16
Xeografía e Historia Tema 47 A Primeira Guerra Mundial e as relación internacionais no período de entreguerras. A crise de 1929.

Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

Tema 47 A Primeira Guerra Mundial e as relación internacionais no período de entreguerras. A crise de 1929.

Page 2: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 2

GUIÓN

1. INTRODUCIÓN. 2. OS CONFLITOS INTERNACIONAIS ANTES DE 1914. 3. CAUSAS DA GRAN GUERRA. 4. DESENVOLVEMENTO DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (IGM).

4.1. Os países belixerantes. 4.2. As fases da guerra. 4.3. Actitudes contrarias á guerra e intentos por acadar a paz.

5. OS TRATADOS DE PAZ. 6. AS CONSECUENCIAS DA GUERRA. 7. AS RELACIONES INTERNACIONAISNA DÉCADA DOS VINTE: A DIPLOMACIA DA PAZ OU A ÉPOCA DA SEGURIDADE COLECTIVA.

7.1. A Sociedade de Nacións(SDN). 7.2. As dificultades de posguerra (1920-1924). 7.3. A seguridade colectiva, 1925-1929.

8. AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS NA DÉCADA DOS TRINTA: AS VIRAXES CARA A GUERRA.

8.1. A ruptura do sistema de seguridade. 8.2. A escalada cara a guerra.

9. A GRAN DEPRESIÓN DOS ANOS TRINTA. 10. BIBLIOGRAFÍA.

Page 3: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 3

1. INTRODUCIÓN.

A finais do século XIX a confianza nun mundo mellor aínda era superior á incerteza. Aos dirixentes europeos sorprendeunos a guerra, aínda que a estiveron preparando. O vello adaxio latino “si vispacem, para bellum”, non se cumpriu. Non resultaba imaxinable a magnitude das transformacións que a guerra acabaría por traer, xa que dos seus resultados nutriuse case todo o século XX. Aquí, empregando os termos de Hobsbawm, remata o “longo século XIX” e comeza o “curto século XX”.

2. OS CONFLITOS INTERNACIONAIS ANTES DE 1914. A política exterior europea estivera baseada desde o século XVIII na teoría do “equilibrio” das potencias. Co proceso de unificación de Alemaña inaugúrase unha nova etapa. A ubicación do novo país no centro de Europa explica moitos dos comportamentos da Alemaña contemporánea. O propio Bismarck era consciente diso cando se refería ao “pesadelo das coalicións”. A súa actividade diplomática tratará de buscar sucesivos sistemas de alianzas que evitasen estas coalicións, en especial as ansias de revanchismo francés. A ruína do sistema comeza en 1890 coa caída de Bismarck e a formulación dunha nova estratexia diplomática por Guillerme II: a weltpolitik. A creación dunha potente mariña de guerra e a petición de participar no reparto dos territorios coloniais son os mellores expoñentes deste cambio de política. A FORMACIÓN DOS BLOQUES. O primeiro bloque, constituído por Alemaña, Austria e Italia, obedece á estratexia alemá de penetrar nos Balcáns e no imperio otomán, a través do apoio ao imperio austríaco. A pertenza de Italia a esta alianza foi sempre insegura, de modo que é na unión do Imperio guillermino e o austro- húngaro onde está o núcleo dos chamados durante a guerra “Imperios centrais”. O segundo bloque é a Tripla Entente. Ten a súa orixe na decisión do kaiser e o seu novo chanceler, VonHolstein, de non renovar o Tratado de Reaseguro con Rusia en 1890, considerando difícil o entendemento entre os republicanos franceses e a autocracia rusa. Con todo, isto produciuse, non só polo illamento internacional de ambos países, senón tamén pola penetración de capitais franceses. Asinan unha alianza defensiva en 1892. Adquiriu un novo nesgo coa incorporación doReino Unido. Este país cuestiona o “espléndido illamento” pola competencia de Alemaña. Primeiro, en 1902, conclúese unha alianza anglo- xaponesa contra o expansionismo ruso. O paso seguinte será a reconciliación con Francia coa firma da EntenteCordiale (1904), como un arranxo amizoso do seu vello contencioso colonial. Faltaba relacionar Rusia con Reino Unido e este achegamento prodúcese polo acordo de 1907, que resolvía as disputas coloniais dos dous países. Así, chégase á firma da Tripla Entente (1907). As GUERRAS LIMITADAS ou AS CRISES DE PREGUERRA.

