6
Non son libros para sentarse a ler, senón máis ben libros que poden animarnos ou axudarnos a compartir en familia ou cos amigos diversas actividades que, cando as fas en compañía, poden resultar moi divertidas: dende unha viaxe ou excursión, cociñar un delicioso cuscús marroquí, plantar unhas cantas leitugas e tomateiras, ata arranxar esa billa que gotea ou restaurar a mesa de noite da aboa. Fixen unha pequena selección entre os moitos e bos libros e DVDs que temos na biblioteca do centro sobre: VIAXES, COCIÑA, XARDINERÍA, BRICOLAXE. VIAXES A nosa sección de guías turística non é a mais numerosa da biblioteca, pero si é certo que temos títulos interesantes que poden axudarnos a programar un día de excursión, unha fin de semana ou unhas vacacións. Para darse unha voltiña sen afastarse moito: - UN ANO NO COUREL, Vivero Pérez, Xurxo. Ed Xerais Unha visión literaria, ecolóxica, científica, informativa obtida tras un ano de convivencia e percorridos por esta fermosa comarca. A visión persoal do autor acompáñase de propostas de itinerarios mapas e información útil e práctica. Do mesmo autor temos tamén na Biblioteca UN ANO NOS ANCARES

VIAXES - edu.xunta.gal€¦ · LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE, John Seymour. Ed Blume

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: VIAXES - edu.xunta.gal€¦ · LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE, John Seymour. Ed Blume

Non son libros para sentarse a ler, senón máis ben libros que poden animarnos ou axudarnos a compartir en familia ou cos amigos diversas actividades que, cando as fas en compañía, poden resultar moi divertidas: dende unha viaxe ou excursión, cociñar un delicioso cuscús marroquí, plantar unhas cantas leitugas e tomateiras, ata arranxar esa billa que gotea ou restaurar a mesa de noite da aboa.

Fixen unha pequena selección entre os moitos e bos libros e DVDs que temos na biblioteca do centro sobre: VIAXES, COCIÑA, XARDINERÍA, BRICOLAXE.

VIAXESA nosa sección de guías turística non é a mais numerosa da biblioteca, pero si é certo que temos títulos interesantes que poden axudarnos a programar un día de excursión, unha fin de semana ou unhas vacacións.Para darse unha voltiña sen afastarse moito:

- UN ANO NO COUREL, Vivero Pérez, Xurxo. Ed XeraisUnha visión literaria, ecolóxica, científica, informativa obtida tras un ano de convivencia e percorridos por esta fermosa comarca. A visión persoal do autor acompáñase de propostas de itinerarios mapas e información útil e práctica. Do mesmo autor temos tamén na Biblioteca UN ANO NOS ANCARES

Page 2: VIAXES - edu.xunta.gal€¦ · LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE, John Seymour. Ed Blume

- XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DE GALICIA, Rey Seara Eusebio, Barciela Garrido, Pilar. Ed Xerais.E se queremos coñecer mais a fondo o noso patrimonio e facer de Indiana Jones, esta guía axúdanos a visitar e comprender mais de trinta xacementos. Ofrece información sobre como chegar, planos do xacemento, unha proposta de recorrido e explicacións amenas e didácticas.

- ROTAS PARA CAMIÑANTES. A CORUÑA, Armada Prado, Francisco. Ed XeraisPara pórse en forma e eliminar as toxinas acumuladas polo traballo e moito estudio non ven nada mal unha camiñada polos fermosos lugares que propón o autor. Hai rutas dunhas horiñas para os mais vagos ou desadestrados ata rotas dun día. Pasiño a pasiño a Costa da Morte, San Andrés de Teixido…

Se temos tempo podemos ir mais lonxe; MARAVILLOSAS EMBOSCADAS,Joaquín Araujo. Ed. Anaya33 fins de semana para coñecer os bosques mais fermosos da Península, con información de como chegar, onde durmir e comer: Muniellos, Grazalema (Cádiz), La Demanda (Rioja), Serranía de Cuenca, Palmeral de Elche...

Se temos nas mans unha das nosas guías visuais aínda gozaremos mais da nosa viaxe. E se queremos dispoñer de toda a información necesaria para planificar ata o mínimo detalle a nosa viaxe as guías Lonely Planet son moi útiles.

E para ir máis lonxe aínda que so sexa coa nosa imaxinación, temos os magníficos DVDs de National Geografic: Grecia, New York, Escocia …desde o aire.

Page 3: VIAXES - edu.xunta.gal€¦ · LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE, John Seymour. Ed Blume

COCIÑASeguro que vos gusta cociñar, aínda que o mellor non o sabedes. So tendes que elixir unha saborosa receita india, turca, exipcia, grega, italiana, xaponesa…de onde a vosa imaxinación os conduza…, seguir pasiño a pasiño as instruccións e gozar do resultado. Na biblioteca temos material dabondo para que elixades o menú en familia, e tamén en familia preparedes os vosos pratos preferidos.

