26
4 SUMARIO Verín e comarca_ [páx2-8] Xinzo e comarca_[páx.9-14] Imaxes do mes__ [páx.18] Deportes____ [páx.20-21] Artigos, clasificados e axenda_____ [páx.22-23] Número: 43 - Ano: V- Xuño 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] Aprobado o orza- mento municipal, que ascende a 6,2 millóns BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de XULLO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 XINZO Páx.9 XINZO Páx.11 COMARCA Páx.10 COMARCA Páx.11 A Xunta nega retrasos na elaboración do Plan da ZEPA Trala Carreira Popular de Sandiás, chega a Nocturna de Xinzo [páx 21] SEIASA mantén a programación dos regadíos da Limia O BNG solicita que se paralice a planta de refugallos de Morgade Saída da carreira dos “pitufos” en Sandiás./S.TORRES.

Xuño 2010 - BXV

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Aprobado o orza- mento municipal, que ascende a 6,2 millóns O BNG solicita que se paralice a planta de refugallos de Morgade SEIASA mantén a programación dos regadíos da Limia Verín e comarca_ [páx2-8] Xinzo e comarca_[páx.9-14] Imaxes do mes__ [páx.18] Deportes____ [páx.20-21] Artigos, clasificados e axenda_____ [páx.22-23] BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de XULLO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans]

Citation preview

Page 1: Xuño 2010 - BXV

4 SUMARIOVerín e comarca_ [páx2-8]

Xinzo e comarca_[páx.9-14]

Imaxes do mes__ [páx.18]

Deportes____ [páx.20-21]

Artigos, clasificados e axenda_____ [páx.22-23]

Número: 43 - Ano: V- Xuño 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Aprobado o orza-mento municipal, que ascende a 6,2 millóns

BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de XULLO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

XINZO Páx.9 XINZO Páx.11COMARCA Páx.10 COMARCA Páx.11

A Xunta nega retrasos na elaboración do Plan da ZEPA

Trala Carreira Popular de Sandiás, chega a Nocturna de Xinzo [páx 21]

SEIASA mantén a programación dos regadíos da Limia

O BNG solicita que se paralice a planta de refugallos de Morgade

Saída da carreira dos “pitufos” en Sandiás./S.TORRES.

Page 2: Xuño 2010 - BXV

2 BARRIOSXuño de 2010

VERÍN E COMARCA

Desenvolvemento Local de Verín informa sobre axudasRedacción

A área de Desenvolve-mento Local do Concello de Verín informa da con-vocatoria de diferentes axudas para empresarios e emprendedores, que ra-mitan de maneira gratuita desde este departamento municipal

Así, vén de convocarse o Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que subvenciona a contra-tacións de persoas en risco de exclusión social ou de técnicos, a realización de labores de mediación la-boral, a formalización de préstamos con entidades financeiras ou a amplia-ción do cadro de persoal. O prazo para a presenta-ción das solicitudes rema-ta o 7 de xullo.

Ademais, tamén hai subvencións para a crea-ción de aldeas de turismo rural ou a mellora de esta-blecementos xa existenn-tes, cuxo prazo remata o 26 de xuño.

Outra liña de axudas son para a implantación e mellora de empresas de turismo activo, aven-tura, actividades de lecer e tempo libre, co mesmo prato de finalización, o 26 de xuño.

Comercios no ruralPor último, tamén se

convocaron subvencións para fomentar a axeita-da dotación comercial no medio rural e para promo-ver a modernización dos establecementos situados en zonas rurais e a adhe-sión ao selo de Comercio Rural Galego. As axudas están destinadas a núcleos de poboación que non su-peren os 1.500 habitantes. Subvencionarase a ade-cuación de novos locais comerciais ou a reforma ou ampliación dos exsiten-tes, a reforma da fachada, a adquisición de mobilia-rio e do equipamento pre-ciso e o rótulo da Rede de Comercio Rural Galego. O prazo de presentación remata o 14 de xullo.

[+ info: Of. D. Local, 988 410 000]

Redacción

O parlamentario socia-lista Juan Carlos Francis-co Rivera esixiu á Xunta de Galicia o traslado da subestación eléctrica de Verín, situada a escasos metros do instituto García Barbón ata o Polígono de Tamagos. Francisco Rive-ra presentou na Comisión de Industria unha pregunta na que dixo que a “ubica-

ción aberrante” desta central “pode entrañar perigo para a saúde e é urbanísticamente ilegal”. Apoiouse nun infor-me da Universidade de San-tiago que determina “que a emisión da subestación su-pera o límite de seguridade de 30 nanoteslas”.

O parlamentario trasla-dou a preocupación dos ve-ciños da localidade sobre si se permite a ampliación da potencia desta subestación,

Reclaman á Xunta o traslado da subestación eléctrica de Verín ao polígono de Tamagos4 Está ubicada a carón do García Barbón.

que actualmente produce 132.000 voltios, dian-te do expediente aberto pola Xunta a instancias de Unión Fenosa. Reclamou así o traslado da central ao futuro poligono em-presarial de Tamagos, que suporía un custo estima-do de 3 millóns de euros. Por iso, instou á Xunta, o Concello e a empresa a sentarse para acadar unha solución ao respecto..

Redacción

O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, reuniuse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para analizar a situación actual dos par-ques de empresariais do municipio e a construción da futura área loxística en Verín.

Respecto aos dous par-ques empresariais, Pazos e Tamagos, o titular da Xunta de Galicia transmi-tiulle ao rexedor munici-pal que no de Pazos xa se están a finalizar os últimos de trámites de expropia-

Feijóo anuncia a creación dunha área loxística en Verín4 Confirmoullo ao alcalde nunha entrevista de traballo que mantiveron.

cións de solo, e que antes de final de ano sairá a lici-tación a construción inme-diata de devandito polígono industrial

Con todo, Núñez Feijóo tamén recordou que está a modificar o proxecto secto-rial do Parque Empresarial de Tamagos para incluír no mesmo a construción dunha área loxística. Unha actua-ción que permitirá aprovei-tar a sinerxia da apertura, nas próximas datas, da A-75 (que une o municipio coa fronteira portuguesa, e posterior conexión en te-rritorio luso coa A-24), e que converterá a Verín nun nó loxístico entre España e

Redacción

O pleno ordinario de xuño no Concello de Ve-rín levou a aprobación a participación do Concello na Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín. A Eurocidade Chaves-Verín AECT, con perso-nalidade xurídica, terá por obxectivo promover a cooperación territorial, transfronteiriza, nos ám-bitos da cultura, deporte, educación, entretemento, ordenación do territorio, patrimonio, protección ci-vil, saúde, turismo, apro-veitamento conxunto e protección do río Támega, do medio ambiente e dos recursos naturais. Estará conformada por dous ór-ganos de goberno: unha Asemblea Xeral consti-tuída polos asociados e dirixida por unha Mesa conformada por un presi-dente que será o alcalde de Verín ou o de Chaves, de modo rotatorio, e un secretario. O seu domici-lio social estará situado na Antiga Aduana de Feces de Abaixo.

Na mesma sesión acor-douse, cos votos a favor do PP, en contra BNG e abstención dos restantes grupos políticos, desesti-

Alberto Núñez Feijoo e Juan Manuel Jiménez Morán.

Portugal, polo que sairá o tráfico pesado cara ao res-to da península e Europa. O proxecto para construir esta área loxística xa foi encargado polo goberno autonómico.

TamagosPor outra banda, re-

ferente á realización da primeira fase do Parque Empresarial de Tamagos estanse a rematar todos os informes sectoriais nece-sarios para a súa aproba-ción definitiva, co obxec-tivo de pór en marcha canto antes a licitación para a súa próxima cons-trución.

mar as alegacións presen-tadas polo sindicato CIG contra a aprobación inicial da modificación da Rela-ción de Postos de Traballo do Concello de Verín, e aprobar, por tanto, definiti-vamente esta modificación. Así, integrarase a todos os funcionarios da Policía Lo-cal nas novas escalas e ca-tegorías recollidas na Lei de coordinación de policías locais.

Quedaron aprobados ta-mén por unanimidade o convenio de colaboración co Verín Club de Fútbol e unha reforma menor na Or-denanza municipal regula-dora dos servizos de trans-porte urbano con vehículos auto-taxi, ambulancias e fu-nerarios, así como a deno-minación dunha nova vía, que atravesa as rúas Irmáns Moreno e Canella Cega, como rúa Manolo Taboada Cid.

Por último, o BNG pre-sentou unha moción refe-rente ás medidas que en materia de política econó-mica fixo públicas o gober-no do Estado, para a redu-ción do déficit público. Non se chegou a debater porque foi rexeitada na ratificación de urxencia polo PSdeG-PSOE (votaron a favor BNG e VER.IN, e absteivé-ronse o PP e ADEI-O).

PLENO EN VERÍN

A Eurocidade terá personalidade xurídica propia4 A corporación aproba por unanimidade á participación neste ente.

Universitarios farán prácticas na EurocidadeRedacción

O Concello de Verín e

a Universidade de Vigo veñen de asinar un conve-nio de cooperación educa-tiva para que estudantes universitarios realicen prácticas profesionais no Gabinete de Apoio Técni-co da Eurocidade Chaves-Verín.

O convenio é un froi-to máis dos labores de cooperación no ámbito

universitario que se teñen establecido dende o Conce-llo de Verín, para favorecer e potenciar a difusión dos obxectivos deste proxecto transfronteirizo, permitindo así que estudantes do pos-grao “Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial” fagan prácticas laborais no Gabinete de Apoio Técnico á Eurocidade Chaves-Ve-rín. O obxectivo específico destas prácticas será propor-cionarlle unha visión global do proxecto da Eurocidade. Os alumnos participarán de forma activa nas actividades estivais previstas.

Page 3: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

3VERÍN E COMARCA

Redacción

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, anunciou a construción de dúas semirotondas na estra-da OU-310 para acceder ao núcleo urbano da localida-de de Ábedes.

Un acceso que até agora no se podía realizar, xa que “non existían liñas discon-tinúas no tramo urbano des-ta estrada, que permitisen virar á esquerda”, indicou o rexedor, e que “xeraba malestar entre os veciños porque no podían acceder a súas vivendas”. Esta situa-ción obrigaba aos veciños a ter que desprazarse ata a ro-tonda da OU-310 no enlace coa A-52, e ter que retornar cara Ábedes. Ademais, oca-sionaba “que os vehículos circulasen a unha velocida-de excesiva na localidade, por enriba dos cincuenta quilómetros por hora esti-pulados nas poboacións”, asegurou Jiménez Morán.

Esta actuación constitúe “unha vella reivindicación do pobo de Ábedes”, pun-talizou o alcalde, e que “xa solicitamos ao anterior go-berno bipartito da Xunta e o Xefe de Estradas e non nos deron resposta”. Coa che-gada do PP á Xunta, sinalou Jiménez Morán, retomáron-

se as reunións co xefe de Servizo de Infraestruturas e o xefe de Servizo Terri-torial de Medio Ambiente, Mateo Maigler e José César Losada respectivamente, para lograr unha solución técnica que non afectase a seguridade viaria na OU-310 ao paso pola localidade e facilitase o acceso a Ábe-des. Finalmente acordouse esta reforma. “Estamos sa-tisfeitos por esta actuación xa que a anterior Xunta nunca nos deu unha solu-ción a este problema e ago-ra, en poucos meses, non só nos escoitaron senón que se traballou para solventar estes accesos”, engadíu o

alcalde.A primeira das semiro-

tondas, pintada na estrada, situarase na zona de acceso á praza de Ábedes, na bei-ravía dereita, e permitirá o xiro a esquerda. Mentres que a segunda realizarase no seguinte acceso ao nú-cleo urbano, douscentos metros arriba en dirección Vilardevós, e onde se efec-tuará unha incorporación a esquerda con rotonda en semicírculo, pintada no chan, que permitirá o xiro a esquerda e tamén a incor-poración desde esa zona a

Ábedes contará con dúas semirrotondas para acceder ao núcleo urbano4 Ata o de agora os veciños teñen que desprazarse ata a rotonda de enlace coa A-52 para dar a volta, ao existir unha liña continua neste tramo.

Redacción

Quedou constituída a comisión de seguimento do novo Plan Xeral de Or-denanción Municipal de Verín, da que forman par-te o alcalde e os voceiros dos grupos políticos que conforman a corporación municipal (PSdeG-PSOE, BNG, VER.IN e ADEI.O). A comisión reunira-se todos os xoves, de 13 a 15 horas, co equipo re-dactor, Consultora Gale-ga, co obxecto de seguir traballando no documento e solventar todas as cues-tións urbanísticas expostas polos diferentes partidos políticos.

En relación á nova nor-ma urbanística, o alcalde, Juan Manuel Jiménez Mo-rán, recomendou a “todo o mundo que poida acudir ao Concello o faga, xa que os técnicos municipais e os de Consultora Gale-ga lles explicarán como están as súas parcelas e propiedades e como de-ben realizar as alegacións se o consideran oportuno. Queremos que esta cues-tión sexa transparente”. O rexedor quere evitar que a información sobre o novo plan chegue terxi-versada aos veciños: “que

non se fíen dos avogados de lareira, incluíndo algúns ex concelleiros resentidos, nin se deixen manipular, xa que os técnicos lles propor-cionarán unha información veraz”

Prazo de alegaciónsAta o 5 de xullo con-

tinuará exposto o novo PXOM na Consistorial e na web www.verin.es. Para obter información e acla-racións técnicos do Con-cello e do equipo redactor atenderán aos veciños nas oficinas municipais os luns, mércores e venres de 10 a 14 horas, e os martes e xo-ves de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Os interesados deberán pedir cita previa ben nas oficinas do 2º andar da casa consistorial, por teléfono (988 410 000) ou na web municipal. As suxestións ou alegacións poden pre-sentarse presencialmente nas oficinas do concello ou telemáticamente a través de Internet. En ambos casos débese aportar un plano de situación, no que apareza marcada claramente a zona a que fai referencia a suxes-tión ou reclamación.

