16
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia NOITE DE ZARZUELA Manuel Coves Director Miren Urbieta-Vega Soprano Damián del Castillo Barítono Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h CONvers@ndo con MANUEL COVES Director

XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

AUDITORIO DE GALICIA

REALFILHARMONÍADE GALICIA2019 → 2020

XOVES 3 OUTUBRO 201920.30 hAuditorio de Galicia

NOITE DE ZARZUELA

Manuel Coves DirectorMiren Urbieta-Vega SopranoDamián del Castillo Barítono

Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hCONvers@ndo conMANUEL COVES Director

Page 2: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia
Page 3: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

3

PROGRAMA

IJESÚS GURIDI (1886-1961)La meiga: IntermedioEl caserío: Sasibil, mi caseríoMirentxu: Goizeko eguzki argiakEl caserío: Con alegría inmensa

REVERIANO SOUTULLO (1880-1932) / JUAN VERT (1890-1931)La leyenda del beso: IntermedioLa del Soto del ParralLos cantos alegres de los zagalesTen pena de mis amores 

IIFEDERICO MORENO TORROBA (1891-1982)La marchenera: Preludio del acto III “Antequera”Maravilla: Amor, vida de mi vidaLa marchenera: Tres horas antes del díaLuisa Fernanda: En mi tierra extremeña

PABLO SOROZÁBAL (1897-1988)Black, el payaso: IntermedioLa del manojo de rosasNo corté más que una rosaHace tiempo que vengo al taller

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 30 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

Page 4: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG é financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

VIOLÍNS I Aleksandar Krapovski (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Michal RyczelAnna AlexandrovaVictoria Jurov Yulia PetrushevskayaClaudio GuridiIldikó OltaiIlya FisherDaniel Kordubaylo

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Irina GruiaHelena SengelowEnrique RocaElina ViksneKiyoko OhashiSamira AjkicNazaret Canosa (R)

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **

Iriana FernándezOxana Bakulina Timur SadykovIonela Ciobotaru Anne Schlossmacher

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Ailsa Lewin **Carlos GarcíaThomas PielMillán AbeledoMilagros García (R)

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **

ÓBOESChristina Dominik *

CLARINETESBeatriz López *Andrea Álvarez (R)

FAGOTESJuan Carlos Otero *

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **

TROMBÓNSArturo Centelles (R)Iago Ríos (R)Óscar Vázquez (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNMarta Prado (R)Marta Figueiredo (R)Roberto Bao (R)Isabel Diego (R)

ARPAAlba Barreiro (R)

Page 5: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

5

MANUEL COVESDirector

Entre os seus traballos operísticos recentes destacan Don Carlos, Otello, La bohème, A somnámbula, O pintor, El caballero de la triste figura, Pepita Jiménez, Candide, Rigoletto, Carmen, A ópera dos tres centavos ou o Recital lírico con G. Kunde e J. J. Rodríguez; en teatros como o Gran Teatre del Liceu, Teatro Real de Madrid, Festival de Verano do Auditorio de San Lorenzo de El Escorial, Teatros del Canal, Palau de Les Arts de Valencia ou o Teatro Principal de Palma de Mallorca.

En danza dirixiu Carmen na Semperoper de Dresde; Sorolla, Electra ou El sombrero de tres picos co Ballet Nacional de España no Teatro Real, Gran Teatre del Liceu, Festival de Mérida, Teatro de la Zarzuela, Campoamor e Teatros del Canal; Romeo e Xulieta co Ballet do Gran Teatro de Xenebra no Liceu de Barcelona; O crebanoces, Carmen e Don Quijote coa Compañía Nacional de Danza no Teatro Real, Baluarte, Cagliari, Festspielhaus St. Pölten, Teatro de la Zarzuela, Teatros del Canal, Teatro Arriaga ou Teatro de la Maestranza; A viúva alegre no Teatro Colón de Buenos Aires; Carmen co Ballet de Víctor Ullate en Teatros del Canal, Escorial, Oviedo ou Córdoba; El amor brujo con La Fura dels Baus nos Teatros del Canal e O Mesías co Ballet Nacional Sodre.

