8
1 O brillo dos elefantes X E R A I S

X E R A I S · 2009. 1. 23. · Os referentes da súa infancia: a nai, a avoa, dona Chencha e, sobre todo, o mes-tre, fan que na conciencia do neno quede un oco para a esperanza,

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • 1

    O brillo dos elefantes

    X E R A I S

  • 2

    o autorFran AlonsoFran Alonso (Vigo, 1963) é narrador, poeta, editor e xornalista. Traballa nunhaeditorial, mantén o blog Cabrafanada e colabora na prensa.O seus libros máis lidos pola xente nova son: O brillo dos elefantes (1999), que foifinalista do Premio Raíña Lupa; o libro de poemas Cidades (1997), PremioRañolas de Literatura Infantil e Xuvenil; A vida secreta de María Mariño (2007);Cartas de amor (2006, colección Fóra de Xogo); e Poetízate (2006, colección Fórade Xogo), unha desenfadada antoloxía de poesía galega.Tamén destacan os seus libros Cemiterio de elefantes (1994), Silencio (1995),Tráiler (1991) e Males de cabeza (2001). E é autor do álbum ilustrado A casa daduna (2002), que mereceu a distinción White Ravens 2003 da InternationaleJugendbibliothek de Múnic (Alemaña).Como poeta, publicou Persianas, pedramol e outros nervios (1992), Tortillas para osobreiros (1996), Subversións (2001) e Balada solitaria (2004). Tamén obtivo oPremio Blanco Amor de Novela.

    o ilustradorEnjamioEnjamio, naceu na Habana no ano 1962. Graduouse na Escola de Artes PlásticasSan Alejandro da mesma cidade con estudios realizados no Instituto Superior deArte de Cubanacán.Traballou como deseñador gráfico e ilustrador en editoriais cubanas, ao tempo queimpartía docencia no Instituto de Deseño da Habana.A partir de 1995 comeza a publicar os seus traballos en diversas editoriais galegas.Conta co Primeiro Premio de Cartel Ilustrado convocado pola OEPLI en 1997, oprimeiro premio de carteis anunciadores do Entroido en Vigo (1995). Recibiuunha mención especial no concurso Colihue de Ilustración (Arxentina, 1989) e naBienal Internacional do Cartel (México, 1990). O álbum Animais de compañía, doque é ilustrador, foi seleccionado para o catálogo White Ravens de InternationaleJugenBibliothek de Munich.En t re as súas obras pódense citar O home que non quería soñar; Na fogueira dos ve r s o s;A ave n t u ra das core s; Contos marabillosos II; Ca rlota, a marm o t a; Ca rlota e a bota per -d i d a; Un tren cargado de misterios; Ca ra a un lugar sen nome; Un; Animais de compa -ñ í a; O gato con botas; ¡ Alguén roubou a lúa!; Melando e os paxaro s; Un polbo xigante…

  • 3

    o libroO brillo dos elefantes foi finalista do premio Raíña Lupa. Segundo AgustínFernández Paz, trátase dun «Texto comprometido, a contracorrente, que nos emo-ciona e nos fai lembrar que as palabras agardan ocasións coma esta para amosar-nos toda a forza que agachan no seu interior».

    De BLIX podemos recoller:Esta primeira incursión na narrativa infantil do autor ábrese cun poema no quedeixa explícita a súa dedicación ao mundo da poesía.O relato, situado nunha aldea de Centroamérica, Matagalpa, ten como eixe fun-damental o horror e a incerteza que sente o neno protagonista ante a situaciónsocial na que se ve inmerso. A través dos seus sentimentos, narrados desde a súapropia voz, o libro convértese nun sensible manifesto que reflicte con gran realis-mo as situacións de medo e miseria coas que conviven os habitantes deCentroamérica.Os referentes da súa infancia: a nai, a avoa, dona Chencha e, sobre todo, o mes-tre, fan que na conciencia do neno quede un oco para a esperanza, por riba e apesar de toda a miseria, a guerra, a morte e outros conflitos sociais que rodean asúa existencia (como son o problema das drogas ou o abandono da aldea coa buscade emprego na cidade).