Nos primeiros 24 días de exposición ao público pre-sentáronse 59 alegacións.

Constituida a comisión de seguimento do PXOM4 Aberto ata o 5 de xullo o pra-zo de alegacións ao documento.

OU-310 -dirección Vilar-devós-.

A actuación realizarase nas próximas semanas, “antes do verán estará concluída”, suliñou Jimé-nez Morán, que engadiu “que desde a Consellería de Medio Ambiente, Te-rritorio e Infraestruturas tamén efectuarán un es-tudo para construír unha rotonda na zona central de Ábedes, que obrigaría a reducir a velocidade aos vehículos, e que substitui-ría a primeira das semiro-tondas”.

Pancartas de protesta polo vial previsto no novo PXOM en Ábedes. /RAMSÉS.

O alcalde confirmou que a actuación estará rematada antes do verán

Page 4: Xuño 2010 - BXV

4 BARRIOSXuño de 2010 VERÍN E COMARCA

Paula Lodeiro

Os concellos de Trasmi-ras e Riós comezarán neste mes de xuño dous dos sete obradoiros que a Xunta porá en marcha na provin-cia. En total, a Delegación Territorial de Ourense in-vestirá tres millóns de euros a sete proxectos que con-tratarán a 171 parados co obxectivo último de acadar a súa inserción no mercado laboral unha vez finalizada a formación. Segundo datos achegados polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o 70% dos parti-cipantes chegan á inserción laboral. Os obradoiros, que combinan formación e em-prego, están destinados a maiores de 25 anos e teñen unha duración de 12 meses. Os participantes percibirán un salario de 950 euros ao mes.

EspecialidadesNo caso do obradoiro de

emprego do concello de Riós, recibe un orzamen-to de 559.643 euros para

formar a 26 alumnos nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no domiclio, cantería, axudante técnico de prevención de lu-mes no medio rural. Dentro das actuacións previstas des-taca o acondicionamento de fornos públcios e actuacións medioambientais de preven-ción de lumes. O concello de Trasmiras, pola súa banda, recibe a mesma cantidade para un obradoiro de empre-go que formará´a outros 26 alumnos nas especialidades de albaneleria, restauración de áreas degradadas e cante-ría. Está previsto que restau-ren áreas degradadas, recu-peren fornos e unha escola, e limpen e encinten fontes e pilóns.

Na actualidade están en marcha na provincia 17 obradoiros de emprego. No segundo semestre, a Xunta realizará outra convocatoria dos programas mixtos de formación e emprego.

Denuncia do PSdGA secretaria de Organiza-

ción provincial do PSdG,

A Xunta concede dous novos obradoiros de emprego a Riós e Trasmiras4 A delegación territorial de Ourense financia con tres millóns de euros sete novos obradoiros de emprego na provincia.

Parque de Chaves en Verín, arranxado polo obradoiro de emprego Castro de Baronceli.

4 Conclúe a rehabilitación do Parque de Chaves

Veñen de concluir as obras de restauración e re-habilitación do Parque de Chaves de Verín (situado xunto ás piscinas descu-bertas de A Granxa), e que foron realizadas polo Obradoiro de Emprego Baronceli.

As melloras efectuadas nesta zona recreativa cons-tan dun novo empedrado no chan e bordos, instala-ción de mobiliario urbano -bancos e papeleiras-, unha fonte na zona central e par-que infantil, e recuperación de árbores e plantas.

O Obradoiro de Empre-go Baronceli, destinado áformación de 26 persoas en paro do municipio, foi concedido en outubro do ano 2009 pola Conselle-ría de Traballo e Benes-tar. O mesmo, dun ano de duración, ten por obxecto a inserción laboral de tra-balladores desempregados maiores de 25 anos nas seguintes especialidades: xardinería, restauración de áreas degradadas e axuda a domicilio.

Ademais, este obrado-iro conta cunha importante particularidade: o 50% das prazas ofertadas están desti-nadas a persoas discapacita-das, grazas a un COGAMI.

María Quintas, denuncia o reparto discriminatorio por parte da Xunta dos obradoiros de emprego na provincia, cos que “favore-ce aos seus amigos e afoga aos parados dos concellos gobernados polo PSdeG, xa que ningún deles é con-cesionario de ningún obra-

doiro”.Sinala a política socialista

que “poñer en marcha obra-doiros de emprego só en concellos do PP é un agravio non para socialistas, senón para todos os traballadores e cidadáns susceptibles de participar neses obradoiros, e máis nun tempo de crise

como o que vivimos onde o paro é un dos principais problemas do país”.

Quintas indica que cando gobernaba o bipartito, con-cedéronse obradoiros de emprego a once concellos gobernados polo PP, como Sarreaus, Monterrei, Cuale-dro, Oímbra e Sandiás.

Page 5: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

5VERÍN E COMARCA

O Centro de Desenvolvemento Coope-rativo, ubicado no polígono de Pazos de Verín, leva seis meses aberto

Redacción

O Centro de Desenvol-vemento Cooperativo de Verín permitiu a creación de dúas novas cooperativas desde que se puxo en mar-cha hai seis meses. Ade-mais, outras tres coopera-tivas están actualmente en proceso de constitución ao abeiro dos seus servizos. Os datos foron facilitados pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, du-rante a visita que realizou a este centro transfronteirizo con motivo da Semana do cooperativismo.

Na súa intervención, a titular do departamento autonómico lembrou que

o obxectivo do centro é o fomento da iniciativa coo-perativa “como fórmula empresarial con grandes potencialidades económi-cas e sociais”.

Neste sentido, recordou a aposta do Goberno galego polo cooperativismo, unha área á que destina un total de 5,3 millóns de euros en 2010.

Con respecto aos resul-tados acadados no centro, Mato fixo fincapé en que os seis meses de actividade “responden plenamente ás expectativas”. Así, ademais das dúas cooperativas cons-tituídas, e as tres que están en proceso, a conselleira enumerou outros logros

O Centro Cooperativo crea dúas novas cooperativas en seis meses de funcionamento4 Actualmente, hai tres cooperativas máis en proceso de constitución ao abeiro dos servizos do centro, con sede en Verín.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, xunto ao director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá (de costas) durante a Semana do cooperativismo./RAMSÉS.

acadados. Entre eles, des-tacou que xa se realizaron sete presentacións secto-riais; que se asesorou a cin-co grupos de promotores de cooperativas e tamén a tres cooperativas xa constituídas na realización de diagnoses e propostas de mellora; e que se abordou o estudo das necesidades formativas de máis de 30 cooperativas da zona, con vistas á posi-ble elaboración de plans de formación.

Ademais, o obradoiro de asesoramento cooperativo contactou con 47 entidades de emprendemento, e xa existe un grupo de persoas que asiste regularmente a este obradoiro. Ademais,

máis de 120 alumnos de centros educativos da co-marca visitaron estas insta-lacións, o que lles permitiu achegarse ao mundo do cooperativismo. Todas este dinamismo “terá continui-dade” na programación dos próximos meses, sinalou.

Por outra banda, Mato resaltou a relevancia da ubicación do centro “no co-razón” da Eurorrexión Ga-licia-Norte de Portugal, e salientou o seu papel como “ferramenta para afondar

nos intercambios e poten-cialidades desta zona”.

“Este momento parece o idóneo para buscar novas fórmulas que teñan unha maior resistencia ás fluc-tuacións económicas, unha mellor relación co seu en-torno social e ambiental, máis xeración de benestar e de calidade de vida para

as sociedades. E a fórmula cooperativa reúne esas ca-lidades”, reflexionou a con-selleira.

Finalmente, destacou as posibilidades que se abren para o cooperativismo no eido dos servizos sociais, un sector no que a Xunta “confía como xacemento de novos empregos”.

Page 6: Xuño 2010 - BXV

6 BARRIOSXuño de 2010

VERÍN E COMARCA

Actuacións de restauración ecolóxicaRedacción

O secretario de Estado de Medio Rural e Auga, Josep Puxeu, destacou no Senado a importancia da-sactuacións do MARM na provincia de Ourense en materia de restauración ecolóxico ambiental e pre-vención de inundacións.

As catro actuacións re-fírense á restauración am-biental dos soutos fluviais dos ríos Bubal e Rubín, ao seu paso por Monterrei; a defensa contra inunda-cións do núcleo de Al-barellos tamén no termo municipal de Monterrei; aadecuación hidrolóxico-ambiental do río Támega e os seus afluentes ao seu paso por Oimbra e a de-fensa contra avenidas e adecuación ambiental da canle e as marxes do río Támega en Verín.

As obras, finalizadas en abril, representaron un nvestimento de 377.631 euros con cargo ao Plan E.

O Senando insta ao Goberno a manter a BRIF de Laza4 A Cámara Alta aproba unha moción do BNG que tamén pide a firma dun convenio colectivo para os seus traballadores.

Área recreativa en Matamá, Laza./M.REJO.

O Senado tamén acor-dou, a instancias do BNG, instar ao Goberno a exe-cutar unha zona recreativa na marxe dereita do Tá-mega en Matamá.

A resolución aprobada por unanimidade insta á Confederación Hidrográ-fica do Douro a “asumir a execución do proxecto de actuación na marxe derei-

4Área recreativa para Matamá

Paula Lodeiro

Os partidos políticos tan pronto se poñen de acordo como aproveitan calquera asunto para cri-ticarse os uns aos outros. E así , o 7 de xuño todos os grupos do Senado apro-baban unha moción pro-posta polo BNG dirixida a manter operativas, con carácter permanente, to-das as BRIF (Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais), existentes en España, entre elas, a de Laza. O acordo, que foi transaccionado cos socia-listas, empraza ademais ao Executivo a propiciar un Convenio colectivo es-tatal para traballadores e empresas con actividades

ta do Támega no núcleo urbano de Matamá, para acondicionar a zona de baño e mellorar o entor-no dacordo coa normativa ambiental e consensuado co concello”. Coa actua-ción repararanse os danos ocasionados pola constru-ción por parte da Confe-deración dunha escolleira no ano 2003.

de conservación do medio ambiente, caso das BRIF

Proposición no CongresoAo día seguinte, o mesmo

tema era tratado no Congre-so, nunha Proposición non de Lei dos populares que pretendía que o Goberno se comprometese a manter os recursos para a prevención e extinción de incendios fo-restais. A proposta non saiu adiante polos votos en con-tra do PSOE e BNG, o que puxo de manifesto, para os populares “o dobre xogo dos socialistas” , que vota-ran a favor do mantemento da BRIF de Laza na moción do Senado e “a descoordi-nación do BNG”, por pedir o traspaso a Galicia das competencias nesta materia

e desautorizar así ao seu senador Pérez Bouza.

Desde o punto de vista totalmente oposto, o de-putado socialista Alberto Fidalgo criticou o “uso partidista” que PP e BNG realizaron da continuidade das brigadas contra incen-dios de Laza “a partir de rumores sen fundamento”. O socialista xustifica o voto en contra no Congre-so á iniciativa do PP por considerala dentro dunha “estratexia de propagar alarmas infundadas”.

Máis alá das disputas dialécticas entre partidos, o que interesa aos ouren-sáns é que a moción se cumpla e a brigada con-tra incendios forestais de Laza se manteña.

Page 7: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

7VERÍN E COMARCA

Xuntanza en RiósPreto de cen estudantes dos colexios Venda da Barrei-

ra de Riós e Vicente Risco de Cualedro, participantes no programa Axenda 21 Escolar Galicia, realizaron unha xuntanza en Riós para intercambiar experiencias. Houbo contacontos, unha xincana interactiva interxeracional, na que os avós foron os encargados de amosar aos nenos distintas actividades que se realizaban no medio rural en torno aos castiñeiros, e un obradoiro de creación dun spot publicitario, no que os escolares crearon mensaxes de sensibilización sobre a temática medioambiental.

Ao acto asistiron o delegado da Xunta en Ourense e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente.

O IES García Barbón premia os mellores blogs escolaresO pasado 3 de xuño tivo lugar no instituto García Barbón de Verín o acto de entrega

da 3ª edición do premio de blogs escolares “Barbón Blog”, organizado polo Depar-tamento de Orientación e o profesorado de TICs (tecnoloxías da información e da comunicación)

Todo o alumnado da asignatura de TICs, que se imparte en 1º de Bacharelato, recibíu de premio uns auriculares e os catro gañadores memorias USB de catro xigas, repro-ductor MP4 e cámara de fotos dixital. Os premiados foron María López (1º premio), Álvaro Alonso (2º premio) e David Pérez e Pablo Estévez (terceiros premios).

Non é esta a única noticia sobre blogs do García Barbón porque alumnos deste centro educativo veñen de crear un novo blog sobre “Consellos entre estudantes” no que os protagonistas son eles mesmos. e o blog de orientación do centro vén de cumprimir cinco anos en Internet, periodo no que ten recibido máis de 180.000 visitas.

