Transcript
Page 1: 3b.anisóptero, ésnido. david cancela y manuel lence

Orde Odonatos

Os odonatos son unha orde de insectos que inclúe libélulas e cabaliños do demo. Os adultos mostran un aspecto moi característico, cunha cabeza máis ancha que o resto do corpo, cuns ollos compostos e dúas antenas moi curtas, un abdome longo e delgado, no que o mesotórax e metatórax están soldados entre eles, catro ás membranosas transparentes, as patas son robustas e posúen numerosas espiñas. Viven asociados a ambientes acuáticos, que son necesarios para o desenvolvemento das súas ninfas.Os odonatos están caracterizados por non poder pregar as ás sobre o abdome.As ninfas dos odonatos son acuáticas e adoitan denominarse náiades. Teñen a cabeza pentagonal ou rectangular, provista dun par de grandes ollos compostos, tres ocelos e un par de curtas antenas. A súa principal característica é o seu aparto bucal: o labio está moi modificado formando a máscara, un dispositivo que mantén pregadura baixo a cabeza e que proxecta cara a adiante de xeito repentino para capturar as presas. O tórax é similar ao do adulto, pero só leva uns esbozos de ás. O abdome pode levar tres láminas branquiais apicais

Ésnidos

Os ésnidos (Aeshnidae) son unha familia odonatos. Os adultos teñen catro grandes e delicadas pero potentes ás que lles permiten voar durante moito tempo sen esgotarse. As súas ás están sempre estendidas horizontalmente, e permítenlles voar en calquera dirección. O seu abdome é longo e delgado, na maioría dos casos de cor verde ou azul, con manchas ocasionalmente amarelas ou negras. Teñen ollos compostos hemisféricos de gran tamaño, que lles permiten unha excelente visión. Son voraces predadores que usan as partes afiadas da súa boca para cazar e alimentarse.Esta familia caracterízase porque: os ollos contactan entre si amplamente. Non todas as especies desta familia teñen as mesmas preferencias no que a condicións ambientais se refire.A metamorfose dos odonatos é incompleta. Isto é, presentan ninfas parecidas morfoloxicamente aos adultos, aínda que con diferenzas rechamantes como a ausencia de ás ou a boca, e entre ninfas e adultos non pasan por unha fase de pupa. Este cambio coincide tamén co cambio de medio na súa vida, pasando do medio acuático no que se desenvolveu a ninfa (salvo unhas poucas excepcións tropicais con ninfas terrestres) ao aéreo no que vivirá o adulto.

Page 2: 3b.anisóptero, ésnido. david cancela y manuel lence

CABEZA DA NINFA DE ÉSNIDO: podemos observar os ollos compostos característicos desta familia.

APARTO BUCAL: permítelle alimentarse á ninfa de ésnido.

CABEZA. Podemos apreciar as curtas antenas que caracterizan esta familia.

DAVID CANCELA E MANUEL LENCE


Recommended