82

Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Unha antoloxía poética de Uxío Novoneyra

Citation preview

Page 1: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

Uxío Novoneyra

Antoloxía poética

IES San Rosendo

Día das Letras Galegas2010

Page 2: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

2

Page 3: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

3

Introdución

Page 4: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética
Page 5: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

5

Lido por Uxío Novoneyra diante a tumba de

Cunqueiro o 1 de abril de 1989

Abril Álvaro. Vimos dicirche xa é abril. E xa abril es-perta co mover desa rosa á chuvia, ou coa �or máis pe-querrechiña que saca abril da parede ou da pena....Xa pasaron oito das mil primaveras para nosa lingua

que eu che vin pedir. Que pediches, que pedimos....Somos os teus ollos para este val. Chove o sol....Álvaro, e tamén vós: Pacheco, Leiras Pulpeiro, Pascual

Veiga e Lence Santar...

Page 6: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

6

Page 7: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

7

Biografía

Por Darío Xohán Cabana

Uxío Novoneyra -Novo Neira no rexistro civil- naceu o19 de xaneiro do 1930 na aldea de Parada, da parroquiade Seoane ou Savane, preto da impresionante e hoxe míti-ca Devesa da Rogueira. Por parte de nai procedía dunhaestirpe de �dalgos rurais con pazo na parroquia cebreire-ga de Pacios do Señor; por parte de pai, dunha familia depodentes labregos; a súa casa natal era a máis forte daaldea. Chegado o tempo, Uxío estudou o Bacharelato enLugo, onde �xo fraternal amizade co seu estrito coetáneoManuel María, de parecida orixe social. Xunto con el, fre-cuentou o trato de intelectuais da xeración anterior, comoLuís Pimentel -mestre de poesía para os dous-, Ánxel Fole,Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Johán e RamónPiñeiro.Ós 19 anos Uxío trasladouse a Madrid, onde �cou ata

1951 e se matriculou como ouvinte na Facultade de Letras.Voltou a Galicia para facer o servizo militar, coincidiu denovo no campamento de Parga con Manuel María. Re-

Page 8: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

8

matado o período de instrución, os dous foron destinadosa Santiago, onde seguiron en fraternidade, frecuentandode novo Ramón Piñeiro e outros intelectuais e artistas en-tre os cales Otero Pedrayo e Carlos Maside foron talvez osmáis decisivos na súa formación.Estando en Santiago, Novoneyra enfermou dunha pleu-

resía que o tivo ás beiras da morte e lle deixou longassecuelas. Aínda que ás veces facía pequenas escapadas aLugo, a Compostela, a Madrid e a outros lugares, entre1953 e 1962 viviu case recluído no Courel. Cando volveupara a aldea, había nela veciños vidos de fóra: María Mari-ño Carou e o seu marido Roberto Pose, mestre de Paradae antigo militante das Mocedades Galeguistas, os dous enamizade cordial coa súa familia, propietaria da casa da es-cola. A fraternal relación cotiá entre o mozo poeta, que xaescribira Os eidos, e aquela complexa muller de Noia, xade mediana idade e cunha cultura máis fragmentaria, foide parte a parte unha das grandes e frutíferas amizadesliterarias de Galicia.En 1962 Uxío radicouse por un tempo en Madrid, onde

traballou en programas de radio e televisión como comen-tador e recitador de poesía, e onde mantivo unha fraternalamizade co pintor Reimundo Patiño e participou nalgu-nhas actividades do grupo Brais Pinto, ademais de fre-cuentar unha certa bohemia nucleada no Café Gijón. Des-ta época debe datar tamén a súa amizade co gran poetagalego de expresión castelá Carlos Oroza. Pero en 1966volveu para a casa, reclamado pola vellez e enfermidadede seus pais, e seguiu residindo no Courel. Contra 1968

