25
XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 392 1. Constitución da Xunta de Facultade. A Xunta de Facultade queda constituída por 34 membros, distribuídos do seguinte xeito: PDI con vinculación permamente 01.- Blanco Mosquera, Vicente 02.- Candia Durán, Francisco Xosé 03.- Díaz Rodríguez, Mª Carmen 04.- Fernández Fernández, Mª Pilar 05.- Fiuza Asorey, Mª José 06.- Freire Paz, Elena 07.- Garrido Filgueira, Uxía 08.- González Fernández, Rufino 09.- Iglesias Forneiro, Mª Lina 10.- López Gómez, Santiago 11.- López Rúa, Paula 12.- López de la Calle Sampedro, Mª Ángeles 13.- Otero Urtaza, Eugenio Manuel 14.- Poncet Souto, Marta María 15.- Rodríguez Lestegás, Francisco 16.- Rodríguez Neira, Modesto Aníbal 17.- Sarceda Gorgoso, Carmen 18.- Silvosa Costa, Francisco José 19.- Vázquez Carballo, José Mario 20.- Veiga Alonso, Xosé Ramón 21.- Viña Rouco, María del Mar PDI sen vinculación permanente 01.- Crujeiras Pérez, Beatriz 02.- González Sequeiros, Pablo 03.- Navarro Patón, Rubén Persoal de administración e servizos 01.- Brao Viña, Ana 02.- Galego Varela, Julia 03.- Vázquez Carreira, Xosé Manuel Estudantes: 01.- Calvín López, Jorge 02.- Cuba Dorado, Roi 03.- Durán Fernández, Pablo

XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

  • Upload
    others

  • View
    15

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

XUNTA DE FACULTADE

Sesión extraordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016

Resumo da Acta número 392

1. Constitución da Xunta de Facultade.

A Xunta de Facultade queda constituída por 34 membros, distribuídos do seguinte xeito: PDI con vinculación permamente 01.- Blanco Mosquera, Vicente 02.- Candia Durán, Francisco Xosé 03.- Díaz Rodríguez, Mª Carmen 04.- Fernández Fernández, Mª Pilar 05.- Fiuza Asorey, Mª José 06.- Freire Paz, Elena 07.- Garrido Filgueira, Uxía 08.- González Fernández, Rufino 09.- Iglesias Forneiro, Mª Lina 10.- López Gómez, Santiago 11.- López Rúa, Paula 12.- López de la Calle Sampedro, Mª Ángeles 13.- Otero Urtaza, Eugenio Manuel 14.- Poncet Souto, Marta María 15.- Rodríguez Lestegás, Francisco 16.- Rodríguez Neira, Modesto Aníbal 17.- Sarceda Gorgoso, Carmen 18.- Silvosa Costa, Francisco José 19.- Vázquez Carballo, José Mario 20.- Veiga Alonso, Xosé Ramón 21.- Viña Rouco, María del Mar PDI sen vinculación permanente 01.- Crujeiras Pérez, Beatriz 02.- González Sequeiros, Pablo 03.- Navarro Patón, Rubén Persoal de administración e servizos 01.- Brao Viña, Ana 02.- Galego Varela, Julia 03.- Vázquez Carreira, Xosé Manuel Estudantes: 01.- Calvín López, Jorge 02.- Cuba Dorado, Roi 03.- Durán Fernández, Pablo

Page 2: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

04.- Fernández Río, Miguel Ángel 05.- Iglesias Seoane, Rubén 06.- Lema Canosa, Xaquín 07.- Losada Romero, Julio José

Page 3: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

XUNTA DE FACULTADE

Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016

Resumo da Acta número 393

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

Apróbase a acta nº 391, correspondente á sesión ordinaria celebrada o 21 de decembro de 2015. 2. Informe do Decanato.

- Incorporación de Miguel Cons Ferreiro (profesor asociado, Didáctica da expresión corporal), Romina Mouriz Corbelle (profesora asociada, Psicoloxía evolutiva e da educación), Mª Concepción Felpeto Fernández (profesora interina de substitución, Didáctica da matemática) e Teresa Susana Vázquez Regueiro (profesora asociada, Didáctica e organización escolar).

- Parabéns a Montserrat Pena Presas pola obtención do título de doutora; Pablo González Sequeiros e Dolores Rodríguez Vivero pola organización e desenvolvemento do III Seminario de Investigación en Educación Matemática Infantil (3-4 marzo 2016).

- Condolencias a Uxío Otero Urtaza polo falecemento da súa nai; Ana Brao Viña polo falecemento do seu marido.

- Representación dos decanos e directores de centro no Consello de Goberno a partir do 4 de febreiro de 2016: Física, Química, Ciencias Políticas e Sociais, Ciencias da Comunicación, Filosofía, Enfermaría, Farmacia, Veterinaria e Formación do Profesorado.

- Convenio de Cooperación Educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a USC para a realización das prácticas académicas externas curriculares (Prácticum) correspondentes aos títulos de grao impartidos na Facultade de Ciencias da Educación e na Facultade de Formación do Profesorado.

- Constitución do grupo de traballo para a mellora da formación docente (Espazo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades do SUG).

- Execución do exercicio orzamentario 2015 EXERCICIO ORZAMENTARIO 2015

Partida Crédito definitivo Crédito dispoñible

Reparación e mantemento de edificio 3.260,00 -7.698,65

Reparación de mobiliario e equipamento 0,00 -3.777,19

Material de oficina 10.398,34 5.591,51

Subministracións 7.572,83 7.161,86

Comunicacións 1.920,00 -245,71

Page 4: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

Transportes 0,00 -123,19

Atencións protocolarias 180,00 -167,05

Traballos encargados ao exterior 544,50 -89,62

Cursos e conferencias 2.250,00 -97,18

Custo e locomoción Centro 0,00 -508,64

Custo e locomoción prazas docentes 1.072,11 0,00

Asistencia prazas docentes 1.847,82 0,00

Total Capítulo II 29.045,60 46,14

Moblaxe e equipamento 3.983,12 0,01

Total Capítulo VI 3.983,12 0,01

Prácticas de campo 5.200,00 156,00

TOTAL 38.228,72 202,15

- Datas previstas para a renovación da acreditación dos títulos de Grao en Mestre/a de Educación Primaria (15 e 16 de marzo) e Mestre/a de Educación Infantil e Máster DAEN (26 e 27 de abril).

