19
CONCELLO DOS BLANCOS Unhas pinceladas do Concello Os Blancos está situado nas terras altas do sur da provincia de Ourense e intégrase na comarca da Limia. Atópase na parte meridional da provincia, a poucos kilómetros da fronteira de Portugal, da que só o separa o concello de Baltar. Sitúase nunha zona caracterizada por una elevada altitude media (800 metros), debido a súa localización nun macizo rochoso que domina o municipio, pero que descende ata o este, ata confundirse coas chairas da Limia. Releve ondulado, dominado pola presenza do río Eiroá, Mouril ou Nocedo, un dos afluentes do Limia, que atravesa o concello de oeste a este. Polo sur, as terras ascenden por riba dos 1100 m. a rede fluvial aproveitou a intensa fracturación das rochas graníticas. A laboura secular das augas creou paisaxes pétreas, marcadas pola existencia de picachos encadeados, como sucede nos Penedos da Raíña Loba. As elevacións montañosas máis importantes están ó sur, no límite con Baltar: montes que superan os 1000 metros como O Cebreiro, A Fonte do Lobo e Axorita. O sustrato rochoso está formado por materiais paleozoicos (gneises e granitos), que producen un solo apto para o uso forestal e prados de montaña. As formacións Foto: Vistas da Porta da Veiga

updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

CONCELLO DOS BLANCOS

Unhas pinceladas do Concello

Os Blancos está situado nas terras altas do sur da provincia de Ourense e intégrase na comarca da Limia. Atópase na parte meridional da provincia, a poucos kilómetros da fronteira de Portugal, da que só o separa o concello de Baltar. Sitúase nunha zona caracterizada por una elevada altitude media (800 metros), debido a súa localización nun macizo rochoso que domina o municipio, pero que descende ata o este, ata confundirse coas chairas da Limia.

Releve ondulado, dominado pola presenza do río Eiroá, Mouril ou Nocedo, un dos afluentes do Limia, que atravesa o concello de oeste a este. Polo sur, as terras ascenden por riba dos 1100 m. a rede fluvial aproveitou a intensa fracturación das rochas graníticas. A laboura

secular das augas creou paisaxes pétreas, marcadas pola existencia de picachos encadeados, como sucede nos Penedos da Raíña Loba.

As elevacións montañosas máis importantes están ó sur, no límite con Baltar: montes que superan os 1000 metros como O Cebreiro, A Fonte do Lobo e Axorita.

O sustrato rochoso está formado por materiais paleozoicos (gneises e granitos), que producen un solo apto para o uso forestal e prados de montaña. As formacións árboreas caracterízanse pola abundancia de frondosas (carballos e castiñeiros), repartidas por todo o concello, quedando enmarcados os límites municipais, máis elevados por coníferas, como o pino silvestre. Os prados naturais, e sobre todo as terras de laboura, localízanse na zona central, a máis próxima ó curos do río Eiroá.

As aldeas aparecen asociadas a “soutos” de castiñeiros que, en certos lugares, convértense, como un feito singular, en lindes de separación de numerosas parcelas.

Foto: Vistas da Porta da Veiga

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

As vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de anos. No val deste río, os asentamentos gañan en altitude a medida que as ladeiras se empinan; cando isto ocorre, as sitas ó sur reestrutúranse; e entón xorden os barcais que suavizan as pendente e permiten as actividades agrarias.

O municipio ocupa una extensión de 47,4 kilómetros cadrados, repartidos en sete parroquias: San Martiño de Aguís (Loureses, Fonte Arcada, Aguis, O Mosteiro e Aspra), San Breixo dos Blancos (Os Blancos, Ouvigo e o Outeiro), Santiago de Covas (Covas e Penalonga), Santa María de Covelas (Covelas e Vilar), Santa María de Guntín (Pexeiroos, os Cuquexos, Guntín, a Rabea e Cerdeira), San Cibrao de Nocedo (Noceda e Noveas) e Santa María de Peixeiros (Pexeiros).