    Helena González dixo deste libro no programa Diario Cultural, da Radio Galega:«De novo é un neno o que observa a realidade e dá conta dela, mesturando as súasdecepcións cos seus desexos. Un neno para facer sentir o que non conseguen osxornais nin as reportaxes de televisión: traspasar a nosa pel curtida e facer ver a rea-lidade a través das emocións dun neno, que conta o que ve e o que sente e, en con-secuencia, explica o que hai, un país devastado pola guerra, pola fame, pola inxus-tiza e polos desastres naturais, un país no que a noite é unha ameaza».

  • 4

    temas e valoresA guerra e o valor da vida«Vexo os rapaces da aldea disparándose no monte cando xogan; (…)vexo o silencio mesto e inquietante que ás veces se apodera das cousascoma cando se pronuncia a palabra guerra; vexo a totumba que armanas galiñas cando senten os disparos dos paramilitares que baixan de

    noite buscando sangue». Os nenos xogan a compas e contras.

    Os nenos no terceiro mundoSobre eles cae a inxustiza con toda a súa forza. Son os máis pobres dospobres.

    A diferenza entre nenos e nenas,homes e mulleres. «En Matagalpa as nenas son coma mulleres peque-nas. Eu alégrome de non ter nacido nena. Traballan moito máis ca nóse os pais berran e baten nelas a cotío.

    Vivir no campo ou na cidadeO que supón a cidade neses lugares de miseria.

    A familiaOs pais abandonan mulleres e fillos.

    Os nenos da rúaAs familias desestruturadas e o desamparo dos pequenos lévaos a ten-tar sobrevivir na rúa, en compañía dos seus iguais, resistindo a base dedroga.

    O compromisodos escritores co terceiro mundo ou contra a inxustiza. Fran Alonso,xunto con outros autores coma María Reimóndez, caracterízanse polaestreita relación que manteñen, non só na obra senón tamén na vidacon estes mundos máis desfavorecidos.

  • 5

    actividades* As actividades que se propoñen, a continuación, están pensadas para que o profesora-do elixa aquelas que poidan resultar máis adecuadas para o seu alumnado ou para adinámica do grupo.

    Antes da lectura

    • Co libro na man detémonos na portada e na súa ilustración, sen deixar de lado o títu-lo, para imaxinármonos cal é a historia que se oculta detrás.• Pensamos en como brillan os elefantes, se é que o fan. Reflexionamos acerca do signi-ficado que pode ter o título e falamos do que expresa a imaxe da capa. Dicimos en vozalta ou escribimos o que nos suxiren.• Abrimos o libro e observamos as ilustracións. Imaxinamos unha historia na que teñanun papel esas imaxes.• Lemos o texto da contraportada e imos achegándonos un pouco máis a ese relato queestamos a punto de ler. Elaboramos hipóteses con todos os datos dos que xa dispoñemos.• Falamos do autor, que quizais coñecemos doutros libros. Ampliamos a informaciónlendo ambas lapelas. Podemos documentarnos máis na biblioteca, buscando as súasobras ou libros de referencia. Realizamos unha busca en internet. Podes atopar infor-mación en Cabrafanada, o blog do autor. Nese blog podes ler tamén o texto «O secues-tro dos elefantes».• Unha vez localizados as obras deste autor na biblioteca, realizamos unha exposicióncon eles. Se nos falta algún indagamos se podemos conseguilo na biblioteca pública ouse algún dos compañeiros o ten e o pode prestar.• Unha vez observadas as ilustracións, comentamos se coñeciamos a este ilustrador, enque libros nos atopamos coas súas obras, a opinión que nos merecen antes de comezara lectura… Buscamos as súas obras na biblioteca para poder expoñelas ou conseguímo-las tal como fixemos coas do autor. Buscamos máis información sobre el.• Podemos comentar algo sobre a colección: cal é o seu nome, que outros libros edita-dos por ela coñecemos, se nos gusta e por que…• Realizamos, en voz alta ou por escrito, a ficha bibliográfica. Indicaremos nela o títu-lo, autoría, ilustrador/a, colección, editorial, se xa se teñen realizado outras ediciónsdesta mesma obra…

