4
1.Que importancia lle concedes -no conxunto de Declaración Universal de dereitos humanos- aos dereitos que che foron asignados? Tras a lectura do conxunto entendemos que éstos estan agrupados en función dos temas tratados. Así, atopámonos con dereitos relacionados co ámbito xurídico ou legal, a cultura e a educación, o territorio… Consideramos que estos seis primeiros dereitos son os mais fundamentais, xa que versan sobre a igualdade entre todas as persoas sen facer ningún tipo de distinción, así como a liberdade coa que deben contar todas as cidadás. Entender os dereitos humanos dende unha perspectiva igualitaria é esencial, xa que desta meneira pártese dunha sociedade educada sen ningún tipo de distinción entre as persoas que a conforman. Este feito non tivo lugar ata a redacción desta Declaración Universal de Dereitos humanos, xa que nos textos anteriores referentes a este tema só se tiñan en conta os dereitos dos homes, como na Declaración de Dereitos de Virxinia, Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, na que non se tiña en conta a situación das mulleres ou a esclavitude. 2. Que suxestións incorporarías como criterios esenciais para cumplir e respetar estos dereitos? Considerando estos dereitos como os fundamentais, enténdese que todos eles deberían ser cumplidos por parte da sociedade sen ningún tipo de distinción. Para esto é imprescindible que a sociedade os coñeza, a ser posible dende a infancia, educando dende uns valores de igualdade en todos os ámbitos e aprendendo a facer uso da liberdade. Para acadar estos obxetivos sería necesario introducir os dereitos humanos na sociedade de maneira lúdica, e traballar con eles no día a dia. Esto pódese realizar mediante a introducción de novas materias no programa escolar nas que se reflexe a importancia de ditos dereitos. Así mesmo, no ámbito escolar, é necesario que as educadoras non se limiten á ensinanza teórica e que actúen de acordo a estos dereitos,

Tra Ballo Politic As

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tra Ballo Politic As

1.Que importancia lle concedes -no conxunto de Declaración Universal de dereitos humanos- aos dereitos que che foron asignados?

Tras a lectura do conxunto entendemos que éstos estan agrupados en función dos temas tratados. Así, atopámonos con dereitos relacionados co ámbito xurídico ou legal, a cultura e a educación, o territorio…

Consideramos que estos seis primeiros dereitos son os mais fundamentais, xa que versan sobre a igualdade entre todas as persoas sen facer ningún tipo de distinción, así como a liberdade coa que deben contar todas as cidadás.

Entender os dereitos humanos dende unha perspectiva igualitaria é esencial, xa que desta meneira pártese dunha sociedade educada sen ningún tipo de distinción entre as persoas que a conforman. Este feito non tivo lugar ata a redacción desta Declaración Universal de Dereitos humanos, xa que nos textos anteriores referentes a este tema só se tiñan en conta os dereitos dos homes, como na Declaración de Dereitos de Virxinia, Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, na que non se tiña en conta a situación das mulleres ou a esclavitude.

2. Que suxestións incorporarías como criterios esenciais para cumplir e respetar estos dereitos?

Considerando estos dereitos como os fundamentais, enténdese que todos eles deberían ser cumplidos por parte da sociedade sen ningún tipo de distinción. Para esto é imprescindible que a sociedade os coñeza, a ser posible dende a infancia, educando dende uns valores de igualdade en todos os ámbitos e aprendendo a facer uso da liberdade.

Para acadar estos obxetivos sería necesario introducir os dereitos humanos na sociedade de maneira lúdica, e traballar con eles no día a dia. Esto pódese realizar mediante a introducción de novas materias no programa escolar nas que se reflexe a importancia de ditos dereitos. Así mesmo, no ámbito escolar, é necesario que as educadoras non se limiten á ensinanza teórica e que actúen de acordo a estos dereitos, mostrándoos desta maneria dunha maneira práctica.

**3. Situándote na tua realidade social, en que grao consideras que se cumplen/incumplen os direitos no articulado que che foi asignado?

Tras a análise e debate a cerca destos seis primeiros dereitos chegamos á conclusión de que na sociedade ningún deles se cumple á hora de levalos á práctica. Examinándoos individualmente podemos argumentar con exemplos en que momento se observa na sociedade unha violación destos dereitos:

1.- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como

Page 2: Tra Ballo Politic As

están de razón y conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.

-Non todos os seres humanos son considerados libres e iguais, xa que dependendo do lugar no mundo no que naza ou se atope hai diferentes ideoloxías ou culturas que non permiten a liberdade absoluta. Un exemplo disto é a situación das mulleres nos países islámicos, as cales non son consideradas libres.

2.- Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

- Os dereitos non se aplican igualitariamente a todas as persoas, xa que atopamos discriminacións por cuenstións de xénero en moitos ámbitos, como pode ser o laboral (as mulleres teñen salarios inferiores aos homes), discriminación de carácter racista etc.

3.- Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da sua persoa.

- Consideramos que este dereito non se cumple xa que en moitos Estados aínda existe a cadea perpetua e mesmo nalgúns, coma EEUU a pena de morte.

4.- Ninguén estará sometido a esclavitude nin á servidume, a esclavitude e a trata de esclavos están prohibidas en todas as suas formas.

- A pesar de que na teoría a esclavitude quedou abolida hai tempo (o 2 de decembro de 1949 ten lugar a celebración da Asemblea Xeral coa que se aprobou o Convenio para a represión da trata de persoas e da explotación e a prostitución), atopámonos na sociedade actual persoas que se atopan explotadas en traballos precarios. Así mesmo, as multinacionais trasladan as súas fábricas aos países con menores recursos económicos para conseguir un maior beneficio coa man de obra barata, chegando incluso á explotación de menores.

5.- Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.

- Sabemos que este dereito non se cumple, xa que frecuentemente nos atopamos con situacións de maltrato, sobre todo por parte das forzas policiais, que exercen un abuso de auatoridade, chegando a agredir físicam ente a persoas inocentes. Sen ir mais lonxe, a guardia civil empregou desmesuradamente a violencia cara as persoas que en melilla querían saltar a valla. Outro exemplo podémolo atopar nas cargas policiais que se levan a cabo nas manifestacións e protestas.

6.- Todo ser humano ten dereito, en todas partes, ao recoñecemento da sua personalidade xurídica.- Este dereito tampouco se cumpre dado que as persoas inmigrantes non so recoñecidas legalmente nos países aos que emigran polo feito de non ter papeis privandoos así de

Page 3: Tra Ballo Politic As

seguridade social, de contratos laborais , etc.4. Que consideras que pode facer a educación social para garantir o seu cumplimento? O primeiro sería mellorar o proceso de educación para así crear individuos libres de pensamento cuns valores inculcados que os leven ao cumprimento destes dereitos. Desta forma a sociedade estará composta por persoas que comprendan perfectamente estes dereitos, polo que se facilitaría o feito de que se aplicasen e non se tería que dar o caso de que estes dereitos fosen violados, aínda que este sería un estado ideal.