CÓMO CHEGAR

Dende Ourense tómase a Autovía, A-52 dirección Xinzo de Limia, dende aquí, tómase a N-525 e máis adiante a OU-301 durante uns 50 metros aproximadamente ata enlazar na OU- 1112 que nos leva ata Os Blancos.Atópase a 48 km, aproximadamente da cidade.

Unha mirada atrás.

Hai poucos estudos sobre o Megalitismo nos Blancos a pesar de que o Val do Salas ofrece moi numerosas testemuñas en Muíños, Calvos, Baltar e Portugal. Posiblemente nas terrazas e cabeceiras fluviais do río Salas (Covas) e do Nocedo (Fonte Arcada, Porta da Veiga, Mota da Chaira), existan restos da Idade de Pedra.

En Aguiar (Covas) hai vestixios dun recinto castrexo. Unha fabulosa lenda asegura que as pegadas presentes en Aguiar corresponden ás ruínas do Castelo da Raíña Lupa.

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

Na foto da esquerda pódese ver o penedo da Raíña Loba, onde se atopan os supostos

vestixios da Raíña Lupa, en Covas.

Os límici, poboadores protohistóricos tamén dos Blancos, enfrontáronse ós romanos pero acabaron latinizándose e, posteriormente, abrazando o cristianismo.

Covelas conta con achados da época romana e a tradición sostén que no Castelo da Raíña Lupa predicou e erixiu unha igrexa Santiago o Maior. As mellores aportacións céntranse en Ouvigo: unha “villae” con restos paleocristiáns e un singular oratorio ou basílica adicada ó “santo Vello” (San Breixo) tamén paleocristián e cunha interesante necrópole de época baixo imperial (aínda que no Inventario do Patrimonio Histórico- Artístico, de 1991, Ouvigo aparece catalogado como “castrexo”. Hai ademais xacementos férricos da época romana.

Da idade media quedan os restos prerrománicos do Penedo do Mouro, e os románicos de Covelas, Guntín, Nocedo e Pexeirós.

A proximidade da Raia Seca, ou fronteira portuguesa, condiciona fortemente a vida destes habitantes, así no Penedo da Raíña Lupa debeu existir un torreón defensivo.

Na Idade Moderna covas pertenceu á xurisdición de Baltar, do Señor de Monterrei; as demais parroquias á de Xinzo, tamén do Conde de Monterrei, quen compartía o señorío de Aguis con Santa Clara de Allariz.

No século XVIII Covelas contou cun abade excepcional: González de Ulloa, un ilustrado que nos deixou moitas e moi valiosas referencias sobre os seus propios ferigreses, fosen estes “ricos homes”, pobres labradores ou “ricos que nada herdaron”.

Tamén critica os abusos, cita o contrabando (sen usar tal acepción nin mencionar Portugal) que era moi usual, gracias á existencia de vellos camiños con Portugal e a permeabilidade legal do Couto Mixto.

Durante o antigo Réxime continúa o dominio eclesiástico – e en menor medida dos señoríos civís- propio da Idade Media, aínda que aquí hai bastantes campesiños libres e, volvendo a González de Ulloa, “pobres (pero que) se prezan de moi fidalgos”. As alternativas a esta pobreza eran “cultivar o inculto” ou emigrar a Castela, Portugal, etc.

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

Na Época Contemporánea tódalas parroquias pasaron á xurisdición de Xinzo, e Pexeirós foi capital municipal ata 1836, ano no que aparece o concello de “Blancos e Mouril” (desde mediados de século soamente Os Blancos, na que a parroquia se creou en 1893 a costa de varios lugares de Covelas). Cara 1920 Vicente Risco di que nos Blancos eran moi importantes “o carboneo e a arriaría”. Este concello case dobrou a súa poboación dende 1845 ata 1950, pero dende esta data ata hoxe perdeu máis do 50% dos seus habitantes que, sen embargo, viron medrar os seus servizos públicos, comunicacións e calidade de vida, baseada no sector primario e, de recente trascendencia a aportación industrial: construcións metálicas de aluminio e ferro, mobles e granitos.