Page 4: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 4

As CRISES MARROQUÍS. En Marrocos sucédense dous conflitos que teñen como protagonista ao Kaiser Guillerme II e que, estando concibidos para crebar a alianza franco- inglesa, acaban por fortalecela. A primeira crise marroquí xorde cando en 1905 o emperador alemán pronuncia en Tanxer un discurso a favor da independencia. A consecuencia foi a convocatoria da Conferencia Internacional de Alxeciras (1906), na que se acorda a política de portas abertas en materia económica, aínda que politicamente reforzouse a posición francesa. Na segunda crise marroquí (1911) Alemaña acusa a Francia de non respectar as actividades comerciais. O acoirazado Panther entra no porto de Agadir, esixindo Alemaña compensacións territoriais ou concesións mineiras. Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de 1908 desencadéanse varias CRISES BALCÁNICAS que constitúen o precedente máis directo da Primeira Guerra Mundial. A primeira foi a cuestión de Bosnia (1908). Ata 1903 Austria mantivera boas relacións con Serbia, pero agora temen que se converta nun novo Piemonte. Anexionan unilateralmente Bosnia en 1908. Excepto Alemaña, todas as potencias protestan, pero non apoian militarmente a Rusia. Bosnia- Hercegovina entra no imperio cun estatuto especial, ao non ser asignada nin a Austria nin a Hungría, o que abría a posibilidade de fundar unha terceira estrutura política na que se poderían agrupar todos os pobos eslavos. Na Primeira Guerra Balcánica (1912), unha alianza interna dos pobos balcánicos (Serbia, Montenegro, Bulgaria e Grecia), apoiada por Rusia, consegue expulsar aos turcos. Italia e Austria queren intervir, pero antes asínase a Paz de Londres, na que se acorda:

Bulgaria consegue un importante aumento territorial e acceso ao Exeo, en Tracia.

Grecia quédase con Salónica, o sur de Macedonia e Creta.

Serbia co norte de Macedonia.

Imperio Turco quedaba eliminado da península, perdendo todos os seus territorios excepto Constantinopla e o borde do Bósforo.

O reparto só agradou a Bulgaria, polo que se formou unha Segunda Liga que provocou a Segunda Guerra Balcánica (1913) con Serbia, Romanía, Montenegro, Grecia e Turquía contra Bulgaria. Derrotada Bulgaria, polo Tratado de Bucarest (1913):

Bulgaria perdía Macedonia e a Dobrudja meridional (pasa a Romanía).

Serbia aumentaba os seus territorios en Macedonia.

Austria, para impedir que Serbia tivese unha saída ao mar, favorecerá a creación do Estado autónomo de Albania, que conseguirá a independencia en 1920.

Extensión de Grecia cara a Oriente.

Turquía recuperou territorios, quedando reducida a Constantinopla e Tracia Oriental con Adrianópolis.

Page 5: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 5

3. CAUSAS DA GRAN GUERRA.

O asasinato en Saraievo do arquiduque Francisco Fernando (28 de xuño de 1914), herdeiro de Austria- Hungría, é o detonante que nos leva á Primeira Guerra Mundial. Austria presenta un duro ultimato a Serbia, que non podía aceptar a entrada no seu territorio da policía imperial e así llo comunica ao emperador Francisco Xosé, que lle declara a guerra o 28 de xullo. Rusia apoia a Serbia e mobiliza as súas tropas. Do mesmo xeito decretan a mobilización Alemaña e Francia. Esta séntese obrigada a apoiar a Rusia para non quedar de novo soa, mentres que Alemaña, ao sentirse cercada, declara a guerra a Rusia e Francia. As tropas xermanas invaden Bélxica, o que provoca a entrada na guerra do Reino Unido para defender a neutralidade deste país e, sobre todo, porque temía o dominio continental de Alemaña. Así iniciase a Primeira Guerra Mundial. Por que dun conflito austro- serbio se pasa a unha guerra xeral? Durante moitos anos cargouse sobre Alemaña a responsabilidade, de acordo co establecido no artigo 239 do Tratado de Versalles. É a tese de Fischer (Os obxectivos bélicos da Alemaña imperial), que sinala as ambicións anexionistas alemás como o móbil principal. Basea o seu argumentación no programa de paz do chanceler Bethmann- Hollweg. Renouvin e Ritter, con todo, conclúen que a investigación non permite apreciar en ningún pobo unha vontade deliberada de guerra, aínda que en Alemaña os militares estaban máis dispostos a emprender un conflito. Renouvin e o seu sucesor na cátedra da Sorbona, Duroselle, manteñen que máis que de responsabilidades hai que falar de causas profundas. FACTORES DE RIVALIDADE POLÍTICA. Un primeiro feito destacado é a competencia entre Reino Unido e Alemaña, desde que Guillerme II lánzase á weltpolitik. Tamén deben ter un lugar destacado os nacionalismos balcánicos, así como a rivalidade entre Austria e Rusia por controlar esa zona. Falta por citar a rivalidade franco- alemá. FACTORES IDEOLÓXICOS. Ao rearme material engadiuse unha lexitimación ideolóxica do belicismo, a través da prensa de masas e dunha literatura belicista que xurdía no contexto do imperialismo. FACTORES DE RIVALIDADE ECONÓMICA. O crecemento da industria alemá, que excede á británica. É sintomático que en 1908 Francia non apoie militarmente a Rusia e si o faga en 1914, cando os seus investimentos aumentaron considerablemente.

