A ATMOSFERA TERRESTRE
A ATMOSFERA
COMPOSICIÓN DO AIRE SECO
Gas Abundancia
A atmosfera é a capa de gases que rodea á Terra, e que queda retida pola atracción gravitatoria.
Esténdese ata uns 1000 km, aínda que nos seus 15 primeiros km atopamos o 95% dos gases que a compoñen.
Nitróxeno (N2) 78,08%
Osíxeno (O2) 20,95%
Argón (Ar) 0,93%
Dióxido de carbono (CO2) 0,03%
Outros gases nobles Menos de 0,001%
De cada 5 partes: 4 son de nitróxeno 1 é de osíxeno
A ATMOSFERA
C o m p o ñ e n t e s d o a i r e
Nitróxeno78%
Osíxeno21%
Outros1%
O aire é unha mestura de substancias e non unha substancia pura.
A composición do aire cambia duns lugares a outros.
Nitróxeno Osíxeno
ESTRUTURA DA ATMOSFERA
A atmosfera está dividida en catro capas:
Troposfera. Dos 0 m aos 12 Km. O seu espesor varía entre os polos con temperaturas de –60 C e o ecuador con temperaturas de +50 C. Prodúcense os fenómenos meteorolóxicos (nubes, choiva, etc).
Estratosfera. Chega ata os 50 km de altitude. A súa temperatura oscila entre –50 C e +17 C na zona próxima á capa de ozono por absorber a radiación ultravioleta do Sol.
Mesosfera. Esténdese ata os 80 km de altitude. A súa temperatura diminúe de forma progresiva ata –70 C.
Ionosfera. Comprende a termosfera e a exosfera. Esténdese ata os 500 km de altitude. A súa temperatura aumenta de forma progresiva ata 1000 C.
EVOLUCIÓN DA ATMOSFERA
• Formación da atmosfera primitiva de CO2, N2, SO2 e vapor de auga, debido a actividade volcánica da Terra.
• Formación da atmosfera actual de N2 e O2, grazas a actividade fotosintética, a condensación do vapor de auga e a formación de rochas como as calcarias ou xesos.
PRESIÓN ATMOSFÉRICA
BARÓMETRO DE CUBETA
760 mmPresión
atmosférica
Presión do mercurio
MercurioBaleiro
• O aire ten masa e exerce unha forza sobre calquera obxecto da superficie terrestre.
O aire, polo tanto, pesa.
• Á forza que exerce a atmosfera por unidade de superficie denomínaselle presión atmosférica, mídese en milibares (mb).
• A nivel do mar, a columna de mercurio sube ata 760 mm de promedio, equivalente a unha presión de 1024 milibares (mb).
PRESIÓN ATMOSFÉRICA
As isóbaras son liñas imaxinarias que unen puntos da mesma presión.
B A 1024 mb
1020 mb1016 mb
1012 mb
1008 mb
1004 mb
1000 mb
996 mb
A presión diminúe
A presión aumenta
Isóbaras
VARIACIÓN DA PRESIÓN EN BORRASCAS E ANTICICLÓNS
Hai altas presións (anticiclóns) cando os valores superan os 1013 mb, e baixas presións (borrascas) en caso contrario. Os valores da presión atmosférica varían coa altitude, situación xeográfica e o tempo.
OS VENTOS: Por que se move o aire?
Airequente O aire quentase en contacto coa
superficie terrestre e sube.
Afastado da superficie, o aire arrefríase e baixa.
Airefrío
O Sol é o responsable do movemento do aire atmosférico, (da suave brisa mariña e dos ventos furacanados).
PRESIÓN ATMOSFÉRICA E VENTOS
O vento é o movemento das masas de aire con respecto á superficie terrestre desde as zonas de alta presión ás de baixa presión.
DIRECCIÓN DOS VENTOS
Nos lugares que ascende o aire, diminúe a presión orixinando un centro de baixas presións ou borrascas (B). Hai inestabilidade e tenden a producirse precipitacións.
Nos lugares que descende o aire, aumenta a presión formando un anticiclón (A)Hai estabilidade atmosférica e tende a facer bo tempo.
A HUMIDADE E AS NUBES
Defínese a humidade como o contido de vapor de auga no aire, procedente da evaporación e da actividade dos seres vivos.
Cando se quenta, o aire sube. A medida que ascende, arrefría e o vapor de auga se condensa en pequenas gotas ou cristais de xeo.
As nubes son aire cargado de finas gotas de auga.
PRECIPITACIÓNS
Ó igual que ocorre se pulverizamos auga sobre un cristal, ó unirse as gotiñas de auga que hai nas nubes, fórmanse gotas de maior tamaño que caen en forma de chuvia.
Se as nubes se encontran a gran altura, ó diminuír a temperatura, fórmanse cristaliños de xeo.
Ó unirse estes cristaliños, caen folerpas.
A TEMPERATURA
A Terra irradia cara o espazo unha cantidade de calor igual á que recibe.
EstratosferaSol
Radiación reflectida pola atmosfera e as
nubes 35%
Radiación absorbida polas nubes e o po atmosférico 15%
50%
A Temperatura é o grao de calor que ten a atmosfera.
