50
SR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA Área de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003. Asunto: Alegacións ao Anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Badulaque de 90 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia da Coruña. BOE Núm. 161 Miércoles 7 de xullo de 2021. Código do proxecto: PEol-416. Don/Dona ________________________________ con DNI. Número ________________________, con domicilio a efectos de notificacións en ________________________, municipio de _______________, provincia__________________, teléfono ________________________________. EXPÓN: Á vista do Anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Badulaque de 90 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia da Coruña. BOE Núm. 161 Miércoles 7 de xullo de 2021. Código do proxecto: PEol-416, por medio do presente escrito realiza as seguintes ALEGACIÓNS: 1.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres. “Artigo 2 1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado. 2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”. “Artigo 6 1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais, que respondan as esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats naturais do Anexo I e das especies do Anexo II presentes nos lugares. 2. Os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, a deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivasen a designación das zonas, na medida en que ditas alteracións poidan ter un efecto apreciable no que respecta a os obxectivos da presente Directiva. 1

valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

SR. JOSÉ MIÑONES CONDE

DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Área de industria e Enerxía

Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003.

Asunto: Alegacións ao Anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Badulaque de 90 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia da Coruña. BOE Núm. 161 Miércoles 7 de xullo de 2021. Código do proxecto: PEol-416.

Don/Dona ________________________________ con DNI. Número ________________________, con domicilio a efectos de notificacións en ________________________, municipio de _______________, provincia__________________, teléfono ________________________________.

EXPÓN:

Á vista do Anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Badulaque de 90 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia da Coruña. BOE Núm. 161 Miércoles 7 de xullo de 2021. Código do proxecto: PEol-416, por medio do presente escrito realiza as seguintes ALEGACIÓNS:

1.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres.

“Artigo 2

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

“Artigo 6

1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais, que respondan as esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats naturais do Anexo I e das especies do Anexo II presentes nos lugares.

2. Os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, a deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivasen a designación das zonas, na medida en que ditas alteracións poidan ter un efecto apreciable no que respecta a os obxectivos da presente Directiva.

3. Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en cuenta os obxectivos de conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só se declararán de acordo con devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública”.

2.- Impactos ambientais severos.

Prexuizos significativos e incompatibles co mantemento dos hábitats prioritarios e de interés comunitario nun estado de conservación favorable:

Afección severa e prexuizos significativos e irreversibles para a bosque de ribeira (hábitat prioritario). Os hábitats naturais de interese comunitario requiren de zonas de especial conservación conforme á Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Non poden ser por tanto nin eliminados, nin degradados. A normativa citada indica expresamente que estes hábitats deben ser conservados e manterse nun estado de conservación favorable.

1

Page 2: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Cómpre salientar que os hábitats prioritarios 4020* Brezais húmedos atlánticos de Erica ciliaris, 7110 * Turbeiras altas activas, 91E0 * Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno- Padion, Alnion incanae, Salicion albae) veranse afectados significativamente e de xeito irreversible pola estación eólica e a súa infraestrutura de evacuación. 9230. Bosques galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pirenaica, 9260 Bosques de Castanea sativa.

O aeroxerador BAD 25 de Reserva atópase sobre HIC 4020*. Do mesmo xeito afetará a este hábitat o vial, a gabia e a plataforma de nova creación.

Hai tramos de gabias de conexión de aeroxeradores que cruzan zonas do hábitat 91E0, como é o caso da conexión entre os aeroxeradores BAD23 reserva e BAD28. Aquí produciríase a eliminación de especies de xeito irreversible ao producirse a súa eliminación.

Os aeroxeradores BAD26 27 e 28 de Reserva inciden no hábitat 4030, que será afectado por viais e/ou gabias de conexión.

A liña de evacuación afecta ao hábitat 4030, e sobre este sitúanse os apoios 30, 31, 32 e 33.

Os apoios 53 e 54 sobrevóase o hábitat 6431 “Prados húmidos seminaturales de herbas altas”.

A área de Defensa contra Incendios Forestais (ADCIF) elabora a base de datos de incendios forestais por municipios a partir dos partes de incendios, formularios utilizados para o enchemento dos datos de cada incendio sucedido anualmente. Desta maneira ofrécese información relativa ao número de conatos e incendios, así como da superficie forestal afectada en cada municipio para o devandito período. Esta base de datos contempla a existencia de incendios nos últimos anos.

Vulneración normativa: **Artigo 59 da Lei 7/2012, de 12 de xuño. Cambio de uso forestal

1. O cambio de uso forestal dun monte, cando non veña motivado por razóns de interese xeral, e sen prexuízo do disposto no artigo 28.2 desta lei e da normativa ambiental aplicable, terá carácter excepcional e requirirá informe favorable do órgano forestal e, de ser o caso, do titular do monte. 2. A Administración forestal competente poderá regular un procedemento máis simplificado para a 29 autorización do cambio de uso naquelas plantacións forestais temporais para as cales se solicite unha reversión a usos anteriores non forestais. 3. En terreos afectados por incendios forestais, non se poderá producir un cambio de uso en trinta anos. Con carácter singular, poderanse acordar excepcións sempre que, con anterioridade ao incendio forestal, o cambio de uso estiver previsto: a) Nun instrumento do planeamento previamente aprobado. b) Nun instrumento do planeamento pendente de aprobación se xa foi obxecto de avaliación ambiental favorable ou, de non ser esta esixible, se xa foi sometido ao trámite de información pública. c) Nunha directriz de política agroforestal que recolla o uso de pastos ou agrícola extensivo en montes incultos ou en estado de abandono que non estean arborados con especies autóctonas.

*Ausencia dun inventario ambiental serio e cumprindo co esixido no artigo 35 e Anexo VI da Lei 21/2013, do 9

de decembro, de avaliación ambiental: deficiencia do estudo da fauna, da flora, da biodiversidade…

*A promotora obvia a importancia micolóxica da área de afección do proxecto.

*A promotora obvia a importancia económica da producción de castaña en réxime ecolóxico polo que respecta á afección aos soutos.

VULNERACIÓN FLAGRANTE DA LEI 7/2012, DE 28 DE XUÑO DE MONTES DE GALICIA. ELIMINACIÓN DA MULTIFUNCIONALIDADE DO MONTE.

O monte é un sector estratéxico na economía galega que contribue a mitigar o cambio climático e á descarbonización da economía. Aspecto non avaliado pola promotora. A mercantil promotora non avalía o impacto da estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación sobre o benestar das familias dos núcleos habitados e o posible éxodo poboacional que se pode dar derivado da manchea de estacións eólicas que hai no territorio e outras infraestruturas, que dificultan a vida no rural e a sustentabilidade e viabilidade das explotacións forestais e agro – gandeiras (fomentando o feito coñecido como despoboamento do rural ou España 16 baleirada). A este respecto debera informar a Dirección Xeral Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e á luz da exposición de motivos e o artigo 5 da Lei 7/2012, de 28 de xuño se informe sobre a prevalencia do uso forestal sobre o uso eólico e a incompatibilidade deste, dentro da superficie afectada pola poligonal do parque eólico, en tanto en canto como ben di a exposición de motivos da referida lei, o monte galego é unha fonte de riqueza que xera emprego estable, descarboniza a economía, cumpre co protocolo de Kioto e realiza unha contribución importante ao PIB galego.Así os apoios da liña de evacuación, a maioría deles, prevense localizalos sobre explotacións forestais e madereiras.Os apoios número do nº 73 ao nº 80 localízanse sobre vexetación que se corresponde con explotacións forestais e madereiras

2

Page 3: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

formando un mosaico con cultivos forraxeiros que abastecen ás granxas familiares que hai nos núcleos rurais afectados, e que constitúen o medio de vida das familias que viven e residen neles.

AFECCIÓN SEVERA E PREXUIZOS SERIOS E IRREPARABLES PARA AS EXPLOTACIÓNS FORESTAIS, MADEREIRAS E AGRO-GANDEIRAS DA ÁREA DE AFECCIÓN DO PROXECTO:

Cómpre destacar a importancia económica das explotacións forestais e madereiras da área de afección do proxecto como complemento das economías domésticas e familiares. As rendas do sector forestal e a importancia deste ao PIB da Comunidade de Galicia e ao desarrollo da industria da madeira foi obviado pola mercantil promotora. A estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación fragmentan as explotacións forestais e madereiras e as agro –gandeiras coa conseguinte perda da base territorial destas e a perda de rendementos. A fragmentación que produce a infraestrutura eólica resulta incompatible cos obxectivos da Política agraria comunitaria (PAC). A empresa promotora non avaliou os impactos do proxecto sobre destas explotacións económicas e como repercute a estación eólica nas economías familiares dos núcleos afectados.

FALLA DE UTILIDADE PÚBLICA E INTERÉS SOCIAL DO PROXECTO:Indica a mercantil promotora:“Durante la fase de explotación de la instalación se estima la generación de, aproximadamente, 4 empleos vinculados de forma directa e indirecta con la operación y mantenimiento de la misma”.Cómpre salientar que a promotora fala dunha aproximación en canto a xeración de emprego. Nin sequera serían 4 empregos fixos.

Por outra banda indica a mercantil promotora:“Previamente a este paso, el Marco sobre clima y energía para 2030 es el marco de actuación en materia y energía hasta el 2030 que contempla una serie de metas y objetivos políticos para toda la UE durante el periodo 2021-2030. Estos objetivos para el 2030 son:•Al menos un 40% de reducción de las emisiones de gases de efecto invernadero (respecto a 1990)….”, obviando a contribución actual do monte galego á descarbonización da economía e a súa aportación ao cumprimento dos compromisos asumidos en virtude do Tratado de Kioto, xa que logo, como ben saben a Exposición de Motivos da Lei 7/2012, de 28 de xuño de Montes de Galicia indica literalmente:“O monte, ademais da importancia económica e social referenciada en Galicia, ten unha función medioambiental que se recoñece e acrecenta progresivamente. A relación da sociedade galega co monte evolucionou considerablemente desde o último terzo do século pasado, xerando unha nova configuración baseada na esixencia do desenvolvemento sustentable e do aproveitamento racional dos recursos forestais. Así, os bosques aparecen como un elemento básico da estratexia ambiental como reservorios e depósitos de fixación de carbono, que chegan a fixar hoxe máis de 42 millóns de toneladas, o que os converte en piares fundamentais para o cumprimento dos compromisos adquiridos no protocolo de Quioto”.

Afección severa e incompatible coas lagoas, brañas e humidais presentes na área de desarrollo deste proxecto, dentro da poligonal do parque e nas comarcas de implantación dos seis parques eólicos que configuran o plan industrial da mercantil Enel Green Power España, S.l.:

non avaliado pola mercantil promotora. No sector nordés do lago das Pontes existen humidais, que serven de refuxio para as aves acuáticas. Estes humidais desempeñan unha función ecosistémica fundamental como lugares de lugares de invernada para anátidas e larolimícolas, abrigo pola afluencia de aves procedentes do norte de Europa.

