Download pdf - Bases do concurso +capaz

Transcript
Page 1: Bases do concurso +capaz

BASES DO CONCURSO: “+CAPAZ”

Seguimos...sumando capacidades

1. ENTIDADE ORGANIZADORA

A Asociación Sociocultural ASCM é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1987 que traballa pola plena integración das persoas con discapacidade de xeito transversal mellorando a súa calidade de vida.

Este ano ASCM celebra o seu 30º Aniversario, e dentro do seu calendario de actividades, dedica o mes de setembro a infancia e a xuventude; sendo esta unha das áreas de actuación presente en ASCM.

No mes de setembro levaranse a cabo varias actividades enfocadas a infancia e a xuventude entre as que se encontran o concurso denominado “+CAPAZ”, que se desenvolverá conforme ó establecido nas presentes bases. O concurso realizarase entre todos os/as participantes que cumpran coas condicións indicadas nas presentes bases.

2. FINALIDADE:

Os nenos e nenas deben plasmar a través da súa obra audiovisual o que entenden e que lles transmite a discapacidade, así como a labor de ASCM nestes 30 anos.

3. PARTICIPANTES: Tódolos/as nenos/as de tódolos cursos da etapa de Educación Primaria dos centros da comarca de Ferrolterra. Os/as participantes deberán aportar a folla de inscrición cuberta (dixital ou impresa) xunto co usb, cd ou arquivo enviado por mail.

4. TIPOS DE OBRAS QUE SE PODEN PRESENTAR NO CONCURSO: Poderán presentarse ó concurso obras audiovisuais, individuais ou grupais, cun máximo de 10 minutos de duración de calquera tipo: canción, poesía, teatro, monólogos...

5. REQUISITOS:

As obras deberán presentarse en cd, usb ou adxuntos no seguinte correo electrónico

[email protected] xunto coa folla de inscrición.

Tódalas obras literarias e verbais teñen que estar en lingua galega.

Excluiranse automaticamente do concurso a calquera participante que transgreda as normas de boa fe, observe unha conduta inadecuada, sexan ofensivas ou empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos.

Page 2: Bases do concurso +capaz

6. PRAZOS DE PRESENTACIÓN E LUGAR DE RECEPCIÓN: Prazos de presentación:

Prazo de entrega dos materiais: ata o día 23 de xuño do 2017.

Resolución do concurso: 25 de setembro do 2017. Lugares de recepción:

Centros educativos da comarca de Ferrolterra.

En calquera dos dous locais da ASCM (horario de oficina 10:00 a 13:45h y de 16:00 a 20:00h).

ASCM Ferrol: C/S.Roque y Ánimas Bloque 2, Baixos 18-19 15406 Ferrol (A Coruña), Telf. 981351430 ASCM Narón: Estrada de Castela, 256 15570 Narón (A Coruña) Telf. 981386722

Por correo electrónico na dirección: [email protected]

7. AVALIACIÓN DAS OBRAS: O XURADO

As obras presentadas avaliaranse por un grupo de persoas da ASCM creado para elixir aos gañadores do concurso. O xurado constará de:

A xerente da ASCM.

Dous/dúas socios/as da ASCM.

Dous/dúas voluntarios da ASCM.

8. ASPECTOS A TENER EN CONTA PARA ELEXIR ÓS GAÑADORES/AS:

Creatividade

Orixinalidade

Innovación

Mensaxe

9. RESOLUCIÓN DOS GAÑADORES/AS:

Os/as gañadores/as daranse a coñecer o venres 25 de setembro do 2017 na páxina de facebook, na de twitter e no blog de noticias de ASCM, ademáis ós tres gañadores se lles comunicará a nova por teléfono.

10. PREMIOS:

ASCM designará tres obras premiadas, nas que o premio está aínda por concretar. A entrega dos premios realizaranse durante un acto organizado para tal fin.

11. UTILIZACIÓN DO NOME DOS GAÑADORES E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTE CONCURSO:

Os/As gañadores/as do concurso consenten expresamente que ASCM poida utilizar o seu nome e imaxe en calquera actividade publicitaria, promocional ou de marketing relacionada co presente concurso en

Page 3: Bases do concurso +capaz

calquera medio, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases.

12. DEREITOS CEDIDOS:

Os participantes ceden á ASCM os seguintes dereitos sobre a súa imaxe e sobre a gravación audiovisual que recolle a súa participación no concurso: de explotación, reprodución e distribución en calquera soporte.

Os anteriores dereitos serán cedidos na medida en que os require o Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, clarexando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia, para todos os países do mundo, polo tempo máximo nel establecido.

13. RESPONSABILIDADE:

ASCM resérvanse o dereito de non admitir ou excluír aos participantes ou gañadores da presente promoción que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no caso de que os devanditos erros ou falseamentos impidan a identificación dos gañadores do premio.

ASCM non se responsabilizan das posibles perdas, deterioros, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ó desenvolvemento xeral do presente concurso ou que sucedan durante o tempo establecido para gozar do premio.

14. ACEPTACIÓN DAS BASES:

A simple participación neste concurso supón a aceptación plena e incondicional destas bases, a suxeición á normativa fiscal que resulte de obrigatoria aplicación, así como a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas realice a ASCM en canto á resolución de calquera cuestión derivada do concurso. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes bases implicará a exclusión do participante, polo que a ASCM quedarán liberados de calquera cumprimento e obriga contraídos co devandito participante.

Page 4: Bases do concurso +capaz

FOLLA DE INSCRIPCIÓN Ó CONCURSO “+CAPAZ ”

DATOS DO/A PARTICIPANTE Nome e apelidos do/a participante: _______________________ Data de nacemento:___/____/___(dd/mm/aa) Nome do centro educativo: ______________________________ Curso: ______ DATOS DO PAI, NAI O TUTOR DO/A PARTICIPANTE Nome e apelidos do pai, nai ou tutor do/a participante: ___________________________________________________________________ Teléfono de contacto: ________________________ Observacións:___________________________________________________________

_______________________________________________________________________

_______________________________________________________________________

_______________________________________________________________________

Firma do pai, nai ou tutor

Fdo:

Leo e acepto as bases do concurso.

A firma desta presente folla de inscripción e a participación neste concurso supón a aceptación plena e incondicional das bases do concurso.

De conformidade ó disposto na LO 15/1999 de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento forman parte dun arquivo, propiedade da ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ASCM, cuxa finalidade é atender a xestión solicitada. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación u oposición, segundo o disposto na lei, poñéndose en contacto co noso Dpto. de Dereitos ARCO na Dirección: C/ San Roque y Ánimas Bloque 2, Baixos 18-19, 15403 Ferrol (A Coruña).