millo.
Antes vivía de pan, castañas e viño. As castañas e o pan caracterizan os altos chans
graníticos, abertos, de inverno duro, onde o cuco chega máis tarde, e a vida só vai ben
na horta do cura ou nos abrigos do pazo. O millo simboliza a alianza atlántica. Petulante,
guapo, co seu pompón dominador e a sua exaltación sexual, contrasta coa castidade e
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
101
modestia do centeo. É o presente das Américas ás terras húmidas de Europa: o seu
ouro parente daquil lendario asolagado nas augas de Vigo.
O labrego do pan e do viño son moi diferentes; a agricultura das cepas require unha
coñecencia fonda das leis atmosféricas, un enxeño e unha técnica oportunistas: ao
contrario do cultivo do centeo, máis suxeito a leis invariables.
Otero Pedrayo, 1947 [La Noche, 23-XII-1947]
3. Relaciona os adxectivos cos substantivos que designan entidades que teñen ese
trazo característico. Adx.: frío, redondo, branco, claro, suave, duro, ardente, brillante, negro, vermello. Subs.: sangue, auga, lume, pedernal, brisa, xeo, carbón, azucena, luz, círculo.
4. Forma oracións comparativas enchendo os espazos baleiros:
- Gústame __________ Xoán ___________ ti.
- Gústame __________ ir ao Carballiño __________ ao Brasil.
- Gústame __________ facer deporte __________ pensas.
- Gústame __________ o bacallau _________ o polbo á feira.
5. Completa as frases coas formas do comparativo que teñan sentido e xustifica o
porqué da túa escolla:
- O descoñecido sempre será ......... interesante ......... o coñecido.
- Hoxe en día as cousas xa non son ………. cando eramos novos.
- Os perigos son ......... grandes ......... pensabamos.
- Están ......... abraiados ......... vós.
- As rendas son ......... pequenas ......... esperabades.
- Santiago era ......... divertido ......... os compañeiros.
- Comía ………. quen nunca probara bocado.
- Irimia ten ......... forza ......... vostede.
- Paulo é ......... trasfego ......... Alba.
- Recollemos ......... fabas ......... contabamos.
- Penso que ten ......... poderes ......... ti.
- Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.
- Miguel obtivo resultados ......... bos ......... pensaba.
- Lémbrase dos seus anos mozos ……… se fose onte.
- Durmir é ……… san ……… traballar.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
102
6. Busca as comparacións de igualdade. Cal é o seu nexo? Pódese empregar outro?
Emporiso vos aconsello, que nin transitoriamente sequera, aceptedes os
republicanos galegos que a República hespañola volte ó bárbaro feito de reestrablecer
a forca. Canda a miña verba van xunguidas a de Concepción Arenal e a de Curros, que
me escoitan. Estes dous paisanos nosos deixaron na terra coma min, testemuños da
súa inimiga ó talionismo estatal. Todo o que fose exemplar na tarefa do verdugo
resultaría anticristián e contra natura. ¿Quen é o home para ceifar vidas que deu Deus?
¿E que autoridade ten, por outra banda, un estado coma o de Hespaña, para cinguir a
corda homicida ó pescozo de ninguén (...)? Antes de saber se os que rouban e matan
son merecentes da forca habería que asegurarse de que os que desexan aplicárllela
non os moveron a mataren e roubaren...
A. Villar Ponte. Pensamento e sementeira (1971)
7. Repara nas seguintes construcións sintácticas e responde: - […] sen máis órganos que os estritamente indispensables […]
- […] tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos […] Sería posible que aparecesen en vez de que e coma outros nexos? Cales?
Xustifica a resposta.
8. Poucas cousas hai máis duras que a vida dun gastrónomo. Podería esta
comparativa de superioridade construírse cun nexo distinto de “máis…que”? Cal
sería? Xustifica a resposta e escribe, se é o caso, como quedaría a oración.
9. Explica nestas frases extraídas da novela de Darío Xohán Cabana Galván en
Saor se o uso da conxunción comparativa é correcto en todos os casos e se
algúns admitirían máis posibilidades:
- Mellor historia cá vosa non pode haber para unha noite de inverno.
- Erguédevos e mostrade se valedes máis a pé que a cabalo.
- Viron un gran edificio á beira dunha encrucillada do camiño, rodeado de muros
moi altos para ser de curral, pero non tanto nin tan fortes que parecesen ben de
Castelo.
- Bebía moi ben o arrieiro, máis ca ningún.
- Cabaleiros noveis que pensan moito máis no ceo ca na terra.
- Gustábame ver ese voso Merlín adiviño, e a ver se sequera é capaz de prever
coma min se aumentará o prezo da lá para o ano.
- No que non sei por min mesmo creo tamén, e máis ca en nada na volta do rei
Artur.
- Se os señores queren algunha outra cousa, non teñen máis ca pedila.
10. Le os seguintes enunciados comparativos:
- Non é tan ignorante como aparenta.
- Levaba na cabeza unha cesta coma un mundo.
- Sempre actúa coma se non fose con ela.
- Supoño que ti andarás máis ocupada ca min.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
103
- Ti fai coma quen que non te dás de conta.
- Pois eu non fixen máis que comezar.
- Agardaba máis do que recibín.
- Era coma un pozo sen fondo.
Indica se se poden empregar outros nexos comparativos. Xustifica a túa
resposta.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
104
O PRONOME PERSOAL
1. Descrición e clases de pronomes persoais
O pronome persoal é unha forma que indica as persoas gramaticais do discurso e,
por tanto, fai referencia aos participantes no acto comunicativo. Así, a P1 identifica o
emisor (quen fala), a P2 relaciónase co destinatario (a quen se fala) e a P3 alude ao
obxecto do discurso (de quen ou do que se fala).
Do punto de vista morfolóxico, algúns pronomes persoais varían en xénero e
número, en canto outros permanecen invariables. Sintacticamente, adoitan funcionar
como NÚCLEO dunha frase substantiva.
Conforme o acento de intensidade, diferenciamos entre pronomes persoais tónicos e
átonos.
2. Pronome persoal tónico
O paradigma do pronome persoal tónico está constituído polas formas que posúen
un acento de intensidade propio. Segundo exerzan unha ou outra función sintáctica,
distinguiremos entre formas tónicas rectas e formas tónicas oblicuas.
As formas tónicas rectas desempeñan a función sintáctica de SUXEITO ou de
ATRIBUTO a nivel clausal (Eu pasaba o ferro e ela ía ao mercado / A gañadora es ti.).
As formas tónicas oblicuas funcionan como TERMO dunha frase preposicional,
excepto as formas ligadas que exercen a función de NÚCLEO da frase substantiva
(Tróuxoas para vostede / Vén comigo esta tarde.).
PERSOA
FORMAS RECTAS
FORMAS OBLICUAS
LIBRES LIGADAS
P1 eu min comigo
P2 ti, vostede ti, vostede contigo, consigo
P3 el, ela el, ela, si consigo
P4 nós, nosoutros/as nós, nosoutros/as connosco
P5 vós, vosoutros/as, vostedes
vós,vosoutros/as,vostedes convosco, consigo
P6 eles, elas eles, elas, si consigo
Cómpre salientar unha particularidade no uso das formas tónicas nós e vós e
nosoutros/as e vosoutros/as, pois non se deberían empregar indistintamente. É certo
que nalgunhas áreas dialectais, estas últimas rexístranse como únicas formas do
pronome persoal tónico de P2 pl. Porén, estas debemos empregalas só para aludir a un
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
105
grupo cerrado, ben delimitado e con valor exclusivo, en canto nós e vós se usarían con
valor inclusivo, para totalizar o grupo. (Nosoutras, as luguesas, non temos un grande
equipo; mais nós, as galegas, si).
2.1. Contraccións e aglutinacións do pronome persoal tónico
O pronome persoal de terceira persoa el/ela/eles/elas pode contraer ou aglutinar
coas preposicións de e en, respectivamente:
PREPOSICIÓN EL ELA ELES ELAS
DE del dela deles delas
EN nel nela neles nelas
2.2. Cortesía no pronome persoal tónico
O pronome persoal tónico conta con formas específicas en P2 para marcar a
cortesía, vostede para singular e vostedes para plural, que esixen un verbo en P3 ou
P6: Quere vostede que sirva xa o xantar? / Vostedes poden entrar no reservado.
2.3. Pronome persoal tónico reflexivo.
As formas tónicas si, comigo, contigo, consigo, connosco, convosco e consigo
actúan como reflexivas cando o suxeito coincide co obxecto da acción verbal: Eu falo
comigo (mesmo). / El fala consigo (mesmo) ./ El fala para si (mesmo).
3. Pronome persoal átono
As formas átonas do pronome persoal son:
PERSOA
CI
CD
REFLEXIVO
P1 me me me
P2 che te te
P3 lle o, lo, no / a, la, na se
P4 nos nos nos
P5 vos vos vos
P6 lles os, los, nos / as, las, nas se
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
106
Recollemos algunhas características dos pronomes persoais átonos:
Me, nos e vos
Estes pronomes acostuman desempeñar a función de CD ou CI. Así, se pasarnos
estes pronomes á P3 ou á P6 e resulta o/os/a/as/lo/los/la/las/no/nos/na/nas, funcionaran
como CD. No entanto, se o resultado for lle/lles, os pronomes actuarán como CI.
Viume no teatro -------- Viuna no teatro.
CD CD
Dános un bico --------- Dálles un bico
CI CI
Estes pronomes tamén poden funcionar como formantes lexicais nos verbos
pronominais (Axeonlleime para facer os estiramentos) e como reflexivos e recíprocos
(Vestístesvos a toda présa / Saudámonos despois de moitos anos).
Te e che
As formas de P2 te e che están especializadas nas funcións de CD e CI
respectivamente, como pode comprobarse por medio da pasaxe para as formas de P3:
se na transformación temos o/os/a/as/lo/los/la/las/no/nos/na/nas (CD), o pronome de P2
correcto é te; se resulta lle/lles (CI), o pronome certo é che.
Agardámoste durante unha hora ----------- Agardámolo durante unha hora
CD CD Regalouche un can pequeno ---------------- Regaloulle un can pequeno
CI CI
Cómpre lembrar que o pronome te pode ser tamén pronome reflexivo e funcionar
como CD (Vístete) ou funcionar como formante lexical nos verbos pronominais
(Lémbrate diso).
O, lo e no
O pronome persoal átono en función de CD, o/a/os/as, presenta dous alomorfos nos
seguintes contextos:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
107
ALOMORFO
CONTEXTO
EXEMPLO
lo / la / los / las
Verbo terminado en -r ou -s
Pronome de CI rematado en -s (nos, vos, lles)
Adverbio interrogativo u
Tocar a frauta - Tocar + a = Tocala Segas a herba - Segas + a = Ségala
Deilles un susto - Deilles + o = Déillelo
U + o sal? = Ulo?
no / na / nos / nas Verbo finalizado en ditongo Contou unha historia - Contou + a = Contouna
Nos
A forma de P4 antecedida de morfema modo-temporal -mos provoca que este perda
o -s final: Dixemos + nos ----- Dixémonos.
3.1. Contraccións do pronome persoal átono
Todos os pronomes átonos de CI contraen cos pronomes de terceira persoa con
función de CD o, a, os, as e lo, la, los, las. Na tabela que se achega a seguir inclúense
as formas resultantes destas contraccións:
PRONOMES DE CI
PRONOMES 3ª PERSOA DE CD
o, lo, a, la os, los as, las
ME mo ma mos mas
CHE cho cha chos chas
LLE llo lla llos llas
NOS
nolo nola nolos nolas
VOS
volo vola volos volas
LLES
llelo llela llelos llelas
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
108
3.2. Colocación do pronome persoal átono
O pronome persoal átono pode situarse antes do verbo (colocación proclítica) ou
despois do verbo (colocación enclítica), aínda que nalgúns casos admite as dúas
posicións.
3.2.1. Colocación enclítica
A colocación habitual é a enclítica: As meigas… Habelas, hainas! / Meu pai díxome
que o xoves retransmitirían un partido de fútbol.
En consecuencia, un pronome átono NUNCA abre un enunciado, mesmo nos casos
en que houber unha pausa gráfica ou a conxunción copulativa e: Cóbrasme? / De igual
maneira, prohíbese a entrada de animais / Hoxe na tenda faremos o albará e
reflectirémolo no libro de contas.
3.2.2. Colocación proclítica
O pronome persoal átono anteponse ao verbo nos casos que se enumeran a seguir:
Nos enunciados enfáticos: Mal raio me parta! / O demo te coma!
Nos enunciados negativos, en que aparecen nada, non, nin, ninguén, ningún
e nunca: Nada me sabe mellor. / Non lles dixen nada sobre o que aconteceu o
outro día. / Ninguén lle dixo que marchase. / Ningún me serve.
Precedido dos indefinidos algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos,
mesmo e todo: Algo lle traerás. / Alguén cho diría. / Ambos o sabemos. / Bastante
esforzo nos custou. / Calquera llo di. / Entrambos o darán feito. / O mesmo
empregado me volveu atender. / Todos te queremos.
O resto dos indefinidos non provocan proclise polo que non alteran a colocación
habitual do pronome. (Algúns alumnos comprárono naquela tenda.).
Cos pronomes relativos, interrogativos e exclamativos (que, quen, cal/es,
canto/a/os/as), así como cos adverbios interrogativos como, cando e onde: O
secador que me trouxo Patricia non funciona ben. / Quen cho dixo? / Como te
pareces a ela!
No caso de o enunciado ser interrogativo indirecto, a colocación do pronome
tamén será proclítica (Non entendo por que me falas así. / Pregúntalle cando o
voltamos a ver.).
Coa maior parte dos adverbios: acaso, aínda, algures, ata, axiña, bastante, ben,
case, cedo, demasiado, deseguida, disque, enseguida, igual, inclusive, máis,
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
109
mal, mellor, menos, mesmo, moito, peor, pouco, quizais, seica, sempre, si, só,
talvez, tamén, tarde, velaí, velaquí, xa, xamais, etc. e os adverbios en -mente:
Axiña llelo contamos. / A roupa sempre a compro en centros comerciais. / Velaí
os tes. / Xa os trouxeron?. / Constantemente lle pregunta o mesmo.
Cando os adverbios agora e logo significan “axiña” e figuran no inicio do
enunciado, o pronome colócase antes do verbo: Agora - logo o traio / Logo
douche as chaves do coche / Agora dínolo.
Co verbo dunha oración subordinada a proclise é a regra xeral: Se me dixeras
quen foi… / Cando a chames, dille que irei. / Non quero que lle fales máis diso.
/ Dígocho para que o saibas.
Neste tipo de estruturas sintácticas a enclise pode darse nos seguintes supostos:
- No caso de que unha pausa ou a excesiva separación entre o verbo
subordinado e o nexo subordinante dilúan a noción de subordinación:
Dixo que os participantes que cheguen antes de que remate o tempo
estipulado clasificaranse / (se clasificarán) para a seguinte fase. / No caso
de que, porque che resulte a ti máis cómodo, déraslle / (lle deras) o
almorzo, daríalle eu a cea.
- Con nexos como: pois, que nunca leva proclise (Non me fiaba nada del,
pois ollábanos dun xeito estraño), porque, cando vai seguido de pausa (É
moi espelida porque… coñécese que tivo que valerse por si desde moi
nova) e así que, cando ten valor consecutivo (Ía moi mal tempo, así que
abrigouse co paraugas).
- Cando dúas cláusulas coordinadas están inseridas nunha
subordinada, na segunda destas cláusulas o pronome poderá ir antes ou
despois.: Deullo onte porque lle fixera un favor moi grande e tíñallo / llo tiña
que devolver.
Nos grupos oracionais coordinados, ao considerárense estruturas formadas por
enunciados con autonomía de seu, a colocación do pronome persoal átono será
independente en cada unha das partes integrantes, polo que o motivo de proclise ou
enclise do pronome que se dea nunha non afecta á outra: Non che axudei coas tarefas
e tíñao pensado facer.
Un caso á parte constitúeno as disxuntivas con ou. Nelas, cando ambos elementos
se exclúen, o pronome aparece anteposto: Ou vés connosco ou te pos a estudar. Pero
se a disxunción presenta unha igualación, melloría ou rectificación da idea, vai posposto:
Resultou caro ou pareceuvos barato?
3.2.3. Colocación enclítica e proclítica
Nas perífrases verbais de infinitivo e nas frases preposicionais con infinitivo,
é posible colocar o pronome átono en varias posicións: O que vai mariscar ten que se
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
110
mollar / O que vai mariscar ten que mollarse / O que vai mariscar tense que mollar; Non
se soluciona nada con nos laiarmos / Non se soluciona nada con laiármonos.
Nas perífrases verbais con xerundio admítese a colocación enclítica tanto no
verbo auxiliar como no auxiliado (Lévoo facendo centos de veces / Levo facéndoo
centos de veces.). No entanto, nas perífrases de participio só se produce énclise no
verbo auxiliar: Lévoo feito centos de veces / * Levo féitoo centos de veces.
No caso de as perífrases verbais iren con partículas que atraen para si o pronome,
verifícase unicamente a posición proclítica ao verbo auxiliar, mais non ao auxiliado, xa
que pode aparecer en posición enclítica: O que vai mariscar non se ten que mollar. / O
que vai mariscar non ten que mollarse / O que vai mariscar non ten que se mollar; Tamén
o levo facendo centos de veces / Tamén levo facéndoo centos de veces.
3.3. Dativo de solidariedade e dativo de interese
Estes dous pronomes, que coinciden coas formas dos clíticos de CI, caracterízanse
por non participaren nin recibiren a acción do verbo, de maneira que non cumpren
unha función sintáctica, senón pragmática.
O dativo de solidariedade emprégase no rexistro informal cando o emisor pretende
captar a atención do destinatario ou implicalo na acción. O paradigma do dativo de
solidariedade está constituído polas formas de P2 che (un destinatario) e vos (varios
destinatarios), xunto coas respectivas formas de cortesía lle e lles: Éche boa verdade! /
Estalle ben boa a comida, dona Amelia.
Pola súa parte, o dativo de interese fai referencia á persoa que ten unha especial
preocupación na realización ou no resultado da acción. Así, o enunciado Este neno non
me come nada non significa “o neno non me come a min”; quérese expresar con ela
implicación afectiva ou emotiva do emisor na acción.
As formas de interese son as de CI (me, che, lle, nos, vos, lles) e, como acontece
cos dativos de solidariedade, só desempeñan unha función pragmática.
3.4. Pronome átono reflexivo e recíproco
O pronome persoal átono reflexivo (me, te, se, nos, vos, se) indica que unha única
entidade é ao mesmo tempo o suxeito (axente) e o obxecto (paciente) da acción
expresada polo verbo: Eu peitéome (eu peiteo a min mesmo). / Móllate co galego! (ti
molla a ti mesmo). / Xacobe e eu puxémonos na fileira da billeteira (Xacobe e eu
puxemos a nós mesmos na fileira; cada un puxo a si mesmo na fileira). / Beatriz e
Montse puxéronse de xeonllos (Beatriz puxo de xeonllos a ela mesma e Montse puxo
de xeonllos a ela mesma).
As formas reflexivas de plural (se, nos e vos) poden formar parte dunha construción
recíproca, en que o suxeito realiza unha acción sobre o obxecto e este actúa sobre o
outro recíproca ou mutuamente: Marcos e eu saudámonos con indiferenza (Marcos
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
111
saudoume a min + Eu saudei a Marcos). / Abrazáronse cordialmente (Ela abrazou a el
+ El abrazou a ela).
Por regra xeral, o pronome reflexivo desempeña a función sintáctica de CD. Para
comprobarmos que se trata dun CD, substituímos o pronome reflexivo polo pronome
átono de P3 ou P6 con esta función (o, a, os, as):
Lávome / Lávoa.
CD CD
Vestímonos / Vestímolas
CD CD Para o uso do pronome reflexivo hai que ter en conta que en galego non son
posibles as construcións reflexivas nas que a acción se exerza unicamente sobre unha parte do suxeito. Por iso, o pronome reflexivo é incompatible con outro membro que funcione como CD (en galego a cada verbo só lle pode corresponder un CD): *Laveime as mans, no canto de Lavei as mans. / *Vestiuse a camisa, no canto de Vestiu a camisa. Por outra banda, o pronome recíproco pode desempeñar as funcións sintácticas de CD ou de CI. Para comprobarmos se cumpre a primeira das funcións,
igual que acontecía co pronome reflexivo, ten que poder ser substituído polos pronomes átonos de P6 (os, as):
Abrazáronse. / Abrazáronas.
CD CD Se non se pode levar a cabo esta substitución, entón funcionará de CI.
Escribíronse cartas durante anos. / *Escribíronas cartas durante anos.
CI CD Algúns verbos como afogar(se), comportar(se), dar(se), despedir(se), fixar(se),
laiar(se), manifestar(se), ocorrer(se), parecer(se), ter(se)… poden admitir ou non a
forma reflexiva, isto implica certa diferenza de significado: afogar (morrer por
submersión involuntaria na auga), afogarse (matarse somerxéndose na auga), sentir
(percibir polos sentidos; oír), sentirse (considerarse de certa maneira segundo o estado
de ánimo), rir (manifestar alegría), rirse (burlarse de algo ou de alguén), dar (entregar),
darse (afacerse; nacer na terra).
Nos casos en que o verbo precisa do pronome reflexivo para achegar o seu
significado, este non desempeña ningunha función sintáctica e recibe o nome de
formante léxico, elemento propio e característico dos verbos pronominais.
De feito, hai algúns verbos (como arrepentirse, atreverse, axeonllarse, inmutarse,
queixarse, suicidarse…) que só se poden construír coa forma reflexiva, isto é, que só
poden ser pronominais. De todos os xeitos, hai que ter en conta que algúns verbos que
en castelán son reflexivos, non o son en galego: adormecer, calar, caer, casar, espertar,
ficar, marchar, morrer, parar, recordar, romper…: O meniño adormeceu en seguida. /
Sempre esperto ás sete da mañá.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
112
3.5. Concorrencia dos pronomes átonos
Os pronomes átonos poden ir combinados con outros antes ou despois do verbo:
O pronome de CI pode aparecer co de CD, ao cal precede: Queimoullo (lle + o).
O pronome reflexivo é sempre o primeiro na cadea de clíticos e pode ir seguido
do dativo de solidariedade e o de CI: Queimóusechelle a comida.
Ref.+DS+CI
O dativo de solidariedade pode concorrer co reflexivo, co de CI, co de CD e co
de interese, precedendo a todos agás ao reflexivo (Queimóuchello.).
DS+CI+CD
Só non se cumpre esta regra se o dativo de solidariedade estiver en plural:
Séntamevos ben facer deporte.
CD+DS
O dativo de interese pode ir combinado co de CI e co dativo de solidariedade,
mais sempre ocupa a posición final: O rapaz suspendéucheme o exame.
DS+DI
3.6. Valores do pronome átono se
O pronome persoal átono se posúe os seguintes valores:
Valor reflexivo, que aparece nas construcións reflexivas (en que o se funciona
como CD): Lávase sempre á noite.
Valor recíproco, que está presente nas construcións recíprocas directas (con
función de CD: Paula e Rosario saudáronse amistosamente.) e nas indirectas
(con función de CI: Paula e Rosario enviáronse agasallos.).
Valor pasivo, é propio das construcións de pasiva reflexa ou pasiva
impersoal, cuxo uso é preferible ao das pasivas habituais (construídas coa
perífrase verbal de pasiva ser + participio) cando se desexa ocultar a identidade
do axente da acción ou cando este se descoñece: Oíronse ruídos estraños onte
á noite.
Polo tanto, estas construcións equivalen ás construcións pasivas con forma
perifrástica: Nesa tenda a roupa véndese en poucas semanas (pasiva reflexa) /
Nesa tenda a roupa é vendida en poucas semanas (pasiva perifrástica).
A pasiva reflexa caracterízase por presentar un verbo na P3 ou P6 da voz
activa, o pronome persoal átono se (que enmascara a identidade do axente e
carece de función sintáctica) e un SUXEITO con que concorda o verbo:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
113
Cómpranse fincas
vbo. P6 voz activa+se SUXEITO
Os amaños cóbranse á parte.
SUX. vbo. P6 voz activa+se
Valor impersoal
As cláusulas de pasiva reflexa gardan certa similitude coas cláusulas activas
impersoais, xa que ambas buscan omitir o suxeito da acción, se ben as de
pasiva reflexa teñen suxeito paciente e as impersoais non.
As construcións de activa impersoal están formadas unicamente polo verbo en
P3, o pronome persoal átono se (que tamén oculta a identidade do axente e
carece de función sintáctica) e o CD (que non debe ser confundido co SUXEITO).
Neste tipo de construcións, o se equivale a “alguén”, “hai persoas que”, “hai
quen”….: Véndese apartamento en Miño. = Alguén vende apartamento en Miño.
A cláusula anterior pode interpretarse como activa impersoal e como pasiva
reflexa sempre e cando leve o verbo en singular; se este ten forma plural, a
cláusula só poderá considerarse pasiva reflexa:
Véndese apartamento en Miño. = Alguén vende apartamento en Miño (activa
impersoal).
Véndese apartamento en Miño. = O apartamento é vendido en Miño (pasiva
reflexa).
Véndense apartamentos en Miño = Os apartamentos son vendidos en Miño
(pasiva reflexa).
Valor de formante lexical ou valor pronominal, que é parte integrante do
verbo e, por tanto, non desempeña ningunha función sintáctica: Roi lembrouse
de comprar o pan. / Leva todo o día a se queixar.
Valor de modalidade media-interna: aparece en construcións moi próximas ás
pasivas reflexas. Nelas, o proceso verbal expresa unha acción sen intervención
dun axente externo; unha acción na que o suxeito é un mero experimentador: A
porta bateuse. / A neve derreteuse.
Hai que ter coidado con non confundir o pronome persoal átono se coas conxuncións
subordinadas, condicional (Se leses o libro estarías informado) e completiva (Preguntou
se faltaba alguén), que presentan a mesma forma mais funcións completamente
distintas ás deste.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
114
Exercicios tema 5 (pronome persoal)
1. Procura os pronomes persoais átonos no texto:
(...) É un erro grave, e dos máis perxudiciais, inculcar á muller que a súa misión
única é a de esposa e nai; equivale a lle dicir que non pode ser nada de seu, e aniquilar
nela o seu eu moral e intelectual, (...).
O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independente do
seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viúva, ten deberes que cumprir,
dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén, un traballo que realizar,
e idea de que é unha cousa seira, grave, a vida, e que se a toma como un xogo, ela
será indefectiblemente xoguete. Dádeme unha muller que teña estas condicións, e
dareivos unha boa esposa e unha boa nai, que non o será sen elas. Canta falta lle han
facer, e ós seus fillos, de quedar viúva. E se permanece solteira, pode ser moi útil, moito,
á sociedade, moi necesitada de persoas que contribúan á conservación da especie. A
falta de personalidade na muller esteriliza grandes cualidades de milleiros de solteiras
ou viúvas; e non é pouco o dano que da súa falta de acción benéfica resulta.
Concepción Arenal (tradución), 1884.
2. Sinala e clasifica os pronomes átonos do poema.
No país dos ananos celebrouse o Nadal con rebumbio
e o Ano Vello foi como non se viu outro.
Tódolos días do ano é Aninovo se a esperanza vai connosco.
Tódalas noites do ano é Noiteboa se a verdade descansa á nosa porta.
Falamos dun Nadal farturento de pan. E dunha Epifanía
coma un mencer de bandeiras erguidas. A Paz é unha fonte
pra que beban os homes. E pois que homes somos,
temos soños. E sabemos cantar
e agardar. Que o tempo non é longo se a esperanza vai connosco.
Nin a vida nos desacouga se a verdade descansa á nosa porta.
Celso Emilio Ferreiro. Viaxe ao país dos ananos (l968).
3. Transforma a frase destacada cun clítico (CD/CI):
- Nós queriamos ver a película.
- Nós non queriamos ver a película.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
115
- Eu vin o soldado marchar correndo.
- Eu vin o soldado coller a mochila.
- Eu vin o soldado saír de alí.
- Eu sentín o vento zoar de noite.
- Eu sentín o pai cantar.
- Eu sentín o pai cantar unha cantiga.
- Pedro mandou a Ana vir ao día seguinte.
- Pedro mandou a Ana calar.
- Pedro mandou a Ana comer todo.
- Pedro mandou a Ana dicir a verdade.
4. Substitúe o CD e o CI por pronomes átonos e volve escribir as oracións
resultantes:
- Amelia por fin atopou o agasallo perfecto para os seus curmáns.
- Todas as noites le un conto a Mario.
- Xa me contaron que Xoel perdeu o avión.
- Por traeres estes traxes a Loreto estarache eternamente agradecida.
- Velaquí tes a compra da semana.
- Varias familias reclamaron as subvencións á Consellería.
- Con estes papeis podes facer un cartel para nós.
- Onte reservaron as entradas para o concerto.
- Talvez deixen esta bolsa de xoguetes na casa para ti.
- Sempre di as mesmas bromas.
5. Completa os seguintes enunciados con te e/ou che, segundo corresponda, na
posición axeitada:
- Mellor é que ________ achegues_______ aquí ou non ______ vai_______
tocar_______ nada.
- Cando______ matricules_______ teñen_______ que _______ dar_______ un
resgardo.
- Xa ________ dixen______ que non _______ quero________ ver_______
diante.
- _______ hei______ devolver________ todo o que me prestas, perde coidado.
- Cando ________ vexan________ han_________ saudar________ e _______
dar_______ as grazas por todo.
- Ben _______ vin_____ traballando, xa sei que non fai falta _____
mandar______facelo.
- Non contaba con _______ ver______ agora; acabo_______ de ________
chamar_______ por teléfono á casa e ________ deixar________ un recado.
6. Redacta novamente o seguinte enunciado facéndoo comezar por: ninguén,
antes, onte, mesmo, seguramente, porque, xamais, nin sequera.
Comentoulle que fora ao baloncesto.
7. Redacta cláusulas nas que empregues as seguintes contraccións de pronomes
átonos de CD e de CI: mo, cho, lla, nola, volo, llela, chas, volos, llelas, llo, nolos,
llos. Cada cláusula debe comezar con unha das seguintes palabras: algo, cada,
moito, hoxe, antes, incluso, axiña, sempre, ninguén, demasiado, pouco, tamén;
repara na correcta posición das formas pronominais con respecto ao verbo.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
116
8. Reescribe a oración Lémbranlle ó seu rabaño que foron unha nación libre, colocando no seu inicio as formas nunca, disque, agora, tamén e enriba.
9. Introduce o pronome persoal indicado no lugar que lle corresponde e xustifica a
dita colocación:
- Onte______ trouxeron________ dous lacóns (me).
- Quero que vaias porque ________ gustan______ os amigos na miña festa (me).
- Todos _______ felicitaron________ polo seu aniversario (o).
- Nunca _______ dixeron________ como se abría a porta (lles).
10. Redacta os seguintes enunciados completándoos co pronome axeitado no lugar
correspondente. Se hai máis dunha posibilidade, indícaas todas:
- Quen es ti, que nunca ______ vin_______ antes?
- Vinde ver que _______ tocou______, que onte _______ merquei______ un
regalo a cada un.
- Non sei se oirían ben o que ________ dixen________.
- A elas as dúas _______ vin________ aínda a semana pasada.
- Agora _______ sirvo________ pouco, pero se ________ gusta______ podes
repetir.
- ________ vai_______ moito mellor a vós que a nós.
- Cando a min me concederon a bolsa de estudos tamén ________
concederon________ a eles.
- Se alguén ______ pode_____ prestar_______ o libro, xa non ________
ten______ que ______ mercar________.
11. Explica a posición dos pronomes átonos; de haber outra posibilidade diferente,
indícaa.
- Desde aquí vénsevos ben todos os bailaríns.
- Aquí non se vos atopa peixe fresco tan facilmente.
- Logo se esqueceu do que lle dixeches!
- Nin cho dixo a ti nin quero que mo diga a min.
- Gustaríame probalas, se non lle importa.
- Ao te chamar descubrimos que te castigaran.
- Has de collelo e poñelo no andel máis alto para que non lle chegue o neno.
- Amañalo é o que ten que facer.
- Viuno chegar pero logo o sentiu marchar.