Afección severa ás masas de auga soterradas, acuíferos e captacións de auga para consumo humano e as explotacións agro –gandeiras da poligonal do parque:

non avaliado pola promotora

Afección ás zonas protexidas de auga potable (ZPAP) lineais e poligonais: non avaliado pola promotora. Afección severa aos recursos hídricos.

Vulneración flagrante da Directiva Marco dá Auga (DMA). AUSENCIA DUN ESTUDO HIDROLÓXICO E HIDROXEOLÓXICO QUE GARANTA A CALIDADE DAS MASAS DE AUGA SUPERFICIAIS E SOTERRADAS E A NON AFECCIÓN AOS ACUÍFEROS:

Na contorna do parque eólico atópanse numerosos ríos pero a mercantil promotora só indica como principal o río Grande de Xubia, ao sur do parque eólico e sobrevoado pola liña eléctrica; o Río Mera polo leste do parque eólico, río Condomiñas polo norte, río das Forcadas polo sur dos aeroxeradores, río de Barbelas que cruza de norte a sur entre os aeroxeradores e paralelo ao primeiro tramo da liña de evacuación.Ao final do punto de evacuación atópase próximo o lago “Dás Pontes de García Rodríguez” que é “o lago artificial máis grande de Europa” a base de auga de choiva e moitos millóns de litros do río Eume sobre o oco dunha vella mina de lignito esgotada en 2007.

3

Page 4: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

O estudo hidrolóxico que realiza a mercantil promotora é moi deficiente. Non indica todos os cauces afectados, a meirande parte deles innominados. Tampouco indica as masas de auga afectadas, fontes, puntos de captación para consumo humano e agro –gandeiro…etc. Tampouco analiza a calidade das masas de auga superficiais e soterradas.

Prexuizos significativos para as familias que viven e residen nos núcleos poboacionais afectados polo proxecto. Afección sao benestar e á saude. Vulneración flagrante do Convenio europeo da Paisaxe: a cidadanía ten dereito a ser consultada e a decidir sobre o impacto visual e paisaxístico do proxecto. Impacto inasumible e incompatible coa habitabilidade dos núcleos.

Tendo en conta que a altura dos aeroxeradores é de 200 metros existen moitos núcleos e familias afectadas por este despropósito de macro parque eólico.

En canto a núcleos de poboación que terán visibilidade do parque, son: Cedeira, O Porto de Espasante, Valdoviño, Monte Faro, Ortigueira, As Felgosas, e San Felipe, xa que son os máis próximos aos futuros aeroxeradores, ademais de San Sadurniño, San Ramón, O Canto do Muro, Taraza, Santa Margarida, Neda ou municipios máis afastados Ferrol, Narón, e multitude de casas diseminadas e pequenos pobos pola contorna do parque eólico.

Respecto a os núcleos de poboación que van ter visibilidade da liña de evacuación aérea de 220 kV, dentro da conca visual atópanse numerosos núcleos diseminados de menos de 100 habitantes. Moitos destes núcleos terán visibilidade da liña, como son As Felgosas, O Potoibo, Seoane ou Espeñaredo, asi como outros núcleos e aldeas que a mercantil promotora obvia por ter menos de 100 habitantes.

Ademais da afección paisaxística hai que ter en conta a afección ao benestar e á saude das familias que viven e residen nos núcleos afectados polas instalacións.

Afección significativa e severa para o Camiño de Santiago:

Destacar tamén o Camiño de Santiago, xa que terá visibilidade un tramo do trazado entre Ferrol e Narón e atópase tamen afectado por outros parques da promotora.

Ao anterior hai que engadir a visibilidade da liña de alta tensión e o incremento do feísmo paisaxístico non só con este macro parque, senón tamén cando se instalen os parques eólicos “Moeche” e “Badulaque”.

Prexuizos significativos e irreversibles para a Paisaxe:

Destacan como Áreas de Especial interese paisaxístico:

Fraga dá Carballeira (AEIP 11.10); Castelo de Moeche (AEIP 11.07); Fraga de Os Casás (AEIP 11.03); Serra do Frogoselo (AEIP 10.04); O Lago dás Pontes (AEIP 11.09). Fraga dás Esqueiras, Fraga de Ambosores – Alto Sor, Serra dá Carba, Pazo dá Marquesa – Xubia, Fragas e fervenza de Belelle, Fragas do Eume, Río Sor, Fervenza e Miradoiro de Auga Caída, Fraga das Esqueiras, Pozo da Ferida.

Hai que lembrar que a altura dos aeroxeradores é de 200 metros e o impacto paisaxístico preto da costa e dos núcleos habitados é brutal e inasumible. O feísmo paisaxístico incrementarase.

A mercantil promtora indica:

“La envolvente del parque eólico, considerada es de 20 km de radio”, polo que a avaliación do impacto visual e paisaxístico é moi deficiente.

Destacar que entre os puntos de observación que a empresa indica como máis significativos o impacto paisaxístico é significativo e moi severo:

Carballeira

4

Page 5: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Guriscado

Racamonde

Nabeira

Bostelo

Alto do Caxado

Vilachá

A Carballosa

Campo dos Nenos

Alto do Cadaval

A Veiga

A Veiga

Alto da Faladoira

Monte Agudo

Monte Taboada

Castelo

Monte Francoi

Coto dos Penidos

O Padrón

Coto do Meixón

Monte Eixil

Rande

Alto do Mazanteo

Monte Herbeira

A zona do proxecto do parque eólico correspóndese coa Folla 50.000 nº 7 do MAGMA denominada “Cedeira” e a nº8 “Viveiro”.

Xeograficamente, a presente Folla sitúase ao norte da provincia da Coruña e Lugo, formando parte dunha das zonas máis belas do litoral atlántico.

A ría de Cedeira está formada por tres lóbulos internos separados polas elevacións do Monte dás Croas e a Atalaia. O primeiro corresponde ao esteiro do rio Condomiñas, que se atopa colmatado e rodeado pola praia de Cedeira, xunto á cal, nun promontorio, localízase a Vila do mesmo nome; o segundo corresponde ao esteiro do ría de As Mestas, cuxo esteiro está activo e atópase en proceso de colmatación, coa formación de areais e marismas; e o terceiro, no esteiro do rio dás Forcadas, máis pequeno e menos evolucionado, forma co anterior a praia de Loira ou de Vilarrube. Este conxunto constitúe un magnífico estero intermareal. O sector da ría áis externo é escarpado e non posúe ningunha praia. Termina a ría, preto do mar, nas puntas Chirlateira e Lamela.

O escarpe da serra da Capelada, cun desnivel duns 600 m, é o maior do litoral atlántico europeo e nel ábrese a enseada de San Andrés, sobre a que queda colgado o pobo de Teixido, co seu famoso santuario. As praias e areais de Frouxeira Doniños pechan os espazos intermareais, nos que aínda se conservan as lagoas do mesmo nome, en proceso de colmatación.

5

Page 6: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

O cabo Prior, a cuxo abrigo se forman as praias de Santa Comba e San Xurso, son outros elementos destacados da paisaxe costeira.

Afección significativa e severa sobre o Camiño de San Andrés. Roteiro de peregrinación a San Andrés de Teixido.

De relevancia tamén resulta ter visibilidade o camiño de Santo San André, durante gran parte do seu percorrido, sobre todo no último tramo, á chegada ás zonas máis altas do monte de Herbeira, concretamente á altura dos miradoiros, Banco-Miradoiro Chao do Monte e o Miradoiro dos Carrí, os cales terán visibilidade tamén do parque.

Desde as praias observarase o parque eólico, por exemplo desde a praia do Pantín, e desde o núcleo de Cedeira.

En canto á Liña de Alta Tensión o feísmo paisaxístico tamen se evidencia de xeito significativo e severo. O Alto de Cadaval e o vértice xeodésico de Nabeira e o de máis ao norte, Monte Franco, divisarase

algunha parte da liña de evacuación. Destacar tamén como punto importante o

Lago das Pontes, pois desde este será visible a liña de evacuación, e é un lago que ten

máis de 400 metros de praias e ademais é navegable, polo que atrae a un gran número de persoas,

sobre todo durante a época de verán.

Destacar tamén o Camiño de Santiago, xa que terá visibilidade un tramo do trazado entre Ferrol e Narón.

Hai que ter en conta que o feísmo increméntase proporcionalmente considerando o total dos parques eólicos que están actualmente en funcionamento, son 2.281 aeroxeradores os que se atopan no mesmo ámbito xeográfico.

Estase a producir unha sobreexplotación industrial eólica dentro das mesmas comarcas, fundamentalmente O Eume, Ferrol –Terra e Ortegal. Estase a producir coa manchea de estacións eólicas a industrialización masiva do territorio que ata o de agora estaba constituído por mosaicos agro –gandeiros e forestais, aldeas dispersas e unha costa dunha beleza espectacular que vive do turismo e da hostalería.

FEÍSMO PAISAXÍSTICO E PREXUIZOS SIGNIFICATIVOS E IRREPARABLES PARA AS FAMILIAS QUE VIVEN E RESIDEN NOS NÚCLEOS RURAIS AFECTADOS, PARA O TURISMO E A HOSTALERÍA.

En canto ás liñas de Alta Tensión, destacar que son varias as liñas de 132 kV as que se atopan contorna aos aeroxeradores do parque eólico. Dúas das liñas de 132 kV intersecan coa liña de evacuación incrementando o feísmo paisaxístico.

A mercantil promotora non avalía a afección visual do parque e da liña de evacuación nos núcleos de menos de 100 habitantes.

O feísmo paisaxístico afecta directamente ao benestar da poboación e á saúde e ao benestar das familias que viven e residen nos núcleos rurais.

O proxecto afecta de forma significativa e severa aos seguintes puntos de interés:

Casa Grande de Enchousas A Carba

Castelo da Concepción A Carballosa

Castelo da Palma A Veiga

Castelo de Moeche A Veiga

Castelo de Nararó Alto da Faladoira

Monasterio San Xoín de Caaveiro Alto do Cadaval

Camino inglés de Santiago Alto do Caxado

Conxunto histórico Barrio da Madalena. Ferrol Alto do Mazanteo

Conxunto histórico Barrio de Ferrol Vello Bostelo

6

Page 7: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Mirador Pena Furada Campo dos Nenos

Mirador Punta Ouzal ou Punta Prucallo Carballeira

Miradoiro Coto do Rei Castelo

Miradoiro de Aldarete Coto do Meixón

Miradoiro de Monte Lagoa Coto dos Penidos

Mirador Teixido Fontardión

Miradorio da Ermida de Chamorro Guriscado

Miradoiro de Garita Herbeira Lagoa

Miradoiro de Miranda Mariña

Miradoiro de Monte Lagoa Marraxón

Miradoiro de San Antonio de Corveiro Monte Agudo

Miradoiro Xardíns de Herrera Monte Eixil

Mirador de Caaveiro Monte Francoi

Mirador de Caranza Monte Herbeira

Pena Furada Monte Taboada

PR-G 147 Sendeiro As Fragas da Ribeira e do Lostegal Montouto

PR-G 8 Morgallón - Río Sor - Morgallón Nabeira

Rande O Padró

Vilachá Penedo

Prexuizos significativos e irreversibles para Áreas protexidas e Espazos Naturais Protexidos e zonas pertencentes á Rede Natura 2000 e outros espazos protexidos:

A liña de evacuación L/220 kV Barqueiro-As Pontes prevé sobrevoar o ZEC Ortigueira-Mera ao longo de 13 m, entre os apoios nº 114 e 115.

