18
Vigo nunha carta de amor Vigo nunha carta de amor “A carta inesperada” (Fran Alonso: Cartas de amor, 2006) trasládanos a un Vigo dos primeiros anos da posguerra (1946) que o paseante pretende evocar guiado pola palabra da protagonista.

Vigo Nunha Carta De Amor

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Paseo literario baseado en "A carta inesperada" (Fran Alonso, Cartas de amor).

Citation preview

Page 1: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• “A carta inesperada” (Fran Alonso: Cartas de amor, 2006) trasládanos a un Vigo dos primeiros anos da posguerra (1946) que o paseante pretende evocar guiado pola palabra da protagonista.

Page 2: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• Pola carta que escribe ó seu antigo noivo exiliado vemos que a Begoña non lle queda outra que seguir o modelo de muller da época:moi pouca implicación nos resortes do poder, pendente da beleza e da moda (a economía permitíallo), entregada á familia e coa proxección pública de “dama distinguida”, lonxe da protagonista dunha película da época.

Page 3: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• Begoña ve coutado o seu espazo xeográfico:

• “Aínda hoxe sinto o brillo dos meus ollos cando me detallabas os profundos debates que mantiveras, anos atrás, con Manolo Gómez Román na época en que estaba a construír aquel chalé das aforas que se chamaba Agarimo,

Page 4: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• alí en Peniche, onde para o tranvía de Baiona”.

Tranvía de Baiona pasando pola rúa do Príncipe

Page 5: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• “Hoxe paréceme unha parvada que me deixase engaiolar por aquel ambiente intelectual que se respiraba nas tertulias do Derby (e non había moitas mulleres que se atrevesen a entrar alí)”.

Page 6: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• Pero dez anos despois, Begoña, señora de Núñez, ve máis reducido o seu espazo intelectual e físico:

• “E agora temos un novo lugar de encontro social,o magnífico Teatro Cine Fraga, que é envexable;

Page 7: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• “…e un edificio para o banco de España que sería imposible na cidade mesquiña que ti coñeciches”.

Page 8: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• O outro espazo social para exercer de dama distinguida é o contorno do Club Náutico.

• “Non te podes imaxinar o auxe que colleron nas rías, e en toda a patria española, os snipes”.

Page 9: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• “O noso é un snipe de Lagos, que teñen moitísima sona e son moi aprezados. Regaloullo ao meu home o propio Fernando”.

Page 10: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• “Ás veces mesmo formo parte dos xurados das regatas e, en todo caso, sempre as contemplo desde a tribuna de honra que o Club Náutico instala para a ocasión perto do novo edificio”.

Page 11: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• “Porque, seguro que ti non o sabes, pero agora temos un elegantísimo edificio para o Club Náutico, á beira do mar”.

Page 12: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• “O edificio, por certo, é obra de Paco Castro Represas, e dígocho porque lembro a túa afección pola arquitectura e a túa vella amizade co galeguista Manolo Gómez Román, a quen, por certo, non volvín ver”.

Page 13: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• Begoña lembra, aínda que sexa negándoas, unha ilusión e unha cidade perdidas.

• E a “señora de Núñez” esquece espazos que nesa “mesquiña” cidade tiveron que ser moi significativos para ela e o seu mozo. Por exemplo, este edificio que está ó lado do antigo Banco de España: o teatro García Barbón (arquitecto Palacios; inaugurado en 1927.)

Page 14: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• Ou “esquece” esta preciosa praza, que xa estaba aí sobre os anos 30. Nela tiveron lugar acontecementos históricos de relevancia. Algúns deles, como a lectura do bando de guerra e a represión inmediata, teñen que estar vívidos na memoria de Begoña, señora de Núñez.

Page 15: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• Hoxe as inmediacións da praza teñen outro aspecto.

Page 16: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• ¿Tampouco se lembra da redacción de El Pueblo Gallego? O vello periódico republicano, agora requisado pola Prensa del Movimiento, foi voceiro de moitos ideiais compartidos co seu “estimado Luís”.

Page 17: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• Guiado pola “Carta inesperada” o paseante ve non só o cambio brusco de mentalidade; tamén se decata do cambio na configuración física: a cidade xardín deseñada pola arquitectura rexionalista irá desaparecendo abafada polo pragmatismo racionalista e a estética neoherreriana.

• Despois, aínda sería peor.

Page 18: Vigo Nunha Carta De Amor

Vigo nunha carta de amorVigo nunha carta de amor

• CRÉDITOS• Blog do escritor Fran Alonso: http://cabrafanada.blogspot.com/• Póster da película Casablanca:• http://www.allposters.com/-sp/Casablanca-Posters_i387630_.htm• Antonio Sánchez /Pilar Huertas, La posguerra española. Crónica

de una sociedad rota, Madrid, Libsa, 2006.• http://arquitecturavigo.blogspot.com/2007/05/chalet-agarimo.html• http://www.disfrutarvigo.com/a3_2002/vigo1920.html• http://www.harken.com/rigtips/snipe.php• Jaime Garrido Rodríguez, Vigo, la ciudad que se perdió, Excma.

Deputación de Pontevedra, 1991.• http://www.udc.es/dep/com/ingles/barbon/barbon.html• Javier Albertos: http://www.vigoenfotos.com/a_posguerra_2.html