NORMAS DA BIBLIOTECA
A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para xogar nin para “merendar”.
Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre ou mestra que estea no ordenador.
Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.
O libro serache prestado por unha semana, e transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.
Se queres levar un libro prestado e chove durante o recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.
Cando busques un libro, deixa os que están nas estanterías ben ordenados.
Os ordenadores son para facer traballos de clase, e para consultar ou buscar información, non para xogar nin para acceder a redes sociais.
Na Biblioteca tes que estar en silencio.
E lembra que...
Ler fainos mellores persoas, máis tolerantes, aumenta a nosa creatividade e acércanos a mundos que, tal vez, nunca veremos cos nosos ollos, pero si coa nosa imaxinación.ANÍMATE E NON DEIXES DE ACUDIR A NOSA BIBLIOTECA!!! ESPERÁMOSTE!!!
NOVAS
- Horario de préstamos: todos os recreos de 11:30 a 12 horas, e cada clase na súa hora de biblioteca asignada.
-- Seguimos co noso blogue para que
esteades ao día das últimas novas e deixedes os vosos comentarios e suxestións. Visítanos en: oblogdedonte.blogspot.com.es
-- O noso centro realizará este curso
un PDI (Proxecto Documental Integrado) que leva por título “O deporte no Grove”, para coñecer que deportes se practican na nosa localidade e que deportistas destacan na súa práctica.
-- Todas as tardes, de 16 a 18 horas,
a Biblioteca estará aberta para toda a comunidade educativa (nenos, nenas, antigos alumnos, pais e nais). Os pais e nais poderán solicitar o carné de Biblioteca para levar libros prestados para casa. Temos unha ampla sección para adultos.
-- As familias poden doar libros,
películas, e outros materiais á Biblioteca, sempre e cando estean en bo estado de uso e conservación.
CELEBRACIÓNS
Durante todo o mes de outubro celebramos o “Mes da Biblioteca”. Ademais, o vindeiro 23 de dito mes conmemoraremos o “Día da Biblioteca”, e para celebralo como se merece, teremos connosco ao escritor e contacontos Anxo Moure, que nos deleitará con varias sesións de animación á lectura.