As figuras de Rede Natura 2000 afectadas son:

ZEC Costa Ártabra ZEC Xubia – Castro ZEC Ortigueira-Mera ZEC Serra do Xistral ZEC Fragas do Eume Humidal protexido: ““Lagoa e areal de Valdoviño””

Áreas de Importancia para as Aves (IBAS):

IBA nº 5 Costa de Ferrolterra-Valdoviño IBA nº 6 Punta Candieira-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares

Plans de Recuperación ou Conservación de Especies Ameazadas:

Plan de Conservación do Charadrius alexandrinus en Galicia, Decreto 9/2014, do 23 de xaneiro. Plan de Recuperación da subespecie lusitánica do escribano palustre ( Emberiza schoeniclus lusitanica) en Galicia,

Decreto 75/2013, do 10 de maio, solapado coa área de localización do parque eólico e a súa liña de evacuación LIG próximo á liña de evacuación a 1.000 m. Denomínase “GM014 Espeleotemas na mina de Cu de Piquito”

7

Page 8: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Como parte destas reservas hidrolóxicas, o concepto de Reserva Natural Fluvial orixinouse a través da Lei 11/2005, do 22 de xuño, pola que se modifica a Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional, que introduciu a seguinte modificación do Texto Refundido da Lei de Augas:

Catro. O apartado 1. b. c’) do artigo 42 queda redactado nos seguintes termos:

«A asignación e reserva de recursos para usos e demandas actuais e futuros, así como para a conservación e recuperación do medio natural. A este efecto determinaranse:

Os caudais ecolóxicos, entendendo como tales os que mantén como mínimo a vida piscícola que de maneira natural habitaría ou puidese habitar no río, así como a súa vexetación de ribeira:

As reservas naturais fluviais, coa finalidade de preservar, sen alteracións, aqueles tramos de ríos con escasa ou nula intervención humana. Estas reservas circunscribiranse estritamente aos bens de dominio público hidráulico.»

Na contorna do proxecto atópanse as reservas:

•Nº ES014 RNFL000000003 “Rio Mera. Zona Rego dúas Carris”

•ES014 RNFL000000004 “Rio Mera. Zona Rego de Soutouchao”

Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e créanse o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Disposición transitoria segunda. Áreas de desenvolvemento eólico.

“2. En caso das áreas de desenvolvemento eólico en que se produza superposición coa Rede Natura, a zona de superposición que afecte a aquela non se considerará apta para implantar novos parques eólicos, excepto proxectos de modificación de parques eólicos nos termos indicados no artigo 32 da presente lei. Esta limitación farase extensiva á totalidade das instalacións do parque eólico contempladas na poligonal establecida no seu proxecto de execución”

Costa Ártabra

Código da ZEC

ES1110002

Rexión

Atlántica.

Data declaración LIC

29 de decembro de 2004. Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004, pola que se aproba a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica.

Data declaración ZEC

31 de marzo de 2014. Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014.

Concellos

Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Narón, Ferrol, Mugardos, Ares.

Superficie

8

Page 9: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

7.546 ha.

Situación

Tramo costeiro do norte da provincia da Coruña, correspondente á comarca de Ferrol e unha parte da de Ortegal. Localidades de referencia: Ferrol, Valdoviño, Cedeira, Cariño.

Outras figuras de protección

Zona de Especial Protección para as Aves: ZEPA ES0000258 “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”, 4.266 ha).

Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais “Costa Ártabra” de 7.546 ha e ”Costa de Ferrolterra-Valdoviño” de 4.266 ha.

Humidal Protexido “Lagoa e areal de Valdoviño”; de 485 ha).

Humidal Ramsar “Lagoa e areal de Valdoviño, 7ES025; 485 ha).

A área correspóndese parcialmente coa IBA 005 Costa de Ferrolterra-Valdoviño e a IBA 006 Punta Candieira-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares, incluídas no inventario de SEO/BirdLife (1998).

Tipos de hábitats do Anexo I da Directiva 92/43/CEE

Código Denominación1110 Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda1130 Esteiros1140 Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar1150 ß Lagoas costeiras1160 Grandes calas e baías pouco profundas1170 Arrecifes1210 Vexetación anual sobre argazos1220 Vexetación perenne de coídos1230 Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas1310 Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas1330 Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)1420 Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)2110 Dunas móbiles embrionarias2120 Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)2130 ß Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)2150 ß Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea)2190 Depresións intradunales húmidas2230 Dunas con céspedes do Malcolmietalia2260 Dunas con vexetación esclerófila do Cisto-Lavenduletalia

3130 Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea

3150 Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition3260 Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion4020 ß Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix4030 Queirogais secos europeos4040 ß Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans5230 ß Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis6220 ß Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea6410 Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)6420 Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion6430 Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino6510 Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)7110 ß Turbeiras altas activas

9

Page 10: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

7120 Turbeiras altas degradadas que aínda poden rexenerarse de xeito natural7130 ß Turbeiras de cobertor (* para as turbeiras activas)7140 'Mires' de transición7150 Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion7210 ß Turbeiras calcarias do Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianae7220 ß Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)7230 Turbeiras baixas alcalinas8130 Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii8310 Covas non explotadas polo turismo8330 Furnas mariñas9180 ß Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion

91E0 ß Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica

Especies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE

Flora Invertebrados PeixesCentaurea borjae Coenagrion mercuriale Alosa alosaCulcita macrocarpa Elona quimperiana Alosa fallaxFestuca brigantina Euphydryas auriniaNarcissus asturiensis Geomalacus maculosusOmphalodes littoralis Lucanus cervusRumex rupestrisSphagnum pylaisiiTrichomanes speciosumWoodwardia radicans

Anfibios/Réptiles MamíferosCaretta caretta Galemys pyrenaicusChelonia mydas Halichoerus grypusChioglossa lusitanica Lutra lutraDiscoglossus galganoi Myotis myotisLacerta monticola Rhinolophus ferrumequinumLacerta schreiberi Rhinolophus hipposideros

Xubia - Castro

Código ZEC

ES1110013

Rexión

Atlántica

Data declaración LIC

29 de decembro de 2004.Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004, pola que se aproba a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica.

Data declaración ZEC

10

Page 11: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

31 de marzo de 2014. Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Concellos

A Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez.

Superficie

2.074 ha.

Situación

Conca do río Grande de Xubia, que desemboca na ría de Ferrol, ao norte da provincia da Coruña. Localidades de referencia: Xubia, San Sadurniño, Moeche.

Outras figuras de protección

Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Xubia – Castro”, de 2.074 ha.

Tipos de hábitats do Anexo I da Directiva 92/43/CEE

Código Denominación1130 Esteiros

3130 Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea

3160 Lagos e estanques distróficos naturais

3260 Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion

4020 Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix

4030 Queirogais secos europeos6220 Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea

6230 Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)

6410 Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)

6430 Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino

6510 Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)

7110 Turbeiras altas activas7120 Turbeiras altas degradadas que aínda poden rexenerarse de xeito natural7140 'Mires' de transición7150 Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

8310 Covas non explotadas polo turismo

91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaicaEspecies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE

11

Page 12: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Flora Invertebrados PeixesCulcita macrocarpa Elona quimperiana Chondrostoma polylepisWoodwardia radicans Euphydryas aurinia

Geomalacus maculosusLucanus cervus

Anfibios/Réptiles MamíferosChioglossa lusitanica Lutra lutraDiscoglossus galganoi Myotis myotisLacerta monticola Rhinolophus ferrumequinumLacerta schreiberi Rhinolophus hipposideros

Ortigueira - Mera

Código ZEC

ES1110001

Rexión

Atlántica

Data declaración LIC

29 de decembro de 2004. Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004, pola que se aproba a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica.

Data declaración ZEC

31 de marzo de 2014. Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Concellos

Cariño, Ortigueira, Cerdido, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas.

Superficie

3.868 ha.

Situación

No extremo norte da provincia da Coruña, pertencente ás comarcas de Ortegal e Ferrol. Localidades de referencia: Santa Marta de Ortigueira, Cariño e Moeche.

Outras figuras de protección

Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais “Ortigueira – Mera”, de 3.868 ha, e “Ría de Ortigueira e Ladrido”, de 3.025 ha.

Humidal Protexido “Ría de Ortigueira e Ladrido”; 3.025 ha.

Zona de Especial Protección para as Aves, ZEPA ES0000086 “Ría de Ortigueira e Ladrido”, 3.025 ha.

Humidal Ramsar “Rías de Ortigueira e Ladrido, de; 2.920 ha).

12

Page 13: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

A área correspóndese parcialmente coa IBA 006 Punta Candeeira-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).

Tipos de hábitats do Anexo I da Directiva 92/43/CEE

Código Denominación

1110 Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda

1130 Esteiros

1140 Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar

1150 Lagoas costeiras1160 Grandes calas e baías pouco profundas1170 Arrecifes1210 Vexetación anual sobre argazos1230 Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas

1310 Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas

1320 Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)1330 Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)

1420 Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)

2110 Dunas móbiles embrionarias2120 Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)2130 Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)2190 Depresións intradunales húmidas2230 Dunas con céspedes do Malcolmietalia

3130 Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea

3260 Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion

4020 Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix

4030 Queirogais secos europeos5230 Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis6220 Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea

6410 Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)

6420 Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion

6430 Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino

6510 Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)

7220 Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

8310 Covas non explotadas polo turismo8330 Furnas mariñas9180 Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion

91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaicaEspecies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE

Flora Invertebrados Peixes

13

Page 14: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Culcita macrocarpa Elona quimperiana Alosa alosaTrichomanes speciosum Geomalacus maculosus Alosa fallaxWoodwardia radicans Lucanus cervus Petromyzon marinus

Margaritifera margaritifera Salmo salar

Anfibios/Réptiles MamíferosCaretta caretta Lutra lutraChioglossa lusitanica Rhinolophus ferrumequinumDiscoglossus galganoi Rhinolophus hipposiderosLacerta monticolaLacerta schreiberi

Serra do Xistral

Código ZEC

ES1120015

Rexión

Atlántica

Data declaración LIC

29 de decembro de 2004. Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004, pola que se aproba a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica.

Data declaración ZEC

31 de marzo de 2014. Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Concellos

As Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, Ourol, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro.

Superficie

22.964 ha.

Situación

Extensa área montañosa do norte e noroeste da provincia de Lugo, penetrando levemente polo oeste na provincia da Coruña. Pertence ás comarcas da Mariña Central, A Mariña Occidental, A Terra Chá e Eume. Localidades de referencia: Ourol, Ferreira, A Seara, Mondoñedo, Abadín, Muras, As Pontes de García Rodríguez.