12. Localiza os pronomes átonos no seguinte texto e xustifica razoadamente a súa
colocación:
Parece coma se non me fixase na xente […]. Se cadra tampouco é tanta cousa, pero
nunca se sabe. Non creo que poidan tardar moito máis. Porque xa levan un cachiño fóra
e non me parece a min que Susana estea tan tola como para andar despois de
determinadas horas co neno polos lugares que anda ela. Non sei a onde imos ir con
esta calor. E o cheiro a fume parece que xa se garda no nariz dun verán para outro. A
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
117
Vilariño debiamos ir. A min tanto me ten, pero Antón tampouco é tan mal home e non
se lle debe facer ese desprezo.
Miguel Suárez Abel. Turbo. Edicións Xerais.
13. Fíxate na colocación dos cinco pronomes átonos destacados no texto. Cres que sería posible colocalos na posición alternativa (enclíticos os proclíticos e viceversa)? Xustifica a resposta.
Levo tempo describindo a miña expedición ‘Everest 2012’ aos amigos. Asegúrolles
que subirei ao curuto do planeta dentro de dous anos. Mesmo enumérolles as marcas
das roupas térmicas que vou usar e os modelos de piolets que precisarei. Eles saben
que nunca vou executar ese soño, pero son tan educados que disimulan e opinan sobre
o meu equipo de escalada.
En montañismo hai dous xeitos de ascender: o himalaísmo (subir un treito, asentar
unha base e descender antes de volver escalar) e o alpinismo (un ascenso directo e
ininterrompido). Como o 2012 bótase enriba de min como unha avalancha de neve cruel,
comecei a desprestixiar o Everest chegando a cualificalo de “destino para o Sergas”. É
unha medida preventiva, unha venda que me cobre o corazón. Con todo, non desbotarei
ascender eses 8.848 metros ata que chegue o día 365º do ano da promesa.
No 2013, inventarei unha aventura diferente: chegar ao Polo Norte nun trineo tirado
por cans de palleiro, por exemplo. O meu pai aprendeume que os soños son infinitos.
Nunca mo falou con palabras, pero foi un alpinista, dos que soben recto e tarareando.
Camiñou a vida cunha estrela na fronte e, no bico, un cantar. Finou o luns. Desculpen a
tristeza.
Jaureguízar en El Progreso (14/01/2010).
14. Indica se é posible ou non colocar dunha maneira alternativa os pronomes persoais resaltados no texto. Xustifica en cada caso a resposta.
Paso moitas horas ao día dentro desta cabina laranxa, na peaxe da autoestrada,
aburrido. Os meus compañeiros xa me recomendaron que buscase algo para
entreterme nas horas de menos tráfico. Algúns teñen unha televisión portátil, outros
escoitan a radio e mesmo hai unha rapaza que le algún libro. A min encantaríame ler,
mais non me dou concentrado, detesto que interrompan o curso dos meus
pensamentos, e a chegada dun coche significa un descenso brusco á vida real. De modo
que, tras darlle voltas a primeira semana, crin que sería unha boa idea observar os
condutores, analizalos. Os que pasan todos os días prefiren a telepeaxe, é unha mágoa
porque neses daría reparado facilmente. Aínda así, acadei o meu obxectivo. Os que
repiten o itinerario con frecuencia xa me son familiares.
O caderno onde escribo é azul escuro, ten un coello branco na tapa de diante e un
código de barras na parte de atrás. Nestas follas de celulosa cuadriculadas atópanse as
letras que trazo e que me auxilian nesta terapia necesaria. A miúdo estou obrigado a
facer escritura automática, enlazo as primeiras ideas que me veñan á cabeza e
plásmoas no papel.
Santiago Lopo. Peaxes (2009).
15. Analiza os pronomes persoais átonos do seguinte poema e xustifica a súa
colocación con respecto ao verbo. É posible cambiar a colocación do pronome
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
118
do verso catro? Varía o significado? Cambia os fragmentos marcados en negra
por pronomes persoais:
A memoria é o espazo da reapropiación
Vivo para contalo. Gardo tódolas fotos
para as que me pediron que sorrira.
Agora me decato de que endexamais prescindín
do trazo, da impiedade.
Porque a caligrafía consiste na ilusión de que non nos torcemos.
Nin os cadernos rubio darán ocultado
que o carbón mancha a pel
e que a mina se crava con frecuencia
no páncreas do inimigo.
Agás no teu. Arrincáronche os ollos e iso faite inmortal
(entón ela abateuse postrándose por terra e díxolle:
- por que atopei benquerencia aos teus ollos
para reparares en min,
sendo como son
unha estranxeira?)
María do Cebreiro, O estadio do espello.
16. Identifica os pronomes átonos presentes no texto e xustifica a súa posición con relación ao verbo.
O NOSO SEÑOR SANT-IAGO O do bordón, das cunchas e da estrela,
Patrón da Terra nosa, aloumiñado de saudosa paz, no esgrevio estrado da enxebre catedral de Compostela!
Así te adora nosa fe sinxela: no teu trono de prata encadeirado,
a man a benzoar, asosegado, esquecido das loitas de Castela.
O teu cabalo branco como a neve, a túa espada de rebrillos louros
e o relembro das tráxicas fazañas que, arredado de nós pra sempre, os leve
o pobo que te alcuña matamouros, a sanguiñosa xente das Españas!
Ramón Cabanillas, Da Terra asoballada (1926).
17. Xustifica a colocación dos catro pronomes átonos destacados no texto e indica, de maneira razoada, se sería tamén posible que aparecesen noutra posición distinta.
O Nadal é tempo de bos desexos que intercambiamos coas persoas significativas
na nosa vida. Despois da resaca, seguen a latexar en min liñas trazadas dende puntos
tan distantes como Indonesia, Alemaña, Finlandia ou Brasil. Os elos únense porque
teñen en común a lingua: o galego. Os Cursos de Lingua e Cultura Galegas para
Estranxeiros teceron boa parte deses lazos. Cada ano participan neles un cento de
persoas que son semente que deita froito con xenerosidade, sen prexuízos.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
119
Os agasallos de Nadal poden atoparse tamén neste blog, foi o que pensei cando lin
que unha antiga alumna dos cursos traduciu a súa lingua, o húngaro, un conto de
Cunqueiro. A mesma alegría sentín ao atopar enriba da miña mesa a tradución, aínda
inédita, ao italiano, de “Cousas”, de Castelao. O rapaz que a realizou contábame, con
incredulidade, que os seus profesores da Universidade de Sevilla, onde está de
Erasmus, non coñecían o autor do “Sempre en Galiza” e como se estrañaron de que el
aprendese galego antes ca castelán. Non son exemplos illados; as maneiras de
contribuír ao país son tan diferentes como enriquecedoras. Calquera pode comprobalo
se busca na rede “A Xanela”, un vídeo realizado dende a óptica dunha rapaza rusa,
alumna dos cursos, que na súa versión curta sería un dos mellores anuncios realizados
a favor da nosa lingua.
No seu día a día en Galicia son intransixentes no uso do idioma, o que ofrece unha
imaxe sorprendente para moitos galegos, que aínda non son quen de entender como
hai persoas no Xapón ou nos Estados Unidos que dedican o verán a aprender a nosa
lingua. Lembro este ano un xantar en Tui: o persoal do restaurante era reticente a falar
galego, pero claudicou ante o entusiasmo dos alumnos.
Esta forza que vén de lonxe non só interpreta o país no que vivimos; contribúe a
universalizalo con miradas limpas e abertas. Agora que pasou o Nadal, este é o meu
agasallo para os nosos brigadistas.
Malores Villanueva, A forza que vén de lonxe, O blog de Editorial Galaxia (18/01/11).
18. Distingue nos exemplos que veñen a continuación os pronomes de cortesía, os
de solidariedade e os dativos de interese:
- Non lle digo o que pasou porque non o sei, pero créolle que a culpa foi do
asasino.
- Onte roubáronchelleme un coche ao meu sobriño Xenaro.
- Élles bo rapaz, pero semella que non lles aprobou os exames ao longo do curso.
19. Sinala a función dos pronomes persoais átonos:
- Dilles que me estean quietos.
- Métemelle un gancho á cortina para que non se solte.
- Desaparecéumevos a libreta, a ver quen ma atopa.
- O Pedro non che me toma os medicamentos.
- Sabe? Marchoulles o can e aínda non llo atoparon.
- Esas sonche cousas que non me gustan.
- Hoxe Pepe veuvos todo guapo a clase.
- Alá vos vai Marta sen avisarnos de que marchaba.
- O coche arranxáronmo no taller de Fuco.
- Amarróuchelleme unha corda á gamela.
- A Uxía xa lle caeron dous dentes.
20. Que clase de palabra é si (liña 8). Cal é a súa función?
Por mero accidente escornouse a vacua verba
contra a boca vacúa da atávica vaca, o telúrico teto
que aleitou o alento ancestral
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
120
do noso sangue. A vaca mesma, a vaca real,
a auténtica vaca, a propia vaca, a vaca en si,
a vaca xénero e especie e individuo, a vaca alindada de lindo nome, a épica vaca
de homéricos ollos, a bucólica vaca
das humildes bocas está morrendo na corte esa mañá de domingo.
[…]
Gonzalo Navaza. Libra, 2000.
21. Nas liñas 1 e 4 aparece a forma che empregada con dous valores claramente
distintos. Coméntaos explicando por que son diferentes.
[…] –– Mira, Vanesa, eu non che teño a culpa de que alucines coa túa nai e co
que pasa! E se non lle queres falar, alá ti. Ela seguramente fixo o que tiña que
facer, e eu estou ocupadísimo traballando. Pero ocupadísimo, entendes? Así
que… Mira, vouche solucionar o teu problema de vez. Agora mesmo sobes ao
teu cuarto e remexes no camión de roupa que tes polos catro armarios. […]
22. Introduce o pronome se no lugar axeitado, se cómpre. Indica se pode aparecer
en máis dunha posición:
- ______ Vestiu_______ axiña.
- ______ Bebeu_______ e _______ comeu______ todo canto lle puxeron.
- ______ Lavou_______ os pés e despois _______ marchou_______ de
esmorga.
- Cando ______ ía_______ casar_______ fixéronlle a cambadela e ______
caeu______ coma un sapo.
- O gato ______ zampou______ as sardiñas que _______ deixara______ miña
tía na mesa.
- Xa _______ sabe_______ o conto: Hai ______ que ______ poñer______ a
estudar!
23. Utiliza as formas pronominais reflexivas sempre que sexa posible no lugar
correcto:
- A rapaza _______ subiu_______ á árbore para ver mellor.
- Puxo _______ o pixama para _______ ir_______ á cama.
- Logo ______ esquece______ do que lle din!
- Logo _______ esquece_______ o que lle din!
- O avó estaba canso e ________ sentamos_______ nun banco do xardín.
- Para que non o visen ______ agachou_______ detrás da casa.
- Na cara _______ parece______ moito a súa nai, mais na forma de ser non
_____ semella_______da familia.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
121
- É hora de _______ tomar________ un descansiño; creo que _______
vou_______ deitar______ e durmir un pouco.
24. Localiza entre as seguintes oracións aquelas en que o uso do pronome reflexivo
é incorrecto:
- Finalmente marchouse da festa á unha da mañá.
- Estivo tanto tempo mergullada na auga que case se afoga.
- Xa te duchaches ou aínda me toca agardar?
- Se non nos apuramos non atoparemos ningún sitio.
- Cada vez que o atopo estase queixando por algo.
- O pasado domingo convidáronme a comer a Arzúa e tomeime unha boa
enchente.
- Podes avisarme mañá a que hora é a conferencia?
- Sempre lles berra aos nenos por non se prepararen para ir á escola ata que el
os avisa.
- Esperteime ás oito e xa lucía o sol.
- Celia é moi puntual e sempre se enfada cando alguén chega tarde.
- Berráronvos por rirvos na clase.
- Sabías que se casa Bieito?
25. Pescuda en que exemplos o pronome se está nunha construción de pasiva
reflexa e en cales se trata dunha activa impersoal:
- Véndese automóbil do ano 1997.
- Realízanse todo tipo de traballos de enxeñería.
- Na asamblea falouse sobre o tema da igualdade
26. Analiza estas construcións e di cales son pasivas (p. reflexa) e cales activas (a.
impersoal). Se nalgún caso caben as dúas opcións, xustifícao.
- Inauguráronse varios quilómetros de autovía.
- Aquí bótase patacas, millo e algo de verdura.
- Axúdase primeiro aos veciños maiores.
- Ata alí chégase ben a pé.
- Cortouse unha ducia de piñeiros.
- Alúgase cuarto a estudantes.
- Desde a Consellería, asegúrase que vai haber prazas para todos.
- Para pechala, tírase desta argola.
- Tardarase aínda un mes en amañalo.
- Fálase de facer un parque na estación vella.
27. Sinala os valores das cinco formas se subliñadas no texto.
Se hai uns anos a pregunta era se leriamos libros nunha pantalla, a de hoxe só pode
ser cando será esa a opción maioritaria. Os movementos que se están a producir entre
os fabricantes de aparellos, os xigantes de internet e as editoriais de todo o mundo
apuntan a que este Nadal o ebook vai facer a súa aparición estelar nos sacos dos Reis
Magos. Aparellos de 200 gramos preparados para amosar dez mil páxinas sen recargar
a batería. En decembro haberá medio cento de e-readers diferentes dispoñibles.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
122
É probable que o ebook nunca substitúa o libro en papel, pero está claro que copará
unha cota de mercado crecente. Por iso os editores galegos teñen que moverse canto
antes. Cando a porción galega de avanzados tecnolóxicos adquira os seus e-readers,
que lecturas atopará no seu idioma? Por agora, poucas. Se esa primeira fornada de
usuarios non dispón de novidades literarias e títulos de interese en galego, vainos ler
noutras linguas. E será un lastre que se pode arrastrar moito tempo. É mellor non chegar
tarde para non ir un paso por detrás, porque no salto ao libro electrónico non se trata só
de gañar novos lectores para o galego, senón tamén de non perder os actuais.
É probable que isto non ocorra hoxe, pero si mañá, para o que hai que preparar xa
o escenario. Agardemos que cando vostede, lector, adquira o seu e-reader, poida contar
cun bo feixe de novidades en galego.
Moisés Álvarez, en Novas de libros nº 6 (novembro 2009).
28. Localiza as formas se do texto indicando o valor de cada unha delas.
A guerra é a salvación da Humanidade
fai avantar a Ciencia, desenrola ao pobo, crea industrias importantes e potentes, fai florecer a Economía dun xeito case milagroso, asegura
a paz, é construtiva, sirve de inspiración aos cantos épicos,
fabrica heroes inmortais e lexendarios. Na guerra un pode demostrar o seu valor e o seu valer, gañar ascensos, acadar condecoraciós moi prezadas, brillantes e honrosísimas. En tempo de guerra todo é progreso, ledicia e máis fartura. Mísiles, tanques,
fusiles, pistolas, metralletas, escuadras, canóns aéreos e antiaéreos, bombas atómicas, de mao e de napalm
erguen unha música doce e harmoniosa que a xente escoita compracida e enlevada. Todos van á morte
moi felices, os feridos teñen nos beizos a flor dunha sorrisa. Non se derrama
sangue, ¡ai, eso non!. Os campos bombardeados e incendiados
seméllanse aos xardíns e ás máxicas fogueiras do San Xohan.
Os homes esquécense de odiar e aprenden a amarse de verdade.
Manuel María, 1972.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
123
O VERBO
1. Descrición
O verbo é a categoría gramatical que expresa unha acción, un proceso, un
acontecemento, un fenómeno ou un estado, ademais de indicar as nocións gramaticais
de tempo, modo, aspecto, número, persoa e voz.
Desde o punto de vista morfolóxico, o verbo está composto por un morfema
radical e tres morfemas afixos que expresan a conxugación (vogal temática), o tempo e
o modo (morfema modo-temporal) e, en último lugar, o número e a persoa (morfema de
número-persoa). Se o verbo for derivado, pode presentar morfemas derivativos (prefixo
ou sufixo).
O verbo desempeña a función sintáctica de núcleo dunha frase verbal en función
de predicado e concorda en número e persoa co suxeito a que vai referido.
2. Estrutura morfolóxica do verbo
O verbo está constituído por un radical (R), que proporciona o significado lexical, e
unha vogal temática (VT); ambos conforman o tema.
Existen dous temas, o tema de presente, que engloba o presente de indicativo, o
copretérito, o pospretérito, o futuro de indicativo, o presente de subxuntivo, o imperativo,
o xerundio e o participio; e o tema de pretérito, en que se inclúen o pretérito de
indicativo, o antepretérito, o pretérito de subxuntivo e o futuro de subxuntivo.
Nos verbos regulares as formas verbais pertencentes aos temas de presente e
de pretérito presentan o mesmo radical (salto, saltaba, saltaría, salte, saltei, saltara,
etc.), mais nos verbos irregulares non. Estes últimos presentan un radical para o tema
de presente (que aínda que sufra algunha alteración nalgún tempo verbal se considera
regular) e outro para o tema de pretérito (que é irregular). Así, o verbo caber ten no tema
de presente os radicais caib-, cab- (caib-o, cab-erás, cab-eriamos, caib-a) e no tema de
pretérito o radical coub- (coub-en, coub-eras, coub-ésedes).
Após o tema, aparecen os morfemas flexivos modo-temporais (MMT) e os
número-persoais (MNºP), que informan do tempo verbal e persoa gramatical en que
se encontra o verbo e poden estar presentes ou ausentes:
cant - a - ba - n / ped - i - Ø - ches
R VT MMT MNºP R VT MMT MNºP
a) Radical
O radical (R) adoita permanecer invariable (nos verbos regulares), mais nalgúns
casos pode presentar pequenas variacións formais (nos verbos semirregulares) ou
mesmo alteracións de forma máis profundas (nos verbos irregulares).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
124
Ás veces prodúcense amálgamas da vogal radical (a vogal máis próxima ao final
do radical) coa vogal temática nalgúns verbos semirregulares e irregulares,
principalmente os de corpo reducido (ler, rir…; dar, ir…):
rí - a - Ø
R+VT MMTA MNº P
b) Vogal temática
A vogal temática (VT) adscribe unha forma verbal a unha determinada
conxugación: -a- para a primeira, -e- para a segunda e -i- para a terceira. Porén, en
determinados tempos verbais a VT presenta variacións ou alomorfos:
-e- e -o- na P1 e P3, respectivamente, do pretérito de indicativo na primeira
conxugación;
-i- na P1 e P2 do pretérito de indicativo e en todo o copretérito na segunda
conxugación;
-e- na P2, P3 e P6 do presente de indicativo e P2 do imperativo na terceira
conxugación.
A P1 do presente de indicativo e todo o presente de subxuntivo xamais presentan
este morfema en ningunha das tres conxugacións, mais na súa descomposición
morfolóxica é imprescindible indicalo (emprégase o símbolo Ø).
c) Morfema modo-temporal
O morfema modo-temporal (MMT) mostra a actitude do emisor perante a acción,
o acontecemento ou o estado expresado polo verbo, así como o intervalo temporal en
que esta acción, acontecemento ou estado se realiza.
A seguir, móstrase un cadro cos MMT de todos os tempos verbais, tanto do modo
indicativo como do subxuntivo:
TEMPO VERBAL C1 C2 C3
Presente de indicativo Ø Ø Ø
Copretérito do indicativo ba a a
Pretérito do indicativo Ø Ø Ø
Antepretérito do indicativo ra ra ra
P1, P4,P5 Futuro do indicativo P2, P3, P6
re
rá
re
rá
re
rá
P1, P2, P3, P6 Pospretérito do indicativo P4, P5
ría
ria
ría
ria
ría
ria
Presente do subxuntivo e a a
Pretérito do subxuntivo se se se
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
125
P1, P3, P4, P5 Futuro do subxuntivo P2, P6
r
re
r
re
r
re
Imperativo
Ø
Ø
Ø
d) Morfema substancial
O morfema substancial (MS), específico do infinitivo, revela a esencia da acción
expresada polo verbo. No infinitivo persoal (infinitivo conxugado), este morfema aparece
entre a VT e o MNºP; no infinitivo non persoal, dado que non existe MNºP, o morfema
substancial localízase na última posición.
TEMPO VERBAL C1 C2 C3
Infinitivo r r r
P1, P3, P4, P5 Infinitivo persoal P2, P6
r
re
r
re
r
re
e) Morfema aspectual
O morfema aspectual (MA) mostra unha acción inacabada (imperfectiva) no
xerundio e unha acción rematada (perfectiva) no participio.
TEMPO VERBAL C1 C2 C3
Xerundio Ndo ndo ndo
Participio Do do do
f) Morfema número-persoal
O morfema número-persoal (MNºP), que aparece tras o MMT, sinala o número
(singular ou plural) e a persoa gramatical que realiza a acción verbal.
P1, P4 -------- quen fala
P2, P5 -------- a quen se fala
P3, P6 -------- de quen ou daquilo de que se fala
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
126
A seguir, preséntase a táboa cos MNºP de todos os tempo verbais:
PERSOA
+ NÚMERO
PRESENTE
DO INDICATIVO
PRETÉRITO
DO INDICATIVO
FUTURO
DO INDICATIVO
IMPERATIVO
INFINITIVO
XERUNDIO
PARTICIPIO
OUTROS TEMPOS VERBAIS
P1 P2 P3
o s Ø
i / n ches
u
i s Ø
--- Ø ---
Ø Ø Ø
Ø s Ø
P4 P5 P6
mos des n
mos stes ron
mos des n
--- de ---
Ø Ø Ø
mos des n
3. Paradigma do verbo
3.1. Verbos regulares
O verbo regular conserva o radical invariable ao longo de toda a flexión, segue o
modelo de conxugación á que pertence e presenta os morfemas MMT e MNºP habituais
de cada tempo.
Verbos regulares con alteracións gráficas: inclúense dentro dos verbos
regulares aqueles que presentan alteracións gráficas ao longo do paradigma.
- Alteración gráfica c/qu: saco, sacas, sacarei…/ saque, saquemos,
saquei…
- Alteración gráfica g/gu: sego, segas, segase…/ segues, seguedes,
seguei…
- Alteráción gráfica z/c: cazo, cazas, cazaría… / cace, cacen, cacei…
Verbos regulares en -uír: tamén son regulares, mais presentan diérese na P4
e P5 do copretérito de indicativo (posuía, posuías, posuía, posuïamos,
posuïades, posuían) por asimilación aos verbos semirregulares en -aer, -aír, -
oer, -oír (caer, saír, roer, oír, etc.), que se estudarán máis adiante, pois non hai
confusión entre a P4 e a P5 do presente de subxuntivo e as mesmas persoas
gramaticais do copretérito de indicativo (posuamos, posuades / posuïamos,
posuïades) nin presentan -i- epentético na P1 do presente de indicativo (posúa)
nin en ningunha persoa do presente de subxuntivo.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
127
3.2. Verbos semirregulares
Os verbos semirregulares presentan pequenas irregularidades no tema de
presente. Estas variacións poden producirse por alternancia vocálica, por
semirregularidades na P1 do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo,
por confluencia da vogal temática (VT) coa vogal radical (VR), etc. No resto do
paradigma a flexión verbal é completamente regular e responde ao modelo de
conxugación en que se integra.
3.2.1. Verbos semirregulares con alternancia vocálica.
a) Verbos con alternancia vocálica na primeira conxugación: cando as vogais
radicais destes verbos son -e- ou -o-, dáse alternancia entre o timbre aberto /ɛ
/-/ͻ / nas formas que levan o acento no radical (rizotónicas: P1, P2, P3, P6 do
presente de indicativo e do presente de subxuntivo e P2 do imperativo), e o
timbre pechado /e/-/o/ nas que levan o acento na VT (arrizotónicas: P4, P5 do
presente de indicativo e de subxuntivo e na P5 do imperativo, así como no resto
do paradigma).
Porén, a maioría dos verbos da primeira conxugación con -e- ou -o- como vogal
radical son regulares, ben a favor da vogal media aberta ben da vogal media pechada.
Así presentan /ɛ/ anhelar, cerrar, enxertar, herdar, quentar, rezar… e /ͻ/ aboiar, adozar,
botar (“dar botes”), obrar, rogar, votar…
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
128
Por outra parte, teñen sempre /e/ achegar, aconsellar, cear, centrar, chegar,
empeñar, fechar, remar… e todos os rematados en -ear (afear, branquear, nomear…),
-enar (acenar, alienar, condenar…) e -exar (branquexar, desexar, negrexar…). Levan
/o/ avergoñar, botar (“despedir, expulsar”), contar, mollar, montar, ollar, podar, sobar,
soñar… e os que finalizan en -oar (amontoar, soar, voar…) e -onar (abandonar,
acartonar, anexionar…).
b) Verbos con altenancia vocálica na segunda conxugación: nestes verbos
maniféstase a alternancia, para as vogais radicais -e- ou -o-, de /ɛ /-/ͻ/ (na P2,
P3 e P6 do presente do indicativo) e de /e/-/o/ (no resto do paradigma).
Así, practicamente todos os verbos da segunda conxugación con vogais radicais
-e- ou -o- seguen o paradigma anterior, excepto deber, crer, ler e sobreser, que
unicamente posúen timbre pechado na vogal radical ao longo da súa flexión.
Os verbos acabados en -ecer adoitan considerarse semirregulares, de modo que
presentan alternancia vocálica.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
129
c) Verbos con alternancia vocálica na terceira conxugación: no caso de teren
vogal radical -e- ou -u-, a alternancia vocálica dá orixe a tres grupos diferentes:
Verbos tipo seguir: na vogal radical destes verbos prodúcese variación -i- na
P1 do presente de indicativo, en todo o presente de subxuntivo e na P2 do
imperativo. Tamén presentan vogal radical /ɛ/ na P2, P3 e P6 do presente de
indicativo e /e/ no resto do paradigma.
Verbos tipo advertir: noutros verbos da terceira conxugación con -e- como
vogal radical a alternancia vocálica só se manifesta coa presenza dun -i-, na P1,
P2, P3, P6 do presente do indicativo, en todo o presente de subxuntivo e na P2
do imperativo. No resto da conxugación aparece un -e- (pechado).
Verbos tipo subir: nas vogais radicais dalgúns verbos da terceira conxugación
aparece un -u- (na P1, P4 e P5 do presente do indicativo e no resto da
conxugación) que alterna cun -o- aberto (na P2, P3 e P6 do presente de
indicativo).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
130
Algúns verbos da terceira conxugación con -u- como vogal radical non sofren
ningún tipo de alteración, pois este -u- permanece en toda a conxugación. Así
son regulares: aducir, afundir, aludir, asumir, confundir, curtir, deducir, difundir,
discutir, eludir, embutir, entupir, esculpir, fundir, gruñir, incumbir, inducir, infundir,
nutrir, presumir, reducir, refundir, repercutir, resumir, reunir, rustrir, seducir,
sucumbir, suplir, traducir, tupir, unir, urxir, zurcir, etc.
3.2.2. Verbos semirregulares rematados en -aer, -aír, -oer e -oír.
Os verbos que rematan en -aer, -aír, -oer e -oír presentan variacións vocálicas no
radical co incremento dun -i- epentético na P1 do presente de indicativo e en todo o
presente de subxuntivo. Alén disto, na P4 e P5 do copretérito de indicativo levan diérese
no -ï- para subliñaren súa pronuncia silábica e para se diferenciaren das formas do
presente do subxuntivo (mo-ï-a-mos /mo-ia-mos).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
131
3.2.3. Verbos semirregulares ouvir, parir e valer.
Nos verbos ouvir, parir e valer (e derivados) prodúcese unha semirregularidade no
tema de presente, xa que aparece un radical para a P1 do presente do indicativo e todo
o presente de subxuntivo (ouz-, pair- e vall-) e outro radical (maioritario) para o resto do
paradigma (ouv-, par- e val-).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
133
3.2.4. Verbos semirregulares crer, ler e rir.
Os verbos crer, ler e rir (e derivados) considéranse semirregulares por presentaren
amálgama da vogal temática coa vogal do radical, xa que historicamente se produciu
a crase de dúas vogais fortes, excepto na P1 do presente de indicativo e en todo o
presente de subxuntivo.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
134
3.3. Verbos irregulares
Os verbos irregulares presentan diferentes radicais ao longo da súa conxugación
verbal no tema de presente e no tema de pretérito, aínda que pode haber máis
mudanzas en ambos os temas, no MMT e no MNºP, ou inclusive ter amalgamadas a
vogal temática e a vogal radical. Desta maneira, os verbos irregulares non respectan o
modelo de conxugación á que pertencen, senón que constitúen modelos propios de
flexión.
Para consultar os modelos de conxugación dos verbos irregulares máis comúns
véxase o apéndice dos apuntamentos.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
135
4. Modo, tempo verbal, aspecto e voz
4.1. Modo
O modo indica a actitude do emisor perante o contido do enunciado. Existen tres
modos: indicativo, subxuntivo e imperativo.
O modo indicativo é o modo da realidade e presenta unha situación obxectiva e
verosímil, previsible ou en vías de realización (En xuño os días son máis longos. / Mañá
irei de viaxe e deixarei de traballar).
O modo subxuntivo é o modo da irrealidade e expresa unha situación non
realizada, desexable, posible ou dubitativa (Oxalá trouxese doces! / Pode que entremos
tarde. / Se saírmos cedo, chegaremos a tempo).
O modo imperativo presenta o enunciado como unha orde, consello, convite ou
petición. A entoación da frase asume grande relevancia na interpretación do valor
imperativo do enunciado, xa que moitas veces este tempo coincide co presente do
indicativo: Di (el) un número (presente de indicativo). / Di (ti) un número! (imperativo).
4.2. Tempo verbal
O tempo verbal expresa a acción, o estado ou o proceso que indica o verbo no
momento temporal en que se está a falar, nun momento anterior ou nun momento
posterior.
De acordo con isto, o tempo verbal articúlase en tres esferas: presente (sitúa un
acontecemento no momento da enunciación), pasado (indica un acontecemento
anterior ao momento da enunciación) e futuro (localiza un acontecemento nun
momento posterior ao da enunciación).
4.2.1. Valores dos tempos de indicativo.
Presente do indicativo: localiza no momento actual a acción expresada polo
verbo (Chaman á porta ).Pode ter tamén os seguintes valores:
- Atemporal para presentar acontecementos de validez ilimitada ou universal (Os
gatos son animais felinos).
- Habitual ou frecuentativo, cando os feitos se repiten con regularidade, tanto no
presente como no pasado (Os venres imos ao teatro).
- Durativo, que expresa unha duración prolongada (Traballo nesta empresa
desde que abriu).
- Imperativo, para dar ordes mediante as formas P2 singulares ou plurais (Sacas
o abrigo e pendúralo na porta).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
136
- Prospectivo ou de futuro, se a acción se vai desenvolver no futuro (Mañá acabo
o libro).
- Histórico ou narrativo, se o acontecemento se localiza no pasado (Álvaro
Cunqueiro nace en Mondoñedo no ano 1911).
- Intensificador, usado para reiterar a acción (Estiveron toda a tarde dálle que
dálle).
Copretérito de indicativo: tamén chamado pretérito imperfecto, designa unha
acción inacabada anterior ao momento da enunciación (Cando chegamos xa
estaban alí). Atribúenselle outros valores:
- Habitual, se a acción aconteceu reiteradamente no pasado (Todos os días,
Luísa ía dar un paseo).
- Simultaneidade no pasado (Tomou un baño en canto eu almorzaba).
- Intemporal no pasado (Os cregos eran grandes filósofos).
- Prospectivo, isto é, de futuro desde o pasado (Prometeume que hoxe estaba
aquí).
- De cortesía (Quería un té verde, por favor).
Pretérito do indicativo: indica unha acción xa concluída antes do momento da
enunciación. Pode ter tamén os seguintes valores:
- Anterioridade no pasado, equivalente a un antepretérito: Naquel momento non
souben se rompín (“rompera”) a perna ou o xeonllo.
- Anterioridade no futuro: Cando voltes, seguro que xa fixen o xantar.
Antepretérito do indicativo: ou pretérito pluscuamperfecto, sinala unha acción
anterior a outra xa pasada (Pensei que xa marcharas). Podemos recoñecer
outros valores:
- Desiderativo, empregado en enunciados exclamativos (Quen puidera!).
- De cortesía nunha petición (Quixera pedirlle un favor).
As formas verbais do antepretérito (cantara) e as do pretérito de subxuntivo
(cantase) poden crear confusión no uso, mais téñeno perfectamente
diferenciado. Cando usar unha ou outra?
