Todo comezou así.... A plantación
Carlos igual que nos ensinaches a como plantar e coidar as árbores,...
Así fixeches que brotase do noso corazón o amor e respecto pola natureza.
ENSINANZAS
Ti fuches, un mestre para nós;
Contigo aprendimos a darlle o nome a moitas froitas que nos eran descoñecidas:
Tres en cunca, repinaldo, sangue de touro, ...
A froita:A súa paixón
Igual que as árbores medran, ti fixeches que medrara en nós a ilusión polo que nos rodea,
defendendo sempre o valor da froita autóctona da nosa bisbarra.
A Festa da froita autóctona
Contigo compartimos momentos cheos de ledicia e xuntanza.
O magosto: fuches o gran enxeñeiro da máquina de asar castañas; patente que herdamos cheos da quentura do fogar e recordo arredor do lume.
Premios
Con que orgullo, satisfacción e nerviosismo recolliamos ...
Os premios que ti valorabas do noso traballo presentado.
Grazas polo teu cariño, a túa dedicación e a túa ensinanza neste colexio de Andrade.
Recommended