En zarzuela salienta La malquerida, El caserío, La verbena de la Paloma, La revoltosa, Enseñanza libre, La gatita blanca, Entre Sevilla y Triana, Amadeu, Quo Vadis?, Plus Ultra, Luisa Fernanda e Viva Madrid no Teatro de la Zarzuela, Teatro Julio Mario de Santo Domingo de Bogotá, ROH de Muscat, Teatros del Canal de Madrid, Teatro Arriaga de Bilbao e Teatro Campoamor de Oviedo.

Os seus vindeiros compromisos inclúen: Orfeo e Eurídice coa Orquestra G. Verdi de Milán no Teatro Colón de Buenos Aires; El sombrero de tres picos e Eterna Iberia co Ballet Nacional de España; Romeo e Xulieta co Ballet do Gran Teatro de Xenebra; O crebanoces, Carmen e Don Quijote coa Compañía Nacional de Danza; ou a nova produción de Johan Inger, Don Giovanni.

Page 6: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

6

Gravou para Naxos Música de Cámara de R. Halffter coa Orquesta de la Comunidad de Madrid, La verbena de la Paloma para Decca, Sorolla e Electra para o BNE, Sonatas de Alfredo Aracil e O crebanoces para a CND, ademais da integral dos Concertos para guitarra e orquestra de Federico Moreno Torroba (cos guitarristas Pepe Romero e Vicente Coves) para Naxos.

MIREN URBIETA-VEGASoprano

A soprano donostiarra foi recoñecida nos “Premios Líricos Teatro Campoamor 2015” como Cantante Revelación polo seu debut como Liù na producción de Turandot de Nuria Espert en ABAO. Tamén foi galardoada como mellor cantante española no “Concurso de Canto Francesc Viñas 2014”, recibiu o segundo premio no “Concurso Internacional de Canto de Bilbao 2012” e o terceiro premio no “Concours Médoc Bordeaux 2016”. Recentemente logrou un grande éxito co rol de Liù no Palau de Les Arts de Valencia e no seu debut co mesmo rol no Teatro Real de Madrid.

Cantou Margarita de Fausto na Ópera de Oviedo, Adina de O elixir de amor, Zerlina de Don Giovanni en ABAO e a Quincena Musical de San Sebastián e Inés de A favorita no Liceu de Barcelona. Tamén representou o rol de Arminda en A xardineira finxida de Mozart e as zarzuelas El caserío, Katiuska, Luisa Fernanda, Los Gavilanes e La tabernera del puerto. Ten participado nas estreas mundiais das óperas Juan José de Sorozábal, La llama de Usandizaga (gravación para Deutsche Grammophon), a estrea en España de Pinocho de Valtinoni e a estrea absoluta da obra Deitzen dizut, Virgilio de Juan Carlos Pérez.

Cultiva o oratorio: Un réquiem alemán de Brahms, Stabat Mater de Dvorák, Missa Solemnis de Beethoven; Vivaldi, Bach, Mozart, Fauré, Rutter… Do repertorio sinfónico cómpre tamén destacar: Sinfonía núm. 4 de Mahler, Poema do amor e o mar de Chausson, Ah, perfido! e Novena Sinfonía de Beethoven, cantatas de Bach, Mendelssohn, Arriaga, Arambarri…

Page 7: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

7

Intérprete habitual de música de cámara, en recitais de lieder (recente estrea absoluta do Tríptico de cancións de Antón García Abril no Teatro Arriaga de Bilbao, Festival Victoria de los Ángeles, Barcelona); ciclos de Berg, Strauss, Mahler ou Dvorák; chansons et melodies francesas (Fauré, Duparc, Saint-Saëns, Chausson). Sente predilección polo repertorio vasco (Guridi, Sorozábal, Garbizu, Isasi, Lavilla…), compilado nun recital gravado co pianista Rubén Fernández Aguirre para o selo IBS Classical.

Licenciada en 2010 en Canto polo Centro Superior de Música del País Vasco (Musikene), estudou coa mezzosoprano Maite Arruabarrena, os repertoristas Enrique Ricci e Maciej Pikulski e co director de escena Horacio Rodríguez Aragón. Ten recibido clases maxistrais de Montserrat Caballé, Mirella Freni, Jaime Aragall, Carlos Álvarez, Isabel Monar, Enedina Lloris e Ana Luisa Chova. Completou a súa formación no Centro de Perfeccionamiento Plácido Domingo, do Palau de les Arts de Valencia, baixo a supervisión artística de Alberto Zedda; traballando con mestres como J. M. Pérez Sierra, Gianni Fabrini, Jocelyne Dienst e Roger Vignoles.