Outras figuras de protección

Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Serra do Xistral, de 22.964 ha.

Reserva da Biosfera "Terras do Miño”.

Tipos de hábitats do Anexo I da Directiva 92/43/CEE

14

Page 15: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Código Denominación

3130 Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea

3160 Lagos e estanques distróficos naturais

3260 Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion

4020 Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix

4030 Queirogais secos europeos6220 Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea

6230 Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)

6410 Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)

6430 Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino

6510 Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)

7110 Turbeiras altas activas7120 Turbeiras altas degradadas que aínda poden rexenerarse de xeito natural7130 Turbeiras de cobertor (* para as turbeiras activas)7130 Turbeiras de cobertor (* para as turbeiras activas)7140 'Mires' de transición7150 Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion8130 Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

8310 Covas non explotadas polo turismo9180 Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion91D0 Turbeiras boscosas

91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica9380 Acevedos

Especies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE

Flora Invertebrados PeixesNarcissus asturiensis Coenagrion mercuriale Chondrostoma polylepisNarcissus pseudonarcissus ssp. nobilis

Elona quimperiana

Sphagnum pylaisii Euphydryas auriniaTrichomanes speciosum Geomalacus maculosusWoodwardia radicans Lucanus cervus

Margaritifera margaritifera

Anfibios/Réptiles MamíferosChioglossa lusitanica Galemys pyrenaicusDiscoglossus galganoi Lutra lutraLacerta monticola Miniopterus schreibersiiLacerta schreiberi Myotis myotis

Rhinolophus euryaleRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

15

Page 16: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Fragas do Eume

Código ZEC

ES1110003

Rexión

Atlántica.

Data declaración LIC

29 de decembro de 2004. Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 , pola que se aproba a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica.

Data declaración ZEC

31 de marzo de 2014. Decreto 37/2014 , do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014 .

Plan de ordenación dos recursos Naturais (P.O.R.N.) do Parque natural “Fragas do Eume”. Decreto 211/1996

Concellos

Cabanas, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume.

Superficie

9.127 ha.

Situación

Ao nordeste da provincia da Coruña, entre a Ría de Ares e a Serra da Loba. Localidades de referencia: Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, As Neves e Monfero.

Outras figuras de protección

Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Fragas do Eume” de 9.127 ha

Parque Natural ''Fragas do Eume'', 9.126 ha).

Tipos de hábitats do Anexo I da Directiva 92/43/CEE

Código Denominación3160 Lagos e estanques distróficos naturais

3260 Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion

3270 Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.

4020 Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix

4030 Queirogais secos europeos5230 Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis6220 Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea

6230 Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)

16

Page 17: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

6410 Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)

6430 Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino

6510 Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)

7110 Turbeiras altas activas7140 'Mires' de transición7150 Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion8130 Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

8310 Covas non explotadas polo turismo9180 Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion

91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica9260 Soutos

Especies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE

Flora Invertebrados PeixesCulcita macrocarpa Coenagrion mercuriale Chondrostoma polylepisNarcissus asturiensis Elona quimperianaNarcissus cyclamineus Euphydryas auriniaSphagnum pylaisii Geomalacus maculosusTrichomanes speciosum Lucanus cervusWoodwardia radicans Margaritifera margaritifera

Anfibios/Réptiles MamíferosChioglossa lusitanica Barbastella barbastellusDiscoglossus galganoi Galemys pyrenaicusLacerta monticola Lutra lutraLacerta schreiberi Myotis bechsteinii

Myotis emarginatusMyotis myotisRhinolophus euryaleRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Lagoa e areal de Valdoviño

Data de declaración

7 de xuño de 2004. Decreto 110/2004, do 27 de maio.

Superficie

485 ha.

Concello

Valdoviño.

Situación

17

Page 18: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Ao norte da provincia de A Coruña, na comarca de Ferrol, na costa Ártabra.

Outras figuras de protección

Zona de Especial Protección dos Valores Naturais ''Costa Ártabra'' de 7.546 ha. e ''Costa de Ferrolterra - Valdoviño'' de 4.266 ha.

Zona especial de Conservación (ZEC) ''Costa Ártabra'', ZEC ES1110002; de 7.546 ha.

Zona de especial protección para as aves (ZEPA) ''Costa de Ferrolterra - Valdoviño'', ZEPA ES0000258; de 4.266 ha).

Humidal Ramsar ''Lagoa e areal de Valdoviño'', de 485 ha.

Plan de conservación do humidal protexido Lagoa e areal de Valdoviño:

DECRETO 30/2015, do 5 de febreiro, polo que se aproba o Plan de conservación do humidal protexido Lagoa e areal de Valdoviño.

Prexuizos significativos e incompatibles coa avifauna: Iberolacerta monticola Anas crecca Gallinago gallinago Circus cyaneus Pandion haliaetus Scolopax rusticola Discoglossus galganoi Píntega píntega Ra ibérica Ra temporaria Chioglossa lusitanica Chondrostoma duriense Chondrostoma arcasii Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Circus pygargusAccipiter nisusPernis apivorus

Milvus migrans

Gyps fulvus

Aegypius monachus

Circaetus gallicus

Accipiter gentilis

Accipiter nisus

Buteo buteo

Hieraaetus pennatus

Falco tinnunculus

Falco columbarius

Falco subbuteo

Falco peregrinus

18

Page 19: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Pandion haliaetus considerada “Vulnerable”. Segundo as Listas Vermellas(UICN), as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables”: Circus pygargus, Streptopelia turtur, Rhinolophus hipposideros, Rhinolophus ferrumequinum, Cervus elaphus, Anguilla anguilla, Salmo trutta, Chondrostoma duriense, Chioglossa lusitanica, Píntega píntega e Ra iberica. Atendendo ao Catálogo Español de Especies Ameazadas e Listaxe, as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables” (2 taxones): Circus pygargus e Chioglossa lusitanica. Segundo o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables” na península (8 taxones). Circus pygargus, Rhinolophus hipposideros, Chioglossa lusitanica, Píntega píntega, Discoglossus galganoi, Ra ibérica, Ra temporaria, Iberolacerta montícola. Ademais, existen varias especies atopadas durante o inventario, que non aparecen nas cuadrículas de IETT biodiversidade, pero se o fixeron no inventario e cuxo réxime de protección no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, é o seguinte: - “En Perigo de Extinción” (2 Taxones): Anas crecca e Gallinago gallinago. - “Vulnerables” (3 Taxones): Circus cyaneus, Pandion haliaetus e Scolopax rusticola.

Prexuizos significativos e irreparables para o bosque de ribeira e o bosque autóctono galego ou ancient wood:

**Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres. “Artigo 2 1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado. 2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”

Prexuizos significativos para o Lobo. Plan de Xestión do Lobo de Galicia.

O proxecto afecta directamente a zonas de encame e puntos de encontro da especie. Falla de avaliación por parte da promotora. Hai que ter en conta que a corta de matogueira e a ocupación do terreo ten impactos significativos para a especie. Non se siguen os criterios dos expertos que indican: “• Recoméndase que na fase de planificación dun novo parque eólico (fase proxecto) consúltense as fontes dispoñibles acerca da presenza de mandas de lobos na zona. Desta maneira, tendo en conta os requirimentos da especie e o que se coñece do efecto dos parques eólicos sobre os lobos, poden minimizarse, e mesmo, evitarse impactos negativos sobre este cánido. • É conveniente que durante a planificación dun parque eólico identifíquense as principais manchas de vexetación arbustiva e evítese, na medida do posible, a súa fragmentación e destrución”. A totalidade das infraestruturas eólicas fragmentan os hábitats das especies producindo prexuizos significativos para unha especie de marcado carácter territorial. Os lobos son TERRITORIAIS, e os lobos que nun territorio alleo no que non estean abertos a aceptar elementos novos, serán eliminados. O 70% dos lobos que morren por causas naturais o son por esta causa. O Convenio de Berna relativo á Conservación da Vida Silvestre e o Medio Natural de Europa, foi asinado en Estrasburgo (Francia) en 1979. Este convenio incluíu ao lobo no Anexo II “Especies de fauna estritamente protexidas”, constando as prohibicións correspondentes no seu art. 6. Este Convenio debe o seu valor a tres características fundamentais: o seu carácter xeneralista, a concepción da lista 9 única de especies e a incorporación da política conservacionista na planificación económica. O artigo 56 da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece a protección para todas as

especies amparadas por tratados e convenios internacionais, como o de Berna, ratificado por España, polo que en caso de non ter dita consideración estariamos ante un incumprimento flagrante das obrigacións derivadas do Convenio de Berna, e da subseguinte Directiva Hábitats 92/43/CEE, en relación a unha especie protexida e de interese comunitario como o Lobo.

Prexuizos significativos e incompatibles para a especie en perigo de extinción Escribenta das Canaveiras:

Unha parte da zona de actuación quedaría dentro da área potencial do plan de recuperación da da subespecie lusitánica do escribano palustre ( Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia. A Xunta deGalicia, tras darse a sí mesma un prazo de 6 anos para facelo (desde o 2013), non chegou a determinar os perímetros de protección dos humidais que constitúen o hábitat potencial desta especie en perigo de extinción. A cuestión non é baladí porque hai unha manchea de parqueseólicos ou incluso complexos eólicos ou plans industriais de desarrollo eólico como é este caso, que afectan a esta especie con charcas, brañas e humidais cuxo perímetro están sen determinar, como é o presente caso, e a saber cal é a área comprendida no ámbito do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta, da que unicamente aparece nunha representación gráfica e fica por tanto o seu perímetro de zonificación ás expensas das avaliacións que realicen as mercantís promotoras eólicas como é este caso. Por outra banda o artigo 4 do Decreto que aproba o plan de recuperación da especie, referido a súa revisión indica que: "2. Co fin de adaptar o

19

Page 20: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

plan aos novos condicionantes existentes para a conservación da subespecie, avaliaranse os seus resultados cada 6 anos, e modificarase no caso de que se requira o reaxuste das medidas de recuperación", non existindo constancia desta avaliación tras o transcurso do periodo indicado. O referido plan tamén indica na súa exposición de motivos que: "A aprobación deste plan executivo vincula tanto os particulares como as administración competentes, que deben cumprir as directrices e actuacións contidas neste decreto". "Debido ao declive poboacional estimado e ao reducido tamaño da poboación actual, a subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras aparece recollida no anexo I do Decreto 88/2007 na categoría «en perigo de extinción». Esta categoría está reservada para aquelas especies cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causantes da súa actual situación seguen actuando. “A catalogación dunha especie como en perigo de extinción implica a elaboración dun plan de recuperación cuxo fin é garantir a conservación da especie que vive en estado silvestre no territorio da Comunidade Autónoma, dos seus hábitats e establecer medidas adecuadas que permitan preservar, manter e restablecer as súas poboacións naturais facéndoas viables". O proxecto eólico constitúe un risco para a especie. O artigo 3 do Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.subsp. lusitánica Steinbacher) en Galicia indica: “A finalidade do plan de recuperación, de acordo cos antecedentes e razóns que se expoñen no anexo I, é a de inverter a tendencia demográfica regresiva da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras en Galicia ata que se limite de xeito significativo o seu risco de extinción nun horizonte temporal de 20 anos, se acade a recuperación das localidades de reprodución coñecidas que se perderon e unha poboación reprodutora superior a 112 parellas”. Sen embargo, este obxectivo de recuperación previsto no Decreto do ano 2013 queda moi lonxe da realidade e a situación da especie é de especial gravidade. No Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018, indícase a priori, que a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) debería empezar adar sinais de recuperación en Galicia. A pesar da súa vulnerable situación, é unha das escasísimas especies ameazadas que conta cun plan de recuperación aprobado pola Xunta. Mais os resultados dun novo censo volven advertir da necesidade de medidas efectivas. “Segundo os datos dispoñibles, quedarían unhas 20 parellas reprodutoras en Galicia fronte ás case 70 censadas en 2005, o que supón unha redución de arredor do 70% en tan só 13 anos“, advirte o traballo, realizado por Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro.