- Proceso de creación e modificación de departamentos: acordos do Consello de Goberno do 1 de marzo de 2016.

- Comisión Permanente (27 de xaneiro de 2016): proposta de límite de prazas nas titulacións de Grao para o curso 2016-2017; táboa de recoñecementos entre as titulacións de Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria, previamente aprobada pola Comisión de Docencia e Validacións.

3. Elección de membros da Comisión Permanente.

PDI con vinculación permanente: Francisco X. Candia Durán, María Fiuza Asorey, Uxía Garrido Filgueira, Rufino González Fernández, Uxío Otero Urtaza, Marta Poncet Souto, José Mario Vázquez Carballo. PDI sen vinculación permanente: Beatriz Crujeiras Pérez. PAS: Julia Galego Varela. Estudantes: Rubén Iglesias Seoane, Xaquín Lema Canosa, Julio J. Losada Romero. 4. Constitución das Comisións delegadas e outras comisións. 1) Comisión de docencia e validacións Vicedecana PDI: Uxía Garrido Filgueira, Rufino González Fernández, Rubén Navarro Patón, Marta Poncet Souto. Estudantes: Rubén Iglesias Seoane, Xaquín Lema Canosa, Julio J. Losada Romero. PAS: Ana Brao Viña. 2) Comisión de asuntos económicos e servizos Decano PDI: Pablo González Sequeiros, Rubén Navarro Patón, Uxío Otero Urtaza, Xosé Ramón Veiga Alonso. Estudantes: Roi Cuba Dorado, Miguel Ángel Fernández Río, Xaquín Lema Canosa.

Page 5: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

3) Comisión de normalización lingüística PDI: Francisco X. Candia Durán, Uxía Garrido Filgueira, Pablo González Sequeiros, Xosé Ramón Veiga Alonso. Estudante: Miguel Ángel Fernández Río. PAS: Julia Galego Varela. 4) Comisión de xénero PDI: Beatriz Crujeiras Pérez, Uxía Garrido Filgueira, Santiago López Gómez, Marta Poncet Souto. Estudante: Julio José Losada Romero. PAS: Julia Galego Varela. 5) Comisión de biblioteca Secretaria Directora da Biblioteca PDI: Paula López Rúa, Mª de los Ángeles López de la Calle Sampedro, Rubén Navarro Patón, Marta Poncet Souto, José Mario Vázquez Carballo, Xosé Ramón Veiga Alonso. Estudantes: Roi Cuba Dorado, Rubén Iglesias Seoane, Xaquín Lema Canosa. 6) Comisión do Prácticum e TFG (representación dos estudantes) Pendente 7) Comisión de Calidade (representación dos estudantes) Miguel Ángel Fernández Río. 8) Comisión do título de Grao en Mestre/a de Educación Infantil (representación dos estudantes) Miguel Ángel Fernández Río. 9) Comisión do título de Grao en Mestre/a de Educación Primaria (representación dos estudantes) Rubén Iglesias Seoane. 5. Aprobación, se procede, da Memoria de Calidade do curso 2014-2015.

Apróbase. 6. Aprobación, se procede, da Memoria do dobre Grao en Mestre/a de Educación

Infantil e Mestre/a de Educación Primaria. Apróbase. 7. Adhesión á solicitude do Premio Princesa de Asturias 2016, sección de Ciencias

Sociais, para as Escolas Infantís de Reggio Emilia. Apróbase. 8. Asuntos de trámite.

Apróbanse diversas modificacións do PDA 2014/15 (Prácticum, TFG e materia optativa “Educación emocional”). 9. Rogos e preguntas.

Intervencións relacionadas coa posibilidade de creación dun departamento propio do centro, recoñecemento da docencia e titorización do Prácticum e prohibición de fumar nas inmediacións da Facultade.

Page 6: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

XUNTA DE FACULTADE

Sesión ordinaria celebrada o 11 de abril de 2016

Resumo da Acta número 394

1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.

Apróbanse as actas nº 392 e 393, correspondentes ás sesións extraordinaria e

ordinaria, respectivamente, celebradas o 8 de marzo de 2016.

2. Informe do Decanato.

- Cesamento de Mª Concepción Felpeto Fernández, profesora interina de

substitución, área de Didáctica da matemática, por reincorporación da persoa

substituída, con efectos do 15 de marzo de 2016.

- Incorporación de Martázul Busto Núñez, profesora asociada, área de Filoloxía

francesa, con efectos do 7 de marzo de 2016.

- Incorporación de Carlos Emilio Reigosa Castro, profesor asociado, área de Didáctica

das ciencias experimentais, con efectos do 17 de marzo de 2016.

- Representantes dos estudantes na Comisión do Prácticum e TFG: Julio José Losada

Romero (Grao en Mestre/a de Educación Infantil) e Jorge Calvín López (Grao en

Mestre/a de Educación Primaria).

3. Aprobación, se procede, do Plan Docente Anual (PDA) correspondente ao curso

2016-2017.

Apróbase o PDI proposto pola Vicerreitoría de Organización Académica e PDI, coas

seguintes consideracións:

- Reiterar a solicitude de “desinclusión” das materias de formación básica

incluídas nos dous graos que oferta o centro.

- Manter os grupos expositivos e interactivos (de seminario ou laboratorio) que

figuran na proposta da Vicerreitoría, agás nos casos en que os Departamentos

responsables da docencia das materias solicitaron expresa e razoadamente

algo diferente: diminuír un grupo de docencia expositiva nas materias

G3131104 Teoría e institucións contemporáneas de educación infantil e

G3151103 Teoría e historia da educación escolar; diminuír un grupo interactivo

de laboratorio nas materias G3151223 Ensino e aprendizaxe de competencias

comunicativas (inglés), G3151225 Fundamentos da educación física e

G3151328 Música na educación primaria; aumentar un grupo interactivo de

seminario na materia G3151101 Socioloxía da educación; aumentar un grupo

interactivo de laboratorio na materia G3131207 Procesos de mellora e uso das

TIC.

Page 7: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

- Manter para todas as materias obrigatorias de primeiro curso 6 grupos de

titorías (12 no caso das incluídas). No caso das materias obrigatorias dos

restantes cursos adóptase o criterio de que, como norma xeral, o número dos

grupos de titoría sexa o dobre dos de docencia interactiva en cada materia.