O antepretérito é un tempo do indicativo, polo tanto indica unha acción que se
presenta como real e coñecida (Cando cheguei xa elas cantaran); no entanto o
subxuntivo presenta accións non reais ou coñecidas, é dicir, hipóteses ou
suposicións (Agachouse para que non o visen).
Tendo en conta o tempo expresado, o antepretérito indica unha acción anterior
a outra xa pasada (Cando cheguei - acción do pasado - xa elas cantaran - acción
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
137
anterior á de cheguei); o pretérito do subxuntivo pode indicar unha acción
anterior, coincidente ou posterior con respecto a un referente (Agachouse para
que non o visen - acción coincidente ou posterior á de agachouse -).
Tan só se pode usar calquera das dúas formas cando a cláusula ten valor
desiderativo (Oxalá fose/fora certo!).
Futuro do indicativo: expresa unha acción posterior ao momento da
enunciación (Xa descansarás despois!). A seguir recóllense outros valores deste
tempo:
- Dúbida ou probabilidade (Viaxará en avión?).
- Aproximativo (Terá uns trinta anos).
- Imperativo (Non comerás peixe!).
- De cortesía nunha petición (Poderá asinar este documento?).
- Retrospectivo: Despois do longo período dos Séculos Escuros chegará un
momento de esplendor.
Pospretérito do indicativo: tamén denominado condicional, pon de manifesto
unha acción que pode ocorrer no presente ou no futuro de se reuniren as
condicións necesarias (Sería rico se aforrase). Outros valores deste tempo son:
- Probabilidade no pasado (Habería uns cincuenta barcos).
- Retrospectivo (O galego sería durante moito tempo lingua de cultura.).
- De cortesía (Podería traerme un café?).
4.2.2. Valores dos tempos de subxuntivo
Presente de subxuntivo: expresa unha acción ben simultánea ben posterior ao
momento da enunciación (Pídoche que marches / Pídoche que marches [logo]).
Outros valores que se lle atribúen:
- Rogo, desexo, maldición ou exclamación (Oxalá me diga a verdade! / O demo
te leve! / Deus nos libre!).
- Posibilidade (Talvez sexa posible!).
- Imperativo (Que se poñan todos nunha fileira).
Pretérito de subxuntivo: ou pretérito imperfecto de subxuntivo, indica unha
acción irreal cuxo referente pode estar situado no tempo pasado ou futuro
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
138
(Díxolle que o acompañase [antes] / Díxolle que o acompañase [mañá]). Tamén
presenta dous valores máis:
- Posterioridade desde o pasado (Pediume que lle fixese un deseño).
- Desiderativo (Oxalá fose millonario!).
Futuro de subxuntivo: expresa un acontecemento posible no futuro, que pode
ocorrer ou non, cuxa realización condiciona outra acción futura. En canto á
correlación temporal, o verbo principal deberá estar en presente do indicativo
(Chámote se puider), imperativo (Se houber bolos de nata traede media ducia)
ou en futuro do indicativo (Se mañá non for mal tempo, daremos un paseo).
Úsase en oracións e cláusulas dependentes (bipolares e subordinadas):
condicionais (Se tiver tempo, irei visitarvos), temporais (Tráeme o libro cando
puideres), relativas (Non se admitirán traballos que se entregaren fóra de
prazo)…
O futuro de subxuntivo é na actualidade un tempo de uso culto ou literario; o seu
lugar na linguaxe coloquial ocúpano outras formas do subxuntivo ou o presente
de indicativo.
Nos verbos regulares hai coincidencia entre as formas de futuro de subxuntivo e
o infinitivo persoal ou conxugado. Pola contra, nos verbos irregulares o futuro de
subxuntivo presenta un radical coincidente co dos restantes tempos de pretérito
e, por tanto, é discordante do infinitivo persoal ou conxugado, que se forma co
radical do tema de presente:
Verbo regular: cantardes (inf. pers.) / cantardes (fut. subx.).
Verbo irregular: sabermos (inf. pers.) / soubermos (fut. subx.).
4.2.3. Valores do imperativo
O imperativo consta unicamente de dúas formas: a P2 e a P5 (varre ti, varrede vós).
Expresa os seguintes usos e valores:
- Orde (Ide comprar o pan).
- Consello ou convite (Facede o que poidades / Vinde esta noite á cea de Nadal
que organizamos).
- Petición (Achégame a auga, por favor).
4.3. Aspecto
Refírese á maneira en que o emisor percibe o transcurso da acción verbal, ben como
proceso xa concluído (aspecto perfectivo: Lavei o coche) ben como un proceso
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
139
considerado no seu inicio ou desenvolvemento, sen indicación do seu remate (aspecto
imperfectivo ou durativo: Lavaba o coche).
4.4. Voz
A acción expresada polo verbo transmítese a través da voz activa ou pasiva, aínda
que esta última estrutura é menos usada. Na voz activa, o suxeito correspóndese co
axente da acción verbal, en canto o CD fai relación ao paciente desa acción.
Na voz pasiva, os roles axente / paciente invértense, de maneira que o suxeito se
torna paciente da acción (constituíndo o complemento axente), o axente recibe a acción
e o núcleo verbal está formado pola perífrase pasiva (ser + participio).
5. Formas non persoais do verbo
O verbo presenta formas non persoais (infinitivo, xerundio e participio), que non
expresan modo nin tempo e que se diferencian entre si polo aspecto ou pola
substancia. Estas formas son invariables en número-persoa, aínda que o infinitivo conta
tamén cun tempo variable ou persoal (o infinitivo conxugado). Por outra parte, infinitivo,
xerundio e participio aparecen como elementos auxiliados nas perífrases verbais.
As formas non persoais adoitan formar cláusulas subordinadas que realizan
funcións primarias de SUXEITO, CD, CC, etc… Tamén partillan funcións doutras
categorías gramaticais, pois o infinitivo pode funcionar como substantivo (Gústame o bo
comer), o xerundio como un adverbio (Entrou na casa correndo= Entrou na casa
rapidamente) e o participio como un adxectivo que concorda en xénero e número co
substantivo (Vivía nunha casa construída no 1879).
5.1. O infinitivo
O infinitivo expresa unha acción que indica a esencia ou a substancia e recolle de
maneira máis ampla e abstracta o significado potencial do verbo, mais non mostra
aspecto, tempo nin modo.
Como calquera forma verbal, o infinitivo pode levar SUXEITO e complementos, e
pode transcategorizarse nun substantivo e, por tanto, ir acompañado dun determinante
e, opcionalmente, de modificadores: Reláxame moito o suave bater das ondas contra
as rochas.
O infinitivo posúe dúas formas, unha invariable ou non persoal e outra variable ou
persoal (infinitivo conxugado).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
140
5.1.1. Infinitivo persoal ou conxugado:
Úsase en cláusulas substantivas ou adverbiais e en bipolares. Constrúese
frecuentemente con preposición e equivale a unha cláusula con verbo en forma persoal,
iniciada por conxunción:
Cómpre facermos ese traballo axiña = Cómpre que fagamos ese traballo axiña.
Atopámonos ao chegaren á festa = Atopámonos cando chegaban á festa.
De sabermos que aínda non estaba viriamos máis tarde = Se soubésemos que aínda
non estaba viriamos máis tarde.
Con laiáreste agora non resolvemos nada = Aínda que te laies agora non resolvemos
nada.
Para non teres que repetilas hai que facer ben as cousas á primeira = Para que non
teñas que repetilas hai que facer ben as cousas á primeira.
Isto pasou por fiármonos de quen non o merece = Isto pasou porque nos fiamos de quen
non o merece.
A continuación achéganse as normas básicas de uso obrigatorio do infinitivo
conxugado:
Cando o infinitivo ten un suxeito expreso no texto diferente ou idéntico do verbo
principal: Pareceunos necesario [a nós] (suxeito do verbo principal) estaren
todos os fillos (suxeito do infinitivo).
Cando o infinitivo vai referido a un suxeito determinado non indicado no contexto
e se quere subliñar: Cómpre chegarmos a tempo á reunión. / Resulta
fundamental termos certa experiencia na vida. / É preciso elaborarmos un
informe máis extenso.
Cando o infinitivo vai introducido por unha preposición e vai diante do verbo
principal: No momento de chegardes á casa, avisádeme. / Para valorarmos
correctamente estes datos, temos que ter en conta a fiabilidade da enquisa. / Ao
remataren estas obras, comezarán outras.
Cando o infinitivo figura despois do verbo principal, tanto se tiver o mesmo
suxeito como se for diferente: De sabermos que onte estabades na Casa do
Peixes, teriámosvos chamado para nos vermos (para nos ver) / Erguémonos moi
cedo, viaxamos durante seis horas para por fin chegarmos (para por fin chegar)
ata aquí.
Cando o infinitivo ten un suxeito propio e vai complementando un nome: Esa era
a causa de estaren tan tristes.
É frecuente o seu uso en 3ª persoa de plural indicando indeterminación do
suxeito: Chegamos no momento de pecharen as portas.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
141
5.1.2. Infinitivo non persoal:
O uso do infinitivo non persoal tamén se rexe por unha serie de regras que se
expoñen a seguir:
Cando o infinitivo forma parte dunha perífrase verbal (se é o verbo auxiliado, pois
o auxiliar si que se pode conxugar de se cumpriren as regras de uso) ou dun
complexo verbal: Temos que acabar xa / Hai que deixarse de contos / Queremos
facer outro curso / Non poden deixar de reivindicar os seus dereitos.
Cando o infinitivo ten carácter impersoal): Cantar e comer non pode ser / Querer
é poder.
Cando o infinitivo vai rexido por verbos causativos (deixar, permitir, prohibir,
etc.): Déixaos chegar máis tarde; modais (poder, querer, deber, etc.): Podedes
traer a equipaxe?; ou de sentido (ver, oír, escoitar, sentir, etc.): Sentiuvos
marchar de madrugada.
Cando o infinitivo ten valor imperativo: Non fumar na sala. / A calar.
5.2. O xerundio
O xerundio é unha forma verbal que presenta un aspecto imperfectivo, mais non
achega referencias modo-temporais nin número-persoais.
A acción verbal expresada polo xerundio coincide coa do verbo principal de que
depende; habitualmente dáse unha relación de simultaneidade: Paula deume a noticia
chorando (Paula deume a noticia + Paula choraba).
Con este valor, o xerundio equivale á expresión “a + infinitivo”, de igual modo que
cando aparece formando perífrase verbal cos verbos estar, ir, andar, continuar, levar,
seguir e vir: Paula estaba chorando.= Paula estaba a chorar.
O xerundio nunca presenta valor de posterioridade e tampouco se emprega como
modificador dun substantivo nin con valor causal consecutivo, tal e como se mostra nos
seguintes exemplos:
- Valor de posterioridade:
*Entrou dirixíndose á xanela.
Entrou e (logo) dirixiuse á xanela.
- Modificador dun substantivo:
*Chegoume unha notificación solicitando o pagamento dun recibo.
Chegoume unha notificación en que se solicita o pagamento dun recibo.
- Valor causal consecutivo:
*Non habendo máis preguntas, levanto a sesión.
Ao non haber máis preguntas, levanto a sesión.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
142
5.3. O participio
O participio fai referencia ao aspecto perfectivo do verbo, que expresa unha
acción concluída, mais non indica modo-tempo nin número-persoa.
Debido á súa proximidade co adxectivo, por veces resulta difícil distinguir entre un
participio e un adxectivo. O participio ten flexión de xénero e número cando concorda
co suxeito na voz pasiva (As alegacións foron feitas no prazo marcado.) ou cando
modifica un substantivo (Fixácheste ben en que levas a camisa rachada?) e permanece
invariable na forma masculina singular nas perífrases (agás na de pasiva, claro) e
complexos verbais: As rapazas non deron comido o biscoito.
Polo tanto, a función que desempeña o participio é tanto verbal como adxectiva.
Na función verbal, o participio aparece como auxiliar nunha perífrase e na pasiva. No
entanto, na función adxectiva o participio actúa como MODIFICADOR dun substantivo,
como ATRIBUTO ou como COMPLEMENTO PREDICATIVO.
Todos os verbos posúen unha forma de participio, maioritariamente regular,
aínda que algúns son unicamente irregulares, como os seguintes e os seus derivados:
abrir / aberto; cubrir / cuberto; dicir / dito; escribir / escrito; facer / feito; poñer / posto; pór
/ posto; ver / visto.
Algúns verbos posúen dous participios, un regular e outro irregular, conforme a
función que realice. Así, o participio regular úsase cando ten valor verbal: Despois de
xogar durante unha hora, non dei cansado o neno. / A pescada foi fritida por miña nai. /
Unha vez escollido o libro, comezou a lelo.
Por outra parte, o participio irregular emprégase cando ten valor adxectivo:
Estamos cansos de tanto traballar / Adoro as patacas fritas de bolsa.
6. As perífrases verbais
6.1. Definición e descrición das perífrases verbais
A perífrase verbal é unha expresión constituída por dous verbos que forman unha
unidade significativa e sintáctica en función de PREDICADO e que cobren os valores
temporais non indicados polos diferentes tempos verbais.
O primeiro verbo da perífrase, chamado auxiliar, preséntase en forma persoal, isto
é, recibe flexión (modo, tempo, aspecto, número, persoa).
O segundo verbo, denominado auxiliado, que adopta unha forma non persoal
(infinitivo, xerundio ou participio), proporciona o significado léxico. Alén disto, cando o
verbo auxiliado vai en infinitivo pode ir precedido dunha preposición ou conxunción:
Andades a facer o parvo / Tes que ter máis coidado.
Nas perífrases prodúcese unha gramaticalización, isto é, unha perda total ou parcial
de significado do verbo auxiliar, de maneira que a construción adquire un novo valor.
Así, nun enunciado como Rompeu a chorar cando o viu, o verbo romper abandona o
significado de “dividir, partir” para pasar a reflectir o inicio da acción expresada por
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
143
chorar. O mesmo acontece con Andades a facer o parvo, en que non se fai referencia a
unha maneira de andar, pois o verbo forma parte dunha perífrase, fronte a un enunciado
do tipo Anda coxeando desde onte, en que se mantén o valor de andar e, por tanto, non
se trata dunha perífrase.
Cómpre diferenciar entre as perífrases e os complexos verbais, en que cada
verbo conserva o seu significado diferenciado e a forma non persoal constitúe unha
cláusula subordinada. Por exemplo, en Quere viaxar a París o verbo querer mantén o
significado de “desexar”, en canto viaxar a París é unha cláusula subordinada
substantiva en función de CD. Ao contrario, no enunciado Quere chover o verbo auxiliar
perde o valor de “desexar” e pasa a significar posibilidade (É posible que chova).
Para comprobarmos se estamos perante unha perífrase ou un complexo verbal,
cómpre ter en conta o seguinte:
No complexo verbal a forma non persoal pode ser substituída por un pronome
ou por un adverbio, na perífrase verbal non:
Quere viaxar a París. = Quere iso / Quéreo (complexo verbal).
Hoxe quere chover. = *Hoxe quere isto (perífrase verbal).
Anda coxeando do pé esquerdo. = Anda así (complexo verbal).
Anda dicindo que todo é mentira. = *Anda así (perífrase verbal).
Se na pasaxe a voz pasiva ou formulando enunciados interrogativos permanece
o carácter unitario da construción verbal, estamos perante unha perífrase.
Xulio comezou a cantar unha canción. ------- Unha canción comezou a ser
cantada por Xulio.
Que comezou a cantar Xulio? (mais non *Que comezou Xulio?)
6.2. Clasificación da perífrase verbal
Atendendo ao significado gramatical do verbo auxiliar (tempo, modo, aspecto), as
perífrases poden clasificarse en temporais, modais e aspectuais.
a) Perífrases temporais
Todas as perífrases temporais, que se constrúen co auxiliado no infinitivo, indican
futuridade e inminencia.
VALOR PERÍFRASE EXEMPLO
Estar a + infinitivo
Estar para + infinitivo
Remedios está a chegar. Remedios está para chegar.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
144
Futuridade e inminencia
Haber (de) + infinitivo
Ir + infinitivo
Querer + infinitivo
Hei de gañar o concurso o vindeiro ano. Vouno chamar outra vez. Parece que quere chover.
Cómpre ter en conta que as perífrases haber (de) + infinitivo e estar a/para + infinitivo
expresan intención de realizar unha acción nun futuro próximo.
Pola súa parte, querer + infinitivo só constitúe perífrase cando se aplica a fenómenos
atmosféricos (Parece que quere chover) ou cando o SUXEITO é unha entidade
inanimada (Parece que este ano as cebolas non queren saír).
b) Perífrases modais
Dentro das perífrases modais, que serven para mostrar a actitude do emisor ante
a acción, diferéncianse entre os valores de necesidade e obriga, xa que a acción
verbal se concibe como obrigatoria, e os valores de hipótese e probabilidade, dado
que a acción se percibe como posible. O auxiliar con que se presentan sempre figura
en infinitivo.
VALOR PERÍFRASE EXEMPLO
Necesidade e obriga
Deber + infinitivo
Haber (de) + infinitivo
Haber que + infinitivo
Ter que + infinitivo
Ter de + infinitivo
Debes esforzarte un chisco máis. Has de saber o que pasou. Hai que facelo. Teño que pensalo Tes de saber o que fixeron
Hipótese
Deber de + infinitivo
Haber (de) + infinitivo
Deben de ser as cinco da tarde. Han ser as cinco da tarde.
Probabilidade
Poder + infinitivo
O resorte pode fallar en calquera momento. Podían ser as seis.
Poder + infinitivo só constitúe unha perífrase cando indica probabilidade, pois no resto
de casos trátase dun complexo verbal en que o segundo verbo constitúe o CD: Podes
pór a mesa?
CD
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
145
c) Perífrases aspectuais
As perífrases aspectuais indican o modo en que a acción é vista polo emisor e
poden estar formadas por auxiliados de diferentes tipos (infinitivo, xerundio e participio).
VALOR PERÍFRASE EXEMPLO
Imperfectivo ( acción non realizada ou en
desenvolvemento )
Estar a/para + infinitivo
Haber (de) + infinitivo
Andar + xerundio Andar a + infinitivo
Estar + xerundio
Estar a + infinitivo
Ir + xerundio
Levar + xerundio Levar a + infinitivo
Continuar/seguir + xerundio
Continuar a /seguir a + infinitivo
Ser a + infinitivo
Vir + xerundio
Estiven a chorar bastante tempo. Houben de ir a esa festa. Andan contando mentiras. Andan a contar mentiras. Están facendo pan. Están a facer pan. Vai envolvendo os galanos Leva chovendo desde setembro. Leva a chover desde setembro. Segue nevando. Continúa a nevar. Todos eran a dicir que non había clase. Hai anos que veño investigando a súa vida.
Perfectivo (acción xa finalizada)
Acabar/rematar/terminar de + infinitivo
Deixar/parar de + infinitivo
Vir de + infinitivo
Dar + participio
Ir + participio
Levar + participio
Ter + participio
Acabou de barruzar. Deixou de chover. Viña de sofrer unha traxedia. Custar, custoume, mais deina entrevistado. O catarro xa vai curado. Levo feito catro exercicios Xa debía ter feito os exercicios
Botar(se) a + infinitivo
Cando me viu, botou a correr.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
146
Incoativo (inicio da acción)
Comezar a + infinitivo
Dar en + infinitivo
Poñer/pór + infinitivo
Romper a + infinitivo
Comezou a correr moi rápido. Despois do enterro, deu en chorar. Púxose a cantar cando o viu. Rompeu a chorar coa noticia.
Reiterativo (acción repetida)
Volver/tornar a + infinitivo
Voltar a + infinitivo
Adoitar/acostumar + infinitivo
Levar + participio
Ter + participio
Volve repetir a historia. Volta a repetir a historia. Adoita vir todos os días ao café. Lévocho repetido moitas veces. Varias veces llo teño dito.
Terminativo (acción na súa fin)
Acabar por + infinitivo
Chegar a + infinitivo
Vir a + infinitivo
Acabou por se anoxar. Cheguei a crer que era verdade. Veu a descubrirse que aquilo non era certo.
d) Perífrase pasiva
A perífrase pasiva está constituída polo verbo ser como verbo auxiliar e un
participio como verbo auxiliado: A ponte foi construída no ano 114 d.C. / Os resultados
foron presentados polo director executivo. Ademais, cómpre reparar en que na perífrase
de pasiva o verbo auxiliado, isto é, o participio, concorda en xénero e número co suxeito
paciente.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
147
Exercicios tema 5 (verbo)
1. Fai a segmentación morfolóxica das seguintes formas verbais e indica o valor de
cada un dos constituíntes: deixaredes, contaramos, nacen, anoiteceu,
prometemos, formariades, houberes, saiamos, desenvolvestes.
2. Lembra a conxugación dos verbos con alternancia vocálica e pon a forma de
presente de indicativo que corresponda do verbo que vai entre parénteses:
- Ultimamente non (acudir; el) _______________ ao teatro tanto como antes.
- O noso seguro (cubrir) _______________ toda clase de accidentes.
- É moi cauta, sempre (medir) _____________ moi ben as súas palabras.
- Todos eses vellos aparatos xa non (servir) _____________ para nada.
- Se non (durmir; ti) _____________ máis de cinco horas é lóxico que esteas
canso.
- Son aínda moitos os que (sufrir) _______________ as consecuencias da guerra.
- (Seguir; ti) ______________ sendo a mesma persoa de sempre.
- É no século XIX cando (rexurdir) _____________ a nosa literatura.
- Nunca din a verdade, sempre (mentir; eles) _____________.
- A lúa xa non (lucir) _____________ tanto como outros días.
3. Escribe as persoas segunda de singular e segunda de plural do presente de
indicativo, do presente de subxuntivo e do imperativo dos verbos fuxir, sacudir,
seguir e repetir, e logo describe pormenorizadamente as alternancias da vogal
radical nestes verbos.
4. Que tipo de irregularidade morfolóxica presenta a forma verbal sobes? Explica
en que consiste e indica a que formas do verbo subir afecta. Que forma debería
usar o pai de Vanesa se empregase o modo imperativo?
5. Escribe as formas do presente de subxuntivo, o antepretérito de indicativo e do
infinitivo conxugado correspondentes aos seguintes verbos: vir, ter, producir, ir,
parecer, estar, coñecer, ver, ser, posuír, haber, dar, ofrecer.
6. Conxuga o futuro do subxuntivo e o pretérito do indicativo de ter e anoar.
7. Naciches é a segunda persoa do pretérito de nacer. Escribe a mesma forma dos
verbos varrer, andar, rir, facer, andar, poder, cavilar, ter, dicir, remexer.
8. A forma segue está en presente de indicativo. Conxuga completo o presente de
indicativo deste verbo e fai o mesmo cos verbos conducir, tusir, advertir e
discutir.
9. A forma conduce está en presente de indicativo. Conxuga completo o presente
de indicativo deste verbo e fai o mesmo cos verbos seguir, fuxir, espir e asumir.
10. Escribe as formas da segunda persoa do singular e da primeira persoa do plural
do presente, do pretérito, do copretérito, do futuro de indicativo e mais do
presente de subxuntivo dos verbos predicir, influír e poder.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
148
11. Conxuga o futuro do subxuntivo e o pretérito do subxuntivo de ser, ir, andar, dicir
e facer.
12. Sinala catro formas verbais do subxuntivo que atopes no texto e di o tempo,
número e persoa de cada unha delas.
Lucía e Mabel tiñan 15 anos. O domingo incrementaron o número de mortos nas
estradas galegas. Viñan de madrugada dunha festa, dun botellón. Non ían conducindo,
estaban no asento traseiro do vehículo, pero tampouco levaban o cinto de seguridade
posto. Esqueceron prenderse á vida. A maior parte dos sinistros teñen por protagonistas
xente nova. Ten sentido, entón, propoñer que os mozos de 16 anos que superen o
exame teórico do carné de conducir poidan sentar ao volante dun coche, sempre que
vaian acompañados dun adulto? Por moitos anos de experiencia que lle esixan ao
copiloto, non vai conducir por eles.
Neste caso, o mozo que levaba o automóbil tamén viña do botellón, e sobrepasaba
o límite de alcoholemia. Parece ser que tamén sobrepasaba o límite de velocidade
permitido. Ían con présa. Un poste de formigón detivo a súa carreira. E a vida das
mozas. Viaxaban seis no mesmo coche. Unha traxedia.
O problema é que estes accidentes estanse a converter nun caso habitual.
Prodúcense demasiados. Séganse vidas de mozos en exceso. Son tantos que é sinxelo
pensar que en lugar dunha traxedia, é unha traxedia máis. O condutor foi acusado de
homicidio por imprudencia. Con isto non van arranxar nada, a morte non ten remedio,
pero así non dá lugar a dúbida que o conducir baixo os efectos do alcohol e sen cumprir
as normas de circulación constitúe un delito. Causar a morte por este motivo é un
homicidio.
María Canosa, La Voz de Galicia, 2-10-2007.
13. Busca as formas verbais do poema e indica o seu tempo, modo e persoa.
Aprendeu a escribir no servicio militar.
A raia da súa sinatura
risca como unlla que suca o xeo
no parabrisas dun tractor.
Pono nervioso o teléfono,
ese estraño que entra sen chamar á porta,
con zapatos de cidade,
e que o can non cheira.
Falar fala moi pouco.
A vida comeulle as palabras
ao tempo que agrandaba as mans.
Esas mans cavaron pozos e sostiveron tellados.
Nesas circunstancias cómpre ter a boca ben pechada.
Pero nin sequera así é capaz de ver matar o porco,
a única carne que lle gusta, mellor se está torrada.
O viño ten que ser barato,
e entón, cando o bebe en longos grolos,
penso que lle axuda a tragar
unha historia que xamais contará.
Cando mira o lume das achas na cheminea,
vai nun tren que atravesa a neve.
Colleríao da man, porque é o meu pai,
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
149
pero abráiano tanto as mostras de agarimo
como o aire dun lobo.
Manolo Rivas. 1996.
14. Nos seguintes enunciados cambia a forma verbal que aparece destacada pola
correspondente do pretérito (ten en conta que outros verbos poden verse
afectados por estes cambios):
- Digo que te poñas aí.
- Estou todo o día traballando na fábrica.
- Facemos todo canto nos mandan.
- Hai que arranxar unha solución en menos de dúas horas.
- Sei por onde se vai a aquela praza.
- Poste en pé cando estás impaciente.
- Todos eses vultos non caben no teu faiado.
- Sabemos que non vai quedar máis remedio.
- Todo o que traio é para a miña filla.
- Son eu quen máis fai e máis di.
15. Reescribe o seguinte fragmento poñendo as formas verbais no pretérito de
indicativo:
Os periodistas desempeñarían desta maneira unha das principais misións que lles
impón o seu nobre cargo, e a prensa faríalle un servizo á terra galega, que nunca se
podería estimar o bastante, porque o principal monumento que un pobo pode levantar
é a rexeneración verdadeira da súa linguaxe, e a proba máis concluínte de que se cobiza
con gusto é que sostén con tesón o que un afamado escritor lle chamou a bandeira da
patria.
16. Redacta un exemplo para cada unha destas opcións de construción.
chamar / chamar por votar / votar por
buscar / buscar por coidar / coidar de
esquecer / esquecerse de rir / rirse de
ordenar / ordenar de vestir / vestir de
17. Identifica e explica o valor temporal que teñen as seguintes formas verbais no
texto: escoitei (liña 5), iredes (liña 5), aprenden (liña 11), estaba (liña 13), partiría
(liña 14).
Durante bastante tempo camiñamos en silencio por un carreiro costento, pedregoso
e sen sombra. Abdel-Bassit, enviso nos seus pensamentos, eu nos meus - nos meus
remorsos, mellor dito-. Despois deu en dicirme, axustando o turbante na cabeza:
- Escoitei que pronto nos deixades. A onde iredes?
- A Constantinopla, se Deus quixer.
Detívose, ladeando a cabeza como para escoitar o balbordo da cidade distante.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
150
- Istambul! Istambul! Aos que teñen ollos élles difícil dicir que non hai nada que ver no
mundo. E, sen embargo, é a verdade, crédeme. Para coñecer o mundo, abonda con
escoitar. O que se ve nas viaxes non é senón un espellismo. Sombras perseguindo
outras sombras. As estradas e os países non nos aprenden nada que non saibamos
antes, nada que non poidamos escoitar en nós mesmos na paz da noite.
Se cadra o relixioso non estaba trabucado, pero a miña decisión xa estaba tomada:
partiría. En contra do meu bo xuízo, e algo de mala gana, partiría.
Amin Maalouf, A viaxe de Baldassare, 2000.
18. Tendo en conta o valor de cada caso, usa a forma correspondente de
antepretérito ou de pretérito de subxuntivo:
- Aquilo (acontecer) ________________ antes de naceres.
- Aínda non dei entendido a causa de que te (enfadar) ________________ tanto.
- (Poñer; el) _________________ a súa sinatura no documento despois de
pensalo moito.
- Pedímoslle a Clara que nos (axudar, ela) __________________a mover aquel
armario.
- Se me (dicir; vós) _________________ a verdade todo iría mellor.
- Eles (calar) ________________ porque eran moi tímidos.
- Nunca (saír) _______________ da súa vila nos últimos seis meses.
- Pediuvos que (acabar; vós) _________________ o máis axiña posible.
- A Xeración Nós (contribuír) ________________ decisivamente na renovación da
literatura galega.
- Creo que se ti (apurar; ti) _______________ un pouco máis poderiamos chegar
a tempo.
19. Usa o futuro de subxuntivo nos seguintes enunciados, sempre que sexa posible:
- Cando veñas visitarnos podes quedar máis tempo connosco.
- Se queredes deixar alí bolsas e carteiras podedes facelo.
- Quero acompañalos a onde vaian.
- Redácteo vostede como mellor saiba.
- Se sodes intelixentes, faredes o que máis conveña aos vosos intereses.
- Cando esteas diante deles has de saber o que lles has de contar.
- Onde traballes procura comportarte honradamente.
- Se prefires adiar a reunión para mañá eu estou de acordo.
- Os que teñan cometido varias faltas deberán pagar unha pequena multa.
- Cando estudes non deixes o difícil para o final.
20. Escribe cinco enunciados nos que aparezan infinitivos conxugados, procurando
que as persoas e as estruturas sintácticas sexan diferentes.
21. Localiza os infinitivos do seguinte texto. Hai algún infinitivo conxugado?
Analízao. Podería empregarse a forma persoal nalgún dos infinitivos que
aparecen na forma variable? Razoa a resposta.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
151
Para estudar o efecto invernadoiro realizáronse diversos modelos que tratan de ter
en conta todos os factores relevantes do problema para poder facer desta maneira
predicións sobre o futuro do noso planeta e, en particular, predicir o aumento da
temperatura e a súa distribución xeográfica.
22. Hai no texto algún infinitivo conxugado? Se é así, indica o valor de número e
persoa gramaticais. Pódense substituír por infinitivos conxugados os que non o
están no texto?
Aínda non reaccionei. Unha especie de angustia golpéame no cerebro cada vez que
percorro as liñas sobre papel periódico. En todo caso, coido que deberiamos estar
asustados, e moito. Algo funciona mal, e estanos levando cara á autodestrución. Por
moito que fuxa do pesimismo, non quedan alternativas. Menos a cada hora. Como é
posible que dous nenos, de once e trece anos, vestidos con roupas de camuflaxe (¡!)
entren nunha escola e masacren os estudantes e profesores sen pestanexaren?
As cifras de violencia nos institutos e en centros de primaria nos Estados Unidos
tamén teñen miolo. En case o sesenta por cento deles prodúcense a cotío pelexas con
feridos, roubos e agresións. Nun dez por cento destas debemos sumar, a maiores,
medio Código Penal en versión para todos os públicos: violacións, homicidios, torturas,
tráfico de drogas, etcétera. Tal é o grao de brutalidade que xa resulta habitual a
instalación na entrada dos colexios de detectores de metais para poder así confiscar
pistolas ou navallas.
Onde poden estar as causas de sucesos como o que hoxe nos conmove? Temos
varias explicacións. Evidentemente, moitos rapaces aprenderon a comportarse de xeito
agresivo porque viron nos demais accións similares. Así, a violencia no fogar ou os
programas de televisión teñen parte desa responsabilidade. Os maltratos a mulleres
diante dos fillos e os propios castigos violentos a estes reprodúcense no futuro. A
televisión, pola súa parte, axuda con debuxos animados, especialmente ó estilo manga,
onde cada dez minutos de proxección, once son de loita. Nos EEUU sumaremos como
outro factor engadido a facilidade para a consecución de armas de fogo, convertidas
nun “xoguete” máis.