DAMIÁN DEL CASTILLOBarítono

Nacido en Úbeda (Xaén), remata os seus estudos superiores de música e canto en Málaga con Alicia Molina. Amplía a súa formación na Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid, traballando con Manuel Cid e Tom Krause. Recibiu clases maxistrais de Teresa Berganza, Reri Grist e Carlos Chausson. Na actualidade perfecciona a súa técnica con Juan Lomba. Foi gañador do IX Certamen “Nuevas Voces” Ciudad de Sevilla en 2011, finalista do XI Concurso de Canto Acisclo Fernández Carriedo, finalista do III Concurso de Canto Villa de Colmenar e Mención Especial na Muestra de Jóvenes Intérpretes de Málaga.

Page 8: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

8

Cantou no Teatro Real, Teatro de la Zarzuela, Auditorio Nacional (Madrid), Teatro alla Scala (Milán), Gran Teatre del Liceu (Barcelona), Teatro de la Maestranza (Sevilla), São Carlos (Lisboa), Palacio Euskalduna (Bilbao), Campoamor (Oviedo), Pérez Galdós (Las Palmas), Teatro Cervantes (Málaga), Teatro Villamarta (Xerez), Palacio de Festivales (Santander), Mezquita-Catedral (Córdoba), Chicago, Kansas City (I Festival Internacional de Música Española y Latinoamericana), Instituto Cervantes (Berlín), Festival Terras sem sombra, Festival de Música y Danza Ciudad de Úbeda, Festival de Otoño Ciudad de Jaén e Festival de Música Antigua de Málaga.

Entre as súas actuacións destacan: The Telephone, or L'Amour à trois (Ben), O rei Candaulo e Tannhäuser no Teatro de la Maestranza; La Traviata (Germont) no Teatro São Carlos; Carmen no Palacio Euskalduna; Otello na Ópera de Oviedo, Festival de Peralada, Teatro de la Maestranza e Liceu; El Juramento, La verbena de la Paloma e Marina no Teatro de la Zarzuela; Morte en Venecia, Romeo e Xulieta, La Traviata, Bomarzo e Dead Man Walking no Teatro Real; Simón Boccanegra, Thais e Un baile de máscaras no Liceu; Don Carlo nos Teatros del Canal; O barbeiro de Sevilla en ABAO; Rigoletto na Ópera de Oviedo; Così fan tutte e Rigoletto no Teatro Cervantes de Málaga; Viaxe de inverno en El Escorial; un concerto en Nova Orleans coa Filharmónica de Louisiana; varios concertos de La llama coa Orquesta de Euskadi, que foron gravados e editados posteriormente en Deutsche Grammophon; a Novena de Beethoven no Teatro de la Axerquía de Córdoba. Así mesmo, ten cantado roles como Malatesta (Don Pascual), Enrico (Lucía de Lammermoor), Eneas (Dido e Eneas), Conde de Almaviva (As vodas de Fígaro), Papageno (A frauta máxica), entre outros.

No campo do oratorio ten cantado como solista: Cantata núm. 82 de Bach, Réquiem de Fauré, Misa de Minuit e Leccións tebras de Charpentier, Misa Nelson de Haydn, Réquiem e Misa da Coroación de Mozart, Réquiem de Campra, Misa de Gloria de Puccini, Pequena Misa Solemne de Rossini e O Mesías de Haendel.

Page 9: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

9

O termo zarzuela denomina as representacións cortesás de teatro musical para entreter á corte e fai mención ao seu lugar de orixe, pois se celebraban habitualmente nunha paraxe na contorna de Madrid coñecida como o sítio da Zarzuela, onde Felipe IV acudía para a súa distracción. Pero o teatro musical español non se inventou coa zarzuela pois ambos elementos xa aparecen unidos nos dramas litúrxicos medievais en moitas representacións teatrais do Século de Ouro (pasando do divino ao terrenal, de xeito que escritores de renome comezaron a escribir os textos desas cancións como Pedro Calderón de la Barca, o máis ilustre e destacado dos letristas de zarzuela antiga) ou nas tonadillas escénicas.