METEOROLOXÍA
• A meteoroloxía é a Ciencia que estuda o estado da atmosfera a través dos meteoros e os mecanismos que producen o tempo meteorolóxico.
• Chámaselle tempo meteorolóxico ao estado da atmosfera nun momento e lugar determinados.
• As previsións atmosféricas mostránse a través de fotografías por satélite, mapas significativos e mapas meteorolóxicos.
INSTRUMENTOS METEOROLÓXICOS
• Os instrumentos meteorolóxicos utilízanse para tomar datos sobre a atmosfera.
• Destacan:– O termómetro, para medir a temperatura do aire.– O barómetro, para medir a presión atmosférica.– O higrómetro, para medir a humidade atmosférica.– O anemómetro, para medir a velocidade do vento.– O catavento, para determinar a dirección na que sopra o vento.– O pluviómetro, mide o volume de auga por metro cadadro durante as
precipitacións.
CLIMA• O clima é o conxunto de condicións atmosféricas que caracterizan
unha rexión durante un período de tempo de a lo menos 30 anos.
• Para definilo empregamos os valores da temperatura e da pluviosidade.
• A representación gráfica das temperaturas medias e as precipitacións totais de cada mes denomínase climograma.
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA
• Denomínase contaminación atmosférica á presenza de substancias estrañas ou unha variación importante dos seus compoñentes que poden provocar un efecto prexudicial ou de crear unha molestia.
• Chamamos contaminantes ás partículas sólidas e líquidas, vapores e gases, contidos na atmosfera, que non forman parte da composición normal do aire, ou que están presentes en cantidades anormais.
• Algunhas das substancias contaminantes son:
– Óxidos de xofre e nitróxeno procedentes da combustión de carbón e gasolinas.
– CFC, fabricados industrialmente para aerosois, aparellos de aire acondicionado.
– Feluxe, partículas moi pequenas procedentes da queima de combustibles fósiles.
CHUVIA ÁCIDA
• Chegada á atmosfera de óxidos de nitróxeno e xofre.
• Mestura co vapor de auga atmosférico.
• Transformación a substancias ácidas.
• Retorno de substancias ácidas á superficie terrestre por deposición húmida ou seca.
• Desprazamento a zonas afastadas. P.ex: zonas de EE.UU afectadas por focos emisores do Norte de Europa
CHUVIA ÁCIDA
EFECTOS DA CHUVIA ÁCIDA
• Acidificación da auga.
• Acidificación do solo.
• Fenómenos de corrosión dos materiais.
• O ser humano vese afectado no seu sistema respiratorio, provocando problemas como asma e alerxias entre outros.
REDUCIÓN DA CAPA DE OZONO
Contaminantes:
• Emanacións de cloro de volcáns e océanos.
• Aportación á degradación de ozono escasa.
• Clorofluorocarbonados (CFC)
Efectos:
• As radiacións ultravioletas producen diversos tipos de cancros en humanos, afectando tamén a plantas e animais.
EFECTO INVERNADOIRO
Ó redor do 30 ó 35 % da radiación é reflectida polas nubes, os oceanos, a superficie terrestre e as distintas capas da atmosfera. Esta radiación sae cara ó exterior.
O 25 % da radiación é absorbida pola atmosfera e o 45 % pola superficie
terrestre
Radiación de onda corta (visible e infravermella)
A radiación infravermella de onda longa emitida
pola superficie terrestre cara a atmosfera
A radiación infravermella de onda longa absorbida polo vapor de auga, o dióxido de carbono e o metano logo e emitida
cara a Terra
Raios gamma e raios xradiación
ultravioleta
EFECTO INVERNADOIRO
• Quentamento global:
– Año 2020: incrementa 1,8ºC.
– Año 2070: incrementa 3,5ºC.
– Año 2100: incrementa 4,5ºC.
• Cambio climático:
– Alteración das correntes oceánicas.
• Elevación del nivel del mar.
– Año 2030: 0,10 - 0,32 metros.
– Año 2070: 0,32 - 0,75 metros.
IMPACTOS LOCAIS
Smog do Mércores Negro
Os Ánxeles, 26 de Xulio 1943
Smog de Londres, 1952. Causou 4000 mortos.
BOPHAL (India) 1984:Nube de gas tóxico escapa dunha fábrica norteamericana. Causa 30000 mortos e 500.000 feridos.
CHERNOBIL, 1986:
31 persoas mortas no momento do accidente.
O número de vítimas aínda hoxe aumenta.
MEDIDAS DE CORRECCIÓN
• Eliminación de CFC, control das emisións de orixe agrícola, gandeiro
e freo a deforestación.
• Cumprimento dos acordos do protocolo de Kyoto.
• Reducir emisións de CO2 potenciando as enerxías renovables e o
aforro enerxético.
• Traballos de reforestación e agroforestación (integración das árbores
nos cultivos).
• Medidas sociais de información.
• Medidas lexislativas. A UE marca a Directiva Marco de calidade do
aire