23

Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses
Page 2: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

• Unha cidade con historia• Os centros de saber• Os pioneiros• Un nadal perpetuo• Dacabalo de dous séculos• Cunqueiro, o incomparable• Outros escritores mindonienses do século XX• O Mondoñedo literario actual

Unidade Didáctica para Primeiro Ciclo

da ESO

Page 3: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Así era Mondoñedoa principios

do século XX

Page 4: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Mondoñedo é unha localidade situada no norte da provincia de Lugo, preto do Mar Cantábrico. É unha cidade histórica e, como tal, ten título rexio concedido dende hai séculos e chegou a ser unha das sete capitais do vello Reino de Galicia.

Foi dende a Idade Media un importante centro económico, social e relixioso, o que fixo que alcanzase un grao de desenvolvemento cultural moi importante en diferentes eidos: artesanía, gastronomía, educación…

Na actualidade segue a ser un dos enclaves de referencia da Mariña lucense, principalmente pola súa historia e cultura, pois non en van deu a Galicia e a mundo pintores, músicos, escritores e outros artistas de fama universal.

AGORA TI

1.Procura nun mapa de Galicia a situación exacta de Mondoñedo. Investiga cal é a distancia que a separa do mar e cal a que a separa de Lugo e logo tenta descubrir a cantos quilómetros se atopa do lugar onde vives.2.Busca información sobre o Reino de Galicia e as súas sete capitais. Intenta descubrir cales eran esas sete cidades e durante canto tempo foron capitais do Reino.3.Consulta unha enciclopedia ou calquera outra fonte de información en papel ou en internet e busca baixo a voz “Mondoñedo”. Anota o nome dos artistas que figuren vinculados a esta cidade.

Page 5: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Seminario Santa Catalina

Instituto Ensino SecundarioEdificio da Biblioteca

Page 6: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Como centro de importancia do norte galego dende hai séculos, Mondoñedo posúe distintos centros de saber nos que se atesoura boa parte do seu legado histórico e literario.

O máis antigo e talvez o máis sobranceiro é o Real Seminario Menor Santa Catarina, onde se formaron moitos dos grandes escritores mindonienses e galegos dos séculos XIX e XX, pois nas súas instalacións impartíronse sempre aulas e aínda seguen a darse clases na actualidade como centro de ensino medio.

Do mesmo xeito, tamén o Instituto San Rosendo de Ensino Medio, con máis de medio século de existencia, constitúe un dos centros de ensinanza públicos máis antigos de Galicia de entre os situados en localidades que non son capital de provincia.

Finalmente, a Biblioteca Pública garda unha das mellores hemerotecas da contorna e nela poden consultarse coleccións dos moitos xornais e revistas que chegaron a existir ao longo do tempo en Mondoñedo.

AGORA TI

1.Investiga cando foi fundado o Real Seminario e tenta informarte sobre personaxes destacados que pasasen polas súas aulas.2.Coa axuda do teu profesor, intenta coñecer o nome dalgún xornal ou revista que se publicase en Mondoñedo e que escritores das nosas letras colaboraron neles.

Page 7: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Memorial que contén a Relazón da carta xecutoria

Festas Minervais de 1697

Ponte do Pasatempo

A min chaman Todomira

señora do gran tesouro;

por estrela clarecida

xago neste Valedouro.

Mais traidor foi que un mour

o vilán que me vendeu

que de Lugo a Ribadeu

todos me tiñan temour

de min, a triste Frouseira

que por traición foi vendida,

derrubada na ribeira,

que xamais se veu vencida.

Fragmento do Pranto da Frouseira

Page 8: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Un dos primeiros textos histórico-literarios relacionados con Mondoñedo é a obra en prosa coñecida como Relazón da carta xecutoria, onde se relata o axustizamento do Mariscal Pero Pardo de Cela a fins do século XV, nobre que se enfrontou aos Reis Católicos en defensa dos intereses galegos. Este relato incorpora tamén fragmentos en verso, como o famoso poema “Pranto da Frouseira”, onde se transmite o laio pola traizón que os propios homes do Mariscal lle fixeron revelando onde se atopaba agochado para que puidesen prendelo e acabar con el os soldados dos Reis Católicos.

Mais os primeiros autores mindonienses de nome coñecido foron Xosé Castillo Trigo e Lucas de Miranda Méndez de Cancio, escritores en castelán e latín que participaron en 1697 nun volume colectivo dedicado a Alonso de Fonseca, un dos fundadores da Universidade de Santiago, que levou por título Festas Minervais.