De esquerda á dereita: Serafín Vázquez (asesor do Centro de Profesores de Verín), Da-niel Veiga (orientador e profesor de TICs), Álvaro Alonso (2º premio), María López (1º premio), David Pérez (3º premio), Pablo Estévez (3º premio), Maria Teresa Jiménez (directora) e Manuel López (profesor de TICs).Rapaces asistentes á xuntanza en Riós, xunto ao alcalde.

Monterrei acolleu a 25ª Xuntanza de GaiteirosRedacción

Por terceiro ano, o cas-telo de Monterrei acolleu as actuacións dos grupos e solistas participantes na 25ª edición da Xuntanza Internacional de Gaiteiros.

Numeroso público deu-se cita no recinto na tarde do sábado 12 para escoitar a gaiteiros chegados de puntos tan dispares como Escocia, Serbia ou Xapón.

Actuación de Toru Sonoda, traductor ao xaponés do libro “Os segredos da gai-ta”./BORYS INTERFILM.

Page 8: Xuño 2010 - BXV

8 BARRIOSXuño de 2010

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Redacción

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Mar-tínez, acompañado polo xefe territorial da Con-sellería de Presidencia, Luis Menor, realizaron unha visita aos Xulgados de Verín para comprobar o desenvolvemento das obras que levou a cabo a Xunta neste recinto.

Rogelio Martínez des-tacou a realización destas obras, dun investimento menor pero en todo ca-somoi necesarias, “para mellorar as condicións do servizo tanto para os usua-rios como para os traballa-dores do mesmo.” Así, no Pazo de Xustiza de Verín, realizouse a climatización de ambos xulgados así como instalación de ser-

vizo de video conferencia e outras melloras. Tamén no Xulgado de Xinzo de Limia se levaron a cabo obras de climatización das depen-dencias da sección penal.

Coa climatización das salas de vistas acometidas, asegurou o delegado da Xunta, dase satisfacción a unha longa reivindicación dos traballadores que en épocas estivais soportaban altas temperaturas no seu centro de traballo.

A Xunta investíu nestas obras e outras similares nos Pazos de Xustiza de Ouren-se e Trives preto de 50.000 euros.

Os Xulgados de Verín estrean climatización4 O delegado da Xunta realiza unha visita ás instalacións.

Redacción

A empresa Calfensa Pro-yectos SL realizará o sela-do e clausura do vertedo-iro de residuso urbanos do concello de Riós. A Xunta anunciou o inicio destes traballos para este mesmo mes e ten un orzamento de case 286.000 euros, ache-gados pola Consellería de Medio Ambiente.

O citado proxecto en-márcase na previsión da consellería que dirixe Agustín Hernández de selar todos os vertedoiros galegos antes de 2012, excepto aqueles que nese momento poidan ter au-torización e se atopen en fase de explotación. Así, o Goberno galego inves-tirá un orzamento de cin-co millóns de euros, dos que dous serán achegados no presente ano 2009. Na actualidade, existen 30 vertedoiros en proceso de clausura e selaxe, dos que 7 están en execución,

10 en fase de contratación (entre os que se atopa o de Riós) e 13 en estudo. Se-gundo apuntou Hernández, no período comprendido entre o 2000 e o 2008 clau-suráronse 223 vertedoiros.

Traballos a realizarAs obras no vertedoiro de

Riós consistirán na selaxe e a posterior restauración do contorno. Está previsto con-trolar os accesos, a estabi-lidade da cuberta da selaxe e a escorrentía superficial, realizar unha cuberta de selaxe e acondicionar o te-rreo, recoller os lixiviados, controlar os gases, rozar o terreo e plantar nova vexe-tación, e finalmente realizar un seguimento e control am-biental. A actuación preten-de a máxima integración no medio desta área degradada.

RIóS

A Xunta inicia o selado do vertedoiro4 Gastará 286.000 euros.

Concentración contra o recorte salarial aos funcionarios diante do consistorio de Verín.

4 Ampliación do horario do Punto Limpo

O Punto Limpio da Mancomunidade de Mu-nicipios da Comarca de Verín amplía o horario de apertura ao público, tras a sinatura do convenio de colaboración coa Depu-tación de Ourense para a prestación por parte desta deste servizo

O novo horario do Pun-to Limpo ubicado no Po-lígono de Pazos, será de 10 a 13.30 horas (de luns a sábado) e de 16.30 a 20.15 horas (de martes a sábado), o luns pola tarde permanecerá pechado.

4 Verín participa en Cruzandolibros

Verín será unha das lo-calidades galegas onde se desenvolverá o programa Cruzandolibros da Conse-llería de cultura e a Secre-taría Xeral de Igualdade.

Cruzandolibres des-envolverase a través do Centro de Información á Muller, onde se habilita-rá un espazo para que as usuarias do programa poi-dan realizar o intercambio de libros. O programa terá unha páxina web para que as usuarias poidan seguir o itinerario de cada libro, anotar comentarios ou ex-poñer as súas suxestións.

4 Petición de obras en dúas estradas

O PSdG vén de instar á Xunta no Parlamento gale-go a que execute de inme-diato as obras de adapta-ción das estradas OU-111 entre A Albergaría e Prado e a OU-112 entre Laza e Cerdedelo, previstas xa na anterior lexislatura.

Os socialistas lembra a necesidade de mellora nas comunicaciós tanto inte-riores como a saída cara á capitalidade da comarca que teñen algunhas po-boacións dos municipios de Laza e Vilar de Barrio, como Prado e Cerdedelo.

A esta iniciativa parla-mentaria sumarase unha moción no Concello de Laza para urxir a realiza-ción destas obras de me-llora.

Tamén no Xulgado de Xinzo se instalou a climatización

A Xunta quere selar todos os vertedoiros anes de 2012

Funcionarios de Verín protestan polo recorte salarialFuncionarios e afiliados e simpatizantes do sindicato CIG participaron o 2 de xuño

fronte á casa consistorial de Verín nunha concentración de protesta contra o recorte salarial que van sufrir os empregados públicos. A central sindical considera que “ as medidas adoptadas até o de agora, e as que se pretenden por en marcha, para solucionar a crise, nomeadamente a reforma laboral, a conxelación das pensións, a conxelación salarial, a baixada dos salarios públicos, ou a ampliación das políticas privatizadoras, están a afondar na consolidación do modelo capitalista neoliberal que nos levou ao barranco, e estamos seguros que provocarán unha caída máis acusada nos próximos anos.

Na provincia de Ourense hai uns 20.000 empregados públicos, que traballan na adminis-tración central, Xunta de Galicia, os concellos, a Deputación e a Universidade. Celebraron unha folga contra as medidas aprobadas polo Goberno central o 8 de xuño, quue, segundo o sindicato CC.OO tivo un seguimento en Ourense do 60% dos empregados públicos, aínda que a administración rebaixaba esa cifra a un 10%. Os sindicatos preparan xa unha folga xeral para amosar o seu rexeitamento ao decreto aprobado polo goberno de Zapatero e á reforma laboral. Será o 29 de setembro.

Os verineses fórmanse en primeiros auxiliosA empresa Saudeter impartiu en Verín un curso de primeiros auxilios, organizado

pola Cámara e Comercio e incluido na programación das xorndas de Deporte e saúde do Concello.

O curso ía dirixido a empresarios, empregados e autónomos e tiña por obxectivo do-tar aos traballadores dunha formación primeiros auxilios que lles permita socorrer a un accidentado ata a chegada dos servicios médicos. Impartido por técnicos de Saudeter, a formación incluía aspectos teóricos e outros prácticos, como a práctica da técnica de reanimación cardio pulmonar.

Este mesmo curso impartíuse este mércores e xoves na Asociación de mulleres rurais de San Cibrao, en Oímbra. Saudeter tamén participa estes días na Semana do Desporto Flaviense de Chaves, organizando os obradoiros de wellness, aquagym, taichí, ximna-sia rítmica, acro-sport e pilates con fitball.

Asistentes ao curso de primeiros auxilios, na Casa da Cultura de Verín.

Page 9: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

9XINZO E COMARCA

Redacción

O conselleiro de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, firmou o con-venios de colaboración co concello de Xinzo de Li-mia para realizar dúas ac-tuacións incluídas no Plan HURBE. Trátase das obras de acondicionamento e re-cuperación do espazo cen-tral do grupo de vivendas Santa Mariña, para poñelo en valor como espazo de convivencia dos veciños e, á vez, modernizar as instalacións dos servizos urbanísticos, así como a urbanización na rúa Mar-celo Macías. A Xunta de Galicia realiza unha ache-ga económica de máis de 527.000 euros, dividida en dúas anualidades.

Neste momento, o esta-do de conservación da pra-za das vivendas do grupo Santa Mariña aconsella a realización de obras de reurbanización que a po-ñan en valor, para uso e espallamento dos veciños e para dotalas de áreas diferenciadas para peóns e tráfico rodado. Deste xeito, créase na praza un

percorrido de uso peonil e con mobiliario urbano que invita a actividades de ocio e espallamento, e unha zona central que resolva o uso de aparcadoiros de vehículos.

Proxéctase unha zona de xardín, unha nova ilumina-ción pública, e novo milia-rio urbano como papeleiras fixas, bancos e unha pérgo-la de madeira.

Rúa Marcelo Macías A outra actuación corres-

póndese coa urbanización da rúa Marcelo Macías, via-rio que presenta beirarrúas moi estreitas, de menos dun metro, en malas condicións e cunha iluminación de-ficiente. As canalizacións de abastecemento e sanea-mento tamén precisan unha mellora para adecualas ao crecemento desta zona.

Renovaranse as acometi-das domiciliarias de auga e saneamento afectadas polo cambio de tubaxes e reali-zarase o tendido das tubaxes en redes separativas para o saneamento e a distribución de auga potable para cada beirarrúa. Colocaranse su-midoiros para pluviais na calzada e dotarase de bocas de rego.

Firmado o convenio para renovar a praza de Santa Mariña e a rúa Marcelo Macías4 A Xunta investirá 527.000 euros en dúas anualidades.A corporación municipal de Xinzo na sesión plenaria do mes de xuño./RAMSÉS.

PLENO EN XINZO

O 6,7% do orzamento de 2010 de Xinzo dedicarase a investimento4 Dos máis de 6 millóns de euros, 421.000 van para inversións mentres que case catro millóns pagarán o soldo dos empregados.Ramsés Torres

No pleno do mes de xuño, o Concello de Xinzo de Li-mia aprobou os seus orza-mentos para este ano 2010.

Nesta sesión plenaria tra-táronse varios puntos do día pero ningún deles con tan acalorada discusión como o relativo ao orzamento do Concello, que ascende a 6,2 millóns de euros . A oposi-ción criticoulle ao alcalde que o destinado ao gasto do persoal do Concello as-cende ao 62% e pola con-tra as inversións tan só son o 6,7%, 421.000 euros (42 euros de investimento por habitante). O rexedor, Isaac Vila, respondeu que era unha herdanza do goberno municipal tripartito por un convenio colectivo firma-do nos anos 90. Os grupos da oposición recordáronlle

que no ano 2005 había 84 empregados e agora están nos 130; “engrosa a planti-lla pensando en réditos po-líticos”, espetáballe a por-tavos dos socialistas, Elvira Lama. Isaac Vila defendeu-se dicindo que Xinzo é un dos concellos galegos máis completos en dar servizos, e que había máis inversión no concello que non se re-flexaba nos orzamentos, como subvencións e Plan E. Tamén recordoulle á oposición que “Xinzo ten un endebemento do 59,9% cando podía ter un tope do 110%”.

A anécdota estivo cando o alcalde, Isaac Vila, botou fóra do pleno a dúas persoas despois de que aplaudiran a intervención do voceiro do Bloque Nacionalista, Ama-dor Rodríguez Penín, neste punto.

Os orzamentos foron aprobados con todos os votos a favor do grupo de goberno do PP e cos votos en contra de BNG e PSOE; o independente Manuel Ca-bas abstívose.

Outros puntos do díaNos demais puntos da

orde do día non houbo tanta polémica e aprobouse por unanimidade asuntos como a solicitude á Xunta de Ga-licia de declarar “Festa de Interese Turístico” a Festa do Esquemento; a creación dun plan de conservación da ZEPA, a modernización dos regadíos, así como a pavimentación das rúas Castelao e Formigueiro.

O Concello investirá 42 euros/habitante

Isaac Vila, alcalde de Xin-zo./RAMSÉS.

Amador Díaz Penín, do BNG.

Page 10: Xuño 2010 - BXV

10 BARRIOSXuño de 2010 XINZO E COMARCA

Críticas ao asfaltado en XinzoDenuncia un veciño de Xinzo o “ vangardista sistema de pavimentación” realizado

polo Concello na rúa. Consiste en transformar o firme das rúas en pistas forestais, obs-truindo desaugadoiros, mermando a adherencia dos vehículos e creando unha nube de po tralo seu paso. “Sen dúbida este novo sistema é froito do traballo e a experiencia ao longo de máis de trinta anos a prol da rehabilitación, transformación e humanización de Xinzo”, ironiza este veciño.