- Polo que se refire ás materias optativas, fanse propostas diferentes en función

do número de estudantes de cada unha delas.

- Con respecto ás materias do Prácticum e Traballo Fin de Grao, efectúase a

distribución de horas tendo en conta o reparto real do presente curso

académico.

- Solicítase a reincoporación das materias optativas G3151451 Historia,

patrimonio e educación en Galicia e G3151454 Literatura, lectura e

creatividade.

4. Asuntos de trámite.

Concédese dispensa de asistencia a clase ás estudantes Mª Pilar Estar López (Curso

ponte do Grao en Mestre/a de Educación Primaria), Laura Freire Guzman (4º curso do

Grao en Mestre/a de Educación Infantil, temporal) e Mauro Burgos Lahuerta (1º curso

do Grao en Mestre/a de Educación Primaria, temporal).

5. Rogos e preguntas.

Non houbo.

Page 8: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

XUNTA DE FACULTADE

Sesión extraordinaria celebrada o 28 de abril de 2016

Resumo da Acta número 395

1. Aprobación, se procede, do procedemento alternativo de avaliación dos Traballos

Fin de Grao.

O artigo 6.7 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de

Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo

Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, establece que “na normativa de TFG

dos centros cunha elevada ratio de alumnos por profesor poderá recollerse outro tipo

de avaliación alternativa ou complementaria á do tribunal”. Por outra banda, a

Disposición final deste regulamento indica que “entrará en vigor no curso académico

2016/2017”, se ben o apartado 2 desta disposición permite que os artigos 6.4 e 6.7

sexan de aplicación xa no vixente curso académico 2015/2016, sempre que a

Vicerreitoría con competencias en titulacións o autorice previa solicitude do centro.

Acolléndose a esta excepcionalidade, perfectamente xustificada pola elevada

desproporción entre alumnado e profesorado (arredor de 180 estudantes

matriculados en 4º curso e só 33 docentes con dedicación a tempo completo neste

centro), a Xunta de Facultade, co informe favorable da Vicerreitoría de Oferta Docente

e Innovación Educativa, acorda avaliar os TFG nas dúas oportunidades do curso 2015-

2016 (xullo e setembro) consonte o seguinte procedemento:

1º. O TFG do alumnado que expresamente así o solicite será avaliado polo titor ou

titora do traballo, quen deberá documentar rigorosamente todas as fases do proceso

avaliador:

a) Convocatoria do acto de defensa pública dos TFG, na que se indique día e

hora, lugar e relación dos TFG que van ser defendidos.

b) Acta individual por cada alumno/a e traballo, na que conste o nome do

titor, o título do traballo defendido, a cualificación recibida e a data de

defensa. A acta estará asinada polo titor ou titora.

c) Esta documentación permanecerá custodiada na Secretaría da Facultade.

2º. A defensa do TFG realizarase de xeito presencial. Non obstante, para casos

excepcionais debidamente autorizados pola Comisión do Prácticum e TFG, poderá

realizarse a defensa a través de medios telemáticos, coas garantías que se determinen

na autorización.

3º. Para a defensa do TFG o alumnado disporá dun máximo de dez minutos e poderá

empregar os medios técnicos que considere oportunos. Logo, o titor ou titora disporá

Page 9: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

duns cinco minutos para efectuar as preguntas que entenda precisas, e o alumnado

disporá polo menos dun tempo equivalente para contestalas. No caso dos TFG

realizados en grupo, o tempo de exposición e defensa poderá aumentarse

proporcionalmente en función do número de membros do grupo.

4º. A cualificación máxima que poderá obterse por este procedemento é 7,5 (Notable).

A cualificación dos TFG farase pública nun prazo non superior ás vinte e catro horas

desde a súa defensa.

5º. O alumnado que obteña esta cualificación máxima poderá optar a ser avaliado

complementariamente a través da exposición e defensa pública do TFG diante dun

tribunal, consonte o establecido no Artigo 6 do Regulamento de matrícula, elaboración

e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de

Compostela. Neste caso, a cualificación do TFG outorgada polo tribunal será

totalmente independente da cualificación previamente outorgada polo titor ou titora

do traballo e prevalecerá sobre esta.

6º. Así mesmo, na circunstancia contemplada no parágrafo anterior, o informe

confidencial do titor ou titora sobre o seguimento e desenvolvemento do traballo

poderá ser o mesmo que o utilizado polo propio titor ou titora para a avaliación do

TFG. A este respecto, utlizarase unha serie de rúbricas referidas, entre outros aspectos,

a: asistencia ás reunións programadas co titor ou titora e seguimento das

recomendacións, presentación e elaboración do TFFG, e defensa oral do mesmo.

A Xunta de Facultade aproba este procedemento, así como o seguinte calendario para

a avaliación dos TFG nas oportunidades de xullo e setembro de 2016:

Oportunidade de xullo

27-29 xuño: compromiso de presentación do TFG na oportunidade de xullo e opción

de avaliación polo titor/a ou por un tribunal.

8 xullo (14:00 horas): data final para a entrega dos TFG (3 copias e CD) destinados a

seren avaliados por un tribunal.

12-15 xullo: avaliación a cargo dos titores e titoras. Cada titor ou titora establecerá

previamente a data final para a entrega dos TFG que vai avaliar. O TFG será entregado

no formato que o titor ou titora determine e, ademais, un CD.

18 xullo (14:00 horas): data final para a entrega dos TFG (3 copias e CD) que obtiveron

a máxima cualificación na avaliación a cargo do titor ou titora e que van ser avaliados

de novo por un tribunal.

20-22 xullo: avaliación a cargo dos tribunais.

Oportunidade de setembro

1-2 setembro: compromiso de presentación do TFG na oportunidade de setembro e

opción de avaliación polo titor/a ou por un tribunal

5 setembro (14:00 horas): data final para a entrega dos TFG (3 copias e CD) destinados

a seren avaliados por un tribunal

Page 10: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

8-13 setembro: avaliación a cargo dos titores e titoras. Cada titor ou titora establecerá

previamente a data final para a entrega dos TFG que vai avaliar. O TFG será entregado

no formato que o titor ou titora determine e, ademais, un CD.

15 setembro (14:00 horas): data final para a entrega dos TFG (3 copias e CD) que

obtiveron a máxima cualificación na avaliación a cargo do titor ou titora e que van ser

avaliados de novo por un tribunal.

19-21 setembro: avaliación a cargo dos tribunais.

