27
Algunhas claves para ler Un mundo distinto e igual de Joseph Hall por Alfonso Blanco Quintela Hugin e Munin

Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

Algunhas claves para lerUn mundo distinto e igual

de Joseph Hall

por Alfonso Blanco Quintela

Hugin e Munin

Page 2: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo
Page 3: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

1. Unha espada envaiñada

Un mundo distinto e igual é unha proba da capacidadesatírica, e até sarcástica, que posuía o seu autor, o inglésJoseph Hall. Xunto con algunha outra obra que escribiuna súa mocidade, constitúe un alarde de imaxinación li-teraria e creatividade lingüística, dúas habilidades postasao servizo da crítica inclemente de vicios e costumes uni-versais, e tamén de certas crenzas relixiosas vixentes naépoca. Porén, apenas cumpridos os 30 anos de idade, Hallenvaiñou a espada da sátira, quizais por sentir que ese tonnon harmonizaba demasiado coa imaxe pública que queríaproxectar con vistas ao progreso da súa carreira na Igrexade Inglaterra. A crítica social e relixiosa tampouco non eraacorde coa sona que iría construíndo como autor de librosconsiderados máis serios (meditación relixiosa, sermóns,controversias ou epístolas de carácter moral). Nas seguin-tes páxinas trataremos con certo detalle a súa vida e a súafigura como escritor, ademais de dar unhas poucas orien-tacións para a lectura da obra que nos ocupa.

2. A vida e a obra de Joseph Hall

2.1. Nacemento e primeira formación

Joseph Hall naceu o 1 de xullo de 1574 en Bristow Park, naparroquia de Ashby-de-la-Zouch, en Leicestershire. Bris-tow Park era un predio propiedade de Henry Hastings,3º conde de Huntingdon e presidente do Consello do Nor-

3

Page 4: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

te (un corpo administrativo que, por encargo do monarcade Inglaterra, velaba pola prosperidade do norte do reino).Joseph foi o terceiro fillo de John Hall, quen residía alí porestar ao servizo do conde como supervisor das súas propie-dades, e de Winifred Bambridge, unha dama da chamadaboa sociedade.

A relixión estivo moi presente na súa infancia, sobretodo pola influencia da súa nai, que era unha devota se-guidora do puritanismo e non agochaba as súas simpatíascalvinistas1. O mesmo Hall, nunha autobiografía que es-cribiu2, preséntaa como unha muller de saúde fráxil e fer-vente relixiosidade: eran constantes as súas admoniciónssobre os perigos que para a alma dun bo cristián supo-ñían as tentacións mundanas, fronte ás cales era precisofortalecer o espírito. A estes conceptos contribuíu taménAnthony Gilby (c. 1510-1585), vigairo de Ashby, un homede ampla cultura e calvinista militante, que tivo o seu pa-pel na instrución de Hall. Estas ideas relixiosas non eranalleas ao propio conde de Huntingdon, quen concedera aparroquia de Ashby a Gilby, e tamén fundara a AshbyGrammar School, onde os asistentes respiraban un am-biente anticatólico e procalvinista, ademais de aprenderenas primeiras letras. Esa foi a escola primaria de JosephHall. Alí, o seu mestre, William Pelset, ao detectar norapaz altas capacidades, decidiu enfocalo cara á carreirarelixiosa, co coñecemento do seu pai e tamén do conde.

Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con-de quixeron convencer a John Hall de que lle permitise

1O puritanismo foi un movemento relixioso xurdido na Igrexa de Ingla-terra, que tivo especial forza nos séculos XVI e XVII e que calou ben nasbisbarras do norte do reino. Defendía unha práctica relixiosa desprovistade todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazotíñao en común co calvinismo, que destacaba entre as demais confesiónscristiás polo seu concepto da predestinación.

2Observations of Some Specialities in the Life of Joseph Hall, Bishopof Norwich, Written with his Own Hand. Foi publicada en 1647.

4

Page 5: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

ao seu fillo cursar estudos superiores. O pai era remiso,debido ao alto custo económico que aquilo suporía, pe-ro acabou por ceder ás recomendacións da súa contor-na, cunha condición: vendería parte das terras que lle co-rrespondían a Joseph como herdanza, e os beneficios daoperación sufragarían a estancia do mozo no EmmanuelCollege de Cambridge. Fora esta a institución elixida polasúa orientación puritana, dentro do anglicanismo. Tocanteaos méritos académicos dos profesores que alí traballaban,baseábanse na preeminencia que lles daban ás linguas e li-teraturas clásicas; tamén eran partidarios da pedagoxía dePierre de la Ramée, ou Petrus Ramus (Cuts, c. 1515-París,1572), un mestre e humanista francés que quixo liberar osestudos lóxicos e lingüísticos da interpretación medievaldos conceptos herdados de Aristóteles.

