Co financiamento de:
Co financiamento de:
BOAS PRÁCTICAS PREVENTIVAS NA XESTIÓN, TRATAMENTO E RECICLAXE DE RESIDUOS INDUSTRIAIS
BOAS PRÁCTICAS PREVENTIVAS
NA XESTIÓN, TRATAMENTO E
RECICLAXE DE RESIDUOS
INDUSTRIAIS
Co financiamento de:
Depósito Legal: VG 667-2014
Editor: CEP – Confederación de Empresarios de Pontevedra
Autor: Academia Postal 3 Vigo, S.L.
Maquetación: Academia Postal 3 Vigo, S.L.
Agradecementos:
Dirixido a todos aqueles que participaron e
fixeron posible a elaboración deste manual, en
especial ós responsables dos departamentos de
Prevención, Calidade e Medio Ambente das
empresas ALUMINIOS CORTIZO (Padrón) e LAJO
y RODRÍGUEZ (Porriño) pola súa inestimable
colaboración, eles abríronnos as súas portas
para mostrarnos e explicarnos o funcionamento
e procedementos de traballo das súas
instalacións, poñendo a súa experiencia ó
servizo dos redactores deste manual.
9
INDICE
XESTIÓN DE RESIDUOS INDUSTRIAIS.
ACTIVIDADE INDUSTRIAL EN GALICIA
RESIDUOS INDUSTRIAIS
TIPOS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS
RESIDUOS NON PERIGOSOS
RESIDUOS PERIGOSOS
CLASIFICACIÓN DOS RESIDUOS INDUSTRIAIS POR SECTORES E POR CANTIDADES XERADAS
ACTUACIÓNS SOBRE OS RESIDUOS INDUSTRIAIS
BOAS PRÁCTICAS DURANTE AS OPERACIÓNS DE XESTIÓN E TRATAMENTO
DOS RESIDUOS INDUSTRIAIS.
OPERACIÓNS
LUGAR DE TRABALLO
NAVES
CAMPA
POSTOS DE TRABALLO
CHÓFER
OPERADOR DE BÁSCULA
OPERADOR DE PLANTA
OPERADOR DE CAMIÓN GRÚA
OPERADOR DE PALA CARGADORA
OPERADOR DE RETROEXCAVADORA DE MANIPULACIÓN
OPERADOR DE PRENSA EMPAQUETADORA
OPERADOR DE PRENSA EMPAQUETADORA GRANDE
OPERADOR DE PRENSA CISALLA
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE CARRETILLAS ELEVADORAS
OPERADOR DE OXICORTE MANUAL
OPERADOR DE CONTROL RADIOLÓXICO
11
A Confederación de Empresarios de Pontevedra, como axente social
comprometido co fomento da Prevención de Riscos Laborais, apoia e colabora
coa pequena e mediana empresa a través do seu Departamento de Prevención
de Riscos Laborais. É a nosa intención, contribuír na difusión dunha cultura
preventiva desenvolvendo actividades que propicien ferramentas de utilidade
para as empresas no ámbito da Seguridade e Saúde Laboral, exemplo diso é a
elaboración da guía de “Boas prácticas preventivas na xestión, tratamento e
reciclaxe de residuos industriais”.
Mediante a presentación desta guía, froito do esforzo da Confederación de
Empresarios de Pontevedra, preténdese facilitar unha información útil e unhas
pautas de actuación adecuadas para as empresas do sector da xestión de
residuos industriais sobre os factores de risco aos que se atopan expostos os
seus traballadores, así como sobre medidas preventivas que se poden
implantar para evitar ou controlar devanditos riscos. Igualmente, os residuos
xerados poden supoñer, pola súa especificidade e se non se xestionan
correctamente, un perigo para a saúde pública.
15
ACTIVIDADE INDUSTRIAL EN GALICIA
O desenvolvemento económico de Galicia está ligado a uns sectores claves de
actividade industrial. Esta actividade industrial distribúese de forma desigual nas súas
provincias, sendo A Coruña e Pontevedra as que concentran a maior parte do sector
industrial da comunidade. Estas actividades industriais son en maior ou menor
proporción, xeradoras de residuos industriais.
En Galicia, cabe destacar, polas cantidades de residuos xerados, polo menos cinco
grandes sectores:
Transformación de aluminio
Refino de petróleo
Industrias de pasta e papel
Xeración de enerxía eléctrica
Minería de pedra ornamental ou natural
RESIDUOS INDUSTRIAIS.
Consideramos RESIDUOS INDUSTRIAIS aqueles residuos resultantes dos procesos de
fabricación, de transformación, de utilización, de consumo, de limpeza ou de
mantemento xerados pola actividade industrial
Neste marco de referencia, son obxecto do estudo aqueles residuos xerados nas
industrias e determinadas actividades de servizos, que debemos atender de acordo á
súa perigosidade.
TIPOS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS
Residuos Industriais non Perigosos
Os residuos industriais non perigosos son aqueles residuos que non poden ser
encadrados na categoría residuos perigosos. Nesta categoría podemos incluír os
Residuos Inertes, que son aqueles que non experimentan transformacións físicas,
químicas ou biolóxicas significativas. Estes residuos inertes non son solubles nin
combustibles, nin reaccionan física nin quimicamente de ningunha outra maneira, nin
son biodegradables, nin afectan negativamente a outras materias coas que entran en
contacto, de forma que poidan dar lugar a contaminación do medio ambiente ou a
prexuízos para a saúde humana.
16
Residuos Industriais Perigosos
Os residuos industriais perigosos son aqueles que figuran na lista de Residuos
Perigosos (LER), aprobada no Real decreto 952/1997, así como os recipientes e envases
que os contiveran, os que foran clasificados como perigosos pola normativa
comunitaria e os que poida aprobar o Goberno de conformidade co establecido na
normativa europea ou en convenios internacionais dos que España sexa parte. Estes
residuos proceden na súa maior parte das actividades industriais, e ademais son
xerados igualmente por determinadas actividades de servizos.
Aínda que os residuos perigosos representan unicamente pouco máis do 5% do
volume en peso do total dos residuos industriais xerados en Galicia, os seus especiais
requirimentos no que se refire á súa xestión obrigan a consideralos particularmente.
Podemos destacar dentro dos clasificados como residuos industriais perigosos en
Galicia, os seguintes:
Residuos que conteñen hidrocarburos
Aceites minerais non clorados de motor, de transmisión mecánica e lubricantes
Aceites de sentinas recollidas en peiraos.
Lixiviacións de vertedoiro que conteñen substancias perigosas.
Revestimentos e refractarios a partir de carbono, procedentes de procesos
metalúrxicos, que conteñen sustancias perigosas.
Residuos sólidos, do tratamento de gases, que conteñen substancias perigosas
Baterías de chumbo
Para coñecer as cantidades de residuos industriais perigosos e non perigosos xerados
en Galicia, tomaremos os resultados do cómputo dos residuos industriais obtidos
durante o 2010:
TIPOLOXÍA DE RESIDUOS Toneladas (t) %
NP 2.181.325,83 94,70
RP 122.036,73 5,30
TOTAL 2.303.362,56 100%
17
CLASIFICACIÓN DOS RESIDUOS POR SECTORES E POR CANTIDADES XERADAS
Para coñecer a clasificación dos residuos segundo sector de actividade, considerouse a
táboa realizada pola Orde MAM/304/2002, que clasifica en 20 capítulos a Lista
europea de residuos (en diante capítulos LER), de acordo coa fonte que os xera. Así
pois, estes capítulos están asociados a diferentes sectores de actividade.
Ademais esta táboa recolle as toneladas de residuos industriais xerados en Galicia
tomando como referencia o ano 2010.
CAPÍTULOS LER TOTAL (t)
01 Residuos da prospección, extracción de minas e canteiras e tratamentos
físicos e químicos de minerais. 236.829,76
02 Residuos da agricultura, horticultura, acuicultura, silvicultura, caza e pesca;
residuos da preparación e elaboración de alimentos. 206.980,72
03 Residuos da transformación da madeira e da produción de taboleiros e
mobles, pasta de papel, papel e cartón. 62.810,44
04 Residuos das industrias do coiro, da pel e téxtil. 2.688,09
05 Residuos do refino do petróleo, da purificación do gas natural e do
tratamento pirolítico do carbón. 459,72
06 Residuos de procesos químicos inorgánicos. 4.359,75
07 Residuos de procesos químicos orgánicos. 1.166,77
08
Residuos da fabricación, formulación, distribución e utilización [FFDU] de
revestimentos [pinturas, vernices e esmaltes vítreos], adhesivos, seladores e
tintas de impresión.
10.789,88
09 Residuos da industria fotográfica. 417,45
10 Residuos de procesos térmicos. 266.779,04
11 Residuos do tratamento químico de superficie e do recubrimento de
metais e outros materiais; residuos da hidrometalurxia non férrea. 8.070,08
18
CAPÍTULOS LER TOTAL (t)
12 Residuos do moldeado e do tratamento físico e mecánico de superficie de
metais e plásticos. 273.197,26
13 Residuos de aceites e de combustibles líquidos [excepto os aceites comestibles
e os dos capítulos 05, 12 e 19] 31.666,27
14 Residuos de disolventes, refrixerantes e propelentes orgánicos [excepto os dos
capítulos 07 e 08]. 577,26
15 Residuos de envases; absorbentes, trapos de limpeza, materiais de filtración e
roupas de protección non especificados noutra categoría. 91.795,59
16 Residuos non especificados noutro capítulo da lista. 120.657,89
17 Residuos da construción e demolición [incluída a terra escavada de zonas
contaminadas]. 763.477,19
18
Residuos de servizos médicos ou veterinarios ou de investigación asociada
[salvo os residuos de cociña e de restaurante non procedentes directamente
da prestación de coidados sanitarios].
10.340,95
19
Residuos das instalacións para o tratamento de residuos, das plantas externas
de tratamento de augas residuais e da preparación de auga para consumo
humano e de auga para uso industrial.
207.014,39
20
Residuos municipais [residuos domésticos e residuos asimilables procedentes
dos comercios, industrias e institucións], incluídas as fraccións recollidas
selectivamente.