AGORA TI

1.Busca información sobre o personaxe histórico de Pero Pardo de Cela. Descobre que era a Frouseira e se aínda segue existindo.2.Investiga que foron as Festas Minervais e procura descubrir porque levaban ese nome.

Page 9: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses
Page 10: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

No século XVIII e primeiros anos do XIX en Mondoñedo, continuando cunha tradición iniciada na Catedral de Santiago no século anterior, formouse un importante grupo de cultivadores de vilancicos en galego ao redor da súa catedral. Os autores máis coñecidos deste tipo de composicións foron Antonio María de Castro e Neira (Mondoñedo, 1771-1826), os irmáns Luís Corral Rodríguez (Mondoñedo, 1784-1830) e Xosé María Corral Rodríguez (Mondoñedo, 1783-1843) e mais Xacinto Romualdo López e López Bolaño (Ribadeo, 1808- Mondoñedo, 1895). Todos eles constitúen a que se coñece como Escola de Cantores Mindonienses do Nadal.

Estes poemas narrativos, moi relacionados coa literatura de tradición oral e os romances relixiosos, foron famosos non só no Mondoñedo e na Galicia da época, senón que por aquel tempo foron cantados vilancetes en galego polo tempo do Nadal en catedrais de diferentes lugares de España e Portugal.

AGORA TI

1.Procura información sobre algúns autores de vilancicos importantes da Escola Compostelana do século XVII. Busca tamén algúns datos biobibliográficos sobre os autores mindonienses que se citan no texto.2.Investiga que é un romance e como son os romances relixiosos. Compáraos cun vilancete e di en que se che parecen e en que non.

Page 11: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Cunquiña deleitosa,onde todo frolece, e todo medra;recuncho que ós magoados dás refolgosco incenso da malezai a sombra dos seus soutos caladiños,i a iauga das súas fontes, limpa e fresca,¿botarás algún día de entre os fiunchos,e os infantes da veiga,tanta limacha mouracomo nila se atopa en donde quera,e, fuxindo do sol, sempre arrastrados,i a poder de rastrexo, a todo chegan,e que todo che enliman,cando todo no-adentan?...¡Dios te libre da praga, e faiga logoque o teu vale, Vatibria, limpo vexasde cantos do teu comen,e non sucan teu pan, nin nele segan!...

Page 12: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Ora ben o primeiro gran escritor da tradición literaria mindoniense é sen dúbida o poeta Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, 1954-1912), quen, despois de estudar no seminario mindoniense, pasou a Santiago en 1870 a cursar Medicina, licenciándose en 1877. Como médico exerceu toda a vida en Mondoñedo, onde morreu en 1912. Da súa autoría é o volume poético Cantares gallegos (1911) e o estudo médico en coautoría con Pastor Taladrid Pereira Apuntes para la geografía médica del distrito de Mondoñedo (1910). Moitas outras composicións súas espalladas pola prensa do país de fins de século XIX e primeiros do XX foron recollidas polos distintos editores modernos dos seus textos, que tamén deron conta da súa obra como traductor ao galego, como narrador e como poeta en castelán.

A súa poesía abala entre o paisaxismo intimista doutros escritores do XIX e a poesía social de forte denuncia antieclesiástica ou de carácter patriótico.

AGORA TI

1.¿Coñeces algún outro libro dalgún outro autor galego que se titule tamén Cantares gallegos?2. Procura poemas de Leiras Pulpeiro nos que se distinga a súa escrita paisaxista intimista, social antieclesiástica e social patriótica.

Page 13: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

PRÓS DA PAULANaide mellor que vosoutros

sabe, queridos paisanos,que a penas si eu son un pobre,insignificante bardo,rudo para as “etiquetas”,sin méritos pra agasallos.

Conste que baixei á vilapola gratitú forzado;e para ben persuadirvosde que nin pra xuglar vallo,procurarei (coa licenciados máis vellos), decir algo.

A Gaia Ciencia dos vatesque en Mondoñedo privaron,por disposición do OlimpoLeiras e mais eu a herdamos.

Particiós feitas, distintosrumbos seguimos entrambos.El gustaba da Mariña:o seu numen soberanovía “as cabezas erguidasdos nove pinos do Castro”,i encaraba, destemido,os vagallós do mar bravo.

