Upload
javier-pintor
View
219
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Trabajo por proyectos elaborado por el orientador del CEIP de Curtis donde se trabajan las distintas competencias básicas.
Citation preview
PROXECTO DE TRABALLO POR
COMPETENCIAS.
VIAXE NO TEMPO
Xustificación
Escollemos este proxecto: Viaxe no tempo, porque:
� Pensamos que pode ser moi motivador para o alumnado.
� Serve para englobar os aspectos do currículo relacionados coa
historia.
� Permite globalizar distintas áreas dentro deste proxecto.
Competencias básicas traballadas
Competencia social e cidadá
- Coñecer, a grandes liñas, as principais etapas da historia.
- Apreciar e respectar o Patrimonio artístico e cultural propio.
- Valorar o intecambio de puntos de vista.
- Ter unha actitude respectuosa nas relacións cos demais.
- Comezar a valorar criticamente a información.
Competencia cultural e artística
- Considerar as manifestacións culturais e artísticas como parte
do patrimonio dos pobos.
Competencia aprender a aprender
- Saber utilizar diferentes formas de información.
- Fomentar a aprendixe autónoma.
- Ser cooperador e solidario.
Competencia para a autonomía e iniciativa persoal
- Organizar e distribución de tempos e tarefas do proxecto.
- Coidar a presentación do proceso e facer unha exposición
colectiva dos resultados.
- Buscar o acordo e integrar diferentes puntos de vista para
lograr resultados.
Competencia dixital e tratamento da información
- Realizar procuras de información utilizando buscadores.
- Recuperar e almacenar información de diversas páxinas web.
Competencia lingüística
- Sacar e diferenciar o principal do accesorio de
textos lidos.
- Ler en público de modo axeitado en exposición
aos demais.
- Argumentar e rexeitar opinións e ideas.
- Escribir unha biografía respectando o seu formato.
Competencia matemática
- Usar os símbolos matemáticos básicos (números romanos)
Metodoloxía.
Nesta unidade didáctica seguiremos un enfoque metodolóxico por proxectos e
de aprendizaxe cooperativa. Xa que tanto o alumnado coma o profesorado se
está iniciando en este tipo de traballo, todas as sesións estarán bastante
dirixidas polas docentes, dando certa marxe de liberdade nalgúns apartados.
O proxecto realizarase principalmente na área de Coñecemento do Medio, con
algunha incursión das áreas de Lingua Galega, Matemáticas e Educación
Artística para facilitar a realización dalgunhas actividades necesarias para
conseguir unha visión global do tema.
Partiremos destas fases na secuencia do proxecto:
� Elección do tema (o tema principal estará elixido polo
profesorado, procurando dar máis liberdade no desenvolvemento
grupal)
� Planificación dos pasos a seguir (alumnado e docentes)
� Búsqueda de información (alumnado asesorado por docentes e
familias)
� Tratamento de información (alumnado
asesorado por docentes)
� Elaboración de índice (alumnado asesorado
por docentes)
� Elaboración do dossier con todo o material
(docentes coa colaboración do alumnado)
� Avaliación (individual, grupal e docente)
Para a realización deste proxecto o alumnado traballará individualmente, en
parellas e en grupos de catro (excepto un grupo que será de 3). Os grupos
formaranse procurando a máxima heteroxeneidade. Unha vez formados os
grupos buscarán cinco coincidencias entre todos os membros e tres teimas,
para elixir un nome relacionado co anterior. Traballarán individualmente
naquelas actividades que esixan búsqueda de información, reflexión propia,
asentar conceptos, ...
En parellas naqueloutras que impliquen chegar a unha primeira
confrontación de ideas e chegar a acordos previos aos grupais.
A colocación do alumnado na aula permitirá que en calquera momento se
poida ir cambiando dun tipo de agrupamento (individual, parella, pequeno
grupo) con facilidade, permitindo en todo momento a libre circulación polo
espazo.
O papel das docentes será de orientar, motivar e asesorar ao alumnado en
todo momento. Buscarase a implicación e colaboración da familia na
realización dalgunhas actividades. Cada alumno e alumna irá formando un
dossier con todas as actividades realizadas individualemente , en parella
ou grupo. Os proxectos que realice cada grupo fotocopiaranse ao final para
que cada un deles teña o que realizaron os demais. Encadernanse os
traballos para que cada neno e nena teña o traballo completo.
