1915
En 1915...
Albert Einstein formula a Teoría Xeral da Relatividade.
Publícase A Metamorfose de Franz Kafka.
En Michigan (EEUU) colocan o primeiro sinal de STOP.
Un sismo provoca máis de trinta mil mortos en Avezzano, na provincia italiana de L'Aquila (13 de xaneiro).
Fúndase nos EEUU o “National Advisory Committee for Aeronautics”, antecedente da NASA.
Dinamarca (que na altura comprendía tamén as Illas Faroe e Islandia) adopta o sufraxio feminino.
O mundo segue sacudido pola “Gran Guerra” (1914-1918). O 7 de maio un submarino alemán afunde o “Lusitania”. Prosegue tamén a Revolución Mexicana (década dos 10).
En España reina Alfonso XIII (entre 1902 e 1931). O xefe de goberno este ano (e dende 1913) é o coruñés Eduardo Dato, conservador e “neutral” respecto da Gran Guerra. Será substituído en decembro polo francófilo Álvaro Figueroa y Torres Mendieta, o “Conde de Romanones”. Eduardo Dato será asasinado en 1921 por anarquistas catalanes. Nove anos antes fora asasinado outro presidente galego, José Canalejas, tamén a mans dun militante anarquista.
En 1915 naceu...
O actor mexicano Anthony Quinn, falecido en 2001.
O director estadounidense Orson Welles, falecido en 1985.
A actriz sueca Ingrid Bergman, falecida en 1982.
O actor e cantante estadounidense Frank Sinatra, falecido en 1998.
...e tamén naceu a cantante Billie Holiday, falecida en 1959.
David Wark GriffithN: 22 de xaneiro de 1875, KentuckyM: Hollywood, 23 de xullo de 1948
The Birth of a Nation
Adaptación da novela The Clansman do reverendo Thomas Dixon, contou con
grandes medios de produción e un orzamento superior aos cen mil dólares. Estreouse o 8 de febreiro de 1915 e foi un xigantesco éxito de público: algunhas estimacións apuntan
unha recadación superior aos 60 millóns de dólares. O filme estivo sempre marcado pola polémica debido ao seu retrato racista dos negros e a visión amábel da intolerancia
sudista e os crimes do Ku-Klux-Klan. Ideoloxicamente repugnante, The Birth of a Nation foi un gran triunfo técnico e un salto adiante para a industria e a arte do cinema.
Charles ChaplinN: 16 de abril de 1889, Londres, GB
M: 25 de decembro de 1977, Corsier-sur-Vevey, Suíza
In the Park
36 son os filmes que Chaplin fixo en 1914 para a Keystone, sempre con Mack Sennett coma produtor, dende o fundacional Make a living, estreado o 2 de febreiro de 1914. En
1915 Chaplin fichou pola Essanay, para a que fixo 15 filmes, entre eles By the sea ou
Burlesque on Carmen, xa sempre acreditado coma escritor e director. Virían logo máis
produtoras e máis etapas: a Mutual (1916-1917, One a.m., The Immigrant), First
National (1918-1923, Shoulders arms, The Kid), United Artists (1923-1952, de A Woman
of Paris a Limelight) e as dúas producións británicas finais (A King in New York e The
Countess of Hong-Kong)
Vampiresas
Fronte ao prototipo da muller dóce, bondadosa e virxinal que impuxo o éxito
popular de actrices coma Mary Pickford e as irmáns Gish, Lillian e Dorothy, o cinema non
tardou en interesarse por personaxes femininos máis misteriosos e inquietantes.
Instálase tamén no cinema a figura da “muller fatal”, depredadora sexual capaz de poñer os
homes aos seus pés. Mulleres que, sobre todo nos inicios, eran preferibelmente
estranxeiras e exóticas. E se non o eran, sempre se lles podía inventar un pasado e
converter unha moza de Ohio chamada Theodosia Burr Goodman na sedutora Theda
Bara, supostamente nacida no Sáhara filla dun xeque árabe e unha muller francesa e
cuxo nome sería en realidade un anagrama de “Arab Death”, morte árabe.
No seu filme de 1915 A Fool There Was introdúcese a denominación de “vampire” ou “vamp”, vampiresa, para este tipo de muller.
Louis FeuilladeN: 19 de febreiro de 1873, Lunel, FranciaM: 25 de febreiro de 1925, Niza, Francia
Les Vampires
Os “seriais” ou filmes por episodios eran nesta altura un xénero en pleno apoxeo. Nos EEUU a audiencia atendía entusiasmada ás aventuras de dúas “damas en apuros”, Pearl
White en The Perils of Pauline (1914) e Helen Holmes en The Hazards of Helen (1914-
1917). En Europa, onde xa en 1908 triunfara Nick Carter, le roi des detectives, o gran
nome do xénero é Feuillade, responsábel das series Fantomas (1914), Les Vampires (1915)
e Judex (1916). Les Vampires descubriu á gran “vamp” francesa da época, a mítica
Musidora.
Bartolomeo PaganoN: 27 de setembro de 1878, Sant'Ilario, Italia
M: 24 de xuño de 1947, Xénova, Italia
Maciste
O hercúleo escravo Maciste foi creado por Gabriele d'Annunzio e Giovanni Pastrone para o filme épico Cabiria. Foi tanto o éxito do fortachón Bartolomeo Pagano que acabou protagonizando vinte e tantos
filmes co mesmo personaxe, ambientados en épocas moi diversas. O primeiro deles foi Maciste,
dirixido en 1915 por Vincenzo Denizot e Luigi Romano Borgnetto.
Tamén en 1915:
Der Golem de Paul Wegener e Henrik Galeen (Alemaña)
Nobleza Gaucha de Humberto Cairo, Ernesto Gunche eEduardo Martinez de la Pera (Arxentina)
Guerra e Paz de Vladimir Gardin e Yakov Protazanov (Rusia)
E xa están traballando cineastas coma Ernst Lubitsch, Michael Curtiz, Victor Sjöström, Allan Dawn, Raoul Walsh e (coma actor) John Ford.
1915 é unha presentación feita por Martin Pawley para O ano que o cinema nos cativou, obradoiro de cinema do Centro Ágora. Fonte das imaxes: Wikipedia.