2. Aprobación, se procede, de modificacións do PDA para o curso 2016-2017.

Apróbase unha modificación do PDA que afecta a materias da área de Didáctica da

expresión corporal.

Page 11: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

XUNTA DE FACULTADE

Sesión ordinaria celebrada o 6 de xullo de 2016

Resumo da Acta número 396

1. Aprobación, se procede, das actas das anteriores sesións.

Apróbanse as actas nº 394, correspondente á sesión ordinaria celebrada o 11 de abril

de 2016, e nº 395, correspondente á sesión extraordinaria celebrada o 28 de abril de

2016.

2. Informe do Decanato.

- Incorporación de Zeltia Martínez López, profesora interina de substitución, área de

Psicoloxía evolutiva e da educación, con efectos do 25/05/2016.

- Parabéns a Carmen Ares Vázquez, profesora do departamento de Filoloxía galega, pola

presentación e lectura da súa tese de doutoramento.

- Condolencias polo falecemento do pai de Carmen Fernández Arza, administrativa do

Departamento de Didáctica da lingua e a literatura e das ciencias sociais e membro do

persoal de administración e servizos adscrito a este centro.

- Acordos da Comisión de Xénero: accións de desenvolvemento do Plan Estratéxico de

Igualdade de Oportunidades (2014-2018) entre Mulleres e Homes da USC (aprobado

polo Consello de Goberno o 16 de decembro de 2013).

1) Solicitar ao Decanato que desenvolva a acción 4.8: “Convocatoria das reunións e a

súa finalización nun horario que facilite a conciliación da vida persoal, familiar e

laboral”. Debe procurarse que as reunións rematen antes das 18:00. Así mesmo, a

convocatoria deberá incluír unha hora prevista de remate de maneira que se

invaliden as decisións tomadas despois dese horario establecido.

2) Solicitar ao Decanato que desenvolva a acción 4.10: “Garantir que nas demandas

de cambio de grupo teña preferencia o alumnado que sexa responsable do

coidado de persoas dependentes”.

- A Memoria de Calidade 2014-2015 foi informada favorablemente pola Comisión de

Calidade delegada do Consello de Goberno na sesión que tivo lugar o día 13 de abril de

2016.

- Recoñecemento de actividades da Universidade de Verán 2016 para ser imputadas nos

estudos de Grao cunha equivalencia de 1 ou 2 créditos.

- Oferta Pública de Emprego do PDI 2016 (CG 03/05/2016):

1) 1 praza de Profesor Contratado Doutor (Didáctica e organización escolar),

convocatoria anulada 2012.

2) 1 praza de Profesor Contratado Doutor (Didáctica da lingua e a literatura),

estabilización por convenio colectivo do profesorado axudante doutor que

rematou en 2014.

Page 12: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

- Acordo de convocatoria de prazas e das comisións de selección correspondentes (CG

05/07/2016).

- Prazas xa convocadas e publicadas no DOG:

1) Profesor Axudante Doutor: Psicoloxía evolutiva e da educación, Didáctica da

expresión corporal, Didáctica e organización escolar.

2) Profesor Asociado: Didáctica da expresión plástica (P6), Didáctica da matemática

(P3), Didáctica e organización escolar (P6), Didáctica e organización escolar (P3),

Psicoloxía evolutiva e da educación (P3).

3) Profesor interino de substitución: Didáctica das ciencias sociais (P3).

3. Aprobación, se procede, dos horarios para o curso 2016-2017.

Apróbanse.

4. Aprobación, se procede, do calendario de exames para o curso 2016-2017.

Apróbase.

5. Aprobación, se procede, dos programas das materias para o curso 2016-2017.

Apróbanse, coa excepción do programa da materia G3131446/G3151447 Educación

ambiental e a súa didáctica, que debe modificar o apartado de avaliación para

adaptalo ao contemplado nas fichas da materia incluídas nas Memorias de verificación

dos títulos.

6. Asuntos de trámite.

Non houbo.

7. Rogos e preguntas.

- Intervención en relación cos actos de graduación celebrados o pasado mes de xuño. - Intervención en relación co reiterado incumprimento da prohibición de fumar en todo

o espazo situado fronte á fachada da Facultade.

Page 13: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 26 de setembro de 2016

Resumo da Acta número 397

1. Aprobación, se procede, da Normativa para a elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao (TFG) na Facultade de Formación do Profesorado.

Sométese a debate e aprobación, se procede, unha proposta de Normativa para a

elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao nesta Facultade. Esta proposta foi

previamente aprobada pola Comisión do Prácticum e TFG e trata de aplicar aos nosos

títulos de Grao o “Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin

de Grao en Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela”, aprobado polo

Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016. No caso de contar coa aprobación da

Xunta de Facultade, a normativa propia do centro deberá ser finalmente aprobada

polo Consello de Goberno da USC, previo informe da Asesoría Xurídica.

A Xunta de Facultade aproba a Normativa para a elaboración e defensa dos TFG que a

seguir se detalla.

Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación

Esta normativa ten por obxecto a adaptación do “Regulamento de matrícula, elaboración e

defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de

Compostela”, aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, aos Graos en

Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria que se imparten na

Facultade de Formación do Profesorado. A todos os asuntos non contemplados expresamente

nesta Normativa seralles de aplicación subsidiaria o disposto no devandito Regulamento.

Artigo 2.- Natureza do TFG.

2.1. O Traballo Fin de Grao forma parte dos respectivos plans de estudos das titulacións de

Graduado ou Graduada en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria

pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha carga lectiva de 9 ECTS en cada caso.

2.2. O TFG consistirá na elaboración por parte do ou da estudante dun proxecto, traballo,

memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades,

competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados na titulación. Incluirá,

como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración da información,

elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo.

2.3. Excepcionalmente, e previo informe razoado do titor ou titora e autorización da Comisión

do Prácticum e Traballo Fin de Grao, o TFG poderá adoptar un formato que non se axuste

Page 14: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

exactamente ao indicado no parágrafo anterior, sempre que permita mostrar de forma

integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título.

2.4. O TFG poderá ser elaborado de forma individual ou en grupo. Neste último caso o traballo

deberá contemplar unha clara delimitación de tarefas entre os membros do grupo, de xeito

que sexa perfectamente avaliable a participación de cada estudante no resultado global. O

título do traballo será único e a cualificación será individual para cada membro do grupo.

