114
Terra baixa Àngel Guimerà Tradución de Marcos Abalde Covelo

Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Terra baixaÀngel Guimerà

Tradución de Marcos Abalde Covelo

Page 2: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Terra baixaÀngel Guimerà

Tradución de Marcos Abalde Covelo

Page 3: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

“O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de

La Fura dels Baus, Carlus Padrissa, califica a Àngel Guimerà como “o Shakespeare catalán”. Con

certeza, Terra baixa é a obra máis emblemática do teatro catalán e Àngel Guimerà, o patriarca da

Renaixença, candidato durante dezasete anos ao premio Nobel de literatura.

Esta peza, estreada en 1896, é a de maior proxección internacional da cultura do Principat.

Foi traducida a numerosas linguas (castelán, francés, alemán, inglés, italiano, portugués, esperanto,

ruso, sueco, checo...) e levada á ópera polo alemán Eugène d'Albert co título Tiefland (Praga, 1903)

e polo belga Fernidand Le Borne co de La catalane (París 1907). Mesmo chegaron a facerse varias

versións cinematográficas, salientan a da Paramount (1914), a de Mizoguchi (1924), a de Leni

Riefenstahl (1940-44) ou a da propia Fura dels Baus estreada na TV3 o 11 de setembro de 2011.

En Terra baixa, Guimerà abandona o teatro histórico en verso e decide escribir un drama

realista para exaltar a carraxe dos humildes contra o caciquismo. Os protagonistas simbolizan tres

espazos en conflito: Manelic, un pastor da terra alta; Sebastià, o amo da terra baixa; e Marta, unha

rapaza chegada dunha terra aínda máis baixa e forzada a manter relacións íntimas con Sebastià.

O grito final de Manelic “matei o lobo” atravesa a historia do teatro catalán e alicerza a

conciencia de dignidade de todo un pobo. Ademais, esta bravura foi moi ben recibida no noso país,

pois Manelic encarna esa mocidade insurrecta coa que soñara Curros xa en 1880:

Mociños honrados

de sangue bravía,

si ó mal dos petrucios non fordes alleos,

librádeos da morte,

¡facei montería

nos lobos da terra, nos lobos dos ceos!

Terra baixa inspira o teatro galeguista do momento fiel á lingua do pobo e, ao mesmo

tempo, comprometido coa utopía da redención social. É fácil comprendermos o entusiasmo de

Antón Vilar Ponte con esta obra. Entre os seus proxectos estivo traducila e a Escola Dramática

Galega de Sánchez Miño chegou a encenar esta versión no Teatro Xofre de Ferrol en 1913.

Na cultura catalá, a rebelión de Marta e Manelic atinxe a forza do mito. Poderíase comparar

este xesto co do Balbino de Neira Vilas que, despois de recibir unha malleira brutal, consegue

erguerse e cóspelle na cara a “ese lobo chamado señor”. Por iso, Terra baixa será a peza escollida

polo propio Piscator para montar na Barcelona de 1938. Hoxe, no regreso que padecemos a unha

sociedade neofeudal, o grito deste Manelic subsahariano, deste Hamlet labrego, deste Balbino

catalán continúa a mostrarnos o camiño certo para a liberdade.

Page 4: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Terra baixaÀNGEL GUIMERÀ

Page 5: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

PERSONAXES

MARTAPEPANURI

ANTÒNIAMANELICSEBASTIÀ

TOMÀSMONSEÑOR

JOSEPCANDEAL

NANDOPERRUCA

LABREGOS E LABREGAS

A escena na terra baixa de Cataluña e nos nosos días.

Page 6: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Acto primeiro

Page 7: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ESCENA I

Casa-muíño de labrador. A cociña. Ao fondo, banda esquerda, unha porta sobre dous chanzos, que

estará cuberta por unha cortina. Ao fondo, banda dereita, unha porta grande que dá a un alpendre.

Polo lado dereito do alpendre vaise cara ao lugar das moas, para alén do alpendre hai casas,

árbores, etc. Á banda dereita da escena, unha porta. Á banda esquerda, en primeiro termo, a

lareira, e en segundo termo unha porta pequena. No medio da escena unha mesa de xantar. Por

todos os lados cadeiras, escanos, apeiros do muíño, sacos de trigo, etc. É á tardiña.

CANDEAL cribando trigo. Despois PEPA e ANTÒNIA.

CANDEAL

A min tanto me ten que este trigo quede limpo ou non. (Baleira a criba e volve enchela.) Ala, e que

lle amargue ao amo!

PEPA, entra cun cesto de feixóns para debullar.

Deus vos garde.

CANDEAL

Vaia! As de aquí ao lado!

ANTÒNIA, entrando.

Ola, Candeal!

CANDEAL, indiferente.

Ola.

PEPA

Vimos para acompañar a Marta. Parece mentira! O muíño ao pé da casa e se nós non chegamos a

vir... Non si, Candeal?

CANDEAL, continuando a cribar indiferente.

Si, si.

ANTÒNIA, gritando.  

Marta! Marta!

PEPA, gritando.

Page 8: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Somos as Perdigones. Sae!

CANDEAL

A Marta non vai saír. Se vindes a murmurar, xa vos podedes ir. Aquí non hai nada que cheirar.

PEPA, sentando.

Que pensa este? Oes, eu estou a debullar os feixóns para a cea. Axúdame, Antònia.

ANTÒNIA, a Pepa.

Pregúntalle polo casamento.

PEPA, a Antònia.

Agarda.

ANTÒNIA

Vamos, muller!

PEPA

Logo... logo a Marta casa ou non casa?

CANDEAL, cantando e cribando. Búrlase.

“Na beira, na beira, na beira do mar/ hai unha lanchiña para ir a navegar...”

ANTÒNIA, a Pepa.

Insiste.

PEPA

Candeal, logo casa, non é?

CANDEAL

Pepa!...

PEPA

Que foi?

CANDEAL

E vós casades ou non casades?

PEPA

Mira co que sae este agora!

Page 9: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ANTÒNIA

Que lle vas facer?

CANDEAL

Como xa pasastes a flor da mocidade... Que a Antònia ha de andar polos corenta (A Pepa). E ti,

mociña, máis ou menos!

PEPA

Nós non agochamos os anos!

CANDEAL

Cantos, entón, cantos?

ANTÒNIA

Temos... os que nos dá a gana!

PEPA

Debulla, muller! (Facéndose a cariñosa.) Oes, Candeal, nós queriamos saber como vai iso da

Marta...

CANDEAL, sen deixala continuar.

Non sei que tendes todos os Perdigóns, que ninguén vos peta á porta.

PEPA

Se eu quixese casar!.. (Irritada.)

ANTÒNIA

E eu, ves! Eu que... (Dino as dúas xuntas.)

CANDEAL, non as deixa falar.

Voso irmán máis vello, o Josep, vai casar e, ala, aos catro días acaba viúvo. O Nando é solteiro e...

nada, que neste momento andades para merecer entre homes e mulleres os cinco irmáns. (Queren

interrompelo. El ri.) Cinco desemparellados e que están ao que salte... e non dan feito. E vaia, que

se non casa a Nuri cando sexa máis grandiña, vaise perder a raza dos Perdigóns. (Volve cribar rindo

desvergoñado.)

PEPA

Todo isto é por rabia, Antònia, porque non puido casar coa Marta.

CANDEAL, cantando e burlándose.

Page 10: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

“Na beira, na beira, na beira do mar/ hai unha lanchiña para ir a navegar...”

PEPA

Desde que morreu o pai da Marta, tes o corpo cheo de veleno! Abofé pensaches: morreu o muiñeiro,

agora han de casarme coa muiñeira. E repara: diso xa hai un ano e estragáronche o casamento,

como a nós.

CANDEAL

Máis vale cantar. (Continúa a cantar.)

ANTÒNIA

Que cara tes!...

PEPA

Debulla! Non ves que lle enchemos o papo?

ESCENA II

PEPA, ANTÒNIA, CANDEAL e NURI, que vén calcetando unha zamarra.

NURI, desde a porta.

Xa metín os pavos dentro. Podo ir?

ANTÒNIA

Vén, muller!

NURI

Como sempre me rifades por andar coa Marta. Ela quéreme máis ca vós. Ai de min!

PEPA

En fin, fala de aquilo, de aquilo. (Candeal entra e sae do alpendre, traballando.)

NURI

Primeiro... Primeiro cólleme estes puntos. De andar ás présas, prendín a zamarra nunhas silvas

(Recólleos Antònia.)

Page 11: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

PEPA

Ben, que é o que sabes?

NURI

De que?

PEPA

Para que che fixemos ir á ermida?

NURI

Oh, non estaba o Tomàs! A ermitá si, que me dixo unhas cousas! Vaia cousas me dixo a ermitá!

PEPA, a Antònia que ía falar.

Deixa a Nuri falar.

NURI

Pois díxome: “Mira, Nuri, todo isto que ves, todo, todo é do vinculeiro Sebastià. A casoupa en que

vós vivides -quere dicir a nosa, Pepa-, esta ermida, o muíño -este, este-, a máis grande onde vive o

vinculeiro Sebastià, todo isto que parece unha vila ciscada, todo, todo é do vinculeiro Sebastià”.

Ves, díxome unha chea de cousas!  

PEPA

Iso xa o sabiamos.

ANTÒNIA

Xaora, muller!

NURI

Oh! Acougade, acougade, que aínda sei máis, aínda. Díxome que se camiñaba, camiñaba... desde

agora até a mañá á tarde, aínda todo, todo sería do vinculeiro Sebastià. Mirade, mirade, se apreso un

paxaro, que o deixe, que é o do vinculeiro Sebastià; se pasa un lagarto que non o apedre, que é do

vinculeiro Sebastià; se salta unha troita no río, que non a pesque, que é do vinculeiro Sebastià!

ANTÒNIA

Moi ben, si!

PEPA

E do de aquí, do de aquí, que che dixo?

NURI

Page 12: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Eu todo isto non o sabía. E ela, a ermitá, e o ermitán, que hai catro días que viñeron, xa o saben.

PEPA

E onde estaba o ermitán?

NURI

O ermitán? O ermitán fora buscar o pastor, un pastor que é de moi moi lonxe, para o casar esta tarde

coa Marta.

PEPA, erguéndose.

Xa o temía eu!

ANTÒNIA

Esta tarde?

CANDEAL, volvendo á criba. Aparte.

Ala, agora xa o saben!

ANTÒNIA

E a Tomàs quen lle mandou ir?

PEPA

O Sebastià. Non é, Nuri?

NURI, que quere calcetar a zamarra.

Ai, deixádeme tranquila!

ANTÒNIA

Fala, fala.

PEPA

Non che vai pasar nada!

NURI

Mandoulle ir o vinculeiro Sebastià. Como é o amo de ti e de min e do ermitán e da Marta, mira, el

amaña o casamento e mira, casan e... mira... é o amo. Acábame este punto, anda. (Non lle fan caso.)

ANTÒNIA, ao Candeal.

E este non quería que o soubésemos!

PEPA

Page 13: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Daquela habemos de ir, habemos de ir ao casamento, aínda que a todos lles amole.

CANDEAL

A min tanto me dá...!

NURI

Eu xa hai tempo que sabía que a Marta dicía que era do vinculeiro Sebastià, mais daquela non o

entendía, ves. (Ri con candidez.)

PEPA

Que di esta!

NURI

Eu, eu sentírallo un día, mais non volo dixen porque me daba vergoña. E eu non sei por que me

daba vergoña, mais dábame! 

PEPA

Como é iso? Como?

NURI

Unha tarde, eu tiña os pavos á sombra dos castiñeiros, vexo vir polo camiño de abaixo o vinculeiro

Sebastià e a Marta, e eu que me agocho. E eles pasan pouquiño a pouco, pouquiño a pouco, como se

desen un paseo e sinto que ela di chorando: “Xa o sei, xa, sempre hei de ser túa”. E el, o amo, o amo

que lle responde: “Eu, aínda que ti cases, e aínda que eu case, sempre hei de ser teu”. Quería dicir

que el sempre sería da Marta. Non é estraño?

PEPA

Non cho dicía eu, Antònia?

ANTÒNIA

Iso dicían?

NURI

Dicían, e ela choraba e el serio.

CANDEAL, aparte.

Até os pícaros han de saber estas cousas! Non podo permitir que isto pase!

NURI

Pepa, explícamo. Que a Marta sexa do Sebastià, coma ti e coma min... enténdoo, mais que el sexa

Page 14: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

da Marta...

PEPA

En fin, déixao estar.

CANDEAL

Polo menos calade agora, aí vén a Marta.

PEPA

Verás, axiña hei de saber se está contenta.

ESCENA III

MARTA, PEPA, ANTÒNIA, NURI, despois JOSEP e NANDO. As mulleres pensan que Marta vai

saír pola porta cuberta cunha cortina, porén ela vén do muíño. Avanza cara á metade da escena

coa cabeza baixa e, ao se decatar das mulleres, métese de présa pola porta da cortina.

ANTÒNIA

Vaites, vén do muíño e nós que pensabamos...

PEPA

A ver que di cando nos vexa.

ANTÒNIA

Eu penso que está a rezar. (Gritando por ela.) Marta!

NURI

Vaise!

PEPA

Marta! Marta! (Ela vaise de présa.)

ANTÒNIA

Somos nós.

(Xa está fóra. Candeal foise agora ao alpendre.)

Page 15: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

PEPA, virada para a cortina.

Tanto se che presta como se non, habemos de ir ao casamento. Cara de pau!

NURI

Iso! Nós tamén temos que aprender a casar.

PEPA

Agora que o saiban o Josep e mais o Nando.

ANTÒNIA

Xa están aquí os irmáns!

(Josep e Nando chegan cos apeiros de labranza ao pescozo e entran ás présas e cansados.)

JOSEP

Xa o sabemos todo, todo. (Rápido.)

NANDO

Casa esta tardiña. (Idem.)

PEPA

Eu sóubeno antes.

JOSEP

A nós díxonolo o Perruca.

ANTÒNIA

A nós a Nuri...

(A Nuri entre tanto calceta.)

PEPA

Que llo dixo a ermitá. (Todo moi axitado.)

NANDO

Pois ao Perruca o propio ermitán.

PEPA, para que non griten.

Que ela está alá dentro, enfeitándose!

JOSEP

Page 16: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Daquela sabémolo todo, todo. Había días que o vinculeiro Sebastià lle procuraba un marido e non

llo daba atopado, porque quería un marido que fose ben besta e máis besta que todos os de por aquí

e non o daba atopado. Pois quería que non soubese nada de...

NURI

De que?

PEPA

Fala, fala.

JOSEP

Daquela o ermitán, que mal non vos pensa, díxolle ao amo que coñecía un rapaz que é pastor, e que

nunca se movera da beira dos carneiros alá polos camiños das Punxales e que era un anaco de pan.

Ao sentilo, o amo escachou a rir, pois xa coñecía o bendito daquel pastor. O rabaño que gardaba era

del! E díxolle ao Tomàs que a el ben lle valía se el estaba de acordo. E non sei como o van arranxar,

mais, ás agachadas, estes días a Marta viuno a el e el viu a Marta e todo está pronto para hoxe.

Imaxinádevos como é de fato o Manelic! Chámanlle Manelic, sabedes? Imaxinádevos como é de

fato que apenas viu catro persoas na súa vida e aínda homes, que de mulleres... seica nin as cheirou.

PEPA

Parece mentira, Antònia, que haxa rapazas que casen así?

NURI

Pobre Marta! Ai, ai! Eu quérolle moito a Marta! Mesmo un día, chorando, díxome que ela era igual

ca min cando era cativa.

PEPA

Coma ti? Moito tería que pagar! Vai falando, Josep, anda.

JOSEP

Onte o Tomàs saíu da ermida á procura do Manelic para casar máis nada chegaren. Que non o

queren aquí até o casamento para que non saiba nada. (Nuri quere retrucar mais non lle deixan.)

PEPA

E como o sabes?

JOSEP

O ermitán, ao ir onte cara ás Punxales, parou a beber na masía do Perruca e todo cheo vaillo contar

ao Perruca e o Perruca a min. Oh! E vaillo contando a todos os da contorna! E estes non o saben,

Page 17: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

mais han de atopar todo o pobo no casamento.

PEPA

Ao ermitán tocoulle un papel ben ruín! Ah!

JOSEP

O Tomàs non o sabe, todo iso do Sebastià e da Marta... Non vedes que hai catro días que o pobre

vello ten a ermida?

ANTÒNIA

Daquela voullo contar todo e non vai haber casamento.

JOSEP

Demo de... Se abres o bico, o amo bótanos da casa e das leiras!

PEPA, para a Antònia.

Nós mudas.

NANDO

Nada, nada, axiña o han de saber.

JOSEP

O amo todo o fai ben, por iso é o amo! Escoitaches, burra?

PEPA

A quen chamas burra! Ti si que es burro, ti!

(Todos continúan a se insultar.)

NANDO

A Marta!

MARTA, irritada e chorosa

Fóra todo o mundo de aquí! Non quero ver a ninguén!

PEPA

Se xa o sabemos todo, muller.

MARTA

Dixen que vos vaiades.

Page 18: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

JOSEP

Nós viñamos...

MARTA

Para a vosa casa! (Non se moven.) Que vos vaiades! Daquela...! (Agarra os apeiros e os cestos e

lanza todo ao alpendre.) Tomade! Todo! Todo! Fóra! Fóra!

(Vanse replicando.)

PEPA

Ai! Os feixóns! (Apañándoos da terra.)

NURI

E eu tamén, Marta!

(MARTA non reparou nela.)

PEPA

Axúdame, Antònia. (Polos feixóns.)

MARTA

Todos! Non quero a ninguén! Fóra!

NURI

Se son a Nuri! (Os outros van desaparecendo.)

MARTA, cariñosa.

Ti, Nuri! Ven, dáme un chucho! Toma e toma. (Beixándoa e chorando.) Déixame! Déixame!

NURI, saíndo.

Coitada! Non sei o que ten! Molloume a cara toda!