4FOTO DENUNCIAEN BREVE

Redacción

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, a través da SEIA-SA del Norte, mantén a programación da moder-nización as zonas regables da Limia, que non sufrirá ningún tipo de recorte or-zamentario. SEIASA del Norte espera asinar de maneira inmediata os co-rrespondentes convenios coa Consellería de Medio Rural e coas comunidades de regantes de Corno do Monte, Lamas-Ganade, Alta Limia e San Salva-dor de Sabucedo, para, a continuación, abordar a redacción dosproxectos dunhas obras cun inves-timento total prevista de 33,15 millóns de euros.

Segundo o convenio ne-gociado coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a achega do Goberno central a través de SEIASA del Norte é do 41% do custo total das obras como financiamen-to aprazado a devolver polos propietarios en 25 anos, con outros 25 anos de carencia e sen intere-ses. O resto das achegas aos custos das obras será do 22% por parte da Xun-ta de Galicia, do 10% por parte das comunidades de regadores e do 27% por parte do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolve-mento Rural (FEADER).

As novas infraestrutu-ras asegurarán o futuro da agricultura doutras 4.736

Rúa do Toural en Xinzo.

Unha tromba de auga inunda XinzoAs fortes choivas do pasado 9 de xuño inundaron varias rúas de Xinzo de Limia ao

colapsar a gran cantidade de auga caida en media hora a rede de sumidoiros da loca-lidade. Os veciños, indignados ante o asolagamento de baixos e garaxes, sinalan que en 10 anos non lembran nada igual. Din que os sumidoiros están obsoletos e a rede obstruida polo desleixo e acumulación de gravilla de pavimentacións non axeitadas.

A oposición pediu explicacións no pleno do xuño ao que o alcalde respostou que “choveu moito”.

Aspecto da rúa Galicia o 9 de xuño.

hectáreas da comarca A Limia, 1.473 hectáresas da comunidade de regantes de Corno do Monte, 1.536 de Lamas-Ganade, 1.127 de Alta Limia e outras 600 hectáreas de San Salvador de Sabucedo.

Beneficios para os regantesA modernización dos

regadíos permitirá diver-sificar os actuais cultivos, introducindo na rotación producións de horticultura-con maior valor engadido. Tamén deben destacarse os importantes beneficios am-bientais da modernización pois se reducirá o consumo hídrico de acuíferos superfi-ciais e aforraranse parte dos fertilizantes e fitosanitarios que actualmente se em-pregan, con todo o que iso significa na zona da antiga Lagoa de Antela. Finalmen-te, os agricultores poderán reducir en máis do 50% as horas de traballo queac-tualmente dedican a regar. Os cultivadores de pataca que actualmente regan por aspersión automotriz con motores de gasóleo redu-cirán notablemente os seus custos enerxéticos e cesará a contaminación acústica nos meses de verán.

Petición do PSdGEn relación a este asun-

to, os socialistas de Xinzo esixen ao alcalde da locali-dade que presione á Xunta para asinar “sen máis dila-ción” a modernización do regadío das catro comuni-dades de regantes.

4 Parados fórmanse como peóns de xardinería

Un total de 10 partici-pantes no II Plan Galego de Inclusión Social están a tomar parte nun curso de formación ocupacional como peón de xardinería-viveirismo que se celebra en Maceda.

A finalidade desta ac-ción, promovida polo equipo comarcal de Inclu-sión de Xinzo de Limia e cunha duración de 80 horas, é favorecer e posi-bilitar a inserción laboral a través dunha formación que aumente as compe-tencias dos asistentes cara ao mercado de traballo.

Ao terminar o curso de formacion ocupacional, os asistentes continuarán traballando co equipo de Inclusión ata rematar o resto de accións incluidas nos seus itinerarios de in-serción sociolaboral.

4 Premio para o IES Cidade de Antioquía

Un grupo de alumnos do instituto Cidade de Antioquía de Xinzo de Li-mia resultou premiado na cuarta edición do concurso “play! 2010 Desfaío para novos emprendedores” or-ganizado por Caixanova e no que aprticiparon 2.000 estudantes de 78 centros de toda Galicia.

Ana Lozano, David Campo, Lucía Méndez, Francisco Garrido e Es-ther Casal recibirán cada un unha Nintendo Dsi XL pola súa proposta “Lác-teos Amencer”, ao acadar o quinto premio neste xogo de simulación em-presarial.

SEIASA mantén a programación dos regadíos da Limia4 Espera asinar pronto os con-venios coa Xunta.

Page 11: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

11XINZO E COMARCA

Redacción

A Consellería do Me-dio Rural nega retrasos na elaboración do Plan de Ordenación dos Recur-sos Naturais para a zona ZEPA de A Limia. Se-gundo informou a Conse-llería nun comunicado, a normativa prevé un prezo de dous anos para a ela-boración deste documen-to, polo que a Xunta está aínda máis que en prazo de cumprir coa súa obri-ga. A Consellería sae así ao pasdo das acusaciós da socialista Carmen Gallego dun posible retraso na ela-boración deste Plan.

“Non é de recibo que os socialistas falen dun retra-so no Plan de Ordenación, posto que Medio Rural está elaborando este Plan e espera telo rematado an-tes do prazo de dous anos, indica a Consellería.

Neste mesmo comuni-cado, fontes da Conse-llería ven ”paradóxico” que os socialistas “veñan esixindo no primeiro ano do novo goberno o que eles non fixeron en catro anos”. Todos os espazos protexidos de Galicia ca-recen de Plan de Ordena-ción, informou a Conse-llería, acusando ao Partido Socialista de non ter feito “os deberes” no seu mo-mento.

ZEPA e regadíosPor último, a Conselle-

ría do Medio Rural salien-ta que é falso que haxa al-gún tipo de relación entre a ZEPA (Zona de especial protección para as aves) e a modernización do rega-dío, tratándose de “dous temas independentes que nada teñen que ver un co outro”. Polo tanto non é certo que os agricultores e regantes poidan chegar a non percibir axudas por parte do Ministerio de Medio Ambiente e Me-dio Rural e Mariño, tal e como deu a entender nas súas declaracións a socia-lista Carmen Gallego.

Redacción

O PSdG de Xinzo puxo en coñecemento da Subdelega-ción do Goberno as irregu-laridades na instalación de contedores subterráneos no barrio de Abaixo, proxecto que se financia con fondos do Plan E 2010.

A portavoz socialista, El-vira Lama, lembra que es-taba previsto ubicar os con-tedores subterráneos na rúa Cabeza de Manzaneda, pero que se decidíu trasladalos a outra parte do barrio, a rúa Galicia, “diante das portas dun particular, por decisión do propio Concello e lesio-nando gravemente os in-tereses e a propiedade dun veciño.”

Cando se iniciaron as obras, en abril pasado, os socialistas denunciaron pu-blicamente os feitos, solici-tando “sen éxito” ao alcalde que cumprira co proxecto

inicial e dera orden de re-por a legalidade e trasladara os contedores ao lugar onde foron plantexados inicial-mente. Transcorridos dous meses daquela “desfeita”, os contedores seguen soterrados no lugar no que non estaban proxectados e o veciño segue a sufrir os danos causados nos accesos á súa propieda-de, lembra Lama.

Ademais, sinala o agra-

O PSdG denuncia ilegalidades nos contedores do barrio de Abaixo4 Instálanse diante da vivenda dun particular.

Lugar onde se está a instalar o contedor soterrado, no barrio de Abaixo de Xinzo./ARQUIVO.

Redacción

O BNG de Xinzo solici-tou ao Concello e á Xunta a paralización inmediata das obras de construción dun-ha Planta de tratamento de refugallos de construción e demolición en Morga-de. Nun escrito ao alcalde demanda que se inicie un expediente de reposición da legalidade urbanística vulnerada conducente a de-volver os terreos afectados á súa situación previa e se propoña unha ubicación alternativa para esta Planta “máis acorde coa natureza da mesma e escollida con criterios técnicos”.

O BNG tomou esta deci-sión unha vez se confirmou que a Planta, promovida pola Deputación Provincial e financiada con 651.000 euros mediante axudas da Unión Europea, carece de licenza municipal e que tampouco se realizaron os

trámites para poder ser de-clarada de incidencia supra-municipal.

“O anuncio de que xa hai un informe favorábel paré-cenos unha burla máis que unha xustificación xa que o citado decreto é moi claro e taxativo na tramitación re-querida e o feito de pasalo por alto deixa aos veciños na máis absoluta indefen-sión ao non poder alegar nada en tempo e forma”, denuncia o seu voceiro, Amador Díaz Penín.

O Bloque rexeita a afirmación de que o em-prazamento foi elixido unicamente con criterios técnicos “xa que só hai que ver a localización para darse conta de que non foi escollida por ningún téc-nico: lonxe das principais vías de comunicación, só accesíbel por unha estrada provincial de pésimo fir-me no alto dun monte que obriga a facer un grande movemento de terras para acondicionar o solar”.

Cartel e obras da planta de refugallos en Morgade. /BNG.

O BNG solicita a paralización da planta de refugallos de Morgade 4 Non se cumplíu a tramitación requerida, de-nuncian os nacionalistas.

Medio Rural nega que a ZEPA vaia influir na percepción das axudas do MARM por parte dos regantes de A Limia

vante de que esta é unha obra financiada polo plan FEIL, “e non consta cartel ningún onde se reflexe a denominación, cuantía, prazo de execución, con-tratista e institución que paga a obra, polo que no-vamente se incumpre a legalidade, o que pode ser causa de revocación da inversión comprometida”, apunta.

Medio Rural nega retrasos na elaboración do Plan da ZEPA4 A Consellería insiste en que se está elaboran-do este Plan e estará rematado dentro do prazo de dous anos que marca a normativa.

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Par-lamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Ga-llego, acusa á Xunta de retrasar innecesariamente a aprobación do Plan de Conservación da Zepa da Limia durante dous anos e esixe a súa aprobación urxente.

Gallego formulou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura na que con-sidera “excesivo” o prazo de dous anos para aprobar o Plan de Conservación, e criticou que a día de hoxe, logo de seis meses de aprobado o Decreto de creación, aínda non fora convocada a Comisión Negociadora coas partes interesadas para acordar o devandito texto.

A parlamentaria socia-lista acusou ao PP de ter “escondido nun caixón” o proxecto da ZEPA dende 2000 ata 2004, e a partir de aí iniciou unha estra-texia de atranco da súa aprobación “con mentiras e enganos aos veciños, con manifestacións públi-cas e animando a presentar máis de 6.000 alegacións á proposta de Decreto que se fixera chegar aos distin-tos colectivos”.

Dixo que o PP de “enga-

Samuel Juárez, conselleiro do Medio Rural.

nar deliberada e irrespon-sablemente durante anos aos veciños da Limia, trasladando a innecesa-riedade de aprobar unha ZEPA” que foi “feita e aprobada pola necesidade de cumprir coa normativa europea sobre estes espa-zos e con ameaza de san-ción comunitaria”.

Aprazamento “sine die”Engadiu que “o PP, que

finalmente tivo que apro-bar o decreto da ZEPA da Limia, ao que lle puxera tantos atrancos, segue ins-talado na mentira cos cida-dáns da Limia, aprazando sine die a aprobación dun Plan de Conservación que axudaría a engadir valor ás producións agrarias da zona”.

Explicou que este Plan “permitiría modernizar as explotacións agrarias hoxe atrancadas pola Lei do Solo, e que facilitaría o investimento de máis de 33 millóns de euros en modernización de rega-díos, aprobado polo Go-berno de España e pen-dente dunha declaración de impacto Medioam-biental que ten que facer a Xunta de Galicia e da aprobación deste Plan de Conservación”.

Carmen Gallego, parla-mentaria socialista.

4 Os socialistas esixen a aprobación urxente do Plan

Page 12: Xuño 2010 - BXV

12 BARRIOSXuño de 2010

especial INORDE

O Inorde reconvirte a estación dos Peares nunha aula do ferrocarrilA apertura desta estación forma parte do proxecto de recuperación de seis vellas estacións do ferrocarril na provincia de Ourense.

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o presiente da Deputacion, José Luis Baltar, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, observan unha maqueta na“Aula do tren” durante o acto de inauguración daestación de Os Peares.

Acto da inauguración da renovada estación de ferrocarril de Os Peares.

O proxecto do Inorde e a Deputación para recuperar seis vellas estacións de fe-rrocarril da provincia xa ten a súa primeira pedra, a esta-ción de Os Peares, no termo municipal de A Peroxa. A vella estación de tren abriu en maio as súas portas re-convertida nunha aula do ferrocarril. Transcorrido 125 anos desde a inaugura-ción da estación de tren de Os Peares, o edificio abre novamente as súas portas para albergar no seu interior a “Aula de tren” cunha ex-posición permanente sobre a historia do ferrocarril en Ourense, situada no antigo peirao de mercadorías. Así mesmo, o antigo edificio de viaxeiros acolle a “Cantina ferroviaria” destinada ago-ra a biblioteca de temas re-lacionados co ferrocarril e á organización de actividades lúdicas coas que dar a co-ñecer a historia deste medio de transporte.

O investimento desti-nado á recuperación desta estación roldou os 375.000 euros, cantidade que se in-clúe nos case 6,2 millóns de euros destinados á recu-peración do conxunto das

seis estacións ourensás: as de Santa Cruz, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Campobecerros, Vilavella, ademais da citada.

As de Vilar de Barrio, Vilavella e Campobecerros abrirán este mes os seus al-bergues que ofertarán 107 prazas en total, destinadas a dar servizo á Vía da Prata, en previsión do aumento do número de peregrinos con motivo do Ano Santo Xa-cobeo.