Á miña musa prestoulleunha fadiña o refaixo,i anduvo polos carreirosdos montes coloreando...

Mentras foi pícara novapra ela non houbo descanso:as airas das Coruxeiras,de Cesuras os ribazos,e de Romariz os felgosi o Santo Cristo do adro,poideran serme testigosde canto a tentou o diaño... Moza vedraia, cousiñashumildes a embelesaron:unha lágrima da auroraantóxaselle un palacio,i amárgalle non ser reinapara poder habitalo...

De presente, a miña xoiaten moitos cabelos brancos...Antes que as contas de alxófar,impórtanlle as do resario,e da Virxen dos Remedios,que os da Paula idolatramos,se aprouxima, coas maus dreitas,os cos peíños descalzos,triste, presentindo as noitesde inverno no campo santo...Leiras e Veiga lle acenan,e, raposiñando, os anos,inda que terca resmunga,fanna camiñar pra baixo...

Máis desque Dios a recolla,i en pena dos seus pecadosnin fiíño de la quededa fimbria do seu refaixo,¿esquencerá Mondoñedoos píncaros do Parnaso?¿Non xerarán máis que ortigas,solo rendirán samargosermos, que pra alcanzar rosasde cen follas, desbravamos?¿I ha desparecer conmigo,vai a expirar nos meus labioso gallego, esta faliña,“Cristo das lenguas”, que exalto?

¡Mil veces non! Tentadoresollos, que eclipsaran astros,pedindo están novas liras,farán nacer novos cantos...I a Fala, ¡a floriña humildedos ermos!, o Idioma patrioen que as fonteliñas rezane garulan os paxaros,aínda máis que á rosa de ouro¡que bendice o Padre Santo!¡máis aínda, Pai do ceio,o veneran meus paisanos!,i ha ser sempre, cal noutrorafoi o numen do Rei Sabio,prós desterrados, ¡suspiro!,e prós opresores, raio.

Page 14: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

O outro grande escritor mindoniense desta época histórica foi o tamén poeta Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1969-Viveiro, 1947). Como Leiras, tamén se formou no seminario mindoniense e logo cursou estudos de Maxisterio –que non rematou– pasando a actuar como mestre primario en diversos lugares de Galicia. Ademais de moita obra poética en xornais e revistas, publicou en volume o poemario Montañesas (1904), que, aumentado e refundido, deu lugar a Do ermo (1920). Foi autor tamén dos poemas De ruada (1895) e Leite fresco (1898) –logo incluídos nas sucesivas edicións de Do ermo–, do prólogo “Un-has palabriñas” para o libro Balsaminas (1899) de Arturo Sánchez Núñez, dun relato en galego costumista e humorístico titulado “¡Vai torta!” (1904), do volume paremiolóxico Como falan os brañegos (1928), e do cantigueiro popular A Virxen y-a paisanaxe (1914).

A súa poesía repártese entre as composicións de carácter lírico, os textos de natureza social, os poemas humorísticos e os de circunstancias.

AGORA TI

1.Procura no dicionario o significado de paremiolóxico.2.Atopa poemas de Noriega Varela que exemplifiquen as distintas temáticas características da súa obra.

Page 15: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

De rapaz, con seus irmáns

Con vinte anos

Cos seus amigos Del Riego e Carballo Calero

Moceando

Amor de auga lixeira,

Muiñeira.

Amor de auga tardeira,

Ribeira.

Amor de auga frolida,

Cantiga.

Amor de auga perdida,

Ña amiga.

A Preguerra

Page 16: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

A Posguerra e a Democracia

Cos seus fillos César e Alvaro

Diante da Porta Santa

Doutor Honoris Causa

Cos seus amigos Blanco Amor e Celso Emilio

Con varios familiares e amigos

Con Risco

En Mondoñedo

Con Otero Pedrayo Coa súa irmá Carmiña

Page 17: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

A obra

Page 18: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Instalados xa en pleno século XX viña ao mundo o máis importante dos escritores mindonienses, Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta das máis variadas temáticas, xornalista, nigromántico, periodista deportivo etc. etc. foi, todo e máis, Álvaro Cunqueiro. A súa obra –políglota en canto á lingua, aínda que principalmente bilingüe en galego e castelán– é un fito obrigado e punto de referencia ineludible nas historias da literatura tanto galegas coma españolas. O influxo do seu universo creador nos escritores galegos posteriores foi importantísimo e o conxunto da súa obra é hoxe lida e estudada como a dun clásico galego e universal. Títulos como Mar ao norde (1932), Cantiga nova que se chama riveira (1933), Poemas do si e non (1933), Dona do corpo delgado (1950), Merlín e familia (1955), O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958), Escola de menciñeiros (1960), Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961), Xente de aquí e de acolá (1971) ou Os outros feirantes (1979) constitúen a mellor demostración da impresionante altura literaria deste escritor.