ESCENA IV

MARTA

Non sei por que teño que chorar desta maneira! Hai tantos anos que non choraba así! Se pensaba

que xa non sabía (Vaise enxugando coas pausas.) Eu tiña que lle dicir que non, e sempre que non,

Page 19: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ao Sebastià, que á forza non me ían casar! Agora vexo, agora, o desgraciada que son! (Pausa.) Se

non son ninguén, eu, ninguén, que me agarraron como unha besta, e como unha besta me criaron, e

agora... Miña naiciña! (Pausa.) Eu non quero, non, a este home! Eu non vou amar ao Manelic! Que

me deixen estar soa! (Pequeno balbordo fóra.) Ha de ser o Sebastià. Que non vexa que choro, aínda

me vai zoupar, o moi ruín. Se me zoupa até matarme, si que ía chorar, si, si que ía chorar. Mais o

Sebastià tamén debe sofrer cansándome a min agora, porque se non me tivese cariño, abofé que me

botaba! E non o fai, que me quere aquí, aquí sempre, sempre! (Pausa.) Que debo estar a adoecer! A

adoecer de aquí dentro! (Pola súa cabeza.) Porque se non estivese a adoecer, ía ter máis xenio e hai

tempo que tería fuxido desta casa ou que me tería botado á canle do encoro! (Furiosa contra ela

mesma.) E hoxe non me vou tirar e mesmo vou casar con este home (Balbordo fóra.) Que hai aí

fóra! Ha de ser o pastor! Si, si, ha de ser o Manelic! Eu non quero velo! Eu non quero velo! (Foxe

para dentro.)

ESCENA V

NURI, TOMÀS, CANDEAL, PEPA e ANTÒNIA.

NURI, correndo.

O ermitán! O ermitán!

TOMÀS

Ai de min! Como me triscan os ósos, Candeal!

PEPA

E logo? Non baixou ese pastor?

(Tomàs sentou.)

NURI

Chámase Manelic. Que nome máis chusco! É ben lindo, non si?

ANTÒNIA

E por que non baixa?

CANDEAL

Page 20: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Non amoledes o Tomàs.

TOMÀS

Veredes. O Manelic arestora xa bole para aquí, o rapaz tivo que lle ensinar ao home que quedaba co

rabaño. Mais dicídelle á Marta que non vai demorar, non, que xa pode facer tocar os sinos!

PEPA

Vaiamos, a ver que fai.

ANTÒNIA

Eu diante, eu.

NURI

Voullo dicir, eu.

CANDEAL, gritando.

Aquí todas! Decontado!

TOMÀS

Cando penso que vou facer este casamento, dáme unha alegría...

CANDEAL

E, así a todo, Tomàs, este pastor vai casar coa Marta?

TOMÀS

Preguntas se vai casar? Se relouca de contento! Coitado! Isto para el é como nacer de novo.

PEPA

Pois eu sentín dicir que é un pousafoles.

ANTÒNIA

Si, si, un pailaroco.

CANDEAL, aparte.

Voullo contar todo ao Tomàs.

TOMÀS

Pailaroco!... Quen di que o Manelic é un pailaroco? É un anxo de Deus. Todo bondade e cun

corazón! Eu coñézoo desde picariño cando comezou a botarlle unha man ao pastor. Iso si, tamén

ten o seu xenio, tamén, que un día por pouco non mata un home.

Page 21: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ANTÒNIA

E como é? Como?

NURI

Eu penso que debe ser ben feitiño!

PEPA

Cala, muller, cala.

TOMÀS, moi alegre.

Pois mirade, eu cheguei alá e aínda non raiara o día e folgaba dentro do chozo rodeado de ovellas e

cantando. Os cans ao me sentiren, que ladridos! Penso que o Manelic me tomou por unha cousa

mala, pois ía coller a escopeta. Imaxinade cando me viu! Púxose a saltar como... como un tolo,

porque está namorado! (Pepa e Antònia búrlanse.)

NURI

Pepa, sáltase por estar namorado? E como se fai para o estar?

TOMÀS, rindo.

Esta fíxome rir! Como se fai, lingoreteira? Iso non se aprende nin na igrexa nin na escola, nin...

nin... Estás e abonda. Se me dixo que pasa o día a parolar coa Marta. (As mulleres non o entenden)

Si, si, para se afacer. E logo? Se ten unha cabriña que lle grita todo o día: “Marta, aquí! Marta, alá!”

(Todos botan a rir.) E agora saiamos fóra que o Manelic está para chegar.

(Érguese para ir fóra.)

NURI

Vamos!

PEPA, ao Tomàs.

Axúdolle.

TOMÀS

Agora xa podo. (Van para a porta.)

CANDEAL

Agarde, Tomàs.

ANTÒNIA

Vamos, Vamos. (Sae.)

Page 22: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI, empurrando a Pepa.

Sae! De présa!

TOMÀS, a Candeal.

Que foi?

CANDEAL

Escoite. Non estivo nunca por estas terras?

TOMÀS

Non, fillo.

CANDEAL

Nin na casa do amo nin aquí?

TOMÀS

Verás, eu traballaba as terras dun tío do Sebastià da alá preto de Figueres. E abofé xa non daba feito.

E o Sebastià deume a ermida para min e para a miña muller. Ti ben sabes que hai catro días que alá

estamos!

CANDEAL

É dicir que vos non sabedes nada de...

TOMÀS

De que? Fala sen cancelas, home.

CANDEAL

Daquela, claro, verá. Que se o Manelic é un pailán, como din, non debe casar coa Marta e se non o

é, menos.

TOMÀS

Talvez queiras casar ti! Mira, que xa vos coñezo!

CANDEAL

Eu? Nin que me desen a Marta cuberta de ouro. E mire, procuro amo para me ir embora, que xa

aturei abondo. Mais esta falcatruada que agora van facer non a aturo.

TOMÀS

Fala, fala, que non me gusta ter malos pensamentos.

Page 23: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

CANDEAL

Non sei se sabe como vai comezar este enredo. Verá, vaiamos ao miolo. A Marta, cando era unha

rapariga, pedía esmola polo mundo con seu pai... ou cun que lle facía de pai, que iso nunca o vin

claro. E o Sebastià... entende? El fíxolles ficar aos dous nestas terras e ao vello deulle este muíño.

TOMÀS

Iso xa o sabía. E fixo ben o Sebastià.

CANDEAL

Daquela foi cando...

TOMÀS

Fala.

CANDEAL

Se parece que non quere entender! Daquela fíxoo, vaia, porque a Marta e o Sebastià...

TOMÀS

Iso non é verdade!

CANDEAL

Agarde. E sabe agora para que a casa?

TOMÀS

Dígoche que es un mentirán! Oíches?

CANDEAL

Déixeme falar! Pois cásaa para que a xente non murmure. Porque o Sebastià ten empeñados as

facendas e os rabaños e a xustiza vaise botar sobre el. E el, para o salvar todo, vai casar cunha

vinculeira. E a vinculeira non o facía mentres non crese todo o mundo que o da Marta rematou.

TOMÀS

Vólvoche dicir que iso é mentira!

CANDEAL

Se o da Marta aquí sábeo todo o mundo!

TOMÀS

Mala lingua! Lisca de aquí, se non...! (Ameazándoo.)

Page 24: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

CANDEAL

Daquela diga que o consente!

TOMÀS

Que o consinto?

CANDEAL

Foi o que dixen, si!

TOMÀS

Canalla! Víbora!

CANDEAL

Foi o que dixen, si! (Van agarrarse cando se senten gritos fóra.)

ESCENA VI

MANELIC, CANDEAL, TOMÀS, NURI, PEPA, ANTÒNIA, JOSEP, NANDO e PERRUCA, homes e

mulleres. Gritos e balbordo de xente. Irá escurecendo.

JOSEP, desde o alpendre.

Xa está aquí o Manelic!

GRITOS, fóra.

O noivo! O noivo! O Manelic!

PEPA, entrando.

Que non saia a Marta!

NANDO, entrando con dous ou tres dos outros.

O noivo! O noivo!

MANELIC, entrando.

Abofé que estou aquí! Vin correndo como unha lebre! (Cunha alegría moi expresiva.)

NURI, entrando con Antònia e Perruca e outros.

Page 25: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Deixádemo ver! Eu quero velo!

TOMÀS, rindo, a Manelic.

Aínda corre o animaliño!

MANELIC, ao Tomàs.

E non por vostede, non, por ela que corría! Onde está, onde a miña pastora?

PEPA

Marta! Marta!

TOMÀS

Logo sae.

MANELIC, polos que lle rodean.

Canta xente hai no mundo, mi madriña! Seica seguimos a Núria! (Todos rin. El corre a mirar pola

porta da cortina e volta ao medio.) Todos vós ben contentos que andades! Eu tamén! Sacádea! Se

non, vexo para a montaña e póñome triste e choro, que deixei os cans e os castróns que me queren

como irmáns, faime mal dicilo! (Medio chorando.) Ai, Tomàs, sen min, o lobo!

(Choromica alto. Todos rin e el, ao se decatar, enxuga os ollos e ri bondadoso. De súpeto, vai

axexar pola porta da esquerda por se está Marta.)

Nuri, rindo forte cando xa os outros non rin.

Ai, que graza me fai o fedello!

TOMÀS

Acouga, home.

MANELIC

Logo non baixa por aquí o lobo, rapaces?

CANDEAL

Aínda che vén! Axiña o has de ver, se Deus non te axuda!

(A xente ri de maneira maliciosa e dinse uns aos outros que disimulen.)

MANLEIC

Parece que hoxe casamos todos aquí. Que risas!

TOMÀS

Que tanto barullo! Liscade para fóra, para fóra. Aínda vai demorar o casamento. (Candeal tamén

Page 26: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

quere saír.)

MANELIC

Non lisquedes, non, até que a Marta saia. É ben guapa a Marta, rapaces? Non é? Non é? Non é?

(Vai dun grupo ao outro preguntándoo, meténdose polo medio atrapalladamente.)

PEPA

Moito! E fresca e... aquelada...

JOSEP

Xaora! (Todos van dicindo que si.)

MANELIC

Pois mentres ela se peitea alá dentro e lava a cara... por min que a lave, a cara... vouvos contar a

todos, vaia, como se amañou isto de nos emparellaren. (Senta á mesa.)

JOSEP

Conta, conta. (Outros dino con el.)

PEPA, e outras.

Fala, fala.

NURI, póndose de pé á súa beira.

Eu aquí. Eu aquí.

(Candeal ficará moito tempo dentro do alpendre sen que o vexan. Tomàs estará sentado lonxe,

triste.)

MANELIC

Pois eu cada noite, cando as ovellas adormecían e os cans protexían o curro, eu metíame no chozo

e, antes de me deitar no xergón, rezaba dous painosos. Un dicíao polas almiñas de meu pai e de

miña nai que tanto se querían e que xa deixaron este mundo; e o outro painoso rezáballo cada noite,

sabedes a quen? Ao Noso Señor para que me trouxese unha... unha boa muller (Rin todos. Manelic

anóxase.) Non riades disto, que isto non é cousa de risa (Anoxándose máis porque continúan a rir.)

Ao que ría de novo, estámpolle unha labazada.

(Todos deixan de rir.)

TOMÀS, aparte.

Non podo crelo, Virxe santísima!

Page 27: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI

Fala, fala, que o conto é ben bonito!

MANELIC, Volvéndose alegrar.

Si que o é, si! (Rindo.) Pois unha noite eu estaba a dicir o painoso polos defuntiños da casa. E

comezo o outro. E á metade...tururú, adormecín. E aquela noite soñei que os rabaños fuxían dereitos

para os pozos de Carançà; e eu, perseguíndoos, guíndolles un croio e, carai, o croio vai para dentro

do pozo máis grande! E a auga que comeza a ferver, a ferver e a botar unha especie de fume

negro.... E, do medio daquel fume, saen unhas... unhas cousas estrañas, cuns ollos e uns brazos e... e

unha especie de saias que nunca acaban, que non sei se eran bruxas ou non o eran. Mais unha

daquelas... visións pois tornouse tan linda!... que parecía a Virxe de Rocalaigua (Pausa, enxuga a

suor, rindo.) E ela que me fai axeonllarme. E como me pareceu que quería que lle dixese o painoso

aquel da muller, que llo debía, díxenllo. E ao acabalo adormezo outra vez. E non vou saber se era

unha bruxa ou a Virxe. Só sei que me dixo, todo durmidiño eu, que axiña ía casar. (Todo o mundo

coméntao.) Calade, calade, que aínda non acabei. E, ao día seguinte de todo aquilo, vexo saír de

entre a néboa tres persoas reais montadas en tres mulas. Unha daquelas persoas era o Tomàs,

vostede, vostede, madía leva, vaimas pagar todas! Concho! (Rindo de broma.)

TOMÀS

Eu, si e non me arrepinto.

(A propósito, pica a terra co caxato.)

MANELIC

O outro era o amo, o señor Sebastià, e a outra persoa xa podedes adiviñar que era a Marta. Conte

con que ansia esfolei un año e espeteino ao lume e a rir!... E cando acabamos de comelo, o amo

dime: “Manelic, gústache ser pastor?” “Bastante”, respóndolle. E el dime: “Non che gustaría ser

muiñeiro?” “Se hai trigo para moer”, respóndolle. E el que retruca: “E non che gustaría casar?”

“Moito e moitísimo -e tamén lle solto- se hai muller que me queira, e... fose guapa!” E eu daquela

roía doente a carne do año! E vírome e a Marta de aquí para acolá con vostede.

TOMÀS

Para falardes ti mais o amo.

MANELIC

Como de feito falamos. O señor Sebastià díxome moi serio e tan baixiño que case nin o sentía que...

“Mira, teño un muíño ao pé dunha casa e como lle morreu o pai a esta moza, falta un home no

muíño para a protexer e que sexa un anaco de pan coma ti... se queres eu encárgome de todo e,

Page 28: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

cando cho mande, baixas e casas con ela”. E como a Marta non estaba moi lonxe, ollou para min e

pareceume que me gustaba... Vaia, que me gustaba moito, moito! E o amo achegóuselle e eu atrás

del. E o amo pregúntalle se me quería. E ela fai unha miguiña que si coa cabeza. E eu, que estaba a

rir, ao vela chorar, tamén eu tentei choromicar e non puiden, e vaia que non vou poder e... desato a

rir tan forte que mesmo as montañas respondían! E ficamos prometidos. (Pausa.) Ah! E aquela

noitiña xa só recei un nosopai para os da casa, pois pedir muller, non, pois xa a tiña. (Ri e chora

entenrecido.)

NURI

Chora! Chora! (Estrañándose.)

TOMÀS

Home, por iso non chores.

MANELIC

Choro de alegría. Que vos parece, compañeiros? Que era a Virxe ou unha bruxa o daquela noite?

NURI

A Virxe! A Virxe!

(A xente responde dicindo que era unha bruxa e rindo.)

CANDEAL

Unha bruxa! Unha bruxa!

TOMÀS, indignado.

Aínda pensas que o Sebastià...

CANDEAL

O Sebastià? Pregúntello a el que aí lle chega.

ESCENA VII

SEBASTIÀ, MONSEÑOR, NURI, PEPA, ANTÒNIA, TOMÀS, CANDEAL, JOSEP, NANDO,

PERRUCA, homes e mulleres, MARTA cando se indique.

Page 29: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI, para que cale todo o mundo.

O amo de todo! O amo de todo!

SEBASTIÀ

Non chegou o Manelic?

MANELIC

Estou aquí, señor! Déixeme beixarlle a man!

SEBASTIÀ

Non, home, non, aparta de aí. Onde está a Marta, Tomàs?

(Candeal volve estar fóra.)

TOMÀS

Oh!... Está alá dentro.

SEBASTIÀ

Monseñor, vai alí e que saia.

(Monseñor sae e chama pola Marta.)

MANELIC, a Tomàs por Monseñor.

Quen é ese home?

TOMÀS

É o criado do amo. Antes quería ser cura.

SEBASTIÀ

Manelic, temos todo amañado. Heivos casar agora, aquí na ermida. Como é miña, todo está pronto.

O crego logo chega. A benzón e para a casa.

MANELIC

Eu non llo darei pagado nunca, señor, nunca!

MONSEÑOR, a Sebastià.

Di que sae decontado.

SEBASTIÀ

Como decontado? (Gritando por ela.) Marta! Que saias, muller! (Con máis forza.) Marta!

TOMÀS

Page 30: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Quería falar con vostede, Sebastià, a soas.

SEBASTIÀ

Habemos de encontrar outro momento, home. Grazas a Deus! Marta!

MARTA, pousa un candil aceso sobre a mesa.

Non tendes paciencia ningunha. (Chorosa.)

SEBASTIÀ

Xa tes aquí o Manelic, muller.

MARTA

Xa che dixen que cando chegase a hora ía estar preparada. (Nerviosa.) Que horas son xa? Vaiamos!

MANELIC

Logo non falamos nada ti e mais eu?

MARTA, afastándose. Aparte.

Eu non podo ollar para este home que aínda me dá máis noxo que o proprio Sebastià.

MANELIC, para o Tomàs rindo.

Dálle vergoña!

PEPA, para Antònia.

Casa á forza!

SEBASTIÀ, rabioso e disimulando.

Marta! Que quere que lle deas leria! Eu ordénocho!

MARTA, chorando.

Meu Deus!

PEPA, para Antònia.

Chora, Marta, chora!

MARTA, que sentiu a Pepa.

Que é o que ten a Marta? Que?

PEPA, rindo irónica.

Dicía que é guapo o teu... prometido.

Page 31: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MARTA, rindo rabiosa e indo onda Manelic.

Manelic, olla para min, estou alegre! Olla para min!

MANELIC, rindo.

E eu tamén! Isto é para rir!

SEBASTIÀ

Fálalle máis, Marta, fálalle!

MARTA

Non! (Volvéndose ir.) Eu volvo deseguida.

SEBASTIÀ, agarrándoa polo brazo.

Demo de!... Que che dixen!

MONSEÑOR, a Sebastià.

Que fai! (Rindo.) Entón o traxe? Non o vai vestir o noivo?

SEBASTIÀ, dominándose.

Tes razón, nin pensabamos vestir este bo mozo, este... este señoritingo. (Todos rin burlándose.)

NANDO

Señoritingo!

JOSEP

Chamáronlle señoritingo!

(Entre tanto Tomàs fala con moito interese con Monseñor. Marta cos cotobelos na mesa agochando

a cara entre as mans. Manelic ficou teso sen entender aquelas palabras.)

