4
fundamental para o coñecemento do noso acervo folclórico. http://www.fundacionbarrie.org/cancioneiro/ Foron cinco anos de traballo arreo por aldeas, montes e corredoiras, que non remataron coa publicación dos materiais, senón que crearon un vínculo permanente da musicóloga con Galicia. Algunhas das persoas que lle serviron de informantes seguen mantendo a relación con ela. Os fondos orixinais chegan ao Mu- seo do Pobo Galego, doados pola Dra. Schubarth para a súa incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identida- de. Durante as dúas últimas semanas, a Dra. Schubarth veu traballando en es- treita colaboración con Concha Losada, patroa da institución e coordinadora do APOI, para integrar no arquivo os rexis- tros en cinta magnética e mais o material musical e textual asociado. As gravacións orixinais serán integra- mente dixitalizadas e incorporaranse ao Todos os apartados temáticos nos que se divide a colección víronse incremen- tados. Sen dúbida o que máis medrou foi a sección dos oficios tradicionais, coa incorporación de obradoiros comple- tos como o do carpinteiro de Francisco Cerviño da Estrada, a cerería de Celso Rodríguez de Outomuro, as máquinas e ferramentas de prateiro da Joyería- Relojería Augusto Otero de Santiago e o obradoiro da tecedeira Erundina Ri- veira, depositado pola súa sobriña Olga arquivo, onde poderán ser consultadas e estudadas por outros especialistas. Unha parte destes materiais, que non foron editados no seu día pola Funda- ción Barrié, será analizada e publicada na rede para facela accesible ao publico a través do portal www.apoi-mpg.org Matalobos. A colección de indumentaria tivo tamén importantes e interesantes achegas, como os conxuntos de roupa de Miguel García Barreiro, Obdulia Mata Bonome, Mª Xesús Sánchez Peteiro, Antía Cal Vázquez, Mª Dolores García Rodríguez, Manuela Mato Loureiro e a Familia Vilariño Pintos. A estes hai que sumar a colección recollida por Roberto Reigosa Méndez pola zona do Valadou- ro e a roupa de Ángel Rial Rei perten- cente á súa familia. decembro 4/2014 P.D. tel. 981 583 620 fax 981 554 840 www.museodopobo.gal correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño Secretario: Manuel Vilar Álvarez Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe Edición: Nieves Ozores Doazón do arquivo de Dorothé Schubarth O catálogo de fondos acada os 12.000 rexistros O 27 de novembro tivo lugar a sinatu- ra da acta de doazón do que, a partir dese acto, pasa a denominarse Arquivo sonoro do Cancioneiro popular galego Schubarth/Santamarina. Os asinantes son Dorothé Schubarth, Antón Santa- marina e, por parte do Museo, o direc- tor, Carlos García Martínez. No ano 1978, a musicóloga suíza Do- rothé Schubarth chega a Galicia para estudar a nosa música popular. Para o seu traballo contou coa colaboración de Antón Santamarina, doutor en Filoloxía e catedrático da Universidade de San- tiago, que participou directamente na transcrición e análise dos textos. Coa parte máis substancial dos materiais recollidos no labor de campo a Funda- ción Barrié inicia en 1984 a publicación en sete volumes, baixo o título Cancio- neiro popular galego. Esta obra, que se axusta a un sistema de clasificación e estudo etnomusicolóxico inédito daque- la por estas terras, constitúe un corpus En 2009 dábamos conta nestas Páxinas Informativas do rexistro 10mil da colec- ción do MPG. Dende entón a colección seguiu medrando, incrementando o nú- mero de ingresos, o que fai que a día de hoxe e tan só cinco anos despois alcancemos xa o rexistro 12mil. Este incremento é froito da colaboración de moitísimas persoas que de forma desin- teresada cederon as súas pezas para o Museo, pois o 99% dos ingresos foron en concepto de doazón ou de depósito. Dorothé Schubarth asina a acta de entrega, xunto a Antón Santamarina e o director do Museo decembro 1

xunto a Antón Santamarina e o director do Museo · e presentación do nº 8 da revista adra O día 29 de novembro as socias e socios do Museo realizaron unha xeira polas te-rras

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: xunto a Antón Santamarina e o director do Museo · e presentación do nº 8 da revista adra O día 29 de novembro as socias e socios do Museo realizaron unha xeira polas te-rras

fundamental para o coñecemento do noso acervo folclórico. http://www.fundacionbarrie.org/cancioneiro/

Foron cinco anos de traballo arreo por aldeas, montes e corredoiras, que non remataron coa publicación dos materiais, senón que crearon un vínculo permanente da musicóloga con Galicia. Algunhas das persoas que lle serviron de informantes seguen mantendo a relación con ela.