3.284,10
TOTAL CAPÍTULOS LER 2.303.362,56
19
ACTUACIÓNS SOBRE OS RESIDUOS INDUSTRIAIS
Xestión
A recollida, o almacenamento, o transporte, a valorización e a eliminación dos
residuos, incluída a vixilancia destas actividades, así como a vixilancia dos lugares de
depósito ou vertido despois do seu peche.
Recollida selectiva
Sistema de recollida diferenciada de materiais orgánicos fermentables e materiais
reciclables, así como calquera outro sistema que permita a separación dos materiais
valorizables contidos nos residuos.
Segregación
Débese separar axeitadamente os residuos evitando mesturas ou calquera outra
operación que supoña aumento da súa perigosidade.
Reutilización
O emprego dun produto usado para o mesmo fin para o que foi deseñado
orixinariamente.
Reciclado
A transformación dos residuos, dentro dun proceso de produción, para o seu fin
inicial ou para outros fins, incluída a compostaxe e a biometanización, pero non a
incineración con recuperación de enerxía.
Valorización
Todo procedemento que permita o aproveitamento dos recursos contidos nos
residuos, sen poñer en perigo a saúde humana nin prexudicar o medio.
Eliminación
Todo procedemento dirixido á vertedura ou a destrución, total ou parcial, do residuo
sen poñer en perigo a saúde humana e sen utilizar métodos que poidan causar
prexuízos ao medio.
21
Operacións de Recollida
Despois de seren clasificados e reagrupados e segundo a súa natureza comezan as
operacións de recollida de residuos industriais que serán enviados posteriormente a
plantas de tratamento.
Operacións de Transporte/traslado ao espazo de
tratamento
Unha vez postos en transporte coa carga de colectores
ou o baleirado destes sobre bañeira, os vehículos
trasladan estes residuos a planta de tratamento para a
súa xestión e clasificación.
Recepción de residuos. Control de báscula
Á súa chegada ao acceso principal da planta os vehículos que realizan o transporte
de material, así como os que saen desta con subprodutos, son sometidos ao pesaxe e
control na zona de recepción mediante unha báscula para camións.
Nesta área contrólase a documentación. Existe un dobre obxectivo; coñecer o peso
do material transportado polos vehículos autorizados e evitar que os transportes
superen o seu peso máximo autorizado.
22
Operacións de descarga
Unha vez realizado o trámite de acceso á planta de tratamento dos residuos
industriais, o transportista diríxese á zona de descarga, que pode tratarse tanto dun
foso de acumulación coma dun box de descarga onde, xa sexa o propio condutor ou
coa axuda dalgún operario da planta, se realizan as operacións propias de vertedura
destes residuos (abrir caixas, subir caixas abatibles, pechar portas).
23
Proceso de selección e clasificación
Na plataforma de descarga realízase unha primeira selección dos materiais máis
voluminosos e pesados. Se é necesario, mediante unha cisalla, estes materiais son
torados, á vez que se separan os posibles elementos metálicos ou doutro tipo.
Dentro das plantas de tratamento e reciclaxe, procédese a inspeccionar visualmente o
material e envíase á zona de almacenamento, no caso de que sexa material que non
haxa que tratar.
Nos demais casos procédese ao baleirado na plataforma de recepción ou descarga,
para o seu posterior tratamento.
Ademais, son separados os residuos de carácter orgánico dos considerados tóxicos e
perigosos, sendo incorporados aos circuítos de xestión específicos os residuos
perigosos.
Tras esta primeira selección, o material incorpórase á liña de selección, na cal se leva a
cabo unha dobre separación. Unha primeira denominada mecánica, mediante un
tromel, no cal se separan distintas fraccións: metálicos, madeiras, plásticos, papel e
cartón así como fraccións pétreas de distinta granulometría.
O material non clasificado incorpórase na liña de selección manual. Os elementos non
separados nesta liña constitúen o material de rexeitamento, o cal se incorpora a
vertedoiro controlado.
Todos os materiais (subprodutos) seleccionados no proceso anterior son recollidos en
colectores e almacenados nas zonas de clasificación (silos e colectores) para o seu
posterior reciclado e/ou reutilización.
24
Proceso de reciclaxe
Os materiais que poden ser reciclados,
tales como: metálicos, madeiras,
plásticos, cartóns etc., son
reintroducidos no ciclo comercial
correspondente.
Para iso necesítanse os
procedementos de valorización, co cal
se permite o aproveitamento dos
recursos e materiais contidos nos
residuos sen utilizar medios que
poidan causar prexuízos no medio.
Proceso de almacenamento
Na planta existen zonas de
almacenamento (silos e colectores)
para os diferentes materiais
(subprodutos), co fin de que cando
haxa a cantidade suficiente, proceder
á retirada e reciclaxe destes. Así
mesmo, existen zonas de abasto de
material reciclado apto para o seu uso
como áridos, ou material de recheo
en restauracións ou construción.
25
LUGARES DE TRABALLO. NAVES
Debemos facer mención aos centros de traballo, nestes incluímos as seccións onde se
desenvolven traballos de tratamento dos residuos industriais.
RISCOS
Caídas ao mesmo nivel nas zonas de traballo ou vías de paso.
Aprisionamento con elementos móbiles accesibles existentes nas zonas de traballo.
Pisadas sobre obxectos nas zonas de traballo ou vías de paso.
Aprisionamento por xiro ou desprendemento de elementos ou estruturas.
Caída de obxectos derrubados ou manipulados en estruturas de almacenamento, por xiro ou desprendemento das estruturas de almacenamento.
Golpes con obxectos almacenados, ou obxectos inmóbiles nas zonas de traballo ou vías de paso.
Atropelos ou golpes con vehículos internos ou externos.
Caídas a distinto nivel durante accesos a elementos elevados.
Contactos eléctricos coa instalación eléctrica do centro.
Explosións ou incendio por posible presenza de vapores inflamables (almacenamento de gasóleo, por exemplo).
Contacto con produtos químicos dispoñibles no centro.
26
MEDIDAS PREVENTIVAS
Durante a realización dos traballos de tratamento de residuos debemos tomar unha
serie de medidas preventivas que garantan a seguridade dos traballadores, tendo en
conta os espazos, corredores e superficies de tránsito.
ZONAS DE PASO E TRABALLO
As zonas de paso principais e os accesos aos postos de traballo deben encontrarse sen
obstáculos, mantendo unhas axeitadas condicións de orde e limpeza, e cunha anchura
abondo axeitada ao número potencial de usuarios.
Os chans do centro deben ser fixos, estables e non escorregadizos, sen irregularidades
nin pendentes perigosas, verificando mediante revisións periódicas este estado
adecuado e realizando os traballos necesarios de conservación.
As portas que abren cara a arriba deben estar provistas dun sistema de seguridade que
impida a súa caída, do mesmo xeito as portas corredizas deben dispoñer dun sistema
de seguridade que lles impida saírse dos carrís e caer.
As ventás e puntos de iluminación deben encontrarse en boas condicións que permitan
a entrada de luz natural.
As operacións de limpeza, reparación ou mantemento de elementos, instalacións e
equipos elevados (claraboias, puntos de luz, placas do teito, equipos de climatización,
depósitos, etc.), deben realizarse sen risco para os operarios responsables desta
actividade.
27
Os alzadeiros estarán protexidos para evitar a caída de obxectos ou persoas, instalando
no seu caso varandas regulamentarias en todo o perímetro, así como un sistema de
acceso seguro (preferiblemente fixo e que sobresaia polo menos 1 m por enriba da
plataforma do alzadeiro).
Prohibición de acceder a localizacións de altura superior a 2 m que non dispoñan de
protección colectiva fronte ao risco de caída.
Non acceder á zona perigosa das máquinas (radio de xiro) sen asegurarse de que foi
visto polo condutor.
Revisión e mantemento periódico das diferentes instalacións dos centros,
comprobando equipos, conducións, tomas, conexións, estado dos elementos de
seguridade que impiden a caída das portas, etc., debendo garantir o correcto estado
de uso e resistencia de todos os seus elementos.
VESTIARIOS E PRIMEIROS AUXILIOS
Os traballadores deben dispoñer de auga potable preto dos postos de traballo.
Existencia de vestiarios de doado acceso, provistos de asentos, armarios ou despachos
individuais e duchas, con auga corrente, quente e fría, separados para homes e
mulleres, ou previsto o seu uso separado, utilizados para os fins aos que están
destinados.
Debe contarse con material de primeiros auxilios, revisados periodicamente e reposto o
material caducado ou utilizado.
SINALIZACIÓNS
Deben establecerse procedementos que
garantan un control regular do
correcto estado de conservación da
sinalización do centro.
Debe sinalizarse a situación dos medios
de protección contraincendios, zonas
de paso e circulación de persoas e vehículos e uso de equipos de protección individual.
EQUIPOS CONTRAINCENDIOS
Respecto á situación dos extintores debemos ter en conta que a distancia máxima para
alcanzar o extintor máis próximo, dende calquera punto do centro de traballo, non
pode superar os 15 metros.
28
Os extintores deben ser adecuados ao tipo de lume previsible e a súa situación deberá
permitir que sexan doadamente visibles e accesibles. Deben realizarse os controis e
mantementos regulamentarios que garantan o perfecto estado dos extintores.
EVACUACIÓN
Debemos comprobar a existencia de sinalización, e no seu caso iluminado de
emerxencia en saídas, percorridos de evacuación, escaleiras de emerxencia e locais de
risco especial.
Debemos garantir que non existan impedimentos nos corredores que dificulten e/ou
obstaculicen o percorrido de evacuación.
ALMACENAMENTOS
Debemos garantir unha boa organización e
distribución dos almacenamentos, así como a
estabilidade e seguridade dos amoreamentos,
tanto pola altura coma pola forma ou
características dos materiais, respectando a
carga máxima establecida.
Correcto estado dos estantes (estrutura,
resistencia, estabilidade e fixación ao
paramento).
Comprobación periódica da estabilidade das
mercadorías almacenadas, especialmente os
amoreados de colectores metálicos, os obxectos
máis pesados nos estantes inferiores. A altura
máxima de amoreamento de envases virá
determinada pola resistencia do propio envase
e a densidade do residuo.
Deberase sinalizar claramente a situación de
cada residuo e as súas características de
perigosidade, debendo utilizar sistemas de
retención para evitar a contaminación derivada
de derramos. Os almacenamentos interiores teñen que contar con ventilación natural
ou forzada para evitar a acumulación de vapores perigosos.