MANELIC

Bo mozo... Se quere dicir tirar recto coa funda e choutar como as cabras pena arriba e pena abaixo e

levar a Marta ao lombo cruzando os pasadoiros de Riublanc cando as neves se funden, abofé, si que

lle son bo mozo. Mais... (Detense a escoitar.)

PERRUCA, a Nando, escachando coa risa.

Chamáronlle señoritingo!

NANDO, a Perruca, idem.

Señoritingo!

Page 32: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MANELIC

Mais iso de señoritingo... (Todos rin forte. Despois de ver que aínda rin, ponse furioso.) Quero

saber que significa señoritingo! (Gargalladas máis fortes. Agarra con rabia a Nando. As mulleres

berran.) Fala! (Marta falaba con Sebastià e escoita.)

NANDO

Quere dicir... non sei! Quere dicir... presuntuoso.

MANELIC, deixándoo convencido.

Logo, iso si. (Repensándoo e moi irritado outra vez.) E que quere dicir presuntuoso? (Outra

gargallada xeral.) Presuntuoso, que quere dicir? (Agarra unha das persoas.) Ti, fala! (Faille berrar

as mulleres. Corre atrás delas.) Que quere dicir presuntuoso!

(Bate nos que pilla, furioso.)

MARTA, aparte.

E déixanse zoupar por este desvergoñado!

SEBASTIÀ

Manelic! (Dominando a algazara imperativo.)

MANELIC, calmándose en seco.

Contra! Agora anoxábame eu!

SEBASTIÀ

Naquel cuarto tes un traxe novo para o casamento, vaino vestir deseguida.

MANELIC

Daquela vinde todos e axudádeme. E imos rir a esgalla, que hoxe non me quero anoxar! (Os homes

vanse pola porta da dereita con Manelic.)

PEPA

Vinde! Habemos de axexar pola fiestra!

ELAS

Vamos alá! Vamos! (Saen polo fondo.)

MANELIC, ao se ir.

Que non me quero anoxar! Que non me quero anoxar!

Page 33: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

(Entre o balbordo dos homes.)

TOMÀS

Agora podo falar con vostede, Sebastià, é urxente.

SEBASTIÀ, irritado.

Home!... Pois espéreme fóra que logo saio.

TOMÀS

Entón espero por vostede. (Sae.)

SEBASTIÀ

Vai alí, Monseñor, e entretenmo, que este non sei con que me vai saír agora. (O que se vai dicir

neste momento, Marta non o sente.)

MONSEÑOR

Déixemo a min.

SEBASTIÀ

Ah! Dille ao crego que ao chegaren á ermida que os case e que non me agarden.

MONSEÑOR

Agora despache ao Candeal, que llo contou todo ao Tomàs.

SEBASTIÀ

Ah, si? Daquela para fóra inmediatamente! E... mira, vén. (Afastándose máis de Marta.) Nunca lle

digas a Marta que o Manelic non sabe nada...

MONSEÑOR

De verdade fíxolle crer que casa sabéndoo todo?

SEBASTIÀ

Como cho digo que o creu.

MONSEÑOR

De acordo. (Sae de présa polo alpendre.)

Page 34: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ESCENA VIII

MARTA e SEBASTIÀ. Ela estivo cos cotobelos na mesa e as mans na cara até agora.

SEBASTIÀ

Marta.

MARTA

Sebastià, xa podes dicir o que queiras, eu non penso casar con ese home!

SEBASTIÀ, rindo.

Si, eh? Ti tiñas que ter un marido... ademais con casa. Non é así, parviña?

MARTA, afastándose.

Non... Oh, non!

SEBASTIÀ

Un marido que te namorase cada día e que ti... mírate, ano novo vida nova. A miña ra éche moi

resabida! Xa non te lembras quen te sacou do medio da treboada cando te afogabas con teu pai, non

si, Marta? (El quixo acariñala, mais ela foise afastando. Sebastià muda de súpeto e anóxase.)

Marta!... Aquí, aquí, Marta, inmediatamente! (Agarrouna con rabia polo brazo. Cando a ten

aterrorizada, ceiba unha gargallada que aínda lle dá máis medo.)

MARTA

Sebastià, non me cases con ese home. Pídocho... polos defuntos de....

SEBASTIÀ

Deixa os mortos tranquilos, muller! E... daquela dáche noxo o Manelic?

MARTA

Dáme! Moito!... Como queres que cho diga?!

SEBASTIÀ

Si, eh? Pois iso é o que eu quero. E nin imaxinas a alegría que me dás! Ti pensas que se che gustase,

faríache casar con ese home? Aínda que me custase a facenda e a vida non casabas!

MARTA

Page 35: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Virxe santísima! Parece mentira que atopases un home tan humilde que, sendo eu como son, e el

sabéndoo, aínda me queira! Que pouca vergoña!

SEBASTIÀ, satisfeito da antipatía dela por Manelic.

Pts! Claro que se atopan!

MARTA, chorando.

Eu era unha cría cando te coñecín. E non fixen o que fixen por interese, ben o sabes! A min ti non

me mercaches, mais a el mércalo. A que prezo non o sei, mais sei que o mercas.

SEBASTIÀ

Se nada lle dou, muller! El xa está contento por eu lle deixar vivir aquí ao acubillo toda a vida. Mais

non deas por entendido nada con el, que o rapaz vai facer como se non soubese nada de todo isto,

entendes?

(Gargalladas dos homes que están dentro con Manelic.)

MARTA, fuxindo do lado onde riron.

Eu voume ir de aquí antes de casar.

SEBASTIÀ, rindo.

Si, muller, si!

MARTA

Non, non me vou ir, voume tirar polo encoro, que eu quero morrer antes ca este home!...

SEBASTIÀ, enérxico e rabioso.

Non te vas ir, nin te vas tirar polo encoro! Óesme, Marta! Óesme? (Colléndoa polo brazo.)

MARTA

Dásme medo, Sebastià! Déixame!

SEBASTIÀ

Falemos claro, Marta. Non che dixen sempre que te amaba a ti máis que a todo o ouro do mundo e

que te amaría sempre, sempre! (Gargalladas dentro que a ela lle repugnan.) E que non te deixaría

nunca, porque, aínda que quixese, non podería deixarte? Respóndeme!

MARTA

Non o sei! Si, si!

SEBASTIÀ

Page 36: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Escoita, escoita. Non sabes ti de certo, ben de certo, que se non entran cartos na casa, teño todos os

bens perdidos? Non che dixen cen veces que non me dan a Sala, a vinculeira, se non pensan que ti e

mais eu xa non somos nada, Marta? Non sabes que o tío de cas Riutort me desherdou pola túa culpa

e que, se ti agora casas, todo se vai arranxar e vou poder quitar as hipotecas e os embargos que hai

sobre as casas e as leiras? (Ela coa cabeza baixa.) E, mira, se eu non te quixese tanto, se non me

tiveses tan... teu, Marta, diríache: lisca, non voltes nunca, casa lonxe de aquí e engana outro que te

ame. Mais eu non quero, non, ti es miña, toda miña! E sempre, sempre has de ser miña, que eu non

te deixo, Marta, que nin que morra te deixo!

MARTA

Máncasme! Aparta! (Fuxindo para o lado de Manelic.) Mancáchesme e... asústasme!

SEBASTIÀ

Medo!... (Erguéndose.) Non quero que digas que che dou medo! Eu o que quero é que me obedezas

como sempre, oíches? Como sempre e que me ames!

MARTA

Sebastià!

SEBASTIÀ

Mira que non me coñeces, aínda que penses que me coñeces!

MARTA

Déixame, déixame. Vou casar, si, vou casar.

SEBASTIÀ

Claro que vas casar!

(Gargalladas do cuarto da dereita.)

MARTA

Veñen, Sebastià, veñen.

(Fuxindo da porta da dereita.)

SEBASTIÀ, rindo satisfeito.

Foxes del e voltas! Iso é o que me gusta.

Page 37: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ESCENA IX

MARTA, SEBASTIÀ, MANELIC, JOSEP, NANDO, PERRUCA e outros homes. Despois PEPA,

ANTÒNIA, NURI e outras mulleres. Por último, TOMÀS e MONSEÑOR.

NANDO, saíndo primeiro.

Que non quere vestir o traxe novo!

JOSEP

Que non quere vestirse de señoritingo!

MANELIC, pasando pola metade.

Non me quero mudar, non, que se rin de min! Dáme pena deixar a miña zamarra! Nin as ovellas se

botan tanto sobre min cando sarabia! Arredádevos!

SEBASTIÀ

Entón de calquera maneira! Marta, o mantelo e sae!

MARTA, a Sebastià.

Vou! Xa vou. Entre nós todo acabou!

SEBASTIÀ, rabioso. Aparte.

Acabouse!... Si, si, esta noite volvo!

NANDO, aos homes.

Eu unha vez casados toco o sino da ermida!

NURI

Toma, Marta, o mantelo. (Entra Tomàs.)

MARTA, con tristeza.

Ti tiñas que mo traer, Nuri!

NURI, cariñosa con Marta.

Quéresme agora?

MARTA, con tristeza.

Míraa, Sebastià, a Nuri. Cando eu cheguei, era coma ela.

Page 38: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

SEBASTIÀ

Para a ermida todo o mundo! (Van saíndo.)

TOMÀS, a Sebastià.

Non. Até termos falado que non casen.

SEBASTIÀ, a Tomàs.

Déixaos ir, que non van casar até que eu chegue. (A Monseñor.) Monseñor, axiña, que acaben axiña!

MANELIC, saíndo entre a xente.

Upa! Upa! O rabaño! O rabaño! Eu á beira da Marta! Fóra! Fóra!

(Todos van saíndo en confusión gritando: Para a ermida! Vamos para a ermida!)

ESCENA X

SEBASTIÀ, TOMÀS e CANDEAL.

SEBASTIÀ

Ei, Candeal, para o casamento.

CANDEAL

Eu non vou ao casamento.

SEBASTIÀ

E logo?

CANDEAL

Porque non... Non vou. Dito está!

SEBASTIÀ

Pois recolle as túas cousas e fóra da casa.

CANDEAL

Iso si, non ve? E con moita alegría.

SEBASTIÀ

Page 39: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Inmediatamente! Bule!

CANDEAL, aparte.

Facer a trouxa, por min xa estaba ben lonxe.

(Meténdose pola porta da esquerda.)

SEBASTIÀ, anoxado a Tomàs.

Logo que foi?

TOMÀS

Pois que me empuxaron a unha gran confusión e angustia. Eu quería dicirllo e non sei como o facer,

Sebastià.

SEBASTIÀ

Daquela rumíeo e cóntemo outro día.

TOMÀS

Dixéronme, e descúlpeme se peco, que vostede anda a facerlle as beiras á Marta... así, como o hei

de dicir, como... con mala fe, e que agora ambos os dous enganan o pobre Manelic que é un bo

rapaz. E como eu neste casamento veño a ser como o pai e o padriño, véñolle a preguntar, Sebastià,

e non se ofenda, fillo, que hai de verdade en todo este ruxe-ruxe?

SEBASTIÀ

Que vai haber? Nada, home.

TOMÀS

Non hai nada, Sebastià? Eu xa lles vexo na cara que son uns murmuradores. Mire, diante de todos

voulles dicir quen son eles e quen é vostede. Os moi ruíns! E agora mesmiño voume.

(Voltou Candeal cunha trouxa de roupa e un cobertor. Recolle algunha outra cousa da escena.)

TOMÀS, a Candeal.

Oíches, mala lingua?

CANDEAL

Eu xa teño a conciencia tranquila. Agora vostede.

SEBASTIÀ

Se non podía ser outro ca ti! Acaba de facer a trouxa e nunca máis te quero ver diante de min.

Page 40: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

TOMÀS a Candeal.

Desagradecido! Despois de tantos anos...

CANDEAL

Non me chame desagradecido, Tomàs, que non sabe con quen está a tratar.

SEBASTIÀ

Ah, fóra de aquí! Se non, víroche a cara dun golpe!

CANDEAL, póndose diante.

Zóupeme! Ah!

TOMÀS

E ousarías? Contra o teu amo?

CANDEAL

Xa non é o meu amo, nin nunca o foi.

SEBASTIÀ

E por que? Ladrón!

CANDEAL

Ladrón eu! O demo me leve!... (Deixando a trouxa e o cobertor.) Teña, logo! E agora non me vou ir

sen llo dicir ao Tomàs, e diante de vostede, para se amolar! (Tomàs quere facelo calar e contén a

Sebastià.) Daquela si que o vou dicir, si, vostede aínda é o amante da Marta, esta noite entrou aquí

ás agachadas pola porta do curral, pasou polo corredor de arriba e por detrás da cortina, eu vino, eu!

SEBASTIÀ

Déixeme! (A Tomàs.)

CANDEAL, a Tomàs.

Eu xúrolle que isto é certo e se non que Deus me castigue. Que o xure el se digo mentira. Vamos,

vamos, que o xure!

SEBASTIÀ

Que tantos xuramentos! Vámonos, Tomàs, e deixémolo.

CANDEAL

Xa o oíu. A min xa me abonda.

Page 41: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

TOMÀS

Virxe santísima!

ESCENA XI

SEBASTIÀ, CANDEAL, TOMÀS e MONSEÑOR.

MONSEÑOR

Que fai o ermitán? A súa muller tivo que acender os cirios!

TOMÀS

Non, non, que paren! (Vai cara á porta.)

SEBASTIÀ, a Monseñor.

Que o Tomàs non saia de aquí de maneira ningunha!

MONSEÑOR, a Sebastià.

Están a casar!

(Sae Sebastià. Candeal leva a trouxa ás costas e ri sarcástico.)

TOMÀS

Non, non, que non casen!

MONSEÑOR

Que di? Onde quere ir agora?

TOMÀS

A impedilo! A impedilo!

CANDEAL

Tomàs, de présa! Grite polo camiño, de présa!

MONSEÑOR, a Candeal.

Deixa estar o vello!

TOMÀS

Page 42: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Non, non, eu voume, que van desgraciar un pobre rapaz!

MONSEÑOR

Dígolle que non!

CANDEAL, apartando a Monseñor.

Aparta. Vamos!

TOMÀS

Ah, si! Corro! (Tocan o sino da ermida e Monseñor vaise rindo até a porta.) Ah! O sino! Xa non

hai tempo! Ai, meu Deus! O que lle fixeron a este pobre rapaz! E eu entre eles! Que Deus mo

perdoe!

CANDEAL, volvendo coller a trouxa. Aparte.

Fixen todo o que puiden. E agora lavo as mans (Alto.) Tomàs, xa non hai remedio!

TOMÀS, a Candeal.

Agora, fillo, non lle digamos nada ao Manelic. Isto xa está. Agora que sexa o que Deus quixer.

CANDEAL

Adeus, Tomàs. Só me arrepinto de ter calado tanto tempo.

TOMÀS

Adeus! Así a todo es un bo home! Abrázame. E mira, iso de o teres calado... confésate.

(Abrazados. Balbordo lixeiro que medra.)

CANDEAL

Adeus, logo veñen. (Sae rápido.)

TOMÀS, aparte.

Que vergoña, meu Deus, que vergoña! Eu non o quero ver! Eu non o quero ver! (Sae.)

(O balbordo da xente que volta do casamento ten que ir medrando. Séntese tocar alegremente os

sinos e gritos de “Vivan os noivos”.)

MONSEÑOR, aos de fóra.

Vamos, rapaces, acabou a festa! Todos para a casa!

(Os convidados, sen entraren á escena, desaparecen e aos poucos vanse perdendo os gritos de

alegría.)

Page 43: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ESCENA XII

MARTA, MANELIC e MONSEÑOR, que se vai.

MANELIC, desde fóra.

Cabras aquí! Cabras alá!

(Marta entra a escena.)

MONSEÑOR, desde a porta.

Agora pechade vós e boa noite.

MANELIC, véndoos afastárense.

Cabras aquí! Cabras alá! (Ollando para Marta.) Se agora tivese a funda!... Un croio pola metade, e

cataplún! A debandada! (Polos de fóra.) Cabras aquí (Gritando cada vez máis forte.) Cabras alá!

(De repente.) Marta!

(Marta sentou ao pé da mesa coa cabeza baixa.)

MARTA, como acordando asustada.

Que foi? Que?

MANELIC

Dixeron que pechásemos. Pecho, eh, Marta?

MARTA

Pecha. (Aparte.) Si, si, todo acabou. Todo, todo!

MANELIC, despois de pechar.

Tururú! Pronto! Ai, déixame sentar, estou derreado! Vale máis unha tronada alá na montaña, nos

Tretzevents, que o demo deste ruxido. Pois... sentado na cadeira non che estou ben! Para a terra,

para a terra, como na herba do prado. (Senta na terra rindo.) Así é como un home repousa! (Marta

continúa sen o escoitar.) Que fai esta?... Ei! Marta! Bonita! (Como se chamase por unha cabra.)

Que fas, Marta? Marta!

MARTA

Que?

Page 44: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MANELIC

Esta moi brava é! Mira! (Mostrándolle onde senta.) Alá arriba non temos cadeiras, nin falta que nos

fan! (Sopra a terra e varre coa man.) Ala, limpiño como un espello. Senta aquí, vamos, muller!

Ups!

(El ri como facéndose graza.)

MARTA

Non! Que non!

MANELIC

Dixo que non! Ah! (Ri e érguese. Aparte) Pobriña!

MARTA, aparte.

Ai, meu Deus! Cando vai raiar o día!

MANELIC

Pois se te pos así non che digo unha cousa. Xa non me acordaba!... Coa alegría, o home tórnase

máis burro! (Buscando nos petos e no peito. Aparte.) Verás! Verás agora!... Aquí! (Tirando un pano

ligado polas esquinas.) Xa pesan, xa! Cala, cala, non o penses. (Achégase a Marta nos bicos dos

pés. Ri baixiño.) He, he, he! (Tócalle cun dedo as costas e a cabeza imitando un paxaro. Alto.)

Cucú!

MARTA, erguéndose.

Ah! Asustáchesme! Ves! Facías isto alá arriba?