2.5. O TFG desenvolverase baixo a supervisión dun ou máis titores/as académicos/as.

Artigo 3.- Órganos encargados da xestión dos traballos.

3.1. O centro designará un/unha coordinador/a de TFG para cada un dos graos.

3.2. A Comisión do Prácticum e Traballo Fin de Grao é a encargada de atender ás cuestións

propias do desenvolvemento da materia “Traballo Fin de Grao”.

3.3. No que se refire aos TFG, as competencias da devandita comisión serán:

- Propoñer anualmente a guía docente na que se determinen as diferentes formas de

desenvolvemento, as modalidades de defensa admitidas en cada caso, os

instrumentos de seguimento e os criterios xerais de avaliación, establecendo a

porcentaxe de cualificación asignada ao desenvolvemento da memoria, exposición do

traballo, resposta a preguntas e outras características de avaliación fundamentais das

titulacións.

- Establecer a convocatoria anual de traballos nas tres oportunidades.

- Determinar os sistemas de titoría.

- Aprobar a proposta das liñas temáticas e temas, previa consulta aos departamentos

con docencia nos títulos.

- Establecer e publicar un procedemento para a asignación dos titores/as e os temas

que poderán desenvolverse na elaboración dos traballos.

- Decidir sobre a modificación de temas e/ou titor/a asignado derivada de situacións

excepcionais, previa consulta ao/s departamento/s afectado/s.

- Fixar as características dos traballos (extensión, formato, contido mínimo,…).

- Aprobar os tribunais de avaliación.

- Autorizar a presentación dos traballos en casos excepcionais.

- Propoñer os prazos de entrega dos traballos e informes de seguimento e as datas de

defensa dos traballos de acordo co calendario académico.

- Solucionar as incidencias graves relativas a esta materia.

- Calquera outra que a Xunta de Facultade lle encomende.

3.4. A Xunta de Facultade aprobará a guía docente e os períodos de entrega e defensa dos

TFG, que se publicarán xunto coa convocatoria oficial de exames de cada curso académico.

Artigo 4.- Convocatorias.

4.1. A Comisión do Prácticum e TFG aprobará as datas concretas de entrega e defensa dos TFG,

que estarán comprendidas dentro dos intervalos temporais que determine o calendario

académico.

Page 15: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

4.2. Os TFG entregados só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia

de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de grao,

salvo os correspondentes ao propio traballo. A Facultade verificará que se cumpren estes

requisitos para autorizar a súa defensa. Para estes efectos, no caso de que na data de defensa

aínda non se recepcionaran todas as actas de avaliación das materias, o/a secretario/a da

Facultade solicitará do profesorado encargado das mesmas que informe sobre as cualificacións

do alumnado que vaia defender os traballos na mesma convocatoria.

4.3. A Comisión do Prácticum e TFG, atendendo a criterios organizativos e de programación

docente, concretará as datas para a celebración das defensas dos traballos nos intervalos

temporais que determine o calendario académico.

Artigo 5.- Do/a titor/a docente, da súa asignación e da elección do tema do traballo.

5.1. Os TFG deberán ter un/unha titor/a que asista ás/aos estudantes na realización do

traballo. Por razóns xustificadas e previo acordo da Comisión do Prácticum e TFG, poderá

designarse outro/a titor/a, un/unha cotitor/a, ou excepcionalmente dous cotitores/as.

5.2. O/a titor/a será Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na

propia titulación. Procurarase, ademais, que o/a titor/a imparta docencia doutras materias na

mesma titulación.

5.3. Tras a correspondente comunicación por parte dos departamentos con docencia na

titulación, a Facultade publicará a listaxe de titores/as e temas dos traballos.

5.4. A asignación do PDI encargado de titorizar ás/aos estudantes farase en tempo e forma

segundo determine a Comisión do Prácticum e TFG, dependendo do período en que se

matricule o estudante e a convocatoria á que se vaia presentar.

5.5. O/a titor/a programará sesións de traballo coas/cos estudantes, nas que establecerá a

programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expoñer a cada

estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo

cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir o informe

preceptivo e confidencial sobre este seguimento no prazo que estableza a Facultade antes da

defensa do traballo e para os efectos de que se teña en conta para a avaliación establecida no

Artigo 6 desta normativa.

5.6. O informe de seguimento poderá ser todo o detallado que o titor ou titora considere

oportuno, e deberá incluír, como mínimo, información sobre: asistencia regular ás sesións

programadas, interese e implicación, e grao de cumprimento dos obxectivos programados. No

caso de TFG realizado en grupo, o/a titor/a deberá sinalar, para cada estudante implicado, e a

maiores das informacións xa indicadas, outras que atendan ao seu grao de compromiso co

traballo grupal e a súa capacidade de realizar achegas para o correcto desenvolvemento do

TFG.

Page 16: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

Artigo 6.- Avaliación do TFG.

6.1. A avaliación dos traballos realizarase a través da súa exposición e defensa pública diante

dun tribunal ou diante do/a titor/a do traballo. Os/as estudantes solicitarán expresamente ser

avaliados por un tribunal ou polo/a titor/a do seu traballo.

6.2. Os membros dos tribunais serán PDI da titulación. Os tribunais de avaliación

configuraranse da forma que estableza a Comisión do Prácticum e TFG, atendendo ao número

de alumnos/as que soliciten ser avaliados por un tribunal, á temática e ás modalidades dos

diferentes traballos.

6.3. Os tribunais estarán formados por tres membros e, polo menos, un suplente que

substituirá, de ser o caso, ao membro ausente. O/a titor/a non poderá formar parte do

tribunal avaliador, pero poderá ser convidado por este ás deliberacións, por acordo da maioría

dos seus membros, unha vez rematada a defensa do traballo por parte do/da estudante.

Procurarase que, polo menos, un dos membros do tribunal pertenza a unha área de

coñecemento afín ás liñas temáticas xerais dos traballos. A participación nos tribunais é

obrigatoria para as persoas nomeadas, agás causa de forza maior debidamente acreditada.

Poderá constituírse un tribunal único para a avaliación dos traballos da mesma convocatoria.

6.4. O tribunal estará formado por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a e un/unha

vogal. Utilizarase o criterio de categoría docente e antigüidade para nomear o/a presidente/a,

que será o de maior categoría e o máis antigo, e o/a secretario/a, que será o de menor

categoría e máis novo. O/a presidente/a e o/a secretario/a exercerán como tales en todas as

actuacións. Procurarase que a participación do PDI nos tribunais sexa equitativa entre o PDI da

titulación.