Xa que o alumnado non está afeito a buscar información en enciclopedias,
na aula crearase un recuncho de
historia onde estarán libros de
textos de distintas editoriais e
cursos facilitados pola profesora e
outro material bibliográfico que se
buscará na biblioteca ou que traerá
o alumnado das súas casas.
Presentamos os libros de texto
porque cremos que lles poden
resultar máis fácil para localizar a
información que precisen,
introducindo progresivamente
enciclopedias, libros consulta, ... aínda que tamén estarán na aula para
aquel alumnado que poida acceder a el. Ter en conta que na aula temos un
alumno co altas capacidades.
ACTIVIDADES A continuación presentamos as actividades principais que se realizarán neste proxecto.
1ª Actividade: Motivación – Determinación dos coñecementos previos
Presentaremos imaxes de distintas épocas históricas no
taboleiro da clase de xeito desordenado. A continuación
daremos a cada alumno e alumna unha serie de preguntas
nun folio que contestarán individualmente:
- Que é a historia?
- Quen e cando se descubriu o lume?
- Coñeces o nome dalgún emperador
romano?
- Sabes se hai castelos en Galicia? En que
localidades? De que época son?
- Quen e cando se descubriu América?
- Que inventos coñeces? Sabes quen os
descubriu?
- O ano 1930 , de que século é?
Unha vez que contesten individualmente, colocaranse por
parellas para facer un primeiro resumo das respostas previo
á unión do grupo. O portavoz lerá as respostas dadas. A
mestra escribiraas no encerado.
2ª Actividade. Que é a historia? A propia historia e a propia liña do tempo. Grupo. Individual.
Seguindo o mesmo plan de traballo, presentamos a palabra
HISTORIA escrita en gran tamaño en cartolina e propoñemos
que cada grupo busque o significado desa palabra e os
escriban nunha ficha que facilitamos. Debate e aclaración ao
grupo.
Propoñerase ao alumnado que pensen na súa propia historia
e indicando os feitos máis importantes da súa vida.
En grupo debatirán sobre os momentos que cren que
deberían indicar. Posteriormente farase un debate para
concretalos entre todos e todas. Propoñerlles que sitúen
cronolóxicamente eses feitos. Introducir o concepto de liña
do tempo. Dar ficha conceptual e con exemplos.
Cada alumno e alumna elaborará a súa propia liña do tempo
na casa buscando a colaboración da familia para situar os
feitos no tempo.
3ª Actividade. Asociamos os anos aos séculos correspondentes. Área de matemáticas.
Dar a cada alumno/a unha ficha con dúas ringleiras de
casiñas: unha con anos e outras cos séculos nos que se
sitúan desordenados. Cada un deberá unir ano con século
correspondente. Posteriormente debater no grupo e chegar a
unha proposta única. Debater en gran grupo. Inducir o
método para poder asociar ano con século.
Ficha individual de consolidación. Corrección polo
compañeiro/a da dereita.
4ª Actividade.A liña do tempo.
Entregaranse a cada alumno seis imaxes das épocas que
nos interesa traballar, co nome de cada unha e a época na
que se sitúa desordenadas. Deberán unir cada imaxe, co
nome e a època. Posteriormente, debatirano coas parellas e
nos grupos.
Unha vez que o teñan realizado definitivamente, cada grupo
autocorrexirase consultando en distintos libros de texto que
teñamos na aula.
Despois a profesora aclarará dúbidas para situar
definitivamente cada época no momento axeitado,
elaborarase unha primeira liña do tempo.
5ª Actividade. Elaboración do mapa conceptual do proxecto.
A profesora presenta o traballo que deben realizar en grupo
para facilitar o coñecemento das distintas épocas
históricas: Viaxe no tempo. Seguindo a secuencia de
traballo: individual – parella – grupo, cada grupo deberá
indicar que épocas (consultando os libros de textos
podemos traballar e que aspectos debemos tratar en cada
unha.