Page 9: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

9

coñeceu a lucense Elba Rei -�leve azafrán entre laranxae cera�, diría moitos anos despois en verso perfecto- coaque casou en 1973 e coa que tivo tres �llos, Branca-Petra,Uxío e Arturo. Elba Rei é enfermeira; de casados residi-ron durante anos no Courel, ou máis ben entre o Courele Lugo, até que en 1983 se radicaron en Santiago; o anoanterior Novoneyra fora elixido presidente da Asociaciónde Escritores en Lingua Galega, cargo que ostentou até asúa morte.Nestes anos composteláns, Novoneyra incrementou aín-

da máis a súa actividade pública, que se viñera facendocada vez máis intensa dende mediados dos setenta, conducias e ducias de intervencións e recitais, a miúdo multi-tudinarios, que o levaban por asociacións culturais e logopor centros de ensino de toda Galicia. A súa poderosa voze o seu sabio e delicadísimo manexo de todos os recursosda expresión oral e corporal �xeron del un recitador -elprefería a palabra �dicidor�- inimitable, non só dos seuspropios poemas, senón tamén dos alleos, e especialmentedas cántigas dos trobadores. Á súa condición de poetaxenial unía varias condicións persoais que o converteronnun auténtico mito: unha bondadosa inxenuidade de nenoenorme -Mozo Grande, díxolle Ferrín-, un radical compro-miso cívico co pobo e coa lingua e unha insubornable etranquila honestidade na súa vida.Uxío Novoneyra morreu en Santiago de Compostela can-

do apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de1999, e foi enterrado en Lugo, no cemiterio municipal deSan Froilán.

Page 10: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

10

Page 11: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

11

Bibliografía

Os eidos, Galaxia, Vigo 1955. Con prólogo de RamónPiñeiro. A maioría dos poemas deberon ser escritosen 1952 e nos principios do 53.

Elexías do Courel e outros poemas [edición bilingüe,indebidamente titulada en castelán pola editorial],Colección Adonais, Rialp, Madrid 1966. Reeditadoco título de Tempo de elexía, Vía Láctea, Oleiros1991. Esta nova edición incorpora algúns poemas damesma época e introduce outros pequenos cambios.

Os eidos-2, Galaxia, Vigo 1974. Contén poemas casetodos posteriores ós d'Os eidos. Inclúe a Letanía deGalicia, daquela xa célebre.

Poemas caligrá�cos, Brais Pinto, Madrid 1979. Con-tén poemas xa publicados antes, pero agora bela-mente manuscritos con grafía xestual polo autor, eun limiar de Reimundo Patiño.

Page 12: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

12

Os eidos. Libro do Courel, Xerais, Vigo 1981. Reúneos libros Os eidos de 1955 e Os eidos-2, con algúnsdos seus poemas retocados e reordenados, e incor-pora algúns outros posteriores a 1974. É a ediciónde�nitiva do seu libro central.

Muller pra lonxe, Deputación Provincial de Lugo,1986. Contén poemas de amor, algúns procedentesdoutros libros e algúns novos, ilustrados con caligra-fías do autor e debuxos de Carlos Pardo Teixeiro.Leva un epílogo de Claudio Rodríguez Fer, e é unhabela edición de arte.

Do Courel a Compostela, Sotelo Blanco, Santiago1988. Contén poemas de diversas épocas e proce-dencias, dispersos ou doutros libros, con caligrafíasdo autor. Inclúe entre outros moitos o mítico Viet-nam Canto, a Letanía de Galicia e o romance deManuel de Ribadaira, conformando un libro de grandensidade cívica e lírica.

Poemas da doada certeza i este brillo premido entre

as pálpebras, Espiral Maior, A Coruña 1994. Reúnepoemas escritos nos anos inmediatamente anteriores,todos inéditos ou dispersos.

Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras

rotas, Hércules de Ediciones e Xerencia de Promo-ción do Camiño de Santiago, A Coruña 1998. É librotodo ou case todo novo.

Page 13: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

13

As fotografías que acompañan os textos de Novoneyraproveñen do sitio web http://www.uxionovoneyra.com.A biografía e a bibliogra�a do autor proveñen da páxina

da RALG.O texto de Novoneyra que encabeza esta antoloxía provén

da páxina da Asociación de amigos de Mondoñedo.

Page 14: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

14

Page 15: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

15

Os eidos

Page 16: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética
Page 17: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

17

Figura 1: Uxío Novoneyra

Page 18: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

18

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben o pouco que é un home...