A denominación de ‘zarzuela moderna’ so chega para diferenciarse das ‘antigas’ manifestacións teatrais e a primeira destas denomínase de dúas formas que designan o mesmo fenómeno: zarzuela romántica, polo seu encadre cultural e histórico e zarzuela grande, pola súa vontade de esencia creativa e extensa duración. A finais do reinado de Isabel II o teatro experimentou unha certa democratización e a zarzuela grande pasou de ser un entretemento burgués a incorporar entre o seu público a sectores da clase media de menor poder económico, algo que despertou a perspicacia empresarial que ideou, para quen non podía pagar as costosas representacións da gran zarzuela, o chamado teatro por horas, que consistía nunha programación de catro obras breves representadas a diferentes horas que recreaban estampas populares en tono de comedia, cun prezo máis reducido. A iso sumouse a aparición dunha nova xeración de compositores como Fernández Caballero, Chueca, Valverde, Bretón ou Chapí, dispostos a musicar esas pequenas historias que escribían con profusión libretistas atraídos pola oportunidade de estrear ante un público ávido, de entre eles de la Vega, Ramos Carrión, Vital Aza, López Silva ou Fernández Shaw. A nómina de pezas deste xénero é interminable, cada territorio tivo as súas e o conxunto ofrece unha colorida colección de tipos tradicionais,

Page 10: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

10

folclores musicais e vestiarios característicos que fan que, globalmente, encontremos un compendio exhaustivo de localismos integrantes dun reivindicado fervor patriótico. Entre eses títulos destacan La canción de la Lola (1880) de Chueca y Valverde, que podería dicirse que inaugura o xénero, La boda de Luis Alonso (1897) de G. Giménez, El dúo de la Africana (1893) e Gigantes y Cabezudos (1898) de Fernández Caballero, La Revoltosa (1897) de Chapí ou Agua, azucarillos y aguardiente (1897) e La alegría de la Huerta (1900), ambas de Chueca.

Arredor de 1920 regresa a zarzuela grande, na denominada ‘Idade de Prata da Zarzuela’; unha “volta” orixinada por unha certa proliferación de espectáculos menores, sen apenas argumento e musicalmente banais, unida a un renovado gusto pola boa música creada polos compositores da ‘xeración do 98’ (músicos nados entre 1870 e 1885) e da ‘xeración dos mestres’ (nados entre 1886 e 1898). De entre os primeiros é preciso salientar a Amadeo Vives, José Serrano ou Manuel Penella; entre os segundos, deben citarse Jesús Guridi, Francisco Alonso, Federico Moreno Torroba, Jacinto Guerrero ou Pablo Sorozábal, a maioría deles autores das pezas máis prestixiosas do xénero. Estes compositores impulsaron definitivamente a reforma da zarzuela para levala a unha maior calidade musical.

A pesar de todo, a zarzuela non contou co respecto da intelectualidade española, os artistas de vangarda víana como a expresión do rancio españolismo dun país necesitado de modernidade e de conectar coas correntes europeas no ámbito musical e escénico. Como reacción, o franquismo abrazouna como expresión da alma daquela España, manipulando o significado, descontextualizando as obras, e rebuscando atribuirlle as virtudes que lle interesaban. Todo isto non fixo máis que fosilizar o xénero, que deixou de dar novas obras, aínda que Pablo Sorozábal e Federico Moreno Torroba, trala guerra, estrearon Maravilla (1941) e María Manuela (1957); deste último é Black el Payaso (1942) e La eterna canción (1945), do

Page 11: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

11

primeiro.

