24
A historia do camiño de Santiago en formato noticia 1 A partir do século V, a Península Ibérica deixa de ser unha provincia do imperio romano para convertirse nun reino visigodo coa capital en Toledo. No ano 710 morre o rei visigodo Witiza e os nobres e bispos elixen como sucesor a Rodrigo, duque da Bética; pero os partidarios de Witiza queren que sea rei o fillo deste, Agila, duque da Tarraconense, e pídenlle axuda aos árabes do norte de África. Os árabes entran en España por Xibraltar e derrotan a Rodrigo na batalla de Guadalete en xullo do 711. Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro) BATALLA DE GUADALETE

Unha historia do camiño

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Historia do camiño elaborada polo alumnado de 5º de primaria dentro do PDI (proxecto documental integrado): Camiño de Santiago

Citation preview

Page 1: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 1

A partir do século V, a Península Ibérica deixa de ser unha provincia do imperio romano para convertirse nun reino visigodo coa capital en Toledo.

No ano 710 morre o rei visigodo Witiza e os nobres e bispos elixen como sucesor a Rodrigo, duque da Bética; pero os partidarios de Witiza queren que sea rei o fillo deste, Agila, duque da Tarraconense, e pídenlle axuda aos árabes do norte de África.

Os árabes entran en España por Xibraltar e derrotan a Rodrigo na batalla de Guadalete en xullo do 711.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

BATALLA DE GUADALETE

Page 2: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 2

Despois da morte de Rodrigo, os árabes seguen ocupando a Península Ibérica e no ano 716 toda a Península, agás os sistemas montañosos cantábricos e pirenaicos, é un emirato (provincia) dependente do califato de Damasco. A súa capital é Córdoba.

No ano 722, un nobre visigodo chamado Pelaio e un grupo de astures derrotan aos árabes na batalla de Covadonga. A partir de aquí fórmase o reino de Asturias e Pelaio, o seu primeiro rei, establece a corte en Cangas de Onís e goberna o reino ata a súa norte no ano 737.

Os seus sucesores continúan coa Reconquista, loitando contra os árabes e conquistando máis terras. O seu xenro Alfonso I O Católico conquista Galicia, o norte de Portugal e León.Máis tarde Alfonso II establece a capital en Oviedo.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

BATALLA DE COVADONGA

INVASIÓN ÁRABE

Page 3: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 3

Durante o reinado de Alfonso II, a principios do século IX, entre os anos 820 e 830, sucede un feito de extraordinaria importancia que axuda a consolidar o reino de Asturias e contribúe ao esforzo da Reconquista contra os musulmáns: a suposta aparición en terras galegas dos restos do Apóstolo Santiago o Maior.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

DESCUBRIMENTO DA TUMBA DO APÓSTOLO SANTIAGO

Page 4: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 4

Santiago o Maior foi o apóstolo que predicou nas terras máis lonxanas entre as coñecidas despois da morte de Xesús e, segundo a tradición, chegou ata España.

En España as súas doctrinas non eran moi ben recibidas e aparecéuselle dúas veces a Virxe para animalo, unha en Muxía e outra en Zaragoza.

Conta a lenda que en Muxía, cando estaba paseando pola beira do mar desanimado polos poucos progresos da súa predicación, aproximóuselle unha barca de pedra na cal viaxaba a Virxe que o animou a seguir co seu labor asegurándolle que sempre estaría ao seu lado. Despois desapareceu e alí quedaron os restos da nave como proba daquel suceso.

Despois da predicación Santiago regresa a Palestina, e alí, o rei Herodes Agripa condénao á morte por decapitación no ano 44 da nosa era.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

O APÓSTOLO SANTIAGO

Page 5: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 5

Segundo a tradición, despois da morte do Apóstolo Santiago, dous dos seus discípulos, Atanasio e Teodoro, recollen o seu corpo e a súa cabeza, tranos nunha barca a través do Mediterráneo, o océano Atlántico e o río Ulla ata Iria Flavia (Galicia), a un lugar que denominaron Pedrón pola pedra á que amarraron a barca e que hoxe, supostamente, se conserva baixo o altar da igrexa de Santiago en Padrón.

Logo póñense en contacto coa raíña Lupa, señora desta comarca, para poder enterrar o corpo do seu maestro nestas terras. A raíña facilítalles un carro de bois e trasladan o corpo ata o monte Libredón e entérrano alí.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

A TRASLACIÓN

Page 6: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 6

Pasados nove séculos, no ano 813, conta a lenda que un ermitaño chamado Paio observa durante varias noites unha chuvia de estrelas sobre o monte Libredón.