Os fondos orixinais chegan ao Mu-seo do Pobo Galego, doados pola Dra. Schubarth para a súa incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identida-de. Durante as dúas últimas semanas, a Dra. Schubarth veu traballando en es-treita colaboración con Concha Losada, patroa da institución e coordinadora do APOI, para integrar no arquivo os rexis-tros en cinta magnética e mais o material musical e textual asociado.

As gravacións orixinais serán integra-mente dixitalizadas e incorporaranse ao

Todos os apartados temáticos nos que se divide a colección víronse incremen-tados. Sen dúbida o que máis medrou foi a sección dos ofi cios tradicionais, coa incorporación de obradoiros comple-tos como o do carpinteiro de Francisco Cerviño da Estrada, a cerería de Celso Rodríguez de Outomuro, as máquinas e ferramentas de prateiro da Joyería-Relojería Augusto Otero de Santiago e o obradoiro da tecedeira Erundina Ri-veira, depositado pola súa sobriña Olga

arquivo, onde poderán ser consultadas e estudadas por outros especialistas. Unha parte destes materiais, que non foron editados no seu día pola Funda-ción Barrié, será analizada e publicada na rede para facela accesible ao publico a través do portal www.apoi-mpg.org

Matalobos. A colección de indumentaria tivo tamén importantes e interesantes achegas, como os conxuntos de roupa de Miguel García Barreiro, Obdulia Mata Bonome, Mª Xesús Sánchez Peteiro, Antía Cal Vázquez, Mª Dolores García Rodríguez, Manuela Mato Loureiro e a Familia Vilariño Pintos. A estes hai que sumar a colección recollida por Roberto Reigosa Méndez pola zona do Valadou-ro e a roupa de Ángel Rial Rei perten-cente á súa familia.

decembro 4/2014

P.D.

tel. 981 583 620 ■ fax 981 554 840 ■ www.museodopobo.gal ■ correo electrónico: [email protected]: carlos García Martínez ■ subdirectora: María-xosé Fernández cerviño ■ secretario: Manuel Vilar ÁlvarezRedacción: David conde lourido, ana estévez lavandeira, Rosa Méndez García, belén sáenz-chas Díazadministración: xulia Vázquez Randulfe ■ edición: nieves ozores

Doazón do arquivo de Dorothé schubarth

o catálogo de fondos acada os 12.000 rexistros

O 27 de novembro tivo lugar a sinatu-ra da acta de doazón do que, a partir dese acto, pasa a denominarse Arquivo sonoro do Cancioneiro popular galego Schubarth/Santamarina. Os asinantes son Dorothé Schubarth, Antón Santa-marina e, por parte do Museo, o direc-tor, Carlos García Martínez.

No ano 1978, a musicóloga suíza Do-rothé Schubarth chega a Galicia para estudar a nosa música popular. Para o seu traballo contou coa colaboración de Antón Santamarina, doutor en Filoloxía e catedrático da Universidade de San-tiago, que participou directamente na transcrición e análise dos textos. Coa parte máis substancial dos materiais recollidos no labor de campo a Funda-ción Barrié inicia en 1984 a publicación en sete volumes, baixo o título Cancio-neiro popular galego. Esta obra, que se axusta a un sistema de clasifi cación e estudo etnomusicolóxico inédito daque-la por estas terras, constitúe un corpus

En 2009 dábamos conta nestas Páxinas Informativas do rexistro 10mil da colec-ción do MPG. Dende entón a colección seguiu medrando, incrementando o nú-mero de ingresos, o que fai que a día de hoxe e tan só cinco anos despois alcancemos xa o rexistro 12mil. Este incremento é froito da colaboración de moitísimas persoas que de forma desin-teresada cederon as súas pezas para o Museo, pois o 99% dos ingresos foron en concepto de doazón ou de depósito.

