abrilabrilaprilavril abril
A pedra de abril é o diamante e a flor a margarida
Saen as follas do castiñeiro, dos arces, dos piñeiros, dos ambroíños, dos bimbieiros... bimbieiro
Florecen as cerdeiras, os estripos, as orquídeas silvestres, os xuncos, os pampullos, as xestas, os dentes de león, ...
ambroíños
robinia
gramíneas e pé de boi
Bellis
freixo do maná
pampullos
sabugueiro
roseiras
xesta
vide: botóns florais
Reprodúcense os liques
Os froitos dos salgueiros e dos chopos liberan as sementes
Fan os niños a maioría dos paxaros
merlo
rula turca
Crían os caracois, os parrulos, as pegas, os demos negros, os merlos... Nacen as primeiras toupeiras, os xabaríns... Os mamíferos cambian o pelo.
parrulos
Chegan as bubelas, os xirrios, os cucos...
bubela
Canta o cuco, as rans, os sapos... Vense os lagartos
ra macho cantando
Aumenta o número de insectos (escarabellos, xoaniñas, moscas, abellas...)
bolboreta da verdura
Plántanse as patacas, os tomates, os pementos, as guindillas, as xudías...
patacas
Lábranse as terrascávanse as viñas
Páñanse os chicharos e as patacas novas
Dánselle os primeiros tratamentos ás vides
temperatura máxima
(ºC)
temperatura mínima
(ºC)
temperatura media
(ºC)
humidade
media (%)
velocidade do
vento(km/h)
chuvia
total (l)
día chuviamáxima (l/m2)
diaschuvi
a
21,3 12,1 16,7 71 17,6 38,2 7,8(23) 6
O TEMPO
-En abril augas mil-As augas de abril, cargan o carro e mailo barril-Auga en abril toda a que queira (...ou poida) vir. Auga no maio, detrás
do arado-Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano.
-A ovella de Pascua Florida está lustrosa e parida-A rula a rular, colle o fol e vai sementar (o millo)
TRADICIÓNSA última noite de abril existía o costume de alumear as leiras. Despois da sementeira percorríanse os campos con fachos para pedir unha boa colleita.Alumea o pan,aluméao ben,alumea o panpra o ano que vén.Alumea o pai,cada gran un toledán.Alumea o fillo,cada gran un pan de trigo.
TRADICIÓNSA última noite de abril recóllense ponlas de xestas e póñense nas portas das casas, nos coches, nos barcos... para espantar as meigas.
TRADICIÓNSOs padriños agasalan con roscas aos afillados.Antes tamén se facía bolos de ovos.
6 de abril Día mundial da Actividade Física
7 de abril Día
Mundial da
Saúde
7 de abril de 1788naceDomingo Fontánfilósofo, xeógrafo e astrónomo galego
7de abril de 1906O Vesubio entra en erupción e devasta Nápoles (Italia).
8 de abril de 1985A India denuncia a Unión Carbide polo desastre na planta química de Bhopal, no que se estima que morreron 2.000 personas e outras 200.000 resultaron feridas.
10 de abril de 1815Erupción do Tambora (Sonda-Indonesia) 82.000 víctimas.
11 de abril de 1905: Einstein publica a Teoría da Relatividade.
18 de abril de 1955: morre Albert Einstein
14 de abril de 1894 Thomas Edison presenta o kinetoscopio, artefacto para ver imaxes, precursor das películas cinematográficas. Básase nunha idea do inventor Eadweard Muybridge.
18 de abril de 1877 Thomas Edison presenta o fonógrafo, unha técnica de grabación sonora.
15 de abril de 1452Nace Leonardo da Vincipintor e inventor italiano
16 de abril Día Internacional contra a Escravitude Infantil.
17 de abril de 1790Morre Benxamín Franklin científico e inventor estadounidense.
19 de abril de 1882Morre Charles Darwincientífico inglés
22 de abrilDía da TerraCelébrase desde 1970
23 de abril: Día mundial do libro e dos dereitos de autor
24 de abril de 1990Estados Unidos lanza o telescopio espacial Hubble
25 de abril de 1734Nace José Andrés Cornide Saavedra, xeógrafo, naturalista e humanista galego.
26 de abril de 1785Nace John James Audubonnaturalista, ornitólogo e pintor estadounidense
26 de abril de 1900Nace Charles Richter sismólogo estadounidense.
26 de abril de 1986(hai 25 anos)Accidente na central nuclear de Chernóbil en Ucrania
27 de abril de 1791Nace Samuel Morsepintor e inventor estadounidense
30 de abril de 1963Morre Vicente Risco escritor galeguista, filósofo e etnógrafo
13 de abril de 2011
FOTOS: Alumnado 1º ESO B, Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
Departamentode Ciencias