2.2. Estudos superiores e e comezos literarios

En Cambridge, Joseph Hall destacou axiña nos estudos e,asemade, como escritor, participando en diversas activida-des públicas e concursos de poesía. Con todo, cando levabadous anos na Universidade, en 1591, as dificultades econó-

5

Page 6: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

micas que atravesaba o pai obrigárono a volver ao fogar:John Hall quería que o fillo achegase ingresos traballan-do como mestre na escola local. Por sorte para o mozo, oseu tío Edmund Sleigh consentiu en correr cos gastos davida universitaria, e así Hall puido tornar a Cambridge.Alí iría obtendo, sucesivamente, os títulos de Bacharel enLetras (1592), Mestre en Letras (1596), Bacharel en Teolo-xía (1603) e Doutor en Teoloxía (1612). Entre 1595 e 1597deu clases de Retórica no mesmo Emmanuel College, eacadou sona como hábil púxil nos debates e controversias.Así mesmo, en 1598 exerceu como docente en Oxford.

Joseph Hall adquiriu, xa que logo, unha importanteformación en lingua, literatura e relixión, tres eidos para osque tiña bos dotes intelectuais e cos que puido darlle saídaá súa principal vocación: a de moralista. Nos dous primei-ros deses ámbitos sentiuse inspirado polas obras de poetassatíricos romanos como Horacio (Quinto Horacio Flaco,Venusia, 65-Roma, 8 AEC), Persio (Aulo Persio Flaco,Volterra, 34-62 EC), Marcial (Marco Valerio Marcial,Bílbilis, 40-104 EC) e Xuvenal (Décimo Xunio Xuvenal,Aquino, 60-Roma, 128). Tamén influíron nel, para o es-tilo literario e os conceptos de retórica, Cicerón (MarcoTulio Cicerón, Arpino, 106-Roma, 43 AEC) e Quintiliano(Marco Fabio Quintiliano, Calagurris, 35-Roma, 95 EC).

6

Page 7: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

Ademais, no que atangue á reflexión moral, deixaron asúa pegada en Hall o filósofo grego Teofrasto (Ereso, c.371-287 AEC) e o pensador romano Séneca (Lucio AnneoSéneca, Corduba, 4 AEC-Roma, 65 EC).

É posible rastrexar estas contribucións á súa liña depensamento en toda a traxectoria literaria de Hall, e mes-mo xa na súa primeira obra importante: as Virgidemiae,dous volumes de sátiras en verso publicados entre 1597e 1598. A década final do século XVI foi unha época deesplendor para a sátira en Inglaterra, e algunhas autori-dades relixiosas non vían con agrado a publicación destetipo de escritos. Por iso, en 1599 John Whitgift (Grimsby,1530-Lambeth, 1604), arcebispo de Canterbury, e RichardBancroft (Farnworth, 1544-Lambeth, 1610), bispo de Lon-dres, asinaron un edicto que os prohibía. Varios libros desátiras foron retirados da circulación, aínda que as Virgide-miae de Hall só recibiron a prohibición de ser reimpresas.No futuro, xa cunha carreira relixiosa consolidada, e coasúa actividade como escritor dedicada a outros xéneros,Hall sería reticente a recoñecer a paternidade desta obra,aínda que se sentía orgulloso dela, e mesmo chegou a es-cribir que se consideraba o primeiro poeta satírico inglés3.Desta época, por certo, data a composición (ou polo me-nos os seus inicios) do Mundus alter et idem, sobre o quenos estenderemos nun punto ulterior.

En relación coa súa posición relixiosa, todos os influ-xos que Hall recibiu, combinados coa súa personalidade,deron como resultado un firme defensor do anglicanismo,aínda que en certos conceptos teolóxicos nunca deixou deafastarse do puritanismo no que se criara.

3Este honor non lle corresponde a Joseph Hall, senón máis ben a JohnDonne (Londres, 1571-1631) e a Thomas Lodge (Londres, 1557-1625).

7

Page 8: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

2.3. A súa carreira relixiosa: progreso baixo o rei-nado de Xacobe I

O 14 de decembro de 1600 recibiu as ordes relixiosas enColchester. Un ano despois, sir Robert Drury (1575-1615)encargoulle o coidado da parroquia de Hawstead, en Suf-folk, no leste de Inglaterra. Pouco despois, en 1603, a súavida experimentou un cambio importante: casou con Eli-zabeth Wynniff, coa que tivo oito fillos.