FRAGMENTACIÓN DO TERRITORIO E DOS HÁBITATS, PERDA DE BIODIVERSIDADE:Trátase dun macro parque eólico dunhas dimensións totalmente desproporcionadas. Carece de utilidade pública e interés social, en tanto que afecta a un ámbito xeográfico moi extenso, fragmenta considerablemente os hábitats e incide significativamente na perda da base territorial das explotacións agro –gandeiras e forestais, fragmentando estas co conseguinte impacto negativo na calidade das masas forestais e os cultivos.Indica a mercantil promotora:O Parque Eólico Badulaque forma parte dun conxunto de 6 Parques Eolicos situados na zona noroccidental da provincia da Coruña, en desenvolvemento por parte de Enel Green Power España S.L.. O conxunto dos Parques Eólicos, denominados Caaveiro,Tesouro, Barqueiro, Badulaque, Santuario e Moeche ten unha potencia instalada conxunta de 611 MW e conectan nun mesmo punto de conexión á Rede a Subestación de REE As PontesSe se desenvolven na súa totalidade as instalacións de xeración proxectadas, os parques eólicos Barqueiro, Badulaque e Moeche compartirán o tramo de liña que transcorre entre a subestación do parque eólico Moeche e a subestación colectora situada nas inmediacións de Pontes de García Rodríguez 400 kV. Á súa vez os parques eólicos Barqueiro e Badulaque compartirían o tramo de liña que transcorre entre a subestación do parque eólico Badulaque e a subestación do parque eólico Moeche. A subestación colectora 220/400 kV, así como a súa conexión eléctrica coa posición correspondente da subestación Pontes de García Rodríguez 400 kV sería compartida polo conxunto de parques eólicos a desenvolver.A área que define a poligonal anterior ten unha superficie de 9.727 Ha.A orixe da Liña Aérea será o Pórtico da S.E. T. “P.E. Badulaque”, desde onde se chegará ao pórtico da S.E. T. “Colectora As Pontes”. A lonxitude total da liña é de 29.128 m, discorrendo polos termos municipais As Pontes, As Somozas, Moeche e Cerdido, na provincia da Coruña.Os apoios da liña serán en configuración dobre circuíto en bandeira ata o apoio 29, e simple circuíto entre o devandito apoio e o final de liña (apoio 99).Na contorna de 20 km ao redor do parque eólico, na actualidade, na zona do proxecto atópanse máis de 37 parque eólicos construídos:A Capelada Cariño (A Coruña) 16,5 (potencia)A Capelada I Cariño (A Coruña) 14,85PE Coucepenido Cederia e Ortigueira (A Coruña) 22Monte Rande Ortigueira (A Coruña) 9,35Os Corvos Ortigueira (A Coruña) 10,2Serra dá Panda Ortigueira e Mañon (A Coruña) 18,48Faladoria I Mañon (A Coruña) 24,42Coriscada Mañon e Ortigueira (A Coruña) 24Folgoselo Capelo e Sanduriño (A Coruña) 24,4

20

Page 21: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Novo Valdoviño e Naron (A Coruña) 24,42Monte dás Augas As Somozas (A Coruña) 3Deva As Somozas (A Coruña) 39,6As Somozas II As Somozas (A Coruña) 1,67Somozas As Somozas (A Coruña) 48Requeixo As Somozas (A Coruña) 10,5Carballeira Xermande (Lugo) 24,42Carba Muras e Villalba (Lugo) 19,8Leste Ourol e O Valadouro (Lugo) 14,25Coureiro Ourol (Lugo) 7,8Ourol Ourol (Lugo) 18,7Mareiro Ourol (Lugo) 15Muras I Ourol (Lugo) 24,42Pena Grande Ourol (Lugo) 17,6Vilachá Ourol e Muras (Lugo) 7,8Pena Luisa Muras e Ourol (Lugo) 21,78Caxado As Pontes (A Coruña) 24,4Silán Muras (Lugo) 13,2Ventoada Muras (Lugo) 22,5Lomba Muras (Lugo) 22,5San Xoan Muras ( A Coruña-Lugo) 15,84Coruxeiras Muras (Lugo) 49,6Loboreiro Muras (Lugo) 21,12Soán Encomie- Ampliación Muras e Valdouro (Lugo) 21,75Pena dá Loba As Pontes e Mañón (A Coruña) 24,42Pena VentosaReformadoO Vicedo (Lugo) 8Vicedo O Vicedo (Lugo) 24,6Pena Ventosa Viveiro, O Vicedo e Ourol 44Ademais hai que ter en conta o PE Barqueiro con 34 aeroxeradores, e Moeche, con 14 aeroxeradores, o que fai un totalde 49 aeroxeradores e a altura destes aeroxeradores é de 200 m co que a afección aos ecosistemas, ao territorio e á paisaxe é significativa e irreversible.

A mercantil promotora seguiu no diseño dos parques criterios económicos de aforro e economía, pero non criterios ambientais nin tivo en conta o benestar e os medio de vida das familias que viven e residen nos núcleos rurais afectados polo macro proxecto eólico.

Outras infraestruturas presentes no territorio:Estradas e lonxitude (m)AG-64 115.568,6AC-862 75.114,6LU-540 67.148,0AC-566 44.664,2AP-9F 43.033,8AC-861 37.151,5AC-564 34.465,4AC-101 32.630,2AC-110 20.727,0CG-1.3 17.170,9FE-11 16.648,8AC-116 16.326,3FE-14 15.146,0N-651 14.189,2FE-13 13906,3N-655 12.655,0FE-15 12.474,7LU-861 10.888,9FE-12 10.703,1VG-1.2 10.372,7AC-102 9.520,0AC-563 5.868,7LU-170 5.159,3DP-3615 3.785,6

21

Page 22: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

AC-115 2.602,6LU-117 2.462,8DP-5404 1.902,3DP-7003 1.798,9AC-142 1.616,8AC-105 1.139,2Ruta a Santo Andrés de Teixido 1.010,2AC-122 909,9LU-105 827,8LU-P-3402 634,3AC-141 579,8LU-104 501,2AC-125 486,4Ao anterior hai que engadir antenas, liñas de alta tensión…etc.

Afección severa ao patrimonio cultural. Descontextualización.TÚMULO 02 POSIBLE TÚMULO DE COTO CABANAS 2.GA15087024 CASTRO DE LOUSADA.TOP A CRUZ.TOP CRUZ DEL REY.CASA DE TIMIRAOS.CASA CUARTEL VILARIÑO.REF CASTRO DAS CROAS.CAPELA DA FAME.CAMIÑO SAN ANDRÉS.TÚMULO 04 TÚMULO DA CARBEIRA 1.TÚMULO 05 TÚMULO DA CARBEIRA 2.TÚMULO 06 TÚMULO DA CARBEIRA 3.GA15049001 CASTRO DE ABADE.TÚMULO 01 TÚMULO DE COTO CABANAS 1.CR-04 CRUCEIRO DA CRUZ VERMELLA.24-PHA CASTRO DE SAN ROMÁN.TÚMULO 03 TÚMULO DE SALGUEIRAS. É importante ter en conta que non se permite a localización de infraestruturas de nova execución dentro dos ámbitos de protección de xacementos arqueolóxicos, non respectándose a normativa no proxecto.GA15087026.

PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL: SEN AVALIAR

O documento denominado “ANEXO A. Información general del aerogenerador SG 6.0-170”, indicar que parte do documento está en inglés, lingua non oficial e outra parte é ilexible, polo que non se permitiu a participación pública na consideración deste.

☞ Prexuizos significativos para os chans e o medio ambiente:

O chan é un recurso natural non renovable e finito cuxo proceso de formación tómase centos de anos. Son unha parte fundamental no equilibrio dos ecosistemas: funciona como filtro e amortiguador ao reter substancias, protexe as augas subterráneas e superficiais contra a penetración de axentes nocivos e transforma compostos orgánicos descompoñéndoos ou modificando a súa estrutura conseguindo a mineralización.

A implantación dos eólicos proxectados do parque eólico Badulaque, ao igual que os outros cinco parques eólicos que a promotora prevé desarrollar no mesmo ámbito xeográfico, alteraría os ciclos bioxeoquímicos dos chans. A degradación que sofren os chans supón unha ameaza á capacidade deste recurso para satisfacer as necesidades das futuras xeracións.

A materia orgánica do chan ou humus é fundamental para manter a estrutura do chan, reter a auga necesaria, actuar como reserva nutritiva e imprescindible para manter a produtividade dá terra. Certos usos do chan, como as cimentacións eólicas, diminuen de forma drástica o contido de materia orgánica do chan. As remocións de toneladas de terra que esixe a implantación do parque eólico proxectado non é cuestión baladí e eses chans non se van a recuperar polo que nun futuro, no caso de implantarse, teremos unha gran área de chan desertificada e erosionada de terro infértil.

Coa implantación das cimentacións dos parques, as excavacións e remocións de toneladas de terras durante a súa instalación, elimínase a materia orgánica dos chans e pérdese a produtividade destes. Non só se produce un cambio de usos (agrícolas de cultivo, de pasteiros ou forestais). Tamén se produce unha transformación urbanística non amparada legalmente, ao quedar os chans erosionados e perder de forma irreversible a súa produtividade orixinaria.

22

Page 23: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

A Lei do chan de Galicia aposta na súa exposición de motivos pola protección territorial e, en particular, pola defensa e respecto do chan rústico, xa sexa pola afección ao dominio público ou pola presenza de valores merecedores de especial salvagarda. Así o indica literalmente:

“A Lei do chan aposta pola protección territorial e, en particular, pola defensa e respecto do chan rústico, xa sexa pola afección ao dominio público ou pola presenza de valores merecedores de especial salvagarda”.

O artigo 31 da citada lei referido a “Concepto e categorías” establece:

“1. Terán a condición de chan rústico:

a) Os terreos sometidos a algún réxime de especial protección, de conformidade coa lexislación sectorial de protección do dominio público marítimo-terrestre, hidráulico ou de infraestruturas, ou coa lexislación sectorial de protección dos valores agrícolas, gandeiros, forestais, paisaxísticos, ambientais, naturais ou culturais”.