Os pequenos son como esponxas e desaprender o adquirido é difícil. Por iso non está
de máis aquela máxima pitagórica: educade os cativos para non terdes que castigar os
maiores.
Darío Janeiro, 1998.
23. Usa a forma axeitada do participio do verbo que figura entre parénteses, en cada
un dos seguintes enunciados:
- Andaba ________________ pola praia (descalzar).
- Non dei ________________ a tempo e perdín o tren (espertar).
- A factura xa está _____________; cando queirades, marchamos (pagar).
- Síntome orgullosa de ter _______________ nesta terra e de formar parte desta
sociedade (nacer).
- Este peixe foi ________________ a lume moi vivo (fritir).
- Quedou ______________ a causa do accidente de moto (toller).
- É un dos países máis _______________ da área (desenvolver).
- Fai as liñas dereitas, que estás facendo todas ______________ (torcer).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
152
24. Redacta enunciados onde uses cada unha das dúas formas de participio dos
verbos coller, comer, envolver, erguer, fartar, imprimir e revolver.
25. Distingue os complexos verbais e as perífrases verbais.
- Imos contarvos toda a verdade.
- Podes facerme un favor? Non dou aberto isto.
- Deixa falar o rapaz!
- Fíxenlle poñer unha chaqueta.
- Escoitéillelo dicir eu mesma.
- Sentinvos chegar tardísimo.
- Debes escribir unha nova carta.
26. Sinala os valores das perífrases verbais que aparecen nos seguintes
fragmentos:
TEXTO A
Isaac ten razón. A derrota da lingua é a derrota da identidade do país e, moi
especialmente, da nosa capacidade de desenvolvemento autónomo. Tamén da
capacidade de negociación que chegado o momento poidamos ter nos foros
internacionais, onde deberiamos estar en condicións de poder defender os nosos
intereses doutra maneira. Hai tempo que o futuro do idioma non está nas facultades de
filoloxía, senón nas estratexias inmediatas da nosa política industrial, que non debería
ser incompatible nin cos sintagmas nin cos morfemas. Este foi sempre o discurso
histórico dos galeguistas. Incluídos os poetas.
Vítor F. Freixanes.
TEXTO B
Hai cousas que nunca acabaremos de entender e unha delas é a anulación do
idioma galego na cidade, que se ten decretado de xeito informal por parte do concello.
É evidente que o concello non pode impedir que unha parte moi importante dos seus
concidadáns se expresen en galego pero si é certo, e hai que dicilo por máis que doia,
o galego está expulsado, sometido a un apartheid ou gueto, na vida municipal e na súa
actividade publicística.
Manuel Rivas.
27. Sinala o tipo (aspectual, modal ou temporal) e o valor concreto das seguintes
catro perífrases verbais tiradas do texto: iamos coller (liña 4), non paraban de
dicirme (liñas 5-6), acababa de mercar (liñas 9), tería que deixalo (liña 15).
Nunca poderei esquecer o derradeiro día que pasamos na nosa casa de Ziguinchor.
Desde un mes antes sabiamos a data en que a abandonariamos, e tamén os
pormenores da viaxe. Papá enviáranos os cartos necesarios e mercara en España os
billetes do avión que iamos coller en Dakar. Marchabamos para non volver en moitos
anos, abandonabamos para sempre a nosa casa. (…). As miñas amigas non paraban
de dicirme a sorte que tiña e enchíanme de preguntas sobre a vida que ía levar en
España. Eu non sabía que contestarlles…
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
153
O día anterior ao da nosa marcha mamá chegou a casa con dúas grandes maletas
que acababa de mercar. Abriu unha delas e deixouna encol da cama onde durmiamos
Naima e mais eu.
- Encárgate de facer a vosa maleta. Escolle ben o que vas levar, xa che expliquei que
cada maleta non pode levar máis de vinte quilos.
Nese momento comprendín de verdade o que significaba abandonar o Senegal. Que
escasa era a vida que ía levar comigo! Dez quilos, quince todo o máis, porque as cousas
de Naima seguro que pesaban menos. O resto tería que deixalo atrás, marchar como
as cegoñas que cada ano vía emigrar na procura dunha nova terra.
Aquela noite derradeira fun incapaz de durmir. Deitada na cama, pensaba en todo o
que non levaba na maleta, o que non me cabería nela aínda que fose enormísima,
porque hai cousas que non é posible levar. Todo iso tería que levalo na memoria e facer
o esforzo de conservalo. Para que non se me borrase, para que me acompañase a
todas horas.
Agustín Fernández Paz, Lúa do Senegal, 2009.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
154
O POSESIVO
1. Presentación e descrición
O posesivo, que adoita ir precedido polo artigo definido, establece unha relación
deíctica (isto é, sinala algo situándoo no espazo ou no tempo) de pertenza ou de
posesión cunha das tres persoas gramaticais que participan no acto comunicativo: O
coche de alí é meu. / A toalla vosa é moi pequena. / O seu bisavó chámase Xulián. /
Miña nai é galega e meu pai asturiano.
Morfoloxicamente, o posesivo pode variar en xénero e número e, sintacticamente,
pode funcionar como DETERMINANTE na frase nominal (acompañando a un
substantivo: Meu pai tróuxome un agasallo da India), como NÚCLEO da frase
substantiva (cando aparece substantivado: O teu son os encrucillados) ou como
MODIFICADOR (cando vai despois do substantivo: Este rapaz noso é moi falangueiro).
No paradigma do posesivo recóllense as seguintes formas:
PERSOA SINGULAR MASCULINO
SINGULAR FEMININO
PLURAL MASCULINO
PLURAL FEMININO
P1 sing. meu miña meus miñas
P2 sing. teu túa teus túas
P3 sing. seu súa seus súas
P1 pl. noso nosa nosos nosas
P2 pl. voso vosa vosos vosas
P3 pl. seu súa seus súas
Ao coincidiren as formas P3 sing. e P3 pl. poden producirse casos de ambigüidade,
facilmente salvables grazas ao contexto.
2. Valores especiais do posesivo
2.1. Posesivo enfático
O posesivo enfático, formado pola preposición de seguida de posesivo masculino
singular (de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu), expresa os seguintes
valores:
Propiedade exclusiva : Tendes un apartamento de voso? (O posesivo enfático
de voso significa “exclusivamente da vosa propiedade e de ninguén máis”)
Calidade propia dunha persoa: O koala é preguizoso de seu (o posesivo
enfático de seu significa “por natureza”).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
155
Relación de parentesco. Emprégase con substantivos do campo semántico da
familia: Xosé é tío de meu (é o mesmo que dicir Xosé é meu tío).
Acción dun suxeito sen participación dun elemento exterior: O lavalouza
parou de seu (o posesivo enfático de seu significa “por si mesmo; sen axuda de
ningunha persoa ou calquera elemento externo”).
2.2. Posesivo distributivo
A nosa lingua articulou tamén unhas formas específicas para expresar valores
posesivos e distributivos asemade (fórmanse co indefinido cada + formas do posesivo
de P3), que equivalen á construción “(a) cada un seu…”: Comproulles cadanseu xeado
aos fillos. / As alumnas entregaron cadansúas fichas.
As formas do posesivo distributivo sempre aparecen diante do posuído, nunca diante
do posuidor: As nenas levaban cadansúa bicicleta. / *Cadansúa nena levaba a bicicleta.
MASCULINO SINGULAR
MASCULINO PLURAL
FEMININO SINGULAR
FEMININO PLURAL
cadanseu Cadanseus cadansúa cadansúas
3. Usos e valores expresivos.
Ademais de expresar posesión ou pertenza, os posesivos poden presentar os
seguintes valores:
Relación de familiaridade e afecto: O noso Antón évos un rapaz moi agudo.
Valor aproximativo ou ponderativo, cando son usados con numerais ou
substantivos referidos a diñeiro, anos, metros, etc.: O automóbil custaríalle os
seus vinte mil euros.
Posesivo de modestia, cando se emprega noso(s), nosa(s), por meu(s),
miña(s) para evitar a referencia directa á primeira persoa: O noso (meu) traballo
consta de catro partes.
Acción habitual nunha persoa: Eu despois de xantar teño que tomar o meu
café.
Os meus, os teus, os nosos, os vosos e os seus adquiren o valor de “a miña,
túa, vosa… familia”: Os meus foron onte á praia = A miña familia foi onte á praia.
Bastante, boa cantidade: Hoxe non debes conducir, que xa bebiches o teu.
O que é propio ou natural de alguén; aquilo para o que ten habilidade ou
destreza: O meu é a fabricación de mobles.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
156
O que adoita facer ou dicir alguén con consecuencias negativas para os
demais: Xa andan os do lado a facer das súas.
O que lle corresponde a alguén: Agora seguide vós, que eu xa fixen o meu.
4. Articulación e colocación do posesivo
O actualizador máis habitual que acompaña o posesivo é o artigo definido ou
determinado. Non obstante, este omítese perante posesivo nos seguintes casos:
Nos vocativos: Meu rei, estás ben? / Agora, meus amigos, deben votar.
Cos substantivos de parentesco moi próximo (nai, pai, irmán, irmá, avó, avoa,
etc.), xa que no resto dos casos a presenza do artigo é optativa: Meu pai dixo
que viría xantar. / Onte estiven na casa da miña nora.
Coas formas de tratamento, en que tamén se constata un uso optativo do artigo:
Noso Señor é misericordioso. / O Noso Señor é misericordioso. / Entra na sala
Súa Señoría. / Entra na sala a Súa Señoría.
Nas construcións de posesivo enfático e nas expresións idiomáticas: É listo de
seu. / Meu dito, meu feito.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
157
Exercicios tema 5 (posesivo)
1. Introduce nestas frases as formas do posesivo enfático:
- Xa cumprimos os dezaoito anos e temos moto propia.
- Por fin temos un barco propio para ir pescar.
- O noso país ten, por natureza, unha beleza extraordinaria.
- As persoas máis ricas do mundo son propietarias de moitas terras.
- A casa derrubouse polo seu propio peso.
- Sempre foi un rapaz especialmente tímido.
- Aínda non teñen casa propia.
- Este rapaz xa naceu intelixente.
2. Le o seguinte texto e a continuación responde ás cuestións:
Non morrerei na casa en que nacín, nin talvez na parroquia, e outra lousa
conxelará o meu nome sobre min lonxe do sitio onde meu pai repousa. Non cantarán para min as rumorosas
carballeiras da infancia (se aínda quedan), nin aquel vento gastará as piadosas
letras que contra o olvido me concedan. ¿Quen saberá daquela onde estou eu,
se esta cadea non se continúa que prende un home á terra en que naceu
e onde é xa terra tanta xente súa? ¿Onde estarán os netos dos meus fillos cando o meu corpo críe xa pampillos?
Dario Xohán Cabana, Canta de cerca a morte, 1994.
Fíxate nos catro posesivos que aparecen destacados no texto. Cal é a razón de que un deles non vaia precedido de artigo? Sería correcto que levase artigo? Os outros tres posesivos que levan artigo, poderían ir sen el nalgún caso? Por que?
3. Fíxate na expresión de seu (liña 2). Explica o que significa no texto. Inventa dous
exemplos coa expresión de meu e outros dous con de teu, indicando en todos
os casos o seu significado.
(...) É un erro grave, e dos máis prexudiciais, inculcar á muller que a súa misión
única é a de esposa e nai; equivale a lle dicir que non pode ser nada de seu, e aniquilar
nela o seu eu moral e intelectual, (...).
O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independente do
seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viúva, ten deberes que cumprir,
dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén, un traballo que realizar,
e idea de que é unha cousa seira, grave, a vida, e que se a toma como un xogo, ela
será indefectiblemente xoguete. Dádeme unha muller que teña estas condicións, e
dareivos unha boa esposa e unha boa nai, que non o será sen elas.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
158
Canta falta lle han facer, e ós seus fillos, de quedar viúva. E se permanece solteira,
pode ser moi útil, moito, á sociedade, moi necesitada de persoas que contribúan á
conservación da especie. A falta de personalidade na muller esteriliza grandes
cualidades de milleiros de solteiras ou viúvas; e non é pouco o dano que da súa falta de
acción benéfica resulta.
Concepción Arenal.
4. Indica o valor especial do posesivo na expresión dos seus (liña 4) e sinala outros
tres valores ou usos especiais.
Cando había eleccións o Antón, pai do Manueliño, ía sempre a votar. Antes das
eleccións no pobo falábase e discutíase. Antón era pouco amigo de discutir e votaba
sempre por aquel que o señor Manuel de Hortas lle dicía. O Antón pensaba para si que,
votase a quen votase, a súa sorte e a dos seus non ía cambiar en nada. Facéndolle
caso ó señor Manuel algo podía conseguir. Se algunha vez precisaba algunha cousa,
ou se vía nalgún apreto, o señor Manuel aínda lle podería valer. E isto é o que podía
gañar […]
Manuel María. O xornaleiro e sete testemuñas máis. 1971.
5. Transforma os enunciados introducindo as formas dos posesivos distributivos
que consideres axeitadas:
- Regalei a cada alumno un libro.
- Comprei unha camiseta para as rapazas.
- Os futbolistas dos equipos enfrontados saíron do terreo de xogo lucindo unha
camiseta nova.
- O arquitecto mercou tres cascos de seguridade para cada un dos albaneis que
traballaban no edificio.
6. Indica os valores especiais que teñen os posesivos nestes enunciados:
- O meu era reparar as fiestras; as portas é cousa vosa.
- Os nosos marchan mañá para Madrid.
- Saín da casa, dei o meu paseo e volvín con forzas renovadas.
- Non te fíes del porque che pode facer das súas.
- Déixao; agora está ben, está cos seus.
- Hoxe vivo ben, pero durante aqueles anos paseiche as miñas.
- Non creo que che poida arranxar o tractor porque o seu sonche os motores de
gasolina.
- O Avelino xa terá os seus trinta anos.
7. Indica o valor das formas de posesivo que aparecen nestas cláusulas:
- Sempre tiven coche de meu. - Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.
- Xa andan os da clase do lado a facer das súas. - Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol. - Ese nunca chegará a ter casa de seu.
- O Paulo xa che ten os seus vinte anos. - Meu queridiño, que mal o pasou! - Xa tomou as súas pílulas.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
159
- O meu Carliños aínda non vai á escola.
- Xesús ten de comer de seu, non pasa fame. - Os meus sempre van no verán á praia. - Aquel cativo era intelixente de seu.
- Outra vez vén cos seus chistes baratos. - Temos dúas piscinas de noso. - E logo, como anda hoxe o noso amigo?
- É moi de teu deixar todo esparexido polo chan. - Deica A Rúa hai os seus cen quilómetros. - Os seus non a deixan saír despois das dez da noite.
- Non creo que volvan xa ao seu.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
160
O RELATIVO
1. Presentación
O pronome relativo adoita facer alusión a un elemento referido anteriormente, denominado antecedente, ao cal substitúe dentro da cláusula subordinada adxectiva que este pronome introduce.
Dentro da cláusula subordinada adxectiva o relativo desempeña unha función sintáctica, que é independente da función que toda a cláusula subordinada desempeña no conxunto da cláusula principal.
O rapaz que (SUXEITO) entrou despois de Ana é de Etiopía.
Cl. subordinada adxectiva con función de MODIFICADOR
Eis o pradadigma do pronome relativo:
RELATIVOS VARIABLES
Masculino Feminino
RELATIVOS
INVARIABLES
canto, cantos canta, cantas que, quen
cuxo, cuxos cuxa, cuxas cando, como
o cal, os cales a cal, as cales onde
2. Valores do pronome relativo
a) Que
O pronome relativo invariable que ten como antecedente unha entidade (animada ou
inanimada).
No colexio hai moitos cativos que veñen de fóra da cidade.
A cunca, que Xurxo mercou en Sargadelos, é de caolín.
Nos exemplos anteriores, o relativo que introduce unha cláusula de relativo (=
adxectiva) que desempeña a función sintáctica de MODIFICADOR, cuxo NÚCLEO é o
seu antecedente. Dentro da cláusula, o relativo que pode ter a función de SUXEITO,
ATRIBUTO ou COMPLEMENTO DIRECTO, SUPLEMENTO, COMPLEMENTO
CIRCUNSTANCIAL, etc.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
161
Viñeron rapaces que (SUXEITO) viven na bisbarra.
Cl. subordinada de relativo con función de MODIFICADOR
O teléfono que (CD) mercou é da Coruña.
Cl. subordinada de relativo con función de MODIFICADOR
Nos casos anteriores introduce unha subordinada de relativo (= adxectiva), mais
cando o antecedente é o artigo substantivado este relativo introduce unha subordinada
substantiva.
O que limpe hoxe toda a casa terá un premio
Cl. subordinada substantiva con función de MODIFICADOR
Nestes casos o artigo desempeña a función de NÚCLEO, pois substitúe o substantivo
que acompañaría, de modo que a súa presenza é obrigatoria.
b) O cal
O pronome relativo variable en xénero e número o cal vai precedido necesariamente
de artigo determinado e pode facer referencia tanto a entidades animadas como
inanimadas. Este relativo composto debe ir precedido polo antecedente.
Hoxe estudamos as preposicións, as cales xa foran explicadas o ano anterior.
A cláusula subordinada en que se insire o relativo constitúe o MODIFICADOR do
antecedente. No interior desta, o pronome relativo pode sempeñar distintas funcións
(SUX, CD, CC…).
c) Quen
O pronome quen é un relativo que fai alusión exclusivamente a unha persoa e pode
constituír unha cláusula subordinada adxectiva, cando ten antecedente, ou unha
subordinada substantiva, se este non existir.
Dentro da cláusula subordinada, quen desempeña a función sintáctica de SUXEITO,
de maneira que esixe sempre o verbo en P3 (non existe a forma *quenes). Alén disto, o
relativo quen tamén pode actuar como CD e, cando vai precedido de preposición, pode
exercer outras funcións (CI, SUP, CC…).
Quen chegue antes que reserve catro asentos. SUXEITO
_______________
Cl. subordinada substantiva (non hai antecedente)
Ao final, descubrimos quen foran os que nos entraran a roubar na casa.
SUXEITO ---------------------------------------------------------------- Cl. subordinada substantiva (non hai antecedente)
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
162
A rapaza de quen che falei é alumna de Xesús.
SUPLEMENTO
______________
Cl. subordinada de relativo (hai antecedente; neste caso “rapaza”)
O mozo con quen andaba era avogado. C.C. COMPAÑÍA
______________ Cl. subordinada de relativo (hai antecedente; neste caso “mozo”)
d) Cuxo
Cuxo, e as súas formas femininas e plurais, maioritariamente usado en rexistros
formais, establece unha relación de determinación sobre o substantivo anterior,
enlazándoo co substantivo posterior: O vestido cuxo prezo era exorbitante vino no
escaparate. / Os vestidos cuxos prezos eran exorbitantes vinos no escaparate. / Fomos
a unha praia cuxas augas son transparentes.
O substantivo precedente constitúe o antecedente de cuxo, que introduce unha
cláusula subordinada de relativo (= adxectiva) en función de MODIFICADOR. Cuxo
funciona no interior da subordinada como DETERMINANTE do substantivo posterior,
con que concorda en xénero e número.
e) Canto
O relativo variable en xénero e número canto, alude a unha cantidade total e equivale
a “(todo) o que, (toda) a que”: Fixo todo canto puido.
Canto concorda en xénero e número co substantivo que acompaña, realizando a
función de DETERMINANTE dunha frase nominal dentro da cláusula subordinada. Non
obstante, pode converterse en NÚCLEO da frase coa ausencia do substantivo:
Ten cantos coches quere. / Viaxa canto pode.
DET N
---------------------------- -----------------
Cl. subordinada de relativo Cl. subordinada de relativo
f) Cando, como, onde
Cando, como e onde son adverbios relativos que se relacionan con entidades
inanimadas e introducen unha cláusula subordinada de relativo en función de
MODIFICADOR. No interior dela actúan como CCT, CCM, CCL, respectivamente, e
conforman unha frase adverbial.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
163
Cando posúe un valor temporal, correspondente a “(tempo) en que”, e conforma
unha frase adverbial en función de CCT dentro da cláusula de relativo.
Lémbrome moi ben do día cando comezamos a mocear.
CCT
-------------------------------------
Cl. subordinada de relativo con función de MODIFICADOR
Non aturo os días de verán, cando vai demasiada calor.
CCT
---------------------------------
Cl. subordinada de relativo con función de MODIFICADOR
Non obstante, se toda a cláusula subordinada en que se inclúe desempeña a función
de CCT na cláusula principal, de modo que se identifica cun adverbio e por tanto non
modifica un antecedente, a forma cando é unha conxunción temporal inserida nunha
subordinada adverbial.
Tráeme un vaso de auga cando poidas. = Tráeme un vaso de auga axiña. CONX. TEMPORAL ADV. ------------------ Cl. subordinada adverbial con función de CCT Como, que presenta un significado equivalente a “(modo/maneira) en que”,
desempeña a función de CCM dentro da cláusula subordinada. O seu antecedente
habitualmente é o substantivo maneira ou modo.
Odio a maneira como trata á xente!
CCM
-------------------------- ________________ Cl. subordinada de relativo con función de MODIFICADOR
Odio o modo como trata á xente!
CCM
--------------------------
Cl. subordinada de relativo con función de MODIFICADOR
Nos casos en que non ten antecedente e a cláusula subordinada que introduce actúa
como CCM na cláusula principal, como é unha conxunción modal inserida nunha
subordianda adverbial.
Faino como queiras. = Faino así.
CONX. MODAL ADV. ----------------- Cl. subordinada adverbial con función de CCM
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
164
Onde contén un valor que se corresponde a “(lugar) en que” e realiza a función de
CCL na cláusula subordinada de relativo, que á súa vez se establece como
MODIFICADOR do antecedente.
As cidades onde estivo eran europeas. CCL --------------- _______________________ Cl. subordinada de relativo con función de MODIFICADOR
Estou a procurar un lugar onde desconectar do mundo!
CCL
------------------------------------- ________________________ Cl. subordinada de relativo con función de MODIFICADOR
Se carece de antecedente e a subordinada que introduce exerce a función de CCL
na cláusula principal, trátase dunha conxunción de lugar incrustada nunha subordinada
adverbial.
Van construír un colexio onde había un parque ---------- Van construír un colexio alí.
CONX. ADV. ------------------------------ Cl. subordinada adverbial con función de CCL
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
165
Exercicios tema 5 (relativo)
1. Enche os ocos coas formas que, quen, cal, onde e canto:
- Eles non son ____________ de dicirche iso. - Os _____________ queiran, que marchen xa.
____________ che inventou ese alcume? - A ______________ lle vén tanta saña? - ______________ hai fume, hai lume.
- ______________ labarada da que me falaches? Eu non vexo nada. - As angueiras son as____________ acaban con ela. - Boteille ese resolio na mancadela, o ___________ produciu aínda máis
proído. - _____________ era o ____________ estaba axexando?
- Construíron un xardín ____________ dá xenio velo, o____________ é bastante raro nesta cidade.
- Cando teña cartos fareille un tobo ao can, co ____________ xa non andará por aí de buraco en buraco.
- Non eran eles ____________ andaban roufeñando toda a noite. - De ____________ viñas onte a aquelas horas da noite?
- Vendeu ____________ lle deixaron os pais. - Todos os días leo un bo anaco, o _____________ mellora a miña formación. - Estou moi nervioso, o ____________ non é nada bo.
_____________ pasaxeiros van nese avión? - Baixou á cociña, ____________ colleu a botella de auga.
- _____________ eran os xogadores ____________ gañaron o mundial de 2010 de fútbol?
- De todos os gañadores do Tour de Francia, __________ é o teu preferido? - Sempre vivín _____________ quixen, non _____________ me obrigaron.
- Agora hai moitos chineses _____________ falan galego, son os __________veñen traballar aquí.
2. Sinala os relativos nos textos seguintes:
Chegou das Américas un home rico e trouxo un negriño cubano, coma quen trae unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
Castelao, Cousas.
Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazado a súa nai. Era un home que non se parecía ao retrato; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo... Aquel si que era o pai de Migueliño.
Castelao, Cousas.
De súpeto parouse e sentiu un arrepío de medo: na despensa onde se gardaba a louza, xurdira unha nota cristalina, soa, temerosa na noite, unha pinga de salterio de dúas copas que se tocaban. O morgado pensou: “É un aviso”. E quedou sen enerxía, disposto para a desgraza que sen dúbida aletexaba polos arredores do pazo naquela fría noite de marzal.
Otero Pedrayo, As onzas.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
166
Houbo un intre no que pola face dun dos compañeiros de fúnebre carga pasou a insinuación leviá dun sobresalto, coma se el estivese a sentir tamén o velaíño buligar. Mais non foi máis que un lampo. De seguida ficou sereno. Eu non dixen nada. Houbo un intre en que case me decidín. Dirixinme ao da miña banda e, acobexando a pregunta nun sorriso de retrouso, deslicei:
– E se o Bieito fose vivo?
O outro riu picaramente coma quen di: “Que ocorrencias temos”, e eu amplifiquei o meu falso sorriso de retrouso.
Rafael Dieste, Dos arquivos do trasno.
Este Tristán do que conto nunca soubo por que lle puxeran ese nome no sacramento do bautismo, nin coñecía a ninguén que se chamase coma el. Un tío seu que traballaba como camareiro nun restaurante moi famoso de Lisboa, dicíalle que en Portugal coñecía a dous ou tres cabaleiros dese nome, e que todos eles eran moi ricos. Tristán foi cumprir o servizo militar a León, e alí un día, nun quiosco, mercou por dous reás “La verdadera historia de los amantes Tristán e Isolda”, cos namorados moi abrazados na portada do folletín. Ao fin ía saber quen fora aquel Tristán cuxo nome levaba. Cando chegou ao final da historia, coa morte de denambos namorados, Tristán García verqueu unhas bágoas.
Álvaro Cunqueiro, Tristán García.
Vós non podedes entenderme, sodes da outra banda; dos que andan por derriba. Non me refiro soamente á cama... Hai dúas castes de xente: a dos que remangan a xostra e a dos que van diante dela. Uns mandan e outros son mandados. Eu ben sei deso. Porque eu... Ninguén leva aturado tanto. Pero vós non sodes quen de sentir mágoa por unha muller da miña caste. Somos lixos de coiro morno; preas sin cheiro. Rídesvos do noso rir. Pensades que non pensamos. E eso, derriba de todo o demais, doe de certo... Nin sei porque falo.
Neira Vilas, Lucinda.
3. Indica no texto catro formas que que non teñan valor de relativo.
Para Don Enrique Múgica, Defensor del Pueblo, os contrarios aos touros somos uns
parvos. Non pode descoñecer que, neste país, máis dun 70% estamos nese apartado:
na súa lóxica, a maioría do país é parva.
E supoño que tamén a maioría dos países que ven no espectáculo dos touros un
acto de barbarie primitiva.
Como non ten brillado moito como valedor do pobo, faise agora valedor non dos
touros, senón dos que torturan, dos que envilecen á xente cun espectáculo primitivo,
dos que matan, para se divertiren, a touros indefensos. ¿É esta a estética que el defende
e para a que di ter especial sensibilidade?
Para el, esa sensibilidade é case divina: non hai argumentos racionais para defender
a tal «fiesta», e pensa —é un dicir— que non se pode explicar como tampouco os
filósofos poden explicar racionalmente a existencia de Deus. «Ou se cre ou non se cre»,
di cheo de razón. Naturalmente, el cre.
O malo deses crentes sen dúbidas é que son dogmáticos. E un dogmático é alguén
que nega ao outro, que o exclúe, que non sabe de convivencia nin de concordia. Nun
país normal o señor Múgica sería destituído de maneira fulminante.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
167
Pero aquí, como nos tempos de Franco, só porque iso é o que pide a cidadanía, que
el non defende, posponse o cesamento: así non se demostra debilidade. Pero si que os
que o nomearon se lle asemellan bastante.
Xosé Luís Franco Grande, La Voz de Galicia, 8-12-2008.
4. Clasifica os que do derradeiro parágrafo (l. 12-15) segundo sexan pronomes ou
conxuncións.
Ti que voltas, que desandas o camiño do mar, que vas para o recanto onde naciches,
vai ver a meus pais, que alá quedaron roendo broa e partindo cadullos. Vainos ver pero
non lles digas que caín dun tranvía e ando coxo; nin que agatuño cada día sobre unha
morea de cisco e paso dez horas por xornada remexendo e entrecollendo porcalladas
que bota a cidade; nin que vivo nun chafarís de casqueiros sen luz e sen auga de tubaxe;
nin que lavo a miña roupa; nin que se me acabaron festas e domingos. Non lles digas
do esforzo que me custa reunir os pesos para o xiro mensual da ‘axuda familiar’, nin que
era unha trola eso de facer-a-América e de que os cans andaban amarrados con trenlas
de longaínzas. Non lles digas dos meus apertos, inda que son os de moitos, deses
moitos coma min que tamén calan e acochan os seus fracasos. Que pensen que isto é
de ouro e que os emigrantes somos felices.
Ou… se ben o cavilo case é mellor que lles digas a verdade. Eu nada explico nas
cartas, pero ti, como cousa túa… Que se decaten do que é dar ó zoco polo mundo
adiante e mastigar o pan que amasou o demo. Ti que voltas, que vas alá, di o que
queiras. O que che pete. Que o saiban todo.
Xosé Neira Vilas, 2003.
5. Indica os valores dos que resaltados no texto en negriña.
O mozo maldiciu, ergueuse furioso e tirou a banqueta dunha patada. O home de
pelo cano, ao falarlle, miraba na camiseta, coa lenda de Iron Maiden, o espectro
monstruoso que suxeitaba coas mans os extremos dun cable de alta tensión e
lostregaba polos ollos. O pelo do espectro era moi longo e dun branco de neve.
- ¿Que fas? ¡Pon a banqueta dereita!
Estaban vendo o partido televisado. O rival metera o gol do empate e alonxábanse
as posibilidades de que o Deportivo da Coruña acadara o campionato. Só faltaban cinco
minutos para terminar o encontro. Ao fondo da cociña, palillaba flores de encaixe a nai.
Aquel son industrioso pertencía á orde natural da casa. Facíase notar cando non existía.
- A culpa é del - ,dixo o mozo con resentimento.
- ¿De quen? - Tamén o home de pelo cano se sentía molesto.
- ¿De quen vai ser? ¡Mira que é burro!
- ¿Por que lle chamas burro? ¡Non sabes nin de que falas!
- Estabamos gañando, estabamos gañando e vai e cambia a un dianteiro por un
defensa. Sempre recúa. ¿Non te das conta de que sempre recúa?
- ¿Está el no campo? Dime. ¿Está el no campo? ¿Non hai once tipos que xogan?
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
168
¿Por que lle botades a culpa a el?
- ¡Porque a ten! ¿Por que non saca a Claudio? ¿A ver? ¿Por que non? Iamos
gañando e vai e cambia a Salinas. ¡Todo ao carallo!
Manuel Rivas, 1995.
6. Indica os valores dos cinco que resaltados no texto en negriña.
Nai quixo detelo varias veces, e outras tantas desfacíase dela cun garapaldo e unha
ameaza. Só cando ela lle berrou que non me pegase máis, que ela fora onda o Manuel
e non eu, entón pai detívose e, resollando, bruou:
- Ti tamén, puta!
- Si, eu tamén! —chantoulle miña nai, decidida a detelo—. Se che vale así, eu
tamén!
Pola miña cabeza, ademais do odio feroz cara a aquel home, lampexou entón outra
teima, a dos ciumes, a da desconfianza na persoa coa que vives e que che aguilloa o
siso até non deixarte amañar cada minuto de vixilia que se che concede.
Era posíble algo así naquela casa? Sería capaz aquel pai cun cinto na man de verse
maltratado por esa paixón? Estivera eu tan cega como para nin presentila? Parva era
pouco chamarme. Parvallana, estúpida e babeca acaería mellor, matinei entre o alivio
das cintoladas que nai evitara facendo de pandote.[…]
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
169
AS CONXUNCIÓNS E AS LOCUCIÓNS
CONXUNTIVAS
1. Descrición e características
A conxunción defínese como o vocábulo invariable que conecta elementos da
mesma natureza sintáctica (frases, cláusulas e oracións) exercendo a función de NEXO.
Esta clase de palabras non posúe significado léxico, unicamente gramatical.
A función de conxunción pode vir desempeñada por unha soa palabra (nin, porque,
ou) ou por unha locución conxuntiva (antes que, aínda que, etc.).