Informa o bispo de Iria Flavia Teodomiro e éste diríxese co seu séquito ao lugar indicado.

Manda limpar o monte e descobre tres tumbas nun antigo cemiterio romano, unha delas ten unha inscrición que di “Aquí xace Xacobo, fillo de Zebedeo e Salomé, e irmán de Xoán”.

O bispo comunícallo ao rei Alfonso II e ao Papa.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

APARICIÓN DA TUMBA

Page 7: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 7

Cando o bispo Teodomiro pon en coñecemento do rei Alfonso II de Asturias o achazgo dos restos do Apóstolo en terras galegas, éste acode rapidamente desde Oviedo para visitar o lugar e constatar a milagrosa aparición.

Ao verificalo manda construír unha humilde capela dedicada ao culto do Apóstolo, á protección dos seus restos e ao refuxio dos peregrinos que se achegasen alí.

(

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

O REI ALFONSO II ACODE Á TUMBA DO APÓSTOLO

Page 8: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 8

A sona de Santiago empeza a medrar e, conta unha lenda que, o mesmo emperador francés, Carlomagno, peregrina a Compostela despois de que se lle aparecese o Apóstolo en soños e lle encomendase que librase as terras de Galicia dos mouros.

A afluencia de peregrinos vai aumentando, a capela construída por Alfonso II faise pequeña e o rei Alfonso III mándaa ampliar respectando a construción anterior como cabeceira e engadindo tres naves.

A obra acábase no século IX, e é consagrada polo mesmo rei no ano 899.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

CARLOMAGNO

AMPLIACIÓN DA CAPELA

Page 9: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 9

Segue a Reconquista e en maio do ano 844, prodúcese no denominado Campo da Matanza, nas cercanías de Clavijo, A Rioxa, a suposta batalla de Clavijo.

Segundo a lenda, o rei astur Ramiro I negouse a entregarlles aos musulmáns 100 xoves como resultado do pacto que tiñan cos seus antecesores a cambio de que fosen respectadas as súas terras.

Como consecuencia, entáblase unha batalla entre as tropas de Abderramán II e as de Ramiro I en terras rioxanas. Os cristiáns, moi inferiores en número, son severamente castigados e buscan refuxio no monte Clavijo.

E mentres o rei reza en busca dalgunha axuda divina, aparéceselle o Apóstolo Santiago que o anima a enviar as tropas ao campo de batalla sen medo, pois el estará loitando ao seu lado.

Ao amencer os cristiáns preséntanse no campo de batalla dispostos a vencer ou morrer e, animados polo Apóstolo montado sobre un cabalo branco, conseguen unha heroica victoria. Nace así a figura de Santiago Matamoros.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

BATALLA DE CLAVIJO

Page 10: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 10

As loitas entre árabes e cristiáns continúan e no ano 997, un poderoso exército musulmán capitaneado por Almanzor atacou e destruiu a cidade de Santiago de Compostela , agás o sepulcro do Apóstolo, e leva as portas e mais as campás da catedral que utilizan para construir as lámpadas da mezquita de Córdoba.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

ALMANZOR

Page 11: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 11

O rei Bermudo de León ordena reconstruír a basílica que é consagrada de novo no ano 1003 pero esta vez, para protexela de novos ataques saxóns e normandos, o bispo Cresconio rodea o templo de murallas para resgardar a entonces igrexa e protexer a cidade e os peregrins.

Porta de Mazarelos

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

NOVA RECONSTRUCIÓN DA CAPELA ORIXINAL

Page 12: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 12

A peregrinación a Compostela convírtese desde o punto de vista económico nunha auténtica mina de ouro. A masa de crentes que viaxan a Compostela incrementa as riquezas da cidade galega e acelera o desenvolvemento económico dos centros urbanos que rodean o Camiño. En moitos pobos organízanse mercados semanais e feiras anuais como as de Miranda do Ebro, Sahagún, Carrión, etc.