As botellas de gases cheas e baleiras almacénanse en grupos separados.
29
CADROS ELÉCTRICOS
As partes activas dos cadros eléctricos deben encontrarse protexidas, dispoñendo de
protección diferencial, toma de terra ou outro sistema de protección contra contactos
indirectos. Debemos comprobar a existencia de protectores permanentes que impidan
o acceso a partes activas en cadros/armarios eléctricos, así como en cableado e tomas
de corrente, asegurando un grao de protección IP2x (para dedos).
SUBSTANCIAS QUÍMICAS
Dispoñerase de relación de produtos químicos almacenados.
Comprobar que as etiquetas dos envases orixinais dos
produtos químicos dispoñen da información requirida nas
etiquetas, así como que se dispoña de fichas de Datos de
Seguridade destes axentes.
Implantación dun procedemento de identificación,
almacenamento e eliminación de residuos, así como dun
procedemento de actuación en caso de incidentes (fugas,
derramos) nos que se vexan involucrados produtos
químicos.
Existencia de instalacións de primeiros auxilios (duchas,
lavabos) para limpeza das diferentes partes do corpo
(mans, ollos,…) ante calquera accidente, durante a
manipulación destas substancias.
Ante a existencia de almacenamentos de produtos
químicos, o almacén estará illado, convenientemente ventilado, e sinalizado...
Ante a presenza de substancias inflamables (líquidos, gases ou pos) en cantidade
abondo para xerar unha atmosfera explosiva en presenza de focos de ignición, é
necesario eliminar totalmente calquera dispersión de líquidos, gases ou pos
inflamables, de forma que non se orixine unha atmosfera potencialmente explosiva, ou
pódense suprimir os posibles focos de ignición.
30
LUGARES DE TRABALLO. CAMPA
Inclúese na presente sección a zona de patio exterior na que se desenvolve a actividade
principal da empresa, inclúense a zona de estacionamento de vehículos, zonas de
carga, descarga, procesado e almacenamento de residuos.
RISCOS
Caídas ao mesmo nivel nas zonas de traballo ou vías de paso.
Caídas a distinto nivel durante accesos a elementos elevados e/ou circulación por escaleiras.
Golpes, caídas, asfixia, explosión, por traballos no interior de arquetas.
Choques e golpes contra obxectos e elementos inmóbiles nas zonas de traballo ou vías de paso.
Pisadas sobre obxectos nas zonas de traballo ou vías de paso.
Atropelos ou golpes con vehículos internos ou externos.
Caída de obxectos derrubados, desprendidos ou manipulados durante o almacenamento de materiais.
Cortes con materiais e estruturas de almacenamento.
Contactos eléctricos coa instalación eléctrica do centro.
Contacto con produtos químicos almacenados e/ou manipulados no centro.
Explosións ou incendio por posible presenza de vapores inflamables (gasolina, gasóleo, etc.).
31
MEDIDAS PREVENTIVAS
ZONAS DE PASO E TRABALLO
As zonas de paso principais e os accesos aos postos de traballo encontraranse sen
obstáculos, manténdose en axeitadas condicións de orde e limpeza, e coa anchura
suficiente axeitada ao número potencial de usuarios.
Revisión periódica do estado do pavimento en campa, verificando que non presenta
irregularidades por desgaste e realizando os traballos necesarios de conservación, con
especial control dos pavimentos por onde se realizan os tránsitos e zonas de traballo.
Debe manterse unha correcta sinalización horizontal das vías de paso de peóns e
vehículos, delimitando claramente as vías de circulación dos equipos móbiles e dos
peóns.
Prohibición de acceder a localizacións de altura superior a 2 metros que non dispoñan
de protección colectiva fronte ao risco de caída.
Revisión e mantemento periódico das instalacións do centro, comprobando equipos,
conducións, tomas, conexións, etc., debendo garantir o correcto estado de uso e
resistencia de todos os seus elementos.
Revisión periódica das zonas de materiais almacenados e respectando vías de paso de
peóns e de circulación de vehículos despexadas.
Delimitar as zonas de almacenamento mantendo unha distancia de seguridade,
conservando unha zona despexada que permita realizar as manobras coa carreta e
outros vehículos en condicións de seguridade.
Correcto balizamento, delimitación e sinalización das zonas recoñecidas como
perigosas, garantindo a ausencia de actividades incompatibles ou tarefas que poidan
afectar ao traballador ou a terceiros.
Requirirase a presenza de recurso preventivo durante os
diferentes traballos con risco grave, como por exemplo
caída de altura ou acceso a espazos confinados.
SINALIZACIÓN
Deben establecerse procedementos que garantan un
control regular do correcto estado de conservación da
sinalización do centro.
32
Debe sinalizarse a situación dos medios de
protección contraincendios, zonas de paso e
circulación de persoas e vehículos e uso de equipos
de protección individual.
Delimitaranse as zonas destinadas para
permanencia obrigatoria de persoal externo en
campa (condutores de vehículos en proceso de
carga/descarga) e as vías de acceso.
Establecer na campa as sinalizacións necesarias
tales como risco de cargas suspendidas, a
advertencia de maquinaria pesada en movemento
e a advertencia de risco de tropezos.
EQUIPOS CONTRAINCENDIOS
Os extintores deben ser os axeitados ao tipo de lume previsible.
Comprobacións periódicas de que os extintores se encontran colocados de forma que a
parte superior destes está situada a menos de 1.7 m de altura, a accesibilidade,
sinalización, e bo estado aparente de conservación
Comprobación periódica da ausencia de materiais almacenados en campa que
dificulten o acceso ás zonas de equipos de loita contra incendios.
EVACUACIÓN
Debemos garantir que non existan impedimentos nos corredores que dificulten e/ou
obstaculicen o percorrido de evacuación.
Debemos comprobar a existencia de sinalización e no seu caso iluminado, de
emerxencia en saídas, percorridos de evacuación, escaleiras de emerxencia e locais de
risco especial.
ALMACENAMENTOS
Garántese a estabilidade dos amoreamentos, tanto pola altura coma pola forma ou
características dos materiais.
Os traballos de almacenamento de residuos por tipoloxía, ata o seu procesado ou
carga deben garantir un bo estado de organización, respectando vías de paso para
acceso ás zonas de traballo principais.
33
A altura máxima de amoreamento de envases virá determinada pola resistencia do
propio envase e a densidade do residuo.
Deberase sinalizar claramente a situación de cada residuo e as súas características de
perigosidade, debéndose utilizar sistemas de retención para evitar a contaminación
derivada de derramos.
CADROS ELÉCTRICOS
As partes activas dos cadros eléctricos deben encontrarse protexidas, dispoñendo de
protección diferencial, toma de terra ou outro sistema de protección contra contactos
indirectos. Debemos comprobar a existencia de protectores permanentes que impidan
o acceso a partes activas en cadros/armarios eléctricos, así como en cableado e tomas
de corrente, asegurando un grao de protección IP2x (para dedos).
SUBSTANCIAS QUÍMICAS
Dispoñerase de relación de produtos químicos almacenados.
Comprobar que as etiquetas dos envases orixinais dos produtos químicos dispoñen da
información requirida nas etiquetas, así como que se dispoña de fichas de Datos de
Seguridade destes axentes. Para aqueles que non a requiren (residuos, produtos
intermedios...), dispoñer de información abondo.
Implantación dun procedemento de identificación, almacenamento e eliminación de
residuos de acordo coa normativa específica de aplicación, así como dun
procedemento de actuación en caso de incidentes (fugas, derramos) nos que se vexan
involucrados produtos químicos.
Ante a existencia de
almacenamentos de produtos
químicos, o almacén estará illado,
convenientemente ventilado, e
sinalizado...
Ante a presenza de substancias
inflamables (líquidos, gases ou pos)
en cantidade abondo para xerar
unha atmosfera explosiva en
presenza de focos de ignición, é necesario eliminar totalmente calquera dispersión de
líquidos, gases ou pos inflamables, de forma que non se orixine unha atmosfera
potencialmente explosiva, ou pódense suprimir os posibles focos de ignición.
34
POSTOS DE TRABALLO. CHOFER
O chofer conducirá o camión que recollerá os residuos industriais en orixe e
transportaraos ata as plantas de tratamento ou eliminación. Unha vez en destino, o
chofer iniciará as operacións de descarga na zona determinada para iso.
RISCOS
Caída de persoas a distinto nivel. Por caída ao subir ou baixar dos vehículos, caída ao foso de descarga ou durante as operacións de retirada do toldo das caixas dos camións.
Caída de obxectos desprendidos. Pola caída de residuos nas operacións de apertura das caixas dos vehículos ou a retirada dos toldos.
Pisadas sobre obxectos. Pola presenza de obxectos punzantes ou cortantes na zona de descarga.
Proxección de fragmentos ou partículas. Provocado pola fragmentación de residuos durante a operación de carga e descarga.
Aprisionamento por ou entre obxectos. Pola caída de caixas, colectores ou autocompactadores.
Aprisionamento por xiro de máquinas ou vehículos. Por xiro do camión ou a súa caída ao foso durante a operación de descarga.
Incendios. Existe a posibilidade de que, por distintos motivos (chegada dun camión coa súa carga acendida, por autoinflamación dun produto, etc.) se poida orixinar un incendio no box ou no foso de descarga.
Atropelos ou golpes con vehículos. Derivado da circulación de persoas e vehículos por esta zona.
35
MEDIDAS PREVENTIVAS
OPERACIÓNS DE COMPROBACIÓN DO ESTADO DO VEHÍCULO. POSTA EN MARCHA
Antes de empezar o traballo, comprobar os distintos niveis de líquido do vehículo,
sempre en frío e co motor parado. Comprobar o bo estado das rodas, luces,
intermitentes, sinais acústicos de movemento do camión, o funcionamento do faro
rotativo ámbar, focos de traballo, avisador de marcha atrás e outros mecanismos como
o elevador, así como mandos de parada, faro de emerxencia, estribos e asas.
Evidenciar que as avarías detectadas no parte do día anterior se emendasen e que se
siga o mantemento preventivo do vehículo.
Levarase o uniforme de traballo cos reflectantes. Evitar levar colgantes e pulseiras.
Prohíbese beber alcohol antes e durante o traballo.