MANELIC

Con quen, alá arriba? Se estaba só! (Ri cariñoso. Entre tanto desfixo os nós do pano. Desfeitos xa,

pousa todos os cartos nunha man.) Queres darme a man? (Pausa. Ela non lle fai caso.) Ti?

(Para lle dar os cartos.)

MARTA

Non. O que eu quero é que agora mesmo!...

(Vai erguerse.)

MANELIC

Agarda! (Ela detense.) Que xenio! Non me deas a man, moi ben. (Estende o pano baleiro diante

dela sobre a terra.) Mira, non ves isto? É unha peseta. (Tíraa no pano.) Foi a primeira que gañei na

Page 45: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

miña vida. Non a quixen gastar nunca, para que criase, e, mira, mira, se criou! Toma, todas!

(Baleirando no pano as moedas de prata e algúns reais que tiña na man sostidas contra o peito. Ri

conmovido.) Alá arriba cando as contaba facían un gran ruxido. Agora fano máis alegre. Debe ser

porque ti estás aquí! Ah! Mira! (Buscando entre os cartos do pano.) Mira este peso. Aínda ten

sangue. É todo sangue meu. Vaimo agasallar un día o amo, o señor Sebastià, que Deus llo pague

(Marta escoita agora.) Toma, tócao, tócao!

MARTA, afastándolle a man agora sen odio.

Non! Que non!

(Ao ver Manelic que ela non o quere tocar, béixao e póusao no pano.)

MANELIC

En fin... pois eu béixoo. (Resentido. Aparte.) Ha de pensar que isto non é nada. (Anoxado. Alto.)

Pois repara que isto si que é moito! Que... cada noite viña o lobo ao rabaño, e cada mañá había un

can patas arriba e faltaba unha ovella ou un carneiro... aquilo facíame tolear! (Vaise calmando.) E

isto dura... quen o sabe... o que dura. Até que, unha noite en vela, me poño ao axexo por tras dun

penedo á beira da arroiada pola que viña o lobo. (Ela vaise interesando.) Pois... imaxina eu aquela

noite que ruídos! O Setestrelo ía pasando, pasando alá polo ceo. E eran xa as doce e era xa a unha. E

sinto, sinto... Os chocallos, a auga de neve fundida a escorrer, o airiño da madrugada, e o Setestrelo

a se afastar, a se afastar... Cando de súpeto sinto un rumor e unhas pisadas e, aparece un vulto como

o demo, o lobo pasa por encima de min cheirando forte, sentín no pescozo o seu alento e

arrepuíñanseme as carnes e aquí dentro uns golpes fortes que me afogaban!... De golpe, no curro,

que ouveos e ladridos e o balar aterrorizado das ovellas. E eu, que rabia comigo mesmo por non

arremeter contra a fera! E non sei como foi, que me chantei no medio do camiño por onde tiña que

pasar o lobo... E, ao voltar coa ovella no fociño, choca comigo, e eu con el, e lánzome sobre el e

espétolle toda esta folla dentro. E el corre ou roda para abaixo, e eu con el; agarrados o un ao outro;

roéndoo eu a el e el a min, e bramando os dous, eu cen veces máis ca el, como dúas feras salvaxes.

(Marta escoita con crecente interese, pasando el da bravura ao entretemento. Pausa.) E... ao día

seguinte esperto, volvín velo, que non sei aínda, no fondo dun barranco, entre pastores que me

socorrían e a metade da ovella morta e o lobo morto tamén, que a estes non os tornaron á vida. A

min leváronme ao curro e con neve e aceite de lagarto me untaron as mordeduras e as feridas que

tiña por todo o corpo. E cando xa estaba medio curado, sobe até alá o señor Sebastià e dáme un

peso. E eu coa ansia de lle beixar a man, volvín abrir a ferida. (Pola súa man.) E co meu sangue

manchei a súa man e a moeda. E o señor Sebastià díxome: “Por cada lobo que mates, douche un

peso”. E, vaites, por agora aínda non matei outro!

MARTA

Page 46: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Manelic... Verás. (Conmovida.) Xa é noite pecha, e... acabamos. (Con moita mágoa.)

MANELIC

Daquela toma todo isto. Tómao. Sonche vinte tres pesos. Gárdaos. (El recolle o pano.)

MARTA

Non... non.. Son teus. Gárdaos no... teu cuarto... (Sinalando o cuarto da dereita. Aparte.) Meu

Deus, parece outro home!

MANELIC

No... meu cuarto? No noso, alá.

(Sinalando a porta onde está a cortina.)

MARTA

Acende unha luz e xa cho dixen, vaite. Vaite ao teu cuarto... e boa noite.

MANELIC

Este é o meu cuarto e alá está o teu? Dixeches isto?

MARTA, con mágoa.

Dixen, si! E non che abonda con dicilo unha vez que aínda queres o repita? Como se ti non o

soubeses! (Chorosa e irritada.) Mal home! E ben se ve que o eras! E agora aínda máis,

atormentándome, mal home!

MANELIC

Que o sabía? E que sabía eu? Que, Marta? Explícate. Que eu son un mal home? Dixéchelo! E por

que son agora un mal home? Quero sabelo, Marta, porque me dis estas cousas! (Rabioso e

entristecido.)

MARTA, avergoñada.

Porque ti... antes xa cho dixeron.

MANELIC

O que? O que me dixeron? Fala!

MARTA

Ah, non! Iso non o hei dicir nunca, aínda que me matasen! Mais ti, ti consentíchelo.

MANELIC

Page 47: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Que foses a miña muller. Si, Marta. Que te amaba máis que a ninguén no mundo, máis ca meu pai e

miña nai, máis, e que te ía facer feliz!

MARTA

Non... Non!...

MANELIC

Logo explícate, polo amor de Deus! Que me parece que estou a soñar todo isto e que ti non es a

miña muller!

MARTA, aparte.

Ai, meu Deus, que me enganaron a min e enganaron este pobre home!...

MANELIC

Marta! Que foi, Marta?

MARTA

Que agora son eu quen penso que soño!

MANELIC

Mais ti dixeches cousas que eu non podo entender e que me mancan aquí dentro!

MARTA, con medo a que el o comprenda.

Non, non, non dixen nada. Esta noite estou como tola. Non sei o que fixeron comigo. Porque ti...

Manelic...

MANELIC

Que fixeron contigo?... O que! Fala! Fala!

(De repente vese pasar unha luz por detrás da cortina que dá ao interior da casa.)

MARTA, aparte.

Sebastià! Oh! (Con horror.)

MANELIC, con estrañeza e en voz baixa.

Unha luz, Marta! Non estamos sós aquí?

MARTA, con espanto que tenta disimular.

Non hai ninguén! Non é verdade.

MANELIC

Page 48: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Alguén entrou, Marta!

(Querendo ir coa man no peito pola arma.)

MARTA, póndose diante.

Por favor, déixao! (Finxindo serenidade.) A luz xa debía estar.

MANELIC

Non, dígoche que non! (Desaparece a luz.) Acaban de apagala.

MARTA

Que vai haber unha luz acesa! Debeucho parecer!

MANELIC

Non dis que alí estaba? Se eu a vin! Ti tamén a viches.

MARTA

Eu non vin nada. Dixéchelo ti.

MANELIC

Ti non viches a luz? (Ficando confuso.)

MARTA

Non, non.

MANELIC

Ti non a viches? Entón... eu non vin unha claridade que ía... (Baixiño, confuso e tristísimo.)

MARTA

Non, tampouco ti a viches!

MANELIC

Non? (Fica ollando para Marta fixamente.)

MARTA, indignada. Aparte.

Ousar vir hoxe! Que miserable. Iso é tentar o demo.

MANELIC, pensativo. Aparte.

Non vin a luz? Eu non a vin?

MARTA, sentándose nunha cadeira e apoiándose no respaldo. Aparte.

Page 49: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Logo eu aquí hei de pasar a noite, aquí! Como unha pedra. (Alto.) A ti xa cho dixen... (Sinalando o

seu cuarto.)

MANELIC

Si, si, non mo volvas dicir... Eu alá dentro. Mais eu aínda non vou ir durmir ao meu... alá dentro.

(Déixase ir á terra, deitándose pouco a pouco.)

MARTA, aparte.

Teño que pensar. Porque o Sebastià é... (Baixiño e con pena) é un canalla. Ai, meu Deus, sempre foi

un canalla, o ladrón! Debe pensar este... (Con mágoa) pobre, que non o sinto!

(Manelic, sempre deitado na terra, vaise achegando até algunha distancia dela.)

MANELIC, tristísimo, medio choroso. Aparte.

Aquí, pretiño dela. Non como o seu marido, non, como se eu estivese só alá no alto, no curro das

Punxales. (Baixiño.) Agora a rezar o nosopai polos da casa. Aquel pola muller xa non o podo dicir,

pois xa teño, xa, muller. (Rezando.) Noso pai que estás nos ceos, santificado sexa o teu nome...

(Continúa só mexendo os beizos e laiándose.)

MARTA, aparte.

Ah, que castigo este!

(El continúa a se laiar. Pausa.)

MANELIC, medio adormecido e chorando.

Todo dorme no curro e o lobo non ha de vir, non ha de vir... non ha de...

(Vai mexendo os beizos mentres cae o pano.)

PANO

Page 50: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Acto segundo

Page 51: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ESCENA I

A mesma decoración do acto anterior. É pola mañá.

MANELIC, sentado. NURI, de pé, calcetando a zamarra, que xa está moi avanzada.

MANELIC, moi abatido.

Como é que non viñeches onte á tarde, Nuri?

NURI

Por culpa dos pavos, home. Xa che dixen que saco os pavos á mañá ben cedo e despois á tardiña.

Agora con este sol xa están no curral. E eu, a ver o Manelic! Se non paso unhas angustias! (Indo

mirar á esquerda.)

MANELIC

E por que tantas angustias?

NURI

Teño medo de que a Marta veña. Non sabes? Antes a min estimábame moito, mais desde o día en

que casastes téncheme unha teima!... (El vira a cabeza e fica pensativo.) Eu non lle quero mal

porque ela te ame, Manelic.

MANELIC, erguéndose e paseando nervioso. Aparte.

Por que me ama esta muller!

NURI

Que tes agora!

MANELIC

Nada. Fala, fala. (Volvendo sentar.)

NURI, lembrándose de súpeto.

Ah! Tamén lles ten rabia aos da casa. Mais a eles... Non sei como dicilo, tenlles outro tipo de rabia.

Mesmo creo que usou o Monseñor para non os ver.

MANELIC, con moito interese.

O Monseñor? Como foi iso?

NURI

Page 52: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Pois o Monseñor, que é... como lle din? Iso... o criado do amo de todo, pois veu falar cos da casa,

ameazándoos, ameazándoos que non se achegasen ao muíño a murmurar. E que ao muíño máis nada

tiñan que ir os que levasen trigo para moer.

MANELIC

A murmurar, dixeches, Nuri?

NURI

A murmurar, a murmurar. (Sentando Nuri tamén.)

MANELIC

E ti sabes que era o que non quería que murmurasen?

NURI, moi natural.

Oh, nada. Os da casa sempre murmuran, non sabes?

MANELIC

Es unha rapaza moi boíña, Nuri!

NURI, contenta do que lle dixo.

Coma ti de bo rapaz. Díxolle o coello á lebre. (Mirándoo e rindo. Pausa.) E xa hai dez días que

estás casado. (Volvendo rir e mirándoo.)

MANELIC

Si, dez días!

NURI

A que non adiviñas en que pensaba agora?

MANELIC

E que din disto as túas irmás?

NURI

Pois pensaba en facerche unha zamarra ao acabar esta. Non desta cor, non, de azul e cunhas riscas

encarnadas que che han de caer mellor!...

MANELIC

Non me fagas a zamarra, Nuri!

NURI

Page 53: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Por que?

MANELIC

Porque cando ti a teñas acabada... Pst! Por nada, Nuri.

NURI, erguéndose.

Voume, que estou anoxada.

MANELIC

Ei, que eu quero que volvas sentar! Deseguida!

NURI, sentándose medio virada de costas.

Pois quedo, mais aínda estou anoxada.

(Irá ollando de esguello.)

MANELIC, aparte.

Non, xa non podo estar máis nesta casa, que todo me cae encima! E ao carón da Marta ou toleo ou

morro! Mais aquela claridade non vai vir soa e eu quero saber quen era aquel home para o matar!

(Nuri tuse a ver se o Manelic repara nela.)

NURI

Manelic, que eu aínda estou anoxada!

MANELIC, mudando rápido.

Si, Nuri, si. Que queres? Coitada! Ti que aínda es feliz!

NURI, compracida co que lle di.

Ti estás triste!...

MANELIC

Non!...

NURI

Estás, si que o estás. E... sabes que che deron unha muller moi rabuda?

MANELIC

Dío a xente, Nuri, que é rabuda?

NURI

Oh!... Non sei o que din. Falan, falan. E sabes por que te quero tanto?

Page 54: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MANELIC

Por que, Nuri? Por que?

NURI

Pois quérote, primeiro, porque me contas esas historias de lobos e bruxas que me poñen aquel medo

tan xeitoso. E despois quérote porque a xente sempre di: “Pobre Manelic! Pobre Manelic!” E non

sei por que o din! (De súpeto nun rapto de cariño) E, vaia, eu vouche facer a zamarra!

(Comeza a cantar entre dentes mentres traballa.)

MANELIC, aparte.

Pobre Manelic! Entón todos coñecen a miña desgraza! Entón cando no casamento rían!... (Alto.)

Oh, non cantes, por Deus! Non cantes, Nuri!

NURI

Se non canto, home! Así esta acáboa máis rápido e logo me poño coa túa!

MANELIC

Escoita, escoita, Nuri. E que máis din, que din?

NURI

Quen?

MANELIC

A xente. Aqueles que din: “Pobre Manelic! Pobre Manelic!”

NURI

Ah! Agarda. (Como lembrándose de vez.) Onte, saíndo da misa, había un grupo que falaba de ti. Eu

achegueime e todos fecharon o peteiro, os moi condenados! E eu voume cantando e facéndome a

distraída e, cando non me vían, achégome de novo nos bicos dos pés e pilleinos.

MANELIC

E que foi o que sentiches?

NURI

Claro, home! Pois dicían: “Pobre Manelic! Pobre Manelic!...” E máis nada. Como a outra vez.

MANELIC, aparte.

Cando o amo Sebastià o saiba, vaina matar!... Porque eu non podo irme así sen llo dicir todo. (Con

inquietude) Se hoxe Deus o fixese volver da cidade!... (Paseando.)

Page 55: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI, gritándolle.

Manelic! (El continúa.) Ei, ei, ei! Din que o mundo é moi ruín. Ti cres que o mundo é tan ruín?

MANELIC

O da terra baixa, abofé, que así non era o da montaña. Mais talvez non fose así porque alá arriba

non había homes!

NURI

E... (Non ousando seguir)

MANELIC

Que?

NURI

Nada. Ei, ei, ei! Si, vaia, si, unha cousa, ti non tes un irmán?

MANELIC

Son eu só e xa son demasiado.

NURI

Ningún? Ningún? Nin un máis noviño e riquiño coma ti? Que teña a miña altura...

MANELIC

Por que, Nuri?

NURI

Por nada. He, he, he! Porque me gustaría que o tiveses.

MANELIC, pasándolle a man polo cabelo.

Pobre Nuri!

ESCENA II

MANELIC, NURI e MARTA. Vén do interior da casa.

NURI

A Marta! Fuxo!

Page 56: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MANELIC

Non te movas!

MARTA, aparte.

Sempre esta rapariga cabo del! Sempre! Se estivese tan aflixido por min, non lle prestaría falar con

ninguén! (Vai á lareira e atiza o lume sobre o que estará un pote. Vai facendo o xantar.) Este lume...

hoxe non quere prender! Nin que o fixese adrede! De que deben falar agora?... Eu non quero que

fale máis coa Nuri! (Dá un paso para ir, detense.) Oh! Meu Deus! Non lle podo mandar nada a este

home!

(Vaise pola porta da esquerda.)

NURI

Xa está fóra. E nós caladiños como se non estivésemos, non si?

MANELIC

Si, Nuri.

NURI

Eu estaba calada porque contaba os puntos. Ti agora que facías?

MANELIC

Eu contaba... os días.

NURI

Os días? He, he, he! Ti moito amas a Marta?

MANELIC

Máis que a calquera cousa do mundo!... Máis, moito máis!... Como explicarcho a ti que aínda es

unha pícara?... Porque eu á Marta amábaa antes, moito antes de a coñecer. E amábaa tanto que o día

que a vin alá arriba, cando me preguntaron se quería casar, respondín: “Claro que quero”. E íalle

dicir a ela... “Carai, Marta, demoraches tanto en vir!”. Se eu che contase todo!...

NURI

Ai, conta. Conta!

MANELIC

Eu, Nuri, moitas veces ollaba para a terra baixa desde o bico dos penedos máis altos!... E

preguntábame, cando o sol batía por toda aquela marabilla de montañas, que parecían montóns de

area, por onde debe estar a mociña que hei de ter por muller? E sabes que facía para sabelo?

Page 57: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI

Vamos, conta.

MANELIC, moi triste.

Pois puña unha pedra na funda, xirábaa tres veces cos ollos pechados, facía a funda triscar no aire e,

despois de guindar a pedra, ollaba coa certeza de que alá onde aquela pedra caese estaría ela, que

estaría a medrar bonitiña como un ramo de flores para min, só para min! E a pedra caía cada vez

cara ao levante e a Marta vén dunha terra baixa, aínda máis baixa que esta, da beira do mar! Que

desgraza!

NURI

Vaia, home, non chores! Eu non quero que chores! (Rifándolle como se el fose unha criatura.) Quen

che mandaba tirar aquelas pedras! Infeliz! E se pasase alguén pola montaña e lle atinases?... (Ela

ri.) A rir deseguida! Deseguida! He, he, he! (Comeza a chorar ao ver que el non ri.) Ala, debes estar

contento! Fixéchesme chorar! Mala centella te coma! E eu que non sei de que choro!

MANELIC, para el mesmo, chorando.

Non lle atinaron a ninguén, non, aquelas pedras, que me atinaron a min, que as sentín na metade do

peito, e todas!

MARTA, voltando. Aparte.

Aínda aquí estes dous! (Gritándolle.) Nuri!