1952

Page 19: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

19

Page 20: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

20

HEIN d'ir o Pía Páxaro i a Boca do Farodeitarme na Campa da Lucenza nun claro.Hein d'ir á Devesa da Rogueira i a Donísó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís.Hein d'ir a Lousada i a Pacios do Señora Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor.Hein d'ir ó Cebreiro pasar por Liñaresrubir ó Iribio a Cervantes i a AncaresHein d'ir a Cido i a Castro de Bríobaixar i andar pola aurela do río.Hein d'ir a Céramo cruzal'o Faro i entóndebrocar pra baixo cara Oéncia e León.Hein d'ir a Vales i a Pena da Airexai a un eido solo onde ninguén me vexa.

Page 21: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

21

Page 22: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

22

TERRA moura das montañas!boa terra que das augae teis auga nas entrañas

Page 23: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

23

TERRAS érmedas do Freixeiro!Montes irados!Pobos pobresque se foron quedando nos ósos!

Page 24: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

24

COUSOS do lobo!Caborcos do xabarín!Eidos solosonde niguén foi nin ha d'ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do boscomovendo nas �airas dos teixosruxindo na folla dos carreirosen busca da vagoada máis sola e máis medosa...

Rastrexapárase e venta�nca a pouta ergue a testa e oula cara o ceocon toda a sombra da noite na boca.

Page 25: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

25

Figura 2: Uxío Novoneyra

Page 26: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

26

Panos brancoses�añados

da nebraouveando polos vales

polos soutosi as devesas marelas

en busca dun caborcoou dunha valiña outa

que os acollai os faga acougar!

Fiañas da nebrarubindo

e baixandoá gaiola do aire

polas serras érmedase polos soutos despidos

do Nadal!

Page 27: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

27

NEVA no bico do cumeneva xa pola ladeiraneva no teito e na eira.

. . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . .

Eu a ollar pro lumei o lume a ollarme.O lume sin queimarmefai de min fume...

Page 28: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

28

FIANDEIRA namoradaque fías detralo lumecos ollos postos nas chamasroxiñas brancas i azules.

Fiandieriña que fíasnas noites do longo invernoas liñas máis delgadiñasque o fío do pensamento.

Cai a neve branca forariba dos teitos caladamentras ti fías e soñasnunha cousiña lonxana...

Page 29: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

29

A Branca-Petra do Courel

NO bicarelo do bico do brelocanta o paxariño.No mesmiñobicarelo do bico do brelo.

Page 30: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

30

VAN as nebrasó ras da Lucenza.

Alumean os chotosno Chao do Longo.

Brillan os bargosno Taro Branco.

Oulan os lobosnos Fócaros.

Laia o apertadorno Val Arcón.

Aturula a curuxana Serelluda.

Oise ó lonxeo ruxir das fontes...

Page 31: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

31

PRADOS da Veiga do XalDe Cido e da ReboleiraOnde se avista O RealI a xente que vén da feira!

Iba eu polos camiñosOra cantaba ou xubriabaDe cando en cando parabaA varexar os espiños.

Tódalas tardes traguíaGargantillas de morodosI arandos que eu collía.En chegar comíos todos.

1952

Page 32: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

32

CAIN as follas...Sinto unha cousa

que se apousa en min e non me toca...

Page 33: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

33

O LAIO

ESCURECEN os penedos.Baixa a sombra do ucedoaniárseme no peito.

Inorde un tras outroforon morrendo os meus soñose quedéin solo de todo.Estoun solo como un lobo,oubeando cara a noite.Angustia de morte!Arelanzas de louco!

Ista door! Ista door! Istadoor miña!

Berro caido nun couso.A door alúmame todoe ollo a morte no fondo...

1953

Page 34: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

34

SEGÚN a tarde vai caindovánseme sumindoos soños na sombra e vai rubindo

a door.

Según a noite vai entrandovánseme afogandoos soños na sombra e vai medrando

a door.

Según a noite vai enchendovánseme perdendoos soños na sombra e vai podendo

a door.

1954

Page 35: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

35

DEVESA DA ROGUEIRA

BIDUEIROS cimeiros!Pena das Augas!Xardois teixosrebolos tocos faias derrubadas!

Camiño da Veneira!Carreiro dos dez regueiros!Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairaspincheiras e pincheiras!