En Hawstead, Hall topou un ambiente algo hostil ássúas posicións relixiosas, e ademais o estipendio que reci-bía de Drury non era moi alto, ao seu xuízo: na autobio-grafía mencionada confesa que se viu obrigado a publicarlibros para poder mercar libros que ler. No mesmo ano doseu casorio, publicou o poema The King’s Prophecie: or,The Weeping Joy, no que lamenta a morte da raíña IsabelI (Greenwich, 1533-Richmond, 1603) e celebra a chegadaao trono de Xacobe I (Edimburgo, 1566-Theobalds House,1625), un monarca culto, que gustaba de compararse cobíblico rei Salomón, e que Hall sentía próximo aos seus

8

Page 9: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

puntos de vista relixiosos. Así, en 1605 deu ao prelo Me-ditations and Vows, o primeiro dos seus libros dedicados ámeditación relixiosa, e tras o que nunca volvería ao xénerosatírico.

No mesmo ano fixo a súa primeira viaxe ao estranxei-ro: acompañou a sir Edmund Bacon (1570-1649), cuñadode sir Robert Drury, nunha embaixada aos Países Baixose a Bélxica (á que, por certo, parece aludir no prólogo doMundus). Naquelas terras coñeceu os usos da Igrexa Ca-tólica, que lle resultaron pouco dignos de admiración, etivo a ocasión de debater con cregos xesuítas. A principalconclusión que tirou desta visita foi a seguinte: cumpríaencher o baleiro que, na súa opinión, a Igrexa de Inglate-rra padecía en relación con escritos sobre boas prácticasmorais e relixiosas, e sentiuse chamado a encher ese ocodoutrinal. O primeiro froito deste propósito que Hall abra-zou foi The Art of Divine Meditation, publicado en 1606.O éxito de Meditations and Vows e a sona dos sermóns doseu autor chegaron a oídos de Henrique (1594-1612), prín-cipe de Gales, quen o mandou chamar para oílo predicar;pouco despois, o herdeiro do trono incluíuno na súa cortede capeláns privados.

9

Page 10: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

Debido a esta circunstancia, Hall comezou a visitarLondres con asiduidade e a frecuentar os círculos corte-sáns. Neles coñeceu a Edward Denny (1569-1637), barónde Norwich, quen lle ofreceu a capelanía de Waltham (Es-sex), xunto coa reitoría da igrexa da Santa Cruz, no mesmolugar. O salario que acompañaba estes cargos era notable-mente superior ao que recibía en Hawstead, co que Hallnon dubidou en trasladarse. En Waltham, distante só 19quilómetros de Londres, viviría e traballaría o autor du-rante os seguintes vinte anos da súa vida, dedicándose alíaos seus labores de predicador e escritor de obras devotas.Tal foi o seu entusiasmo que, segundo confesión propia,moitos días tomaba unha única comida, co fin de disporde máis tempo para escribir libros, mais tamén para le-los: tíñalles especial fe aos textos da Biblia, dos Pais daIgrexa, e mais aos clásicos grecolatinos. Desta época son,entre outros escritos, Brief Sum of the Principal Points ofReligion (1607), e o tratado moral Characters of Virtuesand Vices (1608), baseado maiormente en Teofrasto e enSéneca. Entre 1607 e 1610 publicou tamén as súas Epistles,exercicios de reflexión filosófico-relixiosa baseados en mo-delos do mesmo xénero pertencentes á literatura latinaantiga (Séneca, sobre todo), a escritores cristiáns comoTertuliano (c. 160-220) ou Ambrosio de Milán (Tréveris,c. 340-Milán, 397). Varios dos títulos que publicou nestesanos están dedicados a diversos nobres, ao príncipe Hen-rique, e mesmo ao rei Xacobe. Así, a aceptación da quegozaban a súa persoa e os seus libros nos círculos da cortefixo medrar en Hall a ambición de mellorar aínda máis asúa posición económica, social e eclesiástica.

10

Page 11: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

A morte de Henrique en 1612 trouxo como consecuen-cia para Hall a perda da condición de capelán privadoda corte, pero seguiu estando preto do rei Xacobe I, queconfiaba nel até o punto de nomealo deán de Worcestere de integralo nunha embaixada liderada por James Hay(c. 1580-1636), barón de Carlisle, coa que viaxou a Fran-cia para concertar o matrimonio da princesa Cristina conCarlos, príncipe de Gales. Con todo, Hall tivo que tornaraxiña a Inglaterra debido a problemas de saúde.