Page 6: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 6

4. DESENVOLVEMENTO DA IGM.

Trátase da primeira guerra de masas, na que se empregan adiantos tecnolóxicos, pero dentro dunha estratexia bélica anticuada. Foi o primeiro exemplo de guerra total. Isto supón a conversión da poboación civil en obxectivo bélico. 4.1.- OS PAÍSES BELIXERANTES. TRIPLA ENTENTE (Francia, Reino Unido e Rusia). Dispoñían dunha gran superioridade en poboación, materias primas e forzas navais. Os principais problemas eran:

Francia. O seu nivel de industrialización e armamento eran inferiores aos de Alemaña e tiña que soportar o primeiro ataque.

Reino Unido. O seu principal problema era a “cuestión irlandesa”.

Rusia. Carece de infraestrutura loxística para unha mobilización rápida e debe conter ás minorías (polacos, fineses, xudeus) e a propaganda socialista.

IMPERIOS CENTRAIS. Alemaña e Austria- Hungría preparáronse mellor e dispoñían dun territorio continuo. Os seus problemas eran:

Austria- Hungría. Os nacionalistas acaban provocando a súa disgregación.

Alemaña. Depende do exterior para satisfacer as súas necesidades de materias primas. ENTRADA EN GUERRA DOS NEUTRAIS.

A favor da Entente. o Xapón. Declara a guerra a Alemaña en 1914 para apoderarse das súas colonias en

Oriente. o Italia. Os aliados ofreceron os territorios irredentos, entrando en guerra en 1915. o Romanía. Estaba enfrontada a Rusia por Besarabia e con Austria por Transilvania,

Bucovina e o Banato, polo que se mantén neutral ata que en 1916 se suma á Entente. o Grecia. O rei é favorable aos alemáns, pero Venizelos opta polos aliados en 1917. o USA. A extensión da guerra submarina aos países neutrais desde 1917 supuxo un

maior achegamento aos aliados. O “telegrama Zimmerman”, no que se ofrecía apoio a México para recuperar territorios anexionados por USA, creou un clima favorable á intervención. A declaración de guerra produciuse despois do afundimento do “Vigilantia”. Isto compensou o derrubamento da fronte rusa.

A favor dos Imperios Centrais. o Turquía. Teme unha vitoria rusa, polo que en 1914 entra en guerra. o Bulgaria. En 1915 declara a guerra á Entente, ao antepoñer as promesas dunha

expansión nos Balcáns e a súa rivalidade con Serbia á solidariedade eslava con Rusia.

Page 7: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 7

4.2.- AS FASES DA GUERRA. GUERRA DE MOVEMENTOS. Nun primeiro momento seguíronse as vellas estratexias, segundo o plan Schlieffen. Partía da base de que Alemaña debía afrontar primeiro unha guerra lóstrego no oeste para logo concentrarse no leste. Estas previsións fallaron. GUERRA DE POSICIÓNS. Comeza así unha segunda fase, que se caracteriza por unha estabilización das frontes, dominando as trincheiras. Foron xurdindo novos modos de afrontar a loita. Alemaña inicia a guerra submarina (1917). Outra forma nova foi o emprego da aviación. A guerra obrigou a unha profunda implicación da retagarda: as mulleres entran nas fábricas e regúlase o consumo. O estado tivo que intervir activamente na economía. 1917: AS REVOLUCIÓNS RUSAS E A INCORPORACIÓN DE US. En Rusia a revolución de marzo acabou co réxime tsarista, en outubro chegaron ao poder os bolxeviques. Para Lenin a paz era imprescindible para consolidar a revolución, asinando o armisticio de Brest- Litovsk (decembro de 1917), ao que seguiría un tratado de paz (3 de marzo de 1918) que significou a independencia de Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Finlandia e Ucraína. A outra gran novidade foi a incorporación á guerra de USA, xa analizada. FINAL DA GUERRA (1918). Co reforzo das tropas da fronte rusa, Alemaña inicia unha ofensiva para ocupar París antes da chegada dos americanos. Non o logran e Foch comeza unha contraofensiva (segunda batalla do Marne). O 9 de novembro abdica Guillerme II e toma as rendas o socialdemócrata Ebert. O armisticio asínase en Rethondes. 4.3.-ACTITUDES CONTRARIAS Á GUERRA E INTENTOS POR ALCANZAR A PAZ. O sostén político e moral da guerra foi bastante firme ata 1916. Neste momento aparecen movementos de indisciplina militar e folgas. As principais iniciativas de paz foron: INICIATIVAS SOCIALISTAS. A II Internacional declarouse hostil á guerra ao considerala allea aos intereses do proletariado (conferencias de Zimmerwald e Kienthal). A “PAZ BRANCA” DE WILSON. O presidente de USA pretendía chegar a unha paz baseada na renuncia a toda anexión ou indemnización e no respecto ás nacionalidades. Presenta unha proposta en decembro de 1916, rexeitada polas potencias centrais. O PLAN BETHMANN- HOLLWEG. Pretendía que Francia cedese diversos territorios e pasase a depender economicamente de Alemaña. Bélxica e Holanda serían só formalmente independentes. Polacos, rutenos e lituanos formarían un estado- tapón fronte a Rusia. En Europa Central estableceríase unha unión alfandegueira. África central pasaría a ser colonia alemá. A INTERVENCIÓN DE BIEITO XV. Dirixe aos belixerantes a nota “Deas debuts” (agosto de 1917) na que condena a guerra e pide unha paz baseada na renuncia ás indemnizacións, a evacuación dos territorios ocupados, o desarme e a creación dun organismo para arranxar as disputas sen recorrer á guerra.