O camiño tamén é a ruta pola que flúen todos os saberes de Occidente e o legado de todas as culturas de Europa: modelos literarios como os cantares de xesta e os estilos artísticos como o románico e o gótico que nacen en Francia chegan a España, e, pola contra, a cultura hispanomusulmana e a dos reinos cristianos chega a Europa.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

O CAMIÑO RUTA RELIXIOSA, CULTURAL

Page 13: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 13

Corrente que se desarrollou no occidente europeo durante os séculos XI, XII e parte do XIII. Naceu en Francia. Entrou en España a través do Camiño de Santiago. Moitos artistas europeos entraron na península e fóronse establecendo ao longo do Camiño e desenvolvendo diferentes obras. Caracterízase polos arcos de medio punto, as grosas paredes e a pouca luz, todo o contrario do estilo gótico. Os monumentos principais do románico español son: a catedral de Santiago de Compostela, as catedrais de Jaca, Santo Domingo de Silos (na imaxe), Santo Domingo de la Calzada…

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

ESTILO ROMÁNICO

Page 14: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 14

O auxe de peregrinos é imparable e Santiago convírtese nun dos primeiros centros de peregrinación dos cristiáns, xunto con Roma e Xerusalén. A basílica, pese ás ampliacións, faise cada vez máis pequena e o bispo de Santiago Diego Peláez proponlle ao rei Alfonso VI de León a construción dunha igrexa maior. As obras da actual catedral comezan no ano 1075 da man do mestre Bernardo seguindo as pautas das grandes igrexas da peregrinación: unha gran cruz latina de tres largas naves de estilo románico.En 1211 o Mestre Mateo e o seu taller finalizan as obras grazas ao impulso do arcebispo Xelmírez e os conde de Galicia, Ramón de Borgoña e Dª Urraca.A catedral consagrouse o ano da súa finalización coa presenza do rei de León e Galicia, Alfonso IX.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

CONSTRUCIÓN DA CATEDRAL

Page 15: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 15

Fillo do conde Gelmiro serviu como notario dos condes de Galicia Raimundo de Borgoña e Dª Urraca (filla de Alfonso VI). Por influencia deles foi nomeado bispo de Santiago no 1100.O seu bo entendemento con Roma e co rei Alfonso VI permitiulle acadar para Santiago unha serie de privilexios como o de acuñar moeda, o de rematar as obras da Catedral e o de dar a coñecer o culto do Apóstolo, entre outros, conseguindo para Compostela unha das etapas máis brillantes.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

DIEGO XELMÍREZ

Page 16: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 16

Foi escultor e arquitecto e desenvolveu a súa labor nos reinos cristiáns medievais da Península Ibérica durante o século XII.A súa obra máis importante foi o Pórtico da Gloria, no que se supón que el mesmo aparecía de xeonllos cara ao altar detrás da columna do parteluz.A lenda conta que cando o arcebispo foi ver os traballos que estaba realizando, interesouse por unha figura que non recoñecía situada no centro da obra. O Mestre contestoulle que era el mesmo pois considerábase merecedor de ocupar ese lugar preferente. O arcebispo reprochoulle a súa vanidade.Tempo despois, cando o clérigo foi ver de novo a obra, xa a figura cambiara de posición para a parte de atrás da columna, e é así como se atopa na actualidade.Antes de comezar os traballos do Pórtico, o seu taller terminou as naves da catedral, construíndo para eso unha cripta que salvaba o desnivel entre o piso das naves e o terreo do redor, e o coro pétreo que hoxe se conserva no museo da catedral.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

MESTRE MATEO

Page 17: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 17

O Pórtico da Gloria da catedral de Santiago é un pórtico de estilo románico realizado polo Mestre Mateo e os seus colaboradores por encargo do rei de León Fernando II que donou a tal efecto 100 maravedís anuais entre 1168 e 1183, data esta última que consta inscrita na pedra indicativa da súa finalización.A obra orixinal estaba policromada de branco, negro, vermello, azul e dourado. Na Idade Media constituía a porta de entrada á catedral e estaba aberta ao exterior. Na actualidade está detrás da fachada barroca do século XVII.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

PÓRTICO DA GLORIA

Page 18: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 18

No ano 1122, o papa Calixto II distinguiu o santuario de Compostela proclamando o Ano Santo Compostelán. Posteriormente no 1179 o papa Alejandro III estableceu que fora Ano Santo todo aquel no que o 25 de xullo, festividade de Santiago, coincidira en domingo, día en que o bispo Teodomiro descubriu o sepulcro do Apóstolo. Desde entón é Ano Santo cada 6 – 5 – 6 – 11 anos, un total de 14 por século. Este feito provoca a chegada dun número enorme de peregrinos coa intención de alcanzar o Xubileo: a gracia do perdón dos pecados, otorgada a todos os fieis que peregrinan a Compostela durante ese ano .