/

Eiquí sempre foi bosque...

Ruxir soloda fonte do corzo!Barbas do mofopingando dos toros!

Page 36: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

36

CONVOSCO falo con vós el Rei Alfonso Esguío e TorneolPero Meogo e Mendiño que levades a frolcon vós el Rei don Denís de Portugal Per AmigoRoi Fernández de Santiago Martín Códax de Vigocon vós galegos de voz xorda galegos de cristalXoán Airas Airas Nunnes Bernal de BonavalMartín de Padrocelos perto donde eu nacínEsteban Coello a �emosa fía e canta manselínXohán Zorro o da bailada i as barcas en LisboaCerceo Bolseiro o de Armea o de Guillade o de Ambroai o da Ponte Lourenzo Martín Moxa Eanes do CotónRoi Paes Soares Lopes Lopo Lías e tantos máis que soni entre tódalas soldadeiras sóla ti María a Balteirabelida dos dados donda da danza primeira.

Son eu trovadores do pensarque non se debe ter por trovadortrovador que trova por trovarsin ser da tal coita sofridorque non pudera nin rebrer calar.

E non é menester que vos digapra quen vai derrita esta cantiga.

Page 37: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

37

CANTA a fontiñacanta a fontelae anque a canción é delaten unha cousa miñapola que podo entendela.

Page 38: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

38

A mañá limpa como o ollo do galo i eu tiñao ar de anduriña.

O sol que locíai eu víai eu ouvíacantar o día.

Page 39: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

39

Tempo de elexía

Page 40: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética
Page 41: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

41

Figura 3: Uxío Novoneyra

Page 42: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

42

O MOUCHO DA ALAMEDA / LUGO

MOUCHO que cantas pra noite quedana sombra das �airas tecidas,ti fais distas arbres de cidadeun bosque antigo no que eu estuven sempre.

Oíndote, esquezo as casas apezadas d�orredorque o teu canto iñora.

Moucho,nós non somos para vivir esquí.Os dous viñemos de lonxee tornaremos outra vez para aló,onde o noso misterio se acai.

Ti iraste, despois que eu me vaia,unha noite que ninguén velenesta cidade de nebras e campás vagariñas.

Maio 1957

Page 43: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

43

A Herminio Barreiro e Manuel Pino estudiantes

LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do Metro,nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresaltona gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio pre-

guntado.

Vélante os xóvenesi os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.Cando vexo un neno penso en tie si oio un bruído sin nome,coido que ti chegas i acude todo o sangre.

Todo bruído sin nome é un agoiro.

1962-64

Page 44: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

44

Page 45: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

45

Muller pra lonxe

Page 46: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética
Page 47: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

47

Figura 4: Uxío Novoneyra

Page 48: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

48

SEI como estará a noite ó teu ladomerlo que agardas o canto que nunca tuveche no bosque.Tamén eu atendín o silencio na forza da sede que vela.

AMIGA lene de horas solas -choiva e bosque-!Gracia antiganas tuas maos gárdanse os ritos esquecidos.D'elas ós teus ollosa miña ollada ergue o prego xordo de quen quere ter senso.Mais inda no pulo do amoreu sei que só podemos aspirar a un tempo d'intres.Non lle neguemos nada a esta hora nosa.Logo volverán os días en que todo se vira.Sí amiga non temos nada que non se perda doadamente.

SEI o teu xeito de velar as noitesnas que se ergue sola a ofrenda última.Maos lenes!

I el cómo será iste outono?Será sólo pro souto a coor da morte longa?Farasme esquecer o que o cor soupo?Hasta cando iste tempo de elexía?

EU non podo esquecer que estou emplazadomais déixome en libertásin forzalos soños a morrer nin levalos aposta pra gar-

darme.

Son o home que pode i atura ser homei anque sei que non teño máis que esta vida

Page 49: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

49

temo algo que desminta a seguranza de que todo estáperdido.

O Courel 1958-59

Page 50: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

50

Page 51: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

51

Do Courel a Compostela

Page 52: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética
Page 53: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

53

Figura 5: Uxío Novoneyra

Page 54: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

54

Os que así nos tein só tein noso os nosos nomes no censo.

