12
voces indignadas En Lugo diante do Concello Asemblea Aberta os Xoves e Domingos ás 21:00h. INFO de Actividades e Concentracións en acampadalugo.blogspot.com A presente publicación nace como unha necesidade expresa do 15M Lugo para retratar e expresar infor- mación que chega ás nosas mans e por razóns de maior peso non están abertas á masa social da cidade. A nosa intención é clara, informar e formar conciencia entre os cida- dáns para que eles despois libre- mente sexan capaces de analizar e creárense a súa propia opinión. Sabías que.... páx. 2 Política municipal páx. 3 Pacto do Euro páx. 5 Actividades páx.6 Que acontece no teu barrio páx.8 Cultura páx.10 Quen somos páx.11 Axenda páx.12 Links contraportada sumario editorial A REVISTA DO moVEMENTO 15m de Lugo.

Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista del movimiento 15M Lugo. Primer número de Agosto de 201.

Citation preview

Page 1: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

voces indignadas

En Lugo diante do Concello Asemblea Aberta os Xoves eDomingos ás 21:00h.

INFO de Actividades e Concentracións enacampadalugo.blogspot.com

A presente publicación nace comounha necesidade expresa do 15MLugo para retratar e expresar infor-mación que chega ás nosas mans epor razóns de maior peso non estánabertas á masa social da cidade.A nosa intención é clara, informare formar conciencia entre os cida-dáns para que eles despois libre-mente sexan capaces de analizar ecreárense a súa propia opinión.

Sabías que.... páx. 2Política municipal páx. 3Pacto do Euro páx. 5Actividades páx.6Que acontece no teu barrio páx.8Cultura páx.10Quen somos páx.11Axenda páx.12Links contraportada

sumarioeditorial

A REVISTA DO moVEMENTO 15m de Lugo.

Page 2: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

2

sabías que.......a localización da depuradora de augas en Nadela é ilegal? O Tribunal Su-premo fallou contra o Concello de Lugo, dándolle a razón aos veciños. Dos45 millóns que custou, o Ministerio de Medio Ambiente aportou máis do 80%para unha obra irrespectuosa co contorno do río e da poboación de Nadela.....Nupel e o seu xerente e director comercial, Jorge Dorribo, está a ser in-vestigada por unha trama de fraude en subvenciones públicas? Nupel ende-beda á Administración máis de 200.000 € en 2009, e aínda así declarou865.000 euros en subvenciones e doazóns no mesmo ano. O Igape (InstitutoGalego de Promoción Económica) aportou cartos a Nupel sen que constaraa fin concreta dos mesmos. A situación acabou con máis de 15 detidos nesteano.....varios dos responsables do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal)están a ser investigados polas presuntas recualificacións irregulares de bensda súa propiedade? O Alcalde terá que render contas por suposta prevarica-ción ao ter entregado productividade a funcionarios para que, presunta-mente, emitiran informes favorables sobre o PXOM..... a información máis relevante da Operación Muralla, que investiga adxu-dicacións irregulares da Deputación na Era Cacharro, non se está a estudar?Tras incautarse de miles de documentos en varios discos duros, pasaron catroanos e ninguén se encargou de revisalos. Pola súa banda, en 2008, o PSOEde Besteiro gastou 106.000 € nun novo vehículo para o Presidente.

política municipalLexislación básica que rexe o Concello:* Lei 7/1985 do 2 de abril de Bases de Réxime Local. Nivel Estatal. Establece: Organización e funcionamento básico das Corporacións locaisCompetencias e relación destas coas outras dúas Administracións PúblicasTerritoriais. * Regulamento dos órganos municipais do pleno do concello de Lugo, BOPnº105 do Martes 8 de Maio do 2007.Nivel local

?