Ao ano seguinte, acompañou o rei nunha importanteviaxe a Escocia: a intención era implantar naquelas te-rras os Cinco Artigos de Perth, cos que Xacobe I preten-día que os escoceses abandonasen o presbiterianismo quepracticaban e aceptasen as prácticas litúrxicas da Igrexade Inglaterra4. O movemento presbiteriano era, nalgúnsdos seus preceptos, próximo ao puritanismo, cuxas ideas

4A reforma protestante adquirira en Escocia unhas característicasparticulares a partir das ideas de John Knox (Haddington, c. 1514-Edimburgo, 1572) que se coñecen co nome de presbiterianismo: a Igre-xa era administrada a través de «presbíteros», elixidos democraticamentepolas comunidades de cristiáns locais, gobernadas por un consistorio ouconsello de presbíteros.

11

Page 12: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

non lle eran desagradables de todo a Hall, como xa men-cionamos. Disto eran conscientes certos altos dignatariosda delegación real, que aduciron este feito en contra dapresenza na mesma de Hall, quen se viu obrigado a regre-sar a Inglaterra.

A alta consideración na que Xacobe I tiña a Joseph Hallnon minguou por este motivo, pois ao ano seguinte, 1628,enviouno como representante persoal ao Sínodo de Dor-drecht, nos Países Baixos, convocado para dirimir unhacontroversia entre dúas orientacións dentro do calvinismoque se disputaban a hexemonía nas igrexas neerlandesas:a dos gomaristas e a dos ariminianos5. O interese do reide Inglaterra en estar presente no Sínodo residía na rela-tiva implantación que as ideas ariminianas tiñan nas Illas,e que ameazaban con provocar división tamén alí. Hallpronunciou un sermón de ton conciliatorio que espertou aadmiración de todos os asistentes. Por desgraza para el,atrancos de saúde obrigárono a regresar a Inglaterra, peroos organizadores do sínodo regaláronlle unha medalla deouro conmemorativa: foi este un agasallo que Hall exhibiuorgulloso o resto da súa vida.

2.4. Dificultades na época de Carlos I e a GuerraCivil. Morte

En 1625 morreu Xacobe I, pero o novo rei, Carlos I (Fi-fe, 1600-Londres, 1649), mantivo a Hall na alta posiciónque acadara. Con este monarca, a política relixiosa ingle-sa derivou cara ao que se adoita chamar «anglocatolicis-

5Os primeiros seguían a liña marcada por Franz Gomar (Bruxas, 1563-Groningen, 1641), un estrito calvinista, mentres os segundos compartíanas posicións de Jacob Harmenszoon (ou Jacobus Ariminius; Oudewater,1560-Leiden, 1609), que estaba radicalmente en contra da idea da predes-tinación. Os gomaristas foron declarados vencedores do Sínodo de Dor-drecht.

12

Page 13: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

mo», tendencia encabezada por William Laud (Reading,1573-Londres, 1645), arcebispo de Canterbury. Propugna-ba Laud unha aceptación de certos trazos do catolicis-mo, doutrina que consideraba acertada no esencial, perodesviada nos seus usos da época. Segundo esta visión, ascerimonias litúrxicas eran útiles transmisoras da fe, os bis-pos eran a xerarquía da Igrexa por dereito divino, e o reiera o xefe supremo da Igrexa. Joseph Hall compartía es-tes principios, pero con flexibilidade: non lle daba tantaimportancia ao cerimonial e discrepaba da idea de que ainstitución do bispado tivese base divina.

En 1624, Hall renunciara á oferta do bispado de Glou-cester que lle fixera Xacobe I, calculando que o ambienterelixioso daquela diocese non ía resultar cómodo. Con to-do, en 1627 aceptou de Carlos I o nomeamento como bispode Exeter, no sudoeste de Inglaterra. Tratábase do quinto

13

Page 14: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

condado máis poboado do país, cunha importante cate-dral, e o cargo implicaba unha boa dotación económica.Non foi tampouco fácil para Hall a vida alí, pois o am-biente relixioso en Inglaterra estaba bastante crispado epolarizado, e a súa personalidade espertaba inimizades dediverso signo: era visto con desconfianza, tanto polos an-glicanos contrarios á nova tendencia procatólica de Laude o rei, como polo propio arcebispo e os seus seguidores,que non se fiaban del, habida conta das súas coñecidassimpatías puritanas e calvinistas. De feito, Laud sempresospeitou que Hall trataba con benevolencia os cregos quenon seguían estritamente os preceptos ditados polas altasinstancias desta nova Igrexa de Inglaterra, e enviou espíaspara que o informasen do labor episcopal de Hall. Denun-ciado diante do rei até en tres ocasións, Hall saíu sen culpa,pero decidiu buscar un perfil de actuación máis discreto emergullouse no estudo das Sagradas Escrituras.