Onde perderse

Xoias naturais.

Ruta turística do sendeiro do lobo ó couto mixto ó seu paso polo territorio dos Blancos.- Dende Xinzo de Limia ós Blancos onde nos desviaremos para coñecer Ouvigo, pobo posuidor dun santuario paleocristián e un singular oratorio ou basílica adicada a “San Breixo”. Volta ós Blancos, e collemos unha bifurcación a Aguis destacado polo seu muíño, no que o dono, xentilmente o amosará.

En covas tomaremos unha pista de terra ata ver un sinal de “Fonte da cunca”, agora camiñando poucos metros, chegaremos ó entorno desta fonte, onde poderemos saciar a nosa sede no nacemento do río Eiroá, descansar ou buscar un “foxo” que servía para capturar os lobos que abundaron nestas terras. Dirixíndonos cara Penalonga, poderemos divisar os supostos vestixios

do Castelo da “Raíña Lupa” aínda que esta vista só engade detalles á que poderás contemplar dende o mesmo pobo. Visitaremos os seus rincóns e rúas, pallozas, casas blasoadas, sorprende a armonía do conxunto que combina arquitectura popular a raudais.

Roteiro O Cebreiro- Raíña Loba.- Localízase nos montes dos concellos dos Blancos, Baltar e Calvos de Randín. Roteiro de pequeno percorrido con 42 quilómetros de lonxitude de doada realización. Resalta o accidentado relevo e

Foto: Penalonga

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

a paisaxe coas características formacións xeolóxicas cunha importante riqueza cultural asociada, lendas místicas moi coñecidas ligadas ás formacións rochosas, lendas, penas e valores etnográficos- culturais que se irán mostrando en paneis interpretativos ó longo do roteiro.

Os distintos roteiros discorren ó abrigo de extensas formacións de frondosas caducifolias e de masas de piñeiros silvestres nas partes máis altas, estas formacións arbóreas acollen unha gran riqueza en flora e fauna. Pódese atopar ó longo do percorrido árbores centenarias como as existentes a carón da Capela da Virxe da Veiga, no campo santo de Loureses ou na aldea de Penalonga.

Dende o punto de vista sociocultural destacar tres aspectos, por un lado, a presenza do “foxo dos lobos”, un dos máis grandes da Península Ibérica no que mediante batidas os veciños dos distintos lugares conducían os lobos ata o burato do foxo. As distintas formacións rochosas (Penedos da Raíña Loba, Penedo das Fatigas, Penedo León, A Vela, Peneda da Muller…) coas súas penas cabaleiras, lendas e restos arqueolóxicos. A cercanía do Couto Mixto formado polas aldeas de Rubiás, Santiago e Meaus, que durante séculos e ata mediados do XIX foron unha terra coas súas propias leis, organizacións e privilexios.

Entorno natural da Fonte da cunca

Viso da Porta da Veiga.- Dende aquí pódese

divisar, ademais da Porta da Veiga e o río Eiroá, a Serra de San Mamede, Xinzo de Limia, a

Veiga da Antela, Castro do Mosteiro de Ribeira, Cabeza de Meda, Monte Cantariñas e o Monte panamá. Ver na foto á esquerda.

Fotografías: entorno natural da Fonte da cunca

Foto: Penedo da Raíña Loba

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

Praia Fluvial.- Entre as aldeas de Nocedo e de Covelas atópase unha área recreativa á beira do río.

Unha paraxe para descansar, bañarse e incluso levar os máis pequenos

para que xoguen cos columbios.

En case tódalas localidades hai parques onde os seus habitantes poden recrearse ou xuntarse con outros veciños. Mostra deles son os de Covelas, Penalonga ou Vilar de Covelas (fotos de esquerda á dereita)

Tesouros arquitectónicos.