Ao sentarse ao volante as costas deben estar rectas, os brazos chegar comodamente
ao volante e a todos os mandos e as pernas aos pedais.
Iniciar a marcha seguindo escrupulosamente a ruta e as instrucións dadas. En caso de
dúbida, preguntar. Estar atentos ao traballo e á circulación. Respectar o código de
circulación.
OPERACIÓNS DE CARGA
Antes de iniciar calquera manobra e, sobre todo, a marcha atrás, localizarase
visualmente a peóns, asegurándonos de que non están no noso radio de acción. Se é
necesario, un operario facilitaranos a manobra por medio de sinais.
É necesario sinalizar e delimitar a zona de permanencia obrigatoria dos condutores dos
vehículos en proceso de carga/descarga.
Procurar deter o camión os máis preto posible do colector.
Os operarios aseguraranse de que non pase ninguén, nin eles mesmos, por debaixo do
percorrido da pluma.
Non se deberá elevar o colector ata que estea perfectamente enganchado.
Ao abrir as comportas inferiores do colector asegurarse que está situado no centro da
caixa do camión. Seguidamente pararase a pluma. Desengancharase o colector e
recollerase cando este se encontre en condicións óptimas. Colocar a pluma na posición
correcta para poder conducir o camión.
36
Asegurar que durante esta manobra non se golpea a outras persoas ou vehículos.
Verificar que os puntos de recollida de residuos quedan en bo estado.
OPERACIÓNS DE TRANSPORTE
Co vehículo en movemento ir a unha velocidade moderada, para evitar posibles caídas
das cargas. Nas rúas estreitas extremar as precaucións, poden aparecer persoas, ou os
coches aparcados poden abrir de súpeto a porta.
Se debe deter o vehículo por unha avaría, sinalizar axeitadamente o vehículo. Se hai
que parar nunha pendente debe calzarse axeitadamente e frealo, coas rodas cara ao
bordo da beirarrúa. Poñer o feito en coñecemento da persoa responsable.
OPERACIÓNS DE DESCARGA
Unha vez realizado o trámite de
acceso á planta de tratamento dos
residuos industriais, o transportista
diríxese á zona de descarga, que
pode tratarse tanto dun foso de
acumulación coma dun box de
descarga onde, xa sexa o propio
condutor ou coa axuda dalgún
operario da planta, se realizan as
operacións propias de vertedura
destes residuos (abrir caixas, subir
caixas abatibles, pechar portas).
Debemos situar o camión no lugar indicado, verificar que non haxa ninguén detrás do
vehículo para evitar que a carga poida caerlle e proceder á descarga situándonos nun
lugar seguro.
Colocar o camión o máis preto
posible do lugar de baleirado.
Cando se vaia baleirar o camión
asegurarase que a pluma non
interfire na elevación hidráulica
da caixa.
37
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE BÁSCULA
O operador de báscula realiza a pesaxe de todos os vehículos que acceden ou saen da
planta para elaborar os distintos tíckets de báscula. Rexistran a documentación
correspondente de camións externos para o arquivo de entradas e saídas de material.
Ademáis realizan informes de seguimento dos camións propios para presentalos a
loxística e toman información relativa ao material entrante para facilitar ao Encargado
a clasificación deste no interior da planta.
RISCOS
Pisadas sobre obxectos por presenza de materiais nas zonas de paso.
Caídas ao mesmo nivel durante os desprazamentos realizados.
Atropelos ou golpes con vehículos durante os desprazamentos por zonas con paso de vehículos
Caída de obxectos desprendidos por permanecer nas inmediacións de operacións de carga / descarga de materiais.
Contactos eléctricos por manipulación básica da instalación eléctrica.
Golpes con obxectos ou ferramentas co material de oficina.
Fatiga física, visual e mental.
Riscos e medidas preventivas derivados do uso dos equipos que inclúan pantallas de visualización.
Estrés laboral.
38
MEDIDAS PREVENTIVAS
Prohibición de permanecer nas inmediacións de vehículos en movemento ou de
maquinaria traballando.
Prohibición de situarse ou transitar baixo as cargas suspendidas.
Uso de Equipos de protección individual (Calzado de seguridade, Casco de protección,
Roupa de alta visibilidade, Luvas de protección contra risco mecánico).
Cumprimento das medidas preventivas para persoal de oficina tales como o uso de
Mobiliario de oficina ergonómico, Pantalla orientable, inclinable e libre de reflexos
producidos por fontes de luz, teclado inclinable e independente da pantalla.
Os operarios deberán dispoñer de espazo abondo entorno ao posto de traballo, acceso
a esta zona, para poder sentarse e/ou levantarse sen dificultade, apoio das mans e/ou
antebrazos cando se utiliza o teclado ou rato, para permitir unha posición cómoda.
A cadeira de traballo será estable, confortable e cos mecanismos de regulación
necesarios, de acordo ás directrices ergonómicas existentes.
39
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE PLANTA
O traballo desenvólvese fundamentalmente de pé, manexando manualmente pezas
durante as cargas e descargas dos camións e realizando a posterior clasificación. As
tarefas do operario de planta son, principalmente:
Seleccionar, recuperar e clasificar os materiais correspondentes á zona de
traballo (campa, nave de metais...): metais inoxidables, residuos perigosos,
RAEE's...
Limpeza e acondicionamento de zonas de traballo para manter ordenada e
despexada a zona de traballo.
Realizar tarefas de mantemento básico dos equipos.
Manipular residuos perigosos (baterías), estas descárganse dos vehículos e
almacénanse en colectores para logo proceder á carga do camión. Non se
realiza ningunha outra manipulación nin mantemento das baterías.
Carga e descarga de forma manual dos materiais dos vehículos que chegan a
planta en colaboración coas carretillas e puntualmente retroescavadoras.
Paletización e/ou posta en colectores de mercadoría.
Para a realización destas tarefas utilízanse ferramentas manuais e eléctricas, equipos
pneumáticos, hidráulicos, así como equipos para o manexo mecánico de cargas,
vehículos automotores e plataformas Elevadoras Móbiles para Persoas (PEMP).
40
RISCOS
Cortes con elementos punzantes.
Atropelos ou golpes con vehículos.
Golpes no movemento das cargas con equipos de elevación.
Caída de obxectos almacenados.
Caídas ao mesmo nivel
Golpes con obxectos almacenados e caída dos mesmos.
Caída de cargas transportadas.
Caídas a distinto nivel na utilización de escaleiras de man.
Contactos eléctricos Manipulación básica da instalación eléctrica.
Proxección de partículas.
Aprisionamento entre obxectos durante os accesos ás zonas de traballo da cisalla e a prensa de metais grande para quitar atoamentos...
Proxección de fluído líquido.
Caída de obxectos manipulados durante o uso dos equipos de elevación.
Proxección de partículas proxectadas por ferramentas pneumáticas.
Cortes durante as tarefas de clasificación.
Aprisionamentos contra elementos fixos nos desprazamentos das cargas con equipos de elevación.
Aprisionamentos e cortes no manexo de ferramentas no manexo de ferramentas que utilicen enerxía hidráulica.
Contacto con substancias cáusticas e/ou corrosivas cos electrólitos das baterías durante a manipulación destas.
Contacto con produtos químicos.
Exposición a axentes químicos por vía inhalatoria. Fibras ou ácidos das baterías.
Exposición a axentes químicos canceríxenos e/ou mutáxenos por vía dérmica.
Exposición a axentes físicos (ruído) durante os traballos no interior da naves, coa maquinaria traballando, e nas descargas de metais.
Exposición a axentes físicos (vibracións corpo enteiro). Utilización das carretas elevadoras,...
Exposición a condicións climatolóxicas adversas. Realización de traballos en exteriores.
Cortes e sobreesforzo por manipulación manual de cargas durante as tarefas de clasificado de materiais.
Sobreesforzo por exposición a posturas de traballo inadecuadas ou forzadas durante as tarefas de clasificación de metais, tratamento de RAEE's...
41
MEDIDAS PREVENTIVAS
Manter un correcto estado de orde e limpeza en zonas de traballo e de tránsito.
É necesario delimitar as zonas de traballo ante a posibilidade de atropelos e golpes.
Autorizar por escrito ós traballadores para a utilización dos distintos equipos de traballo.
Prohibición de acceder á zona perigosa (radio de xiro) das retroescavadoras sen asegurarse de que foron vistos polo condutor.
Prohibición de situarse ou transitar baixo as cargas suspendidas.
Correcto estado das ferramentas manuais e/ou eléctricas.
Correcto estado das escaleiras de man.
Os equipos disporán de marcado CE, disponse de manual de instrucións dos equipos utilizados.
Uso de EPI´s (Equipos de Protección Individual) adecuados ó traballo a realizar:
Calzado de seguridade.
Casco de protección.
Vestiario de protección de alta visibilidade.
Lentes de protección ocular.
Luvas de protección fronte a riscos mecánicos, e fronte a risco químico.
Máscara auto filtrante contra partículas.
Roupa de protección tipo 5 desbotable e de protección para uso contra partículas sólidas.
Protección auditiva.
Roupa de protección contra o frío ou o mal tempo e de protección contra a chuvia.
42
A apertura das portas das caixas dos camións realizarase de forma que o traballador non permaneza na zona de apertura desta nin na zona do ferrollo.
Non se accederá ás zonas de traballo da cisalla e a prensa de metais grande sen asegurarse de que a máquina foi posta fóra de servizo.
Utilización dos EPIs xa que se xeran axentes químicos perigosos no posto de traballo e é posible o risco por inhalación, absorción/contacto a través da pel/ollos, inxestión ou penetración por vía parenteral, así como a exposición vía inhalatoria de axentes químicos perigosos durante a xornada (presentación en forma de gas, vapor, néboas, fumes, po...).
Deberá prohibirse expresamente comer, beber e fumar nos lugares en que se realicen traballos con exposición a fibras.
Ante a posibilidade de presenza de axentes canceríxenos ou mutáxenos na empresa (subprodutos, produtos intermedios, residuos, etc.), débese limitar o número de traballadores expostos. Ademais deberá elaborarse un procedemento escrito sobre a manipulación destes axentes, que inclúa as medidas de seguridade a adoptar. Neste procedemento incluirase a prohibición expresa de entrar en contacto directo cos devanditos axentes.