6.5. O tribunal emitirá a súa valoración definitiva despois de coñecer o informe do titor ou

titora.

6.6. En aplicación do disposto no Artigo 6.7 do Regulamento de matrícula, elaboración e

defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela,

o TFG do alumnado que expresamente así o solicite será avaliado polo titor ou titora do

traballo, quen deberá documentar rigorosamente todas as fases do proceso avaliador:

- Convocatoria do acto de defensa pública dos TFG, na que se indique día e hora, lugar e

relación dos TFG que van ser defendidos.

- Acta individual por cada alumno/a e traballo, na que conste o nome do titor, o título

do traballo defendido, a cualificación recibida e a data de defensa. A acta estará

asinada polo titor ou titora.

- Esta documentación permanecerá custodiada na Secretaría da Facultade.

Artigo 7.- Modalidades de defensa do TFG.

Page 17: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

7.1. Como norma xeral, a defensa pública dos traballos consistirá na súa exposición individual

ou en grupo ante o tribunal ou o/a titor/a, segundo a opción elixida polos/polas estudantes.

Non obstante, a Comisión do Prácticum e TGF poderá autorizar outras modalidades de defensa

dos TFG (formato congreso, exposición de pósteres, comunicacións, etc.), sempre que

previamente o alumno ou alumna interesada llo tivera solicitado por escrito e coa debida

antelación.

7.2. No caso de traballos protexidos por cláusulas de confidencialidade actuarase consonte o

disposto no Artigo 11 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de

Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela.

Artigo 8.- Entrega e defensa do TFG.

8.1. O alumnado deberá entregar o TFG seguindo o procedemento que acorde a Comisión do

Prácticum e TFG, que se publicará na páxina web da Facultade. Os requisitos formais

determinaranse na guía docente da materia.

8.2. A defensa do traballo ante o tribunal requirirá o informe previo e preceptivo do/a titor/a

ao que se fai referencia nos apartados 5.5, 5.6 e 6.5.

8.3. A defensa do TFG realizarase de xeito presencial, sexa diante do tribunal ou do titor ou

titora. Non obstante, para casos excepcionais debidamente autorizados pola Comisión do

Prácticum e TFG, poderá realizarse a defensa a través de medios telemáticos, coas garantías

que se determinen na autorización.

8.4. O alumnado que, unha vez entregado o traballo e verificadas as condicións para a súa

defensa, non se presente ao acto público de defensa do TFG na data sinalada, terá a

cualificación de suspenso nesa oportunidade.

8.5. A elaboración e defensa do traballo poderanse efectuar en calquera das linguas que se

utilizaron na impartición do grao conforme ao disposto na memoria de verificación do título.

8.6. Para a defensa do TFG ante o tribunal, o alumnado disporá dun máximo de quince

minutos e poderá empregar os medios técnicos que considere oportunos. Logo, os membros

do tribunal disporán tamén dun máximo de quince minutos para efectuar as preguntas que

entendan precisas, e o alumnado disporá así mesmo de quince minutos para contestalas. No

caso dos TFG realizados en grupo, o tempo de exposición e defensa poderá aumentarse

proporcionalmente en función do número de membros do grupo.

8.7. Para a defensa do TFG ante o/a titor/a, o alumnado disporá dun máximo de quince

minutos e poderá empregar os medios técnicos que considere oportunos. Logo, o titor ou

titora disporá duns cinco minutos para efectuar as preguntas que entenda precisas, e o

alumnado disporá polo menos dun tempo equivalente para contestalas. No caso dos TFG

realizados en grupo, o tempo de exposición e defensa poderá aumentarse proporcionalmente

en función do número de membros do grupo.

Artigo 9.- Cualificación e revisión do TFG.

9.1. A cualificación dos traballos realizarase conforme aos criterios establecidos na guía

docente da materia, que estarán vinculados á consecución das competencias da titulación e

das competencias transversais.

Page 18: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

9.2. Os tribunais deliberarán sobre a cualificación que lle corresponde conforme aos criterios

de avaliación publicados na guía docente e ao disposto na memoria de verificación do título,

outorgando a cualificación de acordo coa seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión

dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:

• Non Presentado (NP)

• 0 - 4,9: Suspenso (SS)

• 5,0 - 6,9: Aprobado (AP)

• 7,0 – 8,9: Notable (NT)

• 9,0 – 10: Sobresaliente (SB)

9.3. No caso de que os membros do tribunal non cheguen a un acordo sobre a cualificación, a

nota final será o resultado da media aritmética das tres cualificacións outorgadas polos

integrantes do tribunal.

9.4. No caso de avaliación a cargo do/a titor/a, a cualificación máxima que poderá obterse é de

7,5 (Notable).

9.5. As cualificacións, tanto as outorgadas polo titor ou titora como polos tribunais, deberán

expoñerse publicamente no taboleiro habilitado ao efecto.

9.6. O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal

efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de

revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos

resultados e incluirán como mínimo dúas datas opcionais. Para estes efectos o mes de agosto

será inhábil e non computará neste prazo.

9.7. A revisión será persoal. No caso de avaliación a cargo do tribunal, a revisión poderá

realizala un ou varios dos seus membros. En todo caso, deberá quedar constancia da

celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a

súa realización.

9.8. O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa

vixente relativa á avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de

cualificacións.

9.9. A mención de “Matrícula de Honra” poderá ser outorgada a estudantes que obteñan unha

cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder do 5% do alumnado

matriculado nesa materia no correspondente curso académico. Se o número de alumnas/os é

inferior a 20, poderase outorgar unha matrícula de honra. Esta mención só poderá outorgarse

unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. A

atribución desta mención corresponderalle á Comisión do Prácticum e TFG, oídas as propostas

dos tribunais e titores/as avaliadores.

Artigo 10.- Xestión das actas.

Para a xestión das actas seguirase o procedemento establecido no Artigo 10 do Regulamento

de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade

de Santiago de Compostela, tendo en conta a posibilidade de que o TFG poderá ser avaliado

tanto por un tribunal como polo/a titor/a, segundo elección do alumnado.

Page 19: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

Artigo 11.- Dereitos e deberes do alumnado.