Temos dous coleccións do periódico El País que poden satisfacer ós padais mais esixentes e converter nun Arguiñano ao mais inexperto nestas labores.

35 libriños dedicados cada un a un alimento con receitas para cociñalos. Inclúe información e curiosidades sobre o ingrediente. ¿Pensabades que non vos gustaba o repolo? So tendes que atopar unha maneira diferente de cociñalo.

25 libriños dedicados ás exquisiteces de varios países do mundo. Seguro que ninguén queda indiferente ante un bo cuscús da India ou a unhas galletas de coco exipcias ou a unhas croquetas de cabaciña gregas

XARDINERÍAAgora que parece que xa por fin abandonáronos os temporais, unhas horiñas dedicadas ao noso xardín poden relaxarnos moitísimo e arrancar exclamacións de admiración dos nosos veciños. ¿Qué non tendes xardín? Non importa, unhas plantiñas dentro da casa colocadas con gusto nos sitios adecuados encherán de oxíxeno, verdor e cor o voso fogar.

Page 4: VIAXES - edu.xunta.gal€¦ · LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE, John Seymour. Ed Blume

Para plantas de interior temos varias opcións:

¿Que o voso céspede non acaba de parecer un campo de golf? Non vos preocupedes, temos a solución:

EL CÉSPED, Michel Saur. Ed.SusaetaSementeira, traballos de mantemento, cando regar, airear e escarificar, fertilizantes, pragas... todo para que o voso céspede sexa a envidia da urbanización

Se tendes horta, grande ou pequena, ou levades tempo coa idea na cabeza pero non sabedes como empezar, temos un dos mellores e mais completos manuais de xardinería ecolóxica: EL HUERTO FAMILIAR ECOLÓGICO, Mariano Bueno. Ed Integral

Cómo preparar a terra, sementeiras, controis naturais de pragas, cando plantar cada cousa… e outras informacións moi interesantes e preocupantes! ¿Sabiades que unha mazá recibe 23 tratamentos químicos na árbore, dous ou tres inmersións antes de ser gardada na cámara e gas etileno para forzar a súa maduración xusto antes de saír ao mercado? ¿E que as xoaniñas e as son auténticos devoradores de pulgóns? ¿Ou que si plantades asubiote entre os pementos o pulgón non quererá acercarse? ¿E que a tomateira gústalle a compañía de cebolas, allos, cenoria e perexil, pero non moito a do cogombro? Non vos digo mais, este libro garda moitas sorpresas.

Page 5: VIAXES - edu.xunta.gal€¦ · LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE, John Seymour. Ed Blume

E deixo para o final un clásico reeditado unha e outra vez, estupendo non so polo seu contido senón tamén polas súas ilustracións:LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE, John Seymour. Ed Blume

Non so fala da horta. Ensínanos a conservar os produtos, como facer manteiga ou queixo, cestería, construír un alpendre, aproveitar a enerxía solar e hidráulica, coidar unhas galiñas, ovellas, cabras… ,en esencia, ensínanos a ser creativos e coidadosos co medio ambiente.

BRICOLAXE E MANUALIDADES

MANUAL PRÁCTICO DE BRICOLAJE. Ed. El País.Que satisfacción e que aforro para a economía familiar resolver con maña as pequenas avarías domésticas. Algo pódevos axudar a biblioteca e se conseguides un axudante que vos teña man do desaparafusador, que vos alcance os cravos ou a chave inglesa que nunca está cerca xusto cando a necesitamos e temos as dúas mans ocupadas, mellor que mellor.

Dentro da colección de El País Todo para la casa, atopamos tamén un libriño que pode axudarnos a arranxar ese moble tan bonitiño pero cheo de carcoma, ou darlle outro aire a ese outro que está un pouquiño anticuado. Non é tan difícil, e so poñerse e podemos obter uns resultados bastante aceptables.

Page 6: VIAXES - edu.xunta.gal€¦ · LA VIDA EN EL CAMPO Y EL HORTICULTOR AUTOSUFICIENTE, John Seymour. Ed Blume

Se vos gustan as manualidades estes dous libros axudaranvos a pasar un bo rato en familia e aproveitar materiais que se non irían parar ao lixo.MANUAL PRACTICO DE LAS AFICCIONES EN CASA, El País AguilarBRICOLAGE PARA NIÑOS, Ed. Susaeta

Non están todos os que temos, é so unha pequena selección de libros que normalmente pasan desapercibidos, simplemente porque a xente non sabe ou esquece que os temos.

E con esta exposición a Biblioteca Carlos Nieto cerra por vacacións ata setembro. !Feliz verán e que gocedes de bos libros e grandes películas no voso tempo de lecer! !Ata pronto!

Margarita Olivar Roldán.