www.camarinas.net
NATURA 2000
O Concello de Camariñas está dividido en catro parroquias: Ponte do Porto, Camelle, Xaviña e Camariñas.
Nº DE HABITANTES: 6.207 habitantes
SUPERFICIE TOTAL: 51,85 km2
ACTIVIDADES ECONÓMICAS: tradicionalmente a artesanía do Encaixe de Bolillos, a pesca e o marisqueo. O turismo está cada vez máis en auxe.
Gran parte do territorio do concello forma parte do LIC (Lugar de Interés Comunitario) Costa da Morte, ademais está incluído na Rede Natura 2000 dende o ano 2001. Foi designado tamén como ZEPA (Zona de Especial Proteción para Aves, 2003) e Zona de Especial Proteción dos Valores Naturais en 2004. Aínda que a primeira distinción que obtivo foi no ano 1933, cando foi declarado o Cabo Vilán e illotes adxacentes como Sitio Natural de Interés Nacional.
FARO VILÁNA costa de Camariñas é un lugar marcado ao longo dos anos polos máis de 20 naufraxios que tiveron lugar nas súas augas. Nesta crónica negra destaca o naufraxio do buque británico “The Serpent” no 1890 con só 3 superviventes de 175 pasaxeiros, que naufragou na Punta do Boi. Neste lugar construíuse o Cemiterio dos Ingleses na honra dos falecidos, incluído actualmente na Ruta dos Cemiterios Europeos, declarada como Itinerario Cultural Europeo.
Este accidente acelerou a construción en 1896 do novo Faro Vilán, que substituíu a un máis antigo inadecuadamente situado. O faro, unha torre de 25 metros, que se levanta sobre un penedo de 105 m, foi o primeiro que funcionou con luz eléctrica en España. Sitúase no Cabo Vilán declarado no 1933 Sitio Natural de Interés Nacional.
É un dos poucos faros onde a vivenda do fareiro está separada da torre e comunicada con esta a través dun túnel.
Desde 2008 o faro acolle o Centro de Interpretación dos Naufraxios e Faros.
NATUREZAPercorrendo a costa de Camariñas pertencente a Rede Natura 2000, é doado darse de conta de que a natureza foi especialmente xenerosa con este concello.
As praias son, ademáis dunha importante fonte de riqueza, un referente no ocio, sobre todo no verán, época na que se desenvolven diversas actividades náuticas.
Podemos encontrar dende praias urbanas ou semiurbanas, coma as de Camelle, Arou e Area da Vila, ata praias totalmente virxes como as de Reira e Trece, esta última situada aos pés do Monte Branco, a duna remontante máis alta de España con máis de 150 m de altura. Neste impresionante enclave pódese disfrutar da observación de especies de flora e fauna protexidas e de impresionantes paisaxes costeiras.
O ENCAIXE DE CAMARIÑASSi hai algo polo que Camariñas é coñecido a nivel mundial, é polo Encaixe de Bolillos. Case o 60% das encaixeiras galegas residen neste concello. Polas súas rúas podemos oír o repiqueteo dos palillos nas laboriosas mans das artesás que entrelazan fíos de algodón e liño para confeccionar o Encaixe de Camariñas. Podemos adquirir estes finísimos traballos nas tendas especializadas do concello.
Dende 1991, cada ano coincidindo coa Semana Santa, celébrase na vila a Mostra Internacional do Encaixe de Camariñas. Un dos principais atractivos deste certamen son os Desfiles de Moda nos que se presentan deseños con encaixe de bolillos.
O Museo do Encaixe representa a tradición e a innovación no sector.
MUSEO DO ALEMÁNManfred Gnädinger (1936-2002), máis coñecido como “Man”, foi un alemán afincado dende 1962 en Camelle, deixou neste recuncho da costa o seu legado, totalmente construído con obxetos recollidos do mar. A obra deste peculiar artista, considerado por moitos un dos máximos expoñentes do Land-Art, consérvase actualmente á beira do Atlántico e constitúe un museo único no mundo. Pódese desfrutar del na vila mariñeira de Camelle, onde tamén se encontra a recentemente creada Fundación Man, adicada á conservación e exposición da súa obra.