Page 8: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 8

5. OS TRATADOS DE PAZ.

En xaneiro de 1919 iníciase en París unha conferencia de paz. Os representantes dos vencidos non interviñeron e limitáronse á firma dos tratados. É o Diktat de Versalles. Partiuse dos “Catorce puntos” de Wilson:

Supresión da diplomacia secreta.

Liberdade de navegación nos mares.

Supresión de barreiras económicas.

Limitación do armamento.

Arranxo pacífico das reivindicacións coloniais, tendo en conta ás poboacións.

Evacuación do territorio ruso.

Restablecemento de Bélxica.

Devolución de Alsacia- Lorena a Francia.

Fixación das fronteiras italianas segundo o principio das nacionalidades.

Autonomía dos pobos de Austria- Hungría.

Romanía, Serbia e Montenegro deberían ser evacuadas. Acceso ao mar para Serbia.

Soberanía de Turquía, autonomía das nacionalidades do Imperio Otomán e apertura dos Estreitos para a navegación.

Creación dun estado polaco independente con acceso ao mar.

Creación dunha SDN. As principais disputas xurdiron en torno ao trato que debía darse a Alemaña: Clemenceau quería que pasasen a Francia o Sarre e Renania, ao que se opoñían os países anglosaxóns. Por outra banda, estaba o asunto das reparacións, que o representante norteamericano quería rebaixar para que se recuperase rápido a economía xermana. Lloyd George quería unha paz moderada para evitar a revolución bolxevique en Alemaña, tanxible trala revolta espartaquista. TRATADO DE VERSALLES(xuño 1919). Referido a Alemaña, poden resumirse en:

Perdas territoriais. Alsacia e Lorena volven a Francia. Os territorios do Sarre e a marxe esquerda do Rin son ocupados por Francia e a SDN ata que un plebiscito regule a súa situación. As cidades de Eupen, Malmedy e Moresnet pasan a Bélxica, así como o norte de Schleswig a Dinamarca. Polonia reconstrúese e consegue saída ao mar mediante o corredor polaco, que dividía os territorios alemáns en dous. As cidades de Danzig e Memel pasan a depender da SDN. Ao finalizar a guerra os polacos pretenden ampliar o seu territorio a costa da URSS, traspasando a “liña Curzon”, o que levou a unha guerra que desprazou cara ao leste a fronteira (tratado de Riga, 1921). Ademais, Alemaña perde todas as colonias. Finalmente, se lle prohibe unirse coa nova Austria.

Aspectos militares. Declárase o desarme alemán. Prohíbeselle ter Estado Maior, artillería pesada, aviación e mariña.

Cláusulas económicas. Deben pagar indemnizacións. As críticas non se fixeron esperar. Merecen especial mención os argumentos de Keynes en As consecuencias económicas da Paz(1919). Os acontecementos déronlle a razón: a recuperación foi moi lenta e as reparacións constituíron un problema constante.

Page 9: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 9

TRATADO DE SAINT- GERMAIN (setembro de 1919), confirma o desmembramento do Imperio austro- húngaro. A Bucovina foi adxudicada aos romaneses. Eslovenia, Dalmacia, Bosnia e Herzegovina quedaban englobadas en Sudoeslavia (Iugoslavia, desde 1929). O Tirol do Sur, Trentino, Istria e a cidade Dálmata de Zara foron cedidas a Italia. Fiume (Rijeka), disputada por italianos e eslavos, sería convertida en cidade libre baixo protección da SDN. Tamén perde Galitzia (Polonia) e Bohemia e Moravia (Checoslovaquia).

TRATADO DE TRIANON (xuño de 1920), polo que Hungría nace como estado independente. Tivo que recoñecer a cesión a Romanía dun enorme territorio, que comprendía case toda a Transilvania histórica e parte do Banato; a Sudoslavia a de Croacia, Vojvodina e outra porción do Banato e a Checoslovaquia Eslovaquia. Como no caso dos outros compoñentes dos Imperios centrais o seu exército é limitado e é condenada ao pago de reparacións.

TRATADO DE NEUILLY (novembro de 1919). Bulgaria perdeu poucos territorios, aínda que moi humillantes.

TRATADO DE SÈVRES (agosto de 1920). Turquía desaparecía virtualmente como país balcánico, coa cesión de case toda a Tracia oriental (excepto Istambul, sometida a ocupación aliada), as illas do Exeo e Esmirna aos gregos,. As súas provincias en Oriente Próximo pasan a ser administradas por Reino Unido e Francia como mandatos da SDN, mentres Armenia obtén a independencia.