Page 3: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

3

Documento legal que dita a orde e función dos plenos. * Regulamento orgánico municipal do goberno e administración do concellode Lugo, BOP nº140 do Martes 21 de Xuño do 2005Nivel localRexe o órgano executivo municipal.Outra lexislación* Regulamento do órgano municipal de participación cidadá (BOP nº93 do24 de Abril do 2000). * Lei 57/2003 do 16 de Decembro, de Medidas para a Modernización do Go-berno Local.* Lei 30/2007 do 30 de Outubro, de Contratos do sector público.Regula como debe ser contratado o persoal eventual.Organigrama do ConcelloPleno do Concello: -Máximo órgano de representación política dos cidadáns no goberno muni-cipal- Constituído polo Alcalde e os concelleiros- Representaría o poder lexislativo a nivel municipal. - A presidencia do Pleno correspóndelle ao Alcalde, quen convoca e presideas súas sesións, as cales se celebran na Casa Consistorial.- Atribucións do Pleno:Fiscalización e control dos órganos de gobernoElección e destitución do AlcaldeAprobación e modificación das ordenanzas e regulamentos municipaisAprobación dos orzamentosAcordos relativos á delimitación e alteración do termo municipalDeterminación das formas de xestión dos servizosAcordos de participación en organizacións supramunicipaisO Pleno conta cunha serie de Comisións especiais ou ordinarias que son ascontempladas na Lei 7/1985, obrigatorias en todos os concellos, mais outrascreadas ad hoc para trataren problemáticas concretas.Comisións do Pleno no Concello en Lugo: Comisión permanente ordinaria de urbanismo e infraestruturas, medio am-biente e zona ruralComisión permanente ordinaria de cultura, turismo e educaciónComisión permanente ordinaria de muller e benestar socialComisión permanente ordinaria de asuntos e servizos xeraisComisión permanente especial de contas e ordinaria de economía e empregoComisión especial de suxestións e reclamacións.

Page 4: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

4

Xunta de Goberno Local:- Representa o poder executivo- Compételle colaborar na función de dirección política que recae sobre oAlcalde, o cal é tamén responsábel de nomear aos membros que integraneste órgano (estes poden ser concelleiros ou non). - Aproba os proxectos relativos a ordenanzas, orzamentos, regulamentos ourelación de postos de traballo. - Ten competencias na concesión e contratación de licencias así como no no-meamento e cese dos titulares dos órganos directivos do Concello. - Nalgúns casos, este órgano municipal pode levar a cabo accións xudiciaise administrativas. - A Xunta de Goberno Local debe responder ante o Pleno das súas activida-des, aínda cando a responsabilidade directa dalgunha delas correspondesea un dos membros da Xunta.- Todos os seus membros teñen o dereito a participar nos debates das sesiónsplenarias, sexan ou non concelleiros.Xunta de Compras e Contratacións:-Órgano complementario da organización municipal con carácter fiscalizadore cuxa principal función e encargarse das obras menores, tanto de subminis-tración de servizos municipais como de aprobación de contrataciónsMesa de Contratación:-Órgano independente e obrigatorio encargado de asistir ao órgano de con-tratación para as adxudicación dos contratos de obra pública.SalariosAlcalde: 4.222,80 € de salario baseTenente de alcalde e concelleiros con dedicación exclusiva: 3.172,40 € desalario base.Concelleiros con dedicación parcial: 1.620,31 € de salario base.. Os conce-lleiros con dedicación parcial reciben 12 € pola asistencia aos Plenos, 60 €da Xunta de Goberno e 30 € da Xunta de Compras e Mesa de Contratacións.Alén disto, existe unha compensación de 0,19 euros por quilómetro para des-prazamentos en coche e 0,078 euros por quilómetro para desprazamentosen motocicleta.Existe unha serie de asignacións salariais para cada un dos grupos munici-pais. Este concepto é de 13.500 euros mensuais para o grupo do PP e de1.110 euros mensuais para o grupo do PSOE.Comisión de Mediación, Movemento 15M Lugo.

Page 5: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

5

pacto do euro: isto é un atraco!O ÚLTIMO ATENTADO CONTRA A CIDADANÍA:INFÓRMATE!

QUE É?Un acordo que os países membros da zona Euro asinaron o día 27 de xuñopara ''facer fronte a crise financeira”, recomendando unha serie de medidasde axuste económico.EN QUE CONSISTE?Os países que asinaron o Pacto veranse obrigados a cumprir coas esixenciasen materia económica do Banco Central Europeo, o Banco Mundial e o FondoMonetario Internacional. Os Estados perderán autonomía e os bancos pode-rán esixir cambios en leis ata nas Constitucións dos países asinantes.COMO VAI AFECTAR?Os prexudicados imos ser os de sempre. O Pacto practicamente imporá re-cortes sociais e empeorará as condicións laborais dos traballadores:- Aumento da idade de xubilación- Abaratamento dos despedimentos- Fomento do traballo temporal e precario- Recortes aos salarios do sector público e reducción do número de funcio-narios- Redución do gasto en educación, axudas sociais, Seguridade Social... coaconsecuente baixada da calidade destes servizos e a súa paulatina privatiza-ción- Limitación constitucional ao déficit público: submisión das soberanías na-cionais aos bancos -Aumento dos impostos directos e indirectos á cidadaníae PEMEs- Conxelación de todas as pensiónsE QUE FAN ELES?- Os políticos rexeitan diminuír os seus salarios e abolir os seus privilexios- Os banqueiros que financian guerras e escravizan á xente mediante hipo-tecas sóbense os salarios- As grandes empresas despiden traballadores mesmo cando obteñen amplosbeneficios- As grandes fortunas pagan impostos irrisorios.