2. Locución conxuntiva
A locución conxuntiva adoita construírse cun adverbio ou conxunción e a
conxunción que (aínda que, así que, e iso que, etc.). Mais, non todas as estruturas que
responden ao esquema anterior son locucións. Así, en Non podes chegar despois de
que saia o sol, a unidade despois de que constitúe unha frase adverbial formada por un
NÚCLEO (despois) e por un MODIFICADOR (de que), que é unha frase preposicional.
Porén, na cláusula Tes que mercar froita e mais recoller os zapatos o grupo e mais
funciona como unha única unidade lingüística.
3. Clasificación da conxunción e da locución conxuntiva
Consoante ao tipo de elementos asociados, diferenciamos dous tipos de
conxuncións:
a) Conxunción coordinada, que une frases ou cláusulas que exercen a mesma
función: A xefa e os empregados sumáronse á protesta. / Quixen presentalo
onte, mais non o conseguín.
Neste grupo distinguimos entre:
Conxunción copulativa, que enlaza dous elementos con idéntica
función: Non quero o lapis nin o libro. / Dálle que dálle.
Conxunción adversativa, que liga dúas cláusulas acrecentando a idea
de contraste: Non só apareceu Mario, senón tamén toda a súa familia. /
Antón foi profesor, que non avogado.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
170
Conxunción disxuntiva, que une dous termos de significado oposto:
Prefires ir a Londres ou a París?
Conxunción distributiva, que indica distribución ou alternancia entre
dous elementos: Non vin nin isto nin aquilo. / Sexa pola cor, sexa polo
sabor, nunca come.
b) Conxunción subordinada, que establece unha relación de dependencia entre
as cláusulas, isto é, a principal completa a subordinada: Decidiron regresar
porque non deixaba de chover. / Se eu fose rico, non deixaría de traballar.
Existen diferentes tipos de conxuncións subordinadas:
Conxunción comparativa, que liga enunciados onde existen dous
termos; un deles contrasta o grao dunha determinada calidade en
relación cos dous: É ben máis intelixente ca ela. / Nunca bailou coma
min.
Conxunción causal, que introduce unha cláusula que denota a idea de
causa: Como tiña frío puxo a chaqueta. / Pecha, que pode entrar alguén.
Conxunción temporal, que abre unha oración que indica circunstancia
de tempo: Mal chegues, avisa / Chámame ao móbil apenas chegues.
Conxunción concesiva, que inicia un enunciado en que se admite un
feito contrario á acción principal, mais incapaz de impedila: Así me berre,
non penso obedecer.
Conxunción consecutiva, que indica a consecuencia dunha acción
declarada na outra oración: Tiña tanto medo que fuxín de alí.
Conxunción final, que comeza unha cláusula que indica a finalidade da
oración principal: Ven que cho conto.
Conxunción completiva, que introduce unha cláusula que realiza a
mesma función que desempeñaría un substantivo, un adxectivo ou un
adverbio: Queremos que mudes de actitude.
Nas seguintes tabelas recóllense as principais conxuncións e locucións
conxuntivas coordinadas e subordinadas:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
171
Conxuncións e locucións conxuntivas coordinadas
TIPO
CONXUNCIÓN E LOCUCIÓN CONXUNTIVA
EXEMPLO
Copulativas
e, mais, nin, que
así como, e mais, non só, como tamén, tamén,
tanto … como
Abrín a porta e a xanela. Teo mais Lucía saíron para o mercado. Non quero o lapis nin o libro. Dálle que dálle! Pilar, así como a miña tía, axudaron moito. Antón e mais Teresa chegaron xuntos. Escolleu tanto os verdes como os azuis.
Adversativas
mais, ora, porén, que,
senón, pero
agás que, agora ben, agora que, aínda que, así e todo, bardante que, con todo, e
iso que, emporiso, en troca, excepto que, fóra de que, no entanto, non obstante, ora ben, quitando que, senón
que, só que
Dixo que prefería té, mais o café tamén lle gustaba. O rapaz é moi traballador; porén non lle loce. Non só apareceu Mario, senón tamén toda a súa familia. Isto é así; agora ben, podes facelo á túa maneira. Aínda que sufriu moito, non se queixou. Aprobou, e iso que non estudou nada. É rusa, emporiso fala ben o galego. Estaba cansa; no entanto quixo saír. Teño un; non obstante, non funciona. Paseino ben, quitando que a música estaba alta. Ese non é o pai, senón que é o marido. Andei moito, só que non me fatiguei.
Disxuntivas ou Prefires ir a Londres ou a parís?
Distributivas
ben…ben, cal…cal, cando…cando, nin…nin,
ora…ora, ou…ou, quer…quer, sexa…sexa,
xa…xa
Non vin nin isto nin aquilo. Ora falaba, ora ficaba calada. Quer veñas, quer non, telefoneareite. Sexa pola cor, sexa polo sabor, nunca come.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
172
Conxuncións e locucións conxuntivas subordinadas
TIPO
CONXUNCIÓN E LOCUCIÓN
CONXUNTIVA
EXEMPLO
Condicionais
cando, se
agás que, agás se, a menos
que, a nada que, a no ser que, a non ser se, a pouco que, bardante que, caso de
que, con que, con tal de que, con tal que, de non ser que, de non ser se, desde que, en
caso de que, excepto que, excepto se, quitando que,
quitando se, salvo que, salvo se, sempre que, sen que,
unha vez que
Cando esteas só, chámame. Se leses o libro estarías informado. A menos que fagas deporte, non mellorarás. A pouco que traballen, verán resultados. Faremos peixe bardante que prefirades carne. Podes ir desde que aprobes. Con que obedezas, conformámonos. Con tal de que non corras, espérote. En caso de que veñas, trae o portártil. Non irán salvo que se tranquilicen. Quitando que digas outra cousa, continuaremos. Unha vez que deixes de fumar, sentiraste ben.
Comparativas
ca, como, coma, que, (tal)
cal
así como, ben como, do que
É ben máis intelixente ca ela. Nunca bailou coma min. É tal cal o pai. Trátaos así como eles te traten. É máis novo do que parece.
Causais
como, pois, porque, que
a causa de que, como queira que, dado que, debido a
que, pois que, por causa de que, por cousa de que, por culpa de que, por mor de
que, suposto que, visto que, xa que
Pecha, que pode entrar alguén. Como tiña frío puxo a chaqueta. Tomou o xarope porque estaba con tose. Dado que están aquí, poderían achegarse. Pois que o tes que facer, por que non comezas? Por culpa de atender o teléfono, queimóuseme o caldo. Xa que o coñeces, podes convidalo.
Temporais
apenas, cando, mal, mentres
agora que, aínda ben non, (aínda) non ben, á medida que, antes de que, ao paso que, así que, ata que, axiña que, cada vez que, cando queira que, coa mesma,
Mal chegues, avisa. Aínda ben non chegara, a cadela xa comezara a ladrar. Así que comece, verémolo máis. Ata que resolvas o problema, non sairás de aquí. Cada vez que vén, estraga algo.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
173
decontado que, desde que, des que, deseguida que,
despois (de) que, en canto, enseguida que, en tanto,
entre tanto, logo que, mentres tanto, no momento
en que, primeiro que, sempre que, tan axiña como, toda vez que, todas as veces
que, unha vez que
Cando queira que entre, encontraranos aquí. Desde que foi ao médico está rarísimo. Limpa a casa en canto escoita música. Tan axiña como aparece, desaparece. Toda vez que chega a casa, deixa a roupa estrada polo cuarto.
Concesivas
así, embora
aínda cando, aínda que, a pesar de que, mesmo cando, mesmo que, por máis que, por menos que, por moito que, se ben que, sen que
Así me berre, non pensó obedecer. A pesar de que se esforzou, non obtivo boas cualificacións. Por máis que o intente, non o conseguirá. Se ben que errou moitas veces, non llo tiveron en conta.
Consecutivas
conque, consecuentemente, daquela, entón, logo, pois,
que
así pois, así que, de aí que, de (tal) forma que, de (tal) maneira que, de (tal) modo que, de (tal) sorte que, de
xeito que, en consecuencia, por consecuencia, por
conseguinte, por ende, por tanto, tan…que, xa que logo
Conseguiu vender a moto vella, daquela puido comprar unha nova. Tiña tanto medo que fuxín de alí. Estou moi cansa, así que non contes comigo. Non queren saber nada de ti; por tanto, xa podes coller a porta. Non sabe nada, de aí que non queira falar. Nunca fun simpático e, por ende, non teño moitos amigos. Era tan grande que non cabía na caixa. Fala moi baixo e, xa que logo, ninguén lle presta atención.
Finais
que
a fin de (que), a que, a favor
de que, para que, por que
Ven que cho conto. A fin de nos convencer fai o imposible. Para que medre o bonsai tes que podalo.
Completivas que, se Queremos que mudes de actitude
Modais
como, conforme, segundo, consoante, cal
así como, ben como, como queira que, coma se, como
se, de forma que, de maneira que, de modo que, de xeito que, de sorte que,
polo que, tal como
Pídelles que senten conforme vaian chegando. Fai como se o coñeceses. Chegou atrasado, de maneira que perdeu o tren.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
174
Exercicios tema 5 (conxunción e loc. conxuntiva )
1. Busca e clasifica as conxuncións coordinantes do seguinte fragmento de texto:
[…] Iván Raña mereceu o triunfo porque cabo das súas incríbeis cualidades físicas
axuntou esforzo e autoconfianza. Cando conversei con el para unha entrevista antes de
que gañase en Hungría o Campionato de Europa, confesábame que el sabía que estaba
renunciando a unha parte da súa xuventude, pero tiña claro que a recompensa podía
ser enorme. “A vida do triatleta é un sacrificio permanente pero non hai satisfacc ión
meirande que entrar de primeiro na meta, xa sen azos nin para falar, pero feliz por facer
o traballo ben feito”. […]
2. Identifica nas oito primeiras liñas do texto (ata recibir un golpe) cinco
conxuncións distintas e clasifícaas (por ex.: conx. coordinante adversativa ou
subordinante causal).
Señorita: A partir de hoxe, debe vostede borrar o meu nome da lista dos seus
admiradores. Ignoro se lle importa sabelo, pero son un home feito anacos. Dáse vostede
conta? Son un afeccionado que perseguiu a súa imaxe na pantalla de todos os cinemas
de estrea e de barrio, un crítico afeccionado que xustificou as súas peores actuacións
morais e agora xura de xeonllos separarse para sempre de vostede.
Fágame o favor de ser máis responsable dos seus actos, e antes de asinar un
contrato ou de aceptar un compañeiro estelar, pense que un home coma min pode
contarse entre o público e recibir un golpe mortal. Non falo movido polos celos, mais,
créame vostede: en “Escravas do desexo” foi bicada, acariñada e agredida con exceso.
Vostede podería alegar na súa defensa que dende a súa primeira irrupción no celuloide
apareceron algúns dos trazos da conduta que agora lle estou a reprochar. […]
3. Procura as conxuncións que se piden na altura do texto indicada:
Ben sei que o Día Escolar pola Paz o celebramos, na práctica totalidade dos colexios
e institutos de Galicia, o vindeiro 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Gandhi (e
do nacemento de Castelao, por certo). Porén, o Día Internacional da Paz, aquel que foi
proclamado polas Nacións Unidas en 1981, na Resolución 36/67 da Asemblea Xeral,
en coincidencia coa apertura de cada novo período de sesións, en realidade, é unha
data que aquí soe pasar sen pena nin gloria. Certo é que os medios a teñen marcada
no seu calendario de efemérides e tenden a poñerse en contacto con nós para
recordármolo con algunha entrevista.
Porque nestes primeiros días de setembro os centros educativos andan a mil por
hora. Tempos de novos horarios, novos alumnos e alumnas, novos profes, novas aulas,
bicos e abrazos, malos despertares, novas rutinas. Aínda non chegou a monotonía de
choiva tras dos cristais que dicía D. Antonio Machado:
Una tarde parda y fría de invierno los colegiales
estudian. Monotonía de lluvia tras los cristales.
Xa que logo non é esta a mellor época para organizar celebracións, nin a da paz nin
ningunha outra, estamos liados, a outras cousas.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
175
E neste curso 2011-2012, que vén de comezar, peor aínda. Corren malos tempos
para a educación. A comunidade educativa vai moi revolta con tanto recorte, cambio de
funcións docentes e demais, manifestacións e folgas incluídas.
Con todo, nunca está de máis pararse, saír do furacán, mesmo un intre de nada,
para lembrar que, efectivamente, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha
Resolución, a 36/67, pola que se anunciaba a celebración do Ano e do Día Internacional
da Paz.
Naquela Resolución, como vén sendo habitual, a Asemblea Xeral da ONU
lémbranos que a promoción da paz é un dos seus propósitos primordiais de acordo coa
súa Carta Constituínte e co magnífico Preámbulo da Constitución da UNESCO, aquel
que afirma que "posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos
homes onde deben erixirse os baluartes da paz". Unha paz que ten que estar baseada
"na solidariedade intelectual e moral da humanidade".
Posteriormente, un 28 de Setembro de 2001, a Asemblea Xeral aprobou outra
Resolución, a 55/82, na que decidiu fixar definitivamente o 21 de setembro, como Día
Internacional da Paz, e como unha oportunidade singular para o remate da violencia e
dos conflitos en todo o mundo, máis de 35 abertos de carácter bélico, algo así como un
día para o cesamento do fogo e de non violencia a nivel mundial, de remate de
hostilidades, especialmente onde andan a trompadas e moito máis. Ademais, como é
lóxico, a ONU chama, particularmente a profesores e profesoras, á realización de
actividades educativas e de sensibilización da opinión pública.
Pois ben, trátase entón de celebrar en todo o mundo o Día Internacional da Paz,
como data dedicada a fortalecer os ideais da paz e do pacifismo. Nesta ocasión, no seu
trixésimo aniversario, o lema escollido é "Paz e democracia: fai que a túa voz se
escoite". Precisamente para que poidamos recuperar a idea dunha democracia xenuína.
O vindeiro mércores, 21 de setembro, aínda no medio da voráxine escolar,
recordaremos que tamén nese día, como todos os días do ano, son bos para pensar e
actuar en paz, con nós mesmos e cos demais, non só porque o pide Nacións Unidas,
senón, e sobre todo, porque o temos interiorizado, asumido, como código de conduta e
comportamento cotiá, porque a paz, para nós, forma parte da cultura, a nosa cultura
máis persoal.
Manuel Dios Diz, Galicia Hoxe 16/9/2011.
- Conxunción adversativa (1º parágrafo) -->
- Dúas conxuncións copulativas (1º parágrafo) -->
- Conxunción causal (2º parágrafo) -->
- Conxunción consecutiva (2º parágrafo) -->
- Conxunción distributiva (3º parágrafo) -->
- Conxunción copulativa (4º parágrafo) -->
- Conxunción completiva (5º parágrafo) -->
- Conxunción causal (6º parágrafo) -->
- Conxunción final (8º parágrafo) -->
- Conxunción causal (9º parágrafo) -->
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
176
- Conxuncións sinónimas de: "así como"( 1º parágrafo) --> "non obstante" (1º parágrafo) --> "polo tanto" (3º parágrafo) --> "posto que" (6º parágrafo) --> "a fin de que" (8º parágrafo) --> "por mor de que" (9º parágrafo) -->
4. Estas conxuncións son nexos coordinantes: mais, ou, e, xa…xa, ou…ou,
ben…ben, volta, nin, pero, e mais, se ben, senón. Dá un exemplo de uso de cada
unha e despois clasifica as oracións compostas por coordinación resultantes.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
178
1. Presentación. A unidade e a diversidade das linguas
As linguas non son feitos uniformes e inalterables. En cada unha delas conviven
toda unha serie de variedades lingüísticas, cuxa existencia está relacionada con
factores históricos, xeográficos, culturais, sociais, etarios, profesionais e contextuais.
Tanto a estrutura interna dos idiomas como o seu uso son, pois, heteroxéneos,
dinámicos e multiformes.
As variedades xorden no seo da comunidade en función deses factores aludidos e
son utilizadas polos falantes dun xeito espontáneo e natural, non planificado. Non
obstante, sobre aquelas variedades da lingua que non se corresponden co estándar
pesa habitualmente o preconcepto de consideralas incorrectas ou desviadas. En
realidade, do mesmo xeito que non hai linguas superiores e linguas inferiores, tampouco
hai variedades lingüísticas mellores ou peores. Todo depende do contexto sociocultural
e da situación comunicativa en que se usen.
2. As variedades lingüísticas
Podemos distinguir dúas grandes clases de variedades da lingua: as variedades de
uso e as variedades estruturais. Mentres as primeiras son obxecto de estudo por parte
da Sociolingüística, as segundas son materia da Lingüística.
2.1. Variedades de uso
Poden ser de dous tipos: diastráticas e diafásicas. As primeiras reciben tamén o
nome de variedades sociais ou sociolectos e atenden ao criterio sociocultural. Están,
pois, en función da idade, sexo, hábitat, profesión, nivel de formación, etc., dos falantes.
As segundas, pola súa vez, coñécense frecuentemente como variedades funcionais
ou rexistros e atenden ao criterio do contexto comunicativo. Están, pois, en función de
factores como as persoas que interveñen na comunicación (quen fala e a quen), os
temas (de que se fala), o tempo e o espazo (en que situación), a maneira (por que
medio, oralmente ou por escrito), a intención (con que obxectivo), etc.
2.2. Variedades estruturais
Poden ser de dous tipos: diacrónicas e diatópicas. As primeiras atenden a un
criterio temporal ou histórico, mentres as segundas corresponden a criterios espaciais
ou xeográficos e son coñecidas tamén co nome de dialectos.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
179
3. Variedades do galego
3.1. Variedades sociais ou diastráticas
As variedades sociais ou diastráticas, tamén chamadas sociolectos ou niveis
de lingua, correspóndense cos diferentes grupos, segmentos e clases sociais que
existen dentro dunha comunidade falante. O nivel cultural, hábitat, a profesión, o sexo,
a idade, a extracción social, o poder adquisitivo, etc., son factores que determinan a
existencia e as propias características deste tipo de variedades. Distínguense, polo
xeral, tres niveis básicos: o culto ou elevado, o medio e o vulgar.
As diferenzas diastráticas están pouco marcadas na nosa lingua, por mor da
inexistencia durante séculos de clases altas e cultas que empregasen con normalidade
o galego. Ora ben, desde o momento en que o galego comezou a recuperar e ampliar
os seus ámbitos de uso, foi aparecendo unha variedade estandarizada culta, que é a
habitualmente empregada polas clases medias urbanas con alto nivel de instrución,
algúns segmentos profesionais, certos medios de comunicación e algúns outros
sectores. A maioría dos galego-falantes está, hoxe por hoxe, integrada por persoas de
clase baixa ou media-baixa que empregan normalmente un nivel medio de lingua.
O galego culto é tanto oral como escrito e caracterízase por un uso estrito das
normas lingüísticas e por un máximo aproveitamento dos recursos léxicos e gramaticais
do idioma. O galego vulgar é, en troca, basicamente oral e caracterízase por unha
menor precisión e corrección lingüísticas, por unha certa pobreza léxica e pola
utilización de abundantes vulgarismos e dialectalismos.
Dentro das variedades sociais teñen importancia as chamadas linguaxes
específicas, linguaxes especiais ou subcódigos. O estilo de vida das persoas ou da
súa actividade profesional determinan unha serie de xeitos de falar peculiares que
veñen condicionados, ben polas características desa ocupación, ben polo desexo de
manter aspectos da comunicación en segredo, ben pola necesidade de reafirmar a
conciencia de pertenza a un determinado grupo. Estes modos de falar caracterízanse
por ter un vocabulario propio, de sentido moi preciso, mesmo inintelixible para o resto
da sociedade. Dentro deles podemos distinguir:
As linguaxes técnicas ou tecnolectos: recollen a terminoloxía especializada
propia dun grupo profesional ou científico. As linguaxes médica, xurídica,
administrativa, etc., son exemplos desta categoría. A diferenza das xergas, os
tecnolectos non procuran o encubrimento e xorden pola necesidade de designar
con precisión obxectos e/ou ideas non moi habituais para o resto dos falantes.
Manexan abundantemente, por ese motivo, préstamos e cultismos.
As xergas ou xirias: unha xerga é a linguaxe empregada na comunicación oral
por un grupo profesional, social (frecuentemente marxinal) ou de idade que a
utiliza para se reafirmar como tal grupo e para evitar ser comprendido polos
demais (criptolecto). Aínda que a xerga mantén o sistema gramatical da lingua
común, presenta un léxico moi especial, moitas veces tomado doutras linguas
(euskera, francés, romaní…) ou mesmo inventado a base de deformar palabras
habituais. A medida que van sendo coñecidas fóra do grupo, as súas palabras
son substituídas por outras de nova creación.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
180
No noso idioma existen, aínda que esmorecendo, varias xergas tradicionais de
profesións artesanais e ambulantes que se denominan verbos, verbas ou
latíns. Son, entre outras, o barallete (verbo dos afiadores), a verba dos arxinas
(ou latín dos canteiros), o verbo daordés (dos telleiros), a lafrada e o latín dos
chafoutas (albaneis) e a xiria dos cesteiros.
Por outra banda, no mundo actual adquiriron relevancia as variantes diastráticas
propias de grupos asociados á marxinalidade (delincuentes, consumidores de
drogas…) ou vinculadas a determinados grupos de idade, como o xuvenil. Estas
variedades reciben comunmente o nome de argot (xiria ou argot xuvenil: pasta,
trincar, colega, bocata, pelas, abrirse, tío, cubata, molar, ligar, chupa, pasma,
guiri, estar ao loro, bareto, guai, nacho, careto, birra… ).
Nos últimos tempos, irrompe con forza, especialmente entre a mocidade, a
linguaxe dos sms ou mensaxes de móbiles, baseada na abreviatura de palabras.
É unha linguaxe exclusivamente escrita.
3.2. Variedades diafásicas ou funcionais
Unha mesma persoa exprésase de diferente maneira se está en familia ou nunha
reunión social; se está a falar de deportes antes de empezar a clase ou está a pronunciar
unha conferencia; se se dirixe a un superior no seu traballo ou se lle está a falar ao seu
meniño. As variedades contextuais, diafásicas ou funcionais, tamén denominadas
rexistros ou estilos, dependen das características e da relación existente entre os
interlocutores, dos temas abordados, das circunstancias do acto comunicativo, da canle
empregada, do propósito da comunicación, etc. É común distinguir en calquera lingua
dous tipos básicos de rexistro que admiten gradación:
Rexistro coloquial ou informal: utilízase en actos de fala marcados por
necesidades inmediatas, subxectivas, da vida cotiá, con escaso contido
intelectual. Presenta pouca adhesión á norma gramatical: emprégase nel
vocabulario usual que inclúe con frecuencia vulgarismos, dialectalismos e
mesmo castelanismos; e unha sintaxe simple, con abundantes repeticións.
Rexistro formal: é o empregado en actos de comunicación motivados por unha
actividade máis ou menos planificada, cun claro contido intelectual ou estético e
cun propósito obxectivo. Verifícase nel un maior grao de adhesión á norma
lingüística: precisión e riqueza léxica, sintaxe máis rica e complexa.
3.3. Variedades diacrónicas ou históricas
As variedades diacrónicas teñen que ver coas diferenzas que se van dando nunha
lingua ao longo das sucesivas etapas da súa historia. Está claro que a variedade
sincrónica en que están escritas as cantigas medievais non é a mesma que a que
escoitou o Padre Sarmiento na Pontevedra de comezos do século XVIII, e que esta
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
181
tampouco é exactamente a mesma en que están escritos estes apuntamentos. Ao
referirse ao idioma galego, adóitase considerar a existencia de tres grandes variedades
diacrónicas:
Galego antigo ou medieval (séculos VIII – XV)
Galego medio ou moderno (séculos XVI – XVIII)
Galego contemporáneo (séculos XIX, XX e comezos do XXI)
Hai que ter en conta que é posible distinguir, dentro de cada unha delas, diferentes
subvariedades que reflicten períodos temporais máis curtos. Así, dentro do que
chamamos galego contemporáneo, podemos falar perfectamente de subvariedades
como “galego do Rexurdimento”, “galego do primeiro terzo do século XX”, “galego da
posguerra franquista”, etc.
3.4. Variedades diatópicas ou xeográficas
As diferenciacións que se dan na lingua atendendo ao criterio espacial ou xeográfico
reciben o nome de variedades diatópicas ou dialectos, aínda que no caso galego as
diferenzas non son tan grandes como para denominar esas falas dialectais con nomes
específicos. Así, dicimos que falamos galego e non “limiao”, “occidental” ou “coruñés”.
3.4.1. Bloques dialectais da lingua galega
O mapa dialectal do galego actual presenta unha división do dominio lingüístico en
tres grandes bloques: oriental, central e occidental. Para delimitar estes tres bloques
tense en conta a concorrencia dun grupo de características lingüísticas que presentan
uns límites próximos ou coincidentes e que permiten individualizar un territorio fronte a
outro. Os límites que presentan xeograficamente os fenómenos lingüísticos márcanse
con isoglosas. Estas son liñas imaxinarias que serven para trazar a fronteira entre unha
zona onde existe un fenómeno lingüístico determinado e outra(s) onde non.
A nivel xeral, debemos precisar que os bloques occidental e oriental son os que
presentan unha serie de fenómenos lingüísticos peculiares propios, innovadores no
primeiro caso, conservadores no segundo, fronte ao central, que non presenta tantos
fenómenos característicos.
A distinción entre os tres grandes bloques dialectais do galego baséase
fundamentalmente na diferente solución que se dá ao plural dos nomes rematados en -
n. Por exemplo: pantalóns (occidental), pantalós (central) e pantalois (oriental). As
isoglosas que marcan esta variación serven para delimitar os tres bloques lingüísticos.
A seguir achégase o mapa que mostra as isoglosas que determinan os tres
bloques lingüísticos do galego:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
182
Cada un destes bloques non ten unha unidade total desde o punto de vista
dialectal, presentando diferentes solucións que se agrupan en áreas, e estas, á súa vez,
en subáreas e microsubáreas dialectais.
3.4.2. Fenómenos lingüísticos que presentan variedades territoriais.
Imos clasificar algúns dos numerosos fenómenos lingüísticos diatópicos que existen
no noso idioma atendendo a aspectos fonéticos, morfosintácticos e léxicos:
a) Fonética
O resultado dos grupos latinos -ULT-, -UCT-: a evolución destes grupos deu
lugar a varias variantes. A maioritaria é -oit-, que aparece a carón de -uit-, propia
do occidente da provincia da Coruña e do sur da de Pontevedra, e de -uit-, -ut-
e -uti-, propias do galego oriental. Así temos loita, luita, luta, lutia.
A seguir móstrase o mapa deste fenómeno:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
183
Os grupos latinos QUA-, GUA-: redúcense na maior parte do territorio galego
orixinando formas como catro e gardar. Nas falas do bloque oriental, na
meirande parte do territorio ourensán e no sur da provincia de Pontevedra
mantéñense: cuatro, guardar.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
184
Gheada: é a realización da consoante oclusiva velar sonora /g/ como aspirada
farínxea. A gheada é un fenómeno propio do galego que afecta aos territorios
que abranguen A Coruña, Pontevedra, a metade suroccidental de Ourense, o
occidente de Lugo e zonas dos Ancares leoneses. Na escrita represéntase co
dígrafo gh (ghato, ghaliña, ghanas, etc.).
Seseo: é a ausencia da oposición entre o fonema fricativo interdental xordo /θ/
e o alveolar fricativo xordo /s/ que se neutraliza en /S/. Existen dúas formas de
seseo: total, en posición explosiva e implosiva, isto é, ao comezo e ao final de
sílaba (disir, des), e parcial, só en posición implosiva (des, zapato). O seseo
implosivo afecta á meirande parte de Pontevedra e A Coruña, fronte ao total, que
só aparece nas falas da metade occidental da Coruña e en zonas costeiras de
Pontevedra.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
185
Este é o mapa do fenómeno descrito:
Rotacismo: o paso de s a r diante de consoante sonora (derde, ar vacas, or
nosos…) rexístrase no sur de Lugo, no interior de Pontevedra (área do Deza) e
en gran parte de Ourense.
b) Morfosintaxe
A evolución das terminacións latinas -ANUM, -ANAM presenta dúas
solucións maioritarias: -án para masculino e feminino no galego occidental (o
irmán / a irmán, verán, mañán) e -ao e -á para masculino e feminino
respectivamente no galego central e oriental (o irmao / a irmá, verao, mañá).
Unha terceira solución moito máis minoritaria que as anteriores rexístrase na
zona norte da provincia da Coruña co resultado -á tanto para masculino como
para feminino (o irmá /a irmá).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
186
A seguir achégase o mapa deste fenómeno lingüístico:
O resultado das terminacións latinas -INUM, -INAM contrapón a solución
maioritaria -iño coa solución -ín, propia do leste de Lugo e das falas galegas de
Asturias e do Bierzo. Deste xeito temos camiño, veciño… fronte a camín, vecín…
O plural dos nomes rematados en -l presenta distintas variantes segundo as
zonas: reais, no galego oriental, e reás ou reales, no resto do territorio.
O plural dos nomes rematados en -n presentan tres variantes: ladróns, ladrós,
ladrois, que corresponden ao bloque occidental, central e oriental,
respectivamente. As isoglosas que marcan as diferentes solucións deste
fenómeno serven para delimitar os tres bloques lingüísticos do galego.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
187
A seguir exponse o mapa deste fenómeno:
A forma masculina singular do artigo é, maioritariamente, o, mais na
xeneralidade do galego de Asturias é el (el ríu, nel lugar) ou ´l (como ta´l país!).
Tamén en feminino pode aparecer na mesma zona a forma l´ para o artigo en
posición antevocálica (l´herba).
Os demostrativos presentan tres modelos:
- Este, esta, esto; ese, esa, eso; aquel, aquela, aquelo é o maioritario.
- Iste, esta, esto; ise, esa, eso; aquil, aquela, aquelo dáse na maior parte de
Ourense e no sur de Lugo.
- Este, esta, isto; ese, esa, iso; aquel, aquela, aquilo é propio do nordeste da
Coruña e do sur de Pontevedra.
A distribución xeográfica deste fenómeno sería a que se reflite neste mapa:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
188
O pronome suxeito de 2ª persoa do singular presenta as variantes ti, na
Coruña e Pontevedra (agás o sur) e tu, no resto do territorio.
O pronome suxeito de 3ª persoa do singular presenta as variantes el,
maioritaria, e il, propia das falas do sur da provincia de Lugo e de boa parte da
de Ourense, tal e como se mostra no seguinte mapa:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
189
Os pronomes átonos te / che: na maior parte do dominio galego distínguense
pola súa función: te (CD) e che (CI). Non obstante, no occidente da Coruña (ata
a ría de Arousa) prodúcese o fenómeno que coñecemos co nome de cheísmo,
ou sexa, o pronome che desempeñaría as funcións de CD (excepto con valor
reflexivo: lávaste) e CI. Por outra banda, no Baixo Miño e nalgunhas falas do
leste de Ourense é o pronome te o que asume as funcións de CD e CI (teísmo).
As formas da 1ª persoa do singular do pretérito dos verbos da primeira
conxugación presentan as seguintes variantes: cantei é a forma máis estendida
xeograficamente; cantein é propia dunha franxa no oriente de Galicia e en puntos
illados da costa da Coruña; cantén dáse na costa máis occidental desa provincia,
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
190
no sueste de Lugo e no sur de Pontevedra; cantín é propia das rías de Arousa e
Pontevedra.
Variantes para a 2ª e a 3ª persoas do singular do pretérito dos verbos da
segunda conxugación. Colleches emprégase no galego occidental, fronte á
forma normativa que é colliches, propia dos bloques central e oriental. Colliu
emprégase no occidente da Coruña, fronte a colleu que se dá no resto do
territorio lingüístico do galego.
c) Léxico
Hai significados cun único significante para todo o dominio lingüístico, pero
moitos outros posúen variantes localizables en áreas determinadas: cadela /
cuza / canza; amencer / amañecer / amaecer; arume / candea / faísca / penica;
ver / mirar; raposo / golpe; vagalume / lucecú; aguillón / ferrón / ferrete / pico…
Nalgúns casos a variedade chega a ser extraordinaria: salamántiga / salamanca
/ sacabeira / píntega / pinta / zaramela / saramaganta / sarabanduxa / sabandixa
/ sabanduxa / pinchorra / pesoia / sacamancha / sapagueira.