NURI

A Marta! A Marta! Toma o pano, toma. Que non vexa que choras!

MANELIC, á Nuri, sen llo coller.

Non, se eu non choro, non choro.

(Facendo por estar sereno e afastándose.)

NURI, á Marta

He, he, he! Coidaba que este pano era seu! Sonche ben parva!

MARTA, con emoción que non pode reprimir.

Nuri!... non te quero ver máis aquí na casa, oíches? Non quero que voltes!

NURI

Manelic, corre, que a Marta me bota!

(Manelic continúa afastado.)

Page 58: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MARTA, tentando disimular os ciúmes.

Non é que te bote, mais hoxe estou!... que se me falan parece que todo o sinto aquí dentro. (Pola

súa cabeza.) Que estou a adoecer aínda máis!...

(Indo cabo do lume e avivándoo de présa.)

NURI

Toma isto, toma, Manelic, (Dándolle o cesto co novelo e a zamarra que está a facer.) que lle hei de

avivar o lume á pobre da Marta. (Isto sen ironía. El sentou e non lle fai caso a Nuri que lle dá un

golpiño nas costas.) Non me oíches, cativo? Este rapaz ten algo, Marta (Deixou o cesto e todo

sobre a mesa.) Dáme o fol.

MARTA

Non!

NURI, cariñosa.

Dámo, que non tes forza dabondo, que xa vas para vella.

MARTA, fóra de si.

Vaite! Vaite! Ou non me darei termado! Vaite!

NURI, sen comprendelo.

E agora? Que fixen eu?

MARTA

E se volves vir... descarada!...

(Ameazándoa co puño.)

NURI

Eu non me vou ir até que o mande o Manelic, que é o home, e mira, el manda!

MARTA

Si, si, o que el mande!

MANELIC

Nuri, aquí fai sempre o que che diga a Marta. Vaite, ela botoute, porque ela... sabe botar a xente,

que esta é a casa da Marta.

MARTA, queréndolle facer calar.

Non, Manelic, non! Por Deus!

MANELIC

Page 59: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Toma isto, toma, e vaite. (Polo cesto e a zamarra.)

MARTA

Nuri, que eu agora non quero que te vaias!

NURI, chorando.

Pois agora voume!

MANELIC

Vaite, Nuri. E, mira, eu voute acompañar polo camiño.

MARTA, suplicando e queréndoo termar.

Ti non, ti estás aquí comigo, que ti, Manelic!..,

(Non pode continuar porque Manelic ficou fitando para ela.)

MANELIC, despois dunha pausa.

Que eu?

MARTA

Non o sei. Meu Deus! Non o sei!

(Cae sentada chorando.)

MANELIC, sarcástico.

Por que pensas que chora a Marta, Nuri? Ri. Se está a brincar! E eu tamén! E rimos todos! Si,

Marta, si, eu contigo a rir como o primeiro día e ben felices e sempre xuntiños! (Levando a Nuri

agarrada polo van. Ela non comprende nada.) Non voltes, non, Nuri. Sós, soíños, amándonos ela e

mais eu! Sempre, sempre amándonos!

(Vai rindo sarcasticamente ao se arredar.)

ESCENA III

MARTA, chorando.

Xaora, di que sempre xuntiños, sempre, e eu sei que agarda o Sebastià para llo dicir todo e irse! Co

que sufrín estes días aquí dentro! E o Sebastià, o moi ruín, porque agora si que vexo que foi toda a

vida un home ruín, alá abaixo divertíndose polas tabernas, e... oxalá ficase por alí para sempre!

Porque se o Sebastià non volvese nunca máis, quen sabe se o Manelic aínda me perdoaría, que el si

Page 60: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

que é bo, que se lle ve na cara, e ámame, que el pensa que non, mais eu sinto cada noite como vén a

deitarse diante da porta do meu... e láiase... láiase!... (Chorando.) Mais el non me di nada e déixame

facer o que queira!... (Despois de chorar. Decidida.) Así a todo, eu non quero que o Manelic fale

máis coa Nuri, porque eu me consumo, que así, ai, meu Deus, falaba comigo o Sebastià cando me

coñeceu! Eu non quero que estea con ela! Vou para a casa daquelas señoronas!

(Ao saír topa con Tomàs que vén, e volta a escena con el.)

ESCENA IV

MARTA e TOMÀS.

TOMÀS

Onde vas, Marta?

MARTA

Nin eu o sei. E ala, xa non vou a lado ningún.

TOMÀS

Vin saír o Manelic da ermida por iso veño aquí, que con el non me quero atopar. Está tan

desesperado!...

MARTA

Desesperado?...

(Quere falar, mais non ousa.)

TOMÀS

O rapaz non cho contou? Todos se rin del. E el pregunta da maneira que esas cousa se poden

preguntar.

MARTA

Sente, sente, Tomàs.

TOMÀS

Eu non sento nesta casa. Eu veño para que me digas o que lle teño que responder cando me

pregunte: “Tomàs, vostede que me vai procurar a prometida, por que me escolleu a Marta?”

Page 61: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MARTA

Non me diga iso, Tomàs!

TOMÀS

Dígocho, si. E aínda di máis o rapaz que me pregunta: “Tomàs, quen é o amante da Marta? Quen é

o home que entrou por aquela porta a noite do casamento?” (Ela agocha a cara entre as mans.) E el

quere saber quen é para o matar e eu non sei que lle responder.

MARTA, con satisfacción.

Tomàs, díxolle que o mataba? Que tiña coraxe para o facer?

TOMÀS

Díxomo, si que mo dixo. Como tamén me dixo que ía liscar de aquí para sempre, mais... agarda o

Sebastià para se despedir!

MARTA

E vostede díxolle que non se fose, non é, Tomàs?

TOMÀS

Eu? Que te deixe, non mañá, non, agora mesmo. E que antes de se ir que che cuspa na cara, que ti

es!... es!... (Non ousando continuar porque ela lle priva.)

MARTA

Vostede nunca tivo unha filla?

TOMÀS, dominado polo recordo.

Unha filla!... Tiña unha filla, tiña, e vaime morrer cando era pequena. E cando ollo para ti digo

contento: “que o Noso Señor a teña na gloria!”

MARTA

E se vostede morrese antes ca ela? E ela tivese que se facer grande sen vostede?... Soa... e coñecese

o Sebastià?...

TOMÀS, tapando as orellas.

Condenada! Non me fales, que ti perdiches o Sebastià.

MARTA

Que eu perdín o Sebastià? (Arrancando en choros.) Non ten entrañas se me volve dicir iso. Miña

naiciña!... Ai, que non podo máis! Que non podo máis! Lévame dunha vez, miña naiciña!

Page 62: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

TOMÀS, aparte.

E chora de verdade. Se cadra si que falei unha miga de máis! (Senta.)

MARTA

Non ten, non, bo corazón! E todos estades na miña contra porque me vedes tan soa! Que até agora

non coñecín ninguén que estivese tan soa no mundo!

TOMÀS, aparte.

Se a rapaza me vai facer chorar! (Erguéndose de golpe) Ai! Que fago! Se choro por unha...

MARTA, deténdoo decidida.

Non se vaia que quero contarllo todo e que se compadeza de min!

TOMÀS, chorando con disimulo.

Non, se eu non quero saber nada, que despois o que me digas voucho crer e vai ser todo mentira.

MARTA, chorando e con enerxía.

Mentira!... Escóiteme e créame, que non vai ser mentira, non!

TOMÀS

Si, moi ben, si. (Sentando. Aparte.) Ala, se xa a creo! Xa sabía eu que me ía enganar!

MARTA, enxugándose as bágoas con carraxe.

Non nacín, non, da terra e despois da chuvia, como un bicho noxento, aínda que a xente de por aquí

o diga.

TOMÀS

Ves?... Niso da ra nunca acreditei. Deus me leve!

MARTA, con indignación, enxugándose decotío os ollos.

Tampouco acreditou en que eu era moi pobriña? Verá, eu tiña unha nai que era cega. Oíume? E non

tiven máis ninguén. (Con exaltación que irá desaparecendo para non restar máis que a tristeza.)

Así a todo, unha nai si que a tiña! Ela e mais eu pediamos esmola pola cidade alá abaixo en

Barcelona. Eu lémbrome que nos puñamos nas escaleiras dunha igrexa que tiña unha porta que non

se acababa nunca do alta que era e alí estabamos. Quen fora meu pai de verdade? Eu nunca o

souben. Desde cando pediamos esmola? Oh! Quizais desde antes eu nacer. Eu a mamá vina sempre

coa man estesa na porta da igrexa e mesmo durmindo á noite, que non sei onde era que nos

deitabamos, eu víaa con medo por ter sempre a man estesa. Un día, eu aínda debía ser moi pequena,

xa non estamos nós soíñas, ao noso carón sentou para pedir esmola un home, que... Eu crin que

Page 63: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

tampouco me vía, porque pensaba daquela que era cegos todos os que pedían esmola. E non sei

como foi que aquel home medio eivado, coa cara toda encarnada e a barba branca, acabou vivindo

coa mamá e eles dous zoupábanse e rían. Con todo, a min aquel home nunca me zoupou nin me deu

un cariño, nin lembro que nunca me dixese unha soa palabra. Pasaron os anos, non deberon ser

moitos e unha mañá a mamá non se ergueu e aos pés da súa cama topei con aquel home que

choraba. Miña nai non chorara nunca, que eu me decatase, e mesmo eu chegara a crer que os cegos,

que non tiñan ollos para ver, tampouco os tiñan para verter bágoas. E por iso souben que aquel

home non era cego de verdade, porque choraba. A mamá morrera e eu encontreime soa. E que cousa

máis estraña! Aquel home tan calado e tan frío comigo, achei que me amaba como un pai, e non se

daba consolado da morte da pobriña de miña nai, que ficou esticada cos ollos máis embazados que

nunca, e coa man dereita estesa que semellaba que aínda andaba a pedir algunha cousa na outra

vida!

TOMÀS, chorando.

Fala, fala.

MARTA

E ao día seguinte levaron a mamá ao cemiterio e eu fun detrás con aquel home e cando xa lle

deitaran toda a terra encima, eu decateime que lle dixera a aquel home: “E agora que imos facer,

papá?” E el díxome chorando: “Ven comigo, filliña!”

TOMÀS, chorando.

Conta, conta e acaba axiña!

MARTA

Oh, si, si, non hai moito máis, polo camiño de todos pódese andar aos poucos, mais cando se cae

barranco abaixo vaise de présa. Pois voltamos á porta da igrexa e como eu andaba a medrar e vía

tantas mozas da miña idade coa roupa bonita das festas, eu voulle dicir ao papá un día que non

conseguíramos moitos cartos: “Papá, e se traballásemos!” E el ao cabo dun momento díxome que xa

procuraría un traballo para ambos os dous. E nunca aquel traballo chegaba. Até que soubemos que

estaban a coller os pobres para os encerrar e fómonos de Barcelona mentres pediamos esmola, mais

el xa nunca máis se fixo o cego. Camiñamos moito tempo cruzando terras e máis terras, e eu fun

crecendo, até que un día que facía unha calor moi forte e metémonos por estas chairas e estes

bosques, achégase de súpeto unha forte tronada e comeza a caer o pedrazo. Nós fuxiamos seguindo

á xente que deixaba as súas labouras e acubillábase na masía máis próxima, que era ao do Sebastià,

permanecemos á entrada. Saíron homes e mulleres e, entre eles, un que nos dixeron que era o amo.

E todos rían coas miñas opinións. E querían que danzase e dancei de calquera maneira para non nos

Page 64: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

botaren que aínda chovía. E cando máis danzaba eu, máis ría a xente e menos o amo, que ollaba

para min, ollaba para min! E eu dicíame, ai de min: “Que o amo debe estar feliz con todo este

mundo seu e esta xente súa!” (Con decisión.) Eh! Acabemos! Que me preguntou despois, rindo, se

eu saíra da poeira dos camiños como aquelas ras que son feitas coas gotas de chuvia na metade do

verán e despois agarroume polo corpo e preguntoulle ao meu pai que era o que quería. Papá

respondeulle que unha caridade. E eu logo acrecentei: “Non unha caridade, non, traballar arreo!” El

sentoume sobre os seus xeonllos, que eu tiña catorce anos e o Sebastià xa se cadra trinta... E... desde

aquel día o meu pai fixo de muiñeiro. E eu... até agora...

(Tapando a cara coas mans.)

TOMÀS

Non, cala, non digas máis nada, cala!

MARTA

Eu que podía facer? Fuxir? Para onde? Se non podía! Matarme? Se matarse é pecado e dá tanto

medo morrer e eu era tan nova! Nácese para vivir e non para morrer deseguida!

TOMÀS

Que desgraciada fuches!

MARTA

Desgraciada non, son a muller máis ruín do mundo, porque a el crinllo todo, coitada de min, até

enganar este home!

TOMÀS

Oh, o Sebastià non ten perdón de Deus, fíxoa boa de máis!

MARTA

Oh, se fose como agora! Porque agora si que son forte! E sabe por que son forte? Porque antes, fose

onde for, non achaba ninguén para me soster senón o Sebastià, para a miña desgraza. E agora xa

teño o Manelic que me dá folgos, porque aínda que el non me queira, eu sostéñome nel. Se ao ir á

igrexa o facía á forza, ao saír, con todo e a mágoa que me arrastraba por dentro, eu dicíame, sen mo

querer dicir, que aquel home era o meu marido, unha cousa miña, miña, que pobriña de min, aínda

non tivera nada que fose meu na terra!

TOMÀS

Mais o Sebastià un día ou outro vai aparecer no muíño e volverás ser a muller sen folgos...

MARTA

Page 65: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Ai, non, por Deus que non veña!

TOMÀS

E se llo contases todo ao Manelic?

MARTA

Oh!... Como se din estas cousas? (Avergoñada.) Eu, Tomàs, non quero perdelo.

TOMÀS

Ao fin e ao cabo vaino saber polos outros, que el pregunta.

MARTA

Coido que volve! Tomàs, déixeme e... rece por min, como se fose a súa filla! Non! Desculpe!

TOMÀS

Dío, si, dío, como se foses a miña filla, que te fixeron ruín, que ti, pobriña, non o eras, nin o es,

vaia! Vamos!

MARTA

Tomàs!

TOMÀS, beixándolle a testa.

Toma e toma, porque o Noso Señor te faga unha boa rapaza! (Séntense voces por fóra.)

MARTA

Son as veciñas! Non as quero ver! (Vaise.)

ESCENA V

TOMÀS, PEPA, ANTÒNIA e despois JOSEP, NANDO e PERRUCA.

PEPA, desde a porta.

Mira o Tomàs como chora!

ANTÒNIA, idem.

Ai, que tenro o ermitán!

TOMÀS

Page 66: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Foi o fume que fixo esta, que nin sabe acender o lume, a... a coitada!

PEPA, entrando e Antònia detrás.

Entra, Antònia, entra. Agora non nos van botar. Como o Monseñor, por orde do amo, pasou por

todas as casas dicindo que ninguén se achegase ao muíño sen levar trigo para moer...

TOMÀS

Daquela ídevos antes de que vos boten.

PEPA

Ai, Señor! Non o sentes, Antònia?

ANTÒNIA

Botarnos a nós!

JOSEP, desde fóra.

Xa estou aquí.

PEPA, rindo.

Entra! Entra!

JOSEP, entrando cun saco de trigo ao lombo.

Traemos trigo para moer!

NANDO, idem, idem.

Que Deus vos garde. (Virándose para fora.) Ei, ti, de présa!

(Entra Perruca tamén con trigo.)

ANTÒNIA

Nunca nos levan a lado ningún!

TOMÀS

Soas estas dúas ármana!

JOSEP, ás mulleres.

E non nos custou pouco dar con este trigo! Non había en ningures.

PERRUCA

Na casa gardábano para sementar.

JOSEP

Page 67: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Logo o Manelic ou a Marta non saen por isto?

(Polo trigo.)

TOMÀS, aparte.

Eu deixo estes laretas aquí.

(Querendo saír.)

PEPA, deténdoo.

Agarde, Tomàs. Queriamos saber como quedou o do casamento dos de aquí. Non demos quitado

nada en claro.

TOMÀS

Pois quedou... moi ben. Adeus!

PEPA

Non, home! Verá, ao Manelic xa o andamos a atusmar e, mire, nada. Virou tan seco que parece

outro.

ANTÒNIA

Conte, vamos, Tomàs!

JOSEP, e os outros.

Vamos, Tomàs!

TOMÀS

Pois diréivolo todo. Mais vixiade que non escoiten.

(Baixiño e chocalleiro. Todos corren a axexar por todos os lados e voltan.)

PEPA

Ti, mira alá. Alá, Antònia! Para onde vive todo o mundo!

JOSEP

Non nos senten!

ANTÒNIA

Fale agora.

TOMÀS

Pois unha vez San Miguel deulle a teima de facer quedar mal ao diaño, que dicía que todas as

mulleres eran súas. San Miguel foi polo mundo na procura dunha... dunha... que non fose nada

Page 68: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

murmuradora, porque se fose un pouco xa non se conformaba.

PEPA, resentida.

Vaia, abonda. Xa lle entendo.

ANTÒNIA

Fóra!

JOSEP

Deixádeo falar.

TOMÀS

Se non me escoitades non saberedes nada. Agardade. (Despois de lixeiras dúbidas tranquilízanse.)

Velaquí o pobre San Miguel vaise cansar de cruzar o mundo, que, fillas de Deus, todas falaban!... E

canso como estaba, velaquí o San Miguel sentou á beiriña dunha aira e á outra banda da aira había

un grupo de mulleres tomando o sol. E ao ver aquelas mulleres, elas fóronse alporizando,

alporizando: unha que se era un bébedo porque tiña a cara moi encarnada e brillante; outra que se

era un ladrón e todo o que levaba bonito era roubado; e outra dixo que ela o vira saír a noite pasada

da igrexa; e outra que o vira rebentar o peto das ánimas; e outra que o traxe que levaba era o mesmo

traxe que o do San Miguel do altar, que ficara tan espido como o mesmo demo que tiña aos pés.