Page 6: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

6

actividades11 de xuño: Toma de posesión do Alcalde.O Movemento 15M Lugo achegouse ao Concello o día da sesión pública, segundoa Lei Orgánica de Réxime Electoral, para asistir á toma de posesión do Alcalde.Malia a lexislación vixente, o Concello deixou claro que somos cidadáns de se-gunda, que por non ter recibido unha invitación non tiñamos dereito a acceder ásala de plenos. José López Orozco, xa investido novamente como alcalde, afirmouque a situación non se repetirá nas vindeiras eleccións. Aínda así, non saíu polaporta principal, onde a cacerolada de protesta seguía de maneira completamentepacífica.15 de xuño: Marcha pola HumanidadeConverxeron dúas situacións: por unha banda cumpliuse un mes do principio doMovemento, pola outra foi o día decidido en asemblea para retira-la acampadana nosa cidade para seguirmos movendo en busca da Dignidade, dende Lugoquixemos facer unha actividade cargada de simbolismo que conmemorara o na-cemeneto do Movemento, o despertar da xente e a nosa presenza na rúa por todoisto fixemos unha marcha ó redor da muralla que congregou ó redor de duas-centas persoas cada unha coa súa vela para ilumina-la dignidade perdida. A mar-cha cerrouse nas portas do Concello, onde deixamos depositadas as velas efixemos lectura dun manifesto.19 de xuño: Marcha Escrava.A convocatoria nacional de manifestación contra o Pacto do Euro colleunos enpleno Arde Lucus: o marco ideal para deixar claro que xa non é tempo de escra-vos. A manifestación percorreu asrúas do centro baixo un intenso sole máis de mil persoas mostraron asúa indignación ante o gobernodos mercados. A prensa nacionalfíxose eco da marcha de Lugonunha xornada de movilizaciónsmasivas en toda España.23 Xuño: Inauguración popularda nova ponteNós a pagamos, nós a inaugura-mos. Con esta consigna, o Move-mento 15M parodiou as inauguracións por parte dos políticos das infraestructuras.No evento non faltaron nin os pinchos nin as gaitas, e os asistentes escoitaron odiscurso de Pepe Blanco, Ministro de Tormentos, que salientou que a nova ponte

Marcha Escrava, contra o Pacto do Euro. Lugo.

Page 7: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

7

"permitirá en un futuro inmediatounir a los ciudadanos de Lugo, nosólo con los de Galicia, España yEuropa, sino también con los deotros continentes y hasta, por quéno decirlo, con los de otros plane-tas", e que "con este nuevo puentesobre el Miño, hemos metido aLugo en pleno siglo XXI, ni en elXIX ni en el XX, no, en el XXI. En la primera división de los siglos. Algo que sinduda es justo para una ciudad que ahora está donde siempre debió estar, en laprimera división de las ciudades". 24 Xuño: Protesta na inauguración oficial da nova ponteDesta volta o turno era para os políticos. A policía impediu de forma discrimina-toria o acceso ao acto segundo idade ou aspecto, e ademáis negouse a ensinaros carnets profesionais regulamentarios, pese a ser a súa obriga. Os que asistimosá protesta vimos como nos desprazaban ata a fin da ponte por motivos de segu-ridade, xa que remover conciencias diante dun político é bastante perigoso paraa estabilidade da súa falsa democracia. Ao finalizar o acto, tivemos a ocasión deachegarnos ao Alcalde, que nos indicou que non tiña nin idea do que aconteceracoa policía, nin quen era o responsable desa orde,nin a quen tiñamos que pedirexplicacións. Todo un rexedor informado.13 Xullo: Mercado da Conciencia con coloquio sobre Consumo Responsa-bleOs asistentes a este mercado aportaron obxectos que non necesitaban e puideronlevar outros que lles foran de utilidade. No acto falouse de consumo responsable,obsolescencia programada, medio ambiente, pequeno comercio... Repetirase pe-riódicamente co gallo de fomentar a responsabilidade no consumo e axudar demaneira solidaria a quenes máis o precisan.15 Xullo: Obxectivo 15MPara conmemorar os dous meses dende o 15M organizouse unha exposición fo-tográfica con imaxes deste tempo na nosa cidade. O megáfono aberto serviu paralanzar mensaxes de ánimo e recordar que, ainda que quede moito por percorrer,non imos abandoar a loita. Finalmente unha merenda serviu de merecido reco-ñecemento polo traballo feito e para coller forzas ante os novos retos.