Formación teórico práctica suficiente e adecuada, riscos e recomendacións básicas de seguridade no manexo de equipos de traballo.
As tarefas de mantemento realizaranse cos equipos parados, ademais é obrigatorio traballar con roupa cinguida e sen elementos que se poidan enganchar (reloxo, cadea, etc.).
As operacións de axuste, reparación e mantemento dos equipos, realizaranse de acordo ao contido do manual de instrucións do fabricante do equipo.
Dentro da xornada realizaranse pausas de traballo en lugares que diminúan a exposición a calor, disporase de auga ou bebidas isotónicas para a hidratación.
Disporase de roupa de protección contra o frío ou o mal tempo.
Os operarios deberán recibir formación en materia de manipulación manual de cargas.
As condicións dos lugares de traballo (orde, limpeza, accesos, desniveis, iluminación) deben permitir unha manipulación correcta.
Deberán utilizar os equipos de protección individual específicos ós traballos de manipulación de cargas que poidan supoñer risco de corte, picada ou caída de obxectos nos pés, ademais doutros que poden ocasionar queimaduras por contacto.
43
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE CAMIÓN GRÚA
A función principal do operario que manexa este equipo de traballo é a manipulación de residuos, durante as operacións de carga e descarga de camións e colectores. A maquinaria que se usa nese posto de traballo é un equipo de elevación tipo pluma, que se encontra incorporado a un vehículo portante tipo camión.
RISCOS
Caída de persoas a distinto nivel.
Caídas de persoas ao mesmo nivel.
Caída de obxectos na súa manipulación.
Caída de obxectos desprendidos.
Pisadas sobre obxectos.
Golpes contra obxectos inmóbiles
Proxección de fragmentos ou partículas.
Aprisionamentos por e entre obxectos.
Aprisionamentos por envorco da máquina.
Contactos térmicos e contactos eléctricos.
Incendios.
Atropelos, golpes ou choques con ou contra vehículos
Enfermidades profesionais derivados da exposición a ruídos e vibracións.
44
MEDIDAS PREVENTIVAS
Empregarase maquinaria que dispoña de marcado CE, declaración de conformidade e manual de instrucións, ou que se someteran a un procedemento de conformidade segundo o RD 1215/97.
Recoméndase que dispoña de avisador luminoso de tipo rotatorio ou flash.
Deberá estar dotado de sinal acústica de marcha atrás.
Deberá garantirse en todo momento a comunicación entre o condutor e o encargado da descarga.
Antes de iniciar os traballos, comprobar que todos os dispositivos do camión responden correctamente, estando en correcto estado.
Asegurar a máxima visibilidade do camión grúa.
Manter limpa e ordenada a cabina e a zona de manobra.
Subir e baixar do camión unicamente mediante a escaleira prevista polo fabricante.
O operador deberá limpar o calzado antes de utilizar a escaleira de acceso, así como subir e baixar sempre de cara ó camión, empregando as dúas mans .
Verificar a existencia dun extintor no camión.
O vehículo ha de instalarse en terreo compacto. En terreos non asfaltados, ter en conta a influencia da humidade do solo, despois das choivas.
Situar o guindastre nunha zona segura con respecto ó vento, suspendendo a actividade en caso de fortes vendavais.
Prohíbese a utilización do guindastre como elemento de transporte de persoas, excepto no caso de que a máquina estea prevista para este fin e dispoña dos accesorios axeitados previstos polo fabricante.
Prohíbese a presenza de traballadores ou terceiros no radio de acción da máquina.
En traballos en zonas de servizos afectados ou cando non se dispoña de boa visibilidade requirirase a colaboración dun sinalista.
En proximidade a cables eléctricos, identificar primeiro a tensión dos cables e respectar a distancia de seguridade: 3, 5 ou 7 metros en función da mesma.
Ademais de respectar todas as normas de seguridade na vía, estremaranse as precaucións nas inmediacións dos accesos á obra, que deberán estar sinalizados. Solicitar a colaboración dun sinalista en caso necesario.
Antes de comezar a carga ou descarga estabilizar a máquina estendendo os gatos e calzando as rodas.
45
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE PA CARGADORA
A función principal do posto é a manipulación de residuos en planta: alimentación de prensa, distribución e organización de materiais en zonas de descarga. A maquinaria que se usa nese posto de traballo é a pa cargadora.
RISCOS
Caída de obxectos desprendidos durante a manipulación mecánica.
Envorco da máquina
Golpes producidos pola pa nos desprazamentos ou pola cabina de manobra durante o seu movemento de rotación.
Contactos eléctricos, manipulación básica da instalación eléctrica.
Caídas a distinto nivel ao subir ou baixar da máquina.
Proxección de partículas durante as revisións do sistema hidráulico da maquinaria.
Aprisionamento entre obxectos durante as operacións de mantemento se hai que acceder aos órganos de transmisión dos equipos.
Colisións entre máquinas.
Incendios nas operacións de recarga das máquinas.
Contacto con produtos químicos. Cos produtos utilizados no mantemento básico das máquinas.
Exposición a axentes físicos (ruído).
Exposición a axentes físicos (vibracións corpo enteiro) durante o manexo das retroescavadoras.
Exposición a condicións climatolóxicas adversas durante a realización de traballos en exteriores.
Sobreesforzo por exposición a posturas de traballo inadecuadas ou forzadas. Postura sentado durante a condución dos equipos.
Lesións por movementos repetitivos de extremidades superiores.
Estrés laboral.
46
MEDIDAS PREVENTIVAS
Manter ordenada e despexada a zona de traballo.
Recoméndase que dispoña de avisador luminoso de tipo rotatorio ou flash.
Durante un traballo con equipo de empuxe, é necesario vixiar para non expoñerse a
derrubamentos perigosos. Por elo non debe utilizarse toda a altura de ataque da pa.
Deberá estar dotado de sinal acústica de marcha atrás.
Organizar o material para facilitar a clasificación e distribución deste.
Alimentar os diferentes equipos produtivos (fragmentadoras, cisallas,...) para aplicar os
distintos procesos industriais ao residuo.
Cando a máquina finalice o seu
traballo, a batería quedará
desconectada, a pa apoiada sobre
o chan e a chave de contacto non
quedará posta.
Uso de Equipos de protección
individual (Roupa de traballo de
alta visibilidade, Calzado de seguridade, Casco de seguridade cando non se encontran
na cabina de mando, luvas de protección para a realización doutros traballos
relacionados: limpeza e mantemento da máquina
Obriga de deter as operacións no momento no que se detecte persoas na zona de
acción da maquinaria.
Prohibición de gabear polos montóns de ferralla e de permanecer nas inmediacións
cando se está a manipular.
Prohibición de situarse ou transitar baixo as cargas suspendidas.
Manter actualizado o listado de persoas autorizadas para o uso das retroescavadoras.
Operacións de mantemento nos equipos de traballo (Consignación dos equipos e
secuencia de actuación para as distintas operacións de mantemento do equipo de
traballo).
Os operarios deberán recibir formación teórico práctica abondo respecto aos riscos e
medidas preventivas no manexo de equipos de traballo móbiles para a elevación de
cargas.
47
As operacións de mantemento sobre os equipos realizaranse coa máquina parada.
Manter en correcto estado as ferramentas manuais e/ou eléctricas.
Realizar os mantementos preventivos dos vehículos automotores.
Debe dispoñerse das Fichas de Seguridade dos produtos químicos.
Deben realizarse as medicións no posto de traballo para comprobar os niveis de ruído
diario equivalente e o nivel de pico, en caso de superar os niveis mínimos deberán
tomarse medidas técnicas e/ou organizativas.
Realízanse traballos sobre superficies capaces de transmitir vibracións ao corpo do
traballador, polo que se deben valorar os niveis de vibracións.
Os equipos de traballo deben dispoñer de marcado CE e manual de instrucións.
Os novos equipos adquiridos seleccionaranse co obxecto de que sexan os que menor
nivel de vibración poidan transmitir.
Os traballadores deberán recibir información sobre os Riscos aos que están expostos
nos seus postos de traballo e coñecer as Medidas Preventivas.
Adoptaranse medidas organizativas que reducen a exposición a calor, frío ou mal
tempo.
Disporase de auga ou bebidas isotónicas para a hidratación.
Dentro da xornada realizaranse pausas de traballo en lugares que diminúan a
exposición a calor.
48
Disporase de roupa de protección, equipos de protección individual ou outras medidas
(cremas de protección) que protexan da radiación solar e o frío.
Utilizarase roupa de traballo ou equipos de protección individual que impidan ou
dificulten a eliminación da calor.
Dentro da xornada realizaranse pausas de traballo en lugares que eviten a exposición
directa ao sol.
Como existen ou se xeran axentes químicos perigosos no posto de traballo e é posible
o risco por inhalación, absorción/contacto a través da pel/ollos, inxestión ou
penetración por vía parenteral, deben establecerse procedementos tales como que o
traballador se cubra as feridas e/ou erosións da pel, prohibición de comer, beber e
fumar nos lugares en que se realicen traballos con exposición a fibras.
Deberase proceder a balizar a zona na que se depositase o residuo con fibras, unha vez
dentro das instalacións da Empresa.
Xa que se adoptan posturas estáticas de pé ou sentado (máis de 2 horas/día
continuadas), sen posibilidade de realizar cambios posturais por vontade ou pequenas
pausas para aliviar a fatiga acumulada é necesario que os operarios reciban formación
e información sobre exercicios posturais de costas e ergonomía en postos de manexo
de vehículos.
O traballo realizado implica movementos repetidos similares das extremidades
superiores cada poucos segundos, polo que é necesario que os operarios reciban
formación e información sobre riscos e medidas preventivas derivados da realización de
traballos repetitivos.
Prohibir a traballadores non acreditados a realización de traballos que impliquen
manexo de maquinaria que represente un marcado perigo de accidentes (uso da
retroescavadora, mantemento máquinas...).
49
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE
RETROESCAVADORA DE MANIPULACIÓN
A función principal do posto é a manipulación
de residuos en planta: carga e descarga de
camións e colectores, alimentación de
máquinas, distribución e organización de
materiais. A maquinaria que se usa nese posto
de traballo é a retroescavadora de
manipulación dotada de imán ou pinza
hidráulica de manipulación (polbo).