No seguinte cadro resúmense as características específicas das áreas dialectais
do idioma galego que forman os tres bloques lingüísticos; no mapa a súa localización:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
191
Bloque Áreas Características Exemplo
Bloque occidental
Bergantiñá
Fisterrá
Pontevedresa
Seseo parcial Sen cheísmo Ditongo -oi-
Vogal tem. -i-
Seseo total Cheísmo
Sen cheísmo Vogal temática -e- ou -e- / -i-
zapato / lus
vinte onte moito
colliu, partiu
sapato / lus vinche onte
vinte onte colleu, parteu / colleu / partiu
Bloque central
Mindoniense
Central de transición
Lucu-auriense
Oriental de transición
Pronomes 2ª persoa Vogal temática -e-
Presente subxuntivo ser/estar Léxico característico
Vogal temática -e- / -i- Feminino -án
Demostrativos
Pronome 3ª persoa Vogal temática -e-/ -i-
Ditongo -ui- Sufixos número-persoais
nosoutros-vosoutros;tu colleu, parteu seña-esteña
felgo, golpe, barruzar, cimón
colleu,parteu/colliu,partiu
miña irmán
iste, ise, aquil il
colleu, partiu
muito cantandes, cantais
Bloque oriental
Asturiana
Ancaresa
Oriental-central
Zamorana
Mantén -l- intervocálico Terminación -íus, -ías Artigo masculino el / l´ Artigo feminino a / l´
Posesivos Artigo indeterminado e
indefinidos
Gheada Cheísmo
Vogais nasalizadas Vogal temática -i-
Demostrativos
Mantén as características xerais do seu bloque
Ditongos -oi- e -ou- Ausencia de ditongo
Terminación -iño Teísmo
avolo, molín, animales padríus, madrías el día / l´amigo a casa / l´herba mou,tou,sou; mía,túa,súa
úa, algúa, ningúa
ghato vinche onte madrĩa, ũa
colliu, collira estos, esos, aquelos
-----------
noite-nuite, dous-dois muto, truta
camiño díxete que…
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
193
Exercicios tema 6
1. Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
- A lingua estándar é a variedade que se debe empregar sempre.
- O galego de Cangas supón un modelo de lingua menos axeitado que o de
Compostela.
- A linguaxe xuvenil é unha xiria.
- As variedades diacrónicas tamén reciben o nome de sociolectos.
- O plural -is para as palabras rematadas en -n é propia do bloque oriental.
- En Vigo, Santiago, Padrón, Noia e Vilagarcía existe seseo explosivo e implosivo.
- Os trazos dialectais non son incorreccións propias do rexistro vulgar.
- O verbo daordés, o barallete e a verba dos arxinas son xirias que procuran a
precisión léxica.
- Os sociolectos son variedades diacrónicas da lingua.
- Os rexistros son variedades diafásicas.
- As formas do estándar correspóndense en todas as linguas coas de maior
número de falantes.
- Foz, Viveiro e Burela pertencen á área mindoniense e empregan o pretérito
“parteu”.
- Hai variedades da lingua máis apropiadas segundo o contexto comunicativo.
- Na área fisterrá (bloque occidental) e na ancaresa (bloque oriental) hai cheísmo.
2. Sinala o rexistro lingüístico en que está escrito texto. Xustifica a resposta
identificando os trazos característicos dese rexistro que atopes no texto.
A última tendencia no mundo da nova tecnoloxía (a tendencia que debes
seguir se queres ser un moderno de verdade) é do máis retro. Os modernos que
van á última ultimísima moda (eses que saben realmente o que se leva) están
comezando a pasar dos seus smartphones para recuperar o teléfono móbil
ladrillo de toda a vida.
Un pouco na liña dos namorados do pasado que fan quedadas para escribir a
máquina, estes novos modernos pasan do iPhone 6, de Whatsapp, das apps
que che axudan a facer o que sexa e pasan ata de Google Maps! Polo momento
son moi poucos, pero xa teñen caras famosas entre os seus partidarios. As
razóns para este cambio son variadas. Falan dos prezos (quita a tarifa de datos
e verás como baixa a factura), dos problemas que eliminan con baterías que non
morren cada cinco minutos e de que en realidade só precisan de chamadas e
SMS para xestionar as súas comunicacións diarias. Pero, por outra banda, os
entrevistados acaban falando de liberdade. Como di unha destas modernas, está
ben descubrir un restaurante por casualidade e non porque cho recomendaron
en Yelp. Os móbiles intelixentes acabaron matando a pouca aventura que
podiamos ter na vida cotiá.
Librarse do smartphone é tamén librarse do mail que chega en todo momento
e permite gañar polo menos en tranquilidade. E a iso súmaselle ademais a
preocupación pola privacidade. A medida que os consumidores están cada vez
máis tempo online, os seus terminais saben máis de todos eles do que saben os
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
194
seus pais. Cun terminal “parvo” non é que quedes realmente á marxe de todo
iso, pero polo menos teñen moito máis complicado usalo para venderche
publicidade.
Polo de agora o movemento é pequeno, pero todos sabemos o que acaba
acontecendo coas cousas así. Será a vida sen smartphone a nova moda slow
do futuro inmediato?
Raquel C. Pico, en Disquecool (06/10/2014).
3. Responde ás seguintes cuestións:
a) Que se procura co emprego de xirias?
b) En que consiste a gheada? Cal é a explicación máis verosímil da súa existencia?
c) Antes de que actuasen sobre este fenómeno os prexuízos lingüísticos estaba en
expansión ou retrocedía?
d) Cal é a orixe do seseo?
e) En que consiste o cheísmo? Que áreas dialectais presentan este fenómeno?
4. Que diferenza hai entre seseo implosivo e seseo explosivo?
5. As seguintes palabras presentan variantes dialectais. Sinálaas e indica a que
bloque e área pertencen: cinco, dez, cheguei, moito, mañá, cans, irmán, sentiu,
papeis, el, ti, cando, camiño.
6. A que bloque e área pertencen os falantes que, falando a súa variedade dialectal,
produciron as seguintes oracións? Localiza no mapa de Galicia a zona de onde
proceden.
- Díxenlle que moitos cas tiña, pero il non contestou.
- Meu irmán abriu isto e agora non o quere beber.
- Ti dixestes que che colliu no colo.
- Falais muto cuando estais alegres.
- Levouche no coche?
- Deite unha mazán.
7. De que zona de Galicia serán uns falantes que presenten na súa fala formas
coma estas?
- Tu ouves?
- Non che ouzo!
8. Repara na forma dialectal non-estándar irmao (liña 5) que o autor usa evocando
un coñecido verso do poeta celanovés C.E. Ferreiro, propio do seu bloque
dialectal de orixe: o galego central. Indica os principais fenómenos lingüísticos
que permiten caracterizar os tres bloques lingüísticos do galego.
[…] Estamos afeitos a traballar en situacións adversas. Na historia da nosa literatura
as liñas de resistencia veñen de lonxe. De Rosalía, rebelándose contra o feito de
sentirse estranxeira na súa patria; de Curros, que denuncia a ameaza dos lobos e clama
pola unión; de Cunqueiro, a soñar as mil primaveras para a lingua estigmatizada; de
Celso Emilio, falándolle como un irmao a todos os desposuídos do mundo…[…]
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
195
9. Localiza os trazos dialectais nos seguintes textos e indica a que bloque
lingüístico pertence cada un.
- A arola nunca tivo asetasión porque ten unha cuncha largha e carne ten moita,
que está chea de carne, pero é unha carne dura (Fefiñáns, Cambados).
- Os pícaros querían algo. Entramos na frutería e esta que chaman Hortensia,
dixo: Díanos un quilo de uvas, mouras! E salimos para fóra e xa llelos demos ós
pícaros (Corbelle, Vilalba).
- A Maruxa fixo uns pantalóns bombachos, deses que se levan aghora á moda,
así mui foludos. Como en tempos, os coches iban mui cheos, iban no coche do
tío Belarmino, Antón ela pa subir, plaf! Aquilo tudo, aqueles pantalóns, parecía
un ghlobo (Goián, Tomiño).
- De vrau, ó acabar o curso normalmente sempre traballo. Este ano tuven
traballando no Servizo de Estinción de incendios (Cabarcos, Barreiros).
- Pero celébrase millor, pasábase moito millor naquelar ruadas que aghora nar
millores discotecas (Pardesoá, Forcarei).
- Eiquí no mostrador fártaseche un de rir e déixache moito que comentar.
Díghoche, ó millor están ca xerriña na mau ou ca copiña na mau, i-eu estou
escoitando (Vilameá, Ramirás).
10. Os seguintes textos literarios presentan trazos dialectais propios das áreas de
procedencia da autora e autores que os escribiron. Sinálaos e indica a que área
pertencen.
Eu cantar, cantar, cantei Si é túa a miña noite
a grasia non era moita si choran os meus ollos o teu pranto
que nunca (delo me pesa) si os nosos berros son igoales,
fun eu meniña grasiosa. Coma un irmau che falo.
Rosalía de Castro Celso Emilio Ferreiro
Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de
riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar.
E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.
Castelao.
11. Indica as características dialectais que se dan nos seguintes textos. Adscríbeos
a un bloque e, de ser posible, a unha área lingüística:
- Ás uito marchar pó mar, pa nécora , eh? Entónsese traballar toda a nuite, a
lanses, cada lanse unha hora. Entonses sácase o marisco e lárghase, se non se
collen aquí poise sepárase se cadra dousentos metros ou unha milla ou dúas
millas; eso depende.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
196
- Esisten aquí nel pueblo unhas agrupaciois, que tan encaminadas a ser pauta
para irse mellorando. Hoy, hai unha de cuatro vecíus, que pode poñer camín de
cen vacas, si lles axudan, el Estado, ordenación Rural i Estensión Agraria, con
servizos ténicos…
- Por eghemplo, así canciós or mozos dos outros pueblos pa que viñeran aquí á
ruada e entonces empezaban. Iban pa ruada. Era moita ruada! Pero celebrábase
millor, pasábase moito millor naquelar ruadas que aghora se pasa nas millores
discotecas.
- Coñeces a moitísima xente, o sea, xente que conocemos en Madrí, andaluces,
catalás, eu que sei, ábreste moito, non? E, iba a tope o barco. Era enorme, eu
cando subín e tal, dixen eu: Dios! Esto é como “Vacaciós”, a película aquela,
“Vacaciones en el mar”, pero, solo que en vez de ser un crucero por onde era
aquil, este era por o Mediterráneo.
- Hai mutas festas de verao así moi típicas de aquí, que é cuando imos todos ás
festas. Despois en invierno… este ano caiu úa pancada ghrandísima. Entonces
tuve que me quedar us fines de semana eilí en Fabeiro; e nada, tiña ua cara de
alegría que vamos. E de inverno todo´l mundo eiquí así tod´el tempo.
12. No terceiro parágrafo aparecen a terminación verbal -eu (xurdeu, sinteu) e a
terminación -án (mañán) características dun determinado bloque dialectal do
galego. Identifica ese bloque e sinala outras tres características propias da zona.
Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen
trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo… o negriño foi medrando na aldea, onde
deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo
fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor… Aínda que era negro como o
pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos.
Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de
riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar.
E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brillantes esculcaban no
mar as terras deixadas pola popa.
Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e
confesoulle saloucando: “Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago
con esta xente”.
Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no
corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco…
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
198
1. Unidades, relacións e funcións sintácticas
A sintaxe é a parte da gramática que se ocupa da estrutura dunha lingua, é dicir,
estuda:
- as unidades que existen nunha lingua,
- a relación que se establece entre unidades da mesma cadea,
- a función que cada unidade desempeña na unidade superior na que se integra.
Ás veces a sintaxe asóciase a un estudo absolutamente teórico e abstracto que
aparentemente pouca relación garda co uso concreto e funcional da lingua. No entanto,
hai un acordo xeral de que non abonda co coñecemento da morfoloxía e do significado
das palabras para elaborar textos coherentes e significativos: por moitas palabras que
saibamos dunha lingua, se non sabemos como combinalas, non poderemos
expresarnos minimamente. A sintaxe contribúe a ese coñecemento das regras de
combinación das palabras e así pode favorecer unha expresión máis rica e precisa.
1.1. As unidades sintácticas
A lingua é unha estrutura articulada, constituída por unha serie de unidades menores
que se van integrando noutras de nivel superior. Así temos: oracións (Miroume de
esguello e marchou), cláusulas (Os teus curmáns trouxéronnos un agasallo precioso
do Brasil), frases (aquela casa branca, os altos cumios), palabras (ela, aínda, casa,
altos, outros) e morfemas léxicos e gramaticais (cas-a, alt-o-s, am-a-stes).
Como mínimo cada palabra destas unidades gramaticais está constituída por unha
unidade do nivel inferior. Pero o máis habitual é que sexan varias unidades do nivel
inferior as que formen unha unidade do nivel inmediatamente máis alto. Así, a
combinación de morfemas léxicos e gramaticais dá lugar á formación de palabras: man-
s, remedi-a-ba-s, verdad-eir-o-s…; pola súa vez, a combinación dunha serie de palabras
nun conxunto que funciona de maneira unitaria orixina frases: As mans suxas. /Aquelas
tristes despedidas. / Bastante alto. / Fácil de entender… Do mesmo xeito a combinación
de frases dá lugar á formación de cláusulas, que á súa vez conforman oracións: As
mans suxas descansábanlle na mesa. /Ela retocaba o seu cadro e el devoraba a última
novela de Rivas.
A sintaxe ocúpase especialmente do estudo das frases e das cláusulas, unidades
que presentan as seguintes características:
Desempeñan unha función na unidade superior na que se integran; no exemplo
Dixo que pasara unha tarde moi tranquila, a cláusula que pasara unha tarde moi
tranquila desempeña a función de complemento directo na oración superior na
que se integra.
Teñen a posibilidade de conter no seu interior unha unidade do mesmo tipo; por
exemplo unha frase pode conter outras: Unha mesa de madeira ben fermosa
integra as frases unha mesa de madeira e ben fermosa, que á súa vez conteñen
outras frases.
Cada un dos elementos constituíntes desempeña unha función con respecto ao
conxunto:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
199
- Na frase tarde tranquila, o substantivo tarde é o NÚCLEO e tranquila, o
MODIFICADOR.
- Na cláusula Pasei unha tarde moi tranquila, o verbo pasei é o NÚCLEO
do predicado e unha tarde moi tranquila, o CD.
-
1.2. Funcións e relacións sintácticas
1.2.1. As funcións sintácticas
Denominamos función sintáctica á relación que establece un elemento coa
unidade superior na que se integra. Temos así:
a) Funcións sintácticas no interior das frases (núcleo, modificador,
determinante, nominal, director, termo);
b) Funcións sintácticas no interior das cláusulas e oracións (suxeito,
complemento directo, complemento indirecto, complementos circunstanciais,
atributo, predicativo, suplemento, complemento axente).
1.2.2. As relacións sintácticas
Relación sintáctica é a que se establece entre elementos que aparecen unidos na
cadea sintagmática. As relacións sintácticas poden ser de tres tipos:
a) A coordinación dáse cando dous ou máis elementos do mesmo nivel sintáctico
van unidos pero teñen autonomía e non se precisan mutuamente, de maneira
que se pode producir a ausencia de calquera deles. Son frases con relación de
coordinación: Días e noites. / Alegre e divertida. /Cantaban ou bailaban. Tamén
hai coordinación de cláusulas, por exemplo, en Mario chegou e non había
ninguén na casa, a través da cal se orixinan as coñecidas como oracións
compostas por coordinación.
A coordinación realízase normalmente mediante as chamadas conxuncións
coordinantes (e, nin, ou…), mais pode realizarse tamén sen nexo, xustapoñendo
varios elementos: Cheguei, vin, vencín.
b) A subordinación dáse naqueles casos en que un dos elementos ten que
aparecer necesariamente mentres que outro ou outros poderían suprimirse:
estes son subordinados con respecto a aquel. Son frases con relación de
subordinación camisa (de liño), (bastante) lonxe (do río)… Os elementos que
aparecen entre parénteses son subordinados con respecto ao conxunto; o
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
200
mesmo sucede entre cláusulas: Regaleille a flor (que máis lle gustaba), que
orixinan as denominadas oracións compostas por subordinación ou
cláusulas complexas.
c) A interordinación existe naqueles casos en que os dous elementos teñen que
aparecer de maneira obrigatoria por necesitárense mutuamente. Danse
relacións de interordinación en todas as frases preposicionais e nominais: [unha]
<> [noite de verán], [de]<> [verán]. Son oracións con relación de interordinación
as chamadas oracións bipolares (condicionais, adversativas, etc): [se a ves]
<> [coméntallo].
Hai que ter en conta que non existe unha correlación entre unidades sintácticas e
funcións sintácticas: unha mesma unidade sintáctica, como por exemplo a frase nominal
Unha casa da aldea, pode ter a función sintáctica de suxeito (Unha casa da aldea estaba
caendo), a de complemento directo (Comprei moi barata unha casa da aldea),
complemento indirecto (Puxéronlle un novo teito a unha casa da aldea), a de suplemento
(Estaban falando dunha casa da aldea). Á inversa, unha mesma función sintáctica pode
ser desempeñada por diversas unidades: por exemplo, o modificador do núcleo dunha
frase substantiva pode ser un adxectivo (Discurso interesante), unha frase adxectiva
(Discurso extraordinariamente interesante), unha frase preposicional (Discurso de moito
interese) ou unha oración composta subordinada de relativo (Discurso que captou o
interese de toda a audiencia).
2. A frase
A frase é a unidade inmediatamente superior á palabra. Para construír cláusulas,
as palabras organízanse en frases; así, por exemplo en A miña tía Xoana vai cumprir
corenta e seis anos en agosto non temos unha simple suma consecutiva de palabras (A
+ miña + tía + Xoana + vai + cumprir + corenta + e + seis + anos + en + agosto) senón
unha estrutura articulada, estruturada en frases: A miña tía Xoana + vai cumprir +
corenta e seis anos + en agosto.
Cada unha destas frases desempeña de maneira conxunta, como un bloque unitario,
unha función no interior da cláusula (na do exemplo: suxeito, núcleo do predicado,
complemento directo e complemento circunstancial de tempo respectivamente). Unha
das características que demostran o carácter unitario da frase é a imposibilidade de
barallar de maneira aleatoria os seus elementos e de combinar estes cos das outras
frases: mentres que unha secuencia como *A miña en agosto tía Xoana vai corenta anos
cumprir e seis, non sería admisible, si son posibles determinadas variacións na posición
das frases que integran a cláusula: A miña tía Xoana vai cumprir corenta e seis anos en
agosto. / A miña tía Xoana vai cumprir en agosto corenta e seis anos. / En agosto a miña
tía Xoana vai cumprir corenta e seis anos. / En agosto vai cumprir corenta e seis anos
a miña tía Xoana.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
201
2.1. Funcións da frase
As funcións que desempeñan na frase os seus constituíntes son as seguintes:
Núcleo (N): é o elemento fundamental de determinadas frases, sen o cal estas
non poderían existir. Cando unha frase está formada por unha única palabra,
esta terá que ser necesariamente o seu núcleo. A clasificación da frase faise
habitualmente a partir do elemento que lle serve de núcleo: se este é un
substantivo/pronome, adxectivo, adverbio ou verbo falaremos de frase
substantiva, frase adxectiva, frase adverbial ou frase verbal, respectivamente.
Os modificadores (MOD): son todos aqueles elementos (pode haber máis de
un) que inciden sobre o núcleo da frase e poden ir situados antes ou despois do
mesmo: Experiencia profesional. / A miña primeira experiencia profesional . /
Demasiado alto. / Copa de cristal. / Os filmes que se exhibiron.
Os elementos que poden desempeñar a función de modificador son moi
variados: frases adxectivas, frases adverbiais, frases preposicionais e mesmo
cláusulas de relativo.
Os modificadores poden ser de dous tipos:
- Especificativos: que restrinxen as capacidades de referencia
potenciais do substantivo núcleo, achegando características que teñen os
individuos a que nos referimos, e non todos os da súa clase; sitúanse a carón
do N sen pausa nin signo de puntuación: Entrou unha muller duns corenta anos
(de todas as mulleres posibles, unha con esa característica). / Vexo o home que
fala co camareiro (de todos os homes, o que realiza esa acción e ningún outro).
- Explicativos: os que engaden características sen ánimo restritivo.
Por medio deles, dáse información adicional, fanse comentarios, exemplifícase,
búscase maior precisión, etc.; pronúncianse enmarcados por pausas que
cómpre representar na escrita: Entrou unha muller, duns corenta anos
(información adicional). / O núcleo pode ser un substantivo, común ou propio
(aclaración).
Determinante (DET) e nominal (NOM): son os dous elementos que conforman
a frase nominal.
Os determinantes máis frecuentes son os artigos (As mans suxas) e os
demostrativos (Aquela muller inglesa), pero poden desempeñar tamén ese papel
os posesivos (Miña avoa), os numerais (Dous días) ou os indefinidos (Algún día).
O nominal está constituído habitualmente por unha frase substantiva, mais
tamén pode desempeñar ese papel outra frase (adxectiva, nominal,
preposicional, adverbial) ou unha cláusula subordinada: Unha vila moi antiga (fr.
subst). / Os bos e xenerosos (fr. adx.). / Todos os días (fr. nominal). / Os do
primeiro (fr. prep.). / O máis alá (fr. adv). / Aqueles que viven no primeiro (cl.
subordinada).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
202
Director (D) e termo (T): son os dous elementos formantes da frase
preposicional. O director é sempre unha preposición ou locución prepositiva. O
termo é unha frase ou unha cláusula: De países exóticos. / Segundo me
contaron. / Para votaren aquí.
2.2. Tipos de frase
Podemos clasificar as frases atendendo aos elementos que as compoñen e a súa
estrutura interna.
2.2.1. Clasificación das frases segundo os elementos que as compoñen.
As que están formadas por un núcleo que pode ir acompañado de modificador ou
modificadores: frase substantiva, frase adxectiva e frase adverbial (N [+MOD]). Son as
denominadas frases endocéntricas.
As que se compoñen de dous elementos interordinados: frase nominal (DET + NOM)
e frase preposicional (REL + T). Son as denominadas frases exocéntricas.
Ademais das anteriores exinten as frases verbais, que poden presentar os dous
modelos de estrutura: falaremos / imos falar (perífrase verbal).
Frases substantivas (f. subs.): teñen como núcleo un substantivo ou un
pronome; como modificador pode aparecer outra frase substantiva ou nominal
en aposición, unha frase adxectiva, unha frase preposicional ou unha cláusula:
Lugo, cidade bimilenaria. / Lugo, a cidade das murallas. / Interesante opinión. /
Noite de estrelas. / Negra sombra que me asombras
f. subs.
N MOD
f. nom.
subs.
Lugo, a cidade das murallas.
Frases adxectivas (f. adx.): teñen como núcleo un adxectivo; o modificador
pode ser unha frase adverbial (situada antes do núcleo) ou preposicional
(posposta ao núcleo): Intelixente. / Moi intelixente. / Sumamente intelixente. /
Fácil de funcionar. / Disposto a voltar.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
203
f. adx. f. adx.
MOD N N MOD
f. adv. f. prep.
adx. adx
Moi intelixente Fácil de facer
Frases adverbiais (f. adv.): son aquelas que teñen como núcleo un adverbio;
cando existe modificador, este pode ser outro adverbio ou unha frase
preposicional: Preto. / Moi preto. / Bastante lonxe. / Preto de Santiago. / Antes
da saída. / Bastante despois de nós.
f. adv.
MOD N
f. adv.
N MOD
f. prep
adv. adv.
Moi preto de Santiago
Frases nominais (f. nom.): están constituídas por dous elementos
interordinados; o primeiro deles é o determinante (que frecuentemente é un
artigo, mais tamén pode ser un demostrativo, un posesivo, un numeral ou
indefinido) e o segundo elemento é o nominal (que pode ser unha frase
substantiva ou calquera outra unidade, que pasa, grazas ao determinante, a
substantivarse: frase adxectiva, cláusula…): Unha noite de verán. / Os máis altos
da clase. / Os que che gustan.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
204
f. nom.
DET NOM
f. subs.
N MOD
f. prep.
D T
art. subst. prep. subs.
Unha noite de verán
Frases preposicionais (f. prep.): son aquelas que presentan un director (que é
sempre unha preposición ou unha locución prepositiva) seguido dun termo (que
pode ser unha frase substantiva, unha frase nominal, unha frase adverbial, unha
frase preposicional ou unha cláusula): Con coidado. / Coa axuda dos demais. /
De moi lonxe. / Por entre as ruínas. / Por falares máis do que debes.
f. prep. f. prep.
D T D T
f. prep.
f. subs. D T
f.nom.
DET NOM
f. subs.
prep. subs. prep. prep. art. subs.
Con coidado Por entre as ruínas
Frases verbais (f. v.): poden presentar dúas estruturas diferenciadas.
- As constituídas unicamente por un núcleo, unha forma verbal simple: Falaban.
- As constituídas por unha perífrase verbal, que á súa vez pode constar de:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
205
dous elementos: un verbo auxiliar e un verbo auxiliado, sen
elemento de unión entre eles: Estaban falando. / Vou pasear. / Habemos ir.
tres elementos: verbo auxiliar, verbo auxiliado e nexo prepositivo ou
conxuntivo: Debemos de saber. / Teremos que voltar.
2.2.2. Clasificación das frases segundo a súa estrutura interna
Atendendo a este criterio as frases poden ser:
Simples: cando están constituídas por unidades inferiores á frase: Uxía estuda
Química. / André está feliz. / Mañá véxote.
Complexas: cando conteñen, desempeñando unha función no seu interior, unha
ou varias frases, ou tamén unha cláusula: Unha mañá de inverno chegou Luís. /
O noso tío de América era xenerosísimo. / As tres rapazas que chegaron hoxe
eran coruñesas.
Compostas: cando son a suma de dúas ou máis frases unidas en relación de
coordinación mediante conxunción ou pausa: O director e os seus empregados.
/ Os ollos, o nariz e a boca.
f. nom.
f. nom. nexo f. nom.
DET NOM DET NOM
f. nom.
DET NOM
art. conx. art. posesivo subs.
O director e os seus empregados
3. A cláusula
A cláusula é unha unidade sintáctica integrada por frases, que desempeñan dentro
dela unha serie de funcións (suxeito, predicado, complementos…): Na primavera
chegan as anduriñas. / Teu curmán mercou un coche novo para o seu traballo.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
206
Estrutúrase arredor dunha frase verbal (verbo simple ou perífrase verbal) que constitúe
o seu elemento nuclear e polo tanto o único imprescindible para a súa existencia.
As cláusulas simples non presentan ningunha outra cláusula no seu interior: A
chuvia deprímeme. / Viaxou por todos os países de Europa.
As cláusulas complexas presentan unha ou varias cláusulas no seu interior: O
que o fai mellor é o teu xenro. / Póusao onde o colliches. / Nas cartas que me enviaches
non falabas do asunto. / O cargo do concelleiro que dimitiu cubrirao quen determine o
concello.
As cláusulas complexas presentan no seu interior unha cláusula principal e unha
cláusula subordinada. A cláusula principal é a que se integra no nivel inmediatamente
inferior á oración, as cláusulas subordinadas aparecen integradas dentro da cláusula
principal, inmediatamente (cumprindo directamente unha función sintáctica no seu seo)
ou ben no interior dunha das frases que a constitúen: Quen o sabe, cala. / A persoa que
mellor informada está, non entrou en contacto connosco.
Tanto as cláusulas simples como as complexas forman oracións monoclausais.
Pola contra, cando son varias as cláusulas que aparecen no nivel inmediatamente
inferior ao da oración, poden aparecer coordenadas ou interordenadas. No primeiro
caso fálase de oracións compostas por coordinación (Faino e vaite axiña. / Entrou,
remexeu todo, non atopou nada, marchou…), no segundo de oracións bipolares: Se
sobes a casa esta noite, trae uns refrescos. Ámbalas dúas forman as denominadas
oracións policlausais.
4. A oración
A oración é a unidade sintáctica superior, integrada por unha ou varias cláusulas. Se
está integrada por unha cláusula no nivel inmediatamente inferior, a oración é
monoclausal: Naquel río hai moitas troitas. / No río que nos dixeches hai moitas troitas.
Se a oración está integrada por máis dunha cláusula no nivel inmediatamente inferior,
fálase de oración policlausal: Saudouno rapidamente e marchou. / Chegou esta mañá,
pero non o vin. / Se non mo dis agora mesmo, nunca o saberei.
4.1. Clasificación da oración
A oración pódese clasificar atendendo a distintos criterios.
4.1.1. Clasificación da oración segundo a actitude do falante:
Enunciativas: expresan feitos obxectivos sobre os que o falante non emite
valoración algunha. Costuman estar construídas con verbos en modo indicativo
e poden ser afirmativas ou negativas, segundo afirmen ou neguen o enunciado
polo suxeito: Ese edificio acábano de construír. / Non veu ao exame.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
207
Interrogativas: formulan unha pregunta. Clasifícanse atendendo a dous
criterios:
- Presenza ou ausencia de símbolos de interrogación: se a
pregunta aparece formulada entre signos de interrogación é directa,
se non é así é indirecta (A que hora saes do traballo? / Preguntoume
a que hora saía do traballo).
- Tipo de resposta que se agarda da pregunta: se esta é si ou non,
entón a oración interrogativa será total (Xa marchas?), se pola contra
a pregunta permite unha resposta aberta, será parcial. Esta última
sempre formula a pregunta mediante unha partícula interrogativa
(Que che preguntou ese rapaz? / Quen vén á festa esta noite?).
Exclamativa: é de natureza suxectiva, xa que expresa emocións, sentimentos,
reaccións, etc. (Que susto me deches! / Vaia sorte que ten!).
Dubitativa: expresa dúbida. Costuma construírse con partículas dubitativas.
(Quizais o chame para ir ao cine. / Se cadra marchamos de vacacións en xuño).
Desiderativa: expresan desexos. Costuman construírse con partículas
desiderativas: (Oxalá non chova para podermos ir á praia. / Desexaría que o día
de hoxe rematase).
Imperativa: expresa orde, mandato ou petición. (Cala dunha vez. / Achégame
o pan.).
4.1.2. Clasificación da oración segundo a natureza do predicado
Atributiva ou copulativa: constrúese cos verbos ser, estar, parecer e semellar.
O predicado que forman denomínase nominal, porque o que transmite
información do suxeito neste caso é o atributo e non o verbo (Esta cidade é
máxica. / A casa semella abandonada).
Ás veces, os verbos ser e estar non forman oracións copulativas, senón
predicativas. Isto acontece cando ser significa “ocorrer” ou “acontecer” (A festá
é mañá) e estar achega o significado de “atoparse nun lugar” (As súas chaves
están enriba da mesa).
Predicativa: posúe un predicado verbal, isto é, un verbo que achega un contido
léxico propio e adoita precisar dun elemento que complete o seu significado.
Clasifícase en:
- Activa: o verbo está en voz activa e o suxeito é o axente, isto é,
quen realiza a acción. É transitiva se leva un CD (Maruxa comeu
un anaco de bolo), intransitiva se non o leva (Xan marchou onte),
reflexiva se a persoa que realiza a acción tamén a recibe (Ela
vestiuse rapidamente) e recíproca se dous ou máis suxeitos reciben
a acción mutuamente (Saudáronse pola rúa).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
208
- Pasiva: o verbo está en voz pasiva e o suxeito é paciente, isto é, o
que recibe a acción. Costuma aparecer un complemento axente,
resultado da transformación do suxeito da activa.
Velázquez pintou “As Meninas”.
SUXEITO PRED. CD
“As Meninas” foron pintadas por Velázquez.
SUXEITO PRED. C. AXENTE
PACIENTE
Un tipo especial de pasiva é a pasiva reflexa, que se constrúe con
verbo en voz activa en P3 ou P6 e o pronome se (Véndense
apartamentos).
Impersoal: carece de suxeito por distintos motivos. Cando é creada cun verbo
que expresa un fenómeno meteorolóxico denomínase impersoal natural
(Chove a mares!); se se constrúe coa P3 dos verbos facer, haber, ser, bastar e
sobrar acompañada de CD ou outros complementos entón falamos de
impersoal gramatical (Hai libros moi interesantes nesa biblioteca); pola contra
se é o propio falante o que quere omitir o suxeito, ben por vontade propia ou
porque o ignora, a oración será impersoal eventual, e sempre se formará en
P6 con calquera verbo transitivo (Chámanlle “o Roxo”). Por último,
denominarase activa impersoal a aquela oración formada pola P3 do verbo
mais o pronome se (Na clase falouse de maltrato animal).
