BIBLIOTECA DO IES “AGRA DE RAÍCES”
FORMACIÓN DE USUARIOS
Usos da Biblioteca
A biblioteca ten tres usos fundamentais:
Ocio: a lectura como diversión e entretemento.
Consulta: obtención de información para a elaboración de traballos escolares.
Estudo: un lugar tranquilo onde poder repasar os temas ou rematar os deberes.
Horario de apertura
PERO O PROFESORADO PODE TRAERVOS AQUÍ SEMPRE QUE QUEIRA
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
8:30 - 9:20MANUEL CARANDE
9:20 - 10:10
MANUEL CARANDE
MANUEL CARANDE
MAR ROZAS
1º RECREO
MONTSE VILA MAR ROZAS MIGUEL BLANCOMANUEL CARANDE
MIGUEL BLANCO
10:25 -11:15
MONTSE VILAMAR ROZAS
MANUEL CARANDE
MONTSE VILAMAR ROZAS
MANUEL CARANDE
MANUEL CARANDE
11:15 - 12:05
2º RECREO
MONTSE VILA MIGUEL BLANCO MIGUEL BLANCOMANUEL CARANDE
MANUEL CARANDE
12:25 - 13:25
SONIA LÓPEZMANUEL CARANDE
SONIA LÓPEZMANUEL CARANDE
13:15 - 14:05
16:30 - 17:20
SONIA LÓPEZ
17:20 - 18:10
NormasManter silencio ou falar susurrando.
Anotarse nas folliñas para usar os
ordenadores.
Seguir as normas de uso dos
ordenadores.
Apagar os ordenadores ao rematar.
Deixar as cadeiras no seu sitio ao
marchar.
OU SEXA: O NORMAL PARA NON PREXUDICAR AOS TEUS COMPAÑEIROS
E COLABORAR COS QUE VOS ATENDEMOS
Préstamos• Todo o alumnado e o profesorado é socio
da biblioteca e ten un número de socio.
• Solicitarase o préstamo ao profesor ou profesora, quen o anotará no ordenador.
• No momento da devolución o profesor ou profesora verificará o estado do material prestado.
• Os libros préstanse por un período de 15
días. Este período poderase renovar unha
soa vez.
• Cada lector/a poderá ter en préstamo en
cada momento un máximo de tres libros.
• Os libros de consulta (enciclopedias,
dicionarios e similares) poden consultarse
na biblioteca, pero non se prestan.
Máis sobre os préstamos
OrdenadoresOs ordenadores da biblioteca están a
disposición da comunidade educativa para a
realización de traballos e a busca de datos en
Internet etc., pero...Recordade que non estamos nun cíber nin na casa, senón nun centro educativo: nada
de xogos nin de redes sociais: Tuenti, Facebook etc.
E non vos esquezades de anotarvos previamente na
folla de rexistro nin de seguir as normas!
A orde dos libros
Os libros están ordenados por materias, hai rótulos dos temas
colgando do teito e todos os andeis están rotulados, pero ademais de mirar os carteis dos andeis, deberías saber
que...- Os libros de case todas as bibliotecas están clasificados de acordo cun sistema que se chama CDU (CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL).
0: Obras xerais: enciclopedias, dicionarios...1: Filosofía. Psicoloxía. Ética.2: Relixións.3: Ciencias Sociais: economía, dereito...4: Libre, por agora.5: Ciencias Exactas e Naturais: Matemáticas,
Física, bioloxía...6: Ciencias aplicadas: Medicina, Tecnoloxía...7: Arte. Xogos. Música. Espectáculos.
Deportes...8: Lingua e Literatura. Lingüística9: Xeografía. Biografías. Historia.ESTES NÚMEROS (A CDU) ÚSANSE EN
CASE TODAS AS BIBLIOTECAS DO MUNDO!
A orde dos libros
(seguimos)- O número da CDU aparece nos rótulos dos andeis e na ETIQUETA (chámase tejuelo en castelán) que hai no lombo do libro onde tamén hai outros datos para a ordenación dos libros.
Isto é unha etiqueta
Isto é unha etiqueta e o número da primeira fila corresponde á CDU (a materia).
Máis CDUCando nunha determinada materia hai libros de diferentes submaterias engádenselle máis cifras ao número da CDU.
53: Física 59: Zooloxía
Por exemplo, dentro do apartado 5 da CDU (Matemáticas e Ciencias Naturais) podemos atopar estes subapartados:
Pero non é necesario que te aprendas de memoria estes números, porque HAI RÓTULOS POR TODAS PARTES e na biblioteca HAI TÁBOAS
DA CDU e PLANOS.
51: Matemáticas
Seguimos coa orde dos libros
As TRES LETRAS MAIÚSCULAS que hai na fila do medio corresponden ás tres primeiras letras do APELIDO do autor/a.
Dentro de cada apartado, os libros están colocados por orde alfabética de autores e, dentro de cada autor, por orde alfabética do título das obras...
E ESTES DATOS TAMÉN ESTÁN NA ETIQUETA
E as tres letras minúsculas da última fila son as tres primeiras letras do TÍTULO do libro (sen artigos).
QUE LIBRO NON ESTÁ NO SEU SITIO?
QUE LIBRO NON ESTÁ NO SEU SITIO?
E AGORA, ALGO ESPECIAL
Neste instituto utilizamos un sistema “noso” para referirnos aos xéneros literarios e ás linguas (todos os centros educativos adaptan a CDU ás súas necesidades):
OS XÉNEROS LITERARIOS AS LINGUAS
N é NarrativaG é Galego
T é TeatroE é Español
P é PoesíaI é Inglés
FR é Francés
L é Latín
GR é Grego
REPASA ESTA INFORMACIÓN, PARA DICIR DE QUE MATERIA SON OS LIBROS DA
SEGUINTE DIAPOSITIVA
Estes libros son de…NARRATIVA EN GALEGO,
CLARO!
A TÁBOA DA CDU O PLANO DA BIBLIOTECA
En resumo: para atopar un libro basta
que mires…E O MÁIS SINXELO: OS CARTEIS QUE HAI NO TEITO E NOS ANDEIS
ESTÁ TODO
NA BIB
LIOTECA
E O PROFESORADO
ENCARGADO
ESTARÁ ENCANTADO
DE AXUDARTE!
www.biblioraices.blogspot.com
E podes saber en calquera lugar do mundo se un determinado libro está ou non na nosa
biblioteca na nosa páxina no chamado Proxecto Meiga, do que formamos parte:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED089
Pero como esta dirección é un lío, tes enlaces a esta páxina no Blog da biblioteca:
centros.edu.xunta.es/iesagraderaices
e na páxina web oficial do noso Centro, na sección da Biblioteca:
GRAZAS POLA VOSA
ATENCIÓN!