50
RISCOS
Caídas ao mesmo nivel, tropezos
con materiais nas zonas de paso.
Caída de obxectos desprendidos
durante a manipulación mecánica
da ferralla.
Pisadas sobre obxectos, presenza
de ferralla punzante nas vías de
paso.
Atropelos ou golpes con vehículos
durante os desprazamentos polo
patio coas retroescavadoras,
carretas e camións presentes.
Contactos eléctricos, manipulación
básica da instalación eléctrica.
Caídas a distinto nivel ao subir ou
baixar da máquina.
Proxección de partículas durante as
revisións do sistema hidráulico da
maquinaria.
Aprisionamento por xiro durante a
utilización da retroescavadora.
Golpes con obxectos ou
ferramentas durante a utilización
de ferramentas manuais.
Aprisionamento entre obxectos
durante as operacións de
mantemento se hai que acceder
aos órganos de transmisión dos
equipos.
Atropelos ou golpes con vehículos
por acceder á zona perigosa (radio
de acción) da máquina.
Colisións entre máquinas.
Incendios nas operacións de
recarga das máquinas.
Proxección de líquidos durante as
operacións de mantemento.
Contacto con produtos químicos.
Cos produtos utilizados no
mantemento básico das máquinas.
Exposición a axentes físicos (ruído e
vibracións de corpo enteiro)
durante o manexo das
retroescavadoras.
Exposición a condicións
climatolóxicas adversas durante a
realización de traballos en
exteriores.
Exposición a axentes químicos por
inhalatoria. Inhalación de fibras.
Sobreesforzo por exposición a
posturas de traballo inadecuadas
ou forzadas. Postura sentado
durante a condución dos equipos.
Lesións por movementos repetitivos
de extremidades superiores.
Estrés laboral.
51
MEDIDAS PREVENTIVAS
Os operarios deberán recibir formación teórico práctica abondo respecto aos riscos e
medidas preventivas no manexo de equipos de traballo móbiles para a elevación de
cargas.
Prohibir a traballadores non acreditados a realización de traballos que impliquen
manexo de maquinarias que represente un marcado perigo de accidentes (uso da
retroescavadora, mantemento máquinas...).
Manter actualizado o listado de persoas autorizadas para o uso das retroescavadoras.
Obriga de deter as operacións no momento no que se detecte persoas na zona de
acción da maquinaria.
Cando a máquina finalice o seu traballo, a batería quedará desconectada, a pa apoiada
sobre o chan e a chave de contacto non quedará posta.
Débese traballar con estabilizadores.
Prohibición de situarse ou transitar baixo as cargas suspendidas.
Levar a cabo operacións regulares de mantemento nos equipos de traballo, estas
realizaranse coa máquina parada.
Durante o traballo habitual, no interior da cabina, non é necesaria a utilización de EPI's,
non obstante, os traballadores deberán utilizar:
Roupa de traballo de alta visibilidade.
Calzado de seguridade (S3) EN-345.
Casco de seguridade EN-397, cando non se encontren na cabina de mando.
Luvas de protección EN-388, para a realización doutros traballos relacionados: limpeza e mantemento da máquina.
Os EPIs relacionados coa utilización de ferramentas manuais que se utilicen durante o mantemento (por exemplo, lentes de protección, etc.)
Deben realizarse as medicións no posto de traballo para comprobar os niveis de ruído
diario equivalente e o nivel de pico, en caso de superar os niveis mínimos deberán
tomarse medidas técnicas e/ou organizativas, xa que o traballador está exposto a ruído
proveniente da propia máquina manexada, do movemento de ferrallas e os seus golpes
e doutros vehículos circulando arredor súa ou na proximidade de prensas ou cisallas.
52
Realízanse traballos sobre superficies capaces de transmitir vibracións ao corpo do
traballador, polo que deben valorarse os niveis e unha vez comprobados os resultados
establecer as medidas a adoptar como rotación de postos
Os equipos de traballo deben dispoñer de marcado CE e manual de instrucións.
Os novos equipos adquiridos selecciónanse co obxecto de que sexan os que menor
nivel de vibración poidan transmitir.
Adoptaranse medidas organizativas que reducen a exposición a calor, frío ou mal
tempo. Disporase de auga ou bebidas isotónicas para a hidratación. Realizaranse
pausas de traballo en lugares que diminúan a exposición a calor. Utilizarase roupa de
protección, equipos de protección individual ou outras medidas (cremas de protección)
que protexan da radiación solar e o frío.
Como existen ou se xeran axentes químicos perigosos no posto de traballo e é posible
o risco por inhalación, absorción/contacto a través da pel/ollos, inxestión ou
penetración por vía parenteral, deben establecerse procedementos tales como que o
traballador se cubra as feridas e/ou erosións da pel, prohibición de comer, beber e
fumar nos lugares en que se realicen traballos con exposición a fibras.
Xa que se adoptan posturas estáticas de pé ou sentado (máis de 2 horas/día
continuadas), sen posibilidade de realizar cambios posturais por vontade ou pequenas
pausas para aliviar a fatiga acumulada é necesario que os operarios reciban formación
e información sobre exercicios posturais de costas e ergonomía en postos de manexo
de vehículos.
O traballo realizado implica movementos repetidos similares das extremidades
superiores cada poucos segundos polo que é necesario que os operarios reciban
formación e información sobre riscos e medidas preventivas derivados da realización de
traballos repetitivos.
53
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE PRENSA
EMPAQUETADORA
O operador de prensa empaquetadora encárgase de alimentar e manexar a prensa de
residuos, coa axuda dunha carretilla elevadora, dunha pa cargadora coas que se
recollen os materiais almacenados nas inmediacións e se introducen na prensa. O
operario manexa a prensa mediante un mando situado nas inmediacións da máquina.
A máquina realiza paquetes os cales son manipulados de novo cando son expulsados
pola prensa empaquetadora.
RISCOS
Caídas ao mesmo nivel por
materiais nas zonas de paso
Atropelos ou golpes con vehículos
que circulan polas instalacións.
Caída de obxectos manipulados na
saída dos bloques da prensa.
Cortes por contactos accidentais co
material almacenado.
Caída de obxectos desprendidos
pola manipulación mecánica de
materiais na alimentación da
prensa, na manipulación dos
bloques e na descarga de materiais.
Pisadas sobre obxectos, anacos de
metais en zonas de paso.
Caídas a distinto nivel (>2 metros).
Contacto eléctrico por operacións
elementais (conexión e desconexión
de equipos).
Contactos eléctricos, manipulación
básica da instalación eléctrica.
Golpes con obxectos ou ferramentas
durante a utilización de ferramentas
manuais.
Aprisionamento entre obxectos
durante a retirada de atoamentos da
máquina, mantemento básico desta.
Caídas a distinto nivel ao subir ou
baixar da máquina ou da grúa de
alimentación.
Proxección de fluídos durante as
revisións do sistema hidráulico da
maquinaria.
Riscos e medidas preventivas na
exposición a ruído.
Exposición a axentes físicos
(vibracións corpo enteiro) durante o
manexo da retroescavadora en
tarefas de alimentación da prensa.
54
MEDIDAS PREVENTIVAS
Os traballadores deben recibir
información sobre os Riscos aos que
están expostos nos seus postos de
traballo e coñecer as Medidas
Preventivas, incluíndo o manexo dos
equipos de traballo.
Obriga de deter as operacións no
momento de que se detecten persoas
na zona de acción da maquinaria.
Os operarios deberán utilizar os EPI ´
s (Calzado de seguridade, Casco de
protección, Vestiario de protección de
alta visibilidade, Lentes de protección
ocular, Luvas de protección contra
risco mecánico).
Manter actualizado o listado de
persoas autorizadas para o uso da
maquinaria.
Os operarios deberán recibir
formación teórico práctica abondo
respecto aos riscos e medidas
preventivas no manexo e
manipulación manual de cargas.
As operacións de mantemento sobre os equipos realizaranse coa máquina parada.
Prohibir a traballadores non acreditados a realización de traballos que impliquen
manexo de máquinas que represente un marcado perigo de accidentes.
Os equipos de traballo deben dispoñer de marcado CE e manual de instrucións.
Deben realizarse as medicións no posto de traballo para comprobar os niveis de ruído
diario equivalente e o nivel de pico, en caso de superar os niveis mínimos deberán
tomarse medidas técnicas e/ou organizativas.
55
Necesariamente os operarios recibirán formación e información sobre exercicios
posturais e ergonomía.
O traballo realizado implica movementos repetidos similares das extremidades
superiores cada poucos segundos polo que é necesario que os operarios reciban
formación e información sobre riscos e medidas preventivas derivados da realización de
traballos repetitivos.
Os novos equipos adquiridos selecciónanse co obxecto de que sexan os que menor
nivel de vibración poidan transmitir.
Adoptaranse medidas organizativas que reducen a exposición a calor, frío ou mal
tempo. Disporase de auga ou bebidas isotónicas para a hidratación. Realizaranse
pausas de traballo en lugares que diminúan a exposición ó calor. Utilizarase roupa de
protección, equipos de protección individual ou outras medidas (cremas de protección)
que protexan da radiación solar e do frío.
56
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE PRENSA
EMPAQUETADORA GRANDE
O operador de prensa empaquetadora grande encárgase de alimentar e manexar a
prensa de metais grande, dende unha grúa fixa instalada na máquina, coa que se
recollen os materiais almacenados nas inmediacións e se introducen na prensa.
O operario manexa a prensa mediante un mando a distancia dende a grúa fixa.
A máquina realiza paquetes os cales son manipulados por outros traballadores cando
son expulsados pola prensa empaquetadora.
57
RISCOS
Atropelos ou golpes con vehículos
que circulan polas instalacións.
Caída de obxectos manipulados na
saída dos bloques da prensa.
Cortes por contactos accidentais co
material almacenado.
Caída de obxectos desprendidos
pola manipulación mecánica de
materiais na alimentación da
prensa, na manipulación dos
bloques e na descarga dos
mesmos.
Pisadas sobre obxectos, anacos de
metais en zonas de paso.
Choques contra obxectos móbiles
coas retroescavadoras realizando
xiros na nave.
Caídas a distinto nivel (>2 metros).
Contacto eléctrico por operacións
elementais (conexión e desconexión
de equipos).