CAMARIÑAS: CORAZÓN DA COSTA DA MORTECamariñas localízase ao oeste da provincia da Coruña, no corazón da Costa da Morte. Entre as augas tranquilas do interior da ría e o mar aberto atopamos este concello que debe o seu topónimo a un arbusto autóctono, a “caramiña” (Corema álbum), que está en perigo de extinción e da que atopamos a maior reserva de Galicia no Areal da Praia de Trece.
Estreitamente ligado ao mar, a pesca e o marisqueo son os piares básicos da economía do concello, que conta cun importante porto pesqueiro e deportivo. O turismo, cada vez máis en auxe, está atraído polos encantos da zona: espazos naturais, praias virxes, paisaxes variadas, tranquilidade e, como non, a gastronomía baseada en pratos que teñen como protagonistas os peixes e mariscos da ría (polbo, coñecido comercialmente como “Polbo de Camariñas”, sardiñas, percebes, centolas, nécoras e ameixas entre outros).
En todo o concello hai pegadas do paso de distintas culturas. Así destacan os restos do Castro da Croa e a Mámoa de Reira como testemuñas do paso de antigas civilizacións, as ruínas do Castelo do Soberano no que se loitou contra a ocupación francesa, a ponte de Ponte do Porto e o Foxo dos Lobos, un antigo sistema de caza. Ademais, pódense encontrar vestixios de vida señorial no Pazo dos Mouzo (S. XVIII) e no Pazo da Paxariña (S. XVI), ambos situados na parroquia de Xaviña.
AC-432
AC-1603
AC-1601
Praiasde Reira
Illa Vilán de Fora
Punta PedrosaCABOVILÁN
Praia daPedrosa
Praiada Balea
Praia de Lago
Cabo Trece ou de Tosto
Praiade Trece
Punta do Boi
Cabo Veo
Pedra do Sal
Praia deCamelle
Enseada de Sabadelle
Praia deLingunde
Praia de Area da Vila
Praia de Ariño
Ría doPorto
Illa Fornosapo
Enseada da Basa
Praiade Ariña
BrancaPraia do Rego dos Coiros
Furna dosInfernos
Praia deSanta Mariña
Praia deLobeiras
Praia deArou
Río Grande
OC É A N O A T L Á
NT
IC
O
O C É A N O A T L Á N T I C O
R Í A D E C A M A R I Ñ A S
OC
ÉA
NO
A
TL
ÁN
TI
CO
A VIMIANZO
A MUXÍACAMARIÑAS
XAVIÑA
CAMELLE
A PONTE DO PORTO
PR-G158
SENDEIROCIRCULAR
INICIO
Dor
Pescadoira
Brañas Verdes
Arou
Parque Eólico de Cabo Vilán
Mourín
Santa Mariña
Monte Branco
Serra de Pena Forcada
Monte da Ínsua
13
2
4
6
5
1
57
2
3
8
9
4
6
1
3
2
1
2
AreaRecreativa
Complexo Turísticode Aldea Madeira
Serpent Nil
Banora
4
RC1
SENDEIROCIRCULAR
INICIO
PR-GFIN
RC2 FIN
RC2 INICIO
PR-G INICIO
Santiagode Compostela
Camariñas
Lugo
A Coruña
Ourense
Vigo
Pontevedra
Fisterra
Concello ........................................................................... 981 736 000Oficina de Turismo ....................................................... 981 736 340Policía Local .................................................................... 981 736 050Urxencias .......................................................................................... 112
TELÉFONOS
FESTAS E ROMARÍASMostra do Encaixe (Camariñas): ......................... Semana SantaSan Pedro (Ponte do Porto): ................................27-29 de xuñoCarme (Camariñas): ................................................. 15-18 de xulloFesta da Praia (Xaviña): ................................................. 25 de xulloCarme (Camelle): ........................ Primeiro domingo de agostoSanta María (Xaviña): ..........................................15, 16 de agostoSan Roque (Ponte do Porto): ...........................15, 16 de agostoSan Bartolo (Arou): .............................................. 22-25 de agosto
Ao longo do verán celébranse numerosas sardiñadas, a festa do Caldo da Riola e outras festas gastronómicas.