Finalmente, están os TRATADOS GARANTÍAS, polos que Reino Unido e USA comprométense a apoiar a Francia en caso dunha nova agresión alemá.

6. AS CONSECUENCIAS DA GUERRA.

Demográficas. Prodúcese unha enorme perda de vidas humanas (9 millóns).

Económicas. Comparativamente as perdas materiais foron menos importantes. Tan só no nordeste de Francia e en Bélxica foron apreciables. Con todo, a fragmentación dos imperios derrotados, coa formación de novos estados nacionais, obrigou a crear novas estruturas administrativas e a integrar rexións de desenvolvemento moi desigual.

Sociais. Afloran agora as tensións sociais contidas durante a guerra e fanse patentes os efectos da contenda, en forma de paro, inflación, empobrecemento dos grupos sociais dependentes de ingresos fixos. Todo iso crea un clima cualificado de “vaga vermella” ou “trienio bolxevique”. En Alemaña, levántanse os espartaquistas, dirixidos por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo. Na mesma liña estaban a república “social e obreira” de Baviera ou a república bolxevique de Bela Kun en Hungría. Os conflitos e as folgas obreiras son moi frecuentes en toda Europa entre 1919 e 1921.

Políticas. Segundo Dereck Aldcroft, a fragmentación dos imperios derrotados, coa fragmentación de novos estados nacionais, obrigou a crear novas estruturas administrativas e a integrar rexións de desenvolvemento moi desigual. Europa perdeu importancia fronte a USA, que se converteu no centro do capitalismo mundial, e Xapón, cun papel fundamental na zona asiática. Ademais, na periferia asistiuse a unha certa expansión económica, aínda que unha vez finalizada a contenda produciuse unha paralización. No mundo colonial a afirmación do principio das nacionalidades impulsa a toma de conciencia nacional. Para rematar, a Revolución de Outubro supuxo a aparición dun novo modelo económico e social.

Page 10: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 10

7. AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS NA DÉCADA DOS VINTE: A DIPLOMACIA DA PAZ OU A

ÉPOCA DA SEGURIDADE COLECTIVA. As potencias aliadas tiñan fortes discrepancias sobre a liña política a seguir. Reino Unido non quería premer demasiado a Alemaña. Francia, en cambio, reclamaba insistentemente o pago das reparacións e promoveu a Pequena Entente (Iugoslavia, Checoslovaquia e Romanía). A aspiración de Alemaña era loitar contra as consecuencias de Versalles. USA volve ao isolacionismo con respecto a Europa, mentres se acentuaba a tradición monroísta no seu continente. O cambio de orientación prodúcese xa nos últimos anos da presidencia de Wilson (rexeitamento polo Congreso do Tratado de Versalles e do ingreso na SDN, co pretexto dunha política nacionalista, temendo que se limitase a súa capacidade de acción en Hispanoamérica). Con estes presupostos comeza unha década de gobernos republicanos. 7.1.- A SDN. Nace na conferencia de París. Tiñan dereito a ser membros os aliados e os neutrais. Os demais podían ser admitidos mediante a aceptación da Asemblea. Organizábase nunha Asemblea, un Consello e unha Secretaría. Defendía a integridade territorial e independencia política dos membros e a súa unidade contra agresións exteriores. Pasou por catro etapas de actividade:

Os comezos (1920- 1923). Dedícase á solución dos problemas territoriais da posguerra e á distribución dos mandatos.

Etapa de plenitude (1924- 1930), destacando os tratados de paz (Locarno, Briand- Kellog...).

A decadencia (1931- 1936). Son anos de crises, pola ascensión do fascismo e a súa política de agresividade exterior.

O final (1936- 1939). É o afundimento das relacións internacionais: estala a Segunda Guerra Mundial (IIGM).

7.2.- AS DIFICULTADES DE POSGUERRA (1920-1924). REPARACIÓNS DE GUERRA. Na conferencia de Cannes (1922) convenceuse a Briand da mala situación de Alemaña e dos efectos prexudiciais da intransixencia francesa. Cedeu e iso valeulle a súa dimisión. Poincaré en 1923 ocupa a cunca do Ruhr. O goberno alemán declarou a resistencia pasiva, que se traduciu nunha catastrófica hiperinflación. A solución viría coa política máis moderada de Stresseman. O Plan Dawes fai máis levadeiro o pago. Francia abandona o Ruhr. En 1929 o Plan Young aliviará aínda máis a situación, coa extensión do pago ata 1988 e a desmilitarización da Renania. AS REIVINDICACIÓNS TERRITORIAIS.

Polonia. Tiña moitos problemas: cedeu a ChecoslovaquiaTeschen, disputou a Lituania Vilna e con Alemaña tivo bastantes contenciosos, entre os que destaca o da Alta Silesia, que atopou solución por un plebiscito en 1921, precedido dunha pequena guerra. Ademais, os alemáns non aceptaban o corredor polaco.

