Algunha das súas citas:
" O corazón humano é un instrumento de
moitas cordas; o perfecto coñecedor dos
homes sábeas facer vibrar todas, como un bo músico. "
" Acostumamos a cometer as nosas peores debilidades e fraquezas a causa da xente que
máis desprezamos."
" Hai homes que parecen ter só unha idea e é unha pena que sexa equivocada."
" Cada fracaso ensínalle ao home algo que necesitaba aprender."
" Hai grandes homes que fan a todos os demais sentirse pequenos. Pero a verdadeira
grandeza consiste en facer que todos se sintan grandes."
“O home nunca sabe do que é capaz ata que o intenta.”
“Honrarei o Nadal no meu corazón e procurarei
conservala durante todo o ano”.
“Un marabilloso feito para reflexionar é o que cada criatura se constitúe como un único e
profundo segredo e misterio.”
“Non xulgue nada polo seu aspecto, senón pola evidencia. Non hai mellor regra.”
IES Fernando Esquío
Empedrón nº 16
Neda 15572 A Coruña
Visítanos na páxina: www.blogfesquio.blogspot.com
Nome e grupo ____________________________
Nome e grupo ____________________________
Boletín da Biblioteca
Nº 45 CURSO 2012/13 ESPECIAL
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Día das Bibliotecas Escolares 24 de Outubro
No ano do bicentenario do seu nacemento
desde a nosa biblioteca queremos propoñervos unha lectura apaixonada das obras de Charles Dickens, un dos autores
máis internacionais e prolíficos da literatura universal: ao redor de 1000 obras saíron da súa pluma, obras que quizais sexan as que
máis veces foron levadas ao cine.
Din del que no seu afán por denunciar as inxustizas da sociedade na que vivía, a súa preocupación pola infancia e as condicións de sectores tradicionalmente marxinados
converteuse nun home moderno, valente e solidario.
Achégate a túa biblioteca e nesta ocasión
descubre ao noso autor, máis que descubrilo, demostra canto sabes del.
Busca outr@ amig@
e participade por parellas
no concurso…
sempre ten premio!
Anacos da historia do noso autor:
O pequeno Dickens naceu nunha familia pobre, de clase media pero chea de débedas. Dende pequeno privárono dunha boa educación e ata os nove anos non puido entrar nunha escola. Como ben se describiu el mesmo posteriormente, era "un neno moi pequeno e non especialmente coidado".
Aos doce anos, xa se viu obrigado a traballar. Dunha forma case escrava e cobrando apenas uns poucos peniques, conseguiu un traballo nunha fábrica de betumes .
Para gañar diñeiro empezou a traballar nun xornal londinense onde tiña que escribir sobre as clases humildes, a súa. Os seus artigos eran tan reais que os asinaba cun pseudónimo para que non o despedisen, denunciou as condicións de vida dunha gran cidade que seguía créndose a capital do mundo pero na que moitos morrían de fame e de miseria.
Unha das súas grandes afeccións eran as viaxes. Cambiou de vivenda moitas veces, e fixo todo tipo de viaxes polo mundo. París, Estados Unidos, Italia, a súa Inglaterra natal... todo destino era un bo destino para el. Durante as súas viaxes en Francia topou con outro grande da literatura, Alejandro Dumas. Pero, sabedes quen máis estaba alí? Xullo Verne, discípulo de Dumas neses momentos. Eses tres xenios da literatura encontráronse en París, onde mantiveron unha agradable amizade e seguramente intercambiaron todo tipo de ideas e inspiracións literarias.
Nunha ocasión, mentres estaba a facer unha viaxe en tren, sufriu un grave accidente. Unha ponte en construción destruíuse cando estaba a pasar o tren e ata sete vagóns de primeira clase caeron ao precipicio, formando numerosos feridos. Por sorte, o vagón de Dickens permaneceu intacto e non sufriu ningún dano.
Agora que tes tanta información do autor investiga e resolve os datos ocultos no encrucillado!
Horizontais 2. Divertido club aínda que os seus papeis non o sexan tanto. 5. Prisión onde residiu a súa familia durante o encarceramento do seu pai. 8. Apelido dun persoaxe como o santo patrón de Neda. 11. Primeira casa que mercou o autor cos cartos das súas obras. 12. A pequena tampouco tiña cartos.
Verticais
1. Estación onde atopamos a fábrica de betún para calzado onde traballou o autor. 3. Abadía onde foi enterrado o autor. 5. Apelido do protagonista do primeiro best seller. 6. Namorada sen grandes esperanzas. 7. Famoso avaricioso. 9. Sobrenome do autor. 10. Xefe da banda de ladróns onde o pequeno orfo atopa amizade.