Igrexa de Santiago de Covas.- Templo de 1712, con imaxinería popular. Ata o século XX, os soterramentos realizábanse no interior das igrexas. Nos chans de pedra, cada tres lousas formaban un sepulcro. Era máis caro soterrarse preto do altar que na proximidade da porta.

Igrexa de Santa María de Covelas.- Representación desa arte do s.XVI que, sen abandonar as concepcións góticas, ensaia novas solucións máis decorativas que de estrutura.

A igrexa é orixinariamente románica, pero engádeselle nas primeiras décadas do s.XVI una

Foto: Espadana e reloxo de sol

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

cabeceira de planta cadrada, e amplíase posteriormente a construción cara o oeste. Non faltan reformas nos séculos posteriores. Como a inmensa maioría dos templos en etapas anteriores ó barroco, decorou os seus muros con pinturas que invitaban á devoción e ilustraban dogmas e crenzas. As pinturas de Covelas son renacentistas, e os temas representados son a Asunción de María, o nacemento e o anuncio ós pastores. Son franxas decorativas con anxos, escudo e o emperador Carlos e a súa esposa Isabel de Portugal. Interesante imaxe pétrea gótica da Nosa Señora da Esperanza.

Igrexa de Nocedo.- Igrexa románica do século XIII con fantásticos capiteis pétreos no seu interior. Nas representacións esquemáticas dos mesmos, unhas caras exaxeradamente cercanas a “calaveras” suxiren un tema terrible para o ser humano de tódolos tempos: “a morte”, certa e segura, pero incontrolada no momento da súa presenza. Ademais destes capiteis, resaltamos importantes tallas: unha Virxe obra do século XIII, nun lamentable estado de conservación, Santo Estevo, San Vicente e a Asunción, do escultor Francisco de Moure, século XVII.

Na doutrina cristiá, a Virxe é a nai de Deus. Sen embargo, no caso concreto da talla románica anteriormente mencionada, a Virxe é sinxelamente o trono real no que repousa o Fillo (o Neno) motivo dunha gran simboloxía, xa que Deus como “Rei de Reis e Señor dos Señores” precisa un trono que estea a altura da súa dignidade.

Igrexa de San Breixo do Blancos- Ouvigo.- O templo, barroco, constrúese polo ano 1712. A imaxinería que se atopa no interior é igualmente barroca e dentro do gusto popular; destacan a Virxe do Carme con santos carmelitas os seus pés e o Apóstolo Santiago.

(Ver foto)

Igrexa de San Breixo dos Blancos.- Edificación ruinosa de planta e ábsida dunha basílica prerrománica e incluso pódese pensar que se trata dun templo paleocristián, o que suporía, de admitirse, unha das testemuñas máis antigas da implantación do cristianismo na rexión. 

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

Igrexa de San Martiño de Aguís.- Igrexa parroquial, dunha soa nave e con cuberta de madeira construíuse a finais do século XVI, con boa imaxinería, resaltando no seu interior varias esculturas documentadas ou atribuídas a destacados mestres da arte ourensá, como por exemplo a talla do patrón, San Martiño de Ponchelet. A Virxe do Rosario é dun dos máis afamados escultores manieristas que traballaban en Ourense a finais do século XVI e principios do XVII, Alonso Martínez, mestre de Francisco de Moure. É unha elegante talla representada de pé, sostendo o Neno nos seus brazos.

Igrexa de Santa María de Pexeirós.- . Igrexa de orixe románica, aínda que con transformacións bastante importantes nos séculos posteriores. O 27 de outubro de 1599 Francisco de Moure comprometíase a realizar un retablo para esta igrexa. Del consérvanse dúas esculturas, unha de San Antonio e outra de Santiago Peregrino, esta última no museo da Catedral de Ourense, escultura dos primeiros anos do século XVII cunha magnífica forza expresiva no seu rostro.

De mediados do século XVII é a imaxe da Asunción, colocada no retablo maior, este último obra barroca de estípites.