Ademais, estas tres es-tacións incorporan outros usos: a de Vilar de Barrio, un punto de información e a Asociación Europea do Fe-rrocarril para a realización-de estudos investigación ferroviaria; a de Campobe-cerros (en Castrelo do Val):terá punto de información e actividades de turismo acti-vo relacionado coa serra do Invernadoiro, e a de Vilave-lla (en A Mezquita): contará con párking de autocarava-nas, punto de información, e vivendas que se van a arrendar a xente nova.

En canto ás dúas restan-tes, Santa Cruz e Baños de Molgas, a previsión do Inorde é rematar as obras de

rehabilitación antes de que remate o ano. A primeira acollerá o Museo do Traxe rexional, e a segunda o le-gado pictórico e persoal do artista Moncho Borrajo, natural dese municipio.

A aula do tren de Os Pea-res pretende ser un escapa-rate da historia e da técnica do ferrocarril.A exposición está dividida en módulos temáticos que amosan cada un unha parte diferente do funcionamento do ferro-carril. Así iníciase o per-corrido polo módulo “o camiño do tren”, onde se explican os diferentes tipos de vías férreas, distintos aparellos de vía e de sinais, tanto fixas como lumino-sas. Continúa o percorrido atravesando una reproduc-cióndun paso a nivel con todos os seus elementos da zona rural galega de finais do século XIX, entre eles a figura da “guardesa”.

Seguindo o percorrido achegámonos ao módulo “circulación”, onde se pode observar a reprodución dunha oficina de xefe de estación, con todo o mobi-liario e elementos. Despois está o módulo “viaxeiros ao tren”, onde se expli-

ca omundo do ferrocarril.Todos estes módulos ubí-canse ao redor dunha gran maqueta de 5 x 2,5 metros que reproduce a paisaxe fe-rroviaria da Ribeira Sacra, así como unha réplica a escala 1:22 da estación de Os Peares, a única nunha exposición permanente en Galicia a esta escala.

No edificio principal a cantina histórica destínase a biblioteca de temas rela-cionados co ferrocarril e a organización de actividades lúdicas para dar a coñecer a historia e a técnica do tren. A Asociación Carrileiros, que xestiona a aula, prevé trasladar aquí o seu arqui-vo ferroviario e comezar a impartir obradoiros en set-embro.

Particulares e grupos poden visitar a exposición os mércores, sábados e do-mingos polas tardes, de 17 a 20 horas, horarios que co-inciden cos do paso do tren pola localidade.

A “Aula do tren”abre mércores,

sábados edomingos, de 17

a 20 horas

Un escaparate domundo do ferrocarril

Page 13: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

13 especial INORDE

Page 14: Xuño 2010 - BXV

14 BARRIOSXuño de 2010

Juan Manuel Andrade repetirá como candidato do PP no concello de Os Blancos

Juan Manuel Andrade encabezará a lista do Partido Popular no Concello de Os Blan-cos nas eleccións municipais do próximo ano. Andrade, que leva oito anos na política (esta será a segunda vez que se presente como candidato á alcaldía), intentará “gañar as eleccións por maioría absoluta”, co obxectivo de sacar ao municipio do “caos” no que está. Para iso conta co “apoio incondicional” tanto do partido como das adminis-tracións que gobernan os populares, Deputación e Xunta, “para botar unha man para sacar esto adiante”, dixo o candidato. Coa lista aínda sen confeccionar, os seus traba-llos céntranse en unir ao PP de Os Blancos, “se o PP está unido é moi forte”, indicou o político popular.

A candidatura de Juan Manuel Andrade foi proposta pola xunta xestora local e rati-ficada polo PP provincial.

Noutra orde de cousas, a xunta directiva provincial do PP de Ourense aprobou por unanimidade a convocatoria do congreso local de Xinzo de Limia, que se celebrará o 1 de xullo e no que se elixirá o seu presidente local.

XINZO E COMARCA

Redacción A Xunta de Galicia

anunciou a apertura do centro de atención a per-soas maiores de Vilar de Barrio a finais deste ve-rán. Para tal fin, xa abríu o proceso para contratar a empresa que se encarge de xestionar este centro, que conta con 40 prazas no centro de día e outras 24 no fogar residencial. A concesión será nun prin-cipio ata final de ano pero poderá prorrogarse anual-mente ata un máximo de catro anos.

Segundo se recolle no prego de licitación, o novo centro de atención a persoas maiores de Vilar de Barrio entrará en fun-cionamento nun prazo es-

timado de catro meses.

Características O novo equipamento de

Vilar de Barrio pertence á Rede de Centros de Aten-ción a Persoas Maiores do Consorcio Galego de Ser-vizos de Igualdade e Be-nestar. Xunto a outro centro en Mondariz, que abrirá no mesmo prazo, a Xunta in-vestíu no seu amoblamento arredor de 315.000 euros.

As prazas de Mondariz e Vilar de Barrio sumaranse ás 968 ofertadas actualmen-te polo Consorcio en centros de día, fogares residenciais e vivendas comunitarias, e tamén ás 310 que entrarán en funcionamento a princi-pios de xullo en sete novos centros de día, entre eles o de Xinzo de Limia.

VILAR DE BARRIO

A Xunta anuncia para finais de verán a aper-tura do centro de día 4 En trámite a adxudicación da xestión do centro.

Paula Lodeiro

Dúas sentenzas xudi-ciais condenan ao Conce-llo de Porqueira a pagar unha multa e unha indem-nización que suman preto de 30.000 euros. Por unha banda, o despedimento dun axente de desenvol-vemento local foi consi-derado improcedente pola xustiza, que obriga ao con-sistorio a pagarlle unha in-demnización ao traballa-dor de 20.400 euros. Por outra banda, o Concello deberá pagar outros 9.000 euros de multa por non ter intervido ante unha obra de peche dunha aira consi-derada pola xustiza ilegal.

“Estas dúas actuacións da alcaldesa lles van cos-tar ao Concello 30.000 euros, 30 euros por cada veciño, nun momento de

extrema dificultade econó-mica para os concellos”, lamenta o voceiro do BNG en Porqueira, Xosé Manuel Pérez Bouza.

Desde o Bloque apuntan que estas dúas actuacións poderían ser constitutivas de sendos delitos de mal-versación de fondos públi-cos e de prevaricación. No caso da sanción de 9.000 euros, dun delito de pre-varicación por omisión “por non paralizar unha obra que é ilegal”, explica Pérez Bouza, e no caso do despedimento,”porque a al-caldesa sabe que o despido é ilegal, co único obxectivo de beneficiar a unha terceira persoa”, a filla dun ex con-celleiro do PP e destacado militante deste partido, en-gade o político nacionalista. O Concello argumentara o aforro de recursos para xus-

Dúas sentenzas condenan ao Concello de Porqueira a pagar preto de 30.000 euros 4 O BNG ve indicios de prevaricación por par-te da alcaldesa en ambos casos.

tificar este despedimento, xa que o contrato da nova traballadora foi asumido pola Deputación.

Os asesores xurídicos do BNG estudan se remitir os dous casos á Fiscalía ou aos xulgados.

O Concello xustifica o despedimento no aforro de recursos

CALVOS DE RANDÍNPachi Vázquez defende aos “al-caldes do rural abandonados polo Goberno galego” Redacción

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, de-fendeu en Calvos de Randín aos alcaldes do rural “aban-donados polo Goberno de Feijóo” e criticou que o presidente da Xunta “nunca creu na Galicia rural, como demostra a súa ruptura co gran acordo de equilibrio territorial e os recortes cos que está a castigar aos con-cellos, convertendo os plans de inversión municipal en plans partidistas”.

Vázquez referiuse tamén á moción de censura que para el instigou o PP en Calvos de Randín, e sinalou que “neste concello, a corrup-ción a frearon os veciños, que deixaron claro que non vale mandar matóns a soldo para ameazar e non valen as corruptelas do transfuguis-mo”. A este respecto dixo que Feijóo “é o principal impulsor do transfuguismo,

xa que dende a súa chegada ao Goberno presentáronse oito mocións de censura en concellos galegos apoiadas en tránsfugas”.

Por iso, aproveitou a súa visita a Calvos de Randín para manifestar o apoio do PSdeG ao alcalde, o tamén socialista Aquilino Valen-cia, e reivindicar “a trans-parencia e democracia nun concello no que se tentou asaltar o equilibrio”. Pre-guntado polo recurso contra a sentencia que ordenaba repetir o pleno de Calvos de Randín no que se tentou presentar unha moción de censura contra o alcalde, Vázquez apuntou que o PS-deG “respectará o que diga

a Xustiza” porque “os socialistas nin facemos trampas nin compramos a ninguén”.

Nesta liña destacou a contribución realizada polo Goberno de Zapate-ro aos concellos galegos a través do Plan E, e con-trapuxo este co plan Hur-be do PP “cun reparto ba-seado no partidismo, onde os máis beneficiados son os concellos do PP”.

Pachi Vázquez, Aquilino Valencia e María Quintas./PSdG.

Interésanse no Parlamento polo Museo do Entroi-do de XinzoRedacción

A deputada socialista María del Carmen Acuña preguntou no Parlamento de Galicia sobre o proxec-to do Museo do Entroido Galego de Xinzo.

Acuña sinala que o al-calde de Xinzo dá por fei-to un proxecto para ubicar no edificio da Praza de Abastos o Museo do En-troido, que segundo o di-rector xeral de Patrimonio a Xunta aínda non con-templa, e que ademais se-ría só de ámbito comarcal e non do entroido de toda Galicia.

A deputada sinala que a Xunta afirma que o lugar elixido, a praza de Abas-tos, precisa dunha serie de melloras en canto accesi-bilidade, cuberta e baños, que dado o momento ac-tual non se poden acome-ter. Para a socialista queda claro que non existe nin-gún orzamento na Xunta para encarar ese proxecto.

Xosé Manuel Pérez Bouza.

Juan Manuel Andrade e Manuel Baltar, en Os Blancos./M.REJO.

O PSdG respectará o que diga a Xustiza sobre a repetición do pleno da moción de censura en Calvos

Page 15: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

15PUBLICIDADE

Page 16: Xuño 2010 - BXV

16 BARRIOSXuño de 2010 OURENSE PROVINCIA

EN BREVE

Redacción

Dous viños da Denomi-nación de Orixe Monterrei resultaron premiados coa Medalla de Ouro na pri-meira Cata Extraordinaria Vinis Terrae organizada por Radio Turismo en colaboración coa Aula In-ternacional de catadores. Os caldos Galván Blanco 2009 e Terras do Gargalo sobre Lías foron os repre-sentantes desta denomina-ción que obtiveron galar-don, xunto con outros 13 viños e licores galegos.

O xurado desta cata des-tacou a boa calidade dos viños presentados, todos eles pertencentes ás ade-gas expositoras na feira

Vinis Terrae 2010, que se celebrou en Expourense os días 7 e 8 de xuño. Os cal-dos que participarion nesta cata serán trasladados ata

Premian dous viños de Monterrei na 1ª Cata Vinis Terrae4 Terras do Gargalo sobre Lías e Galván Blan-co 2009.

Xapón para ser expostos na Mostra Internacional de Viños Españois que se celebrará na cidade nipo-na de Sakazaki-Shima.

Redacción

A Aldea Rural Couso-Galán, situada no muni-cipio de Sarreaus, é unha das empresas premiadas nos V Premios Trans-fronteirizos da excelen-cia empresarial, galardón que convoca a Fundación CEO e o Foro da Excelen-cia Empresarial. Con este premio, correspondente á categoría de dinamización do medio rural, recoñé-cese “ á súa aposta pola recuperación global dun pobo abandonado que xe-rou recursos e riqueza na contorna rural que o rodea, sendo tomado hoxe en día como exemplo de actua-cións similares e foco de atracción de visitantes”.

O empresario rioxano José María Galán rehabi-litou unha aldea completa, composta por 14 edifica-cións, para dedicala ao turismo rural. Despois de

sete anos de obras, a aldea abríu ao público en xullo de 2008. A rehabilitación des-te pobo supuxo un empuxe para a economía da zona, tanto a través da chegada de turistas, como da mellora de

A Aldea Couso-Galán, galardoada por dinamizar o medio rural4 A iniciativa que rehabilitou unha aldea en Sarreaus obtivo un dos V Premios Transfrontei-rizos da excelencia empresarial.

infraestruturas e a creación de postos de traballo.

Na edición deste ano dos Premios Transfrontei-rizos resultaron galardoa-das outras dez empresas galegas e portuguesas.

Entrega do premio da cata á adega Terras do Gargalo. /CONFERENCE ORGANIZACIÓN.

Casa rehabilitada na aldea de Couso. /ARQUIVO.

Redacción

“As mellores festas posibles, por cantidade e por calidade, co orza-mento que temos”. Así define a concellería de Cultura, Isabel Pérez, o programa das Festas de Ourense, que este ano se celebran entre o 20 e o 27 de xuño.

As festas inaugúranse co espectáculo “Auria: a viaxe continúa”, unha festa na que participan máis de 50 artistas que recrearán pasaxes da his-toria de Ourense. Será o domingo 20, a partir das 21:30 horas na praza Maior.