Así elaboraremos o mapa conceptual que cada alumno/a
copiará nunha ficha.
6ª Actividade. Estudo dun aspecto ao longo das épocas históricas fixadas. Grupo
A mestra distribuirá cada un dos temas (modo vida,
desprazamentos-medios transporte, inventos, construcións,
personaxes históricos, manifestacións artísticas) entre os
grupos. Cada grupo deberá ir analizando o aspecto que lle
corresponda utilizando o material que considere.
Baixarase a biblioteca a buscar material bibliográfico,
propoñerase que traian calquera libro que teñan na casa
sobre o tema, irase a aula de informática a buscar
información, imaxes, ... Crearase o Recuncho da historia na
aula.
Cada grupo realizará un índice do traballo que supervisará a
profesora. Unha vez feito comezarán a traballar en distintas
sesións.
O traballo deberán ir plasmándoo en folios utilizando o
medio que desexen (escrito manualmente, ordenador, ...)
VIAXE NO TEMPO
É POCA
7ª Actividade. Facemos biografías. Área de lingua. Individual – parella – grupo.
A partir da pregunta que é unha biografía? Recolleranse as
ideas, propoñerase que busquen no dicionario o seu
significado. Aclaración grupal.
Ler unha biografía dalgún personaxe coñecido. Darlla a cada
neno e nena para que individualmente a analicen e indiquen
os aspectos que se van tratando. Debater en parella e
despos en grupo. Debate en gran grupo cos portavoces
Aclaradas as dúbidas, propoñer que cada un/unha realice
unha autobiografía utilizando a liña do tempo elaborada.
Corrección polo compañeiro/a da dereita no grupo.
8ª Actividade. Biografías de personaxes históricos. Área de lingua. Parella.
O equipo encargado dos personaxes históricos propoñerá
doce. Cada parella escollerá un para realizar unha biografía
sobre el. Unha vez feitas uniranse para facer un libriño con
elas.
9ª Actividade. Facemos mosaicos. Área de educación plástica. Parella.
Propoñer a realización dun mosaico. O grupo encargado das
manifestacións artísticas explicará o que é e en que época se
sitúan. Cada parella realizará un nunha cartolina utilizando o
material que desexe.
10ª Actividade. Visitamos un museo. Individual – Grupo. Colaboración familia.
Actividade previa: Que é un museo? Que é un museo
arqueolóxico? Onde está o máis próximo á localidade? Que
hai alí? Daráselles individualmente unha ficha con estas
preguntas para que leven a casa e intente contestar coa
colaboración da familia.
Posteriormente na clase debateran as respostas en grupo.
Debate a nivel da clase.
Indicar que imos ir visitar un museo próximo: Museo de
Melide.
Como nos debemos comportar nun museo? Primeiro
individualmente e despois en grupo facer unha listaxe coas
normas que debemos cumprir nunha visita a un museo.
Facer resumo global.
Buscar información sobre el na aula de informática.
O día da visita por parellas deberán cubrir unha ficha con
información que deben recabar.
11ª Actividade. Elaboramos carta de solicitude de visita ao museo. Área de Lingua. Parellas - grupo.
Primeiro por parellas e despois cada grupo elaborarán unha
carta. Recollendo as suxestións de cada grupo escribirase
unha da clase onde asinarán todos e todas.
12ª Actividade. Expoñemos o traballo realizado. Grupo
Cada grupo expoñerá o traballo realizado utilizando a
metodoloxía, material, recursos, ... que desexe co
asesoramento da profesora.
Todo o material fotocopiarase para que cada neno e nena
teña todos os traballos no seu dossier.
13ª Actividade. Elaboración de preguntas. Grupo.
Cada grupo elaborará unhas preguntas sobre o seu traballo
para facer ao restos dos compañeiros e compañeiras.
14ª Actividade. Sesións de avaliación. Individual – grupo - profesora.
As sesións de avaliacións faranse:
- Contidos: Xogo de preguntas elaborado
polos grupos aos grupos // Proba
individual elaborada pola mestra.
- Completar os cuestionarios de avaliación
recollidos no apartado correspondente.
CEIP DE CURTIS. A CORUÑA. JUSTO LEMA.