O programa de hoxe selecciona algúns dos momentos máis representativos do xénero, como as famosas obras do vitoriano Jesús Guridi (1886-1961), que despois de estudiar en Bilbao, París, Liexa e Colonia, regresa cunha importante base técnica e un gran coñecemento da música europea do momento (Liszt, Wagner, Debussy ou R. Strauss), bagaxe que se plasma no tratamento dos timbres e no movemento melódico e que aviva a súa inquedanza de compoñer unha música nacional segundo o modelo que outros países europeos cultivaban baseándose no canto popular. Deste xeito, cumprindo o desexo de acadar unha ópera interpretada na lingua propia, xurdiron as dúas obras mestras da produción escénica do compositor: Mirentxu (1910) e Amaya (1920). Mirentxu foi un encargo da Sociedad Coral de Bilbao, denominada polo propio compositor ‘o idilio lírico vasco’, con libreto de Alfredo de Etxabe que, nun ambiente rural, narra o amor de Mirentxu polo seu curmá Raimundo. O coñecemento do folclore vasco favoreceu unha partitura rica en xiros populares debidamente estilizados, integrados nun todo no que destaca a diversidade melódica e unha rica orquestración, frescura e espontaneidade. Guridi confesa que a ópera non da beneficios, e anos máis tarde pásase á zarzuela cunha comedia lírica de números musicais de bela frescura: El caserío (1926), a súa obra máis recoñecida, pero tamén La meiga (1929) ou Peñamaria (1944). El caserío combina con habilidade, como Mirentxu, motivos tradicionais vascos e unha eficiente orquestración. En xeral, no catálogo de zarzuelas, a vea lírica de Guridi é evidente e da lugar a melodías sinxelas, emotivas e de brillante elasticidade.

Coa colaboración entre o ponteareán Reveriano Soutullo (1880-1932) e o levantino Juan Vert (1890-1931) chega o mellor exemplo de zarzuela rexionalista do século XX con obras como La del Soto del Parral ou La Leyenda del beso que, estreada no Teatro Apolo de Madrid en 1924, é unha das obras de maior

Page 12: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

12

trascendencia no catálogo da parella. Cun libreto de Antonio Paso e Enrique Reoyo, tan convencional como calquera outro, sobre a lenda creada pola maldición dunha xitana burlada por un rei, Soutullo e Vert trazaron unha partitura que ten certos acenos de opereta e algunha pretensión operística e cuxo arquicoñecido Intermedio, composto para a transición entre o segundo e o terceiro cadro e, polo tanto, segundo os cánones da época, a telón baixado, visualizando unha historia de corte lorquiano que resume o amor e o desexo dos dous amantes en clave onírica.

Para La del Soto del Parral, contaron cos libretistas Anselmo Cuadrado Carreño e Luis Fernández de Sevilla, que escribiron unha trama costumbrista nun ambiente rural cargada de amor, ciumes, nobreza e localismo, ingredientes que Soutullo e Vert aproveitaron para facer unha música que, influenciada polo verismo italiano, maniféstase na escritura harmónica e na cor orquestral. Estreada no Teatro de La Latina de Madrid en 1927, pode que non teña unha música de tanto ascendente folclórico como as obras de Guridi, pero a partitura está dotada de dramatismo e certa comicidade que vai medrando ao avanzar a acción.

Federico Moreno Torroba (1891-1982) foi director de orquestra, empresario, presidente da Sociedad de Autores e gran compositor de zarzuela entre as que cabe destacar Luisa Fernanda (1932), La chulapona (1934) ou María Manuela (1957). Unha das súas primeiras composicións, La marchenera subíu a escea no Teatro de la Zarzuela de Madrid en 1928; trátase dunha partitura moderna, repleta de boa música teatral e con boas escenas populares que atraen ao espectador. O texto de González del Toro, esbozado por Fernando Luque, desenvolve unha atmosfera costumbrista na liña dos sainetes e comedias dos Álvarez Quintero e outros autores que foron do gusto do público. O texto, unha historia de amor nunha Marchena (Sevilla) idealizada á que se suma como trasfondo un alzamento revolucionario,

Page 13: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

13

ofrece o humor e o tipismo local de expresións, personaxes e situacións que, ás veces, prevalecen sobre a atención á propia intriga. O oficio compositivo de Torroba trasluce nunha orquestración pulcra, máis complexa que o habitual na zarzuela, unha harmonía aberta en ocasións a disonancias e un exquisito coidado en concertantes e romanzas. Dalgún xeito, La marchenera está preludiando a Luisa Fernanda, obra mestra do compositor que chegaría catro años despois.