AGORA TI

1.Busca nalgunha fonte de información a que xénero pertencen cada un dos libros aquí citados.2.Investiga sobre a faceta profesional de Cunqueiro: ¿que formación tivo?, ¿a que se dedicou amais de a escribir ficcións?, ¿onde traballou?, ¿que relación tivo a súa dedicación laboral coa súa escrita?

Page 19: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Estatua da Fonte dos Pelamios

Celestino Cabarcos Suárez

Daniel Pernas Nieto

Xosé Crecente Vega

Xosé Trapero Pardo Eduardo

Lence Santar

Page 20: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Moitos outros escritores notables formaron parte da escola mindoniense no pasado século, ben por ter nacido no propio Mondoñedo ben por terse formado nel ou vivir unha parte decisiva da súa vida alí. Entre os máis destacados cóntanse os poetas e cóengos Celestino Cabarcos Suárez (Alaxe, Ferreira do Valadouro, 1883-San Vicente de Lagoa, Alfoz, 1961), Daniel Pernas Nieto (Quende, Abadín, 1884-Mondoñedo, 1946) e Xosé Crecente Vega (Castro de Rei, 1896-Segovia, 1948), o xornalista Xosé Trapero Pardo (Castro de Rei, 1900-Lugo, 1995), o historiador Eduardo Lence Santar (Mondoñedo, 1876-1960) e, sobre todo, o poeta e tamén periodista Xosé Díaz Xácome (Mondoñedo, 1910-A Coruña, 1998).

Este último publicou sendo moi novo o seu primeiro poemario, Primeiras cantigas do amor (1936), prologado polo seu amigo Cunqueiro. Logo daría a coñecer títulos como Pombal (1963) e Muíño fidel (1983) e dedicaría a súa vida ao xornalismo nos periódicos El Pensamiento Navarro, Faro de Vigo e La Voz de Asturias.

AGORA TI

1.Investiga que obras publicaron os autores citados no primeiro parágrafo e indica a que xénero pertencen.2.Profunda na biografía destes escritores e tenta descubrir cal é a razón que levou a Mondoñedo a aqueles que naceron fora desta cidade.

Page 21: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

César Cunqueiro

Marina Mayoral

Antonio Reigosa

Page 22: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses

Na actualidade proseguen a tradición literaria mindoniense diversos autores, mais tres nomes salientan de entre todos: César Cunqueiro (Mondoñedo, 1941), Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) e Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo, 1958).

César Cunqueiro, notario de profesión, publicou en galego a novela Beatum corpus (1993), ademais do relato satírico “A morte de Nancy Reagan” (1988). Como ensaísta literario publicou en 1991, ano no que se dedicaba o Día das Letras Galegas a Álvaro Cunqueiro, varios artigos sobre a figura de seu pai.

Marina Mayoral, profesora universitaria de literatura, é unha destacada escritora tanto en castelán coma en galego. Na nosa lingua publicou as novelas Unha árbore, un adeus (1988), O reloxio da torre (1988), Chamábase Luís (1989), Tristes armas (1994), Ao pé do magnolio (2004) e Case perfecto (2007), ademais do libro de relatos Querida amiga (1995).

Antonio Reigosa, guía cultural de museo, é un dos autores infantoxuvenís máis importantes da literatura galega actual. Entre os moitos textos que leva publicados –grande parte deles relacionados coa nosa literatura de tradición oral– destacan títulos como Memorias dun raposo (1998), Resalgario (2001) ou Bacoriño (2004).

AGORA TI

1. Fai unha pequena investigación e amplía a información biobibliográfica destes tres importantes escritores mindonienses actuais.

2. Investiga pola túa conta e tenta descubrir algún outro nome de autor mindoniense dos nosos días.

Page 23: Unha cidade con historia Os centros de saber Os pioneiros Un nadal perpetuo Dacabalo de dous séculos Cunqueiro, o incomparable Outros escritores mindonienses