“A EDUCACIÓN QUE LLE
PROPORCIONES AO TEU FILLO/A É
A MELLOR FERRAMENTA PARA O
SEU FUTURO”
FORMA FÍSICA DO ALUMNO/A
Estudar está moi relacionado coa boa
saúde física.
-DESCANSO: Durmir entre 8 e 9 horas.
-ALIMENTACIÓN
Almorzar forte polas mañás e traer
algo para o recreo.
Comer de todo, dieta equilibrada.
Suprimir os alimentos excitantes.
Cear cedo e lixeiro.
-EXERCICIO FÍSICO
Realizar exercicio de xeito habitual.
En xeral, non se debería de prohibir
facer deporte como castigo.
HORARIO DE ESTUDO
Axudar a establecer un horario de
traballo semanal.
O horario que fagamos debémolo
cumprir. Facelo tendo en conta as
nosas ocupacións, dificultades, …
Debemos comezar por una materia de
dificultade normal, logo facer un
pequeno descanso e comezar cunha
materia difícil, outro descanso e
rematar cunha materia fácil.
Nos descansos (5´) estará prohibido
ver a tele, móbil, … Aconsellable un
paseiño e mirar pola ventá.
Aconsellable estudar 1 ou 2 horas
diarias, a mesma hora e no mesmo
sitio. Facer sempre os deberes.
Ser ordenado facilita o estudo.
LUGAR DE ESTUDO
Deberá ser axeitado e cómodo.
Estudar sempre no mesmo lugar e ás
mesmas horas. Crear hábito, costume.
Un lugar de estudo silencioso e illado
de distraccións (sen TV, radio, …).
Recomendable deixar fóra do cuarto o
móbil (para evitar tentacións).
Mesa ampla e cadeira cómoda.
Debe contarse cunha luz axeitada (a
mellor é a natural) que ilumine desde
a nosa esquerda.
Preparar o material necesario antes
de comezar a sesión de estudo.
RESPOSTA FAMILIAR
Comprensión e axuda ao fillo.
Valoración do esforzo que se faga,
por pequeno que sexa.
Valorar máis o esforzo que os
resultados.
Firmeza e constancia á hora de
cumprir os compromisos e
responsabilidades planificadas.
Interese polas actividades do fillo, e
polo seu rendemento. Falar con eles.
Confianza e ánimo ao fillo sobre todo
cando os resultados non se
correspondan co esforzo feito.
A AXENDA ESCOLAR, onde se
recollan as tarefas diarias, é unha
ferramenta moi útil se se utiliza a
diario.
PLANIFICACIÓN
Para estudar ben, convén elaborar un
plan de traballo que sexa:
Realista e equilibrado.
Controlado nun principio polos pais.
Colocar unha copia na cociña.
Flexible. Cando exista motivo
xustificado, podemos alterar o PLAN.
COMO PODEMOS AXUDAR?
Interesándome
polo seu estudo diario
Valorando o seu esforzo diario
Acordando xuntos
tempos de estudo
Acordando xuntos tempos para
as actividades de lecer
Preguntarlle tamén por como
está, as súas amizades, etc.
Escoitando tamén as
súas explicacións e razóns
Dicíndolle:
“Quero seguir confiando en ti”
Tamén dicindo o que fixo ben
(aínda que fose pouco)
Esixindo e animando para que
estude todos os días. É a súa
responsabilidade, o seu deber
“Veña, non te desanimes.
Ti sigue, que xa verás como ti podes”
ESTANDO AO LADO/DETRÁS
------
DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN
IES PEDRO FLORIANI
Rúa Pedro Floriani nº 2 - 36800 REDONDELA
Tel: 986 401911
________________________________________________