Os dereitos e deberes do alumnado en relación co TFG son os recollidos nos artigos 12 e 13 do

Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na

Universidade de Santiago de Compostela.

Disposición final. Entrada en vigor.

1. A presente normativa entrará en vigor no curso académico 2016/2017, unha vez aprobada

polo Consello de Goberno da USC.

2. A presente normativa será interpretada en consonancia co resto de normas e

procedementos da Universidade de Santiago de Compostela vixentes, entre outras a

Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster, a Normativa de avaliación

do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, o Regulamento

da USC dos intercambios universitarios de estudantes, as Normas de Planificación

Académica Anual e o Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin

de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas cantas normas se opoñan a este acordo, en particular os Regulamentos

dos TFG dos Graos en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria

aprobados polo Consello de Goberno da USC o 26 de marzo de 2014.

Page 20: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

XUNTA DE FACULTADE

Sesión ordinaria celebrada o 22 de novembro de 2016

Resumo da Acta número 398

1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.

Apróbanse as actas nº 396 e 397, correspondentes, respectivamente, á sesión ordinaria celebrada o 6 de xullo de 2016 e á sesión extraordinaria celebrada o 26 de setembro de 2016. 2. Informe do Decanato.

- Xubilación de Pablo López Barrera (Física aplicada), con efectos do 31/08/2016; Carmen Varela Prado (directora da Biblioteca), con efectos do 15/11/2016; Estrella Senra Negro (persoal da empresa encargada da limpeza), con efectos do 18/10/2016.

- Cesamento de Fernando López-Azcárate Fernández (Didáctica e organización escolar), Alfonso Villares Barro (Didáctica e organización escolar) e Ana Isabel Álvarez Goyanes (Didáctica da expresión plástica) como profesorado asociado, con efectos do 31/08/2016; Ana Mª Rodríguez Núñez (persoal da Biblioteca), por reincorporación da persoa substituída.

- Incorporación de Martázul Busto Núñez, profesora asociada, área de Filoloxía francesa, con efectos do 7 de marzo de 2016.

- Incorporación de Patricia Mª Iglesias Souto, profesora axudante doutora, área de Psicoloxía evolutiva e da educación, con efectos do 28/10/2016; Joaquín Lago Ballesteros, profesor axudante doutor, área de Didáctica da expresión corporal, con efectos do 21/11/2016; Luís Blanco Rivadulla, persoal da Biblioteca.

- Parabéns ao profesorado que participou no IV Campus de Verán XuvenCiencia. - Condolencias polo falecemento da nai de José Castro Vivero (persoal de

Conserxería) e do pai do prof. Santiago López Gómez. - A ACSUG emitiu informes finais de avaliación para a renovación da acreditación das

titulacións de Graduado en Mestre de Educación Infantil e Graduado en Mestre de Educación Primaria, así como do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, en termos FAVORABLE.

- Peche da matrícula 2016-17: � 2º prazo: Grao en Mestre/a de Educación Infantil (6,030) e Dobre grao (9,736) � 3º prazo: Grao en Mestre/a de Educación Primaria (6,250) � Estudantes matriculados en 1º Grao Mestre/a Educación Infantil (2ª ed): 83 � Estudantes matriculados en 1º Grao Mestre/a Educación Primaria (2ª ed): 99 � Total estudantes Grao en Mestre/a Educación Infantil: 364 � Total estudantes Grao en Mestre/a Educación Primaria: 402 � Dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria: 11

Page 21: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

� Estudantes matriculados no Máster en Profesorado de Educación Secundaria (Ciencias Experimentais): 24

� Estudantes matriculados no Máster en Profesorado de Educación Secundaria (Formación Profesional: Sector Primario e Secundario): 22

� Estudantes matriculados no Máster en Profesorado de Educación Secundaria (Linguas estranxeiras): 22

� Estudantes matriculados no Máster DAEN: 31 - Convocatoria de eleccións de representantes do estudantado de grao e máster nas Xuntas

de Centro. O procedemento electoral será de votación electrónica, que terá lugar o día 7 de febreiro de 2017 desde as 9:00 ata as 19:00 horas.

- Peche do exercicio económico 2016. - Informe favorable á proposta de regulamentos de TFG dos Graos en Mestre/a de

Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria.

3. Adscrición de materias ás áreas de coñecemento.

Apróbase a seguinte adscrición de materias a áreas de coñecemento: - G3131330 Educación estética: 193 Didáctica da expresión plástica (3), 195 Didáctica

da lingua e a literatura (3), 805 Teoría e historia da educación (3), 215 Didáctica e organización escolar (2), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (-).

- G3131331 Literatura e arte: 193 Didáctica da expresión plástica (3), 195 Didáctica da lingua e a literatura (3), 360 Filoloxía románica (1).

- G3131463 O debuxo como medio: 193 Didáctica da expresión plástica (3). - G3131464 Proxectos artísticos: 193 Didáctica da expresión plástica (3). - G3151330 A calidade nos centros escolares: 215 Didáctica e organización escolar (3),

805 Teoría e historia da educación (3), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (2).

- G3151331 Dirección de centros escolares: 215 Didáctica e organización escolar (3), 805 Teoría e historia da educación (3), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (2).

- G3151490 A convivencia nos centros escolares: 215 Didáctica e organización escolar (3), 805 Teoría e historia da educación (3), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (2).

- G3151491 A participación nos centros escolares: 215 Didáctica e organización escolar (3), 805 Teoría e historia da educación (3), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (2).

4. Asuntos de trámite.

Autorízase a realización dun exame fin de carreira da materia G3131423 Aprendizaxe das ciencias da natureza, o día 26 de xaneiro de 2017, de 12:00 a 14:00 h., no despacho 107. Concédese dispensa de asistencia a clase aos estudantes que a seguir se relacionan: - Cursos ponte: Ana Antelo Canoura, Laura Blanco Varela, Fernando María Casanova

Santos, Lorena Conde Vázquez, Pablo Corveiras Otero, Inés Díaz Campo, Mª Pilar Estar López, Inmaculada García Lombardía, Susana González Arias, Susana Lestón Mayo, José Manuel López Barrio, Patricia López Buján, Consuelo Pilar López Fernández, Rebeca López Losada, Bibiana Maquieira Ucha, Andrea Otero Arias, Luis

Page 22: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

Fernando Pérez Méndez, Mª Rosa Queiro Pérez, Alberto Rego Sieira, Gemma Souto López, Sonia Uzquiano Díaz, Cristina Vázquez Vázquez, Beatriz Vieites Casas.