4.1.3. Clasificación da oración segundo as unidades sintácticas que a
conforman
Oracións monoclausais:
a) Cláusulas simples: presentan unha soa cláusula no nivel de análise
inmediatamente inferior ao de oración, polo tanto conteñen un único verbo (Hoxe
comimos no restaurante de Elías)
b) Cláusulas complexas (ou oracións compostas por subordinación): presentan
unha soa cláusula no nivel de análise inmediatamente inferior ao de oración, pero
ademais desta cláusula principal, presentan outra ou outras cláusulas,
denominadas subordinadas, noutros niveis inferiores de análise. As cláusulas
subordinadas desempeñan no interior da oración a mesma función que podería
desempeñar un constituínte simple nunha oración monoclausal (Agardo a túa
contestación ------ Agardo que me contestes).
CD CD
Nas cláusulas complexas, en niveis inferiores da análise sintáctica, unha función
clausal (SUX, CD, CI, CC, PVO…) ou mesmo un elemento da frase (modificador,
termo) aparece desempeñada por unha cláusula. Compara os seguintes
exemplos:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
209
A sinceridade é unha virtude. SUX
Que digamos a verdade é unha virtude. SUX
Fernanda contou unha lenda. CD
Fernanda contou que marchaba para Londres. CD
Dálle o teu número a Xosé. CI
Dálle o teu número a quen queiras. CI
Onte falei dese asunto. SUP
Onte falei de saírmos ao cine. SUP
Chegaron onte. CCT
Chegaron cando estaba previsto. CCT
As irmás de Pedro eran dúas. MOD
As irmás que coñecías eran dúas. MOD
En tanto que na oración da esquerda a función oracional de CD é desempeñada
por unha frase, na da dereita esa mesma función é desempeñada por unha
cláusula. A estrutura sintáctica no nivel superior é, non obstante, a mesma nos
dous casos:
cláusula cláusula
SUX PRED CD SUX PRED CD
f. subs. f. nom. f. subs. cláusula
subs. verbo subs. vbo.
Fernanda contou unha lenda Fernanda contou que marchaba…
Un dos tipos de cláusula complexa máis habitual son as chamadas oracións
subordinadas substantivas: aquelas en que toda unha cláusula desempeña unha das
funcións características da frase substantiva e da frase nominal.
A falta de auga pareceunos sospeitosa -- Que faltase auga pareceunos sospeitoso.
SUXEITO SUXEITO
Pedinlle un favor. --- Pedinlle que me fixese sitio.
CD CD
Carlos non se lembraba de nada.Carlos non se lembraba de que tiña que volver.
SUPLEMENTO SUPLEMENTO
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
210
Para comprobarmos se se trata dunha oración deste tipo, hai que substituír a cláusula
subordinada por un pronome (costuma empregarse o demostrativo neutro iso): Díxenlle
que non me amolara. = Díxenlle iso.
Outro dos tipos de cláusula complexa máis habitual é o das chamadas oracións
subordinadas adxectivas ou de relativo, que funcionan como modificador do núcleo
dunha frase substantiva. Compara:
O home misterioso vixiaba atentamente a entrada.
O home da gabardina gris vixiaba atentamente a entrada
O home que entrou antes vixiaba atentamente a entrada.
As tres frases que funcionan como suxeito só se diferencian no modificador: no
primeiro caso unha frase adxectiva, no segundo unha frase preposicional e no terceiro
unha cláusula, pero a estrutura sintáctica xeral é nos tres casos a mesma:
cláusula
SUX PRED CC CD
f. adv. f. nom
DET NOM
vbo. adv. art. subs.
O home misterioso vixiaba atentamente a entrada
O home da gabardina gris
O home que entrou antes
A única diferenza reside nas características do modificador da frase que funciona
como suxeito:
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
211
f. nom. f. nom. f. nom.
DET NOM DET NOM DET NOM
f. subs. f. subs. f. subs.
N MOD N MOD N MOD
f. prep. subs. cláusula
D T SUX PRED CC
art. subst. adx. art. subst. prep. f. nom. art.
O home misterioso O home de a gabardina gris O home que entrou antes
As oracións subordinadas adxectivas tamén se denominan de relativo, chámanse
así porque van introducidas por un pronome relativo que, ademais de nexo,
desempeña unha función sintáctica na cláusula que introduce, a mesma que
desempeñaría a palabra á que vai referido:
- O home que entrou antes vixiaba atentamente a entrada (o antecedente de que é
o home; se substituímos o relativo por ese antecedente, a cláusula subordinada
resultaría o home entrou antes; en que o home sería o suxeito, polo tanto a
función que enmascara o relativo na cláusula é SUX).
- A casa da que che falei (antecedente a casa; función do relativo na cláusula:
SUPLEMENTO).
- Aqueles contos que nos contaban de cativos eran sumamente inxenuos
(antecedente aqueles contos; función do relativo na cláusula: CD).
Un terceiro tipo de cláusula complexa é o das oracións que funcionan con valores
adverbiais de lugar, tempo ou modo; equivalen a adverbios ou frases de valor
adverbial e desempeñan o papel de CC:
Ela aínda vivía alí. = Ela aínda vivía onde nacera.
CCL Cl. subordinada adv. con función de CCL Aquel veciño vivía moi comodamente. = Aquel veciño vivía como podía. CCM Cl. subordinada adv. con función de CCM Nunca estudara piano na infancia. = Nunca estudara piano cando era pequeno.
CCT Cl. subordinada adv. con función de CCT
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
212
Oracións policlausais
a) Oracións compostas por coordinación
Segundo o tipo de nexo coordinante (conxunción ou locución conxuntiva) e a relación
que se establece entre as cláusulas coordinadas, as oracións compostas por
coordinación poden ser:
- Compostas por coordinación copulativa (A e B): as cláusulas gardan total
independencia, e simplemente se unen unha a outra para formar a oración
composta. Os nexos máis importantes son e, mais, e mais, a mais e nin (Deume
as grazas e regaloume un libro. / Puxemos os cartos e mais traballamos na obra.
/ Non vexo Vigo nin vexo Cangas).
Oración policlausal
cláusula NEXO cláusula
SUX PRED SUX PRED
subs. vbo. subs . vbo.
Luísa falaba e Carme atendía
- Compostas por coordinación disxuntiva (A ou B): nestas oracións as cláusulas
exclúense mutuamente. O nexo disxuntivo máis corrente é ou (Vés ou quedas?).
- Compostas por coordinación distributiva (A ou B): están emparentadas coas
anteriores mais nestas o nexo aparece como marca sintáctica ao comezo de
cada unha das cláusulas que as forman (Ou sobes ou baixas. / Ora ri leda ora
chora desconsolada). Algúns nexos distributivos son ou… ou, ora… ora, ben…
ben, xa… xa, quer… quer, cal… cal. Son claramente distributivas moitas
oracións compostas por dúas cláusulas iniciadas por formas correlativas, como
uns… outros, aquí… alí, este… aquel, etc. (Uns veñen, outros van).
- Compostas por coordinación explicativa (A é dicir B): aparecen locucións
conxuntivas explicativas que introducen unha explicación sobre o dito na
cláusula ou cláusulas anteriores. Algúns nexos son ou sexa, isto é, é dicir, etc.
(Avariouse o coche, ou sexa, hai que ir a pé).
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
213
b) Oracións bipolares
Chamámoslle así ás constituídas por dúas cláusulas do mesmo nivel xerárquico, que
están ligadas por nexos conxuntivos e en relación de interordinación, de modo que unha
non pode existir sen a outra. Sempre están constituídas por dous membros, nunca máis
nin menos. Hai varios tipos de oracións bipolares, dependendo do sentido dos nexos
utilizados:
- Oracións bipolares condicionais: son aquelas que están compostas por dúas
cláusulas, unha chamada CONDICIONANTE e a outra chamada
CONDICIONADO, que poden invertir a súa orde. A cláusula condicionante indica
unha condición ou suposto necesario para que se cumpra o afirmado na outra.
A cláusula condicionante vai introducida por conxuncións ou locucións
conxuntivas condicionais como se, como, en caso de que, a pouco que…: Con
tal de que pagues non terás problema. / Se prefires quedamos aquí. / Como non
digas nada pensarán que estás enfadada.
- Oracións bipolares consecutivas: os dous argumentos que aparecen son os de
ANTECEDENTE e CONSECUENTE.
O consecuente informa sobre a consecuencia que se desprende do antecedente
e é o que vai introducido por conxunción ou locución conxuntiva de valor
consecutivo, como logo, entón, daquela, de sorte que, polo tanto, de xeito que,
de modo que, de maneira que, de forma que, así que…: Non era consciente dos
seus límites, así que fracasou. / Quédanos moi pouco tempo, de modo que
teremos que suprimir parte do programa. / Vai marchar o tren, así que hai que
apurar.
- Oracións bipolares causais: os dous argumentos que aparecen son os de
EFECTO e CAUSA. Esta indica o motivo polo cal acontece o EFECTO e está
introducida por unha conxunción ou locución conxuntiva causal, como porque,
visto que, por causa de que, pois, como, dado que, xa que…: Fracasou porque
non era consciente dos seus límites. / Hai que apurar pois vai marchar o tren.
Oración bipolar causal
EFECTO NEXO CAUSA
cláusula cláusula
Fracasou porque non era consciente dos seus límites.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
214
- Oracións bipolares comparativas: os dous argumentos son primeiro termo da
comparación e segundo termo da comparación. Poden ser de superioridade
(máis…ca, máis… que, máis… do que), inferioridade (menos… ca, menos…
que, menos… do que) e igualdade (igual… ca, igual…que, tan… coma,
tan…como)
O segundo termo da comparación vai introducido por unha conxunción
comparativa: máis, menos, igual que, o mesmo que, tanto como…: As súas
terras eran máis extensas do que sabían os seus veciños.
- Oracións bipolares concesivas: as dúas cláusulas desempeñan os
argumentos de TESE e ANTÍTESE, que tamén poden aparecer en posición
inversa.
A antítese indica unha dificultade para o cumprimento da tese, pero sen chegar
a impedila. A cláusula con valor de antítese vai introducida por unha conxunción
ou locución conxuntiva concesiva, como aínda que, mesmo que, malia que, a
pesar de que, por máis que…: Non calarei por máis que mo pidades. / Aínda que
tiña auténtico pánico logrou disimulalo.
- Oracións bipolares adversativas: están formadas por dúas cláusulas, unha
chamada TESE e a outra ANTÍTESE. A cláusula con valor antitético representa
unha restrición, rectificación ou contraste do indicado na tese, mais ambas se
cumpren. A antítese vai precedida pon unha conxunción ou locución conxuntiva
de valor adversativo, como mais, pero, non obstante, senón que, así e todo, ora
ben…: Estiven esperando toda a tarde pero os meus invitados non viñeron. / A
capital de Australia non é Melbourne, senón que é Camberra.
Oración bipolar adversativa
TESE NEXO ANTÍTESE
cláusula cláusula
Estiven esperando toda a tarde pero os meus invitados non viñeron
5. As funcións sintácticas clausais e oracionais
5.1. Predicado (PRED)
A función de PREDICADO é nuclear, pois sen el non existiría oración. Está
constituído por unha frase verbal, que pode consistir nunha forma verbal simple (Meu
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
215
tío vivira moitos anos en Alemaña) ou unha forma verbal perifrástica (As dúas irmás
estaban esperando polo autobús).
Nas oracións policlausais compostas por coordinación é moi frecuente que a forma
verbal apareza elidida para evitar repeticións innecesarias: Rita sacou un sete no exame
e o seu irmán (sacou) un seis e medio.
5.2. Suxeito (SUX):
A función de SUXEITO é a que nos indica que persoa ou cousa protagoniza a acción
verbal. As unidades que poden desempeñar esta función son a frase substantiva, a frase
nominal ou a cláusula: Lugo, cidade bimilenaria, está situada no alto Miño. / Os
empresarios da construción reuníronse este luns. / Eles reuníronse este luns. / Estudar
ben a situación é imprescindible para ter éxito.
Por outra banda, como se pode ver no exemplo Reuníronse o luns, ás veces non é
preciso que o suxeito vaia expreso porque xa apareceu inmediatamente antes ou porque
a concordancia e o contexto non o fan necesario. En casos así falamos de suxeito
elíptico.
Unha característica do suxeito que axuda a identificalo en casos de dúbida é a súa
concordancia en número e persoa coa forma verbal: O bañista pediu socorro --- Os
bañistas pediron socorro.
Algunhas oracións, chamadas impersoais, carecen de suxeito; nese caso, o verbo
vai na forma non marcada, a terceira persoa do singular: Nos Ancares neva durante boa
parte do inverno. / Falouse do asunto.
Tendo en conta a semántica distinguimos dous tipos de suxeito:
- Suxeito activo ou axente, que realiza a acción: O teu tío pintou aquela mesa
no seu taller.
- Suxeito pasivo ou paciente, que é resultado da acción verbal e aparece nas
oracións chamadas pasivas: Aquela mesa foi pintada polo teu tío no seu taller.
Moitas estruturas transitivas con suxeito axente e complemento directo son
transformables en estruturas pasivas con suxeito paciente e complemento axente, tal e
como se mostra a seguir.
O tribunal condenou os acusados
SUX. AXENTE PREDICADO CD
SUX. PACIENTE PREDICADO C. AXENTE
Os acusados foron condenados polo tribunal
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
216
5.3. Complemento directo (CD)
Indica sobre quen ou que cousa recae a acción verbal. Poden desempeñar esta
función a frase substantiva, a frase nominal e a cláusula: Escribe novelas de aventura.
/ Leu todas aquelas revistas vellas. / Dixo que non quería volver cedo.
A función de CD é requirida polos chamados verbos transitivos, que precisan de
algo ou alguén que complemente a acción verbal: ler (unha carta, o xornal, un libro…),
visitar (unha cidade, unha amiga, os pais…), comer (unha mazá, peixe…).
Unha maneira de identificar o CD consiste en substituír o segmento que funciona
como tal por unha forma pronominal átona con función de CD: Leu todas aquelas
revistas vellas --- Leunas. / Viu un coche que se acercaba velozmente --- Viuno. / Dixo
que non quería volver tan cedo --- Díxoo. / Preguntounos se lle deixariamos aviso ---
Preguntóunolo.
Os CD en galego nunca van introducidos por preposición salvo no caso dos
nomes de persoa (Hoxe vin a Henrique paseando pola alameda.), coas formas
pronominais tónicas (Víronte a ti. / A ela deixámola na casa.) ou cos nomes de
parentesco que levan posesivo sen artigo (Fotografou a seu pai).
5.4. Suplemento (SUP)
A de SUPLEMENTO é unha función análoga á de complemento directo e dáse con
certos verbos que esixen complemento e rexen determinadas preposicións: falar de
(deportes, política, traballo…), lembrarse de (min, todo aquilo, aparecer…).
O SUPLEMENTO é sempre unha frase preposicional introducida polas preposicións
a, con, de, en ou por; se se realiza a substitución por un pronome, este é tónico e a
preposición permanece: Discutían sobre o exame de Matemáticas.= Discutían sobre iso.
/ Lembráronse das súas veciñas. = Lembráronse delas.
5.5. Complemento indirecto (CI)
Esta función indica o destinatario ou beneficiario da acción verbal. A unidade que a
desempeña é unha frase preposicional introducida pola preposición a: Deu a boa noticia
a todos os presentes. / Concederon permiso a un dos solicitantes. / Entregáronlle unha
carta a ela.
O CI pode ser substituído por unha forma pronominal átona con función de CI: Deu
a boa noticia a todos os presentes. = Deulles a boa noticia. / Concederon permiso a
todos os que o solicitastes. = Concedéronvos permiso. / Entregáronlle unha carta a ela.
= Entregáronlle unha carta.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
217
5.6. Complementos circunstanciais (CC)
Complementan, restrinxen ou modifican o expresado polo predicado, engadindo
circunstancias locais, temporais, modais, cuantitativas, instrumentais, de compañía,
etc.:
Locais: Traballaba aquí. / Viviremos na Coruña.
Temporais: Virá o próximo mes. / Estaban aquí cando ti chegaches.
Modais: Fala bastante ben. / Acabouno como lle mandaran.
Cuantitativas: Fumaban demasiado. / Traballaba en exceso.
Instrumental: Escribiuno a man. / Cortouse co coitelo.
Compañía: Volveu connosco. / Non quería volver cos demais.
Como se pode observar nos exemplos anteriores, a función de CC pode vir
desempeñada por unha frase adverbial (aquí, bastante ben), por unha frase
preposicional (na Coruña, en exceso, co coitelo), por unha frase nominal (o próximo
mes) ou por unha cláusula (cando ti chegaches).
5.7. Complemento axente (CAX)
Indica o axente da acción verbal nas oracións pasivas: Galicia foi conquistada polos
romanos. / Ese cadro foi pintado por un famoso artista inglés.
O CAX vén desempeñado por unha frase preposicional encabezada pola
preposición por. Na transformación da oración en activa este CAX convértese en suxeito
axente: Galicia foi conquistada polos romanos. --- Os romanos conquistaron Galicia. /
Ese cadro foi pintado por un famoso artista inglés. --- Un famoso artista inglés pintou
ese cadro.
5.8. Complemento predicativo (PVO)
O PVO está próximo ao circunstancial porque indica modo, pero concorda co suxeito
ou co complemento directo en xénero e número, o que o aproxima aos modificadores.
Esta función vén desempeñada por unha frase substantiva ou adxectiva.
Existen dous tipos de predicativo:
- Predicativo de suxeito (PVO SUX): trátase dun complemento que
modifica á vez o suxeito (concordando con el en xénero e número) e o
predicado: Os rapaces, abraiados, contemplaban os movementos dos
equilibristas sobre a corda.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
218
Vemos aquí a concordancia entre rapaces e abraiados (cfr: as rapazas,
abraiadas…), así como o valor modal do predicativo (abraiados = con
abraio). Que non se trata dun simple adxectivo modificando o núcleo da
frase substantiva que funciona como suxeito, queda demostrado pola súa
situación entre pausas, pola posibilidade de supresión sen que a oración
perda sentido e pola súa liberdade posicional: Os rapaces contemplaban,
abraiados, os movementos dos equilibristas sobre a corda…
- Predicativo de complemento directo (PVO CD): trátase dun
complemento que modifica o complemento directo, concordando con el en
xénero e número e modificando tamén o predicado: Tiña completamente
abandonada a oficina. / Tiña a oficina completamente abandonada.
5.9. Atributo
Esta función aparece nas oracións construídas cos verbos atributivos ou copulativos
(ser, estar, parecer, semellar…). As unidades que a poden desempeñar son as frases
substantiva, nominal, adxectiva e adverbial e as cláusulas, que concordan co suxeito en
xénero e número: Ela é xefa de departamento / Ela é a xefa de departamento / O exame
foi fácil. / A estrada está bastante mal. / Antón foi quen saudou desde a xanela.
Tamén pode ser atributo unha frase preposicional, cando semanticamente sexa
equivalente a un adxectivo: Eses estudantes son de Alemaña (= alemán) ./ A súa saúde
era de cristal (=fráxil,débil,feble).
Cómpre lembrar que, ás veces, os verbos ser e estar non introducen elementos con
función sintáctica de ATB, senón con outra distinta. Isto acontece cando ser significa
“ocorrer” ou “acontecer” (A festá é mañá) e estar achega o significado de “atoparse nun
lugar” (As súas chaves están enriba da mesa)
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
219
Exercicios tema 7
1. Pon un exemplo de frases e outro de oracións con relación de coordinación
entre si; fai o mesmo con outras que teñan relación de subordinación.
2. Compara as construcións coordinadas dos seguintes exemplos; repara nos
seus nexos:
a) perpetuamente conectados ao facebook, twiter e outras redes sociais (l. 5-6)
b) as redes sociais e os blogs e as webs e os podcast e instagram e youtube e e
e... (l. 6-7)
c) a sociedade actual, chea de información, coñecedora de todos os datos (l. 18-
19)
Aínda que xa non se estila moito a etiqueta, ata hai nada definiamos a nosa época
como a sociedade da información (agora dise máis Sociedade 2.0). E dalgunha maneira
segue sendo válida esa categorización porque é innegable que nunca dispuxemos de
máis ferramentas para estarmos informados e conscientes da realidade ca hoxe. E así,
algúns, coma min, vivimos perpetuamente conectados ao facebook, twitter e outras
redes sociais. E son as redes sociais e os blogs e as webs e os podcast e instagram e
youtube e e e... quen me nutren de novas que, sen dúbida, amplían a miña ollada e
alimentan o meu coñecemento.
Mais, a pesar de todo isto, non podo evitar ter a sensación de que a meirande parte
da cidadanía vive (e, paradoxo dos paradoxos, tamén moitos dos usuarios de todos
estes medios telemáticos) na máis completa e absoluta desinformación. O que é sen
dúbida moi grave, posto que antes non existían maneiras de saber as cousas, e agora
podemos sabelo practicamente todo sobre todo. Antes, cando morría o rei, na outra
punta do reino enteirábanse un par de meses máis tarde (ou anos). Hoxe, alguén pode
ir tuiteando a agonía do monarca mentres millóns de persoas opinan sobre os
estertores, discuten se é procedente aproveitar a circunstancia para instaurar a
República e crean un grupo en facebook.
Daquela, deberiamos concluír que a sociedade actual, chea de información,
coñecedora de todos os datos necesarios para entender o mundo, é unha sociedade
máis libre, máis activa e, por forza, revolucionaria: ao sermos sabedores, como somos,
das inxustizas que hai no mundo, actuamos e mudamos a realidade. Porén, resulta que
non. E cando un repara nos Trending Topic, é dicir, os asuntos dos que máis se fala no
Twitter (a rede informativa por excelencia), atopa, como no momento no que isto escribo,
asuntos vitais para a liberdade humana e a racionalidade como #xabialonso, #laroja ou,
coma onte, un asunto que tiña que ver coa operación de nariz de Belén Esteban.
É unha trola iso de que un pobo máis informado é un pobo máis libre. Unha trola
enorme.
Francisco Castro en Sermos Galiza (18/10/2012)
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
220
3. Explica a diferenza de significado entre as distintas opcións de pronuncia dos
seguintes enunciados:
- Amelia tratou ao pintor que fixo o seu retrato cando ela estudaba música. /
Amelia tratou ao pintor, que fixo o seu retrato, cando ela estudaba música. /
Amelia tratou ao pintor, que fixo o seu retrato cando ela estudaba música.
- O rapaz que mediría preto de dous metros achegouse a nós. / O rapaz, que
mediría preto de dous metros, achegouse a nós.
- Un caminiño estreito e sinuoso levaba ao cantil. / Un caminiño, estreito e sinuoso,
levaba ao cantil.
4. Dá un exemplo de frase nominal para cada un destes esquemas sintácticos:
N
DET + N
N + MOD (f. adx.)
DET + N + MOD (prep. + f. nom.)
DET + N + MOD (prep. + oración conx. que)
DET + N + MOD (oración de relativo)
DET + N + MOD (outra f. nom.)
DET + N + MOD (prep. + f. adv.)
DET + N + MOD (prep. + oración de infinitivo)
5. Localiza e clasifica as perífrases do seguinte texto. Procura exemplos de
frases substantivas que se axusten aos seguintes esquemas:
N
N + MOD (f. adx.)
N + MOD (f. prep.)
MOD (f. adx.) + N
N + MOD (cláusula de relativo)
Esta vez, o vento permitiu á máquina estabilizarse sobre o barco naufragado. O
piloto foi diminuíndo a velocidade do rotor e o helicóptero comezou a descender e logo
freou oscilando. Debaixo del, un forte remuíño sacudiu a cuberta do barco. As dúas
máquinas, a do barco e a do helicóptero, unha agonizando e outra ao límite das súas
forzas, achegáronse.
O copiloto, agarrado fortemente xunto ao portalón, preparou o guinche para lanzar
un cabo. Pero nese momento un rebafo de vento golpeou un lado do aparato, que se
abaneou con violencia. O copiloto caeu ao chan. Abaixo, unha onda embarcou a cuberta
e o home que esperaba caeu tamén e foi esvarando polo cristal inclinado do castelo de
proa ata quedar enganchado na ponte. Agarrouse ao que puido e cando a onda pasou,
volveuse a distinguir a súa figura.
Miguel Anxo Murado, Mércores de cinza.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
221
6. Indica dous exemplos de frases que conteñan outra frase ou unha cláusula,
indicando que función desempeñan estas.
7. Localiza e delimita as f. nom. do texto, indicando cal é o N de cada unha.
Ninguén sabía por que lles chamaban “os do Capitán”, que non había memoria de
capitán militar na familia. Labregos estimados, leiras de folgado e rozas, e prados na
valiña, que daban para seis vacas. Pero Eufemio Cortón tiña metido na cachola que se
lles chamaban “os do Capitán” era porque houbera de seguro un capitán na familia.
Igual era artilleiro coma el, que servira no 15 Lixeiro, en Pontevedra. Eufemio tiña a
capitanía metida tan adentro que se pasaba preto das galiñas, ou da facenda miúda que
tiña, ou dos porcos, daba ordes:
- Media volta á dereita!
Na casa, cando non andaba por alí unha muller, a señora Ermitas, desfilaba polo
corredor e cadrábase diante do retrato do pai. Todos os seus soños eran o estar
mandando tropa, presentando armas e disparando.
A. Cunqueiro, Os outros feirantes (1979).
8. Fai a análise sintáctica das seguintes frases:
- No camiño de volta.
- A única cousa que dixo.
- De boa gana.
- Ben diferentes.
- Con cara de espanto.
- Podre de cartos.
- Un corte que lle cruzaba toda a cara.
- Polo camiño vello.
- A hora de maior escuridade.
- Orgulloso das súas fillas.
9. Sinala as palabras que funcionan como núcleo destas frases. Analiza a
estrutura sintáctica representándoas mediante esquemas arbóreos:
- O drama dos inmigrantes curdos.
- A sesión continua dos cines de antes.
- Unha pizza con dobre de queixo.
- O maldito caos automobilístico do centro urbano da miña cidade.
- Todos os nosos inxenuos soños de mocidade.
10. Analiza estas frases. Faino así: di de que tipo son, cal é o seu núcleo e cales
son os seus constituíntes opcionais. Identifica e clasifica os seus DET,
identifica os seus MOD e di que tipo de frase desempeña esta función:
- Unha mañá de maio florido.
- Preto da lagoa de Antela.
- Todos os bos veciños de Marzán de Arriba.
- A lembranza dos que loitaron pola liberdade.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
222
- O fondo do val de Aríns.
- Dúas ducias de cenorias.
- Algúns dos máis vellos veciños do lugar.
- Alguén que viviu moitos anos alí.
- Cada un dos presentes.
- A Lúa, o satélite da Terra.
11. Di cales dos seguintes enunciados están constituídos, no nivel máis alto, por
unha frase e cales por unha cláusula. Razoa a reposta.
- O cabalo branco de Santiago Apóstolo.
- Ollos verdes son traidores.
- Teño dúas pitas brancas e un galo negro.
- Tente, rapaz!
- Non fumar.
- Ese é o coche que lle tocou nunha rifa.
- O cariño que eu che teño.
- Deus cho pague, mociño.
- Pousada Rosiña.
- Prohibido ir de pé.
12. Localiza as cláusulas iniciadas por que e distingue as conxuntivas das
relativas. Despois xustifica a resposta indicando cal é a función do relativo
dentro de cada unha.
- Hai moitos lugares que din que teñen o Santo Grial. Na tradición galega
asegúrase que está no Cebreiro.
- O rei Artur é unha figura que se orixina na mitoloxía celta e que representa o
ideal do cabaleiro na guerra e na paz.
- Merlín pediulle a Artur que procurase o Santo Grial, a copa da que bebera Xesús
na Derradeira Cea, da que se dicía que tiña poderes máxicos.
- Merlín foi un mago galés que se cre que viviu a fins do século VI.
13. Redacta de novo as seguintes oracións convertendo a segunda nunha
cláusula de relativo inserta na primeira (Ex. A miña curmá veu para aquí con
cinco anos. --- A miña curmá naceu en Barcelona. / A miña curmá, que naceu
en Barcelona, veu para aquí con cinco anos).
- A empresa tiña case cen empregados. Traballei para esa empresa durante cinco
anos.
- A cidade mudara moito naqueles vinte anos. Viviches naquela cidade durante a
túa infancia.
- A ponte medía dezaseis metros de altura. O camión precipitouse desde esa
ponte.
- Estas persoas son moi amables. Encóntrome con estas persoas pasando unha
semana de vacacións.
- Os meus tíos vivían xunto a nós. Uníame unha boa relación cos meus tíos.
- A rúa estaba moi mal iluminada. Paseabamos por esa rúa este sábado pola
noite.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
223
- Ese tema aparecía sempre na nosa conversa. Discutiamos acaloradamente
sobre ese tema.
- As armas semiautomáticas foran compradas no mercado negro. Encontráranlles
esas armas na casa.
- Ese veciño estaba viúvo. Eu axudáballe a facer as compras algúns sábados.
- As solucións non eran as correctas. Puxeches esas solucións no exame de
Matemáticas.
14. Nos seguintes enunciados identifica a cláusula de relativo, indica o seu
antecedente e a función do pronome relativo na cláusula inserta:
- As imaxes dos compañeiros cos que compartiu a loita achéganselle
paseniñamente.
- Quere esquecer os reflexos do sol, que intúe sobre o cristal.
- A sala en que facían as reunións era bastante pequena.
- Esa mesma foi a arma coa que se cometeu o delito.
- Este é o cuarto ao que regresaba de rapaz despois do paseo.
- O empregado a quen lle fun protestar tiña un aspecto moi descoidado.
- Aqueles que queiran participar que se anoten antes do mércores.
- O lugar onde quedamos citados estaba moi lonxe do centro.
- Entre o cuarto e o corredor hai unha vella mesa que comprara o seu avó.
- Mentres camiña dáse a matinar sobre o tempo feliz que puido ser e non é.
- Contra a parede está o piano, que o seu fillo toca ás veces.
15. Analiza os que destes enunciados e separa que relativo de que conxunción.
Di cales introducen modificador.
- Xa teño ganas de que chegue o venres.
- Non é verdade que teña deberes que facer.
- Na vila non hai memoria de que alí houbese un hospital para os peregrinos que
viñan a Compostela, aínda que si é certo que un treito do camiño pasou por alí.
- Haiche moitas cousas en que pensar.
- Asegúrate de que tes algún tren en que volver o día que queres.
16. Identifica e clasifica as oracións subordinadas destes enunciados.
- El tería doce anos cando eu vin para Santiago.
- Ven acó, que che quero contar unha cousiña.
- Lembras o día de chuvia feroz e fría en que me fecharon na prisión da rúa do
Príncipe?
- Dito isto, abandonaron o cuarto.
- Con que lles deas un cariño marchan encantados.
- Vai onda Luís a que che dea roupa seca.
- Mentres lle viviu o pai, non traballou en nada.
- Víñame seguido á mente a lembranza de algo que ocorrera moi lonxe de alí.
- En chegando ao letreiro, torcede á esquerda.
- Se eu soubese o que sei hoxe non me pillaban.
- Entrou cos zapatos na man por non nos espertar.
- Antes de se deter, deulle unha patada a unha lata.
- Vaite aló antes de que te veñan buscar.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
224
- Marchou tan rápido que non puidemos falar apenas.
- Aínda que teña febre vai dar o seu paseíño.
17. Analiza cada unha das cinco formas que resaltadas no texto, identificando o
tipo de oración que cada unha delas introduce.
Ás veces me pregunto por que eu non son
Como as demais mulleres: amar sen desacougo
Poñer en paz o corazón e a mente
Agardar con paciencia que baixen as augas
Nas crecidas do río
Resignarse á evidencia aceptar os desaires
E rezar en silencio ou chorar entrementres
As bágoas máis amargas enriba da almofada
Sempre ocultando a ira. Sempre con mansedume
Cun sorriso nos labios. Non. Eu non son daquelas
Que cantan ás flores e ás pombas xa o sei
A min mátame a sede. A min fáltame o aire
Levo un cravo moi fondo de amor e de paixón
Nin o podo arrincar que arrincaría a alma
Prendería o lume que me queima por dentro
Eu non son daquelas que cantan ás flores e ás pombas
Das que se resignan ante o desamor
E rezan e consomen bágoas sobre da almofada
Non! Eu son Medea!