Inauguración popular da Nova Ponte. Lugo.

Page 8: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

8

Entrevista a los miembros de la “Asociación pola defensa do ParqueRosalía”Para empezar, ¿cuándo surgió la asociación y por qué?María José: La asociación surgió precisamente cuando nos empezamos aenterar de que se iba a construir la urbanización de las cuestas del parque.Se pusieron unos carteles por las calles de alrededor del parque, que noscitaban a la gente interesada en el bar O Pousadoiro. Allí se hizo la pri-mera reunión y surgió la Asociación en mayo del 2006.¿Qué es exactamente lo que están haciendo en el parque?M.J.: Se puede ver que han empezado a construir tres de las seis torres. Laaltura es la que ya está, más o menos son nueve plantas más todo lo quese construye bajo cubierta; con el agravante de que están edificando en laparte de arriba y no abajo, con lo que las vistas desde el Mirador y desde laPérgola han desaparecido. Y por otra parte, si os fijáis, la planta baja noestá a la altura de la calle. Hay unos pilotes y a partir de ahí empiezan aconstruir las alturas que les han dado.¿Qué estáis haciendo para intentar solucionarlo?M.J: Empezamos haciendo mucha calle para que la gente se concienciara,recogimos más de doce mil firmas, tanto a pie de calle como vía Internet, yluego cuando la calle ya estaba un poco agotada empezamos la vía judi-cial. Tenemos ya una sentencia firme del TSJ (Tribunal Superior de Justicia)que anula la urbanización y otra que no es firme porque está recurrida porel constructor. Este mes, creo que ha sido, hemos instado la ejecución de lasentencia firme. Las diligencias penales más que nada las abrimos porquelo que queremos es que esa indemnización de la que tanto se habla y quehay que darle al constructor la paguen los propios técnicos, que han fir-mado a sabiendas de las irregularidades. ¿Qué pasa con la gente que ya ha comprado viviendas en esa edificación?M.J.: Para que la gente no se metiera a comprar un piso y luego se quedesin él todos los pasos que ha ido dando la Asociación se fueron publicandoen la prensa. Hemos dado también varias charlas informativas, proyectado

qué acontece no teu barrio

Page 9: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

audiovisuales, convocado manifestaciones, pegado carteles, buzoneo...¡hemos hecho de todo! Los vecinos de República Argentina 8 nos han acu-sado de tenerle manía al constructor y nos han dicho que nos metamos conotros. Les hemos intentado aclarar nuestras reivindicaciones citándolos areuniones a las que no han comparecido nunca. Ángel: Hubo gente a la que le tenían que dar el crédito al día siguiente dehaber la sentencia condenatoria. Al enterarse por la prensa de la proble-mática ya no firmaron el crédito, ni lo pidieron. Conozco un caso de unapersona que quiso comprar y que me vino a preguntar por la problemática.Le di la documentación para que fuera a consultarlo con un abogado, peroresulta que lo que hizo fue consultarlo con una pariente que tiene en elAyuntamiento, en Urbanismo. Ella le dijo que no se preocupara, que eso loiban a meter por debajo de la alfombra... Y entonces el hombre compró...M.J: Nadie creía que íbamos a conseguir lo que hemos conseguido. Enton-ces mucha gente, a sabiendas de lo que había, se ha metido porque sonconscientes de lo que ha pasado siempre en Lugo: que los constructoresson intocables, que son los dueños de la ciudad.(Este artículo resume las preguntas más importantes de la entrevista, pormotivos de espacio no hemos podido incluirla toda, pero en la versión digi-tal la hallareis completa en un breve plazo de tiempoEdición revista dixital (máis extensa): http://issuu.com/revistam15mlugo)

9

Page 10: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

10

Cadáver exquisitoCreado el 05/07 por 15 miembros del Movimiento 15M, Lugo.Tomaremos conciencia de los problemas que rompen los esquemas de lossueños, sueños que no nos dejan vivir pero por los cuales debemos seguir,seguir con nuestra lucha por encima de los prejuicios, aquellos de los quedebemos liberarnos, liberarnos de fronteras, liberarnos de gobiernos, alam-bradas y murallas, pero sobre todo liberarnos.Liberarnos es posible si lo hacemos todos juntos en conjunto;conjunto de personas que merezcan este nombre porque crean en valorescomo la honradez, la solidaridad y la dignidad del ser humano,como humano es el sentido común, aunque habitualmente no aflore en losgobernantes, tal vez porque padecen falta de riego y olvidan sus compromi-sos justos para vivir como ciudadanos despertad en busca de vuestros dere-chos derechos a beberse unos cafés con leche en el café de la Avenida:central sentimental de cada uno de nosotros que unimos nuestras vocesmudas. Hace falta limpieza general, general, señor feudal no hay perma-nente en este malvado mundo, ni siquiera nuestros problemas y sin dichosproblemas no tendríamos ansias, no tendríamos lemas.(Este escrito fue realizado sin ningún tipo de premisa, donde cada participante com-pleta al anterior viendo solamente la última palabra de cada frase. Basado en unatécnica surrelaista)