Igrexa de San Xoán de Golpellás en Calvos.- Igrexa parroquial realizada con limitación de medios durante o século XVIII.

Igrexa de Santa María de Guntín.- O templo de Guntín ten restos de estilo románico. No século XVIII sofre unha reforma profunda. Destaca polo seu valor artístico unha imaxe da Virxe do Rosario do século XVII, a cal se gárdase no interior da igrexa.

O concello dos Blancos conta tamén coa existencia de Ermidas, das que salientan:

A Ermida de San Miguel en Vilar de Covelas, a de Santa María Magdalena en Penalonga, a de San Xoán Bautista en Fonte Arcada, a de San Antón en Loureses ou a de San Salvador no Mosteiro, esta última arruinada.

Foto: Ermida de Vilar de Covelas

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

Cruceiro dos Blancos.- A estrutura segue o esquema xeral destas mostras de arquitectura popular de carácter relixioso. Sobre plataforma de dúas gradas, apoia un pedestal composto dun só corpo de granito cuadrangular do que se levanta un fuste de sección cadrada abaixo, e poligonal arriba. Termina nun capitel con decorado, sobre o que se asenta a cruz que mostra un Cristo crucificado con tres cravos e a cara virada cara á dereita, e no reverso unha representación da Virxe.

Outra das mostras da arquitectura relixiosa son os petos das ánimas, que son manifestacións materiais do culto ós  mortos e da devoción polas ánimas. No concello dos Blancos salienta fundamentalmente o de Loureses. Trátase dun peto de ánimas de aparello ben galgado, formado por un corpo delimitado no fronte por pilastras sobre pedestais, que discorren ata alcanzar a cornixa baixo a que substitúen os capiteis por motivos de placas. Presenta fornecina de medio punto sobre repisa, subraiada na súa curvatura por moldura plana e superposición de placa. A cornixa repite a moldura da repisa sobre as pilastras e a fornecina, quedando espazos intermedios sen labrar que garanten un efecto claroscuro. Sobre o comisamento figuran pináculos piramidais flanqueando unha cruz central.

Na parte posterior do monumento aparece gravada a seguinte inscrición: ESTA OBRA HIZO PARDO, AÑO D 1797. 

Pazo Arroxo en Vilar de Covelas.- Pódese datar cara o século XVIII. Edificio de planta rectangular con torre nun dos seus ángulos e patio interior non inscrito. A fachada principal, situada ó norte, dispoñía dunha

solana, hoxe convertida en galería, que se prolongaba á fachada oeste con dobre

escalinata.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

A torre de planta cadrada ten adosado unha garita. Exteriormente, tamén destaca a cheminea da cociña, de sección rectangular. Ademais, apreciamos dúas pedras de armas, unha no dintel da portada de acceso ó patio, e outro na escaleira, de moi boa labra. Propiedade privada.

Riqueza histórico- cultural.Como xa se indicou no apartado da historia do concello, en Aguiar (Covas)

existen vestixios dun recinto castrexo. Unha fabulosa lenda asegura que as pegadas presentes en Aguiar corresponden ás ruínas do Castelo da Raíña Lupa.

Entre a aldea de Covas e Penalonga atopámonos cos penedos da Raíña Loba, rochedos onde se localizou ata a Idade Media un castelo, do que aínda se conservan restos. Preto atópase outra formación rochosa de grandes dimensións, o Penedo da Muller.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

Na tradición oral galaico- portuguesa existiu unha Raíña, chamada Loba, Lupa ou Luparía, fiandeira, tecedora, tamén se asocia coas mouras. É unha muller soberana, vinculada dos outeiros, castelos e tesouros agochados, case sempre preto de xacementos de alto valor arqueolóxico. Unha das lendas con máis sona por estas terras é a que aínda hoxe nos contan sobre a Raíña Loba:

Na bisbarra da Limia e por toda a Raia Seca séguese conservando a tradición oral da morte da Raíña Loba, un ser maléfico, explotador e inhumano que cando máis lle daban máis quería:

“Había alá en tempos de Castela un pai que tiña moitas fillas e unha delas comía moita carne. E un día o pai díxolle: xa podes ir comer carne cos lobos ó monte. Foi palabra maldita, naquela mesma noite desapareceu sen saber ninguén que fora feito dela. Saíu, emborcallouse e volveuse unha fada e unhas veces andaba de lobo e outras de muller. Foi desandando, desandando ata que chegou ó Cebreiro e ás canellas da Agra entre as aldeas de Covas e Tosende. Polos montes do Cebreiro andivo moito tempo de capitá dos lobos, facendo moitos estragos na facenda e na xente. Cando estaba de muller acendía o lume e xuntábanse os lobos derredor dela, e non lles deixaba facer mal a ninguén.

Pasou moito, moito tempo ata que lle levantaron a fada. Adoptaba ela ir comer fariña a un muíño e unha vez cadrou estar o muiñeiro dentro, quíxose meter por baixo da porta como sempre e ó meter unha pata, viuna o amo do muíño e cunha navalla quíxolle cortar unha perna e ó principiar a cortar, foi e meteu un berro e volveuse unha muller. Así que se viu muller, tratou de voltar para a súa casa preguntando de aldea en aldea e de lugar en lugar, ata que chegou a súa morada; cando a viron os da casa tiveron moita ledicia. Para o verán seguinte foi unha partida de Tosende e de Aguís á sega a Castela e foron á casa da tal; entón preguntoulles de onde eran, dixéronlle que de Tosende e de Aguís: Pois esas aldeas, os Montes do Cebreiro, as canellas da Agra coñecíallos eu ben”.- ¿E logo como é para os coñecer?”-. “Pois tiven que andar por alí de fada, e fixen moitos estragos e por ningún tiven tanta pena como pola dun raparigo que comín, e eu estábao despedazando e el rindo cara min”.

Por estas terras aínda se fala hoxe en día desta fada “A Raíña Loba” e agora estaban todos moi a gusto dende que ela faltara”.

(Versión recollida por Vicente Risco: un caso de Licantropía. Ed. Real Academia Galega. A Coruña, 1971)

“Matastes á Raíña Loba

Fidalgos de Pexeirós

Matastes á Raíña Loba

Fidalgos ficastes vós”

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

Contan os vecinos que esta fonte era coñecida porque incrementaba á fertilidade das mulleres, que

se lavaban nela para así poder asegurar a descendencia

Restos de Ouvigo.- Na localidade de Ouvigo consérvanse os restos dunha igrexa paleocristiá adicada ó “Santo Vello”, Sa Breixo, en torno a cal se atopa unha necrópole cun indubidable interese histórico.

Fonte pre- bautismal de Guntín.- Na localidade do mesmo nome consérvase una fonte moi antiga e coñecida polas súas propiedades.

No Concello dos Blancos tamén existen numerosas construcións populares como muíños, lavadoiros ou fornos que comparten un espazo caracterizado pola esencia do rural.

Muíños dos Blancos.- Un  muíño  é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o  trigo  e o millo, para obter  fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ó xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase  moa.

Para mover a pedra utilizábase neste concello fundamentalmente a enerxía hidráulica.

Fornos.- Servizos da vida rural tradicional resolvíanse nuns elementos

comunais como poden ser os fornos, nexos de unión dos veciños dos pobos.

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

As imaxes da esquerda correspóndense co forno de Penalona (exterior e interior) e a da dereita co forno de Vilar de Covelas.

Lavadoiro municipal dos Blancos.- Unha mostra doutra época na que a tecnoloxía aínda non estaba tan estendida e as mulleres acudían a estes para poder lavar. Actualmente estes antigos lavadoiros soen estar totalmente cubertos.

