Upload
larararis
View
99
Download
2
Embed Size (px)
Citation preview
TEMA 8: A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL E A REVOLUCIÓN RUSA (1914- 1939)
Lara Rarís Frois 4º
EUROPA A COMEZOS DO SÉCULO XX: A estensión da democracia
● Consolidación dos sistemas políticos constitucionais e parlamentarios
● Inglaterra e Francia instauran un sistema democrático
● O Imperio Alemán ten un sistema democrático pero autoritario
● Sur de Europa: sistemas democráticos onde domina o fraude electoral e o caciquismo
O mantemento de réximes autoritarios
● Vellos imperios multinacionais
● Imperio austrohúngaro: certas reformas pero gran poder do emperador e dominio de pobos eslavos
● Imperio ruso: poder absoluto do emperador con fracaso dos intentos de reforma
● Imperio turco: en descomposición pero domina algúns territorios en Europa. Tibia modernización
A “paz armada”
● Alteración do equilibrio europeo pola puxanza económica da nova Alemaña unificada
● Guillerme II: Weltpolitik
● Formación da Tripla Alianza: Alemaña, Austriahungría e Italia
● Gran enemigo de Alemaña: Francia ( polo problema de Alsacia -Lorena)
● Triplo Acordo (Entente): Francia, Rusia e Gran Bretaña
● Escalada na produción de armamentos e alianzas militares
O CAMIÑO CARA A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL: As causas da guerra
● O imperialismo
● Nacionalismo
● Causas prebélicas:
– Crises coloniais de Marruecos
– O conflito dos Balcáns, en especial a anexión de Bosnia-Herceovina ao imperio austrohúngaro
– Dúas guerras balcánicas
O estallido da guerra
● Asasinato de Francisco Fernando e a súa muller en Saraievo
● Ultimato de Austria a Serbia
● Rusia declára a guerra a Austria
● Alemaña decláralle a guerra a Rusia e a Francia
● Gran Bretaña decláralle a guerra a Alemaña e a Austria, cando invaden Bélxica
● Italia mantívose neutral
AS FASES DO CONFLITO BÉLICO: A guerra de movementos
● Fronte occidental
● Ataque alemán a Francia por Bélxica e Luxemburgo
● Batalle de Marne: deteuse o ataque alemán e non chegan a París
● Fronte oriental
● Éxito alemán na batalla de Tannemberg
● Fracaso dos austrohúngaros en Serbia
A guerra de trincheiras
● Inmobilización das frontes
● Novos aliados da guerra: Turquía e Bulgaria a favor da Tripla Alianza, e Italia e Romanía a favor do triple Acordou ou Entente
● Batalla de Verdún
● Batalla de Somme
A CRISE DE 1917 E A FIN DA GUERRA
● 1917, triunfo en Rusa da Revolución Bolxevique: tratado de Brest Litovsk
● Intervención de EE.UU. Tras o afundimento do transatlántico Lusitania
● Derrota dos austríacos e os seus aliados na fronte orientak
● Fronte occidental: derrota de Alemaña na II Batalla de Marne
● Revoltas internas en Alemaña e Austria
● Final da guerra: Novembro de 1918, abdicación de Guillerme II alemán e proclamación da república de Weimar
Un novo tipo de conflito
● Mobilización de gran cantidade de recursos económicos e humanos (economía de guerra)
● Novo tipo de armamentos que aumentaron as baixas humanas e exércitos nacionais. Exemplos: metralladora, artillería, aviación, gas mostaza e lanzallamas
● Primeiros bombardeos nas cidades
● Submarino
● Destrución de pobos, fábricas, colleitas
● Consecuencias de guerra na retagarda
● Reconversión das industrias en función da guerra:
– Necesidade de préstamos
– Traballo feminino
● Propaganda
AS CONSECUENCIAS DA GUERRA: Os novos tratados de paz
● 1919, Conferencia de París
● Asisten todos os países da guerra pero deciden só os vencedores
● Fracaso dos 14 puntos de Wilsom
● Tratado de Versalles
● Culpabilidad de Alemaña
● Pagamento de fortes reparacións económicas de guerra
● Desarmamento e desmantelamento do exército alemán
● Cesión de territorios ao Oeste e Leste de Alemaña
● Pérdida de territorios a favor de Polonia que divide Alemaña en dous
● Pérdida das colonias alemanas
● O diktat (visión alemana do tratado de Versalles) = imposición humillante que acabaría exercendo o seu nacionalismo e o desexo de vinganza
● Os outros tratados:
– Saint-Germain
– Trianon
– Neuilly
– Sèvres
O novo mapa de Europa
● Profunda remodelación de Europa
● Imperio turco desaparece case na súa totalidade en Europa reducíndose á actual Turquía
● Formación de protectorados nos antigos territorios asiáticos de Turquía
● Imperio austrohúngaro que desaparece. Xorden dúas repúblicas: Austria e Hungría. Prohíbese a union de Austria e Alemaña. Aparece Checoslovaquia. Fórmase Iuguslavia baixo o dominio de Serbia.
