Transcript
Page 1: Acta da Asemblea Veciñal do 7 de abril 2015

AACCTTAA AASSEEMMBBLLEEAA VVEECCIIÑÑAALL 77 DDEE AABBRRIILL DDEE 22001155Puntos da orde do día:

– Conversas con Anova e EU.– Aprobación do regulamento para o desenvolvemento das primarias abertas.

Dende os Grupos de Traballo, e seguindo a aposta pola coalición aprobada na Asemblea Xeral do 1 de abril,reitérase a nosa vontade de formar unha candidatura unitaria que reúna toda a esquerda. Pénsase que se deronmáis pasos nese sentido dende EU que dende Anova. Existe a posibilidade de entrarmos nunha coalición ins-trumental (coa denominación de “SON + nome da localidade ou marca política ao estilo do que se está a vernoutros municipios”. Ex: SON REDONDELA, SON ACE, etc.) que se conforma baixo a tutela destes dous par-tidos a nivel galego. No caso de Cangas, estas formacións teñen elixidas as persoas candidatas para os postosde saída. A Asemblea pola Unidade, polo seu lado, ten que dar o vindeiro luns 13 de abril unha resposta enfirme cunhas representacións propostas para formar parte da candidatura da coalición. Para ese cometido de-cídese convocar outra Asemblea Xeral para o sábado 11 de abril ás 18:00 na Casa da Cultura de Cangas.

Ábrese a quenda de intervencións, alguén pregunta polo modelo asembleario e dende os Grupos de Traballorespóndeselle que foi unha das esixencias que se lles fixo a Anova e EU. Ambos os dous partidos comprometé-ronse a traballar dentro da coalición de forma asemblearia. De feito propoñen unha asemblea da coalición quese mira con bos ollos dende a Asemblea pola Unidade. Tamén é certo que aínda que aceptan tomar decisiónsdesta forma, para o tema das listas son máis pechados e propoñen unha negociación para os postos de saída.

Diferentes intervencións conclúen que a coalición é ineludíbel se se está pola unidade pero maniféstase certoreceo entre algún dos membros da asemblea ao termos que entrar nese tipo de negociacións. Dende os Gru-pos de Traballo aponse que hai que manter unha postura de entendemento e non dilatar máis os tempos poissería perigoso. Estase de acordo en que a nosa participación vai ser determinante para introducir as nosas tomasde posición cara á democratización das estruturas políticas e que vai ter que ter en conta o resto da coalición.

Malia os atrancos que houbo polos tempos e outras circunstancias alleas á Asemblea pola Unidade, déixase claroque o noso proxecto sempre procurou e procurará instaurar a vía asemblearia nos proxectos políticos nos queparticipe, sexa en forma de goberno, a nivel de coalición ou onde for. E, por suposto, o modelo de traballo tenque perdurar no tempo máis alá das eleccións e nese sentido se viñeron aprobando regulamentos de funcio-namento e principios políticos internos que se pretenden levar a outras esferas para acadar o ben colectivo, atransparencia das actuacións e unhas posturas máis respectuosas coa situación socio-económica que están aatravesar todos os sectores populares.

Éntrase no punto 2 da orde do día e exponse que con ou sen coalición a Asemblea pola Unidade necesita crearunha listaxe electoral completa polo que poida ocorrer nas vindeiras xornadas. Hai unha proposta feita dendeos Grupos de Traballo para levar a cabo a elección de candidaturas. Hai receos nalgún sector do público debido,máis unha vez, á escaseza de tempo. A devandita proposta foi repartida en documento. Fixéronse algunhasemendas relativas ao número de votos posíbeis por membro e ás puntuacións dos membros aspirantes antes deser aprobada por unanimidade pois a intención é pór a maquinaria asemblearia a funcionar para comezar co pro-ceso de elección de candidaturas que representen a vontade popular na actividade política municipal.

Proponse dende as bancadas do público, e apróbase, que haxa dúas listas: unha para os postos de saídae outros para a xente que iría de recheo ata completar a candidatura. As propostas de candidatura teñenque ser por correo electrónico mandando o documento de identidade escaneado para axilizar os trámi-tes necesarios que se esixen na Xunta Electoral.

Para rematar reitérase a necesidade de seguir ampliando os Grupos de Traballo e aprovéitase para pedirdesculpas polo funcionamento do blogue destes días debido a uns problemas que se están a resolverarestora. Quedouse para a Asemblea Xeral do sábado 11 de abril ás 18:00 e convidouse a mobilizar xentecara a ese encontro que é fundamental.

asembleapolaunidade.wordpress.com [email protected]

Recommended