A tensión política e relixiosa non deixou de medrardurante estes anos. Así, en 1638 a Igrexa Presbiterianade Escocia rebelouse contra o rei expulsando os bispos, eao ano seguinte un exército escocés lanzouse á conquistade Inglaterra, fracasando no seu intento. Baixo a supervi-sión de Laud, en 1640 Hall publicou Episcopacy by DivineRight, unha defensa do episcopado. Un ano despois, asina-ba o breve panfleto A Humble Remonstrance to the HighCourt of Parliament by a Dutiful Son of the Church, queía na mesma liña. Este foi contestado con acritude porun grupo de cinco presbiterianos, agrupados baixo o acró-nimo Smectymnuus. A discrepancia derivou nunha seriede réplicas e contrarréplicas, nas que Hall se amosou moiagre. Na polémica interveu o poeta John Milton (Londres,1608-1674), quen atacou a credibilidade de Hall aludindoás súas obras satíricas de xuventude, entre elas o Mundus,que Milton lle atribúe claramente (Hall nunca refutou es-

14

Page 15: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

ta afirmación). O cruzamento de acusacións entre os dousprolongouse durante algún tempo, e o ton chegou a sermoi duro.

Sempre co apoio do monarca, o mesmo ano 1641 Hallpasou a formar parte da Cámara dos Lords, incorporándo-se nela a un comité sobre a situación relixiosa, que seguíaa ser convulsa. O 31 de xullo, varios membros da cámara,facéndose eco da presión existente en varias capas da so-ciedade inglesa para que os bispos quedasen privados dodereito a voto no Parlamento, iniciaron un proceso paraexpulsalos deste. O 15 de novembro, Carlos I fixo un xestopúblico de apoio a Hall nomeándoo bispo de Norwich, asegunda cidade en importancia de Inglaterra. Con todo,o procedemento contra o episcopado continuou no Parla-mento, e o 30 de decembro, doce bispos foron arrestadose pechados na Torre de Londres, onde estiveron até o 5 demaio de 1642, data na que saíron baixo cadansúa fianza de5.000 libras. Como consecuencia desta acción contra eles,os bispos sufriron a confiscación plena das súas propie-dades, a cambio dun pequeno estipendio concedido polo

15

Page 16: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

Parlamento. Para esta data, a falta de acordo entre o reie os parlamentarios fixera xa estalar a guerra civil.

Hall tornou a Norwich para continuar o seu labor comobispo e tentar refacer a súa vida. Porén, no mes de abrilde 1643, como consecuencia da entrada en vigor dunhaAct of Sequestration aprobada polo Parlamento, el e a súafamilia foron expulsados do palacio arcebispal, ao tempoque a catedral era derruída. Hall retirouse ao arrabaldede Heigham, a pouca distancia de Norwich, onde pasouos seus derradeiros trece anos pronunciando sermóns e es-cribindo sobre cuestións prácticas de Teoloxía, até que ta-mén se lle prohibiu predicar. Como cabe imaxinar, quedoununha situación económica moi precaria, e tivo que reci-bir axuda dalgúns veciños que o apreciaban e se apiadarondel. Asemade, a súa saúde, que sempre fora delicada, ini-ciou un empeoramento progresivo, a consecuencia da idadee dunha depresión resultante da persecución política. Osacontecementos deses anos amargos foron relatados polopropio Hall no seu libro Hard Measures, unha continuaciónda autobiografía antes mencionada. Esta parte final da súavida ofrece a imaxe dunha persoa que, por representar edefender unha posición ideolóxica intermedia entre dousou máis bandos contendentes, termina rexeitado, censura-do e vilipendiado por todas as partes en conflito.

16

Page 17: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

Joseph Hall morreu o 8 de setembro de 1656 en Hei-gham, onde foi soterrado. Os executores das súas derradei-ras vontades pagaron un monumento conmemorativo, quese erixiu na igrexa de Saint Bartholomew de Heigham6: unesqueleto cunha inscrición, as súas armas de cabaleiro e amitra de bispo. En 1942 a localidade de Heigham sufriuun duro bombardeo, no que resultaron destruídos a igrexae o monumento a Hall. As tumbas do cemiterio anexo fo-ron trasladadas, e hoxe, a carón do que queda da torre daigrexa, pódese ver un bloque de cemento cunha inscriciónque lembra a figura do bispo Joseph Hall.

3. Un mundo distinto e igual

É esta unha obra singular, non só polo seu contido e alcan-ce, senón tamén polas circunstancias da súa publicación,como veremos a seguir.