SE ESPERO UNHA REVOLUCIÓN… Se espero unha Revolución quizais teña que erguerme e irme. Qui-

zais esa utopía deba abandonala e dirixirme á comodidade do salón eacender o televisor.

Se espero unha Revolución tal vez non mirara ben o reloxo e o des-tino a esta estación ou ben non chegou ou certamente xa pasou.

Se espero unha Revolución quizais debo cambiar de habitación, pe-char as fiestras, apagar a luz e cunha camisa de forza esquecer a miñaemoción.

Se espero unha Revolución, seguro é e con razón, que cega está amiña mente e atordado o meu corazón. Tal vez as drogas, tal vez o alcohol;esa sexa a razón.Se espero unha Revolución, contar de un en uno ata un millón, seríamenos a desesperación.Se espero unha Revolución, unha boa butaca, forza no corazón, mesura nocerebro… Unha boa canción!

Randi Montero.

culturA

Page 11: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar oupara buscar traballo, xente que ten familia e amigos. Xente que traballa arreo todosos días para vivir e darlles un futuro mellor aos que nos rodean. Uns considerámonos máis progresistas, outros máis conservadores.... Pero todos es-tamos preocupados e indignados polo panorama político, económico e social. Polacorrupción dos políticos, empresarios, banqueiros... pola indefensión do cidadán dea pé. É hora de pórse en movemento, hora de construírmos entre todos unha sociedademellor: - As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o pro-greso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o des-envolvemento, o benestar e a felicidade das persoas. - Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nesta sociedade:dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política,ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens necesarios para unha vidasaudable e feliz. - A democracia parte do pobo, de xeito que o goberno debe ser do pobo. Asíe todo, neste país a maior parte da clase política nin sequera nos escoita, atendendounicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao podermediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE. - A ansia e acumulación de poder nuns poucos xera desigualdade, crispacióne inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos. - Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enri-quecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos anónimos, perosen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo. - É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano,mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Eunon son só o que compro, por que o compro e a quen llo compro.

Por todo o exposto, estou indignado.Creo que podo mudalo.Creo que podo axudar.Sei que unidos, podemos.Sae connosco. É o teu dereito.

quen somos

11

Page 12: Voces Indignadas Nº1 Agosto 2011. M15M Lugo

Agosto:Sábado 06 de 10 a 00h.:III Foro de Acampadas galegas.20:00h IndignARTE 3.0: Baile, música,monólogos: arte reivindicativo e jam session.Tódolos Mércores ás 19:30h. na Praza Maior:Día 10: Operación Kilo, en favor do Banco de Alimentos de Lugo, Megá-fono Aberto. (Trae un kilo de arroz e un xoguete)Día 17: Mercadiño con conciencia, Megáfono Aberto: reciclar e reutilizar.(Trae o que poidas, leva o que necesitesDía 24: Picnic Internacional, Megáfono Aberto: outras culturas, inmigra-ción. (Trae comida típica do teu país e compartamos experiencias)Día 31: Taller de banderolas.E tódolos Xoves e Domingos ás 21h Asembleas Abertas.

Blog oficial de Acampada Lugo.http://acampadalugo.blogspot.com/Correo de contacto de Acampada Lugo:[email protected] Facebook:asamblea LugoGrupo creado para difundi-las actas e outras informacións que se tratennas asambleas do movemento 15M de Lugo.Este grupo é aberto e calquera o pode consultar, pero non admitiremosmembros porque é un grupo INFORMATIVOhttps://www.facebook.com/home.php?sk=group_205468646156164Para participar, opinar e aportan enlaces, fotos... xa existe o grupo ori-xinal malestarlugo.http://www.facebook.com/groups/200621709950880/?ap=1acampada Lugohttps://www.facebook.com/pages/Acampadalugo/147320708673541?sk=infoEn twiter#acampadalugoEdición revista dixital (máis extensa): http://issuu.com/revistam15mlugo

links

axenda

Todo na praza maior