Dorothé Schubarth asina a acta de entrega, xunto a Antón Santamarina e o director do Museo

decembro 1

Page 2: xunto a Antón Santamarina e o director do Museo · e presentación do nº 8 da revista adra O día 29 de novembro as socias e socios do Museo realizaron unha xeira polas te-rras

decembro 2

Todas as pezas van adornadas con bor-dados florais e finísimas puntillas de en-caixe de Camariñas. Este conxunto, feito por encarga a finais da década dos anos 40 do século XX, é doazón de Mª Josefa Cacheiro Gallego e pertencera aos seus pais, cuxas inicias CG aparecen en todas e cada unha das pezas que o conforman. En excelente estado de conservación, esta peza constitúe un magnífico exem-plo do laborioso e minucioso traballo de bordadoras e palilleiras.

Cuantiosas son as doazóns de Fernan-do Acuña Castroviejo con numerosas moedas, medallas, escapularios e ou-tros obxectos relixiosos, e a de José García Santamarina, co material proce-dente da casa do doutor José Daporta e a súa dona, a concertista Rosa López Comunión.

A peza 12.000 é un mantel de fío de gran-des dimensións acompañado de 24 pa-nos da mesa, 12 grandes e 12 pequenos.

actividades

>> Barriga Verde Asociación Morreu o Demo, Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, Concello de Pontevedra e Museo do Pobo Galego

Ata o 11 de xaneiro de 2014

Desde hai séculos e ata hai relativamente pouco tempo moitos artistas percorrían, levando os seus espectáculos, as feiras e romarías, os camiños, as aldeas e as vilas de Galicia, ás veces de taberna en taberna. Familias de titiriteiros, acróbatas, cómicos, marionetistas,… transmitían os segredos da profesión e enchían de ilusión os ros-tros das xentes que buscaban contemplar as trasnadas dos heroes cómicos, o teatro de marionetas, números de acrobacia e de-mais espectáculos.Un dos últimos representantes desta tradi-ción foi Barriga Verde, boneco e marionetis-ta ao mesmo tempo, que amenizou moitas feiras de San Froilán e a quen a Asociación “Morreu o Demo” pretende sacar do esque-cemento mediante esta mostra.As feiras e romarías eran o espazo de in-tercambio económico máis importante na sociedade tradicional, espazos nos que gañaban a vida xentes chegadas de lonxe

ofertando as súas artes e milagres. Así ta-mén nace o “heroe galego” a comezos do século XX, herdeiro do Pulcinella napolita-no e a súa estirpe e popularizado en Galicia a través da familia Silvent, co seu “Barriga Verde”. Cun saco de bonecos ao lombo e unha saba pendurada en calquera lado

exposicións

para facer de escenario, percorreron case todos os recunchos de Galicia.A mostra conta cunha serie de actividades paralelas, como a proxección do documental “Morreu o demo, acabouse a peseta”, obra-doiros de monicreques para familias ou vi-sitas teatralizadas para escolares de infantil.

>> convocatoria: Entre amigos 2015Para maio de 2015 a Oficina de Socios e Socias prepara unha nova edición da exposición bienal de fotografía etnográfi-ca Entre amigos. Ide poñendo a punto as vosas cámaras.

As obras deberán ser enviadas ao Museo ata o 31 de marzo de 2015. As series, que poderán constar de entre 4 e 10 imaxes, en branco e negro ou cor, terán que ter un formato papel de 20 x 30 ou 30 x 40 cm e haberán vir acompañadas dun texto (unha páxina DIN A4) que faga constar a

autoría, lugar e data da reportaxe, título da serie e unha breve análise ou descrición da mesma.Para todo o relacionado coa mostra po-dedes poñervos en contacto coas per-soas organizadoras a través da conta de correo [email protected]

>> congreso internacional sobre os Reis Magos

A comezos de ano recibimos unha invitación para participar nun con-greso internacional sobre os Reis

Magos. Desde o Instituto de Estudos das Identidades encargóuselle a Luís Costa Vázquez-Mariño e a Manuel Vilar a elaboración dunha comunica-ción, que se presentou baixo o título “Three Kings in Galicia”. O congreso

celebrouse o 23 de outubro na cida-de holandesa de Tilburg, organizado polo Nederlands Centrum voor Volk-scultuur en Immaterieel Erfgoed e no que participaron especialistas de Ho-landa, Bélxica e Alemaña.