Page 11: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 11

Italia. Tiña a esperanza, polo tratado de Londres (1915), de ocupar territorios no Adriático. Pero desvanecéronse en Versalles, dando lugar a accións irredentistas, como a ocupación de Fiume por D´Annunzio en 1919. Finalmente, polo tratado de Rapallo, Istria pasa a Italia e Fiume queda autónoma, aínda que en 1924 foi anexionada.

Austria e Hungría. Austria desexaba a unión con Alemaña. Hungría aspiraba a rectificacións fronteirizas a costa de Checoslovaquia, Romanía e Iugoslavia.

Turquía. Pasa de ser un imperio islámico a unha república da man de Atatürk e reclamaba a revisión de Sèvres, polo que declarou a guerra a Grecia, co apoio de Francia e Italia, mentres Reino Unido se aliñabacos helenos. En 1923 Turquía asinou o tratado de Lausana, incorporando Tracia, Esmirna, Armenia e Kurdistán.

O ILLAMENTO DA URSS. Axúdase aos rusos brancos en 1919- 1920 e apóiase aos países bálticos e a Polonia. Pero o acordo comercial entre a URSS e Reino Unido de 1921 e o tratado de Rapallo de 1922, entre a URSS e Alemaña, iniciaron o desmoroamento desta fronte. 7.3.- A SEGURIDADE COLECTIVA, 1925-1929. CONFERENCIA DE LOCARNO (1925). Alemaña recoñecía as súas fronteiras occidentais. Francia, a cambio, anticipa a evacuación do Rin. O punto débil estivo na negativa alemá a recoñecer as fronteiras orientais, pero considerouse suficiente o compromiso de non recorrer á forza. Como complemento, Francia asinou tratados de garantía con Polonia e Checoslovaquia. Alemaña ingresa na SDN a proposta de Francia e ocupa un posto permanente no Consello. PACTO BRIAND- KELLOG (1928). Briand lanzou un chamamento, dirixido fundamentalmente ao Secretario de Estado norteamericano Kellog, no sentido de chegar a un acordo sobre a renuncia á guerra. Deseñaron un futuro de paz baixo o arbitrio da SDN, que a crise económica de 1929 e o auxe dos fascismos deixarían sen validez. Para Duroselle marca o apoxeo da vaga pacifista.

8. AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS NA DÉCADA DOS TRINTA: AS VIRAXES CARA Á GUERRA. 8.1.-A RUPTURA DO SISTEMA DE SEGURIDADE. Este sistema de relacións internacionais racha a partir de 1929 por:

As consecuencias da gran depresión.

O cambio de protagonistas políticos trala morte de Stressemann e Briand.

O distanciamento de Francia e Alemaña, pois mentres en Francia fórmase un goberno de esquerda, en Alemaña a dereita faise co poder, ata chegar ao nazismo. Neste marco prodúcense os primeiros síntomas de crises: o Fin da cooperación económica internacional. Coa crise de 1929 Alemaña deixou de

pagar as reparacións. Na conferencia de Lausana (1932) os aliados renunciaron a elas. A consecuencia lóxica para Francia foi suspender o pago das súas débedas de guerra con USA, exemplo seguido por outros países. Isto fixo que USAse distanciara dos asuntos europeos.

Page 12: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 12

o Fracaso da conferencia de desarme de Xenebra (1932). Os alemáns argumentaron que o tratado de Versalles establecía o desarme de Alemaña como paso previo para o desarme xeral e, como non se produciu, habería que admitir o seu dereito a rearmarse.

A ascensión do nazismo. A concepción hitleriana do Estado implicaba a necesidade de que a raza superior loitase polo seu espazo vital. En 1933 Alemaña abandonou a SDN e iniciou abertamente o rearme. Doutra banda, intentou realizar o Anschluss co asasinato de Dollfuss (1934). Francia, Reino Unido e Italia formaron unha fronte común na conferencia de Stressa. En 1936 Hitler ocupa a zona desmilitarizada de Renania.

Ocupación italiana de Etiopía. Foi condenada pola SDN, que impuxo sancións. Francia e Reino Unidoremataron por recoñecer a conquista para evitar o derrubamento da fronte de Stressa. Serviu para que Mussolini se esquecera de Europa e deixase as mans libres aos alemáns en Austria. A partir de entón, as relacións entre ambos países, coincidentes tamén na guerra de España, melloraron, culminado na formación do Eixe.

As viraxes cara á guerra. Os cambios nas relacións entre países, con acordos bilaterais, deterioran as relacións internacionais. Estes cambios, denominados por Pabón viraxes cara á guerra, son: o Aproximación de Francia a Rusia. Rómpese o illamento imposto en Locarno. o Italia sumase ao pacto Antikomintern (asinado por Alemaña e Xapón). o Pacto entre Alemaña e a URSS. En 1939 asinan o pacto de “partición de Polonia”.