● Imperio ruso desaparece. Obxectivo occidental: illar a nova Rusia revolucionaria. Aumenta Romanía a costa dos imperios austríaco e ruso. Crease unha gran Polonia
● 10 millóns de soldados mortos
● Perdas materiais. Consecuencia: aumento da débeda públicas polos préstamos
● Grande inflación
● Beneficio temporal dos países neutrais
● Gran beneficiario da guerra: Estados Unidos
A sociedade de nacións
● Sociedade das Nacións (SDN)
● Dentro dos 14 puntos de Wilson
● Problemas:
– EE.UU. Propona pero non se integra nela
– A Unión Soviética non está
– Paulatina retirada dalgúns países (Alemaña e Italia) descontestos cos resultados da paz
A CAÍDA DO IMPERIO TSARISTA EN RUSIA: O imperio dos tsares e unha economía atrasada
● O réxime autocrático dos tsares
● Agricultura: principal actividade económica
● Medios de produción en mans dos terratenentes
● Maioría da poboación campesiños en condicións feudais
● Tímido proceso de industrialización concentrado nalgunhas zonas: Moscova, San Petesburgo
● Xurdimento dun numerosos proletariado
● Burguesía escasa
As forzas prácticas
● Partido Constitucional Demócrata: o Kadet
● Partido Socialrevolucionario: o eserita
● Partido Socialdemócrata ruso (PSR) = marxista e obreiro
● Escíndese o PSR e nacen dous novos partidos:
– Moderados: menxeviques (maioritarios)
– Radicais: bolxeviques (minoritarios) Defenden unha revolución obreira e violenta. Líder: Lenin
A revolución de 1905
● Derrota rusa frente a Xapón
● Manifestación pacífica
● O Domingo Sanguento
● Aparición dos soviets (Asembleas de campesiños, obreiros e soldados)
● Resultados da revolución de 1905: eleccións por sufraxio univeral ao Parlamento (Duma) e promesa de reforma agraria
● Anos despois clausúrase a Duma
A revolución burguesa de febreiro de 1917
● Entrada de Rusia na 1ª Guerra Mundial
● Derrotas militares (desastres)
● Aumento de fame
● Protestas antibélicas pedindo a retirada da guerra e botándolle a culpa ao star
● Tsar é indefendible polos burgueses (Fin do tsarismo)
● 23 de febreiro gran manifestacións en Petrogrado
● Abdicación do tsar, proclamándose a república cun goberno provisional cuxo obxectivo é a instauración dunha democracia parlamentaria
O goberno provisional
● Intento de reformas políticas e sociais pero continúa a guerra
● Aumento do descontento popular e prodúcese unha dualidade de poderes:
– Goberno provisional
– Soviets
● Aumento da influencia dos bolxeviques nos soviets
● As Teses de Abril de Lenin:
– Derrocamento do goberno provisional
– Formación dun goberno dos soviets
– Paz con Alemaña
– Repartir as terras entre os campesiños
– Cesión das fábricas aos obreiros
– Nacionalización da banca
– Recoñecer as nacionalidades do imperio
A REVOLUCIÓN BOLXEVIQUE E A GUERRA CIVIL: A revolución obreira de outubro de 1917
● Toma do palacio de inverno de Petrogrado (importancia da Garda Roxa)
● Fórmase o goberno obreiro presidido por Lenin, Trotsky e Stalin
● Apróbanse medidas revolucionarias:
– Exprópianse as terras e repártense aos campesiños
– Fábricas baixo o control de comités obreiros
– Tratado de Brest-Litovsk
● Eleccións para a Asemblea Constituínte
● Disolución da Asemblea Consituínte = fin ao plurilismo político
A guerra civil (1918 – 1921)
● Exército Branco e o Exército Roxo (direción de Trotsky)
● Prodúcese unha escaseza de alimentos e represalias políticas en ambos bandos. Exemplos: Fusilamento do tsar e a súa familia
● 1921, triunfo do Exército Roxo
● Formación do Partido Comunista Ruso que ostenta o monopolio de poder e reprime aos que se lle opoñían
● Fórmase unha policía contrarrevolucionaria (Tcheka)
● Prodúcese un comunismo de guerra:
– Nacionalización das industrias
– Colectivización das terras
A formación da URSS
● 1922, cración da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas
● Organización mediante a Constitución de 1924
● Tres institucións:
– O Soviet Supremo: poder lexislativo
– O Presidium
– O Consello de Comisarios do Pobo
● Monopolio do PCUS (partido centralizado e xerarquizado)
● Comité Central e o Secretario Central
● Ditadura do proletariado, sistema totalitario = unión do Partido e so Estado
A URSS DE STALIN: A pugna polo poder
● Morte de Lenin 1924
● Enfrontamento dentro do PCUS
● Partidarios da colectivización total e da NEP
● Enfrontamento entre Trotsky e Stalin = exportación da revolución e socialismo nun só país
● Stalin secretario xeral do PCUS
● Eliminación dos opositores
● Asasinato de Trotsky en 1940
A ditadura stalinista
● Ditadura persoal (stalinismo)
● Partido controlado totalmente por Stalin
● Necesidade de pertenza ao partido para ocupar calquera cargo
● Propaganda do culto á súa personalidade
● Dura represión
● Os Gulag
● Os procesos de Moscova
O socialismo nun só país
● Obxectivo: convertir a URSS nunha gran potencia industrial
● Economía planificada e dirixida polo Estado:
– Plans quinquenais
– O Gosplán
● Colectivización total da economía coa prohibición da propiedade privada
● Colectivización forzosa da agricultura:
– Koljós
– Sovjós
● Desenvolvemento industrial baseado na industria pesada, na producción de enerxía e na construción de infraestruturas
● Atraso da agricultura
● Rápida industrialización e crecemento económico en poucos anos