3.1. Xénese, publicación e problemas de autoría

A crítica especializada concorda en que a obra, cuxa auto-ría nunca foi recoñecida por Joseph Hall, debeu ser escrita,ou polo menos comezada, arredor de 1598, cando o autoraínda estudaba en Cambridge, na época na que as súasincursións na literatura se centraban no xénero satírico,coma no caso das Virgidemiae.

6Crédito da imaxe..

17

Page 18: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

O orixinal latino apareceu publicado por primeira vezen Frankfurt, no ano 1605, aínda que fora impreso no obra-doiro londiniense de Humphrey Lownes, e correron cos gas-tos de edición os herdeiros dun italiano chamado AscanioRinialme7. O lugar do autor está ocupado por un pseudó-nimo: Mercurio Británico8. Segundo se indica no prólogo,a obra foi levada ao prelo por William Knight, teólogo,amigo persoal e compañeiro de Hall no Emmanuel Collegede Cambridge, quen explica os motivos polos que se ocul-ta o nome real do autor. Con toda seguridade, o ambientecultural e relixioso da Inglaterra do momento, pouco pro-picio para a publicación de sátiras, fixo que Hall agochaseo seu nome, e que quixese que o libro aparecese noutropaís. Así, probablemente Knight foi o encargado de le-var a obra impresa a Frankfurt, cidade coñecida daquelaen Europa por ser un lugar onde se publicaban abondasobras de mensaxe anticatólica.

7Crédito da imaxe.8Mercurio (Hermes na súa versión grega) era o deus romano das viaxes

e do comercio, entre outras cousas.

18

Page 19: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

O libro tivo bastante éxito nos seus primeiros meses devida, e en 1607 viu a luz unha segunda edición, a cargode Wilhelm Antonius, na cidade alemá de Hanau9. Nestaocasión, no título dun dos capítulos, aparece citado o nomede Alberico Gentili (San Genesio, 1552-Londres, 1608), unxurista italiano que escapara da súa terra por problemascoa Inquisición e se establecera en 1579 en Inglaterra, ondechegou a ocupar unha cátedra de Dereito na Universidadede Oxford. Pouco despois desta edición, en 1609, saíu árúa unha tradución ao inglés, a cargo de John Healey, quese vendeu moi ben, até o punto de ser reeditada en 1614(e na que, por certo, se pode ler unha dedicatoria de «I.H. o tradutor, a I. H., o autor»).

En 1613 publícase en Leipzig unha tradución alemá,elaborada por Gregor Wintermonat, no que xa apareceAlberico Gentili citado como autor de todo o texto. Pa-ra daquela, Gentili morrera, e Hall, como xa quedou dito,gardou silencio sobre esta obra durante toda a súa vida.

9Crédito da imaxe.

19

Page 20: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

Se, como xa explicamos, estaba intentando marcar distan-cias coas súas obras satíricas de xuventude para que nonprexudicasen a imaxe que quería construír de si mesmocomo teólogo serio, seguramente sentiu alivio cando nosambientes cultos de Europa se foi estendendo o conven-cemento de que Alberico Gentili era o autor do Mundusalter et idem.

Como chegou o nome de Gentili a relacionarse coaobra? Segundo parece, foi unha das persoas implicadasna publicación da segunda edición. En efecto, Henry Has-tings, o conde de Huntingdon, tan importante na primeiraformación de Hall (e que é o dedicatario do libro) coñe-cía a Gentili e Rinialme por seren, os tres, membros daprestixiosa escola de Dereito de Gray’s Inn, en Oxford; eacontece que Wilhelm Antonius viña imprimindo en Ha-nau, xa había anos, case todas as obras do xurista italiano.Ben puido acontecer que Gentili levase o Mundus alter etidem a Hanau, xunto con algunha obra súa, para ser im-preso, co que aí pode estar a orixe do equívoco.

Con todo, nos círculos cultos da Inglaterra da épocadábase por certo que o auténtico autor da obra era Hall:así o asumiu John Milton cando mantivo a súa forte con-troversia pública co bispo. Con todo, xa en 1674, ThomasHyde (Billingsley, 1636-Oxford, 1703), bibliotecario da Bo-dleian Library de Oxford, non dubidaba en considerar aHall como o autor real do Mundus alter et idem. Hoxe endía a opinión da crítica a este respecto e unánime, e baséa-se en fortes piares: Hall non refutou a Milton cando esteo censurou por escribir o tal libro e, sobre todo, o feito deque na propia obra haxa varias alusións que encaixan bencoa traxectoria vital e a maneira de pensar de Joseph Hall,e que non lle acaen a Gentili10.