Proxección de líquidos
manipulación do sistema hidráulico
das retroescavadoras.
Contactos eléctricos, manipulación
básica da instalación eléctrica.
Golpes con obxectos ou
ferramentas durante a utilización
de ferramentas manuais.
Aprisionamento entre obxectos
durante a retirada de atoamentos
da máquina, mantemento básico
desta.
Caídas a distinto nivel ao subir ou
baixar da máquina ou da grúa de
alimentación.
Choques contra obxectos móbiles
cos equipos móbiles que circulan
polas instalacións.
Proxección de fluídos durante as
revisións do sistema hidráulico da
maquinaria.
Caída de cargas transportadas.
Riscos e medidas preventivas na
exposición a ruído.
Exposición a axentes físicos
(vibracións corpo enteiro) durante o
manexo da retroescavadora en
tarefas de alimentación da prensa.
Exposición a condicións
climatolóxicas adversas durante a
realización de traballos en
exteriores.
58
MEDIDAS PREVENTIVAS
Os operarios deberán recibir formación teórico práctica abondo respecto aos riscos e
medidas preventivas no manexo dos equipos de traballo.
Manter actualizado o listado de persoas autorizadas para o uso dos equipos de
alimentación.
Os operarios deberán recibir formación teórico práctica abondo respecto aos riscos e
medidas preventivas no manexo de equipos de traballo móbiles para a elevación de
cargas.
Prohibir a traballadores non acreditados a realización de traballos que impliquen o
manexo de máquinas que represente un marcado perigo de accidentes (uso da
retroescavadora, mantemento maquinas...).
Obriga de deter as operacións no momento de que se detecten persoas na zona de
acción da maquinaria.
Os operarios deberán utilizar os EPI´s (Calzado de seguridade, Casco de protección,
Vestiario de protección de alta visibilidade, Lentes de protección ocular, Luvas de
protección contra risco mecánico).
As operacións de mantemento sobre os equipos realizaranse coa máquina parada.
Deben realizarse as medicións no posto de traballo para comprobar os niveis de ruído
diario equivalente e o nivel de pico, en caso de superar os niveis mínimos deberán
tomarse medidas técnicas e/ou organizativas.
Xa que se adoptan posturas estáticas de pé ou sentado (máis de 2 horas/día
continuadas), sen posibilidade de realizar cambios posturais por vontade ou pequenas
pausas para aliviar a fatiga acumulada é necesario que os operarios reciban formación
e información sobre exercicios posturais de costas e ergonomía en postos de manexo
de vehículos.
O traballo realizado implica movementos repetidos similares das extremidades
superiores cada poucos segundos polo que é necesario que os operarios reciban
formación e información sobre riscos e medidas preventivas derivados da realización de
traballos repetitivos.
Realízanse traballos sobre superficies capaces de transmitir vibracións ao corpo do
traballador, polo que se deben valorar os niveis de vibración.
Os equipos de traballo deben dispoñer de marcado CE e manual de instrucións.
59
Os novos equipos adquiridos selecciónanse co
obxecto de que sexan os que menor nivel de
vibración poidan transmitir.
Adóptanse medidas organizativas que reducen
a exposición a calor, frío ou mal tempo.
Disporase de auga ou bebidas isotónicas para a
hidratación.
Dentro da xornada realízanse pausas de traballo en lugares que diminúen a exposición
a calor.
Disporase de roupa de protección, equipos de protección individual ou outras medidas
(cremas de protección) que protexan da radiación solar e o frío.
60
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE PRENSA CISALLA
O operario encárgase de manexar a Prensa-cisalla. Esta operación se realiza dende
unha cabina situada no alto da máquina ou dende a retroescavadora que alimenta
esta maquinaria, sendo manexada a distancia cun mando neste último caso.
Outras tarefas que realiza o traballador dende o posto son as de mantemento básico
do equipo realizando operacións como cambio de coitelas, cambio de placas de
desgaste, limpeza de terras na parte inferior da cisalla, engraxe de partes móbiles, etc.
61
RISCOS
Atropelos ou golpes con vehículos
durante os desprazamentos polo
patio pola circulación de camións,
carretas elevadoras e grúas.
Caída de obxectos desprendidos
procedentes da manipulación
mecánica de materiais.
Pisadas sobre obxectos, materiais
punzantes nas zonas de paso.
Caídas a distinto nivel, uso de
escaleiras manuais.
Caídas ao mesmo nivel, tropezos
con materiais nas zonas de paso.
Cortes por rozamentos co material
almacenado.
Proxección de líquidos por
manipulación do sistema hidráulico
das retroescavadoras.
Contactos eléctricos por
manipulación básica da instalación
eléctrica.
Riscos e medidas preventivas na
utilización da enerxía eléctrica.
Riscos e medidas preventivas
derivados da utilización de enerxía
hidráulica.
Aprisionamento por xiro durante a
utilización da retroescavadora.
Cortes cos materiais manipulados
durante o cambio de coitelas da
máquina.
Aprisionamento entre obxectos
durante a retirada de atoamentos
da máquina (prensa cisalla e
retroescavadora), mantemento
básico...
Golpes con obxectos ou
ferramentas durante o cambio de
coitelas da prensa cisalla.
Caída de obxectos manipulados dos
materiais manipulados e durante o
cambio de coitelas da máquina.
Atropelos ou golpes con vehículos.
Caída de obxectos manipulados.
Exposición a axentes físicos (ruído).
Exposición a axentes físicos
(vibracións corpo enteiro) durante a
condución das retroescavadoras.
Exposición a axentes físicos
(vibracións corpo enteiro) durante o
manexo da retroescavadora en
tarefas de alimentación da prensa.
Exposición a condicións
climatolóxicas adversas durante a
realización de traballos en
exteriores.
62
MEDIDAS PREVENTIVAS
Necesidade de balizar a zona de traballo xa que se realizan traballos en proximidade a
zonas de paso de vehículos ou equipos automotores.
Uso de EPI´s, (Calzado de seguridade, Casco de protección, Vestiario de protección de
alta visibilidade, Lentes de protección ocular, Luvas de protección fronte a riscos
mecánicos.
Os traballadores deben recibir información sobre os Riscos aos que están expostos nos
seus postos de traballo e coñecer as Medidas Preventivas.
Os operarios deberán recibir formación teórico práctica abondo respecto aos riscos e
medidas preventivas no manexo de equipos de traballo.
Deben realizarse as medicións no posto de traballo para comprobar os niveis de ruído
diario equivalente e o nivel de pico, en caso de superar os niveis mínimos deberán
tomarse medidas técnicas e/ou organizativas.
Operación de cambio de coitelas á prensa cisalla, por persoal autorizado e co equipo
fóra de servizo.
As condicións dos lugares de traballo (orde, limpeza, accesos, desniveis, iluminación)
deberán permitir unha manipulación correcta.
Prohibir a traballadores non acreditados a realización de traballos que impliquen o
manexo de maquinas que represente un marcado perigo de accidentes.
Realizaranse traballos sobre superficies capaces de transmitir vibracións ao corpo do
traballador, polo deberán valorarse os niveis e tomar as decisións preventivas
necesarias para manter un traballo seguro sen riscos de vibracións. Os novos equipos
adquiridos selecciónanse co obxecto de que sexan os que menor nivel de vibración
poidan transmitir.
Os equipos de traballo deben dispoñer de marcado CE e manual de instrucións.
Adoptaranse medidas organizativas que reducen a exposición a calor, frío ou mal
tempo. Disporase de auga ou bebidas isotónicas para a hidratación. Realizaranse
pausas de traballo en lugares que diminúan a exposición a calor. Utilzarase roupa de
protección, equipos de protección individual ou outras medidas (cremas de protección)
que protexan da radiación solar e o frío...
63
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE CARRETILLAS
ELEVADORAS
Neste posto de traballo realízanse as tarefas de carga e descarga de residuos para o
traslado dos mesmos ás diferentes fases da planta. Para elo utilízase unha carretilla
elevadora que mediante unhas uñas realiza estas operacións. Poden ter motor eléctrico
ou térmico e a súa configuración exterior adopta diversas formas. O seu manexo é
habitual neste tipo de instalacións.
RISCOS
Aprisionamento do operador ou
persoal próximo, baixo a máquina.
Atropelos.
Golpes diversos do operador e
persoal.
Rotura ou caída de materiais
transportados.
Choques contra obxectos
inmóbiles.
Incendio, explosión.
Intoxicación por gases de
combustión.
Lesións músculo-esqueléticas
derivadas da falta de ergonomía.
64
MEDIDAS PREVENTIVAS
O operador da carretilla debe ter a formación específica e a capacitación necesaria.
A máquina cumprirá as condicións de deseño segundo normativa e estará en correcto
estado de uso e mantemento.
Revisarase diariamente o estado dos pneumáticos, freos, circuíto hidráulico,
iluminación, sinais, etc.
Utilizar o cinto de seguridade e manter o corpo dentro da cabina.
Utilizar a carretilla única e exclusivamente para os traballos para os que foi deseñada.
Polo xeral, circularase co mástil inclinado cara atrás e as uñas a 15cm do chan.
Reducirase a velocidade nos xiros e curvas.
Está prohibido o uso de carretilla para elevar persoas.
Non circular nunca a máis de 10Km/h
É importante delimitar vías de circulación para carretillas, diferenciados dos de persoal.
Non sobrepasar os límites de carga.
Comprobar que non existen grandes irregularidades nas vías de circulación.
Iluminar as vías de circulación adecuadamente.
Se a carga impide a visibilidade, cicularase marcha atrás extremando as precaucións.
En ambientes con risco de explosión utilizar carretillas antiexplosivas ou con dispositivo
de retención de chispas.
Non traballar en recintos mal ventilados con carretillas de motor térmico.
Verificar que non existen focos de ignición nas proximidades.
Roupa de traballo axeitada, non utilizar pulseiras, reloxos ou outros elementos
metálicos durante o cambio de baterías.
65
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE OXICORTE
MANUAL
Neste posto de traballo realízanse as tarefas de oxicorte de materiais en fraccións de
tamaño axeitado para o seu procesado ou transporte mediante o emprego de equipos
de soldadura autóxena (osíxeno e propano). O soprete pode dotarse de distintas clases
de boquillas que facilitan as distintas tarefas (corte fino, quentamento, etc.).