8.2.- A ESCALADA CARA Á GUERRA. A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA. Tralo golpe do xeneral Franco as potencias establecen o pacto de non intervención. A realidade foi outra. A URSS axuda á república, mentres Alemaña e Italia apoian ao bando nacional. A Alemaña a guerra española mostroulle unha vez máis a debilidade das democracias. A CREACIÓN DO GRAN REICH. O primeiro paso foi o Anschluss. As tropas alemás ocuparon Austria e un plebiscito ratificou a unión en 1938. Nese ano tamén invadiron os Sudetes (1938). Na conferencia de Múnic, a cambio de concesións formais, concédeselle. En 1939 atribúese o protectorado de Moravia e Bohemia e Eslovaquia (con poboación eslava) constitúese en estado independente baixo influencia alemá. O 1 de setembro de 1939 as tropas alemás invaden Polonia. Esta vez a reacción foi rápida: Reino Unido e Francia declaran a guerra a Alemaña. Os bloques enfrontados quedaran configurados desde o fin da IGM: por unha banda, Francia e Inglaterra, ás que se sumarán en 1941 US e a URSS; por outro, Alemaña e os países de Europa Oriental baixo a súa influencia, en 1940 entrou na guerra Italia e en 1941 Xapón.

Page 13: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 13

9. A GRAN DEPRESIÓN DOS ANOS TRINTA.

Trátase dunha trastorno xeral do sistema capitalista, que non puido ser solucionado con medios clásicos. Iníciase co crack da Bolsa de Nova Iorque, pero non se debe identificar este fenómeno puntual coa totalidade da crise. En efecto, as principais características son universalidade (afecta á maioría de países), amplitude (afecta a todas as clases sociais) e duración. As ORIXES DO CRACK están nos desequilibrios da economía norteamericana:

Desigual distribución da renda. Galbraith, o 5% da poboación tiña 1/3 da renda.

Deficiente estrutura bancaria. Había moitos pequenos bancos con fortes relacións de dependencia, favorecendo as crebas en cadea. Non existía control estatal sobre eles.

Situación da balanza de pagos. USA tiña unha balanza comercial favorable, pero adoptou unha política proteccionista. Isto dificultou os pagos dos seus debedores e provocou unha baixada nas exportacións que afectou ao sector máis débil, a agricultura.

As tendencias especulativas. Desde 1925 o peche dos mercados europeos e o descenso dos prezos agrícolas foi contrarrestado estimulando o crédito, o que creou unha superabundancia de capitais que favorecía as tendencias especulativas. Inícianse as subidas espectaculares da Bolsa, buscando beneficio conxuntural máis que valores industriais. Pero a maioría das compras realizábanse con diñeiro prestado.

A economía entra en 1929 nun período de serios problemas e, pola especulación, eses trastornos móstranse violentamente en WallStreet. O 24 de outubro estalou o pánico na Bolsa de Nova Iorque. Ese “xoves negro” póñense á venda 13 millóns de accións sen demanda. Con todo pensábase na transitoriedade do proceso, dada a leve recuperación do inverno de 1930. Pero nese momento J. P. Morgan puxo á venda as accións que acumularan, provocando un novo descenso que se mantería ata 1932. Prodúcese unha reacción en cadea. Os especuladores retiran os seus fondos dos bancos. Isto provoca a creba de moitos bancos, mentres os que subsisten restrinxen os créditos e paralizan o sistema de compra a prazos. O derrubamento da banca arrastrou a moitas empresas. Produciuse unha acumulación de stocks que provocou unha forte redución dos prezos, especialmente dos agrícolas. Os prezos industriais caen menos porque se acomodan mellor, reducindo produción e custos: en 1932 hai 12 millóns de desempregados, afundíndose a demanda. MECANISMO DE DIFUSIÓN DA CRISE. Cando os bancos norteamericanos retiraron os seus capitais, prodúcense crebas bancarias en Austria e Alemaña e fortes tensións na City, provocando unha reacción en cadea no resto de Europa. O proteccionismo de USA (tarifa Haley- Smoot) ocasionou a redución dos intercambios, obrigando a unha baixada de prezos. Houbo dúas respostas comúns: política deflacionista e proteccionismo. En Alemaña foi onde primeiro se notaron e máis graves foron os efectos da crise, porque se reconstruíu grazas aos créditos americanos. A caída da produción chegou a ser maior que en USA e o incremento do paro favoreceu o ascenso do nacionalsocialismo. En Inglaterra entronca coa crise estrutural que arrastraba desde os anos vinte.