10No prólogo, William Knight di que o autor cultivou as Musas nosseus anos mozos, para logo abandonalas e cultivar a Teoloxía. Por outra

20

Page 21: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

A obra coñeceu máis edicións no século XVII. Pagaa pena citar a de Utrecht (1643), nun volume no queacompaña a Civitas Solis de Tommaso Campanella (Sti-lo, 1568-París, 1639) e a Nova Atlántida de Francis Bacon(Londres, 1561-Highgate, 1626), outras novelas en neola-tín construídas como distopías. Xa no XVIII, reeditousedúas veces a tradución alemá en Frankfurt (1704 e 1730).No XIX, o libro caeu case no esquecemento total, mentresque a principios do XX coñeceu unha edición resumida quese empregou como texto iniciático para os estudantes delatín. Cómpre, finalmente, mencionar a edición, acompa-ñada da tradución ao inglés, de J. M. Wands, publicada en1981, e que constitúe unha achega filolóxica notable, aíndasen ser unha edición crítica no senso pleno do termo.

3.2. Estrutura da obra. Enfoque satírico. Marcoliterario e lingüístico

Un mundo distinto e igual relata unha viaxe fantástica aun mundo ficticio situado na zona austral do noso planeta.A narración aparece dividida en catro libros, correspon-dentes aos catro países nos que se fragmenta aquel mundoalternativo: Crapulia (terra onde imperan a gula e a ebrie-dade), Viraxinia (país no que gobernan as mulleres), Mo-ronia (rexión onde a poboación está formada por necios),e Lavernia (país dos ladróns).

O esquema básico que segue Hall é, cunha evidentevea paródica, o dos relatos de exploración e descubrimen-

banda, no capítulo VI do libro I menciónase que o autor pertenceu áscomunidades académicas de Oxford e Cambridge. Ademais, a semellanzano ton satírico entre o Mundus alter et idem e as Virgidemiae é bastanteclara. Finalmente, o autor declara que a viaxe descrita na obra tivo unhaduración de 30 anos: se relacionamos isto coa vida de Hall, nado en 1574,a data final dános 1604, o ano anterior á publicación do Mundus.

21

Page 22: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

tos xeográficos, moi en voga na época. A burla alcanzatamén certas narracións fantásticas que contan a chegadadun viaxeiro a unha terra onde a Humanidade vive nunhaArcadia feliz; semellante viaxe sería o retorno a unha su-posta e primitiva Idade de Ouro, onde a vida era moitomáis sinxela e reinaba a paz e a harmonía entre as per-soas. O lugar común dun paraíso primixenio procede daAntigüidade clásica e, sen dúbida, o feito de que a obrade Hall estea en latín deixa ver con máis claridade a ditaraíz literaria. As narracións desta caste viñan tendo certoéxito dende a época renacentista, e o exemplo máis co-ñecido quizais sexa a Utopía de Thomas More (Londres,1478-1535).

A obra aproveita tamén un tópico xurdido no Renace-mento: a figura da persoa ignorante que, a través de certasperipecias, fai evidentes, por contraste consigo mesma, afachenda e a falsa superioridade dos pretendidos sabiosque polo mundo andan. Este concepto está na orixe doEloxio da loucura, publicado en 1511 por Erasmo de Ró-terdam (Róterdam, 1466-Basilea, 1536), e tamén no desen-volvemento dos personaxes de Gargantúa e Pantagruel deFrançois Rabelais (Chinon, c. 1494-París, 1553); de feito,o que acontece nos territorios de Crapulia e Ivronia doMundus fai lembrar o escritor francés.

Outras influencias literarias, tocante ao ton e o espíri-to, que é posible detectar nesta obra son as da literaturagrecolatina mencionada en páxinas anteriores: Teofrasto,os poetas satíricos romanos e Séneca. A crítica tamén per-cibiu ecos dos italianos Ludovico Ariosto (Reggio Emilia,1474-Ferrara, 1533), Poggio Bracciolini (Terranuova, 1380-Florencia, 1459) e Pietro Aretino (Arezzo, 1492-Venecia,1556). Ademais, hai quen sinala similitudes coas comediassatíricas do contemporáneo de Hall Ben Jonson (West-minster, 1572-Londres, 1637).

22

Page 23: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

A súa influencia na posteridade foi limitada, xa que,como comentamos, a obra quedou esquecida no primeiroterzo do século. XVIII. Con todo, adoita ser citada entreos precedentes do ben coñecido libro do irlandés JonathanSwift (Dublín, 1667-1745) As viaxes de Gulliver, publicadoen 1726.