    Ao longo da lectura

    • Lemos a dedicatoria e tentamos buscar no mapa onde queda a illa e o volcán ao quese refire.Intentamos indagar quen son as persoas que aparecen citadas con nome e apelidos.• Na páxina da dedicatoria aparece un paxaro, saberíamos dicir de cal se trata? Por queestará aí esa ave e non outra?• Lemos as citas e concluímos qué teñen en común. Coñecemos algún dos autores cita-dos? De nos apetecer, poderemos buscar máis información acerca deles.• Lemos varias veces o poema que dá entrada á historia para tentar extraerlle toda a bele-za que contén e ir entrando silandeiramente na linguaxe do escritor.

  • 6

    actividades• Á hora de interpretar o poema podemos comentar se atopamos algún recurso, comocomparacións ou imaxes…e o que significa para cada un de nós…Entre todos podere-mos realizar unha interpretación máis ampla na que sumemos significados.• Contestemos:

    – Quen narra a historia?– Que son os zancudos?– Quen son os paramilitares?– E os grupos de autodefensa?– Que sería a guerrilla?– Que personaxes do relato estiveron na guerrilla?– Quen son os cheirapegas?

    • Falemos:– Por que cres que se drogan os cheirapedras? Que efectos pode ter o consumo desassustancias no seu futuro?– De onde vén a violencia e o odio? A onde conducen?

    • Realizamos un marcador de lectura adecuado para este libro.• Vaiamos situando sobre un mapa os lugares dos que se nos fala.• Tomemos nota, mental ou escrita, dos personaxes que aparecen no relato para poste-riormente describilos.• Despois de ler cada un dos capítulos poñémoslle un título que nos resulte propicio.• Documentámonos para saber a época da historia de nicaraguana corresponde o texto.• As guerras declaradas e as guerras encubertas. Intentemos investigar sobre aqueleslugares do mundo nos que neste momento se estean a dar estas situacións.• O valor da morte: «aquí, onde vivimos, mátante por calquera cousa», «Porque aquí,como di a mamá, a vida non vale nada». Falemos acerca disto.• Podemos tomar nota das froitas do país, dos animais, das árbores, das comidas, … detodo aquilo que penses que o país ten se seu.• Investiga quen son os cooperantes. Posteriormente, relaciónaos con algo que teñas lidono texto.• Expliquemos coas nosas palabras:

    – «O tempo ergue barricadas para a memoria».– «Unha desas noites en que o estraño e o fermoso conviven dentro da alma». – «Desde o máis profundo da noite, ela sorría.»– «Engulírao a noite invisible, coa súa canción de dolor»

    • Busquemos todos os nomes dos lucecús.• Segundo o protagonista deste relato, a poesía pode salvar do pánico. Así o fai el candorecita en voz alta, unha e outra vez, cada verso do poema, para escorrentar o medo. Queopinión temos ao respecto? Que sabemos do temor? A qué tememos? Como nos defen-demos deste sentimento?• Escribamos unha composición baixo o título «Os meus medos».• Neste texto atopamos un neno que ama a poesía. O protagonista de «Palabras deCaramelo» de Gonzalo Moure, tamén o fai. Lembrámolo?• Recollamos as ideas principais do libro, aquilo que nos chamou máis a atención…• Anotemos os fragmentos que máis nos gustaron para compartilos cos compañeiros ecompañeiras.• O relato está escrito en prosa. Con todo, contén moita poesía, a modo dunha prosapoética… Busquemos algún anaco significativo a este respecto.