Podedes imaxinar o noso San Miguel como choraba e como lle tremían as ás da mágoa. Non

sabedes? Non todo foron mágoas, non, que alí estaba unha velliña que nin abriu a bico para

murmurar, que ela máis nada ollaba para o San Miguel e sorría con dozura. (Demostración de

satisfacción das mulleres, que van interromper a Tomàs. Mais este continúa.) E aquela mesma

noite, cando aquela pobre vella xa estaba ben adormecida na súa cama, apareceuse San Miguel, e,

envurullándoa co lenzol e coa colcha, levou a velliña, que nin un chío deu do espantada que estaba.

E levouna primeiro campo a través e despois covas a dentro até unha que era máis grande e estaba

chea de fornos e zafras e de demos que alí traballaban. E el todo alegre e satisfeito, presentou a

velliña, só para que a coñecese o demo máis grande de todos os demos: que aquilo era o inferno! E

sabede que aqueles demos batían sen nunca parar naquelas zafras tan grosas e ardentes? Pois alí

batían as linguas daquelas mulleres, que as levaban como unha cana para fóra. E batíanlles e aínda

lles están a bater por lerchas e murmuradoras. (Pepa e Antònia revóltanse, os homes axudan

ríndose delas.) Si, si, por lerchas e murmuradoras! E aquí sodes curiosas e enredadoras e laretas!

(Tomàs vai camiñando para a porta.)

PERRUCA, ás mulleres, rindo.

Tornádeo agora, tornádeo!

Page 69: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

JOSEP, burlándose delas cos outros homes.

Iso foi por vós.

ANTÒNIA

Tomàs, nós somoslle coma aquela que non dixo nada.

TOMÀS

Aquela velliña non dixera nada, nin podía dicir, porque nacera xorda e muda!

(Sae. Eles rin. Elas enfurécense.)

ESCENA VI

PEPA, ANTÒNIA, JOSEP, NANDO, PERRUCA e despois MANELIC.

ANTÒNIA

E agora! Mira que graza!

PEPA, satisfeita.

Ah! Xa o dicía eu. Se esa pechase o bico!

JOSEP

El riuse abondo de nós!

PEPA

Vós axudástesme! Eu sacaríalle todo, crédeme, que el moito sabe, porque a Marta fuxiu cos ollos

cheos de bágoas.

NANDO

Agora só faltaba que despois de mercarmos todo este trigo non o aproveitemos.

ANTÒNIA

Calade. O Manelic! (Continúan a parolar.) Que o Manelic está aquí! (Calan todos.)

PEPA

A ver o que di ao vernos.

(Apártanse todos a un lado.)

Page 70: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MANELIC, entra sen ver a ninguén. Aparte.

Eu aquí non vou agardar nin un día máis! Din que volve hoxe o amo. Quedo ben con el e morra o

conto, para as miñas montañas e a morrer só de rabia e de pena!

ANTÒNIA, escarnecéndoo a media voz.

Ups!... A cabriña!...

MANELIC, con noxo. Aparte.

Esta xente aquí!

JOSEP, risoño.

Manelic, santos e bos días!

MANELIC

Que queredes?

PEPA

Non vimos a murmurar, non, como di a... a túa muller, que vimos a moer. Mira para aquí.

PERRUCA

Seica o muíño non leva auga?

MANELIC

Non o sei! (Repensándoo) Por auga non hai queixa! Xa podedes botar o trigo na moa.

(Perruca leva o trigo ao alpendre e volta.)

PEPA

Manelic, coido que hoxe tes mala cara.

MANELIC, rindo irritado.

Mala cara hoxe, eh? Ti iso non o podes dicir, porque ti sempre a tes.

(Rin os outros.)

JOSEP

Se cadra tes morriña do rabaño?

PEPA

Xa ten a Marta, mais... ela ben se coida soa.

MANELIC

Page 71: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Ti que lle tes que reprochar a Marta?

PEPA

Ai, ai! Nada, home, nada, era para te alegrar. Como é a túa muller!

(Rin todos medio disimulando.)

MANELIC, ao velos riren, el ri forte e nervioso.

Ah, si, rimos! Por que calades agora? Ride todos! Decontado!

(El ri de novo sen poder conter a carraxe. Pepa quere rir descaramente e Josep faina calar.)

JOSEP

Cala, muller!

MANELIC

E por que ten que calar? Por que? (Rin agochándose.) E por que vos agochades para rir?

PEPA

Nós máis non rimos!

ANTÒNIA, rindo.

Non rimos, non!

MANELIC

Rides, si que rides, que mesmo tendes as fazulas encarnadas e non por vergoña, lurpias, que non

tendes miga de vergoña!

JOSEP, achegándose a el.

A miñas irmás iso!

MANELIC

Si, a túas irmás, díxenllelo, eu, eu, e que queres agora?

(Fitando para el e aproximándose.)

PEPA, ficando diante dos homes.

Dínolo a nós porque xa é tarde para llo dicir a Marta.

(Pepa foxe. El corre atrás dela sen agarrala porque Nando se pon diante.)

MANELIC, a Pepa.

Mal raio te parta!... Por que é tarde para llo dicir a ela? Por que?

Page 72: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NANDO, queréndoo calmar.

Manelic!

MANELIC

Que fale alguén! Quen é o que fala? Quen de vós? Acabou a risa nesta casa. Latricade agora!

(Agarrando a Josep.) Ti, o irmán máis vello, de que riades esta tarde aquí e na ermida? Rídesvos

diante de Deus! Fala! Fala!

(Reméxeo, téndoo agarrado por un ou dous brazos. As mulleres aterrecidas corren dun lado a

outro.)

PEPA

Marta! Marta!

MANELIC, deixando a Josep e indo onda Pepa.

Non, a Marta non. A min, que quero que fales!

PEPA

Toleaches?

(Antònia berra.)

MANELIC, agarrando polo pescozo a Pepa.

Estou tolo, si. Mais teño fame e sede de que mo digas!... E se non, aquí mesmo!...

(Tentando esganala.)

NANDO

Manelic!

PEPA

Pregúntallo ao Candeal!

MANELIC, deixando de súpeto a Pepa.

Ao Candeal!...

JOSEP, a Perruca.

Este está doente!

PERRUCA

Eu non volto aquí!

MANELIC, como volvendo en si.

Page 73: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Dixeches ao Candeal? Mira, por caridade, escoita! Non, non fuxas! Dimo todo! Ti falaches do

Candeal!?...

NANDO, para que non fale.

Non, Pepa!

PEPA

Non, se eu non...

(Non sabe como se escusar.)

MANELIC

Perdóame todo e dimo! (Volvendo con enerxía e bravura.) Fala! Polo Noso Señor, fala! (Outra vez

furioso.) Maldita!

PERRUCA

A Marta está aquí.

ESCENA VII

MARTA, MANELIC, PEPA, ANTÒNIA, JOSEP, NANDO e PERRUCA. Marta apartou a cortina e

permanece quieta.

MANELIC, sentando abatido. Aparte.

Ah, meu Deus! Eu non podo vivir! Agora si que non podo vivir!

MARTA

Aquí que queredes?

JOSEP

Vimos a moer, o Monseñor díxonos...

MARTA

A moa está alá fóra.

PEPA

Verás, como non tiñamos présa.

Page 74: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MARTA

Moi ben, si, liscade, que aquí non tendes que facer.

(Saen murmurando a media voz. Levan o trigo que xa pousaran na porta.)

ESCENA VIII

MARTA e MANELIC.

MANELIC, sentado lonxe da mesa. Aparte.

O Candeal? O Candeal!... Logo aquel home era o Candeal?

MARTA, pondo a mesa dun lado. Aparte.

Que mágoa dá mirar para el! E agora a xantar coa amargura encerrada aquí dentro!

MANELIC, aparte.

Xa o podía imaxinar, era o Candeal! (Erguéndose e indo cheo de nervios pola escena.) Non sei o

que fixen que non entrei no cuarto dela para degolar aquel home! E despois a ela! A ela! (Pausa.)

Pts! Quíxome a Marta para isto, porque xa vía que eu non me ía desquitar! (Volveu sentar.) Aquela

noite non o fixen porque eu no mal... nin tan sequera acreditaba! Agora si, agora si, que xa me

contaxiaron todas estas miserias da terra baixa!

MARTA, aparte.

Como facer para falar arreo con este home e que el me fale! Como! Que eu non o quero sempre

calado cabo de min, desprezándome! Quero que me castigue! E me arrastre pola terra! E que me

trate como unha cousa súa! (Gritándolle con medo.) Manelic!

MANELIC, como se non a sentise. Aparte.

Sentíndoa, quen diría que non fose unha rapaza a que fala!

MARTA

Manelic!... Que... o xantar está na mesa.

MANELIC

Ah, si, o xantar. O xantar. (Aproxímase á mesa e comeza a cortar pan. Marta entre tanto foi á

lareira. Aparte.) Que non custa nada, non, degolar un home! E a ela... a ela menos!... (Tópase co

Page 75: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ollar de Marta que volta.) Se ela non me miraba! Ah!

(Lanza o coitelo sobre a mesa.)

MARTA

Bótate ti, Manelic.

(El bótase, despois ela. Pausa, xantan.)

MANELIC, aparte.

Quen me dese ser un lambón como alá arriba! Porque os lambóns non sofren. Non me dá pasado

nada por aquí dentro!

MARTA, baixiño.

Ai, meu Deus! Axúdame!

MANELIC, aparte.

Pts! Que lle axuden!

(Vai falar e detense.)

MARTA

Que? Fala! Que ías dicir?

(Vai cara a el.)

MANELIC, apartándoa co brazo.

Nada, nada, aparta!

MARTA

Fala unha vez na túa vida! Pídocho eu por...

MANELIC, sarcástico.

Por quen mo pides?

MARTA

Por... por...

MANELIC

Por... el? Por quen? (Á espera de que llo diga.) Que noxo me dá esta muller! Eh! Fártate ti soa!

(Levántase.) Eu volto para as miñas montañas!

(Vai cara á porta.)

MARTA

Page 76: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Non, Manelic, non! Escóitame!... e perdóame!

MANELIC, moi alporizado.

Que te perdoe? Deus me valla!... Eu que che fixen? Fala! Por que tiñas que enganarme a min? Por

que?

MARTA

Porque eu non era ninguén! Que non tiña vontade e obedecía! E nunca te vira! Nin te amaba! Nin

sabía o que era ter cariño por alguén!

MANELIC

Daquela por que casaches comigo e non casaches con aquel home (Alporizado sempre.) Que eu non

sei por que e consúmome e toleo por sabelo! (Correndo onda ela.) Por que? Por que? Respóndeme!

MARTA

Ah, iso non! Iso non! Que ti me ías aborrecer aínda máis do que me aborreces!

MANELIC

Aborrecerte? Matarte é o que tiña que facer eu, que é o único que mereces!

MARTA

Oh, si, matarme, si, iso é o que desexo!

MANELIC

Non, non, antes voume. Voume de aquí para sempre!

MARTA, rabiosa por paralo.

Non che presta falar comigo! Non, non, non ouses! (Indo atrás del desesperada.) Tesme medo,

tesme medo a min! Covarde! Medo! Medo!

MANELIC, parándose.

Que... Que eu teño medo?...

(Ao se deter, ela muda de súpeto chorando porque fique.)

MARTA

Fálame! Insúltame! Báteme! Mais non te vaias!

(Abrázase aos seus xeonllos laiándose.)

MANELIC

Déixame ir que isto é un pozo de miserias! Eh! Déixame!

Page 77: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

(Desprendéndose dela e indo para a porta. Ela cae apoiándose cun brazo na terra.)

MARTA, por o deter, rabiosa, rindo e chorando.

Si, si, co que eu te amo! (Axeonllada avanza cara á porta.) Eu enganeite! E ti non me castigas!

(Manelic detense.) (Aparte) Non se vai, non! (Alto, suplicando.) Manelic! (El, que dubida, vai saír.)

E son toda do outro!... E de ti non son, non o son!

MANELIC, voltando atrás, ameazándoa co puño.

Que cales! Cala! Cala!

(Marta érguese.)

MARTA, satisfeita de que el non se vaia.

Eu enganeite e estou contenta de te enganar! E mira, ríome de ti, coma todos, mira! (Ri como unha

tola.) Río, si, si! E aínda ando á espera do outro!

(El corre cara á mesa e agarra un coitelo.)

MANELIC

Polo que máis queiras, aquí mesmo!...

MARTA, correndo a agarralo do brazo esquerdo.

Enganeite, si! Aínda te engano! Aínda vai vir o outro!

(Ceiba unha gargallada salvaxe.)

MANELIC, levantando o coitelo.

Voute matar!

MARTA, rindo e chorando.

Mátame! Mátame! A que non me matas!

MANELIC

Que estou a facer! Non podo, non!

MARTA, reafirmándose ao ver que se aparta.

Ah, covarde! Ben se ve que viñeches polos cartos!

(Agarrándose a Manelic para que a fira.)

MANELIC

Logo toma! Maldita!

(Feríndoa nun brazo.)

Page 78: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MARTA

Ah! (Satisfeita.) Por fin!

MANELIC, guindando o coitelo con espanto.

Oh, meu Deus! Que fixen!

MARTA

É sangue! Sangue meu! E fuches ti!... (Sosténdose na mesa.) Oh, que gusto! Río! Mira como río! E

agora río de alegría!

MANELIC

Maldito sexa! Maldito sexa cen veces, que son como as bestas salvaxes!

(Permanecendo sentado nunha cadeira e fregando a cabeza entre as mans.)

MARTA, correndo onda el e caendo de xeonllos e abrazándoo.

Non, non! Dígoche que estou contenta! Se eu quero que acabes comigo! Que quero que me mates!

Vamos!... Aquí... dentro do peito!

MANELIC, queréndose apartar con terror.

Non! Non! Déixame!

MARTA, chorando, sen deixalo apartarse.

Eu non quero vivir desta maneira! (Ela vaise apoderando do corazón de Manelic.) Eu fun contigo a

muller máis miserable do mundo e iso non o podo desfacer!... Nin a miña vida pasada tampouco,

que non hai folgos dabondo para o desfaceren! (Con desesperación.) Vamos, vamos, que mentres

quería vivir non tiven valor para che dicir o que fixen e o que consentín, e agora que me vas matar,

agora voucho contar todo, agora!

MANELIC, que a quixo interromper.

Conta! Si! Conta!

MARTA, laiándose rabiosa.

Tratáronme como un croio dos camiños, que se lle dá cos pés para rodar! Mátame! Mátame!

MANELIC, segurándoa, chorando.

Marta! Ai, Marta!... Se eu non te podo matar, non, porque te amo, Marta! Ámote! E amábate desde

alá arriba. Ao subires, eu era unha presada de neve que se fundiu ollando para ti. E ameite aínda

máis ao vir encontrarte, malpocado, baixando a saltos, como a auga dos cumes a se xuntar coa auga

do mar, que seica se amarga! Que sexa amarga, que o sexa, ela atráeme coma ti me atraes a min,

Page 79: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

porque eu te desexo e te amo, Marta! (Ela tenta desprenderse del con enerxía, brigando.) E agora

máis, agora máis, por... porque non sei o porqué, tanto me ten sabelo! Porque talvez me enganaches,

porque sentín a calor do teu sangue, porque todo eu respireite toda! E mira, para min non hai leis de

aquí abaixo nin nada que me deteña, que os lóstregos e os refachos me fixeron libre, e eu quero,

porque o quero, bicarte e roerte até a alma, e apertarte nos meus brazos afogándote neles,

confundindo nun devezo furioso a morte e a vida, como un home e como unha fera, que son e quero

ser sempre home e fera, todo xunto, todo, contra ti e contigo, e contra todos, todos os da Terra. (El

tena nos seus brazos medio desmaiada. Olla cara ao lado da cortina e lévaa axiña ao outro lado

nos seus brazos.) E agora que ma veñan coller! Arre demo! Que veñan! Que veñan!

MARTA

Meu Deus!

MANELIC

Marta, es miña!

(Achegándoa nos seus brazos e queréndoa bicar.)

MARTA

Non! Non!

(Sen o consentir e fuxindo del.)

MANELIC

Marta?!

MARTA, resolta.

Non, perdoarme así, non! Que ti me perdoas porque aínda non o sabes todo. Cando chegue o

momento, valo saber e por min mesma. E despois o que Deus quixer!

MANELIC

Sabelo, si, mais non aquí abaixo, Marta, que o ceo se cubriu co bafo de tantas miserias e Deus non

te ía ver a cara cando falases.

MARTA

Daquela alá arriba e agora mesmo!

MANELIC

Vaiamos, si, que alá se perdoa todo, que non é como aquí abaixo, onde todo se corrompe. Que

noxo! (Levándoa.) Alá arriba, Marta, mesmo se conservan os corpos na neve. Vese o que van facer

Page 80: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

as almas!

MARTA

Oh, vaiamos, vaiamos decontado!

(Van saír.)

ESCENA IX

MARTA, MANELIC, MONSEÑOR, despois SEBASTIÀ.

MONSEÑOR

Que novas temos por aquí?

MARTA, aparte.

O Monseñor! Oh, meu Deus!

MANELIC

Oh, chegou a tempo, abofé! Oia, dígalle ao amo que lle devolvo o muíño, e... que moi agradecido,

Monseñor. E... chega, que, vaia, que me levo o que é meu. Vamos, Marta.

MONSEÑOR, sen o entender.

Mais... que é o que levas?

MANELIC

Falei ben claro, levo á Marta.

MARTA, aparte.

Acabouse, si.

(Vai saír.)

MONSEÑOR

Todo iso dicídello ao amo, que xa voltou.

MARTA

O Sebastià está aquí! Oh, vámonos!

(Ela vai saír. Manelic, sen a entender, séguea. Monseñor ri sarcástico. Ao chegar ela á porta

Page 81: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

tópase con Sebastià.)

SEBASTIÀ, rindo satisfeito.

Xa te pillei! Míraa, Monseñor, que saía a recibirme!

(Marta retrocede. Monseñor continúa irónico.)

MONSEÑOR

A recibilo, e logo!

MARTA

Manelic, non te apartes!

SEBASTIÀ, que non comprendeu nada.

E ben contento que veño, Marta! Porque acabo de arranxar o meu casamento e esta mesma tarde

chega o pai da miña prometida a dar unha olladela por aquí.

MARTA, aparte.

Ai, Deus!