1956

Page 55: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

55

GALICIA, será a miña xeración quen te salve?Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?

Non a forza do noso amor non pode ser inútile!

1957

Page 56: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

56

BAILAS e faisme libre.

Madrid, 1966

Page 57: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

57

Á NOVA MOCEDADE

AGALLOPA agallota cabalo novoatrouxa a sebe do poboagallota cabalo altoralva todo dun saltoguinda cancelostorre-penedosichós ó estreitocun home solo pecho no meio do muro vello e dil mesmo

[feitopincha no valagallota dobra abre ancho camiño real.

1966

Page 58: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

58

PRANTO POLO CHÉ / ELEXÍA ISTANTANIAA ERNESTO GUEVARA

AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira en[todo o ano.

Por iles soupen que é certo.É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o prantocomo o peso de prumas inda quentes dos derradeiros

paxariños mortosde tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroesnon se funden Os Andes nin nada.

Page 59: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

59

A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto[baixiño.

E nin inda agora nin pra ti teño outra voz

10 noite 10/10/67

Page 60: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

60

VIETNAM CANTO

CUMES CUMES CUMES CUMES COM�ESTES ECOENUNHA VEZ POR CADA MORTEVIETNAMMMMMMMMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMMMMM

Metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa estáE calaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarHastr�o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSA

unmortodous mortostres / trinta mortostrescentos / tres mil mortosOFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortostódalas os que se volven ceros 00000000000000000000000baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á maquinadifuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón

do monzónna lua do TEIT

dá vergonza vivirdá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA

cándo remata un pobo?un pobo nace semprenon remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanunca

seino por vóspobo como o meu

Page 61: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

61

GALICIA pequeniñaSola cousa de todos

mortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos caindo polos teletiposluas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A deLIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

ouh cánto teño de vós pequeno que son de esta paz morta

noitenoitepartir esta n / o / i / t / e en anacosque en cada un só quepia un homeenpé

entran nas cidades do SUL ESTE lonxee xa todas son a aldeiña dó lado

Page 62: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

62

HUE SAIGON DANANGcon irmaos e parentes meusgalegos de a diariomais que nono esqueceron como nolo esquecemostanto que ás veces perto chaman homeeollamos por quénnon son eu taménquen eiquí quedoque estou matando eilíluxando GALICIA como luxanKANSAS NEW JERSEY CALIFORNIA COLORADO IOWAnomes tan limpios?

perdón por esta pazPAZ en carteles xunto a COCACOLAPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZpra tapar tanto tantomuro

valeiránnolos nomesmais indaindainda pobopodo decir o teu con forzainda se pode decir o teu nome dos que alá cainpodemos

deles temos de novo nome:home pobo/ MARÍA MARIÑO dinamiteira da FALA /home- pobo

Page 63: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

63

home- pobo

aquíl por siglos foi un pobo como é o meuo meu por anos foi un pobo como é aquíl

IRMANDIÑOS DE GALICIA VIETCONG

entre miña mai ANA amos ilesentre iles amor ANA titres estudiantes en LUGO sin os nomesen VIGO MÉNDEZ FERRÍN co'ile vós MARÍA MARIÑO CHÉ bágoas 1967

noneu sei que cantar non é igoalperdón tamén por iste tempo cas palabrasanque sinceiras tein tarde polos ladose puntos suspensivos calcados do refrigerados dun cañón

..................................

o canto parou sin rematar

1968

Page 64: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

64

Page 65: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

65

LETANÍA DE GALICIA

GALICIA digo eu ún di GALICIAGALICIA decimos todos GALICIAhastr'aos que calan din GALICIA

e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza

GALICIA da tristura triste á forza

GALICIA do silencio calada á forza

GALICIA da fame emigrante á forza

GALICIA vendada cega á forza

GALICIA tapeada xorda á forza

GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir

libre pra non ser libre pra non ser

libre pra morrer libre pra morrer

libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa

GALICIA mariñeira GALICIA nosa

GALICIA obreira GALICIA nosa

GALICIA irmandiñaGALICIA viva inda

recóllote da TERRA estás mui fondarecóllote do PUEBLO estás n'il todarecóllote da HISTORIA estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteirono verbo verdadeiro que fala o pueblo