Ao cabo, o manexo da lingua latina de Joseph Hall éo que cabería esperar dun home de fonda formación ne-se idioma literario: un clasicismo respectuoso cos canonsherdados da Roma antiga, con especial seguimento dasnormas marcadas por Quintiliano, pero tamén tendo moipresente o estilo propio das epístolas de Séneca. Ademais,a través das notas que o propio Hall incluíu na obra, apré-ciase un moi bo coñecemento da literatura grega e latina,dos textos sagrados, e tamén das obras xeográficas e carto-gráficas da súa época. Chama especialmente a atención ainmensa capacidade de Hall á hora de crear os topónimosdo seu Mundus, e que son «parlantes»: o seu significado tenque ver coas características do territorio que se visita asícomo coas peculiaridades dos seus habitantes. Algunhasveces os significados aparecen explicados nas notas coasque o propio autor acompaña o texto, mentres que noutroscasos aparecen aclarados nun índice de nomes propios aofinal da obra. Con todo, ese índice non é sistemático; ade-mais, por criterios editoriais, non consideramos oportunoincluílo na nosa tradución. Porén, na mesma páxina webna que está documento poñémolo a disposición dos lecto-res máis curiosos, convenientemente modificado co fin defacilitar o acceso á información.

4. A nosa traduciónComo adoita acontecer coas obras literarias en neolatín,non existe unha edición crítica do texto consonte os están-

23

Page 24: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

dares establecidos xa hai tempo por esta disciplina. Sendoasí, optamos por seguir o texto aparecido no volume X daedición das obras completas de Joseph Hall, editado enLondres, en 1808, por C. Wittingham.

5. Agradecementos

Unha vez máis a xente de Hugin e Munin é merecente domeu máis fondo agradecemento: pola confianza deposita-da en min de novo, polo apoio que demostran á literaturaen neolatín, polo traballo que fan por enriquecer a lin-gua galega con traducións de obras de ficción procedentesde gran variedade de linguas e literaturas, e por mellorarsempre os textos que lles entrego.

Tamén quero lembrar a un amigo de sempre: graciñas,Fernando Silva, por me contaxiares o teu amor por Ingla-terra e o idioma inglés; porque, aínda que nesta ocasióntraduzo do latín, Joseph Hall era británico, e como talviviu e escribiu, e o coñecemento da historia e a cultu-ra inglesas supoñen todo un apoio para un traballo comaeste.

6. Bibliografía e outros medios empre-gados (e recomendados)

6.1. Traducións da obra (en primeiro lugar indícaseo tradutor e/ou editor)

EMILIO GARCÍA ESTÉBANEZ = Un mundo dis-tinto pero igual, Madrid: Akal, 1994 (reimp. 2010)(tradución con introdución e notas).

24

Page 25: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

JOHN HEALEY = The Discovery of a New World,Londres: E. Blount & W. Barrett, 1609 (traducióncon introdución e notas á marxe).

JOHN MILLAR WANDS = Another World and Yetthe Same, Yale University Press, 1981 (tradución conintrodución e notas).

GIAMPAOLO ZUCCHINI = Un mondo diverso eidentico [1605], Nápoles: Guida editori, 1985 (tradu-ción con introdución e notas).

6.2. Outras obras

HAMILTON, J., Life of Joseph Hall, D. D., Bishopof Norwich, Nova York: Robert Carter, 1847.

HUNTLEY, F. L., Bishop Joseph Hall. 1574-1656.A biographical & critical study, Cambridge, D. S.Brewer, 1979.

NIEMAN, R., «Un espejo invertido: Un mundodistinto pero igual de Joseph Hall», en XI Jorna-das Interescuelas/Departamentos de Historia, SanMiguel de Tucumán: Departamento de Historia,Facultade de Filosofía e Letras, Universidade deTucumán, 2007.

6.3. Páxinas web

Artigo da Wikipedia en inglés sobre Joseph

Artigo da Wikipedia en galego sobre Joseph Hall

Artigo da Encyclopaedia Britannica sobre JosephHall

Joseph Hall en luminarium.org

25

Page 26: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo

Joseph Hall en monergism.com (con ligazóns a pdfsdas súas obras)

Artigo da Wikipedia en inglés sobre o Mundus alteret idem

Artigo da Wikipedia en galego sobre o Mundus alteret idem

Alfonso BlancoLouro, decembro de 2017

26

Page 27: Un mundo distinto e igual - huginemunin.com · Cando Hall fixo quince anos, en 1589, mestre e con- ... de todo boato cerimonial, por contraste coa Igrexa Católica. Este trazo