Page 14: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 14

En Francia a crise foi menos virulenta, polo seu menor desenvolvemento industrial e a súa agricultura diversificada. O desemprego non chegou a alcanzar taxas altas. En Españao atesouramento e a inquietude polo cambio político repercutiron no investimento. Nas áreas coloniais e en Iberoamérica a crise tivo gran repercusión. Estas economías expansionaranse destinando as súas producións ao mercado mundial. Pero agora os intercambios afúndense. Iberoamérica, pola súa gran dependencia da economía de USA, é a que sofre con maior forza a crise. Quedaron máis afectados aqueles países de economía de monocultivo que os que iniciaran procesos de industrialización por substitución de importacións. O deterioro da situación económica levou á inestabilidade política. INTENTOS DE AFRONTAR A CRISE. NoReino Unido en 1931 devaluaron a libra e aumentaron os aranceis. En agosto de 1932 os acordos de Ottawa estableceron unha especie de mercado imperial protexido. As exportacións británicas cara ao Imperio eleváronse en 1938 ao 70% do total. A política da Fronte Popular francesa. Devaluaron o franco e iniciaron unha política de nacionalizacións. Se desde o punto de vista social a política da Fronte Popular deixou pegada, no económico os resultados foron modestos. O “New Deal” de Roosevelt. O seu “Programa dos Cen Días” supón unha viraxe intervencionista fronte ao tradicional liberalismo. En realidade houbo dous New Deal. O primeiro refírese a medidas económicas, en 1933. O segundo a medidas sociais, a partir de 1935. No sector agrícola, indemnízase aos agricultores que reducisen a superficie cultivada, buscando elevar os prezos. En sectores como o algodón houbo que recorrer á redución forzosa. Nas finanzas temos un aumento das emisións, a prohibición do atesouramento e, finalmente, a depreciación de 1933, para reactivar os prezos interiores, estimular a produción e as exportacións e diminuír a carga financeira de empresarios e agricultores. No terreo industrial, créase a National Industry Recovery Act (1933), que pretendía organizar a intervención estatal e establecer as regras do xogo das empresas privadas. Autorizábase ao goberno a financiar obras públicas. Créase a Tennessee Valley Authority, empresa estatal encargada de construír presas, traballos de irrigación, de repoboación... dando traballo a 4 millóns de persoas. Establécense convenios colectivos, garantindo uns beneficios mínimos ao empresario e un salario xusto aos traballadores. As medidas sociais do segundo New Deal ían encamiñadas á protección social de desempregados e anciáns. Fixábase a xornada laboral de 40 horas e abolíase o traballo infantil. O paro non foi totalmente eliminado ata a IIGM (7,3 millóns de parados en 1937) e o investimento non experimentou unha gran mellora. A defensa do poder adquisitivo propiciou o aumento do consumo. A nivel político acentuouse o presidencialismo. A Alemaña nacionalsocialista constitúe o mellor exemplo das solucións totalitarias. As veleidades socializantes do programa orixinal foron abandonadas, como demostra o programa

Page 15: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 15

de reprivatización da banca que, en compensación, converteuse no principal acredor do estado e cedeulle toda a capacidade de decisión para que fose este o motor da expansión, primeiro cos plans de obras públicas e logo coa política de rearme acelerado. Isto permitiu reactivar a produción e acabar co paro. O estado regulamentou tamén o comercio exterior, para equilibrar a balanza de pagos e, ao mesmo tempo, importar materias estratéxicas para o rearme. A través de acordos bilaterais obrigouse aos exportadores a comprar en Alemaña por unha suma equivalente ao valor das súas vendas. É o que se denominou a política do marco bloqueado. Asináronse acordos de clearing cos países da área danubiana e balcánica. Isto tivo importantes implicacións políticas. CONSECUENCIAS DA CRISE. DEMOGRÁFICAS E SOCIAIS. Redución do ritmo de crecemento da poboación, do éxodo rural e das migracións continentais. A crise non afecta do mesmo xeito a todos os grupos sociais. A burguesía sufriuna especialmente, buscando solución nos fascismos. POLÍTICAS. Na orde internacional, rómpese o espírito de Locarno e asistimos a un novo auxe dos nacionalismos. Na orde interna destaca á crise das democracias parlamentarias e a creba do liberalismo. Loxicamente, refórzanse os movementos fascistas e de corte totalitario. INTELECTUAIS. Xorde unha profunda crise de conciencia, plasmada nas obras de Steinbeck, Hemingway ou Dos Passos. A doutrina do liberalismo económico saíu debilitada. A intervención estatal foi proposta por Keynes na súa Teoría xeral do emprego, o interese e o diñeiro (1936). O Estado debía regulamentar o equilibrio económico a través das políticas monetarias e o equilibrio social a través das políticas fiscais.

10. BIBLIOGRAFÍA. BAHAMONDE, A. e VILLARES, R. (2001): El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX. Madrid,

Taurus. BRIGGS, A. e CALVIN, P. (2004): Historia Contemporánea de Europa, 1789-1989.

Barcelona, Crítica. HOBSBAWM, E. (2008): Historia del Siglo XX. 1914- 1991, Barcelona, Crítica. PAREDES, J., (Coord.) (1999): Historia Universal Contemporánea. Madrid, Ariel.

Page 16: Xeografía e Historia Tema 47 - Nós Oposicións · Logo de longas negociacións, a crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún). A partir de

Xeografía e Historia

www.nosoposicions.com Tema 47. 2019 16