Do programa deste ano destaca o alto número de concertos, de moi varia-dos estilos. Desde unha estrela internacional de longa traxectoria, como Chris Isaak (xoves 24), a artistas do mercado español como Macaco (martes 22), Bebe e Kiko Veneno (mércores 23) ou Pereza (venres 25), pasando por unha cita que move a milleiros de mozos, o Ourense Dance (sábado 26). Hai tamén presenza doutros estilos musicais, como Berro-güetto, que mestura a música tradicional gale-ga coa experimentación (martes 22); Fuxan os Ventos, formación con case catro décadas de percorrido (sábado 26); ou a fadista asentada en Ourense María do Ceo (domingo 27). Sen es-quecer aos grupos da ci-dade, que terán presenza, entre outros, no Festival Alternativo da Xuventu-de (FAX) (os días 18 e 19 no Xardín do Posío) ou no +Música (durante toda a semana en varios espazos da cidade.

Novidade na BatallaComo novidade des-

ta edición a Batalla das Flores retorna ao seu iti-

nerario tradicional e pasa-rá pola rúa Paseo. Será na tarde do sábado 26.

Outros eventosHai eventos que xa son

clásicos na programación das Festas de Ourense. Por exemplo, a Mostra de Tea-tro de Rúa, que chega á súa 14ª edición, con actuacións diarias do luns 21 ao venres 25 en dobre sesión (ás 12 e ás 20 horas).

En canto ás Casetas Gas-tronómicas esta é a sexta ocasión que se instalan, de novo na praza das Merce-des (de martes a domingo). Haberá representación das gastronomías de Andalucía, Castela A Mancha, Asturias, Valencia, Cuba e Galicia.

Á mesma edicíón, a sex-ta, chega o Mercado Medie-val, que recreará o medievo nas rúas e prazas do centro histórico entre os días 24 e 27. Ademais de postos de artesanía ou gastronomía, haberá espectáculos de ce-trería, teatro, baile e musi-cais.

Polo demáis, as atrac-cións de feira ubicaranse nas dúas Alamedas, habe-rá unha programación es-pecífica infantil no parque Barbaña e un completo programa de actividades deportivas.

Chris Isaak, Pereza, Macaco e Bebe, nas festas de Ourense4 Do 20 ao 27 de xuño.

Chris Isaak tocará no Xar-dín do Posío o 24 de xuño.

Bebe, acompañada de Kiko Veneno, actuará o día 23.

4 I Concurso de Carteis de Morea ‘O que ti creas...’

A Asociación de Fa-miliares de Enfermos Mentais Morea, en cola-boración cos concellos de Verín, O Barco de Val-deorras, Ourense e Lalín, promove o I Concurso de Carteis ‘O que ti creas...’, destinado a fomentar a participación activa da so-ciedade na integración das persoas con enfermidade mental e crear un cartel que conmemore o Día da Saúde Mental (o 10 de ou-tubro).

Este concurso conta con dúas modalidades de participación: xuvenil -de 12 a 18 anos- e adulta -maior de 18 anos-, e coas seguintes condicións de participación: o eslogan terá que facer referenza á enfermidade mental, po-derase presentar un máxi-mo de dúas propostas por persoa, non poderán parti-cipar no concurso ningún membro do xurado, as propostas deberán ser in-éditas e propias, e os tra-ballo poderanse presentar en galego ou castelán.

Haberá un 1º premio de 325 euros, un accésit de 175 euros e o premio da votación popular catro ceas para dúas persoas. O prazo de entrega finalizará o 25 de xuño de 2010.

[+ info: www.morea.org]

4 Clausura de Conecta Xoven

A Federación Provin-cial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) e o Centro de Desenvolve-mento Rural Portas Aber-tas, organizarán o acto de entrega de diplomas da Conecta Xoven. O acto terá lugar o Sábado 3 de Xullo as 17:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.

Conecta Xoven é un proxecto de aprendizaxe que impulsa a participación dos mozos na comunidade mediante accións formati-vas orientadas a alfabetiza-ción dixital. Na súa quinta etapa, participaron seis rapaces de 16 a 18 anos, derivados do instituto Ta-boada Chivite e 50 persoas adultas que se formaron nas novas tecnoloxías.

Page 17: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

17 PUBLICIDADE

Page 18: Xuño 2010 - BXV

18 BARRIOSXuño de 2010

4AS IMAXES DO MES

OCIO E CULTURA

Día Mundial da Infancia en Verín e ChavesA localidade lusa de Chaves promoveu a celebración do Día Mundial da Infancia, no

que participaron máis de 3.600 alumnos dos colexios de Infantil e de 1º ciclo de Primaria de Chaves e Verín. Os menores asistiron a unha actividade diferente e singular: unha visita ao circo. Durante dúas xornadas, o Circo Chen efectuou catro espectáculos, con actua-cións de trapecistas, malabaristas, cabalos, cintas xaponesas ou pallasos, entre outros.

Este actividade está integrada no proxecto da Eurocidade e busca promover o intercam-bio educativo e social entre as dúas localidades, espertar o interese pola cultura, e promo-ver unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os ‘eurocidadáns’.

Unha das actuacións do Día Mundial da Infancia. /EUROCIDADE.

Alumnos de Xinzo divírtense en Bracalandia Cen escolares do colexio Rosalía de Castro, acompañados por 20 pais e mestres, disfru-

taron das atraccións do parque portugués de Bracalandia. A excursión, o 19 de maio, foi organizada pola Asociación de Pais de Alumnos do centro e contou coa colaboración da directiva do centro escolar.

Ricardo Sieiro, presidente da Asociación de Pais, definiu como éxito rotundo esta viaxe, xa que tanto escolares, coma pais ou mestres están desexando repetir esta experien-cia canto antes. “Xa estamos pensando en levar os máis de 400 estudantes que ten o noso centro a disfrutar deste parque o vindeiro curso”, comentou Sieiro.

Participantes na andaina “Ruta dos Castros”.

Escolares do CEIP Rosalía de Castro, en Bracalandia./APA.

Familias de Verín participan en “Patexando polo monte”

A área de Benestar Social e o departamento de Educa-ción Familiar do Concello de Verín organizaron, durante o último fin de semana de maio, a actividade ‘Patexando polo monte’, destinada a familias seleccionadas desde o propio departamento e pertencentes ao centro de día da Cruz Vermella.

Esta actividade, enmarcada dentro do programa de aper-tura de centros educativos fóra do horario escolar dentro da modalidade de conciliación da vida familiar, incluíu a realización de xogos de pistas polas rutas do contrabando na Cidadella, xogos de paracaídas e un obradoiro de cociña no albergue de Vilarello da Cota, no municipio veciño de Vilardevós.

No financiamento da mesma colaboran o proxecto Cen-tros 2010, Consellería de Educación e Ordenación Univer-sitaria, Ministerio de Educación e Fondo Social Europeo.

Familias de Verín que participaron en “Patexando polo monte”./C.de VERÍN

Andaina polas beiras do LaroucoUn grupo de 120 camiñantes percorreron o pasado 23

de maio a “Ruta dos Castros” polas beiras do Larouco, no municipio de Cualedro, organizada pola Asociación de sendeirismo Ruta das Augas de Verín.

Pese á calor reinante durante a xornada, os organizado-res falan de éxito pola asistencia a esta andaina, dun nivel asequible aos participantes, algúns deles de 80 anos. O percorrido, de 15 quilómetros, pasaba por zonas de inte-rese cultural do municipio, como os castros de Saceda e San Millán, ou a mámoa de Madorniño. Nestes puntos, os camiñantes recibiron unha lección de arqueoloxía castrexa do profesor Colmenero, catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago. Ao finalizar, empanadas para todos, cortesía do Concello, que se xantaron á beira do río Castro

A organización xa ten en mente preparar unha nova an-daina no mes de setembro, concretamente o día 5, á cidade romana de Santa Marta.

Page 19: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

19PUBLICIDADE

Page 20: Xuño 2010 - BXV

20 BARRIOSXuño de 2010

DEPORTES

Para o fin de tempada, o I Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala4 Será do 30 de xuño ao 3 de xullo no pavillón dos Remedios, en Ourense.R. Torres

Xa está todo preparado para a primeira edición do Trofeo Barrios Deporti-vo de fútbol sala. Nesta primeira edición xogarán oito equipos: o campión de Copa (aínda por determi-nar), o campión de provin-cial (Feás), os campións de 1ª e 2ª de Ourense (Lasider e Mc Donald´s, respectiva-mente), os campións de 1ª e 2ª de Carballiño (Fisaúde e Bar 2 tempos, respecti-

vamente), o campión de Celanova (Outomuro) e un equipo convidado que nesta primeira edición será o equipo de autonómica, o Mobles Andrade.

Os días que se disputarán este trofeo serán o mércores 30 de xuño, e xoves 1 de xullo os cuartos de final (ás 19.30 e 21 horas), o venres 2 de xullo semifinais (ás 19.30 e 21 horas), e o sába-do, 3 de xullo, ás 16 horas xogarase o 3º e 4º posto e ás 18 horas terá lugar a gran

4EN FORMA

“As bicicletas son para o verán” dicía Fernando Fer-nán Gómez na súa obra de teatro, que posteriormente foi levada o cinema, dos anos 80. Poderíamos di-cir hoxe que as aldeas son para o verán? Canta xente vive nos pobos?, canta xen-te vive no verán?, cuantos nenos, novos, adultos, an-ciáns?, que fan no tempo libre?, abúrrense?... Estas son algunha das múltiples cuestións que nos podemos facer con respecto ás nosas aldeas nos meses estivais que como todos sabemos multiplican a súa poboación de forma considerable no verán, e seguro que moito máis aínda en momentos de crise como o que estamos a vivir, onde pasar uns días no pobo pode ser moito máis alcanzable que ir to-rrarse á praia. Os pequenos concellos son coñecedores desta realidade e envórcan-se en facer dos seus pobos lugares máis agradables para todos, esforzándose en mellorar neste período a oferta de actividades de le-cer e tempo libre. Uns dos lugares máis importantes de reunión social e espa-rexemento nos días de calor son as PISCINAS DESCU-BERTAS, ao redor da auga pásanse moitas horas de di-versión e reúnense persoas de todas as idades, desde nenos pequenos cos seus

As aldeas son para o verán

pais e/ou avós, a grupos de mozos; na maioría dos no-sos concellos xa dispomos dunha ou máis piscinas mu-nicipais, algo que supón ás veces un gran investimento económico para mantelas activas durante polo menos eses tres meses, é unha pena que moitas veces este custo non se vexa aproveitado ao cento por cento xa que esas instalacións poden dar moito máis de se, non basta con abrilas ás 11 da mañá e cerralas ás 9 da tarde ou algo similar, o ideal é que durante esas 9 ou 10 horas que as piscinas están aber-tas ao público se ofrezan á vez outras actividades que dinamicen aos usuarios: actividades lúdicas como a organización de xogos acuáticos, educativas como os cursos de aprendi-zaxe e perfeccionamento da natación, saudables como o aquagim e mesmo outras que non teñen por que realizarse dentro da auga como pilates, ioga, tai-chi, etc. poden ser algunha das alternativas para manter máis vivas, aínda se cabe, as piscinas de verán. Nesa línea e con ese fin para o verán temos plantexado un TOUR DE ACTIVIDADES SAUDABLES (aquagym, natación, taichi, ioga, fitba-ll e actividades en Inglés) nas piscinas descubertas que SAUDETER xestiona:

TABOADELA, XINZO, PARADOR DE VERIN, VILARDEVÓS, ALBARE-LLOS e RIÓS. Sempre, e isto é moi importante sina-lalo, baixo a aprobación, apoio, empuxe, colabora-ción e aporte económico das institucións locais.

Pero non todo rolda ao redor das piscinas, é im-portante atraer e manter nos pobos ás familias que durante o ano viven lonxe, isto pódese facer con máis ofertas lúdico-recrativas sobre todo ao aire libre, que para estar baixo tei-to xa nos chega o resto do ano, aproveitando os ríos, camiños e montes da nosa xeografía pódense gozar de actividades como o pi-ragüismo, as andainas, o tiro con arco ou mesmo montar dacabalo.

Por iso podemos dicir que si, moitos dos nosos pobos e aldeas si son para o verán.

José Manuel Paredes González, licenciado en

Educación Física, SAUDETER

“É importante atraer e manter nos pobos ás familias que durante o ano viven lonxe, con máis ofertas lúdi-co-recrativas sobre todo ao aire libre

final. Todos os encontros disputaranse no pavillón municipal dos Remedios.

Con este trofeo pretén-dese premiar aos mellores de cada liga da provincia de Ourense e pór o punto e final á tempada.

80 persoas participan na ‘Ruta dos Ríos da Fronteira’4 Na 2ª Andaina da Eurocida-de Chaves – Verín.Redacción

Máis de oitenta partici-pantes, dos municipios de Chaves e Verín, asistiron a 2ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín, realizada o domingo 13 de xuño pola ‘Ruta dos Ríos da Frontei-ra’.

Esta andaina realizouse por vías próximas aos ríos Támega e Fornos, que marcan a fronteira entre ambos municipios, amo-sando aos participantes rutas tradicionais do con-trabando e lugares de be-leza paisaxística de gran interese, en pleno contac-to coa natureza.