Page 66: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

66

recóllote pros novos que vein con forzapros que inda non marcou a malla d'argolapros que saben que ti podes ser outra cousapros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa

sabemos que o home pode ser outra cousa

1968

Page 67: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

67

Figura 6: Poema caligrá�co

Page 68: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

68

DE tanto calar xa falo eu solo

1970

Page 69: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

69

É xa hora de que señas toda patria dos teusdos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus

e señas dona de ti e señora de falarseñora de decidir e dona de se negar

1970

Page 70: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

70

A AMADOR REI RODRÍGUEZ E DANIEL NIEBLA GARCÍA

O Ferrol / Mañá10 de Marzo do 72

Erguéstevos cedo aquel día/ o costume do traballo /mañá cediño pra facernos ca vosa morte.

1972

Page 71: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

71

A Federico García

POR toda a serra homes galgandode noite petan MANOEL CELA1 chamaronMANOEL DE RIBADAIRA pros do lado

rípanllo ós pais d'entr'os brazose din que din que baixarond'a cabalo d'il polo REAL abaixodin que lles prometía e escopeta de cañosi a cadeliña nova qu'il tiña insinadoe que non volvería aprovecer en anosque lle xancen un dedo pra levarlloen proba ós que mandaran matalo

pasaron SAVANE2 e MEIRAOS de largopoucos os viron todos se ciarona avistar TEIXEIRA �xeron altoxunto a cova grande escolleron campovolteou no aire ó primeiro disparohoubo logo un segundo un terceiro e un cartoguindárono ó fondo sin rematalobotaron tras d'il seixos e lanchosalgo viron e ouviron pastores do gadoe trougo recado a probe co saco

foi o concello de PARADA sacado1MANUEL DE RIBADAIRA: MANUEL CELA MACÍA, de

PARADA, paseado ós 21 anos en 1936.2PARADA, SAVANE, MEIRAOS, TEIXEIRA: lugares da serra

do COUREL (LUGO).

Page 72: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

72

tuveron que pór dous liames atadospreso da cintura baixa seu pai imbaixoatao con �belas e lazos cruzadossoben a MANOEL morto logo ó pai de anospórtano en andas polo monte lampoatravesan lugares por un foco de espantomarcados pasos apelotonadoso que foi a pé é en andas tornadohastra SAVANE a tral'o adro

volta REAL3 arriba concello caladotodos co mesmo silencio cargadosa PARADA chegan estase agardandodidiante da casa o pobo acircadoeilí vin eu nino de seis anosda mai i as irmás o pranto máis altoate que unha a unha se foron esmaiando

din que eran catro os que o pasearone que todos iles morreron arrabeadoscatro eran son nomes que calocómprense niste corenta contados

1976

3O REAL: des�ladeiro entre PARADA e SAVANE por onde baixao camiño real.

Page 73: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

73

TODO o que pasou o meu pobo pasoume a mintodo o que pasou o home pasoume a min

1980

Page 74: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

74

NEVA pra atenuar o MUNDO.

1985

Page 75: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

75

Poemas da doada certeza

Page 76: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética
Page 77: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

77

Figura 7: Uxío Novoneyra, na súa mocidade

Page 78: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

78

Só a inminencia do posible o máis temidopon a ave á seestra.

NINGÚN vento ven do Futuroningún vento de vagas voces chegae menos ningúa certeza.

Pero un corvo cruzagrañe vai e volvee xa só estamos certos de esa amenaza.

1986

Page 79: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

79

DONRAMÓNOTERO PEDRAYOMOSTRANDOCOMPOSTELA DE NOITE

BAIXAREMOS da Troia.Fixo coincidir a entrada á Quintanacoas doce de bronce

Page 80: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

80

...

E xa ningúa certezache reclamo como pago.Só coa túa belezaTerra a coroa fago.

Page 81: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética

81

O TRIÁNGULO DO COUREL

trala eterna fluencia

trala et fluencia

o

trala encia

tri

tra cia

ángulo

t a

apousado

trala eterna fluencia

A Raimundo Patiño/1994

Page 82: Uxío Novoneyra - Antoloxía poética