Alfonso Silvent, entre Comba Campoy e o presidente do Padroado do MPG

Page 3: xunto a Antón Santamarina e o director do Museo · e presentación do nº 8 da revista adra O día 29 de novembro as socias e socios do Museo realizaron unha xeira polas te-rras

decembro 3

Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico

O día 25 de novembro presentouse no Museo o libro que recolle os resultados dos foros convocados polo Instituto de Estudos das Identidades, durante 2012 e 2013, sobre natalidade e vellez en Galicia. Estes foros desenvolvéronse nas princi-pais cidades de Galicia, coa intervención de numerosos profesionais e persoeiros de distintos eidos e colectivos.

A obra compleméntase cos ensaios de diferentes autores, especialistas en etnografía, economía, demografía, so-cioloxía e politoloxía, así como coas reflexións e achegas de representantes das forzas políticas e sociais máis so-branceiras do país, e doutros académi-cos e profesionais da ciencia, o xorna-lismo, a cultura, a arte e a empresa.

Con este traballo preténdese convidar á sociedade galega a matinar no seu futuro e a actuar diante do grave desa-fío vital que representa a súa baixa fe-cundidade dende hai trinta anos –unha das tres máis baixas de Europa– e o seu

correlativo avellentamento. Desafío nos ámbitos económicos, sociais e cultu-rais para un país cunha incuestionable personalidade de seu, pero cunha po-boación que vén esmorecendo sen freo.

Este libro caracterízase pola súa pluralida-de. Pluralidade de opinións, sensibilida-des e enfoques, mais tamén pluralidade na análise das causas deste problema e das súas posibles solucións. Pero plura-lidade cun ánimo e obxectivo comúns: o amor por Galicia, polo seu pobo e por albiscar unha esperanza demográfica, lonxe do fatalismo e a pasividade.

Temos o desexo de que este sexa un li-bro para incitar á reflexión e ao debate aberto entre os cidadáns. E para que o libro estea en todas as librarías do país, o Museo do Pobo Galego contou coa colaboración de Edicións Xerais de Ga-licia, como esperamos ha chegar tamén ás bibliotecas e ás institucións. Unha obra que sirva para que, dentro dunha xeración, os novos galegos comproben que na Galicia de hoxe houbo quen se preocupou polo seu futuro. Un futuro que, certamente, tamén deberá acubi-llar aos que daquela vivamos nel.

O prezo de venda ao público é de 18 euros, 16 euros para as socias e socios do Museo.

publicacións>>

>> Xeira das socias e socios e presentación do nº 8 da revista adra

O día 29 de novembro as socias e socios do Museo realizaron unha xeira polas te-rras do Covelo. O itinerario, ben cumpri-do e na compaña dun guía local, incluíu unha andaina polo conxunto etnográfico da Portela das Travesas; paseo por Fofe e

xantar; percorrido pola aldea de Paraños e paseo ata o Lagar da Cera, e visita ao FAVUM.

Como remate da xornada, tivo lugar a pre-sentación do número 8 da revista Adra, anuario das socias e socios do MPG. Os números da revista están accesibles na páxina www.museodopobo.gal, na pestana Documentos.

Parabéns

Felicitamos cordialmente ao patrón Xosé María Lema Suárez pola concesión do Premio da Crítica Galicia 2014 na súa mo-dalidade de creación literaria, pola súa ex-celente novela Costa do Solpor.

Felicidades tamén ao patrón Clodio Gon-zález Pérez polo seu nomeamento como Confrade de Honra da Confraría de Ma-reantes San Miguel de Marín.

A Belén Sáenz-Chas, encargada da área de conservación, polo premio Trembadoiro á traxectoria profesional a favor da cultura galega, outorgado pola Asociación Cultural Tamparrantán de Santo André de Vea.

noVas con noMe pRopio>>

O socio Andrés Torres Queiruga obtivo o Premio San Martiño de Normalización Lin-güística a toda unha vida, outorgado pola Asociación Cultural O Brado da Estrada.

Tamén damos os parabéns ao Grupo Mar-celo Macías pola concesión do Premio da Cultura Galega 2014 na modalidade de Patrimonio Cultural. A asociación de ami-gos e colaboradores do Museo Arqueoló-xico Provincial de Ourense, que preside o patrón Francisco Fariña Busto, mantén co noso Museo unha relación fraternal.