  • 7

    actividades• Escribamos un texto sobre a noite dun xeito poético.• A noite para o protagonista é o territorio do medo… Expliquemos a razón.• Taquín –o mestre– desaparece; tal vez o matan, tal vez se vai a outro sitio… No entan-to, no seu lugar quedará o neno protagonista, que continuará o seu traballo e que llesensinará poemas aos nenos da aldea, onde o fai? Ocórresevos algunha outra situación naque uns continúan a labor que comezaran outros?• Eliximos a ilustración que máis nos agradou e argumentamos a nosa elección.Escribimos o texto que nos suxira esta imaxe. • Buscamos algún fragmento do texto que queiramos ilustrar. Facémolo! • In vestiguemos cal é a situación actual de Nicaragua, o país do que se fala. Xa de paso,re v i s a remos a súa Historia máis recente para comprender mellor o que se conta no re l a t o.• Realicemos un cartel co mapa deste país, situando os lugares que se citan, debuxandoos animais… é dicir, un «mapa ilustrado».• Indaguemos acerca do que podemos facer por eses rapaces do terceiro mundo, queseguen a pasar penalidades. Seguro que atopamos a maneira de apoialos, de botarllesunha man, de compensalos…• Estes rapaces e rapazas do relato, viven rodeados pola morte e a violencia, o medo e otraballo. Non teñen tempo nin medios para poderen estudar, son coma velliños peque-nos. Pola contra, no primeiro mundo os rapaces poden estudar e non o fan; a súa infan-cia parece durar moito tempo… Que pensamos ao respecto? Que pode haber de certoen que a situación confortable destes últimos se apoia na explotación dos primeiros?

    Despois da lectura

    • Unha vez rematada a lectura, podemos reflexionar uns instantes para comentar ostemas que se trataron . Realizamos unha posta en común para poder intercambiar ideasa este respecto.• Comentemos a opinión que nos merece o libro.• Se nos gustou, escribamos unha recomendación, que colocaremos no taboleiro dabiblioteca ou publicaremos na revista.• Cando chegamos ao final da historia observamos que o autor lle colocou título aoscapítulos, igual que fixeramos nós. Vexamos as coincidencias.• No remate da obra, cando se nos dá a data final de impresión, fálasenos dos refuxia-dos. Expliquemos quen son e a razón pola que o son. Fálase, tamén, do aumento dafame no mundo e de como esta afecta, sobre todo, ás nenas e nenos do terceiro mundo.Por que pensas que isto é así?• Leamos outros libros deste mesmo autor.• Localicemos outros libros que tratan o tema da guerra.• Podemos buscar aqueles que tratan da vida dos nenos e as nenas en lugares moi dis-tantes dos nosos.• Pensemos: a quen lle regalaríamos este libro e por que? Que dedicatoria lle escribiríamos?• Agora dirixámonos ao autor. El debe ser alguén especial. Non todo o mundo é quende poñerse na pel dos demais e poder contar o que senten con tanta emoción.Escribámoslle unha carta falándolle do que supuxo para nós a lectura deste texto.• Po d e remos preguntarlle como coñeceu aos nenos e nenas do terc e i ro mundo, das viaxe sque re a l i zou … e todo aquilo que se nos ocorra en relación aos temas tratados no libro.

  • 8

    Pedidos a:

    C o m e rcial Grupo AnayaPol í gon o d e B e rg o n d o1ª Tr avesía - Pa rcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Te l f. : 981 795 656 / Fa x : 981 795 660

    EDICIÓNS X E R A I S DE GALICIA

    X E R A I SDoutor Marañón, 1 2 . 36211 V i goA p a rtado Postal 1446. 36200 V i goTe l é fonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: xe r a i s @ xe r a i s . e sh t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

    © Pilar Sampedro e Maruxa Caamaño, 2007© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2007Depósito legal: VG 282-2007