A concentración reali-zouse na localidade lusa de Vilarello da Raia, pola mañá, onde tras o reparto de mochilas con froita e auga iniciouse esta ruta, que percorreu doce qui-lómetros finalizando áo mediodía na presa de Vila Verde da Raia. A continua-ción da andaina efectuouse unha clase de tai chi e un almorzo de convivencia, ofrecido pola Eurocidade de forma gratuíta.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de co-operación transfronteiriza coa participación finan-ceira da Unión Europea.

Participantes da 2ª andaina da Eurocidades Chaves-Verín.

Redacción

O próximo 20 de xuño, terá lugar a segunda edi-ción do Día da Bici Soli-daria que está enmarcada dentro da campaña do Sorteo del Oro 2010, ten como obxectivo promo-cionar este deporte como actividade saudable e fa-miliar, e recadar fondos, mediante a venda de bo-letos para este sorteo, para os proxectos que a Cruz Vermella ten en marcha na comarca.

A ruta, cun percorrido de nove quilómetros de dificultade baixa, inicia-rase ás 10 horas na praza

Maior de Verín e finaliza-rá na área deportiva de A Granxa, onde terá lugar a entrega de trofeos e sorteo de produtos.

Nesta edición non será necesario efectuar inscri-cións previas nin adquirir un boleto do Sorteo del Oro para participar no Día da Bici Solidaria, xa que a proba é de carácter gra-tuíto.

Con todo, se os partici-pantes queren optar a tro-feos, agasallos e sorteos sí que deben adquirir devan-dito boleto, cun prezo de cinco euros, e co que se lles entregará un dorsal de participación.

Verín celebra o Día da bici solidaria 4 O 20 de xuño.

4 Cicloturismo e BTT

O 27 de xuño organíza-se no concello de Monte-rrei a II MARCHA BTT, evento deportivo que o ano pasado tivo unha gran aceptación a afluencia de participantes. Haberá tres percorridos, de 15, 35 e 50 quilómetros. A ins-crició pode realizarse nas oficinas do concello e nas páxinas web municipal e do clube BTT de Verín.

O 4 de xullo terá lugar a I Volta Cicloturista ‘Val do Támega’, de carácter non competitivo e que está aberta a todos os ci-clistas e cicloturistas fede-rados maiores de 16 anos -os non federados deberán subscribir a licencia por un día para poder partici-par-. Ten 113 quilómetros de percorrido, con saída ás 9 horas do Pavillón de Deportes de Verín.

4 Maratón Fútbol-Sala ‘Vila de Verín’

Durante os días 17 e 18 de xullo, a localidade de Verín acollerá unha nova edición do Maratón Fút-bol-Sala ‘Vila de Verín’. A inscrición, que ten unha contía de 150 euros por equipo, estará aberta ata o día 16 de xullo, ás 14 horas.

Os premios son suculen-tos: para o primeiro, trofeo e 2.500 euros; o segundo 1.000 euros e e terceiro e cuarto 300 euros cada un. Para o primeiro local teñen un premio de 500 euros e o segundo 200 euros. Habe-rá trofeo para os catro pri-meiros, os dous primeiros equipos locais, o máximo goleador e o porteiro me-nos goleado.

[+ info: 687 409 596]

4 Actividades lúdico-deportivas

O Servizo Municipal de Deportes de Verín progra-ma un obradoiro gratuito de hip-hop o luns 21 de xuño, entre ás 18 e 19 ho-ras, no Pavillón de Depor-tes; dúas escolas de verán do 2 de xullo ao 31 de agosto; excursións a Bra-calandia e ao aquapark de Cerceda (15 e 27 de xullo, e unha escola de tenis en agosto.

EN BREVE

O Campionato ce-lebrarase no pavi-llón dos Remedios da capital ourensá do 30 de xuño ao 3 de xullo

Page 21: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

21DEPORTES

EN BREVE

1ª CARREIRA TORRE DO CASTRO

Os populares responderon á cita en Sandiás4 Máis de 200 atletas de todas as idades parti-ciparon nesta primeira edición.R. Torres

O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 1ª Carreira Popular To-rre do Castro, o domingo 30 de maio en Sandiás. A proba contou cunha nu-merosa participación de numerosos atletas de to-das as idades, desde o at-leta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carba-llinés Manuel Fernández Ledo de 73 anos, do clube Kórpore do Carballiño.

A carreira, que está in-cluída no circuíto de ca-rreiras Correr en Galicia (é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo) contou con va-rias probas por categorías. Participaron, 21 rapa-ces/as na carreira escolar (2.000 m.), 33 nenos/as na carreira de pitufos (350 metros) e un total de 116 persoas na carreira abso-

luta (7.900 m.).O gañador da proba abso-

luta foi o atleta do Acade-mia Postal, natural de Xin-zo, Rubén Diz cun tempo de 0:28:38. Os 2º e o 3º cla-sificados foron Eloy Cam-pos Dacosta (Ourense - At. Venturiña O Grove) e Jose Manuel Ramos (Ourense - ADAS PROINOR). O ga-ñador, Rubén Diz, é coñeci-do no atletismo limiao por ser preparador e entrenador en Xinzo de Limia da Aso-ciación deportiva Limiacti-va.

Os comentarios máis repe-tidos polos atletas da proba absoluta foron as enormes e empinadas subidas á capela do san Bieito da Uceira, “os muros” da Uceira fixeron sufrir á maioría dos atletas, tal como contan eles mes-mos nos foros de Internet pero seguro que todos eles repetirán o ano próximo e sumaranse máis participan-tes, a pesar da súa dureza, dada a espectacularidade

Podio da categoría feminina na Torre do Castro. /RAMSÉS

Novo éxito do baloncesto limiao4 Xiama A.B. Xinzo 98 pro-clamouse campión provincial.Redacción

O baloncesto limiao volve estar de noraboa, xa que por terceiro ano consecutivo, conseguen en categoría mini, o cam-pionato provincial. Esta tempada foron os rapaces dirixidos por Luis e Juan, os que acadaron o título na categoría Alevín Mix-to. O equipo está formado por Óscar, Andrés, Ángel, Kevin, Isma, María, Se-guín, Taboada e Álvaro. Deixando en 2º posto ó C. B. Allariz e no 3º ó M. Victoria Barco.

Asociación Baloncesto Xinzo móstrase satisfeito polo éxito acadado, non só no deportivo, senón tamén no social, xa que unha tempada máis de-mostraron que o balonces-to é un deporte de auxe na comarca de A Limia. Por iso, xa se está a traballar na próxima tempada onde esperan superar o cento de xogadores, sendo o clube con máis equipos federa-dos da comarca.

Para rematar a tempada

participaron en Santiago de Compostela no torneo do “VII Día Autonómico do mini”, onde xogaron con tres equipos de minibas-quet. E o domingo 20 de xuño, o Centro de Tecnifi-cación da Federación Gale-ga de Baloncesto, adestrará no municipal de Xinzo, aos xogadores da comarca.

Por último, o clube A. B. Xinzo está orgulloso tralo traballo realizado por todos os seus adestradores, agra-decen o apoio das institu-cións (Concello de Xinzo, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia) e do seu patrocinador Xiama Xinzo e dos sponsors.

EventosA.B. Xinzo en colabora-

ción con A. D. Limiactiva organizarán o “I Campus de Atletismo e Baloncesto de Base Antioquía” para rapa-ces nados entre os anos 2003 e 1993. A cita será entre os días 18 e 27 de agosto.

das vistas e a satisfacción de concluir a proba.

Nocturna de XinzoO sábado, 19 de xuño,

chega unha nova edición, a sexta, da Carreira Noc-turna Xinzo de Limia cun percorrido de pouco máis de 6.000 metros polas rúas de Xinzo. Haberá varias carreiras segundo a idade dos participantes, os máis pequenos correrán ás 20.30 horas, ás 20.45 ho-ras, benxamíns e alevíns, ás 21 horas os infantís e cadetes e ás 21.30 horas será o turno para a carrei-ra absoluta. As distancias a percorrer nas outras ca-tegorías son 285 metros os pitufos, 500 metros os bebxamíns e alevín, e 3.000 metros os infantís e cadetes. A saída e chegada das carreiras será na praza Maior.

Espérase contar con máis de 300 atletas de to-das as idades. A plantilla do AB Xiama 97

4 Día da BiciO domingo, 20 de xuño,

Xinzo acolle a celebración do Día da Bici a partir das 11.30 horas. Os ciclistas reuniranse na praza Maior desde onde sairán ás 12 horas para percorrer as rúas da localidade.

Ao final da proba habe-rá agasallos e sorteos para todos os participantes.

4 Actividades deportivas para o verán

O Concello de Xinzo de Limia organiza activi-dades deportivas para este verán a través da súa Con-cellería de Deportes, Xu-ventude e Voluntariado.

Ademais da carreira nocturna e do día da bici (xa citados nesta páxina) haberá os campamentos urbáns e de verán. Os ur-báns serán do 5 ao 16 de xullo para nenos nados nos anos 2004, 2003 e 2002, e do 19 ao 30 de xu-llo, para os nados entre o 2001 e o 1998.

Pola súa banda, os cam-pementos de verán serán do 28 de xuño ao 4 de xullo para os nados nos anos 1997, 1998 e 1999 e o campamento estará en Portonovo (Pontevedra), e do 1 ao 8 de agosto, no campamento de Muíños para os nados entre 2000 e 2002.

Cartel dos campamentos.

En agosto haberá un campus de atle-tismo e baloncesto

Page 22: Xuño 2010 - BXV

22 BARRIOSXuño de 2010

ARTIGOS

[Chame a Teleemprego Cimo - 988 39 15 25, de luns a venres de 8 a 14 horas. Máis información: www.cimoemprego.com]

4EMPREGO

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Facer sexo pode funcio-nar como unha terapia. É unha excelente forma de exercicio. Podemos che-gar a queimar 50 calorias. A actividade máis regular axuda a previr os proble-mas na próstata.

Nunha relación sexual son segregadas endorfinas. O corpo fica en forma e o relaxamento muscular é perfecto. É, por iso, un bo calmante para durmir. A perda de peso pode facer marabillas coa súa vida sexual, basta a simple ra-zón de se sentir mellor co seu corpo.

Alén diso, unha activida-de sexual regular:

-Reforza o sistema in-munitario, aumentando a produción de glóbulos brancos;

-Aumenta o volume dos seos até 25%;

-Combate a osteoporose, aumentando os niveis de estróxenos, hormona res-ponsábel pola formación da masa ósea;

-Controla o peso, axu-da a adelgazar e facilita a dixestión;

-Diminúe o risco de ata-que cardíaco. Ten unha acción anticoagulante, o orgasmo vai acompaña-do dunha diminución das plaquetas (células respon-sábeis da coagulación san-

Os efectos benéficos das relacións sexuaisguínea);

-Axuda a mellorar a memoria e potencia a lu-cidez;

-Hidrata a pel e ten un efecto antiarrugas;

-Alivia a dor;-Diminúe a depresión;-Aumenta as defensas

do sistema imunitário;-Diminúe o risco de

cancro.É aconsellábel comer

ostras e outros alimentos ricos en zinc, así como bananas e arroz. Reduza a cafeína, nicotina e alcol. Beba moita auga.

Joao Damiao,

[email protected]

Amañece na cidade, novo día gris de traballo, monotonía eterna de ago-bio e espanto. Miro para a ventá, alí está ela, tan fermosa, tan ilusa, tan inocente que me manca. Seguín a dormir, era cedo aínda...

Un son agudo e pitan-te espértame de novo. Levántome e o almorzo preparado reluce na mesa sobre o mantel de cadros vermellos. Café, torradas con mermelada de fresa, zume de laranxa, froita, cereais, leite... nada fal-ta, que grande é Susana, pero sen darse conta aín-da do gran odio que sinto por dentro. O baleiro in-menso no que cada noite naufrago entre desexos de rancor, de recelo ante un reflexo no espello que non recoñezo. Sinto que me atravesa, que me invade un demo por dentro, son un enfermo...

4RELATO

Pídeme un beixo, pero serás ilusa? Non ves que só sinto medo por dentro? Medo, temor de min mesmo, porque levo tempo sen con-trolar unha ira que dende fai anos se quedou prisio-neira da miña alma, volvo repetir, son un enfermo...

No traballo todo sigue igual, as mesmas caras, as mesmas voces, o reloxo que non corre, o tempo de-tense na miña amargada existencia, sen verme au-torealizado, sen autestima, con ganas de naufragar nun olvido do pasado... tan só quero encherme coa nostalxia de sentir calor... porque deso, deso, fai moi-to tempo. Quizabes ela non teña a culpa, quizabes sí, pero só me veñen a mente recordos mellores cando ela non estaba, cando ría cos amigos bebendo unhas cervexas nos bares, agora só son eu coa miña soedade vagante por eles, errante

O Sorriso que mata (parte inversa)pola cidade, onde as bote-llas de alcohol non se aca-ban e sempre volvo a devol-ver pensamentos impuros, os meus intestinos berran a dor profunda que sinto... Celos! Celos do vento que susurra un eco provinte dos ceos.

Quixera voar, quixera ser capaz de non mancala máis, de suplicarlle perdón, de amala como se merece... Susana, en que me conver-tín? Que por moito que pen-se os meus actos non cum-plen as miñas promesas, e sempre volvo a marchitar a rosa do meu xardín, a ma-poula do meu monte, o cra-vel do meu ramo... Murcha, impura, confusa, ferinte...

Si, son un enfermo, a miña enfermidade e matar...