A Asociación de Juristas Gallegos en Madrid entregou ao patrón Francisco

Puy Muñoz o premio Iurisgama, que distingue como membros de honor da Asociación ilustres personalidades do mundo do Dereito.

E unha felicitación especial para o grupo Chévere, socio do Museo, polo Premio Nacional de Teatro 2014 en recoñecemen-to a unha traxectoria creativa baseada no traballo colectivo en nunha visión trans-gresora das artes escénicas. Parabéns a Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Manuel Cortés e demais membros do equipo.

Page 4: xunto a Antón Santamarina e o director do Museo · e presentación do nº 8 da revista adra O día 29 de novembro as socias e socios do Museo realizaron unha xeira polas te-rras

decembro 4

>>

>>

Voluntariado

O programa de voluntariado está a dar froi-tos moi estimables. Ás primeiras volunta-rias rexistradas, María Castro Calvo e María Tilve Costas, viñéronse sumar Queca Ca-cheiro Gallego e Ana Mateos Vara. Todas elas colaboran nos labores de biblioteca e arquivo baixo a dirección da responsable do departamento, Rosa Méndez, e mais da patroa Mariví Pardo Gómez.

Estas colaboracións axudan grandemente na clasifi cación e ordenación dos fondos, xa que temos novas achegas constantemente.

Carmen López Beiras, colabora coa pa-troa Mercedes Rozas no comisariado da exposición de Roberto González del Blan-co, que se inaugurará a comezos de 2015.

Sería de desexar que esta colaboración voluntaria se estendera tamén ao labor de inventario e catalogación de fondos, que leva Belén Sáenz-Chas, e aos traballos do APOI, que dirixe, arestora en solitario, a patroa Concha Losada.

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego Colabora:San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.gal · correo-e: [email protected]

espaZo Dos paTRocinaDoRes e socios pRoTecToRes

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) é a organización representativa do cooperativismo agrario da Comunidade Autónoma de Galicia; representativa das propias cooperativas e de toda a súa problemática económica, empresarial e social, así como dos socios cooperativistas na súa dimensión humana e profesional. As cooperativas socias de AGACA abranguen os sectores máis diversos da agricultura e gandería: vacún de leite e carne, horta e fl or, porcino, vitivinícola, caprino, helicicultura, cunicultura, crédito, apicultura, subministros e ratínidos.http://www.agaca.coop/gl/index.asp

Temos a satisfacción de dar a benvida a tres novos socios protectores, cos que pechamos moi favorablemente o balance de colaboracións fi nanceiras neste ano 2014.

A Fundación Feiraco é unha entidade vinculada á cooperativa de gandeiros fundada en 1968. Para desenvolver os valores fundacionais e estratéxicos da cooperativa, comprometida co desenvolvemento de Galicia, creouse a Fundación Feiraco, cos obxectivos de informar e sensibilizar o conxunto da sociedade sobre o valor da economía social, así como promover a súa plena implantación e desenvolvemento e asesorar a emprendedores e empresas sobre iniciativas innovadoras.http://feiraco.es/gl/

Escenoset é unha empresa dedicada á arquitectura efémera, con máis de vinte anos de experiencia en deseño e realización de instalacións para feiras, montaxe de exposicións, escenografías e decorados para o mundo do espectáculo. A frecuente colaboración co Museo en diversas actividades vén de se materializar na súa vinculación como socio protector.http://www.escenoset.es/index.php

PATROCINADORESEngasa Energía de Galicia S.A.Fundación La RosaledaAluminios Cortizo S.A.

SOCIOS PROTECTORESEduardo Beiras García-MartíFundación Rodríguez IglesiasI.X.P. Ternera GallegaO 16 Casa de XantarProgando S.L.

Restaurante María CastañaRestaurante La Bodeguilla de San RoqueCoop. Agraria Provincial da CoruñaR Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.Vitivinícola do Ribeiro – Viña CosteiraMadeiras Ornanda

J.J. ChicolinoGadisa RetailFundación Juana de VegaAgacaFundación FeiracoEscenoset

As persoas, socias e socios ou non, inte-resadas neste programa de voluntariado pódense poñer en contacto connosco a

través das canles habituais, correo elec-trónico ou teléfono.