Así, o artigo 34 da Lei 2/2006 do chan de Galicia indica respecto ao “Chan rústico de especial protección” que:

“4. Cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria”, pero entendendo en base ao indicado na exposición de motivos da lei, que no caso de non poder complementarse prevalecerá aquel que máis protexa o chan rústico e en ningún caso, aquel que poida alterar de forma irreversible a funcionalidade deste como é o caso das infraestruturas eólicas proxectadas.

De feito, o artigo 35.2 indica que: “Os restantes usos en chan rústico son usos prohibidos”, sobre todo aqueles que alteren de forma irreversible a súa funcionalidade, como é o caso das remocións de terra descritas no proxecto eólico Barqueiro.

Conclusión:

O parque eólico Badulaque proxectado é incompatible cos usos e a fertilidade actual dos chans. As cimentacións do parque xunto coa remoción de toneladas de terra previstas para a súa implantación, altera de forma irreversible a cuberta vexetal e os recursos hídricos, producindo erosión da cuberta vexetal e a medio e longo prazo desertificación da área afectada, xa que, a perda da cuberta vexetal e dos humidais converte aos chans nun recurso natural non renovable e finito perdendo a súa funcionalidade e aptitude agrícola, gandeira e forestal actual de xeito irreversible.

☞ IMPACTOS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL, A PAISAXE, E O SECTOR FORESTAL E AGROGANDEIRO. IMPACTO SOCIAL INASUMIBLE.

Afección severa á terras de produción cerealística vencelladas á PAC (política agraria comunitaria) e de gran capacidade agrícola e productividade. Fragmentación das explotacións agrogandeiras e perda severa de base territorial. Impactos non avaliados non proxecto pola promotora que obvia a existencia de explotacións gandeiras, forestais de madereiras que constitúen o medio de vida das persoas e familias que habitan e viven no ámbito afectado polo proxecto eólico e as infraestruturas de evacuación.

☞ Afección severa ás explotacións forestais e madereiras da zona.

Os rendementos madereiros constitúen unha importante fonte de ingresos para as economías das familias que viven non ámbito de afección do proxecto. Fragmentación das explotacións forestais e madereiras, perda de base territorial e perda de ingresos para as familias, para o sector da madeira, aserradoiros, carpinterías e demais industria transformadora da madeira.

● O monte é un sector estratéxico na economía galega que contribue ao cambio climático e á descarbonización da economía.

Aspecto non avaliado pola promotora.

A mercantil promotora non avalía o impacto da estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación sobre o benestar das familias dos núcleos habitados e o posible éxodo poboacional que se pode dar derivado da manchea de estacións eólicas que hai no territorio e outras infraestruturas, que dificultan a vida no rural e a sustentabilidade e viabilidade das explotacións forestais e agro –gandeiras (o feito coñecido como despoboamento do rural ou España baleirada).

☞ PREXUÍZOS SIGNIFICATIVOS PARA AS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS, AGRÍCOLAS E FORESTAIS DA ÁREA DE AFECCIÓN DO PROXECTO. INCOMPATIBILIDADE DO PROXECTO COA LEI 7/2012, DO 28 DE XUÑO, DE MONTES DE GALICIA.

O monte galego é un sector estratéxico na economía galega.

23

Page 24: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Ausencia de avaliación do sector forestal da comarca e a súa relevancia na economía dos municipios de afección do proxecto eólico, como complemento dos ingresos das economías familiares e subministrador de madeira para as carpinterías e aserradoiros da zona.

O proxecto fragmentará as explotacións forestais e madereiras, que ao igual que na comarca limítrofe de Bergantiños, constitúen unha importante fonte de ingresos que complementa ás economías familiares.

Por outra banda, e tendo en conta o marcado carácter forestal destes municipios e a relevancia dos rendementos madereiros e das explotacións forestais como complemento das economías domésticas, cómpre lembrar que a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia indica na súa exposición de motivos que:

“Pero a importancia do sector forestal non reside só nas cifras macroeconómicas, claros expoñentes da súa importancia, senón que, como xa indicamos, desempeña unha función básica na fixación da poboación no rural. En comarcas como as de Lugo, A Fonsagrada, A Terra Chá, Bergantiños, Fisterra, A Limia ou Verín, a forestal figura entre as tres primeiras actividades industriais por emprego xerado, pois o 70 % destas empresas aséntase en poboacións de menos de 5.000 habitantes. En consecuencia, un dos obxectivos prioritarios desta nova norma é colaborar e impulsar a organización do territorio galego, equilibrando os usos do solo, permitindo un adecuado aproveitamento dos recursos e, ao mesmo tempo, colaborando no mantemento das explotacións agrarias existentes, axilizando a súa posibilidade de crecemento e consolidación como factor básico que minimice, na medida do posible, o abandono do rural e consiga frear o envellecemento demográfico e o despoboamento, posibilitando a fixación da poboación. Esta lei xorde nun momento en que o abandono agrario segue a tendencia ao incremento da superficie forestal. Neste contexto, e co obxectivo de consolidar e mellorar as superficies forestais, é importante acadar o equilibrio de usos, eliminando en gran parte o risco de desaparición e, con iso, a imposibilidade de realizar un adecuado aproveitamento racional e multifuncional”

“No ámbito forestal, Galicia ocupa, no conxunto do territorio nacional, un lugar esencial. É, sen lugar a dúbidas, a maior potencia forestal de España e unha das más importantes de Europa. A súa superficie forestal arborada representa o 48 % da totalidade da Comunidade Autónoma, superando as 1.400.000 hectáreas e cunha alta produción de madeira, próxima ao 45 % da produción nacional. Esta é a razón pola cal o incremento da masa arborada en cantidade e calidade constitúe un obxectivo básico, non só do sector forestal en particular, senón da sociedade galega do século XXI no seu conxunto, garantindo o aproveitamento continuado dos recursos forestais, especificamente da madeira, que segue a ser, nestes momentos, o segundo produto deficitario na Unión Europea –tras o enerxético–, o que pode supoñer unha vía de ordenación territorial que posibilite un freo ao abandono sistemático das explotacións do rural de Galicia e permita, a través do desenvolvemento de explotacións e industrias forestais, a fixación da poboación, co cal se evitaría o despoboamento e a crise demográfica que atenazan o mundo rural galego.

Para aquilatar a importancia actual do sector forestal na economía galega, non sempre adecuadamente ponderada, é necesario indicar que a contratación de servizos externos que realizan os propietarios e os xestores forestais dá emprego estable en Galicia, directo e indirecto, a un colectivo superior ás 15.000 persoas, formado por cuadrillas propias no monte, persoal técnico e administrativo das asociacións profesionais, viveiristas, consultoras de enxeñaría, empresas de traballos silvícolas, empresas de aproveitamentos forestais e transportistas especializados. A facturación dos propietarios forestais galegos supera os 300 millóns de euros anuais entre produtos madeireiros e non madeireiros.

Pola súa parte, a facturación conxunta da industria de transformación da madeira supera na nosa Comunidade Autónoma os 1.600 millóns de euros anuais, proporciona emprego directo a máis de 22.700 traballadores e constitúe o sector industrial que maior emprego xera na comunidade, cun 12 % da poboación laboral activa. A industria de primeira transformación produce o 60 % da produción nacional de taboleiros, o 40 % da madeira de serradoiro e o 20 % da pasta de papel, o que totaliza o 3,5 % do PIB da Comunidade Autónoma.

O monte, ademais da importancia económica e social referenciada en Galicia, ten unha función medioambiental que se recoñece e acrecenta progresivamente. A relación da sociedade galega co monte evolucionou considerablemente desde o último terzo do século pasado, xerando unha nova configuración baseada na esixencia do desenvolvemento sustentable e do aproveitamento racional dos recursos forestais. Así, os bosques aparecen como un elemento básico da estratexia ambiental como reservorios e depósitos de fixación de carbono, que chegan a fixar hoxe máis de 42 millóns de toneladas, o que os converte en piares fundamentais para o cumprimento dos compromisos adquiridos no protocolo de Quioto.

O monte é, ademais, un espazo que determina a paisaxe e a identidade da nosa comunidade, ao tempo que ten un compoñente social de recreo, de lugar de encontro, lúdico e de gozo dos cidadáns. A lei trata de compatibilizar a funcionalidade medioambiental, social e estética do monte, cuxos beneficios intanxibles son aproveitados por toda a sociedade, e uns lexítimos beneficios directos que corresponden aos seus titulares. De aí que a lei persiga, como un dos seus obxectivos fundamentais, adaptar a realidade forestal galega ás esixencias, cada vez maiores, dunha sociedade, madura e moderna, como a de Galicia, que debe cohonestarse cos dereitos á percepción de rendas, froitos e utilidades dos propietarios forestais e dos silvicultores”.

Por outra banda no Proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética (Boletín oficial das Cortes Xerais Senado XIV Lexislatura, Núm. 170 de 14 de abril de 2021), arestora en tramitación no Senado, establece no seu artigo 25 relativo ao “Desenvolvemento rural: política agraria, política forestal e enerxías renovables”:

24

Page 25: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

O Goberno incorporará na aplicación da Política Agraria Común, así como noutras estratexias, plans e programas en materia de política agraria e de desenvolvemento rural, e no Plan Forestal Español, medidas encamiñadas a reducir a vulnerabilidade ao cambio climático dos chans agrícolas, dos montes e dos chans forestais e para facilitar a preservación dos mesmos, entre elas, a elaboración dun mapa de vulnerabilidade, así como, a avaliación e promoción de sistemas agrícolas e prácticas de xestión forestal sostibles para aumentar a súa resiliencia fronte ao cambio climático, que fomentarán en todo caso as sinerxias coa redución de emisións de gases de efecto invernadoiro nestes ecosistemas”.

3.- PREXUIZOS SIGNIFICATIVOS E IRREPARABLES PARA A COSTA GALEGA, AS PAISAXES E OS VALORES AMBIENTAIS

O Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias de conservación, utilizando ás aves como indicadoras das áreas con maior riqueza natural. Así, os escasos recursos dispoñibles para a conservación poden ser dirixidos ás zonas identificadas como prioritarias.

As IBAs:

– son ferramentas prácticas para a conservación da biodiversidade,

– son seleccionadas con criterios estandarizados e acordados internacionalmente,

– soas ou en conxunción con outras áreas veciñas, deben prover, sempre que sexa posible, todos os requirimentos para as poboacións de aves para as que se identificaron,

– deben ser diferentes en carácter, hábitat ou importancia ornitolóxica das terras circundantes,

– forman parte dunha proposta integrada e máis ampla de conservación da biodiversidade, a estratexia de conservación de BirdLife, que inclúe tamén a protección de especies e hábitat.

Por que son importantes?