En ocasións, trabállase en coordinación con maquinaria para a manipulación de
materiais (carretillas elevadoras ou retroescavadoras dotadas de imán ou polbo) que
achega os materiais para ser procesados, voltea as pezas e recólleas unha vez cortadas
para depositalas na pila correspondente.
En canto a ferramentas manuais, ademais dun chisqueiro de faísca para o arranque e a
radial, poden ser necesarias outras ferramentas para realizar operacións de
mantemento sinxelo do equipo (substitución de válvulas, mangueiras, etc.) ou
desmontar pezas.
RISCOS
Pisadas sobre obxectos por pisar
materiais deixados en zonas de
paso.
Incendios pola presenza de
materiais inflamables nas
proximidades do lugar de corte.
Caídas ao mesmo nivel por
tropezos con materiais.
Atropelos ou golpes con vehículos
durante os desprazamentos pola
instalación cos equipos móbiles
que circulan por ésta.
Caída de obxectos desprendidos
durante a manipulación mecánica
de materiais.
Caídas a distinto nivel (>2
metros).
Contactos eléctricos,
manipulación básica da
instalación eléctrica.
Cortes co material a cortar ou
pola presenza de rebabas nos fíos
deste.
Contactos térmicos nas
operacións de soldadura.
Incendios pola inflamación dos
aceites presentes nalgunhas pezas
a cortar. Ao realizar a tarefa con
condicións ambientais de vento
increméntase o risco de incendio
por dispersión destes aceites.
66
Caída de obxectos derrubados
durante o oxicorte por caída das
pezas que se están a cortar.
Queimaduras. Superficies quentes
dos metais cortados e dos equipos
de soldadura empregados
(sopretes, etc.).
Proxección de faíscas que poden
inflamar a roupa do traballador.
Explosións. Posibles traballos de
corte de depósitos ou cisternas
con presenza de líquidos ou gases
inflamables sen desgasificar.
Posible presenza de aceites no
interior das pezas (sobre todo
máquinas) con restos de aceite no
seu interior.
Proxección de partículas
incandescentes durante as
operacións de oxicorte e/ou
soldadura eléctrica.
Contacto con produtos químicos.
Cos aceites contidos no interior das
pezas a cortar (máquinas,
depósitos...)
Explosións. Manipulación de
propano e osíxeno que pode
ocasionar incendios e explosións
(fugas nas botellas, roturas
accidentais, etc.)
Exposición a axentes químicos por
vía inhalatoria. Exposición a fumes
metálicos durante o corte.
Exposición a axentes físicos (ruído).
Sobreesforzo por manipulación
manual de cargas.
Sobreesforzo por exposición a
posturas de traballo inadecuadas
ou forzadas durante as tarefas de
corte.
Exposición a axentes físicos
(radiacións non ionizantes:
radiación óptica-infravermello)
procedentes do material fundido.
67
MEDIDAS PREVENTIVAS
Os operarios deberán recibir formación teórico práctica abondo respecto aos riscos e
medidas preventivas no manexo de equipos de soldadura
En función do traballo a realizar dispoñeranse dos medios auxiliares máis axeitados
(plataformas elevadoras, estadas...), garantindo un bo estado destes medios auxiliares.
Deben establecerse medidas organizativas de forma que non se realicen operacións de
corte ou de soldadura con presenza de vento.
En ningún caso se accederá ao interior das pezas que haxa que cortar. As operacións
de corte con soprete realizaranse dende o exterior.
Só se iniciarán as tarefas de corte con soprete de materiais tipo cisterna ou depósitos
cando se obteña o permiso do responsable dos traballos.
Antes de proceder ao corte asegurarase de que as pezas xeradas non caian sobre o
traballador.
Prohibición de situarse ou transitar baixo as cargas suspendidas.
Utilización de Equipos de Protección Individual:
Calzado de seguridade.
Casco de protección.
Vestiario de protección de alta visibilidade.
Lentes de protección ocular con filtros para soldadura.
Luvas de protección para soldadores.
Roupa de protección para soldadura e técnicas conexas.
Equipo de protección respiratorio de ventilación asistida ou equipo illante.
Máscaras autofiltrantes contra partículas tipo FFP3 de categoría III.
Roupa de protección tipo 5 desbotable de roupa de protección para uso contra partículas sólidas.
Protección ocular con filtro específico.
Correcto estado da delimitación da zona de traballos e a sinalización.
Establecer procedemento para traballos en altura (utilización de equipos de protección
individual).
68
Establecer medidas organizativas de forma que non se realicen operacións de corte ou
de soldadura con presenza de vento.
Antes de proceder ao corte de pezas valorarase en función da experiencia do
traballador ou baixo indicacións do encargado a posibilidade de caída das pezas
cortadas sobre o traballador.
Para acender o soprete procederase do seguinte xeito: Abrir lixeiramente a billa de
osíxeno, abrir amplamente o de combustible, prender lume á mestura. Para apagar o
soprete, pecharase totalmente a billa de combustible, e posteriormente o de osíxeno.
Manipúlanse, xeran ou almacenan substancias ou mesturas químicas nas operacións
levadas a cabo neste posto, estas mesturas ou substancias químicas requiren FDS. O
traballador deberá poder acceder doadamente ás fichas de datos de seguridade.
A información achegada ao operario realizarase mediante información básica do
fabricante, subministrador ou importador da mestura ou substancia química.
Establecer un plan de control e supervisión dos envases utilizados para albergar
produtos químicos.
Como existen ou se xeran axentes químicos perigosos no posto de traballo e é posible
o risco por inhalación, absorción/contacto a través da pel/ollos, inxestión ou
penetración por vía parenteral, deben establecerse procedementos tales como que o
traballador se cubra as feridas e/ou erosións da pel, prohibición de comer, beber e
fumar nos lugares en que se realicen traballos con exposición a fibras.
Deberá instalarse sistema de ventilación xeral ou localizado para eliminar/afastar o
contaminante na súa orixe.
Sinalizar a área de traballo como zona de uso obrigatorio de protección auditiva
individual.
As condicións dos lugares de traballo (orde, limpeza, accesos, desniveis, iluminación)
deben permitir unha manipulación correcta.
Os traballadores realizan tarefas que implican a exposición significativa a posturas
forzadas dalgún segmento corporal, así como operacións que requiren a manipulación
manual de cargas polo que estes deben recibir formación que axude a coñecer os
riscos e medidas preventivas durante estes traballos.
69
POSTOS DE TRABALLO. OPERADOR DE CONTROL
RADIOLÓXICO
Neste posto de traballo realízanse as tarefas de detección e control de acceso a
material que poida ser radioactivo. Para iso, disponse dun arco detector de radiacións
ionizantes na entrada de camións á planta. Este detecta posibles radiacións ionizantes.
No caso de ser positivo, a persoa que ocupa este posto, tería que utilizar un detector
portátil manual para localizar a fonte dentro do material, poñendo en funcionamento
o protocolo de actuación.
RISCOS
Caída de obxectos manipulados por
permanecer nas inmediacións de
operacións de carga/descarga de
materiais.
Pisadas sobre obxectos por presenza
de materiais nas zonas de paso.
Atropelos ou golpes con vehículos
durante os desprazamentos por
zonas con paso de vehículos.
Caídas ao mesmo nivel durante os
desprazamentos pola nave de metais
e o patio exterior.
Cortes por rozamentos accidentais
cos materiais almacenados.
Contactos eléctricos. Manipulación
básica da instalación eléctrica.
Exposición a axentes físicos
(radiacións ionizantes) nas tarefas de
control radiolóxico que poidan
realizarse.
70
MEDIDAS PREVENTIVAS
Prohibición de permanecer nas inmediacións de vehículos en movemento ou de
maquinaria traballando.
Prohibición de situarse ou transitar baixo as cargas suspendidas.
Calzado de seguridade de uso profesional, Casco de protección, Roupa de alta
visibilidade, Luvas de protección contra risco mecánico).
Posto con posible exposición a radiacións ionizantes, prohibida para mulleres
embarazadas ou en período de lactación, polo que deberán comunicar á empresa a
devandita situación de forma que se adopten as medidas preventivas axeitadas.
Os traballadores deben recibir formación específica sobre as radiacións ionizantes, os
seus efectos e as medidas de protección contra elas.
As instalacións deben contar con equipos para a detección radiolóxica de dous tipos,
os fixos (detector de pórtico) situado no acceso á instalación e un detector portátil.
Os traballadores designados para esta función deben dispoñer de formación en
vixilancia radiolóxica impartida por entidade acreditada no manexo dos medidores
utilizados e a interpretación dos resultados.
72
BIBLIOGRAFÍA
o REAL DECRETO 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen
disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. BOE n.º
256 25-10-1997.
o REAL DECRETO 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen ás
disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. BOE nº
97 23-04-1997.
o REAL DECRETO 1215/1997, do 18 de xullo polo que se establecen ás
disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos
traballadores dous equipos de traballo. BOE n.º 188 07-08-1997.
o Guía Técnica do I.N.S.H.T. para a avaliación e prevención de riscos relativos á
utilización de equipos de traballo.
o REAL DECRETO 614/2001, do 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a
protección da saúde e seguridade dos traballadores fronte ao risco eléctrico.
BOE n.º 148 21-06-2001
o REAL DECRETO 773/1997, 30 de maio, sobre disposicións mínimas de
seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de
protección individual. BOE n.º 140 12-06-1997
o Notas Técnicas de Prevención do INSHT:
NTP 634: Plataformas elevadoras móbiles de persoal.
NTP 239: Escaleiras de man.
NTP 71 e 87 sobre risco eléctrico en máquinas e ferramentas.
NTP 495 Soldadura oxiacetilénica.
NTP 208 e 869: Grúas.
NTP 675: Riscos laborais en empresas de xestión e tratamento de
residuos: clasificación e actividades.
73
NTP 710: Riscos laborais en empresas de xestión e tratamento de
residuos.
NTP 781: Xestión e tratamento de residuos sólidos urbanos. Riscos
laborais en vertedoiros.
o Os riscos da soldadura e a súa prevención, de Manuel Bernaola Alonso,
Centro Nacional de Novas Tecnoloxías.
o Manual SEOPAN, Fichas informativas para la Prevención de riesgos laborales
en la utilización de equipos.