- Grao en Mestre/a de Educación Infantil: Yesica Otero Montes (2º), Ana Santos Veiga (2º), Rosa Mª Fernández Eijo (4º).

- Grao en Mestre/a de Educación Primaria: Raquel Joga Gómez (1º-2º-3º). Denégase a concesión de dispensa de asistencia a clase aos seguintes estudantes: Rebeca Blas Pena, Sheila María Castro Agrelo, Ana María Delgado López, Lucía Seijas Vázquez. 5. Rogos e preguntas.

Intervencións solicitando que a presidencia da sesión impida debater asuntos que non figuran na orde do día das Xuntas de Facultade; expresando o desacordo co sistema adoptado para a concesión de matrículas de honra nas materias do Prácticum, e solicitando a elaboración inmediata dun novo Plan Xeral do Prácticum.

Page 23: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

XUNTA DE FACULTADE

Sesión ordinaria celebrada o 19 de decembro de 2016 Resumo da Acta número 399

1. Aprobación, se procede, da acta das sesión anterior. Apróbase a acta nº 398, correspondente á sesión ordinaria celebrada o 22 de novembro de 2016, cunha modificación de acordo co escrito do prof. Otero Urtaza e deixando constancia do expresado polo prof. Silvosa Costa (7 votos a favor, 3 en contra e 5 abstencións). 2. Informe do Decanato.

- Incorporación de Francisco José Armas Quintá, profesor interino de substitución, con dedicación a tempo parcial P3, área de Didáctica das ciencias sociais, con efectos do 28/11/2016.

- Iniciativas solicitando a derrogación do Real Decreto 415/2015, de 29 de maio, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios, así como a anulación dos novos criterios de acreditación impostos pola ANECA.

- Consello de Goberno do 16 de decembro: 1) Aprobación da proposta de orzamento para o exercicio 2017

• Previsións sobre prazas de profesorado: estabilización en prazas novas de contratado doutor dos últimos 4 investigadores cos que existe compromiso de estabilización; 8 prazas novas de profesor axudante doutor; 2 prazas de consolidación de profesor axudante doutor noutras de contratado doutor; 6 prazas de consolidación de profesor interino en prazas de contratado doutor; 10 prazas de promoción de profesor contratado doutor a titular de universidade; 10 prazas de promoción de profesor titular a catedrático.

• Crédito Facultade de Formación do Profesorado: capítulo II, 34.736,00; capítulo VI, 8.129,00.

• Obra RAM Facultade de Formación do Profesorado: urbanización completa do aparcadoiro, mantendo os xardíns, 210.000,00 (non prioritaria); só pavimentación de asfalto en quente, mantendo os xardíns, 19.000,00 (non prioritaria); falso teito e luminarias nas aulas 22B e 24B, 5.100,00 euros (non prioritaria); substitución de queimador da caldeira nº 2, 2.030,00 (prioritaria); desatranco de radiadores, 3.000,00 euros (prioritaria); inspección técnica do tanque de gasóleo, incluído residuos, 2.500,00 (prioritaria).

Page 24: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

2) Aprobación dos criterios e calendario para as novas propostas e modificacións de titulacións de grao e máster para o curso 2018/2019: antes do 20 de xaneiro, declaración de intencións de presentación da modificación, aprobada pola Xunta de Facultade; antes do 28 de abril, presentación da proposta de modificación; antes do 13 de xuño, envío da memoria definitiva á Vicerreitoría.

- O BOE de 19/12/2016 publicou as resolucións rectorais sobre as modificacións dos plans de estudos do Máster DAEN e dos graos en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria do ano 2014.

- Anomalías na redacción das fichas das materias optativas da mención en Dirección e xestión de centros: os contidos das materias “La participación en los centros escolares” e “La convivencia en los centros escolares”, tal como aparecen na Memoria de verificación do título, son idénticos. En realidade, eses contidos son os correspondentes á materia “La participación en los centros escolares”. Os contidos correctos da materia “La convivencia en los centros escolares” son os que aparecen na ficha da materia “La calidad en los centros escolares”. Os contidos desta última materia son: Gestión de la calidad educativa; La institucionalización de las evaluaciones externas; Diseño de propuestas de mejora y proyectos de innovación; Calidad y proyectos estratégicos. Advertido o erro, o persoal de xestión púxese en contacto inmediatamente co Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica coa finalidade de que, dado que se trata dun erro material, se puidese facer unha corrección de oficio na Memoria. A resposta do Servizo foi que esa corrección de oficio non é posible ata que se abra un novo proceso de modificación do título, de maneira que o procedente agora é deixar constancia desta incidencia no próximo informe anual de seguimento do título.

- Polo que se refire á protesta expresada na anterior Xunta de Facultade, en relación coa suposta non anexión dun escrito á acta número 395 da Xunta de Facultade celebrada o 28 de abril de 2016, a Secretaria explica detallada e documentalmente que tal escrito foi debidamente anexado no seu momento.

3. Informe sobre avaliación de méritos docentes. Acórdase conceder informe favorable ás solicitudes presentadas por: Josefa del Carmen Fernández de la Iglesia, María Isabel Fernández López, Francisco Javier Garbayo Montalbes, Ignacio García González, Miguel González Pereira, Pablo César Muñoz Carril, Pablo Ramil Rego e Mª Carmen Sarceda Gorgoso. Aórdase, así mesmo, autorizar á Secretaria a certificar favorablemente peticións que cheguen nos próximos días, sempre que non exista constancia de incumprimento das obrigas docentes por parte deses solicitantes. 4. Asuntos de trámite. Non houbo. 5. Rogos e preguntas. Intervencións en relación co convite a todo o profesorado a participar na Xunta de Facultade; co envío das actas das sesións da Xunta de Facultade por medios

Page 25: XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 8 ......XUNTA DE FACULTADE Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016 Resumo da Acta número 393 1. Aprobación, se procede,

electrónicos aos membros da Xunta antes da súa aprobación, conforme ao establecido no artigo 18.2 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público; con decisións supostamente irregulares adoptadas pola Comisión de Prácticum e Traballo Fin de Grao sobre o procedemento para a concesión das matrículas de honra. Tamén se presentan dúas preguntas dirixidas ao Decano para que sexan respondidas por escrito.