As IBA desempeñaron en Europa un papel crave na designación das Zonas de Especial Protección para as Aves ( ZEPA), espazos incluídos na rede Natura 2000 europea, derivadas da Directiva de Aves Silvestres (2009/147/CE).

25

Page 26: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

26

Page 27: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

O proxecto eólico produce feísmo paisaxísto con afección severa ao turismo e á hostalería. PROXECTO EÓLICO INCOMPATIBLE COAS IBAs

27

Page 28: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

O proxecto eólico produce feísmo paisaxísto con afección severa ao turismo e á hostalería

*Cómpre á avaliación ambiental conxunta e glogal da totalidade das infraestruturas do parque eólico incluidas as liñas de evacuación e demais infraestruturas asociadas.

A participación do público na toma de decisións en materia do medio ambiente, e en particular, na avaliación ambiental dos proxectos industriais está recollida no Convenio de Aarhus, no artigo 45 da Constitución española e na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).

Substraer da participación pública e, por tanto, da avaliación por parte desta de determinadas infraestruturas, polo mero feito de ser compartidas é unha violación severa do espíritu de Aarhus e dos dereitos fundamentais inalienables do ser humano, xa que está a impedir e obstaculizar a avaliación global, sumativa e sinérxica dos impactos ambientais do conxunto das infraestruturas do proxecto industrial.

A avaliación ambiental dos impactos da totalidade das infraestruturas do proxecto industrial debe permitir á cidadanía a valoración conxunta, global, sinérxica e sumativa destes, en todas as fases de execución e durante o funcionamento do parque.

☞ Efectos acumulativos (aditivos, sumativos e globais) con P.E. próximos: SIN AVALIAR

Ao anterior hai que engadir outras infraestruturas como as estradas e camiños que fragmentan o territorio e supoñen a perda de biodiversidade. Ao mesmo tempo, todas estas infraestruturas eólicas fragmentan a paisaxe e incrementan a fraxilidade visual.

Falla de avaliación dos impactos globais e sumativos de todas as infraestruturas presentes na área do proxecto incluidas as liñas de evacuación e outras infraestruturas presentes como as estradas e camiños.

28

Page 29: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais de forma tal que a auga dos nosos ríos, a forza do vento ou a calor proveniente do sol, son fontes limpas e inesgotables de produción de enerxía eléctrica que, por iso, son fomentadas polos estamentos públicos. Precisamente, para conseguir eses obxectivos, protexer o medio ambiente e garantir unha subministración eléctrica de calidade, entre outros mecanismos, está a avaliación ambiental dos proxectos industriais, que non pode ser burlada mediante a división ou fragmentación articiosa destes para eludir a finalidade prevista na normativa que a regula.

5.- ANÁLISE DOS PLANEAMENTOS URBANÍSTICOS MUNICIPAIS DOS MUNICIPIOS AFECTADOS POLO PARQUE EÓLICO BADULAQUE

A mercantil promotora propón a modificación de cualificación urbanística e regulación detallada do uso pormenorizado para recalificalo como chan rústico de especial protección de infraestruturas.

De acordo co previsto no Artigo 34.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico de especial protección, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria, prevalecendo aquel que outorgue unha maior protección (que neste caso non é o chan de infraestruturas). Polo tanto, desde o punto de vista urbanístico o proxecto eólico BADULAQUE é incompatible. A promotora pretende unha recalificación urbanística non amparada legalmente en relación ao chan rústico de protección forestal, chan rústico de protección de cauces, o chan rústico de protección paisaxística e o chan rústico de protección de espazos naturais.

“Artigo 34.4. Cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria”.

Ao anterior hai que engadir a prevalencia da protección ambiental do Artigo 2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e dá Biodiversidade.

“Artigo 2. Principios.Son principios que inspiran esta lei:f) A prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e os supostos básicos dá devandita prevalencia”.

A maior abondamento hai que contar coa protección ambiental reforzada dá Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Hai hábitats prioritarios e hábitats de interese comunitario pero ambos os dous tipos gozan da protección do artigo 2 desta directiva, isto é:

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario.

Os hábitats naturais de interese comunitario requiren de zonas de especial conservación conforme á Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Non poden ser, por tanto, nin eliminados, nin degradados. A normativa citada indica expresamente que estes hábitats deben ser conservados e manterse nun estado de conservación favorable.

6.- A prevalencia da protección ambiental da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

“Artigo 2. Principios.

Son principios que inspiran esta lei:

a) O mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, apoiando os servizos dos ecosistemas para o benestar humano.

b) A conservación e restauración da biodiversidade e da xeodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. As medidas que se adopten para esa fin terán en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como, as particularidades rexionais e locais.

c) A utilización ordenada dos recursos para garantir o aproveitamento sostible do patrimonio natural, en particular, das especies e dos ecosistemas, a súa conservación, restauración e mellora e evitar a perda neta de biodiversidade.

d) A conservación e preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais, da diversidade xeolóxica e da paisaxe (…).

f) A prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e os supostos básicos da devandita prevalencia.

g) A precaución nas intervencións que poidan afectar a espazos naturais ou especies silvestres”.

29

Page 30: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

7.- OPACIDADE EN RELACIÓN AO PLAN INDUSTRIAL DE DESARROLLO EÓLICO PREVISTO POLA MERCANTIL PROMOTORA.

O Parque Eólico BADULAQUE forma parte dun conxunto de 6 parques eólicos situados na zona noroccidental da provincia da Coruña, en desenvolvemento por parte de Enel Green Power España S.L. O conxunto dos parques eólicos, denominados Caaveiro, Tesouro, Barqueiro, Badulaque, Santuario e Moeche teñen prevista unha potencia instalada conxunta de 611 MW e conectan nun mesmo punto de conexión á Rede a Subestación de REE As Pontes.Segundo se desprende dos proxectos dos parques Caaveiro, Tesouro, Santuario e Moeche, as seis instalacións antes referidas dispoñen de permiso de acceso nun mesmo nó da rede de transporte (As Pontes de García Rodríguez 400 kV). Prevese que os parques eólicos Barqueiro, Badulaque e Moeche compartirán o tramo de liña que transcorre entre a subestación do parque eólico Moeche e a subestación colectora situada nas inmediacións de Pontes de García Rodríguez 400 kV. Á súa vez os parques eólicos Barqueiro e Badulaque compartirían o tramo de liña que transcorre entre a subestación do parque eólico Badulaque e a subestación do parque eólico Moeche. A subestación colectora 220/400 kV, así como a súa conexión eléctrica coa posición correspondente da subestación Pontes de García Rodríguez 400 kV sería compartida polo conxunto de parques eólicos.A subestación colectora “SET Colectora 220/400 kV As Pontes” é común para varios PPEE da zona, e atoparase dentro do polígono “Industrial ENDESA” na cal se atopa instalada a central térmica Pontes García Rodríguez, no municipio das Pontes provincia da Coruña.Indica a mercantil promotora:

“El Parque Eólico Badulaque forma parte de un conjunto de 6 Parques Eólicos ubicados en la zona noroccidental de la provincia de A Coruña, en desarrollo por parte de Enel Green Power España S.L.. El conjunto de los Parques Eólicos, denominados Caaveiro, Tesouro, Barqueiro, Badulaque, Santuario y Moeche tiene una potencia instalada conjunta de 611 MW y conectan en un mismo punto de conexión a la Red la Subestación de REE As Pontes (posición Grupo 3 Central Térmica).

Dado que las seis instalaciones antes referidas disponen de permiso de acceso en un mismo nudo de la red de transporte (Puentes de García Rodríguez 400 kV), en el diseño de las infraestructuras de conexión de las mismas se han adoptado criterios de racionalización para minimizar el número de infraestructuras a desarrollar mediante la futura utilización compartida de aquellas instalaciones de conexión en las que dicho uso compartido sea técnicamente y reglamentariamente viable.

Si se desarrollan en su totalidad las instalaciones de generación proyectadas, los parques eólicos Tesouro y Caaveiro compartirán el tramo de línea que transcurre entre la subestación del parque eólico Tesouro y la subestación colectora ubicada en las inmediaciones de Puentes de García Rodríguez 400 kV. A su vez el parque eólico Caaveiro compartiría la subestación del parque eólico Tesouro. La subestación colectora 220/400 kV, así como su conexión eléctrica con la posición correspondiente de la subestación Puentes de García Rodríguez 400 kV sería compartida por el conjunto de parques eólicos a desarrollar”.

Nome da instalación Potencia Municipios Provincia

Parque eólico Badulaque 90,0 Valdoviño, Cedeira, Cerdido, Moeche, As

Somozas, As Pontes

A Coruña

Parque eólico Barqueiro 150,0 Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Cerdido, Moeche,

As Somozas, As Pontes

A Coruña, Lugo

Parque eólico Caaveiro 78,0 Fene, Neda, Cabanas, A Capela, San Sadurniño, As

Pontes

A Coruña

Parque eólico Moeche 53,0 San Sadurniño, Moeche, As Somozas, As Pontes

A Coruña

Parque eólico Santuario 180,0 As Pontes, Xermade, Vilalba, Guitiriz

Parque eólico Tesouro 60,0 As Pontes, A Capela A Coruña

30

Page 31: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

Os seis parques eólicos referenciados, a pesar de compartir instalacións de conexión e a mesma área xeográfica (comarcas do Eume e Ferrol –Terra), sométense por separado a avaliación ambiental ordinaria, obviando que se trata dun plan empresarial único a desenvolver pola mesma promotora, no mesmo ámbito xeográfico comarcal e con permiso de acceso nun mesmo nó da rede de transporte (As Pontes de García Rodríguez 400 kV).

A Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, en canto órgano tramitador, ten a obriga legal de facelo consonte a lei e evitar que a avaliación ambiental dos seis parques como seis proxectos separados e independentes, impida a avaliación ambiental do conxunto deles e por ende, da totalidade das infraestruturas do plan de desarrollo eólico que a mercantil promotora prevé para as comarcas do Eume e de Ferrol –Terra fundamentalmente.Por tanto, solicítaselle que se someta ao trámite de información pública e de forma conxunta, a totalidade dos estudos de impacto ambiental dos seis proxectos eólicos coas súas respectivas instalacións de conexión e liñas de evacuación, xa que logo, está a impedir a avaliación ambiental global, sumativa e acumulada dos impactos que os seis parques teñen para as comarcas afectadas.Por outra banda, chama poderosamente a atención que un plan industrial de desenvolvemento eólico destas características, que prevé o desenvolvemento de toda unha complexa infraestrutura eólica nunha concreta área xeográfica, non se someta con carácter previo á correspondente avaliación ambiental estratéxica, xa que logo isto facilitaría a incorporación dos criterios de sustentabilidade na toma de decisións estratéxicas para as comarcas afectadas.A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental no seu artigo 5 indica que aos efectos da avaliación ambiental estratéxica regulada nesta lei, entenderase por:“a) “Promotor”: calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, que pretende elaborar un plan ou programa dos contemplados no ámbito de aplicación desta lei, independentemente considerado da Administración que no seu momento sexa a competente para a súa adopción ou aprobación.b) “Plans e programas”: o conxunto de estratexias, directrices e propostas destinadas a satisfacer necesidades sociais, non executables directamente, senón a través do seu desenvolvemento por medio dun ou varios proxectos.c) “Estudo ambiental estratéxico”: estudo elaborado polo promotor que, sendo parte integrante do plan ou programa, identifica, describe e analiza os posibles efectos significativos sobre o medio ambiente derivados ou que poidan derivarse da aplicación do plan ou programa, así como, unhas alternativas razoables, técnica e ambientalmente viables, que teñan en conta os obxectivos e o ámbito territorial de aplicación do plan ou programa, co fin de previr ou corrixir os efectos adversos sobre o medio ambiente da aplicación do plan ou programa.(…)3. Para os efectos da avaliación de impacto ambiental de proxectos regulada nesta lei e sen prexuízo das definicións contidas na normativa sobre instalacións nucleares e radioactivas, entenderase por:a) “Promotor”: calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, que pretende realizar un proxecto dos comprendidos no ámbito de aplicación desta lei, con independencia da Administración que sexa a competente para a súa autorización.b) “Proxecto”: calquera actuación prevista que consista en:1.º a execución, explotación, desmantelamento ou demolición dunha obra, unha construción, ou instalación, ou ben2.º calquera intervención no medio natural ou na paisaxe, incluídas as destinadas á explotación ou ao aproveitamento dos recursos naturais ou do chan e do subsolo, así como das augas continentais ou mariñas.c) “Estudo de impacto ambiental”: documento elaborado polo promotor que acompaña ao proxecto e identifica, describe, cuantifica e analiza os posibles efectos significativos sobre o medio ambiente derivados ou que poidan derivarse do proxecto, así como, a vulnerabilidade do proxecto ante riscos de accidentes graves ou de catástrofes, o risco de que se produzan devanditos accidentes graves ou catástrofes e a obrigatoria análise dos probables efectos adversos significativos no medio ambiente en caso de ocorrencia. Tamén, analiza as diversas alternativas razoables, técnica e ambientalmente viables, e determina as medidas necesarias para previr, corrixir e, no seu caso, compensar, os efectos adversos sobre o medio ambiente.No presente caso e á vista do parágrafo anterior, a mercantil Enel Green Power España S.L. non prevé executar só un proxecto industrial, senón que prevé a implantación de seis proxectos eólicos coas súas infraestruturas compartidas, un punto de conexión único e a desenvolver na mesma área xeográfica, na que se localizan as comarcas do Eume e Ferrol –Terra fundamentalmente.Á vista do aquí exposto e consonte á normativa vixente, a Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno debe someter este plan de desenvolvermento eólico destas comarcas á correspondente avaliación ambiental estratéxica e cumprir co preceptuado na lei.Ademais do anterior, non someter a exposición pública a avaliación ambiental ordinaria do conxunto dos seis parques eólicos e as súas infraestruturas asociadas implica a vulneración flagrante de alomenos a normativa que a seguir se indica:

☞ Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do público á información ambiental e o Convenio de Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación do público e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que garanten o acceso público a información ambiental que obre en poder das autoridades públicas ou doutras entidades no seu nome, tanto cando se lles solicite como mediante divulgación activa.

☞ Decisión 2005/370/CE do Consello, do 17 de febreiro de 2005 sobre a celebración, en nome da Comunidade Europea, do Convenio sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 124 de 17.5.2005, pp. 1-3)

☞ Regulamento (CE) nº. 1367/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de setembro de 2006, relativo á aplicación, ás institucións e aos organismos comunitarios, das disposicións do Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 264 de 25.9.2006, pp. 13-19)

31

Page 32: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

☞ Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).

☞ Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

En virtude do anterior,

SOLICITA:

1.- O rexeitamento do Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Badulaque de 90 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia da Coruña. BOE Núm. 161 Miércoles 7 de xullo de 2021. Código do proxecto: PEol-416, e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais e paisaxísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licencia social.

2.-SIRVAN AS PRESENTES ALEGACIONS COMO NOTIFICACION PREVIA DESTE ASUNTO, QUE VAI A SER OPORTUNAMENTE RATIFICADA PARA O CASO DE PROGRESO DA SOLICITUDE RELATIVA AO PARQUE EÓLICO BADULAQUE (CÓDIGO DE PROXECTO: PEOL-416) E PROGRESO DA MESMA, DEBENDO OS PROMOTORES ENFRENTARSE AOS PROCEDEMENTOS XUDICIAIS QUE SE INICIEN (CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVOS E PENAIS), ASÍ COMO, ÁS INDEMNIZACIONS QUE PROCEDAN, CON RESPONSABILIDADE SUBSIDIARIA DE QUEN AUTORIZA SEN TER EN CONTA OS DEFECTOS DOS QUE SE LLE PON EN COÑECEMENTO.

3.- Téñase en conta que o Inventario de Humidais de Galicia non recolle ningún humidal. Téñase en conta que ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e acumuladores de carbono.

4.- Téñase en conta que o Plan Sectorial Eólico de Galicia é un regulamento que non está adaptado a actual normativa de avaliación de impacto ambiental e que está desfasado, caduco e obsoleto e que carece de avaliación ambiental estratéxica. Ademais, nunca chegou a publicarse íntegramente o seu texto e as correspondentes modificacións do mesmo no Diario Oficial de Galicia vulnerándose o artigo 9.3 da Constitución española (principio de publicidade das normas e principio de seguridade xurídica). Por outra banda, o parque eólico BADULAQUE tampouco se integra na planificación sectorial galega.

5.- Teñan en conta que en consoancia co anterior estase a vulnerar unha manchea de normativa que xera indefensión para a cidadanía como:

● Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do público á información ambiental e o Convenio de Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación do público e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que garanten o acceso público a información ambiental que obre en poder das autoridades públicas ou doutras entidades no seu nome, tanto cando se lles solicite como mediante divulgación activa.

● Decisión 2005/370/CE do Consello, do 17 de febreiro de 2005 sobre a celebración, en nome da Comunidade Europea, do Convenio sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 124 de 17.5.2005, pp. 1-3)

● Regulamento (CE) nº. 1367/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de setembro de 2006, relativo á aplicación, ás institucións e aos organismos comunitarios, das disposicións do Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 264 de 25.9.2006, pp. 13-19)

● Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.

● Lei 7/2012, de 28 de xuño de Montes de Galicia.

6.- Que por parte do Consello da Cultura Galega, máximo órgano asesor da Xunta de Galicia en materia de cultura, se informe sobre da compatibilidade do proxecto da estación eólica BADULAQUE e os outros cinco parques eólicos que conforman o plan industrial de desarrollo eólico da mercantil promotora na mesma área de actuación, cos valores culturais, paisaxísticos e ambientais da área de afección do conxunto dos proxectos do plan de desenvolvemento industrial eólico da mercantil promotora.

7.- Que por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e á luz da exposición de motivos e o artigo 5 da Lei 7/2012, de 28 de xuño se informe sobre a prevalencia do uso forestal sobre o uso eólico e a incompatibilidade deste, dentro da superficie afectada pola poligonal do parque eólico Barqueiro e os outros cinco parques que configuran o plan industrial de desenvolvemento eólico da mercantil promotora, en tanto en canto como ben di a exposición de

32

Page 33: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewO Programa das Áreas Importantes para a Conservación das Aves é unha contribución ao establecemento de estratexias

motivos da referida lei, o monte galego é unha fonte de riqueza que xera emprego estable, descarboniza a economía, cumpre co protocolo de Kioto e realiza unha contribución importante ao PIB galego.

8.- Someta o Plan industrial de desenvolvemento eólico que a mercantil Enel Green Power España S.L. prevé para as comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal fundamentalmente, á correspondente avaliación ambiental estratéxica, tal e como establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental para a incorporación dos criterios de sustentabilidade na toma de decisións estratéxicas para as comarcas afectadas.

9.- Someta ao trámite de información pública e de xeito conxunto, os estudos de impacto ambiental dos seis parques eólicos que promove a mercantil Enel Green Power España S.L. (parques eólicos Caaveiro, Tesouro, Barqueiro, Badulaque, Santuario e Moeche) coas súas respectivas instalacións de conexión e liñas de evacuación, xa que logo, a tramitación ambiental independente de cada un deles impide a avaliación ambiental global, sumativa e acumulada dos impactos da totalidade dos parques que a promotora prevé desenvolver na mesma área xeográfica.

10.- Información sobre das axudas públicas e contías recibidas pola empresa promotora Enel Green Power España S.L tanto do Estado español como do Banco Europeo de Inversións para o desenvolvemento do plan industrial de desenvolvemento eólico configurado polos seis parques eólicos: Caaveiro, Tesouro, Barqueiro, Badulaque, Santuario e Moeche e a súas infraestruturas asociadas.

11- Que por parte do ICOMOS se avalíe e informe o grao de compatibiliade do Camiño de Santiago de Compostela cos parques eólicos relacionados con este e dos outros 37 parques eólicos xa instalados na área xeográfica de incidencia deste proxecto de da vía cultural histórica referenciada.

12.- Información sobre os paraísos ou nichos fiscais que actualmente emprega a mercantil promotora para non tributar ou eludir impostos en España, xa que Endesa Generación SAU agrupa a varias empresas, entre elas a Enel Green Power España, S.L. (EGPE) (100%). En canto á fiscalidade e branqueo de capitais, segundo a información proporcionada polo Observatorio de RSC, Endesa conta con un total de 4 sociedades domiciliadas en países e territorios considerados nichos fiscais, segundo a metodoloxía do Observatorio de RSC. En concreto, conta con sociedades en Ámsterdam, en Luxemburgo (considerados ambos territorios como nichos fiscais por parte do Tax Justice Network) e en Delaware (EEUU), considerado un nicho fiscal tanto polo Parlamento europeo como polo Tax Justice Network.

Véxase: https://observatoriorsc.org/wp-content/uploads/2018/06/Endesa_Informe_2016_ok.pdf

Por outra banda, a empresa conta con algunha que outra querela da Fiscalía por incumprimentos ambientais como á que se referencia no seguinte enlace, ademais da problemática ambiental xerada pola contaminación do río Eume e a multa proposta por Augas de Galicia nun expediente sancionador.

https://www.efeverde.com/noticias/aves-muertas-lineas-electricas-querella/

“La Fiscalía de Medio Ambiente ha presentado una querella contra la compañía Endesa y seis de sus directivos, a los que acusa de incumplir la ley por la “alta peligrosidad” de sus líneas eléctricas, que en los últimos años han causado la muerte de centenares de aves por electrocución”.

https://www.publico.es/sociedad/contaminacion-rio-eume-multa-1-9-millones-endesa-contaminar-rio-nutre-agua-potable-comarca-25000-personas.html

https://www.europapress.es/galicia/noticia-bruselas-investigara-contaminacion-rio-eume-20210412192605.html

https://www.facua.org/es/noticia.php?Id=16813

Cedeira, 14 de agosto de 2021

Asdo.- _______________________

33