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

ANO SANTO

Page 19: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 19

Os peregrinos medievais acudían a Santiago desde todas as partes de Europa, sobre todo desde Francia, e desde os

distintos lugares de España seguindo as estrelas da Vía Láctea. Vestían todos o mesmo hábito, roupa de pano escuro e recio, un morral ás costas; na man un bordón furado na parte de arriba para servir de frauta, da que pendía unha seca cabaza que contiña viño tinto ou auga doce; e por fin un sombreiro coas ás abertas polos lados e alzadas por diante para protexerse do sol e da

chuvia. Solían formar grupos, apoiándose uns nos outros , o máis vello no máis xove, o máis débil no máis forte, compartindo cancións e cansanzos. Os peregrinos camiñaban cantando, unas veces para elevar ao aire o gozo do espíritu, outras para alonxar tristezas e desánimos. Pero cantaban sempre. O cantar máis famoso era oRomance de Don Gaiferos .

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

PEREGRINOS MEDIEVAIS

Page 20: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 20

Peregrinaban para rogar pola saúde dalgún ser querido, agradecer unha gracia do ceo, cumprir a penitencia imposta por unha grave culpa deles ou doutros -neste caso facían o camiño por diñeiro e recibían o nome de buscaperdóns- e, sobre todo, para postrarse diante do altar do Apóstolo por buscar a salvación da alma “Quen chega a Compostela ten a alma salvada” era o dito común das xentes de todos os lugares. Pero tamén había quen peregrinaba para facer negocios e, ás veces de forma ilícita, roubando.

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

OBXECTIVOS DA PEREGRINACIÓN

Page 21: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 21

Para protexer os peregrinos de ben, xurdiron personaxes que dedicaron a súa vida a este fin como:Domingo García, Santo Domingo de la Calzada, un pastor que deixou o seu traballo para dedicarse a construir igrexas, albergues, pontes, hospitais… para atender aos peregríns.O seu discípulo San Juan de Ortega que primeiro axudou ao seu maestro para despois continuar coa súa labor.Tamén se fundou a orde de Santiago que foi unha orde relixiosa e militar xurdida no século XII no reino d e León. Debe o seu nome ao patrón de España, Santiago o Maior. O seu obxectivo inicial era protexer aos peregrinos e facer retroceder aos musulmáns da península Ibérica. Encargábanse, entre outras cousas, da xestión de hospitais para peregrins, leprosos e pobres. Na actualidade é unha asociación civil con carácter honorífico e relixioso

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

PERIGOS, ORDE DE SANTIAGO, HOSPITAIS , POUSADAS

Page 22: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 22

A peregrinación alcanzou o seu cénit / máximo auxe durante os séculos XI, XII, XIII gracias á promoción da orde francesa de Cluny, á decidida acción do arcebispo Xelmírez e á vontade dos reis cristiáns Sancho o Maior de Navarra, Alfionso VI de Castela e León, e Sancho Ramírez de Aragón e Navarra. Estes reis cristiáns foron decididos impulsores de Camiño de Santiago trazando nos seus territorios o camiño físico nas zonas que aínda non existía levantando pontes, construíndo igrexas, catedrais, hospitais…, axudando aos mosteiros con doazóns e redimindo de imposto saos peregríns que pasaban polas súas terras

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

CENIT DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Page 23: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 23

A partir do século XV, o número de peregríns foi descendendo por diversos acontecementos como pestes (a Peste Negra de 1348), guerras, fame, malas colleitas, sequías…e é na segunda metade do século XX cando empeza a recuperar a vitalidade doutros tempos, gracias a figuras como o Cardenal Quiroga Palacios. Desde 1950 a chegada de peregríns franceses e doutros lugares de Europa e do mundo é constante.

Tamén nestes anos foron moitos as distincións que recibiu de institucións nacionais e internacionais recoñecendo o seu valor vertebrador, cultural… entre as que destacan:Conxunto Histórico-Artístico en 1962 polo estado español.Premio Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa en 1987Ben Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1993Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2004

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

DECADENCIA DO CAMIÑO, REXURDIMENTO, NOMEAMENTOS

Page 24: Unha historia do camiño

A historia do camiño de Santiago en formato noticia 24

Pero o Camiño francés non é o único que chega a Santiago, existen

outros como:

• Camiño Inglés que pasa polo noso concello.

• Camiño do Norte

• A ruta da Plata

• Camiño Primitivo

• Camiño Portugués

• Camiño Fisterra-Muxía

• Ruta do Mar de Arousa e río Ulla

Todos eles forman parte do noso Patrimonio e debemos coidalos e

disfrutar da súa riqueza paisaxística, artística… COIDÉMOLOS E

DISFRUTÉMOLOS!

Alumnado 5º Educación Primaria (Colexio de Sigüeiro)

OUTROS CAMIÑOS