LENDA
INFO
RMA
CIÓ
N X
ERA
L
Principais Estradas
Panel Informativo
Faro Vilán
Naufraxios
Lugar para o avistamento de aves
Complexo Turístico Aldea Madeira
Praia con ducha
Refuxio
Paseo Marítimo
Porto Deportivo
LUG
ARE
S D
E IN
TERE
SE
Ruínas do Castelo do Soberano
Mámoa de Reira
Foxo dos Lobos
Cemiterio dos InglesesRuta dos Cemiterios Europeos
Mirador Alto da Vela
Vistas do Cabo Vilán e da Ría
Mirador Enseada da Basa
Pedra do Oso
Pedra dos Namorados de Reira
IGRE
XA
S E
CA
PELA
S
Capela da Virxe do Monte
Igrexa de San Xurxo (S. XVIII-XIX)
Capela Virxe do Carme
Igrexa de Santa María de Xaviña (S. XII)
Campanario Ponte do Porto (S. XVIII)
Capela de Santa Mariña (S. XII)
MU
SEO
S
Museo do Encaixe
Museo do Alemán
Centro de Interpretación dos Naufraxios e Faros
Museo Etnográfico
PAZO
S Pazo de Paxariña (Non visitable)
Pazo de Mouzo (Non visitable) 2
1
3
4
2
1
5
6
4
3
1
2
2
3
4
6
5
1
7
8
9
Gozaremos da paisaxe costeira, as cons-trucións civís e etnográficas e as escul-turas pétreas naturais máis relevantes de Camariñas. Comparte recorrido coa Ruta do Litoral.
RUTA COSTA DA MORTEPR - G 158
N: 43º 7. 446’W: 9º 11. 76’GPS:
PERCORRIDO: Ruta circular, vai dende o Castelo do Sobe-rano por Reira e o Cemiterio dos Ingleses e percorre unha parte do núcleo urbán de Camariñas.DURACIÓN: 6 horas.DISTANCIA: 22,5 km.GRAO DE DIFICULTADE: Medio.
Permite contemplar a costa abrupta e es-carpada característica da zona Rede Na-tura Costa da Morte. Comparte parte do recorrido coa Ruta Costa da Morte.
RUTA DO LITORALRC - 2
N: 43º 11’ 16.31”W: 9º 05’ 24.58”GPS:
PERCORRIDO: Camelle - Castelo do Soberano.DURACIÓN: 5 horas.DISTANCIA: 22 km.GRAO DE DIFICULTADE: Fácil.
Espectacular itinerario pola ría de Ca-mariñas con fermosas e tranquilas praias, vistas da desembocadura do río e lugar privilexiado para a observación da avifauna característica da ría.
RUTA DA ÍNSUARC - 1
N: 43º 7. 870’W: 9º 9. 607’GPS:
PERCORRIDO: Ruta circular, transcorre por Xaviña.DURACIÓN: 3´5 horas.DISTANCIA: 5 km.GRAO DE DIFICULTADE: Fácil.
Apacible sendeiro pola ribeira do Río Grande. Xunto coa flora e fauna de ribei-ra atoparemos un dos recursos de maior interese na economía rural galega: os muíños.
RUTA DOS MUÍÑOSPR - G
N: 43º 8. 347’W: 9º 6. 867’GPS:
PERCORRIDO: Casi circular, transcorre por Ponte do Porto.DURACIÓN: 1´5 horas.DISTANCIA: 4 km.GRAO DE DIFICULTADE: Fácil.
RECOMENDACIÓNS
Non se permite a acampada en ningunha das súas modalidades.
Ir en silencio, permitirache observar a fauna.
Observa a flora e a fauna sen danala nin arrincala, para que todos poidamos seguir gozando dela.
Recorda recoller o lixo e levalo a un lugar axeitado.
Non se permite facer lume. Se ves fume chama ao 112 dos servicios de emerxencias.
Leve o seu movil cargado.
ZONA PROTEXIDA REDE NATURA 2000
SINAIS DE SENDEIRISMO
Continuidade do sendeiro
Cambio brusco de dirección
Cambio de dirección
Dirección incorrecta
Derivación opcional