SEBASTIÀ, a Monseñor.

Que ten esta?

MONSEÑOR, rindo.

Pregúntalle.

MANELIC

Axiña llo digo eu, voume coa Marta.

SEBASTIÀ, correndo onda ela furioso.

Marta, que está a dicir este home! Respóndeme! Que me respondas!

MARTA

Que nos imos!

SEBASTIÀ

Marta! Marta! Que ti te vas con el! O demo te coma!

(Agarrándoa por un brazo e sacudíndoa.)

MANELIC, interpóndose.

Amo! Que fai, amo? Que é a Marta!

Page 82: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

SEBASTIÀ, a Manelic.

Ti que estás a pensar? Eu dispoño disto! Eu, eu dispoño!

MANELIC

É miña! É a miña muller!

SEBASTIÀ, rindo irónico.

Túa? A Marta túa!

MARTA

Son, si!

SEBASTIÀ

Marta!

MARTA

Todo acabou, todo!

(Agarrándose a Manelic.)

SEBASTIÀ

Monseñor, que veñan aqueles e que me saquen este home de aquí!

(Monseñor vai á porta do alpendre e chama por todos.)

ESCENA X

MARTA, MANELIC, SEBASTIÀ, MONSEÑOR, PEPA, ANTÒNIA, JOSEP, NANDO, PERRUCA e

outros.

MANELIC

A min? E por que me teñen que sacar a min?

SEBASTIÀ

Porque aquí, como antes, eu son o amo. De ti e de todo e dela! Dela!

MARTA

Non o escoites! Vámonos, Manelic!

Page 83: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MANELIC

Vámonos!

SEBASTIÀ

Ti vala levar! Oh, toma! Por renegado!

(Dálle unha labazada a Manelic.)

MANELIC, furioso.

Ah! A min!

MARTA

Manelic! (Con tristeza, despois con ira.) Manelic, zoupouche! Víngate!

MANELIC, chorando furioso.

Oh, que carraxe! Mais el é o amo!

MARTA

Non é o amo, non, que el me perdeu. A min! El! El! É a miña deshonra!

MANELIC, a Sebastià.

Vostede! Oh!... Ti! (Índose botar encima furioso.) Ladrón! Bandido! Ladrón! Ladrón!

MONSEÑOR, aos labradores que conteñen a Manelic.

Sacádeo!

JOSEP, cos outros.

Correde! Ao amo!

MANELIC

Voute matar!

SEBASTIÀ

Sacádeo! Para fóra! Como un can rabioso!

MANELIC

Quero a súa vida! Quero a súa vida!

SEBASTIÀ, indo onda Marta.

E esta, miña para sempre!

Page 84: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MARTA

Manelic!

MANELIC

Non! É miña! Ladrón! Logo hei de atoparte, logo hei de atoparte, ladrón!

(A xente saca a Manelic fóra e Sebastià suxeita a Marta.)

PANO

Page 85: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Acto Terceiro

Page 86: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ESCENA I

A mesma decoración dos actos anteriores. É cara á tarde.

JOSEP, NANDO e despois PERRUCA. Ao se levantar o pano, están sentados e tristes.

JOSEP

Estou preocupado, Nando, creme, estou preocupado.

NANDO

Non berres, que te pode sentir a Marta.

JOSEP

Fixémola boa.

NANDO, alzando a voz.

Fixemos e non sei como non nos dá vergoña.

JOSEP

Non bourees, a Marta precisa acougo.

NANDO

Ai, tes razón! (Pausa.) Non tiñamos que ter feito aquilo de axudar a sacar o Manelic.

JOSEP

Se non apartásemos ao Manelic, coa arroutada que lle deu, pobre do Sebastià!

NANDO

Home, separalos... claro, mais non sacalo como un can do muíño e da súa muller. Mira, o demo me

leve, eu ao pé do Sebastià xa non aturo máis. E deixa que entre o Sebastià, que eu vou falar sen

cancelas.

JOSEP

Eu tamén quero falar sen cancelas e se o toma a mal que o tome.

(Josep vai ollar para o alpendre.)

NANDO

O Sebastià aínda está aí fóra?

JOSEP

Page 87: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Está co Monseñor. E pasea pola aira de arriba a abaixo!... Ben se ve que a rabia o come.

PERRUCA, entrando canso.

Xa cheguei, corrín todo o tempo á ida e á volta.

NANDO

Conta, home.

PERRUCA

E aínda me di o amo que fun a paso de boi. Por que non foi el se tanto lle bulía?

JOSEP

O amo a onde che fixo ir!

PERRUCA

A que avisase a garda civil de que había un rapaz, que el botou fóra e que se chama Manelic e que o

busquen e o vixíen, porque o rapaz, cando esta tarde o botamos do muíño, lle xurou ao amo que lle

ía dar morte. Eu sentinllo dicir.

JOSEP

Ti dixécheslle iso á garda civil?

PERRUCA

Dixen, si, de parte do amo.

NANDO

Estás aviado! Farante ir declarar e fecharante co xuíz...

JOSEP

E farante xurar diante dun Cristo e, ai de ti, se te enganas ou te tropezas que vas para a prisión!

PERRUCA

Pois eu dixen que vós tamén estabades e que o sentirades...

NANDO

A min non me enredes! Eu non sei nada diso!

JOSEP, angustiado.

E eu non estaba alí, eu estaba... Que non, señor, que eu non estaba alí!

PERRUCA

Page 88: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Galiñas, máis que galiñas! Que vós non estabades cando o dixo Manelic? Pois eu tampouco!

ESCENA II

PERRUCA, NANDO, JOSEP, PEPA e despois ANTÒNIA.

PEPA, vén do cuarto de Marta.

Que facedes? A Marta quixo descansar un pouco!

NANDO, volvendo baixar a voz.

E como se atopa, como?

PEPA

Eu moito ben non o sei, non podo saber nada de certo. Pregúntolle e ela tan axiña chora como se

alporiza, mais a min non me responde.

JOSEP

E a ti que che parece? Como vai acabar todo este enredo?

PEPA

Como vai acabar, como vai acabar?... Pode acabar de moitas maneiras.

NANDO

Eu de ti preguntáballo á Marta.

PEPA, berrando.

Que che digo que non me responde!

ANTÒNIA, vén do cuarto de Marta.

E agora, Pepa! Que berras, muller!

JOSEP

Antònia, que pensas de todo isto?

ANTÒNIA

Morreu o conto, unha vez fóra o Manelic, a Marta voltará co Sebastià. E o outro, mira, a tornarse

Page 89: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

unha besta de novo e a coidar das cabras.

PEPA

A Marta non vai poder ver o Sebastià nunca máis, que iso o sei eu. E o Manelic, ao se ir, dixo ben

claro que se ía vingar.

PERRUCA

Nós destas cousas nada sabemos.

NANDO

Nada, nada. Non sentimos nada.

JOSEP

Nós non sabemos nada. Nadiña.

(Isto deben dicilo os tres case xuntos.)

PEPA

Eu volto cabo dela. A ver se o conta todo na próxima arroutada.

(Vaise.)

JOSEP

Calade, calade, que vén o Sebastià.

NANDO

Fagámonos os desentendidos.

ANTÒNIA

Eu fuxo.

(Vai para o cuarto de Marta sen acabar de desaparecer.)

ESCENA III

SEBASTIÀ, JOSEP, NANDO, PERRUCA, ANTÒNIA e despois PEPA. Escurece pouco a pouco.

SEBASTIÀ

Page 90: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Antònia!

(Non repara nos homes que están ao outro lado.)

ANTÒNIA

Eu ía facerlle compañía.

SEBASTIÀ

Chamei por ti! (Ela teima en fuxir.) Non me sentiches chamar! (Antònia detense.) Ela como está?

ANTÒNIA

Na cama a chorar.

SEBASTIÀ

Dille que saia, que estou a agardar por ela.

ANTÒNIA

Corro.

(Vaise.)

SEBASTIÀ, aparte.

E o pai da outra aínda está por chegar á masía! Cando todo estaba amañado, só faltaba que agora o

estragase ese bandido! (Reparando nos homes. Alto.) Ola! Estades aquí? Xa vistes o Manelic!

Despois de o sacar da miseria!... Facerlles favores a bestas!

NANDO

Está claro, non se poden facer favores.

(Sebastià continúa a pasear impaciente porque Marta non sae.)

JOSEP, a Nando.

Non dixeches que te ías encarar?

NANDO, a Josep.

Tamén ti o dixeches.

JOSEP, a Nando.

Claro que me vou encarar.

NANDO, a Josep.

E eu, non ves?

Page 91: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

SEBASTIÀ, sentando preto da mesa. Aparte.

E esta é peor ca el, porque o Manelic así a todo... Tiña que telo esperado da Marta!... A

condenada!...

(Josep e Nando están a encirrarse o un ao outro para ir falar con Sebastià.)

JOSEP

Amo...

SEBASTIÀ, dando un golpe na mesa.

Que?

JOSEP

Nada.

NANDO

Agora eu, a ver. (Indo falar co amo.) Daquela... Sebastià...

SEBASTIÀ

Vós axiña sentistes ese ladrón doente cando se tirou encima de min, que se non o tornades...

PERRUCA

Estes, estes.

NANDO

Eles, eles.

JOSEP

Estes.

(Dito polos tres case ao mesmo tempo.)

SEBASTIÀ

Que me mataba, que me mataba!... E ben claro que o dixo, non é, rapaces?

(Impaciente, ollando para o cuarto de Marta.)

NANDO

Estes sentírono.

PERRUCA

Eles, bastante.

Page 92: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

JOSEP

Hoxe ando un pouco xordo...

SEBASTIÀ, aparte.

Esta muller quere acabar coa miña paciencia!

NANDO, a Josep.

Non ousas enfrontarte!

JOSEP, a Nando.

Vas ver, despois ti. Sebastià, que o Manelic... é... valente. Non si, amo? Non é valente?

SEBASTIÀ

Valente? Unha besta e un bandido!

JOSEP

Iso quería dicir, iso.

NANDO, a Sebastià.

Pois eu digo... que un bandido... e unha besta. Non hai volta que darlle.

JOSEP, a Nando.

Non lle vai gustar nada o que lle dixen.

NANDO, a Josep.

E eu con que mala intención, eh?

SEBASTIÀ, aparte.

Concho, que non agardo máis. (Alto.) Marta!

(Indo cara ao cuarto dela.)

PEPA, desde a porta.

A Marta di que agora non pode saír.

SEBASTIÀ

Eu mándolle saír!

PEPA

Está moi confusa, de verdade, amo... E, vaia, que agora non quere saír.

Page 93: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

SEBASTIÀ

Logo á forza, tráea a rastras!...

PEPA

Pois...

SEBASTIÀ

Deus me valla!... Tráema ou se non!...

(Ameazándoa, Pepa foxe dentro.)

JOSEP, aos outros, índose.

Habemos de estar mellor fóra.

NANDO, saíndo.

É mellor non complicarse, que aínda se vai desafogar connosco.

(Saen con Perruca, ficando no alpendre.)

ESCENA IV

SEBASTIÀ e MONSEÑOR.

SEBASTIÀ, aparte.

Hoxe seica todos teiman en verme perdido! Entón xa que ela non me...

(Apartando a cortina do cuarto de Marta para entrar.)

MONSEÑOR, entrando de présa.

Sebastià, xa me ten aquí outra vez.

SEBASTIÀ

Vés da masía? Que novas traes?

MONSEÑOR

Na súa casa están a acontecer cousas ben graves.

SEBASTIÀ

Page 94: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Aínda hai máis para min! Se hoxe non viro tolo, non hei virar nunca. Fala.

MONSEÑOR

Pois nada, chegou o pai da súa prometida.

SEBASTIÀ

Mal raio o parta! O asno xa podía esfragarse pola fervenza das Falconeres!

MONSEÑOR

Por iso debe correr á masía...

SEBASTIÀ

Logo vou, logo, mais non agora... (Monseñor ri.). Que para min esta muller é o primeiro do mundo,

agora e sempre.

(Por Marta.)

MONSEÑOR

Parece mentira! O que era antes e no que se tornou agora!

SEBASTIÀ, furioso.

Vaite! Que te vaias!

MONSEÑOR

Mais... que é o que non entende? Quere perderse de todas as maneiras? O home xa sospeita todo o

de aquí dentro, que todo o do casamento da Marta foi unha comedia, que por ciúmes trouxo ao

Manelic a esta casa!... Sebastià, Sebastià, que este home fala de desfacer o casamento con súa filla!

SENASTIÁ

Vai alá, vai. E entreteno e tenta enganalo.

MONSEÑOR

Ía baixar aquí ao muíño e, se chega, todo está perdido!

SEBASTIÀ

Entón, vamos, vamos, que eu non quero ser pobre e agora menos, por ela.

MONSEÑOR

Grazas a Deus, home! (Berrando polos do alpendre.) Vós!

SEBASTIÀ

Page 95: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Estade aquí fóra e vixiade o muíño. Que ninguén entre nin saia.

MONSEÑOR

Vamos.

SEBASTIÀ

Vamos, si. E eu volto decontado. Decontado volto. (Vanse precipitadamente.)

ESCENA V

JOSEP, NANDO, PERRUCA, traballadores que non se moverán do alpendre, despois PEPA e

ANTÒNIA, e por último NURI. Escureceu aínda máis.

NANDO, desde a porta.

Sabes que o amo está a tolear?

JOSEP

Eu penso que isto é cousa do demo.

PERRUCA

Eu vou andar cos outros por aquí fóra.

ANTÒNIA, vén do cuarto de Marta

Déixaa, Pepa, déixaa! Eu non estou máis con esa túzara!

PEPA, saíndo do cuarto.

Éche tan revirada!... Ai, que noite se fixo!

(Acende unha luz sobre a mesa)

JOSEP

Que non quere vir! Non é, Antònia?

ANTÒNIA

Que non sae!

Page 96: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

PEPA

Eu preguntáballe... cousas, para a distraer, e ela cunhas maldicións e un xenio que eu non llo aturo

máis. Isto tan fácil non se explica.

ANTÒNIA

Ai, si, si, ímonos ir á casa.

(Séntese chorar a Nuri ao lonxe.)

JOSEP

Nós non nos podemos mover até que o Sebastià veña.

NANDO

Non o sentides? Seica alguén chora.

JOSEP

Choran, si.

NURI, entra chorando.

Eu xa me fartei de estar soa na casa! Que eu non quero estar máis na casa!

PEPA

Ven, Nuri.

JOSEP

Ten razón a Nuri.

NURI

Desta coitada xa non vos lembrades! E... escurecía e eu non tiña por que estar toda soíña!

ANTÒNIA

Por que non te pechaches?

NURI

Xa me pechei! E, ai, que cando aínda o penso teño medo daquel medo que tiña! E, ai, que ao vir

parecía que corrían detrás de min! E, ai, que estou derreada de correr!

(Chorando fatigada.)

PEPA

Cala, muller, e acouga.

Page 97: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI

Eu non podo calar, que vos teño que contar o susto que tiven, que aínda tremo.

JOSEP

Que foi?

NURI

Cando estaba a quencervos a cea, sinto como unha voz moi fonda, moi fonda que vén non sei de

onde e que dicía: “Nuri! Nuri!” E dicíao cunha voz que semellaba saír dun pozo. Eu boto a correr e

pecho a porta de fóra, e outra vez máis lonxe aínda... “Nuri! Nuri”, se non fose dalgunha alma en

pena, eu diría que era a do Manelic que berraba e sufría! (Como se o lembrase, faino ela mesma.)

“Nuri! Nuri!” (Espantada.) Ai, se aínda me arrepío!

NANDO

E despois que aconteceu?

NURI

Despois... nada. Ah, si. O pote que fervía, fervía, e non sentín máis nada, e eu pillei un medo aínda

máis grande de só sentir o pote! E cantando fun até a porta e abrina de vez. E cantando corrín até

aquí. (Canta un momento baixiño.) “Nuri! Nuri!” Ai, que medo! Ai!

(Dando un berro horrorizado, corre a apertarse a Pepa.)

PEPA

Carai, muller, que a min tamén me asustaches!

NURI, de súpeto.

Onde está a Marta?

PEPA

Non está moi ben.

NURI

Non? (Pensativa.) A pobriña! (Ollando para todos que están tristes.) E vós tendes unha traza...

como se estivésedes tristes.

PEPA, facéndose forte.

Tristes, si!

(Todos rin á forza. Volve entrar Perruca.)

Page 98: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI

Que maneira de rir tendes!... (De súpeto.) E onde está o Manelic?

PEPA

Oh, por aquí debe andar.

NURI

Onde?

NANDO

Si, si, anda por aquí.

ANTÒNIA

Ha de estar durmido.

JOSEP

Si, debeu adormecer por aquí.

NURI

Dicídesmo todo dun xeitiño...

PEPA

Como queres que cho digamos?

NURI, aos homes

E por que non imos para a casa?

JOSEP

Agardamos polo... que nos dixo que agardemos.

NANDO

Polo Sebastià, que quere que vixiemos e... (Os outras fanlle acenos para calar.) máis nada.

NURI

Que vixiedes? O que?

JOSEP

Oh, cousas! Non sabes? Cousas.

(Todos o din.)

Page 99: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI, desata a chorar.

Ai, meu Deus, que non sei o que pasa! (De súpeto vai mirar ao cuarto da dereita.) Eu quero ver o

Manelic! (Todos falan baixiño desafiándose.) Non está! (Gritando.) Marta! Manelic!

(Quere ir ao cuarto de Marta)

PEPA, sen a deixar pasar.

Non grites!

ANTÒNIA

Onde vas?

NURI

Eu quero velo! Quero velo!

NANDO

Cativa!

NURI

Pois vou chorar de novo! Que me entran ganas de chorar! Que ao Manelic lle pasou algunha cousa!

(Quérena facer calar.)

PEPA

Muller!...

NURI

Se cadra xa está morto! Matástelo vós, ao malpocado faciádelo encabuxar de máis! Miserables, que

non tendes corazón, non. E, ai, que meus irmáns son uns miserables, pobre de min, que son uns

miserables!

(Quixeron facela calar e acaban por baixar a cabeza avergoñados.)

NANDO, aos irmáns.

Nós só obedecemos o amo e non lle fixemos mal ningún.