(Continuará)Bea Losada

“Pídeme un beixo, pero serás ilusa? Non ves que só sinto medo por dentro?”

Oferta Nº 975538 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axen-te comercial (Sector: Formación). Precísase persoal para reali-zar prospección e captación de clientes interesados en cursos de formación bonificada. Imprescin-dible ter Graduado Escolar e coñe-cementos medios de informática. Ofrecen contrato mercantil con posibilidades de pasar a contrata-ción laboral. Oferta Nº 975537 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profe-sor/a de contabilidade. Traballará nunha academia impartindo ma-terias de contabilidade de varias titulacións universitarias: Empre-sariais, Informática de Xestión, etc. Ofrecen traballo a tempo parcial. Oferta Nº 975534 Localidade: Ourense Posto ofertado: Coci-ñeiro/a para grellada. Instalación deportiva precisa persoal para tra-ballar en cociña, encargándose da elaboración de primeiros pratos e grelladas. Necesaria experiencia de seis meses no posto, día libre entre semana. Horario aproxima-do de 11:30 a 16:30 horas. Oferta Nº 975533 Localidade: Ourense Posto ofertado: Cama-reiro/a para cafetería. Instalación deportiva precisa persoal para a tempada de verán. Fará atención de clientes en terraza, en horario aproximado de 12:00 a 19:00 ho-ras. Necesaria experiencia de seis meses no posto, día libre entre se-mana. Entre 20 e 30 anos. Oferta Nº 975530 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empre-gado/a do fogar (Interno/a). Domi-cilio particular situado no centro

de Ourense precisa persoal para o coidado dunha persoa maior e para realizar tarefas de limpeza, pasalo ferro e cociña. Necesario ter un ano de experiencia acreditada no coida-do de persoas maiores. Ata 45 anos. Oferta Nº 975529 Localidade: Leiro Posto ofertado: Empre-gado/a do fogar (Interno/a). Do-micilio particular precisa persoal para realizar atención e coidado de dúas persoas maiores, ademais de encargarse da limpeza, pasalo ferro e cociñar. Necesaria expe-riencia acreditada no posto de seis meses. Ofrecen libre dende o sába-do ó mediodía ata o domingo pola noite. A partir de 30 anos. Oferta Nº 975528 Localidade: Celanova Posto ofertado: Cama-reiro/a. Restaurante solicita persoal con experiencia dun ano para aten-ción de clientes en barra e mesas, en horario de 11:00 a 17:00, co do-mingo libre. Necesaria residencia na zona e medio de transporte para chegar ó lugar de traballo. Oferta Nº 975526 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Deseño gráfico). Precísase comercial con experien-cia de seis meses como mínimo no sector da rotulación ou do deseño gráfico para traballar na provincia. Necesario carné B, coche propio e dispoñibilidade para viaxar. Ofre-cen incorporación á empresa cun contrato temporal con posibilidade de pasar a indefinido. Oferta Nº 975522 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empre-gado/a do fogar. Domicilio situado na urbanización Pazo de Ramirás precisa persoal para realizar as ta-refas do fogar (cociña, pasalo ferro

e limpeza) durante tres días á se-mana en horario de 10:00 a 15:00. Necesario ter entre 30 e 50 anos e seis meses de experiencia acredita-da no posto. Oferta Nº 975521 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empre-gado/a do fogar. Realizará tarefas do fogar (cociña, pasalo ferro, lim-peza, etc.) nun domicilio no centro da cidade. Necesario ter un ano de experiencia acreditada no posto. Xornada de traballo de oito horas en horario a convir. Oferta Nº 975520 Localidade: Ourense Posto ofertado: Auxiliar de Clínica. Clínica odontolóxica precisa persoal para realizar traba-llos de atención ó paciente e axuda en gabinete. Traballo a media xor-nada, entre 18 e 30 anos. Valórase experiencia. Oferta Nº 975519 Localidade: Ourense Posto ofertado: Moni-tor/a de Ocio e Tempo Libre. Pre-císase persoal para a realización dun campamento que se levará a cabo entre os días 10 e 20 de xullo. Necesario ter o título de Monitor/a de Tempo Libre. Valórase expe-riencia no posto. Encargarase da realización de actividades lúdicas e educativas con nenos de 8 a 14 anos. Oferta Nº 975518 Localidade: Ourense Posto ofertado: Docente curso “Xestión contable e audito-ría” . Precísase persoal con expe-riencia como docente e como pro-fesional das áreas de contabilidade e auditorías. Necesaria titulación de Diplomatura en Empresariais ou Licenciatura en Económicas ou ADE. Traballo a tempo parcial en horario a convir.

Industrializando A Limia

O PP acaba de anunciar a bombo e platillo a insta-lación dun novo matadoiro no Concello de Xinzo de Limia coa creación de 250 postos de traballo directos e outros 500 indirectos. Como eu son moi escép-tico, fágome as seguintes preguntas: de onde se vai sacar o gando suficiente para darlle traballo a tan-ta xente? No matadoiro de Verín traballan 21 persoas, por por un exemplo. De onde vai sacar o Concello os 60.000 metros cadrados que esta empresa necesi-ta para a súa instalación e que teñen que ser polo “morro”? No actual par-que empresarial de Xinzo non existe solo dispoñíbel,

4CARTA AO DIRECTOR

e da tan anunciada amplia-ción de 700.000 m2 non se sabe nada. Pero no caso de que a Xunta tivese a ben facer esta ampliación pre-cisaríanse entre 2 e 3 anos e aproximadamente uns 20 millóns de euros para aco-meter esta actuación: mer-car os terreos, recalificalos, urbanizalos, etc. É dicir, supoñendo que a Xunta de Galiza estivese disposta a realizar este investimento (cousa que parece bastante improbábel dada a parálise da Xunta desde que o PP voltou ao poder), ate o ano 2013 non estaría o terreo preparado para montar esta empresa. A mesma anun-ciou que quere escomenzar a funcionar no 2012. Mate-rialmente imposible. Váise-lle dar o mesmo tratamento o resto das empresas que se

queiran instalar? Quero, para rematar, sinalar que a industrialización da Co-marca da Limia tan só se pode facer coa conxunción de varios factores dos que vou a sinalar algúns:

As empresas deben es-tar fundamentalmente re-lacionadas coas materias primas que se producen no seu entorno.

A creación de infraes-truturas adaptadas a rea-lidade da época en que vivimos.

A creación dunha for-mación profesional acor-de coa demanda empre-sarial onde a conxunción teórica e práctica sexa unha realidade.

Apoio claro e real as micro, pequenas e media-nas empresas.

Manuel Pérez Campos

4SUDOKU (difícil)[Envíanos as túas cartas ou queixas por correo

electrónico a [email protected],

[email protected], ou por correo

tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15,

32004, Ourense. As car-tas ao director non deben exceder de 20 liñas e de-

berán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contac-to. Letras a la Carta SL.

resérvase o dereito de publicación así como o

de extractar os textos que estime oportuno]

Page 23: Xuño 2010 - BXV

BARRIOSXuño de 2010

23

4TELÉFONOS DE INTERESEComarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Guardia Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmirás 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Guardia Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Sergio Mascareñas 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024ITV 902 309 000Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións:Saudeter, Beatriz Losada, Joao Damiao, Borys Martínez

Nº43 - Ano: V - Xuño 2010 - Difusión: 10.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.500, Ed. Verín: 5.500) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

SERVIZOS

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - OurenseLaborables: 06:15 - 08:00 - 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sá-bados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00

Ourense - Xinzo - VerínLaborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 - 20:15 (aut.) - Domingos e festi-vos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.)

Videferre - VerínSaídas: 09:00 - 12:30 - Regre-sos: 11:45 - 13:45 - 18:30

Campos - VerínSaídas: 07:45 - Regreso: 13:00

Viana - Gudiña - VerínSaída: 09:30 - Regreso: 13:00

Feces de Abaixo - VerínSaídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00

Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30

Verín - Videferre (feiras)Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 - 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e ven-res ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xo-ves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZOA Madrid (Auto Res): Dia-rio: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

4CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en [email protected]. Gratuítos para parti-culares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que

queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

MOTOR

VENDAS E ALUGUERES Vendo cafeteira de bar marca

Azkoyen en perfecto uso. Pre-zo a convir. Tel. 659 470 892 e 988 46 06 02Vendo bici de carreira en bo estado. 60 euros. Tel. 627 628 139 Vendo cámara dixital SONY, 4.1 MGP. Con 3 memory Stick de 128 MB.Tfn 627 628 139.Véndese viño ecolóxico da Ri-beira Sacra. Tel. 988 21 21 03Vendo teclado-piano Casio CTK-651 NUEVO sin uso por 250 € (incluye atril y adapta-dor) Embalado en la caja ori-ginal. Tel. 80 568 378.Vendo cámara Canon 8mm super 8 autozoom, modelo 518, proyector americano Bell howell, super 8 y pantalla de proyección. Tel: 647 955 887.Véndese bici de neno (10-11 anos). Tel: 988 25 17 14

VENDAS

4Música- 18 de xuño - Rock acús-

tico: Tálesien - 23:45 h. - La Casa de los Sueños - Verín

- 19 de xuño - Pop-rock: Siete Puertas - 23:45 h. - La Casa de los Sueños - Verín

- 21 de xuño - Concerto Alumnado Conservatorio - 20:30 h. - Casa da Cultura de Verín4Exposicións- Ata o 26 de xuño - Im-

pacto Visual: fotografías de David Muíños - Casa do Escudo de Verín

- Desde 29 de xuño: Pin-turas de Alfredo Cabeleira - Casa do Escudo de Verín4 CinemaCine Club Nosferatu - -

4AXENDA

Vendo quad yamaha 125 se-minovo. 200km. Varios extras, puños calefactables, maleta traseira, etc. 2.500 euros. tel. 600 407 572. Vendo Renault Scenic 88.000 km, perfecto estado. Tel. 678 827 075.Vendo Volkswagen New Bea-tle 1009 TD, ano 2001, 1 só dono, nacional, AA, ABS, etc. Tel. 662 069 431.Vendo Opel Astra DTI 75 cv, ano 2004, 70.000 km. AA, CC, EE, radio CD, con gancho, ITV recente, seminovo. Tel. 988 107 938.Vendo Volkswagen Golf TDI 90 CV. Prezo: 1.500 euros. Tel: 627 606 062Vendo Seat 600 en bo estado coa documentación en regra. Prezo: 2.500 euros. Tel: 667 227 562

22.45 h. - Casa da Cultura de Verín:

- 17 de xuño - “Armonías de Werkmeister" de B.Tarr

- 24 de xuño - “Winches-ter” de A.Mann

- 28 de xuño - A Caixiña dos Mistos: proxección de audiovisuais e obradoiros de stop motion e animación con plastilina - de 12 a 14 e de 16 a 20 h. - Piscinas A Granxa - Verín

- Teatro- 25 de xuño- Festival

de Teatro Amador Entre culturas: “Almas sinxelas” - 20:30 h. - Casa da Cultura de Verín

- 26 de xuño: Festival de Teatro Amador Entre cul-

turas: “Fuei a cortexar a robles e estimáronmelo muito e farsa y justicia del corregidor” - 19h. - Casa da Cultura de Verín

- 30 de xuño - Festival de Teatro Amador Entre culturas: “O enterro eco-nómico, rifar por rifar, el mensaje e Sancho go-bernador de Barataria” - 20.30 h. - Casa da Cultura de Verín4 Outros- 10 e 11 de xullo - Ex-

posición monográfica do pastor alemán - Zona poli-deportiva O Toural - Laza

Máis información en www.mundourense.com

Vendo casa en Reza (Ouren-se). Pequena, reformada, con terreo de 500 metros Tel. 679 925 834.Alugo apartamento en Sanxenxo. Tel: 607 271 916.Alúganse dúas oficinas en Progreso 147, Ourense. Tel. 678 489 755Alúgase apartamento en Sanxenxo con garaxe, equipa-do. Alúgase tamén habitación de matrimonio con baño e tv. Tel. 617 505 224 e 986 721 056.Traspásase perruquería ou local para oficina en Alférez Provisional entlo (Ourense). Renta baixa (210 euros máis comunidade. Tel. 988 214 973.

Page 24: Xuño 2010 - BXV

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOSXuño de 2010

Page 25: Xuño 2010 - BXV

BARRIOS - VERÍN volve estar no seu buzón a mediados de XULLO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Número: 43 - Ano: V- Xuño 2010 - Depósito Legal: 0U 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

VERÍN Páx.2 COMARCA Páx.6VERÍN Páx.3 COMARCA Páx.4Dúas semirrotondas facilitarán o acceso ao núcleo de Ábedes

A Xunta concede obradoiros de emprego a Riós e Trasmiras

Feijoo anuncia a creación dunha área loxística en Verín

O Senado insta ao Goberno a manter a BRIF de Laza

É tempo de andainas [páx. 18 e 20]

4 SUMARIOVerín e comarca_ [páx2-8]

Xinzo e comarca_[páx.9-14]

Imaxes do mes__ [páx.18]

Deportes____ [páx.20-21]

Artigos, clasificados e axenda_____ [páx.22-23]

80 camiñantes participan na 2ª andaina da Eurocidade‘Ruta dos Ríos da Fronteira’ (na imaxe) e 120 a “Ruta dos Castros” polas beiras do Larouco.

Page 26: Xuño 2010 - BXV

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOSXuño de 2010