Luz Pozo Garza, Medea en Corinto, 2002.
18. Indica a función sintáctica que desempeña cada un dos catro que resaltados
no texto en negriña.
Rice chegara anos atrás dun punto perdido da China, fuxindo da miseria e do tedio,
procurando experiencias e ruído, fóra xa dun mundo en desequilibrio por mor dun encoro
descomunal, que levaban anos construíndo no curso do río Yan-tze.
Ao chegar á cidade pasara por mil traballos menores, deses que adoitan facer os
inmigrantes sen permiso de traballo, dificultado por un escaso coñecemento da lingua e
por unha tendencia incomprensíbel a non procurar o abeiro dos cidadáns da súa fala.
Adaptárase ben, ou así llo parecía a el e aos seus amigos, con esa facilidade sutil que
teñen os pobos de estirpe emigrante para sentirse, logo do desconcerto inicial,
aparentemente integrados en calquera parte do mundo.
Chegara para ficar, tras moitos avatares e moitas dúbidas, vivindo no gume cortante
da incerteza e a inseguridade, sufrindo ameazas ficticias e verdadeiras, suando sangue
para chegar á cidade de promisión, ao refuxio de tantos cosmopolitas forzosos, de
tantos desherdados de raíces, de tantos perdidos nun mundo que xiraba
aloucadamente sen deterse a pensar por que xiraba e por que o facía aloucadamente.
Xabier Queipo, Dragona, 2007.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
225
19. Indica a que clase de palabra corresponde cada un dos cinco nexos
destacados no texto e identifica o tipo de oración que cada un deles
introduce.
Nunca poderei esquecer o derradeiro día que pasamos na nosa casa de Ziguinchor.
Desde un mes antes sabiamos a data en que a abandonariamos, e tamén os
pormenores da viaxe. Papá enviáranos os cartos necesarios e mercara en España os
billetes do avión que iamos coller en Dakar. Marchabamos para non volver en moitos
anos, abandonabamos para sempre a nosa casa. (…) As miñas amigas non paraban
de dicirme a sorte que tiña e enchíanme de preguntas sobre a vida que ía levar en
España. Eu non sabía que contestarlles…
O día anterior ao da nosa marcha mamá chegou á casa con dúas grandes maletas
que acababa de mercar. Abriu unha delas e deixouna encol da cama onde durmiamos
Naima e mais eu.
—Encárgate de facer a vosa maleta. Escolle ben o que vas levar, xa che expliquei
que cada maleta non pode levar máis de vinte quilos.
Nese momento comprendín de verdade o que significaba abandonar o Senegal. Que
escasa era a vida que ía levar comigo! Dez quilos, quince todo o máis, porque as
cousas de Naima seguro que pesaban menos. O resto tería que deixalo atrás, marchar
como as cegoñas que cada ano vía emigrar na procura dunha nova terra.
Aquela noite derradeira fun incapaz de durmir. Deitada na cama, pensaba en todo o
que non levaba na maleta, o que non me cabería nela aínda que fose enormísima,
porque hai cousas que non é posible levar. Todo iso tería que levalo na memoria e facer
o esforzo de conservalo. Para que non se me borrase, para que me acompañase a
todas horas.
Agustín Fernández Paz. Lúa do Senegal.
20. Identifica o tipo e subtipo de oración subordinada que introducen as cinco
formas que destacadas no texto. Indica en cada caso se o que é un pronome
relativo ou unha conxunción.
Contan as crónicas dos viaxeiros que por aqueles mundos andaron, con ollo atento
e pluma fácil, que hai na localidade turca de Kangal, a máis de 200 leguas de Istambul,
unhas fontes termais onde viven uns peixes que sandan unha enfermidade da pel tan
rebelde aos tratamentos da farmacopea como é a psoríase.
Estes peixes minúsculos teñen un apetito moi voraz, centrando a súa atención
carnívora nas escamas de pel morta, que tanto abundan nas zonas afectadas polas
lesións típicas desta enfermidade.
Tal parece, segundo explicou en Lovaina o dermatólogo turco que presentou a
Occidente tal marabilla, que estes peixes posúen nas secrecións das glándulas dos
beizos unha substancia que fai remitir as lesións, sen que se teña conseguido illar, malia
os reiterados intentos dos turquestanos, axente químico tan benéfico.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
226
Similares propiedades posúe o fluído visguento dos peixes saltaríns da lama. Na
farmacopea chinesa utilízase en particular a baba do saltarín da lama de Macau, que é
o máis apreciado entre estes peixes.
Unha vez máis, o embigo ao que nos ollamos reiteradamente os occidentais non nos
deixa ver con claridade que hai outro mundo e outros métodos de traballo máis aló das
nosas minguadas fronteiras, e que certas tradicións, aínda que empíricas, brindan
resultados positivos con máis xenerosidade e abundancia do que imaxinamos.
Endemais, que dúas culturas tan separadas como a chinesa e a otomá procurasen
solucións a unha mesma enfermidade, por intermedio dun proceso analítico semellante,
debería tamén facernos reflexionar, aínda que eu non sei moi ben a propósito de que.
Xavier Queipo, Mundiños, 1996.
21. Indica que tipo de oracións introducen os cinco nexos destacados en negriña
no texto.
Non é asunto banal este dun buraco no colchón. Ata agora sabiamos que as longas
esperas nun ambulatorio son o mellor remedio para recuperar o sono atrasado, que a
antesala de urxencias permite establecer relacións humanas impensables na vertixe
cotiá, pero descoñeciamos a apaixonante experiencia de durmir sobre un furaco
despois de saír dun quirófano. Os pacientes quéixanse porque ese é o seu papel, pero
deberían mirar as cousas polo lado positivo. Mentres un se preocupa de non
desaparecer polo buraco do colchón, esquece a orixe do seu mal, a causa do seu
internamento. É o que en artillería se chama branco auxiliar, unha manobra de
distracción. Non creo que os colchóns teñan un buraco adrede, porque no hospital son
boa xente e andan a administrar as miserias que a administración adica á renovación
do equipamento sanitario, pero, postos así debería patentarse o invento. O furaco no
colchón é un mellor sistema para distraer da doenza que, por exemplo, a televisión.
Todo o mundo dando brincos, pegando alegremente tiros pola rúa, bebendo licores,
gañando cartos, desfacendo camas amorosamente... Coa televisión diante, o enfermo
decátase dobremente da súa, nosa, triste condición. Pola contra, un buraco non se
resigna ó seu entorno senón que dalgún xeito debe rebelarse, debe poñer en
funcionamento todos os seus recursos. Cando o buraco se fai insoportablemente
presente, o enfermo xa ten esquecido o motivo real polo que foi conducido ó centro
sanitario.
Manuel Rivas.
22. Constrúe cadansúa oración que, comezando sempre pola secuencia
Buscamos en primeiro lugar…, conteña respectivamente: a) unha completiva
de CD; b) unha concesiva; c) unha oración de relativo; d) unha causal que
non vaia introducida por porque.
23. Identifica o suxeito das seguintes oracións.
- Uns de Cambados mandaban a filla a nosa escola.
- Os barcos que cruzaban a ría saían de Moureira.
- Importaríalle dicirme que hora é?
- O da dereita son eu.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
227
- Ti non sabes toda a verdade. Quen diga iso mente.
- A min paréceme ben que vaias en autobús.
24. Localiza o CD nestes enunciados. Clasifícaos polo tipo de unidade que
cumpre esta función.
- Entregoume un carriño feito cunha cabaza por el mesmo.
- Véxome traballando todo o verán.
- Hai quen di que todo son contos.
- Ambicionaba que a súa filla chegase a cirurxiá.
- Viches quen actúa nesta obra?
- Sorprendeume o teu dominio do alemán.
- Tiñan unha casa ao pé do peirao en que atracaban os barcos de pasaxe.
- María e mais eu démonos un tempiño.
- Non sabiamos que facer con toda aquela roupa.
25. Completa as cláusulas cunha f. nom. que funcione como CD. Despois
converte o CD en pronomes átonos.
- As túas atencións reconfortaron ….
- A gravidade do seu ton impresionou …
- Non sae só de noite porque teme …
- Eu ben vin como o público atacaba …
- Coa súa falta de tacto molestou …
- Se lle escribes, saúda da miña parte …
26. Cambia o pronome reflexivo por un CD non reflexivo (f. nom. con N
substantivo).
- O home atopouse no medio da rúa.
- Aínda non me peiteei.
- Inés mollouse un pouco.
- Resérvome para a segunda parte.
- Entregámonos a aquela causa.
27. A construción da oración organízase arredor do verbo. Pon exemplos para
estes esquemas sintácticos:
SUX (animado) – V – CD (inanimado).
SUX (animado) – V – CD (inanimado) – CI (animado).
SUX (animado) – V – CD (animado) – CI (animado).
SUX (animado) – V – CD (inanimado) – CI (animado) – CC (de lugar) – CC (de
tempo).
SUX (animado) – V – CC (de lugar) – CC (de tempo).
SUX - V (cópula) – ATB.
28. Dá un exemplo para cada un destes verbos en construción cun PVO do SUX
ou do CD: seguir, chamar, nomear, ir, vir, elixir, escoller, quedar, chegar.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
228
29. Unha mesma secuencia formal pode ter moi diferentes valores funcionais.
Fíxate nas frases preposicionais subliñadas e indica a función de cada unha
delas na súa oración:
- O empregado do banco trataba o cliente con edulcorada amabilidade.
- Empatou amena conversa con el en canto non se apagaban as luces.
- Aqueles traballadores estaban esmagados polo peso da súa dura vida.
- Saímos da casa pola mañá.
- Abriu a súa caixa e baleirouna sobre unha mesa de formica.
- Estaban falando cos do grupo sobre o seu último disco.
- Está ben, xa pensarei nunha solución boa para todos.
- As flores estaban nun recanto da sala.
- Sentou ao sol xunto aos xubilados.
- Pediulle ao destino que acabasen os seus males.
- Todos querían a André.
30. Di en que oracións ser e estar son predicativos e en cales atributivos.
Despois identifica os atributos e di que unidade cumpre en cada caso esa
función.
- Ti dirás que eses non son os pendentes da avoa, pero parecer parécenos.
- Iso foi cando eramos aínda uns nenos.
- O que a min me gusta é que alí se xunta a familia.
- O voso avó non é un que ten unha tenda na praza?
- A Casa do Concello está ao lado da igrexa.
31. Indica cales destas oracións admiten transformación pasiva e analiza o
resultado. Explica por que as restantes non a aceptan.
- O xuíz sentenciou o caso ás doce.
- O acusado saíu da sala moi amuado.
- O garda avisou os rapaces do campamento.
- Esta mañá eu mentinlles aos meus amigos.
- Eu conteilles unha mentira aos meus amigos.
- As campás tocaron ás cinco en punto.
- A un meu curmán tocoulle o gordo.
- A min impórtame a sorte das baleas.
32. Localiza os MOD nestes enunciados. Indica cal é o núcleo que modifican e
clasifícaos polo tipo de unidade que desempeña esa función.
- Tiñan unha casa ao pé do peirao en que atracaban os barcos de pasaxe.
- A derradeira lección do mestre.
- “Vella comendo as papas” non é unha das miñas pezas preferidas.
- Nunha aldea de aquí preto había un home que tiña fama de que era meigo.
- A porta de diante estaba pechada con chave, pero entramos pola portiña do
alpendre.
- Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que coñezo por un mundo que non vin.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
229
33. Separa as frases e indica as funcións sintácticas que desempeña cada unha
delas nas seguintes oracións:
- Esa tarde estivo contemplando algunha das súas vellas fotografías.
- Teu tío deulle os cartos de contado.
- A tripulación odiábao polo mal trato que daba.
- Levoume vinte minutos coroar o cumio da serra.
- Ao primeiro o profesor non prestou excesiva atención ao xogo.
- O silencio do mar emocionábanos.
- Sobre o tellado ondeaba unha bandeira medio descolorida.
- No cemiterio acababa a pista forestal.
- Alí reinaba unha gran confusión.
- Os dous foron identificados en cinco minutos polas súas vítimas.
- Sobre a mesa estaban os nosos pratos intactos.
- Era un home bo que odiaba a guerra.
34. No seguinte texto indica a función sintáctica que desempeñan as frases
subliñadas na oración de que forman parte:
Da cociña chega un ruído, coma se quen anda por ela tratase de non espertar a
ninguén. É cedo aínda, e o Fidel quéixase de moitísimo sono, pero Laura non ten
piedade, e obrígao a erguerse para non romperen os costumes da casa. Toman a parva
cos hóspedes e mais co preso, que hoxe será conducido por dous milicianos ó
cuartel das brigadas obreiras. Parece que xa está tranquilo, e sorrí timidamente.
- Eu se escaparan deixábaos ir – dille baixiño ó Fidel -. Despois apertei os
gatillos, pero é que collín moito medo, pareceume que me ía matar con
aquela pistola.
- Ben o sei, home. Anda, non pingues o ollo, que se van dar conta.
O caporal de Parderrubias quita o percherón da corte, xa co aparello ó lombo, e o
Fidel apértalle a cincha ó seu gusto.
- Lévenlle os nosos saúdos ó señor Castromao – di o caporal- . Ese si é
un gran home. Ben deitamos del para xurdir.
Laura achégase ó preso e mételle algo no peto case á forza. Despois, sobe
axilmente na garupa, e os viaxeiros apertan as mans de todo o mundo antes de se
poñeren ó camiño.
Darío Xohán Cabana, O cervo na torre.
35. Identifica a función sintáctica que desempeña cada unha das seguintes
frases dentro da oración en que aparecen no texto: o primeiro paso para
desentenderse (liña 3), eternamente violentada (l. 4), nunha teocracia
nuclear (l. 11), aos nosos fillos (l. 23), aos nosos respectivos gobernos (l. 25).
Nos últimos meses, os tambores de guerra, en Oriente Medio, non paran de soar. A
verdade é que naquela rexión (parece unha maldición bíblica), a violencia, a morte e a
tortura, forman parte da paisaxe. Acostumarse é o primeiro paso para desentenderse.
Palestina, eternamente violentada, soporta con cruel intensidade os ataques da
aviación israelí, os asasinatos selectivos, a destrución de vivendas, o bloqueo, o acoso,
a humillación constante, a morte ¡que espanto! de nenos e anciáns inocentes, cada
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
230
día...
Siria, que soñou liberarse dun réxime ditatorial, sofre, en carne propia, as
consecuencias dunha guerra civil non declarada. Logo dun ano de constante violencia,
os mortos superan os 9.000.
Irán, a punto de converterse nunha teocracia nuclear, esperta en Israel, única
potencia atómica na rexión, desexos irrefreables de intervención militar, con ou sen o
apoio dos EE.UU. Todo parece indicar que a decisión está tomada. Bastaría escoller o
día e a hora máis convenientes.
Por último, Afganistán e Iraq, lonxe de acadar a paz e a estabilidade prometidas polas
forzas intervencionistas occidentais, logo de décadas de inxerencia militar, sofren a
violencia sectaria, os atentados e o descontrol máis absoluto. A retirada dos exércitos
de ocupación, cunha sensación de fracaso evidente, vai deixar aberta a porta a
profundas convulsións internas.
Esta situación pode converterse nunha auténtica bomba incendiaria para a paz e a
seguridade en todo o Mediterráneo. As Nacións Unidas vense cada día máis
necesitadas dunha profunda reforma para facer realidade o fin para o que se crearon,
“evitar aos nosos fillos o horror da guerra”. Corresponde á comunidade internacional
recuperar o protagonismo. A cidadanía global, a sociedade civil, temos que interpelar
con firmeza aos nosos respectivos gobernos, aínda que sexa por egoísmo lúcido,
reclamando a resolución pacífica dos conflitos, a primacía da palabra fronte a violencia
e o terror.
Manuel Dios, “Mañá sempre é demasiado tarde”, en Praza pública (21/03/2012).
36. Recoñece os constituíntes destas oracións e di que función cumpre cada un.
- O máis cativo tróuxome da Estrada unha ducia de ovos de parrulo.
- Comparto con el opinións controvertidas.
- Xosé vai ser o primeiro licenciado da familia.
- A ambulancia trasladou os feridos de Poio a Tui.
- Os empregados elixiron a Elisa representante.
- A sombra do carballo parecía un monstro.
- Os veciños avisáronnos do lume por teléfono.
- Pola noite alí había un barullo do demo.
- Non che perdoo esas palabras.
- A nai perdoouno de mala gana.
37. Indica a función sintáctica que desempeña na súa oración cada un dos catro
fragmentos destacados en negriña no texto.
A xente nova teno cada vez máis difícil á hora de alugar. Os gobernos supostamente
lanzando medidas para incentivalo pero logo, pola contra, o mercado endurécese polo
seu propio peso, facendo vítimas, como en todo este tipo de procesos, aos máis débiles.
Resulta paradoxal que queiramos ser europeos e cada vez máis desenvolvidos.
No resto de Europa os mozos independízanse con moitos menos anos, pero os de aquí,
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
231
como van animarse ou sinxelamente poder sequera consideralo, dadas as duras
condicións que os sistemas de alugueiro lles impoñen?
En Madrid, en Barcelona, nas grandes cidades, pero cada vez máis tamén nas
nosas urbes galegas, unha serie de estritos requisitos engorda máis e máis esganando
as posibilidades dos máis novos. Piden, xa, máis dunha mensualidade por adiantado,
diñeiro que en ningún caso é recuperable porque por moito esmero que se poña no
coidado do apartamento, o tempo pasa igual para arredandador e arrendatario e
resultará imposible que pareza máis novo que o primeiro día, sempre se atopará algo
que alegar.
Pero piden tamén nóminas, ou parte do salario dun mes a fondo perdido, ou a cota
dun mes en concepto de gastos de contratación. E piden, por último e case no cen por
cen dos casos, un aval bancario. Señores/as: do que foxen precisamente os mozos/as
cando toman a valente decisión de construír a súa propia autonomía, é de ter que
recorrer sempre a alguén que os avale.
Yolanda Castaño, 2006.
38. Indica a función sintáctica que desempeña na súa oración cada un dos catro
fragmentos destacados en negriña no texto.
Ela chámame todo o tempo á casa de miña nai,
eu vivo con miña nai e vou facer corenta anos
¿ti decátaste do que iso significa?
Miña nai leva corenta anos manténdome
Iso pásalle a calquera
Síntome coma un inútil, coma un parasito inútil
Pero non home non, que cousas tes, iso pásalle a calquera
Ela chámame todo o tempo á casa de miña nai
Teño as fiestras da casa desarmadas
teño a roupa no tendal comprado en Alcampo
vinte e cinco euros, encartable, moi práctico
Quero ser útil, quero ser adulto, quero ser un home
pero miña nai faino todo, absórbeo todo
Non me deixa facer a bechamel, nin tampouco a maionesa
Iso pásalle a calquera, dime palabras
Este é o caso: vivo coa miña nai e ela anúlame como home
Pero quérete, ¿non?
Tamén Hitler quería Francia
Ti non te podes comparar con Francia,
careces de Saint Sulpice,
por non falar de langue d’oc.
39. Localiza no texto catro elementos que desempeñen a función de obxecto
directo.
Non morrerei na casa en que nacín,
nin talvez na parroquia, e outra lousa
conxelará o meu nome sobre min
lonxe do sitio onde meu pai repousa.
Non cantarán para min as rumorosas
carballeiras da infancia (se aínda quedan),
nin aquel vento gastará as piadosas
letras que contra o olvido me concedan.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
232
¿Quen saberá daquela onde estou eu,
se esta cadea non se continúa
que prende un home á terra en que naceu
e onde é xa terra tanta xente súa?
¿Onde estarán os netos dos meus fillos
cando o meu corpo críe xa pampillos?
Dario Xohán Cabana, Canta de cerca a morte, 1994.
40. Indica a función sintáctica que desempeñan os fragmentos subliñados e en
negriña dentro da estrutura correspondente. Non é necesario que analices
os seus compoñentes.
En Padrón os alumnos do Instituto
imaxínanme alegre docto e pulcro
e axiña han de saber que o catedrático
este animal fonético-semántico
soubo si prepararche á hora da cea
peixe e patacas con cebola e allo
mais sabendo de epítetos e léxicos
nunca soubo decirche en xustas verbas
como o tes no teu pelo engaiolado
e han saber que o recordo é a pizarra
onde escribe despois de vir das clases
borra escribe e repite e non ve claro
outra vez raña o pelo que lle queda
fuma bebe pon lume a un pau de sándalo
e atopa así algún cheiro femenino
mais non sabe atopar no dicionario
a palabra ou sintagma con que anceia
reterte na súa casa todo o ano.
Pon o reló prás oito. Mañá cedo
vai a Padrón explica enche o encerado
de cousa vouga Ovidio o Ars Amandi
Juan de la Cruz o Cántico.
O malo é ó volver cando se sobe
aos cinco pisos banzo a banzo e se abre
a porta e non estás e a casa o mundo
son vougo enteiro sen amor nen cántico.
Bernardino Graña, Se o noso amor e os peixes... (1980)
41. Le os exemplos, fíxate nas partes subliñadas e responde:
a) Eses seres mitolóxicos que viñeron substituír ás meigas: Por que o CD
leva preposición?
b) Non se trata de volver a hai 50 anos: Por que non pon fai 50 anos?
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
233
42. Explica as diferenzas formais e de contido entre estas dúas construcións:
O monte arde porque está abandonado.
vs.
O monte arde porque foi abandonado.
43. Identifica as dúas seguintes construcións sintácticas e comenta as
diferenzas de forma e de nivel de uso existentes entre elas:
- Plan de Reconversión da Flota foi aprobado en 1961.
- Plan de Reconversión da Flota aprobouse en 1961.
44. Consumidores, porén, sómolo todos. Compara esa construción con estoutra:
Todos somos consumidores. Explica as diferenzas existentes entre as dúas:
distinta orde de palabras, aparición do clítico de acusativo (sómolo vs.
somos) e introdución da forma porén.
45. Vendéronlle os bois e vense rostros nubrados e sombrisos son dúas
construcións de sentido impersoal. Indica por que o son e comenta as
características de cada unha delas.
46. A frase unha avalancha de neve cruel é ambigua: ten dúas interpretacións
posibles. Identifícaas e fai a análise sintáctica correspondente a cada unha
delas.
47. Analiza sintacticamente este enunciado: Os rapaces do Grove teñen moi
cerca unha praia marabillosa para xogaren cos papaventos. Faino así:
- Recoñece cal é a unidade de nivel superior.
- Partindo dese nivel, vai delimitando as unidades dos seguintes niveis, ata chegar
á palabra.
- Identifica todas as palabras e di a que clase pertence cada unha.
- Se hai máis dun verbo, hai máis dunha cláusula. En caso afirmativo, di cal é o
verbo da cláusula de nivel superior e cal o da cláusula de nivel inferior.
- Recoñece e delimita a cláusula de cada verbo.
- Recoñece e delimita as frases nominais, adxectivas e adverbiais. Di que
elementos as constitúen.
- Di cal é a frase que funciona como SUX.
- Di cales son as funcións que cumpren os distintos complementos clausais.
- Fai un esquema que dea conta de toda esta análise.
48. Analiza sintacticamente estas oracións:
- Iso temos que falalo con calma.
- A nós ninguén nos avisou diso.
- Eu lembro ben como era antes a praza.
49. Fai a análise sintáctica das seguintes oracións:
- Entre nós falamos entusiasmadas dos éxitos dos fillos.
- Onte á noite vino moi contento na saída da festa.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
234
- A elas as dúas atopeinas moi fartas dese traballo.
- Falaron tranquilamente das súas cousas ata as tantas da noite.
- Pola mañá faláronme dos acordos da asemblea.
- Declararon que estaban dispostas a renunciar a ese privilexio.
- Ficamos abraiadas ao escoitarmos semellante noticia.
- Xogamos a segunda parte do partido moi desmoralizadas.
- Amoseime disposto a restituír o dano causado.
50. Analiza sintacticamente os seguintes enunciados. Identifica as frases que
funcionan no seu interior e chega ao nivel da palabra: Os autores
seleccionados chegaron onte á noite a Ribadavia, a capital cultural de Galicia
durante esta fin de semana.
51. Analiza as oracións seguintes fixándote especialmente na súa estrutura e
xerarquía:
- A natureza é algo dado, que está aí, fóra do home.
- A nosa identidade non pode ser soamente unha promesa de futuro que non teña
os seus piares na actualidade.
- O crecemento urbano segue modelos de fóra, que se adaptan mal ás condicións
do territorio.
- Poderásenos dicir que todo isto é unha utopía, pero o pensamento utópico ten
un forte poder.
- Somos utopistas, pero non ilusos.
- Veremos mellor isto se nos fixamos nas tensións que existen entre as parroquias
e mais a vila.
52. Analiza sintacticamente, desde o nivel máis alto ata o nivel palabra, este
enunciado: O home que nos levou a ver a barca de pedra na Misarela
díxonos que nela chegara San Mauro cando viñera para A Pobra.
53. Segmenta as oracións subordinadas de relativo. Di que núcleo modifican e
analízaas sintacticamente.
- Esa é unha arte de pesca de arrastre que se usa preto da costa.
- Hai algúns asuntos dos que non quere oír falar.
- Deixoullo a un amigo seu que o acompañaba todas as tardes no café do casino.
- Azara, Azara, a quen toda Europa respectaba e que a todos nós servía con
dedicación.
- Quen falou foi outra que viña con ela.
- Este é o único lugar por onde se pode atravesar a pé o río.
54. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Tódalas noites do ano é
Noiteboa se a verdade descansa á nosa porta.
55. Analiza sintacticamente a oración A raia da súa sinatura risca como unlla que
suca o xeo”.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
235
56. Analiza sintacticamente a oración Pola noite, encerrados na cociña, os meus
pais e mais eu falamos.
57. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Hai linguas que gozan de
excelente estado de saúde.
58. Analiza sintacticamente a seguinte oración: A morte é o novo tabú que
substituíu o sexo.
59. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Aniñada nos eidos teces a
inconsútil firmeza do adival que me guía e asegura.
60. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Inmaculada Echevarría é unha
muller de 51 anos que padece distrofia muscular progresiva.
61. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Xa se ve que iso das estatísticas
non acaba de cadrar.
62. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Daquela era unha ruta case
esquecida que o peregrino ía reabrindo paso a paso.
63. Analiza sintacticamente a seguinte oración: O pequeno rompeu os fíos que
o ataban ás tecedeiras e converteuse na voz da denuncia.
64. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Ten sentido propoñer que os
mozos de 16 anos poidan sentar ao volante dun coche?
65. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Moléstame estar comendo con
esas imaxes de miseria e fame que dan noxo.
66. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Cando levaba unha semana
nesa situación, os compañeiros, alarmados, falaron co médico.
67. Analiza sintacticamente a secuencia Cos zapatos mollados percorrín
Compostela na procura das pedras que miman os teus dedos.
68. Analiza sintacticamente esta oración: Durante bastante tempo camiñamos
en silencio por un carreiro costento, pedregoso e sen sombra.
69. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Carmela arrodeou a muralla
empoleirada na cabina da súa máquina.
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
243
ADVERBIOS E LOCUCIÓNS ADVERBIAIS
ADVERBIO / LOC. ADVERBIAIS FORMA
De modo
asemade, así, ben, mellor, como, engorde, gratis, mal, peor, paseniño, ao xeito,amodo, devagar, de sotaque, de súpeto, de repente, de golpe, a eito, a feito, , ao chou, , ás toas, a treu, ao revés, a propósito, de balde…
De cantidade
abondo, bastante, ben, canto, case, logo, máis, medio, menos, mesmo, mesmamente, moito, moi pouco, só, soamente, talmente, tanto, tan, todo, xusto, de máis, de sobra, a medias…
De afirmación
abofé, certamente, efectivamente, realmente, si, con certeza, de verdade, desde logo, na verdade, por certo, por suposto…
De negación
nada, non, nunca, tampouco, xamais, de maneira ningunha, de modo ningún, en absoluto, de ningún xeito…
De dúbida
quizais, posiblemente, probablemente, talvez, ao mellor, se callar, se cadra, sen dúbida…
De inclusión
ademais, alén, até, inclusive, tamén, tampouco, a maiores, por riba…
De destaque
máxime, nomeadamente, principalmente, sobre todo…
De lugar
acá, acó, acolá, aí, alá, aló, alén, aquí, arredor, atrás, dentro, detrás, diante, enriba, fóra, lonxe, preto, eis, velaquí, velaí, algures, ningures, xalundes, onde, u, desde dentro, en fronte, para atrás, por enriba…
De tempo
actualmente, agora, antano, antes, antigamente, antonte, arestora, despois, hogano, hoxe, mañá, onte, outrora, primitivamente,pasadomañá, trasantonte, antes, aínda, axiña, cedo, daquela, decontado, despois, entón, logo, tarde, xa, acotío, arreo, decote, nunca, sempre, xamais, cando, hoxe en día, de antemán, de contado…
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
244
INDEFINIDOS
IDENTIFICACIÓN
IDENTIFICADORES VARIABLES
IDENTIFICADORES
INVARIABLES
Precisa tal / tales -------
Imprecisa
certo / certa / certos / certas determinado / determinada / determinados /
determinadas
calquera
Igual
mesmo / mesma / mesmos / mesmas propio / propia / propios / propias
-------
Diferente
outro / outra / outros / outras
demais
CANTIDADE
CUANTIFICADORES VARIABLES
CUANTIFICADORES INVARIABLES
Crecente
un / unha / uns / unhas
algún / algunha / algúns / algunhas
moito / moita / moitos / moitas
demasiado / demasiada / demasiados / demasiadas
varios / varias
alguén
algo
máis
Decrecente
ningún / ningunha / ningún / ningunhas
pouco / pouca / poucos / poucas
ninguén
nada
menos
Igual
tanto / tanta / tantos / tantas
tanto
Suficiente
bastante / bastantes
---------
Total
todo / toda / todos / todas
ambos / ambas
todo
---------
Distributiva
----------------------
cada
cadaquén
2º BACHARELATO Lingua galega e literatura II
245
PREPOSICIÓNS E LOCUCIÓNS PREPOSITIVAS
PREPOSICIÓN VALOR EXEMPLO
a
Distancia Límite
Espazo Modo Valor
Tempo
Mugardos está a dez quilómetros. Abren a tenda das 10 ás 14 horas. Foramos a Finlandia Movíase a moita velocidade. A como vai o repolo? Aterraredes ás seis da tarde.
ante
Anterioridade a respecto dun límite indicado con
anterioridade
Ante esta perspectiva, mudou a súa opinión.
ata, até Límite temporal e espacial Abre ata as seis da mañá.
baixo
Inferioridade Situación a que se está
sometido Duración
Encontreino baixo a cama Aínda está baixo os efectos da droga. Estivo preso baixo a ditadura.
con
Compañía Contido
Instrumento Modo
Foi á escola con Sofía. Ficou na cama cunha forte gripe. Traballo sempre co portátil. Acabou a tarefa con rapidez.
contra Dirección Oposición
Verémonos contra a noite. Sempre está contra todo.
de
Causa Materia Modo
Tempo Posesión, pertenza
Morriamos de calor. Lava a culler de pau. Estou de malhumor. Saímos de mañá cedo. Recolle a roupa da boneca.
deica Distancia espacial Deica Vigo hai pouca distancia.
desde, dende Afastamento temporal Lugar desde onde
Non durmo desde sábado. Camiñei desde o camino ata aquí.
en
Duración Medio de transporte
Modo Espazo Tempo
Parto de viaxe en dúas semanas Adoro voar en helicóptero. Ficamos en pé cando entraron. As moedas están nesa carteira. Temos vacacións en febreiro.
entre Posición intermedia Está entre Serantes e A Cabana.
para
Dirección Finalidade
Persoa ou cousa a quen se dirixe un obxecto
Foi para a saída. Concursou para gañar. Mercou un presente para ela.
por
Causa
Lugar por onde, a través de Finalidade
Instrumento Modo
Duración
Protestamos pola redución dos salarios. Vou á facultade por aquela estrada. Traballa por conseguir un ascenso. Bebemos pola mesma cunca Organízaos por orde alfabética. Vai por tres días.
segundo De acordo con, desde o punto de vista de
Segundo as leis vixentes, non se pode conducir pola esquerda
sen Privación Chegou sen diñeiro ningún.
so Posición de inferioridade O gato costuma durmir so a mesa.