JOSEP, id.

Botámolo da casa porque o mandou o amo. E estamos arrepentidos.

NANDO

De todo o estamos, de todo.

(Os outros tamén o din a media voz.)

Page 100: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI

Si? Pois entón ha de volver. Ai, que contenta estou! E agora vou chamar por el até que rebente

gritando e veredes como volve.

JOSEP

Que dis!

PEPA

Acouga aquí.

NURI, querendo saír.

A min agora o Manelic non me pon medo! (Todos a paran.)

PERRUCA

Nuri!

NANDO

Que o amo non o quere!

NURI

Mais vós si, deixádeme!...

(Foxe deles e vai saír.)

JOSEP

Que non grites!

PEPA

Aquí, Nuri!

ESCENA VI

MARTA, NURI, PEPA, ANTÒNIA, JOSEP, NANDO e PERRUCA.

MARTA, desde a porta.

Nuri!

Page 101: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

NURI, indo.

Marta! Marta!

MARTA, abrazándose.

Nuri!

NURI

A pobre da Marta! Sabes o do Manelic?... Botárono como se non fose ninguén, oes!

MARTA

Seino, Nuri, seino. Axúdame a camiñar.

PEPA

Nós habemos de acudirte.

MARTA

Apartádevos. (Chora en silencio.)

JOSEP

Nós só o fixemos por obediencia!... Non sabes?

MARTA

Desgraciados!... Por obediencia tivéstesme sempre teima, a min que nunca vos fixera mal ningún! E

por obediencia rístesvos do Manelic e martirizástelo! Que vos fixera el para o tratardes así? Que vos

fixera el?

NURI

Non chores, non. Que non quero que chores! (Tan axiña Nuri enxuga os ollos como os enxuga

Marta. Os outros están coa cabeza baixa avergoñados.)

MARTA

E agora por que lle prohibides a Nuri gritar? A vós que máis vos dá?... Se o que eu quero é ir con el,

co meu marido, arriba, sempre montañas arriba, até atoparmos un lugar onde a xente non se ría de

nós! E se atopásemos ese lugar e mesmo chegasen as risadas ao bico da máis alta das montañas, e se

alguén de aquí subise alá para se rir dun home porque perdoou unha muller arrepentida que quere

ser de novo honrada, habemos de ir aínda máis arriba, máis, que así o quero eu, e alá onde está Deus

non se rin, non, dos que se aman e perdoan.

NANDO, a media voz.

Page 102: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Que razón ten!

PEPA, id.

Non sei por que iamos facer iso.

PERRUCA

Pobre muller! (Todos tristes e chorosos.)

NURI

Non ves, Marta? Eu coido que choran! Ámante todos! Non é verdade? (Todos din que si coa

cabeza) Ea, ven comigo, encontraraste con el e irédesvos xuntos.

MARTA

Oh, si, iso si, con el! (Vai saír con Nuri.)

NANDO

Iso... non pode ser.

JOSEP

Se non fose polo Sebastià, aínda. Mais o Sebastià non quere...

MARTA

Non ves, Nuri? Non me deixan saír de aquí dentro! (Todos se achegan a Marta queréndose

escusar.)

NURI

Non abrades o bico. Que non sabedes dicir cousa con xeito para a consolardes. Ven, déixaos, ven.

(Lévaa a unha beira.)

JOSEP, a media voz.

Eu voume, que me dá moita mágoa esta muller.

PEPA

E nós tamén.

NANDO

Non dixo o amo que vixiásemos desde fóra? Logo vamos.

ANTÒNIA

Vamos, si. (Van saíndo.)

Page 103: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

JOSEP, voltando atrás.

Se queres pechar, Marta... Nós estamos fóra. Non queremos apoderarnos de ti.

ESCENA VII

MARTA e NURI.

MARTA

Ti non te vaias, Nuri.

NURI

Non, non, eu contigo. Ninguén te quere máis ca min. As dúas soas habemos de estar ben? Queres

que peche?

MARTA

Pecha, pecha.

NURI

Pois ala, xa está. E agora que facemos? (Ri bondadosamente, despois solta de súpeto.) Agora

falemos do Manelic?

MARTA

Ai, Nuri, que estou a morrer coa angustia aquí dentro! Que estas paredes me caen encima e detrás

delas parece que o Sebastià me arrastra e me leva! Ah, non, iso non, que eu quero saír destas casa

para ir onde está o Manelic, que eu non sei onde está. Mais se puidese fuxir, eu atopábao.

NURI

Mira, Marta, eu non entendo nada disto. Nin tampouco entendo que eles non che deixen saír da

casa. Mala centella os coma, non ves o que che digo!

MARTA

Os da túa casa son uns...

NURI, moi triste.

Page 104: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Non o digas, Marta, non o digas. Ben o sei! Mais son os da casa e... non o digas!

MARTA, abrazándoa.

Nuri, quérote tanto!

NURI

Pois agora téñome a min mesma unha teima! Unha teima tal que me daría de labazadas a min

mesma!

MARTA

E por que, Nuri?

NURI

Porque non sei como podo facer para te escapares decontado, decontado.

MARTA

Ai, porque se volta o Sebastià!... Meu Deus, que non me atope aquí dentro!

NURI

Agora tiña que me converter no señor crego, porque el o sabe todo, e xa amañaría a maneira de te

escapares. (Cavilando.)

MARTA

E eles alí fóra sentados, vixiando que non me vaia! Mira, Nuri, mira.

NURI, abrindo un chisquiño.

Son, si, os da casa, que puxeron unha luz preto da porta para te veren se foxes.

MARTA

Non me podo ir, non!

NURI, cavilando.

Agarda, agarda!

MARTA

Que foi, Nuri?

NURI, moi alegre.

Que me abraces, ven! Que xa non quero ser o señor crego e que mo agradezas porque agora mesmo

vas saír de aquí dentro!

Page 105: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

MARTA

Eu, Nuri?

NURI, rindo.

Mirádea, mirádea que contenta! (Burlándose.) Eu, Nuri? Miña lerchiña e miña parrula!

MARTA

Non, se non pode ser! Se xa sei que non pode ser!

NURI

Non grites, cala. Non escoitaches o que che acabo de dicir? Vaste ir axiña. E fareino eu, eu, eu soa!

Ei, has de dicirlle ao Manelic que o argallei eu? E mira, dálle recordos da miña parte, oes? E dille

que cando poida que me envíe recordos. E, ai, que estou tan contenta!

MARTA

Mais como, como, Nuri? Explícate, anda!

NURI

A ver, e de présa, de présa. Eu agora saio e ti volves pechar deseguida! Eu métome no círculo que

fan meus irmáns e os outros, e póñome a brincar con eles e a noite é moi escura. (Nuri ri.) E ti xa

terás apagada esta luz. Enténdesme, enténdesme agora?

MARTA

Non, non, fala, fala.

NURI

Ai, ben burriña é este rapaza! Pois como a noite é escura, eu, brincando con eles, dun golpe

apagarei a luz. E mentres eles queren volver acendela, eu fágome a tola, enrédoo todo unha miga

máis, entón ti abres a porta e foxes.

MARTA

Ai, si, Nuri, si. Axiña, axiña!

NURI

Pois ea, vou agora.

MARTA, angustiada.

Agarda, agarda. E como sei cando teño que fuxir?

NURI

Page 106: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Ai, caramba... Que atranco xurdiu agora! (Cavilando.) Pois saberalo... saberalo... saberalo... xa o

teño. Saberalo porque ceibarei unha grandísima gargallada, ben forte, ben forte!

MARTA

Ai, grazas a Deus! Si, bule, Nuri.

NURI

Antes un chucho.

MARTA

Non un chucho, mil. Toma, toma e que Deus cho pague.

NURI

E agora até... como direi eu?... Pois até a gargallada.

MARTA

Si, sae, de présa.

(Nuri abre a porta e desaparece, volve despois sacar a cabeza.)

NURI

E escoita, non te descoides e dálle recordos da miña parte, oíches?

MARTA

Heillos dar. (Nuri desaparece.) Que boíña é, meu Deus, que boíña!

ESCENA VIII

MARTA

E agora a agardar! A agardar! (Amarra un pano á cabeza) Se parece que hai un ano que agardo! Ai,

Manelic! Ah! A luz, xa nin me lembraba. Así non me han de ver cando abra a porta. (Apagou a luz,

permanecendo a escena iluminada pola lareira.) E se me fose pola de alá dentro?... (Pola porta da

cortina.) Non, non, que tamén vixían, e se me topo co Sebastià que vén, ai, Virxe Santísima!

(Aproximándose á porta que dá ao alpendre.) Por esta! Por esta! Ai, meu Deus, afogo!... Aire, aire!

(Senta e érguese de novo volvendo á porta.) Non tan lonxe, escoitando, escoitando. Falan, si. Mais a

ela non a sinto. Agora, agora... Non é a Nuri, non! Agora conversan!... E non ri ninguén. Por que

Page 107: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

non rin? Ride! Ride! E se lle impedisen apagar a luz? Non, non, que Deus a axude! (Séntese unha

gargallada de Nuri.) Agora. Por fin! Grazas a Deus! Fuxo, fuxo!

(Abre a porta e vai saír.)

ESCENA IX

MARTA, SEBASTIÀ.

MARTA, topándose con Sebastià.

Ah!

SEBASTIÀ

Quen está aquí? (Entrando e encostando a porta.)

MARTA, aparte.

Ah! O Sebastià! (Correndo a primeiro termo.)

SEBASTIÀ

Quen era quen saía? Ti! A onde ías agora?

MARTA, aparte.

Virxe Santísima, acúdeme!

SEBASTIÀ

Pregúntoche a onde ías a estas horas! Ordénoche que me respondas, a onde ías!

(Agarrándoa por un brazo.)

MARTA

Déixame! Dígoche que me deixes!

SEBASTIÀ

Se estás morta de medo! Tremes de arriba a baixo! (Deixándoa ir con desprezo.) Non ves, non ves

que me dás pena!

MARTA, aparte.

Page 108: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Ah, se puidese morrer agora!

SEBASTIÀ

E mira, tira o pano da cabeza, tírao, que te está a delatar. (Ela tírao de présa, el bota a rir.) Non ves,

muller, non ves como te ías?

MARTA, decidida.

Pois si, si que me ía e voume de aquí, que ninguén ten dereito a pararme!

SEBASTIÀ

Así me gusta, así. Que ouses dicirmo á cara.

MARTA

Sebastià, eu suplícocho, déixame saír desta casa!

SEBASTIÀ

Se a sinto e non me parece ela mesma! (Rindo sarcástico.) Que a deixe saír!

MARTA

Oh, non rías, non rías! Sebastià, por Deus, non rías!

SEBASTIÀ

Que non ría? Logo que queres que faga? Queres que te esnaquice e te esmague cos pés aquí

mesmo? (Rindo) Non, non, se máis vale que ría!

MARTA

Pois vaite, vaite ti e déixame, e préndelle lume ao muíño, se queres, e mátame dentro.

SEBASTIÀ

Que eu che deixe saír ou que me vaia ou que te mate!... Por quen me tomas? Que eu che deixe saír?

(Correndo á porta.) Mira, eu déixote saír! Vamos, vamos, sae agora. (Pechando a porta.)

MARTA

Non, non, iso non! Abre, por Deus, abre!

SEBASTIÀ

Non, aquí pechados ti mais eu, os dous sós! Aquí acabou o mundo para nós. E todo o do mundo:

terra e ceo e todo. Todo fica aquí dentro!

MARTA, retrocedendo.

Page 109: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Ai, meu Deus!

SEBASTIÀ

Ti quéresme a min. A min só porque o sacrifiquei todo por ti, porque sufrín como un condenado

levándote a este home, porque te preciso para respirar e para vivir, que sen ti non podo vivir nin

respirar!... E mira, o que eu non aturo, porque me desespera, é que me digas que o amas a el!

(Desesperado.) Iso non, iso non!

MARTA

Que non che diga que o amo? Que iso te alporiza e desespera? Ai, grazas a Deus que me deches

unha alegría neste mundo! Ámoo, si, ámoo. Ámoo con toda a miña vida e con todo o meu sangue e

con toda a miña alma, ámoo!

SEBASTIÀ

Cala, cala!

MARTA

Aínda que me esganases, diríache o que che estou a dicir. É o único que podo dicir neste mundo sen

que me dea vergoña!

SEBASTIÀ

Dígoche que cales!

MARTA

Eu teño que me defender, eu por el! Por el e tan só por el! A Marta... a Marta non é nada, mais a

muller do Manelic éo todo, porque é a súa muller!

SEBASTIÀ, desesperado.

Ti queres perderme e estache a saír ben. Nada me importa, que rebente todo, por min que todo

acabe! E dito está, que ti vas vir comigo a miña casa e se me perdo eu, perdémonos xuntos, que

fuches miña e es miña e serás miña!

MARTA

Vaite!... Antes que se abra a terra e me trague!

SEBASTIÀ

Que se abra, si, mais para os dous e condenémonos xuntos!

MARTA

Page 110: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Déixame! Cala!... Manelic!

SEBASTIÀ

Oh, non o nomees!

MARTA

Manelic!

SEBASTIÀ

Tu véste comigo agora!

MARTA

Vasme levar en pedazos, viva non, nin arrastrándome!

SEBASTIÀ

Viva ou morta! Tanto me ten! (Agarrándoa.)

MARTA

Non, aparta! Que non!

SEBASTIÀ, rindo de maneira bestial.

Aínda te amo máis así! Canto máis furiosa máis te amo!

MARTA

Déixame! Déixame!

(Desprendéndose del e correndo ao medio.)

SEBASTIÀ

Mira, viro tolo e por todos os lados vexo sangue!...

MARTA

Se te achegas, xa que non podo matarte, rabúñoche a cara e cúspoche! Comigo ousas, covarde, co

Manelic non!

SEBASTIÀ

Con el e contigo e con todo o mundo por ti!

(Indo onda ela.)

MARTA

Non te achegues! Non! Manelic!

Page 111: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

SEBASTIÀ, correndo a agarrala.

Agora vas ver!

ESCENA X

MARTA, SEBASTIÀ e MANELIC, pola porta do cuarto de Marta.

MANELIC, interpóndose.

Que agora vai ver, dixeches? Agora ímolo ver nós!

MARTA, abrazándose.

Manelic!

MANELIC

Marta!

SEBASTIÀ, que recuou.

Ti aquí? Por onde entraches?

MANELIC

Por onde entrabas ti! Pola porta de amo e de ladrón! Que pensabas? Espieite e seguinte.

Arrastrándome cheguei ao muro e gabeino cos dedos e coas uñas!... E xa estou aquí! Xa estamos

sós! Xa estamos cara a cara!

SEBASTIÀ

Lisca de aquí ou se non!...

MANELIC, rindo.

Que lisque! Pensa que aínda manda en min, eu que aturei con todo! Iso pensa, iso, Marta! Pois non,

aquí dentro todo mudou, agora quen manda son eu. E agora vas ver se son o amo!

SEBASTIÀ

O amo ti? Amodo, rapaz!

(Tentando ir a abrir a porta.)

MARTA, decatándose.

Page 112: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

Manelic!

MANELIC, correndo á porta.

Non vas escapar! Covarde! Díxenche sós ti mais eu! Veño por ela, que é miña. E veño por ti, que

veño a matarte!

SEBASTIÀ

A min!... Ti a min?

MANELIC

A ti! A ti!

SEBASTIÀ

Tamén eu sei matar homes!

MANELIC

E eu lobos! Aquí tes a Marta! Non a querías? Aquí a tes! Lévaa quen poida, que ela se gaña con

sangue! (Sacando unha faca.)

SEBASTIÀ

Ah, covarde, que vés armado!

MANELIC

Do corazón máis... máis ca ti, do brazo non, nin preciso, que a arma me sobra. (Guíndaa á terra.)

Toma, mira.

MARTA, correndo a Manelic.

Que fas!

MANELIC, apartándoa.

Aparta! Agora xa estamos iguais. Que esperas?

SEBASTIÀ

Estás perdido, voute matar!...

(Correndo para coller a faca que está en terra.)

MARTA

Ah!

MANELIC, pousando o pé encima.

Non, iso non! Ea, corre, agárraa agora!

Page 113: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

SEBASTIÀ, recuando.

Condenado!

MANELIC

Non chegaches a tempo! (Ri salvaxe.) Agora todo acabou para ti! (Tirándose sobre Sebastià.) Agora

morre!

MARTA

Oh, meu Deus!

SEBASTIÀ

Eu! Voute matar!

MANELIC, téndoo agarrado polo pescozo.

Deféndete se podes, covarde! Deféndete!

SEBASTIÀ

Acudídeme!

MANELIC

Chama polos teus cans de presa! Chama por eles!

SEBASTIÀ

Afogo!

MARTA, caendo axeonllada.

Virxe santísima!

MANELIC

Nin podes defenderte! Nin sabes! Nin te valería! Que máis dá? Toma, morre, e morre de cara a ela!

(Guindándoo de cara a Marta.)

MARTA, erguéndose espantada.

Ah! Xesús!

MANELIC

Aquí tes... o amo! (Pausa. Corre despois a abrir a porta.) Todos aquí! Vinde! Todos aquí!

Page 114: Terra baixa - tradutoresgalegos.comtradutoresgalegos.com/pdf/terra_baixa.pdf · “O Hamlet catalán”, así define Calixto Bieito Terra baixa. No mesmo sentido, o director de La

ESCENA XI

MANELIC, SEBASTIÀ, MARTA, PEPA, ANTÒNIA, JOSEP, NANDO, PERRUCA e outros. Marta

está medio desmaiada, sosténdose na mesa para non caer.

NANDO, en voz baixa.

Que foi?

MANELIC

O amo chamaba por vós.

JOSEP, en voz baixa.

Morto!

PEPA, íd.

Xesús!

(Exclamación de todo o mundo ao ver o cadáver.)

MANELIC

E agora ride a esgalla! Ride! E ti, Marta, ven!

MARTA

Vámonos, vámonos!...

MANELIC, levándoa en brazos.

Lonxe da terra baixa! (Para lles abriren paso.) Fóra todos! Arredádevos! Matei o lobo! Matei o

lobo! Matei o lobo!

(Vaino repetindo a gritos mentres se afasta.)

PANO