8
UNIDADE 7 A dinámica da Terra Ciencias da Natureza 2.º ESO VOLCÁNS HISTÓRICOS

UNIDADE 7

  • Upload
    elsu

  • View
    52

  • Download
    1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

UNIDADE 7. A dinámica da Terra. VOLCÁNS HISTÓRICOS. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 7. Volcáns históricos. Preme sobre cada volcán para saber máis. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 7. Volcáns históricos. O volcán de Santorini. - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

Page 1: UNIDADE 7

UNIDADE

7A dinámica da Terra

Ciencias da Natureza 2.º ESO

VOLCÁNS HISTÓRICOS

Page 2: UNIDADE 7

UNIDADE

7

Ciencias da Natureza 2.º ESO

Volcáns históricos

Preme sobre cada volcán para saber máis.

Page 3: UNIDADE 7

UNIDADE

7

Ciencias da Natureza 2.º ESO

•Este volcán entre 1650 e 1500 a.C, provocou a maior erupción da Antigüidade.

• O actual arquipélago de Santorini (Grecia) son os restos dunha grande illa que se destruíu por unha erupción explosiva do volcán que había nela. Cando o volcán estourou, o centro da illa derrumbouse no mar, e só quedaron pequenos illotes cunha caldeira no centro.

•A erupción lanzou grandes cantidades de materiais á atmosfera e o derrumbe da illa orixinou grandes tsunamis.

O volcán de Santorini

• As consecuencias foron desastrosas para civilización minoica de Creta. O tsunami devastou poboacións enteiras, sobre todo nas costas. O clima do planeta enteiro, pero sobre todo do mediterráneo oriental, sufriu cambios que levaron a malas colleitas e fames.

• Existen escritos dos exipcios que afirman que, nunha data que coincide con esta erupción, o ceo escureceuse durante meses, sen verse luz solar ningunha. O mito da Atlántida ou as doce pragas de Exipto foron asociados con esta erupción.

Volver ao menú inicial

Volcáns históricos

Page 4: UNIDADE 7

UNIDADE

7

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• O 24 de agosto do ano 79, o Vesubio (Nápoles) entrou nunha das súas máis violentas erupcións, sepultando as cidades dos arredores (Pompeia e Herculano).

• As nubes de gases tóxicos e unha coada piroclástica ardente arrasaron todo ao seu paso.

•Moitos dos habitantes das cidades refuxiáronse nos seus fogares. Co paso das horas, o aire facíase irrespirable e moitos morreron asfixiados ou enterrados polas cinzas do volcán.

O Vesubio

• Tras varios séculos enterradas, hoxe en día, as ruínas de Pompeia e Herculano ofrecen un testemuño inigualable de como eran as cidades daquela época.

Volver ao menú inicial

Volcáns históricos

Page 5: UNIDADE 7

UNIDADE

7

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• O 1 de setembro de 1730 produciuse a primeira das erupcións do volcán Timanfaia en Lanzarote.

O Timanfaia

Volver ao menú inicial

Volcáns históricos

•As erupcións do Timanfaia expulsaron entre tres e cinco quilómetros cúbicos de materiais, e configuraron boa parte do relevo actual da illa.

•Durante o século XVIII, producíronse numerosas erupcións no arquipélago canario, pero este volcán, permaneceu en activo durante un período de seis anos, durante os cales sepultou dez poboacións e cubriu de lava e cinzas boa parte do sur da illa.

Page 6: UNIDADE 7

UNIDADE

7

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• En abril de 1815, na illa de Sumbawa (Indonesia), tivo lugar a erupción do volcán Tambora, coñecida como “a erupción do milenio”.

•A erupción sentiuse a 5000 quilómetros. A chuvia de cinzas alcanzó espesuras de tres metros en Indonesia, e chegou ata Francia. No océano, formáronse verdadeiras illas de piroclastos, cinzas, pedra pómez..., que dificultaron a navegación da zona durante anos.

• Esta erupción alterou notablemente o clima e o ano 1816 pasou á historia como “o ano sen verán”, xa que as temperaturas foron tan baixas que estragaron as colleitas e provocaron fames.

O Tambora

Volver ao menú inicial

Volcáns históricos

Page 7: UNIDADE 7

UNIDADE

7

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• O 20 de maio de 1883 o Krakatoa comezou unha serie de pequenas erupcións que non alertaron aos seus habitantes. Ninguén sospeitaba que o 26 de agosto un enxordecedor son daría comezo a unha das maiores erupcións volcánicas da historia.

• A erupción durou varias horas ata que, na mañá do 27 de agosto, unha descomunal explosión volaría gran parte da illa en anacos. O son producido foi considerado o son máis forte xamais rexistrado, que enxordeceu aos poucos superviventes que se encontraban en distancias de ata 40 km. Os materiais expulsados chegaron ata os 80 quilómetros de altitude, alterando o clima da Terra por algúns anos.

O Krakatoa

• A erupción, así como os devastadores tsunamis, arrasaron centos de aldeas das costas de Indonesia e mataron a máis de 36000 persoas. Na illa de Sebesi, a 13 quilómetros de Krakatoa, non sobreviviu ningún dos seus 3000 habitantes.

• Hoxe en día, pequenas erupcións están, pouco a pouco, levantando un novo cono volcánico na caldeira que quedou tras aquela gran erupción.

Volver ao menú inicial

Volcáns históricos

Page 8: UNIDADE 7

UNIDADE

7

Ciencias da Natureza 2.º ESO

• O 8 de maio de 1902, tras un tempo mostrando signos de actividade, produciuse a mortífera erupción do Monte Pelée, na illa de Martinica.

• A erupción provocou unha nube ardente chea de gases e cinzas que alcanzou unha temperatura de máis de mil graos centígrados e que se desprazou sobre a cidade de St. Pierre a máis de 670 quilómetros por hora.

• A nube ardente acabou coa vida da maior parte dos 30000 habitantes de St Pierre.

O Monte Pelée

• O 20 de maio, unha segunda erupción destruíu o que quedaba de St. Pierre, e o 30 de maio, unha última erupción provocou outra nube ardente que acabou coa vida de máis de mil persoas de poboacións próximas. Desde entón, o Monte Pelée non volveu mostrar actividade.

Volver ao menú inicial

Volcáns históricos