APÚNTATE AO BO TRATO!
Biblioteca Escolar
CPI
SAN VICENTE
Decembro 2011
BASES
1. Organizador do concurso
A organización deste concurso está promovida pola Biblioteca Esco-
lar como parte das ac�vidades de “Fomento da lectura e escritura”
dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
2. Bases Específicas de Par�cipación
Condicións para ser par�cipante:
Poderán par�cipar no concurso as alumnas e alumnos de ESO, pro-
fesores, pais, nais ou PAS. Exclusións: Quedan excluídos da par�cipación neste concurso os
lectores morosos, é dicir, aqueles que non teña devoltos ou reno-
vados os libros de préstamo no momento en que comece o con-
curso.
• As obras deben ser orixinais. Calquera �po de plaxio, no caso
de demostrarse, provocará a automá�ca descualificación do seu
autor ou autora. Os relatos deben respectar as normas ortográficas e morfolóxicas
da lingua empregada, sexa galego, castelán, inglés ou francés. 3. Datas de comezo e remate
O concurso dará comezo o mércores 30 de novembro de 2011
e rematará o venres 16 de decembro.
O fallo do xurado farase público o mércores 21 de decembro de
2011.
4. Funcionamento do Concurso
Durante os recreos, ou acompañados dalgún profesor ou �tor,
visitaredes a exposición “Cartas de Amor”.
Na biblioteca teredes á vosa disposición as follas oficiais para a
redacción do voso relato.
Tras observar de�damente as obras expostas e reflexionar con
calma sobre a mensaxe da exposición e do significado de cada
unha delas, debedes escoller unha e tomar nota do seu 6tulo e
autor.
O voso relato debe tratar sobre o que vos suxira a pintura escollida.
Unha vez rematado o relato depositádeo na caixa de correos na
entrada da biblioteca.
5. O xurado:
O xurado estará integrado polos membros do equipo de biblioteca.
No caso de que algún membro do equipo par�cipe no concurso será
eximido da súa labor de xurado.
Os membros do xurado resérvanse o dereito de deixar deserto o
premio se a par�cipación ou a calidade das obras presentadas é
excesivamente baixa.
Os membros do xurado, resérvanse, á súa vez, o dereito a outorgar
mencións especiais ou premios ex aequo, se o considerasen oportuno.
6. Premios do Concurso:
Estableceranse tres categorías:
♦ 1º e 2º de ESO.
♦ 3º e 4º de ESO.
♦ Adultos (pais, nais, PAS, profesores e profesoras)
O gañador de cada categoría recibirá un diploma e un agasallo.
7. Publicación dos gañadores
A lista de gañadores farase pública antes do 21 de DECEMBRO de 2012,
no taboleiro de anuncios da biblioteca e no blog da mesma (h?p://
arslegendi-abania.blogspot.com).
Os gañadores aceptan que a súa imaxe, o seu nome e a súa obra sexan
publicado nos soportes que o Equipo da Biblioteca es�me oportunos.