Outras cousas que ver

Vértice Xeodésico en Penalonga.- Un vértice xeodésico é un sinal que indica unha posición exacta e que forma parte dunha rede de triángulos con outros vértices xeodésicos. Soen estar formados por un cilindro de 120 centímetros de altura e 30 de diámetro sustentado nunha base cúbica de formigón, todo elo pintado de branco. Normalmente están en sitios altos e despexados para poder ver outros puntos, é por isto que soe haber unhas boas perspectivas dende eles. Dende 1975 están protexidos pola Lei sobre sinais Xeodésicas e Xeofísicas.

No Concello dos Blancos, pódense contemplar casas moi antigas, nas que as instalacións soen ser masías e caseríos que se están a reformar e adaptar.

Unha mostra destas casas restauradas atópase preto do Pazo da localidade de Vilar de Covelas, tal e como se amosa nas imaxes.

Tamén polas rúas das distintas localidades do Concello atopamos outras fontes de máis recente creación como poden ser a de Vilar de Covelas (esquerda) ou a dos Blancos (dereita).

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

E por último nos Blancos é moi importante a existencia dun recinto onde os veciños se reúnen para todo tipo de actos, incluíndo tamén forno. Este recinto é coñecido para todos como o “Centro social”.

Outras lendas do concello dos Blancos

Das Mouras do Treboal

Os penedos do Treboal están en covelas. Nestes penedos vivían unhas mouras, e unha rapaza de nome María que andaba co gando polo monte sentiu que berraban por ela. Achegouse ás penas e as mouras dixéronlle que lle daban unha cesta con fabas que se converterían en ouro se non llo contaba á nai; de dicirllo, matábana. María prometeu non dicir nada, foi para a casa coa cesta de fabas e pousouna enriba dunha arca. Pero a nai cismaba: - ¿Qué levas? – Non cho podo dicir. – Ou me das a cesta ou douche unha malleira! María acabou por darlle a cesta e, como se pode supoñer, as fabas seguiron sendo fabas e non se transformaron en ouro. Ó día seguinte a rapaza volveu ó monte. As mouras chamaron por ela e logo matárona. Cando se decataron da tardanza, a nai e a veciñanza foron tras dela pero axiña lles respondeu unha das mouras: - Mariquiña, Maricola, con aceite e allo metido na barrigola!

Do carro de ouro da Touza.

En Covelas, nun lugar chamado a Touza había un carro de ouro. Para poder sacalo había que ler moito e sen parar. Unha noite o avó dun tal Roque foi aló e empezou a ler. Leu e leu, sentiron un tremor moi grande e afundiuse a terra. Seguiu lendo ata que saíron os estadullos do carro, que eran de ouro, pero, de repente, sumiuse todo; o home non deu lido máis.

Dos chourizos na mina dos Mouros

En Covelas, hai unha mina dos mouros que vai desde Nocedo ata Valdarca. Unha vez entrou nela un home coa intención de facerse co ouro que dicían que

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewAs vivendas e os campos de cultivo amóldanse ós antigos niveis topográficos traballados polo río Eiroá ó longo de miles de

Un alto no camiño.

Na localidade dos Blancos preto da sede municipal pódense atopar bares onde poder descansar e repostar forzas.

Unha mostra da cultura dos pobos son as súas festas. No concello dos Blancos tódalas localidades teñen o seu día grande, no que salientan entre outras as de:

13 de xuño, festa de Santo Antón, en Loureses. No mes de xuño, Festas do Corpus Christi, en Covelas, Os Blancos e

Pexeiros. 24 de xuño, festas de San Xoán, en Fontearcada e o Mosteiro. 25 de xullo, festas do Santiago Apóstolo, en Covas. 15 de agosto, festas da Asunción da Virxe María, en Covelas e

Pexeiros. 28 de agosto, festa de San Vitorio en Nocedo. 15 de setembro, festa da Virxe das Dores, nos Blancos. 24 de setembro, festas do Socorro, en Vilar. 26 de setembro, festas da Virxe do Carme, en Covas. 17 de outubro, festas na honra a Santa Rosario, en Aguís.