Así, estreada en Madrid en 1932, Luisa Fernanda foi unha das zarzuelas cunha trama de máis claro contido político —a «Gloriosa» revolución do 68— que, con libreto de Federico Romero e Fernández Shaw, narra o clima vívido de disputa entre liberais e conservadores a través dos avatares amorosos de Luisa Fernanda. A función parece resaltar varios valores: o amor ás persoas por riba das ideas, que ben poden ser alteradas; o recoñecemento do outro, a pesares das diferencias persoais e políticas… Moreno Torroba é probablemente o músico que mellor representa a simbiose que supuxo a renovada zarzuela grande, entre os elementos cultos da romántica e os populares do xénero chico e esta peza significou unha das culminacións artísticas do xénero e, ao mesmo tempo, o comezo dun declive que aínda daría obras interesantes, a maioría do propio Moreno Torroba.

E así chegamos a un dos principais mestres da zarzuela e a opereta: Pablo Sorozábal (1897-1988), donostiarra formado en Alemaña que ao seu regreso a España ocupou os cargos de director da Orquesta Filarmónica e a Banda Municipal de Madrid. Destacan no seu catálogo a opereta Katiuska (1931), as zarzuelas La del manojo de rosas (1934) e La tabernera del puerto (1936) ou operetas lixeiras como Black el payaso (1941). Técnica e estilisticamente Sorozábal é un renovador que coñece e afirma a tradición, abrindo novos aspectos de desenvolvemento e amosando as variadas posibilidades do teatro para o compositor

Page 14: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

14

contemporáneo. A súa gran formación musical permítelle ironizar sobre o tópico recreándoo e incluso escribindo unha música de enorme beleza e orixinalidade sobre clichés que parecían esgotados. O seu grande éxito, La del manojo de rosas -cuxo libreto rexeitara musicar anteriormente Moreno Torroba por consideralo demasiado moderno- é unha peza na que os responsables do texto, Francisco Ramos de Castro e Anselmo C. Carreño, xunto a Sorozábal, cambian radicalmente o modelo precedente e volven ás orixes como un reflexo sentimental e gracioso da vida popular variando atuendo, diálogo, lugar de acción para falar de feminismo, educación, a guerra e os políticos pero sen mudar os sentimentos da xente. O mesmo Sorozábal dixo que con esta zarzuela pretendía “facer unha música, sinxela, espontánea, garbosa, que tivera donaire e sentimento, con sabor popular, pero non folclórico nin populacheiro e que, dentro da súa sinxeleza, os entendidos en música encontrasen pegadas de modernidade ata pensar incluso en Stravinski”.

Black el payaso tivo que ser presentada en Barcelona porque en Madrid, dada a belixerante posición de Sorozábal durante a guerra, a censura prohibía as súas estreas ou silenciaba os seus éxitos. A opereta, baseada na obra francesa La princesse aux clowns de Jean-José Frappa é unha gran partitura con momentos de variada estética que poden asociarse á ópera, á zarzuela ou á propia opereta. Música esixente para os solistas, inspirada, fluída e expresiva, por momentos alegre, melancólica, tola, tenra, desenfadada, dramática ou frívola, conforma unha partitura de primeira orde que se amolda á perfección a todas os escenarios dramáticos plantexados polo libretista.

Page 15: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia
Page 16: XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia · 2019. 10. 3. · AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2019 → 2020 XOVES 3 OUTUBRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia

Xoves 17 de outubro20.30 hNORTE, SUL E LESTECICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGEREAL FILHARMONÍA DE GALICIAMaximino Zumalave, directorDmytro Choni, pianoF. Schubert, Abertura en Re maior, D. 590 “En estilo italiano”F. Chopin, Concerto para piano núm. 2 en fa menor, op. 21F. Mendelssohn, Sinfonía núm. 3 en la menor, op. 56 “Escocesa”

19.45 hSala MozartConversando con …Maximino Zumalave, director

Xoves 24 de outubro20.30 hSOÑOS DE INVERNOConcerto 30 aniversario do Auditorio de GaliciaREAL FILHARMONÍA DE GALICIAPaul Daniel, directorSteven Iserlis, violoncelloS. O. Infante-Souto, obra de encargo pola RFG-estrea absolutaE. Elgar, Concerto para violoncello en mi menor op. 85P. I. Chaikovski, Sinfonía núm. 1 en sol menor, Op. 13 TH 24 “Soños de inverno”

19.45 hSala MozartConversando con …Paul Daniel e Sofía O. Infante Souto

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura