CERNA DURACERNA DURADIXITALDIXITAL
Equipo de Normalización LingüisticaEquipo de Normalización Lingüistica
I.E.S. de Meaño I.E.S. de Meaño
curso 2011-2012curso 2011-2012
cerna dura dixital
2
O Equipo de Normalización e Dinamización
lingüística quere agradecer a toda a xente que
fixo posible a realización desta revista: os
profesores e profesoras que, ou ben dirixiron o
traballo que aparecen nestas páxinas, ou ben que
facilitaron a súa elaboración no formato dixital; o
persoal non docente que fixo posible a impresión
da mesma e, como non, o alumnado que se
encargou da parte máis creativa.
Este curso o ENDL comezou condicionado por
dous feitos. Un foi o acordo tomado polo claustro
de suspender todas as actividades extraescolares e
aquelas que supuxesen calquera alteración no
horario lectivo, como medida contestataria a
todas as decisións tomadas polo goberno e que
supoñían unha degradación na calidade do ensino
público e, a outra, a limitada contía de axuda que
este departamento obtivo este ano.
Coa normalización do idioma queremos tanto a
súa recuperación, en ámbitos onde habitualmente
non aparece, como a súa dignificación,
ofrecéndolle un estatus de lingua culta, válida
para expresar coñecementos diversos. Lembrade
que co seu uso estades garantindo a súa existencia
por moitos anos máis. Que se note que estamos
feitos de cerna dura.
Un saúdo do Equipo de Normalización e
Dinamización Lingüística.
Limiar
Neste número ...Limiar____________________________________Páx. 3
Ciencia en galego__________________________Páx. 4
Relatos de terror___________________________Páx. 9
Concurso de adhesivos_____________________Páx. 14
O noso belén de Nadal _____________________Páx. 16
Club de lectura___________________________Páx. 18
Devora un libro... aliméntate de historias_____Páx. 20
Letras de amor____________________________Páx. 25
Revista Enormic banda_____________________Páx. 26
O papel do bosque_________________________Páx. 28
Letras galegas 2012________________________Páx. 29
Valentín Paz Andrade______________________Páx. 33
Radio Ruxe_______________________________Páx. 35
Fotografía matemática_____________________Páx. 36
cerna dura dixital
3
Co motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o 4 de novembro do presente curso, a
Coordinadora Galega de EDNL convidou a todos os centros educativos non universitarios a participar en
dúas videoconferencias vía web, na que, destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de
Compostela, achegarían temáticas de interese curricular para o alumnado e os proxectos científicos que
desenvolven na actualidade.
O noso centro participou na conferencia impartida polo profesor catedrático de Medicina Legal e director
do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC, Ángel Carracedo dende a cidade
de Natal (Brasil), lugar onde ía participar nun congreso internacional.
O título da conferencia foi "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial". A relator
comezou cunha introdución sobre o ADN como punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no
campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores, dirixidos por Ángel Carracedo,
lideran a produción científica mundial...
Finalmente os centros escolares tiveron a posibilidade de interaccionar co profesor vía chat a través dunha
sala virtual. Estas foron algunhas das preguntas que o alumnado lle formulou. A transcrición a un rexistro
escrito modificou nalgunhas ocasións a sintaxe, pero sempre respectando o contido.
Ciencia en galego
Como se distinguen os daneses
dos galegos?
Hai snps, letras máis frecuentes
nos daneses e outras letras máis
frecuentes nos galegos. É unha
cuestión de probabilidade.
É o ADN fiable ao 100%?
Non. Son un 99’999%; por iso é importante a
probabilidade. Acércase tanto ao 100% que
podemos dicir que teñen unha seguridade
absoluta.
cerna dura dixital
4
Cal foi o caso máis difícil de resolver?
Pois mirade, para o caso que vos vou comentar agora, tiña unha fotografía e perdina, non sei
como a perdín. É o caso das mozas violadas e asasinadas en Alcásser (Valencia) O primeiro caso
en que se aplicou en Europa o ADN mitocondrial. Atopáronse pelos nas rapazas que nos permitiu
identificar o culpable que, ao final, non foi detido. Sábese que escapou a Escocia pero
perdéuselle a pista. Hoxe en día, se é que non morreu, é o máis buscado por INTERPOL
Outro caso moi parecido, de nenas violadas e asasinadas, foi en Noruega. É un caso que aínda
nos segue dando traballo. Só contabamos coa cabeza dun espermatozoide. Era difícil facer un
perfil. Logramos facer un, pero moi parcial. Foi tecnicamente moi complicado.
Pódese dun corpo queimado sacar ADN?
Non. Si dunha peza dentaria, que é difícil de incinerar,
pois aguantan temperaturas moi altas, son máis
resistentes…Pero das cinzas imposible, está destruído.
É certo que os daneses e ingleses
proceden do noroeste ibérico?
Sabedes que co ADN faise a xenética de
poboación para saber da nosa orixe. É
sabido, tamén, que hai 10.000 anos o
noroeste da península ibérica foi un
refuxio glacial porque Europa, nese
momento, estaba baixo o xeo. A partir
de aí a xente que vivía no norte da
península, o refuxio que se denomina
franco-cantábrico emigraron ao norte
de Europa; pero tamén ao sur, por
exemplo os tuaregs teñen orixe dese
refuxio.
Cales son as cualidades para ser un bo investigador?
Esta pregunta é moi bonita. Hai dúas cousas: ilusión e
traballo. Sen traballo non se vai a ningures. Tenche que
gustar o laboratorio, a bioloxía, as matemáticas,…
Tamén é importante saber inglés. A ciencia hoxe en día
está moi internacionalizada, de feito no noso grupo hai
xente inglesa, doutros países tamén... Pero, xa vos
digo, o máis importante é ter ilusión e loitar por iso.
cerna dura dixital
5
É posible que as polimerasas cometan
erros ao duplicar o ADN?
Utilizamos polimerasas moi seguras e coas
aplicacións que facemos non é posible.
Que porcentaxe da violencia está determinada
xeneticamente?
Moi pouca. A violencia ten máis connotacións
culturais que xenéticas. Hai enfermidades mentais
que se herdan xeneticamente; pero a parte
ambiental conta moito. Temos que ver a causa na
fame, as drogas, diferenzas sociais,...
Que investigación importante está
facendo para o futuro inmediato?
O futuro vai polo ADN non humano na parte
forense. No noso corpo hai máis ADN
bacteriano que humano. Dáme a impresión
que hai que traballar moito por esta liña.
Na parte forense resolvemos o 95% dos
casos. Os máis complicados son os que se
presentan con pouco ADN, están
mesturados con outras mostras ou
está degradado.
Están todas as enfermidades determinadas pola xenética?
Todas as enfermidades xenéticas están determinadas pola xenética. Son as enfermidades mendelianas;
pero mesmo as máis comúns teñen unha porcentaxe de herdanza xenética importante; que agora
estamos descubrindo e está revolucionando a Medicina. Só en Galicia temos máis de 20.000 pacientes
que analizamos xeneticamente para previr, diagnósticar ou dicir que medicamento é o máis apropiado.
E todo isto ao ano. O traballo que temos na Fundación Galega de Medicina Xenómica é tremendo.
Os xemelgos teñen as pegadas dixitais iguais?
Son distintas aínda que teñen o ADN igual. Nestes momentos
estanse desenvolvendo métodos para distinguilos.
Cal foi a mostra máis pequena, rara
ou estraña coa que traballastes?
Pois foi no caso noruego que vos contei
e foi co núcleo dunha célula, coa
cabeza dun espermatozoide.
cerna dura dixital
6
As multinacionais e farmacéuticas están acaparando os avances
tecnolóxicos en detrimento do ser humano?
A min gustaríame que se traballase en común en beneficio da
humanidade. As farmacéuticas son compañías privadas que viven do
negocio. Non podemos esperar que traballen para o ben da
humanidade, senón para o ben da compañía. Aqueles aspectos que
non cobren as entidades privadas, porque non son do seu
interese,serán os poderes públicos os que se encarguen da
investigación para cubrir os problemas médicos da humanidade,
necesidades da poboación, como enfermidades do 3º mundo,
enfermidades raras porque son pouco frecuentes... Ademais ten que
exisitir un certo altruísmo por parte da xente que ten moitos cartos
e que doen para a investigación.
O que chamamos a metaxenómica vai
revolucionar a investigación forense.
Se os glóbulos vermellos non teñen núcleo,
por que se lle dá tanta importancia ás mostras
de sangue?
O sangue ten moi pouco ADN, agás os
leucocitos, os glóbulos brancos. Pero na
escena do crime sempre aparece moito
sangue. Nós collemos mostras de saliva, pois
as células da boca si teñen núcleo.
O ADN bacteriano da flora intestinal serviría
para diferenciar unha persoa doutra como
proba xenética?
Non só o ADN bacteriano da flora intestinal,
senón o da mesma pel.
Pódese saber a cor
dos ollos dun
violador polo
esperma?
Perfectamente. A cor
dos ollos azuis, nun
100%; os marróns,
nun 99%. As outras
cores intermedias
tamén con bastante
probabilidade, un
98%.
Poden existir dúas persoas con
mesmo ADN aínda que non teñan
ningún tipo de parentesco?
Non.
cerna dura dixital
7
Pódese facer un estudo de ADN nos fetos?
Si, desde a primeira célula. De feito o primeiro
que facemos é un diagnóstico
preimplantacional que permite ter un embrión
libre de enfermidades coa análise xenética
dunha soa célula.
Como se pode saber o consumo de droga a
partir da análise dos cabelos?
Porque queda aí. Ademais como os cabelos
seguen medrando pode quedar un rexistro
histórico do consumo de drogas. É unha proba
que se utiliza moito.
Estase aplicando a terapia xénica?
Só funciona para moi poucos casos. É
moi complicado. Estou máis
esperanzado coa investigación das
células nai.
Así como noutro tempo o descubrimento da dinamita comezou sendo unha ferramenta e rematou
coma unha arma , cres que estes avances poden conlevar efectos negativos?
Creo que temos que meditar sobre os problemas éticos. Preocúpame que actualmente se pense que
temos a liberdade asegurada e que por iso lle concedamos tanta importancia á seguridade. Cando nas
clases de Medicina pregunto aos alumnos que lles parecería que se implantase un chip nos seus
corpos, para facilitar, de xurdir o momento, a detención dun criminal, a moita xente parécelle ben e
iso dáme medo. O que parece ser ciencia ficción pode acontecer.
Que coincidencia hai entre o ADN dos antigos
homínidos e os homes acutais?
Ten moita similitude pero a resposta é difícil de
contestar porque depende a que homínidos vos
refirades.
Que é o que máis che gusta do teu traballo?
O que máis me gusta é investigar. Dar resposta e tratar de ver a causa das enfermidades máis
frecuentes e, particularmente, enfermidades psiquiátricas e do cancro. A parte científica é a máis
bonita. A parte da aplicación é necesaria, gústame menos pero é importante.
O que menos me gusta é a burocracia: pedir cartos, facer proxectos,... e teño que facer tanto!!
Tampouco levo ben o feito de estar moitas veces lonxe da casa.
cerna dura dixital
8
O profesor rematou coas seguintes palabras: Quero dar as grazas a todos os mestres que facedes un
traballo espectacular. Sempre podedes contar comigo e co meu grupo. Grazas aos rapaces, que sodes
o futuro, que traballedes por un mundo mellor e pola nosa terra tamén.
Podemos saber o receptor e doador dun inxerto de pel?
Unha vez tiven un caso, unha proba de paternidade, que nos daba
que non era o pai. A nai choraba e afirmaba que tiña que ser el.
Nós preguntámoslle ao home se tivera algún transplante e
contestounos que si, de médula ósea, había xa sete anos. Pois é
curioso que o ADN da saliva era xa da persoa doadora. Mirade que
potencial teñen as células nai. Isto pode ser preocupante.
Hai moitas enfermidades
raras?
Moitas. Máis de 2.500. Trátase
de mutacións que aparecen
nos xenes. Pode ser por azar,
un problema puntual de
cambio de letras.
Por que os fillos de
irmáns teñen máis
problemas?
Porque existen máis
probabilidades de
contraer enfermidades
recesivas se os dous
suxeitos levan esa carga
xenética.
Os costumes están
relacionados cos xenes?
Unha parte é ambiental e
outra xenética, é dicir,
unha parte aprendémola
e outra vénnos de
herdanza. Non se sabe a
proporción de cada unha.
Mandáronlle analizar os restos
do apóstolo?
Non. De Cristóbal Colón e dalgúns
santos, si. A min todo isto
paréceme unha trapallada. Pódese
saber se era xudeu ou non. E se
digo que non? Alá vai todo o
referente ao Xacobeo, Camiño de
Santiago... Sería un desastre. Hai
cousas que é mellor non sabelas.
cerna dura dixital
9
Relatos de terror
Casas que apenas se sostiñan en pé, moitas
delas en ruínas, coas xanelas feitas anacos e
cos marcos das portas desencaixados por fóra
e coas paredes comestas e infestadas de
innumerables bechos, cheas de humidade e
cun aire con arrecendo a mofo por dentro, e
estes dous conxuntos contribuían a darlles un
aspecto lúgubre e melancólico a aqueles
fogares. Todos eles formaban un conxunto de
cemiterio de elefantes, parecían xigantes que
emitían os seus queixumes ao vento e daba a
sensación de que día tras día mantiñan
conversas interminables, contándolle como
pouco a pouco ían perdendo a súa forma e
arruinándose cada vez máis, ata chegar a ser
só unha morea de pedras descoñecidas e sen
identidade, que antano foran edificios feitos
polos albaneis da aldea para manter con vida
o seu negocio, pero sobre todo para ver a cara
de satisfacción dos compradores ó ver o
resultado de tanto tempo de construción, e no
fondo era o que máis os alegraba, ser útiles
para os demais e achegar felicidade, que
tamén se esvaecía ao mesmo tempo que as
súas construcións.
VOLTA ATRÁS
Por Alba Paz Castro (1º B)
cerna dura dixital
10
Aquela vila tiña unha morea de corredoiras
por onde día a día pasaban labregos equipados
para ir ás súas fincas e traballalas para así
poder ter algo co que encher o estómago
cando a fame, como unha besta negra e cruel,
desexara torturalos pouco a pouco roéndolles
as entrañas. Chegado aquel momento,
reclamaría a súa ración de comida para
perdoarlles a vida, nunha especie de pacto
satánico. Rapaces polas rúas vestidos con
farrapos, raquíticos, de ollar choroso e mirar
magoento que pedían esmola con cara de
espectro fantasmal, como presaxiando o negro
futuro que lle esperaba á vila. Esta estaba
cruzada na súa totalidade por unha pista á que
os seus habitantes chamaban “a carretera”,
que non era máis que un sendeiro, pedregoso
e lamacento debido ás cuantiosas chuvias que
caían no lugar.
Por el deambulaban Víctor e a súa familia, que
viñan de pobolar a súa pequena leira para ter
reservas nos fríos do inverno. Nela tiñan
plantados desde patacas, chícharos, unhas
cantas tomateiras, cenorias, pementos de
Padrón ata perexil para condimentar as
comidas. Para acceder á pequena horta
familiar había que cruzar unha pequena
pontella que atravesaba un regato, co cal os
labregos que tivesen fincas ao longo do curso
del abrían unha presa de auga desviándoo para
regar as fincas.
O regato estaba salpicado nas dúas marxes por
carballeiras nas que aparecían intercalados
algún que outro salgueiro. Todas estas árbores
tiñan máis ou menos carriza na súa base,
dando a impresión dunha cor verde
xeneralizada que aportaba un aspecto algo
selvático á panorámica do lugar se o
comparamos coas monótonas fincas que o
rodeaban formando unha paisaxe máis ou
menos uniforme, de non ser polas matogueiras
e silveiras que aparecían nas zonas da finca
que polas súas condicións non eran axeitadas
para o cultivo e non foran traballadas xunto
coas viñas que se destacaban do resto dos
cultivos xa que formaban unha unidade propia
debido ás columnas de pedra coas que eran
sostidas e aos arames que se colocaban para
que os viñedos non superasen unha certa
altura e facilitar a tarefa da vendima ao estar
os acios a unha altura facilmente alcanzable.
cerna dura dixital
11
Varios cogomelos que buscaban sombra e
humidade protexéndose debaixo das árbores
que bordeaban o regato e que logo eran
recollidos polas mulleres que ían lavar toda a
roupa da casa camiño do lavadoiro de pedra
que se atopaba algo despois dun tramo no que
o regato tiña algúns saltos que formaban
fervenzas nas que se podían ver algunha que
outra troita que algúns vellos mariñeiros xa
retirados para matar o tempo ían pescar desde
a pontella coas súas canas xa oxidadas, e eles
tamén sen aquela forza e vigor da xuventude,
pero éralles igual porque o único que
buscaban era revivir vellos momentos da
mocidade cando ían sucando os máis variados
mares do mundo en busca de peixe.
Xa se podía ver como o solpor estaba a caer
naquela calorosa tarde de verán e aquel sol
provocaba na auga coas súas últimas raiolas do
día un escintileo da capa máis superficial
provocando un xogo de brillos, cores e
sombras que era digno de admirar e moi
agradecido despois daquela xornada de duro
traballo.
De camiño á súa casa, Víctor ía reflexionando
na dura situación da vila e das súas
desigualdades, xa que a súa familia vivía unha
situación bastante privilexiada porque o seu
pai tiña unha pequena botica (…)
O caxato caeu ao chan espertando a Víctor da
súa sesta rutineira que sempre facía despois
de comer. Incorporouse lentamente do sofá,
tusiu un par de veces, recolleu o caxato e
comezou a camiñar devagar pola sala de estar
mentres pensaba no que acabara de soñar, e
puido visualizar todas esas imaxes unha vez
máis no seu álbum de fotos, xa descolorido
polos anos onde aínda estaban súa nai, seu
pai, as señoras que ían lavar a roupa, os
mariñeiros, pero sobre todo o que Víctor tiña
gravado na súa mente eran a miseria, a fame
daqueles anos e o seu pobo en ruínas.
De súpeto xirouse e viu o almanaque colgado
no andel onde gardaba os seus libros. Alí
poñía: “18 de outubro de 2011”. Xa estaba
maior e a cabeza xogáballe todos os días
aquela mala pasada de facerlle crer que volvía
á súa mocidade, que volvía a ver os soldados
por un lado saqueando as casas, impactos de
metralla na xente que saía fóra, mentres se
retorcían de dor na rúa durante unha lenta
agonía da que ninguén podería cambiar o seu
final, os cadáveres daqueles mariñeiros, xa
que en vez da cana cunha baioneta na man, o
boticario fusilado nas aforas do pobo…
Pero non, hoxe non. Mañá despois de comer,
volvería a visitalos de novo…
cerna dura dixital
12
A MORTE SÓ CHAMA UNHA VEZ
Por Martín Carramal Meis (4º B)
Realmente existe a morte?, pasa algo no
momento en que falece una persoa? Estas eran
as preguntas que a diario se facía o doutor
Soutomaior, doutorado en medicina forense; a
diario era raro o día que non practicaba unha
ou dúas autopsias, naquela sala situada no
soto do hospital provincial, unha sala grande á
que non moitas persoas querían acceder.
Naquela sala había un gran número de
conxeladores, situados á dereita desta, con
cadanseu número. En moitos habería
cadáveres, outros estarían á espera de novos
hóspedes, que, sen sabelo, o seu próximo
destino serían as catro frías paredes dun
conxelador dunha sala de autopsias. Esta sala
encontrábase nun ambiente frío, quizais para
conservar os corpos que alí quedaban, ou para
intimidar ás persoas que accedían a esta. No
medio da sala había cinco mesas, mesas
metálicas cunha función fóra do común.
Tamén había unhas balanzas nos extremos de
cada mesa, empregadas para detectar
anomalías de peso nos diferentes órganos dos
corpos, que alí chegaban para someterse ao
proceso de autopsia, un proceso destinado a
esclarecer as causas da morte dunha persoa,
nunhas un proceso sinxelo, noutras un proceso
laborioso e estresante.
cerna dura dixital
13
Na primeira mesa, unha fría etiqueta metálica
identificaba o corpo dunha muller, esta aínda
esperaba o comezo do proceso da autopsia;
noutras dúas mesas había outros dous corpos,
dous varóns, nos que este proceso xa dera
comezo. Ao lado de cada mesa había unha
bandexa. O instrumental que se encontraba
sobre estas, estaba cheo de sangue e restos de
tecidos, xa que foron empregados nas
autopsias dos dous corpos. Estes foran abertos
de arriba a abaixo. A súa caixa torácica fora
forzada e aberta como se de unha caixa forte
se tratase, pero nestas non había diñeiro ou
xoias, senón órganos e sistemas que agora non
cumprían ningunha función. Ao fondo da sala
había unha mesa, unha mesa normal de
traballo, na que o doutor tomaba as súas notas
sobre os corpos. Hoxe non había notas, había
os plans que tiña pensado levar a cabo, para
dar coa resposta ás súas preguntas sobre a
morte. O plan era que el, coa axuda dun
estudante de medicina interesado nas mesmas
cuestións que o doutor Soutomaior, a través
dunha descarga eléctrica pararía o seu propio
corazón durante un tempo prudencial, para
saber que hai tras a morte, e despois volvería
a poñelo en marcha outra vez. O doutor, tras
explicarlle o seu plan ao axudante, situouse
sobre unha das mesas da sala. O seu axudante
procedeu a aplicarlle a descarga eléctrica.
Despois do tempo acordado, o axudante
volveu a aplicarlle a descarga. E tras
intentalo en repetidas ocasións, o doutor
pasou a formar parte do ambiente mortífero
daquela sala, facendo unha viaxe ás
profundidades da morte para sempre.
cerna dura dixital
14
Este curso participamos no XVIII certame gráfico pola normalización lingüística, concurso de adhesivos,
organizado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés. O tema escollido este
ano foi
Contra a crise, en galego
Os traballos presentados foron os realizados polo alumnado de 3ºA.
Concurso de adhesivos
PATRICIA ABAL SERÉN
DANIEL LAGE PIÑEIRO
PATRICIA MARTÍNEZ ROSAL
ANA FARIÑA DO VAL
cerna dura dixital
15
ESTEBAN VIDAL TORRES
MARCELINO TORRÉS AGÍS CLEMENTE VIÑAS GONZÁLEZ
cerna dura dixital
16
O noso belén de Nadal
Un ano máis o Departamento de Relixión dirixiu a
montaxe do belén que resultou gañador do concurso
que convocou a concello de Meaño. O alumnado
participante quedou moi satisfeito co resultado
final, tal como se manifesta no seguinte escrito:
“Foi algo novo para nós. Era a primeira vez que o
faciamos e resultou divertido. Tivemos que traer
material reciclable como botellas de plástico,
cortiza das árbores, ... Forramos as botellas e os
cartóns para crear o molde das figuras. A nosa
imaxinación fixo o demais e o resultado final foi bo,
xa que gañamos o primeiro premio. Esparamos que
para a próxima vez tamén quede chulo.”
cerna dura dixital
17
O Nadal celébrase o 25 de decembro porque
parece ser que nesta data, partir do ano 274,
conmemoraban en Roma el dies natalis Solis
invicti (día do nacemento do Sol vencedor), a
vitoria da luz sobre a noite máis longa do ano.
Aínda que o cristianismo estaba xa asentado en
Roma, o mito do deus Sol, estaba moi difundido
entre os soldados; así que a Igrexa de Roma
pensou en dar un sentido relixioso a esa data e
situou aí o nacemento de Xesús.
O costume da árbore de Nadal sen adornos data de
comezos do S.VIII en Alemania. Máis adiante ese piñeiro
ou abeto de follas caducas decorouse con follas de papel
de diferentes cores, con mazás, velas, ... A partir do
S.XIX adobiouse con luces, bólas, agasallos,... A duquesa
de Orleans introduciuno en Francia e o príncipe Alberto
en Inglaterra, cando en 1840 casou coa raíña Victoria. En
España o seu arraigo foi máis tardío, a partir dos anos
50. Algúns investigadores póñeno en relación coa árbore
de Adán e Eva. Outras versións vinculan esta tradición
coa cultura celta. Os celtas adoraban a árbore porque a
consideraban símbolo da vida e nela gardábase a
memoria dos antepasados.
Sabía
s que
...?
cerna dura dixital
18
Club de lectura
O noso club de lectura AO PÉ DA HORTENSIA
continuou este curso coas súas actividades
aínda que cambiou a súa organización: no
canto de ler un libro mensual, dedicaron cada
trimestre a un xénero literario. O 1º trimestre
leron cómic, moito cómic, e deixaron no seu
blog as reseñas das lecturas; previamente as
profesoras encargadas do club explicaron aos
rapAces e rapazas a linguaxe do cómic: tipos
de plano, personaxes, deseño da páxina, etc.,
para que se achegasen a esta arte con todos os
coñecementos posibles e así puidesen valorar
tanto a parte de literatura como a pictórica.
No segundo trimestre trataron o teatro, lendo
distintas obras e escenficiando algunhas
pasaxes destes libros durante as reunións.
Tamén neste caso se lles explicou a linguaxe
teatral, a posta en escena,...
O terceiro trimestre dedicouse á poesía,
entregando ao alumnado escolmas poéticas
adaptadas ao seu nivel e outros libros como os
de Antonio García Teijeiro (Na fogueira dos
versos, Ventos) dirixido a un público xuvenil,
sobre todo pensando no alumnado de 1º da
ESO.
As árbores cantan
As plantas bailan
A primavera leda
de amor feliz.
Alegres amizades
Alegres xentes co seu riso,
que se rin da verdade
que se rin da mentira.
Entón eu pensei:
"Que si, mentiras así tira
Oxalá soa se quede
a que aos demais despreza
Que a xulgue a aurora
porque xa é hora.
cerna dura dixital
19
O noso club de lectura, Ao pé da hortensia,
reuniu este curso a moito alumnado; pero os
fixos, por así dicilo, eran uns 16 mozos e
mozas. De novo os de 1º e 2º da ESO foron os
que máis se implicaron, seguidos polos de 3º.
Os de 4º, non sabemos a razón, acoden pouco
ao club; haberá outros intereses? Ademais de
alumnos houbo dous pais que formaron parte
do club e varios profesores.
A verdade é que este curso, debido á
suspensión das actividades extraescolares,
houbo que modificar o que tiñamos
planificado; pois implicaba quedar no centro
fóra do horario escolar, en concreto durante a
comida dos mércores. Esperamos poder levala
a cabo finalmente o próximo curso.
A actividade modificouse con respecto a outros
anos, pois desta non nos centramos na lectura
concreta dun libro, senón que traballamos por
trimestres:
O primeiro dedicámolo ao cómic e lemos moito
e variado (desde os máis clásicos –Mortadelo,
Astérix,Corto Maltés…- ata outros máis
novidosos –Enrugas, Bone…- , cómic manga,
versións de libros –O diario de Ana Frank,
Morte no Nilo,…-. No noso blog deixamos
constancia destas lecturas. Previamente
explicóuselle ao alumando a lingua do cómic:
tipos de planos, personaxes,…
O segundo trimestre estivo dedicado ao teatro.
Léronse textos tanto en galego coma en
castelán adaptados aos rapaces. Aínda que
estas lecturas quedaron algo interrompidas por
outra actividade paralela na que participaron
activamente os membros do club: ALIMÉNTATE
DE HISTORIAS... DEVORA UN LIBRO. Foron eles
os que maioritariamente leron durante os
recreos os textos seleccionados, e tamén os
que asistían como participantes na actividade.
Noraboa pola vosa actitude!!!
O terceiro trimestre estivo centrado na poesía:
estivemos lendo varias antoloxías poéticas e
recitando e comentando nos recreos aqueles
poemas que nos resultaron máis atractivos.
Ademais fixemos un poema entre todos os
membros seguindo a técnica do cadáver
exquisito, aquí o tendes:
cerna dura dixital
20
Devora un libro... aliméntate de historiasA pesar de que o claustro decidiu non facer actividades extraescolares este curso como forma de
protesta ante o que consideramos un fondo dano á escola pública, os Equipos do Plan Valora e de
Biblioteca fixeron en conxunto, e coa colaboración doutros departamentos, unha actividade que se
prolongou durante os 2º e 3º trimestres titulada: “Devora un libro… aliméntate de historias”.
A idea era combinar a comida e a literatura tendo en conta moitos aspectos: o valor nutritivo dos
alimentos, a relación das cores dos vexetais e a pintura, os métodos de conservación de alimentos, a
química da comida, a froita como medicina,… e como cada comida se adapta ao lugar e ao tempo no
que vivimos.
A actividade consistiu en tres partes:
1º - Exposición
Por todo o centro colocáronse distintas zonas
coa exposición. No primeiro andar estaban
sobre todo as froitas e verduras. Colléronse
fragmentos de obras para exemplificar o que
se quería explicar; así, o libro La joven de la
perla de Tracy Chevalier colocouse nun
cabalete xunto ao cadro do Vermeer, canda el
puxemos un libro coas propiedades das
distintas froitas e verduras, información sobre
o pintor e o seu uso da cor.
cerna dura dixital
21
Un minúsculo fragmento do libro Blade runner
de Philip K. Dick utilizouse para exemplificar
a importancia do envasado como método de
conservación de alimentos: explicamos a orixe
deste método e a repercusión que tivo.
Mentres se proxectou a película nun ordenado
ou se escoitaba a banda sonora.
Neste andar tamén se colocou unha mesa
relacionada co mar, e que enlazaba con A illa
do tesouro, a través dos libros Los tres viajes
alredor del mundo de James Cook, Diario del
viaje de un naturalista alrededor del mundo
de Charles R. Darwin, Robinson Crusoe de
Daniel Defoe e Moby Dick de Herman Melville
para amosar a comida que se come noutras
zonas ou por necesidade. Con Moby Dick
aprendeuse a comer e ver as propiedades da
carne de balea e decatámonos que para
certos pobos é como o porco para nós:
aprovéitase todo. Darwin e Cook
achegáronnos a outros alimentos menos
apetecibles: carne de can (que segundo dicían
os seus mariñeiros era saborosísima) e carne
humana (como último recurso para evitar a
morte). Costumes culinarios doutros pobos
que resultan chocantes para nós.
E enlazando con este último libro estaba a
mesa destinada a Viven. La tragedia de los
Andes de Piers Paul Read que conta a historia
dos membros dun equipo de rugby que, tras
un accidente aéreo, tiveron que sobrevivir nos
Andes comendo carne humana, neste caso
apreciamos a loita interna e o desexo de
perdón divino polo que van comer.
O conto da condesiña do libro Cousas
de Castelao foi colocada xacente, co
libro entre as súas esqueléticas mans,
xunto con información da razón pola
morreu dunha enchente de cereixas. O
barril de mazás de A illa do tesouro de
Robert L. Stevenson foi ubicado tal
cal no corredor coa explicación de
cómo a froita é necesaria para evitar
certas enfermidades.
cerna dura dixital
22
O maná da Biblia une a exposición coa andar
inferior, posto que se encadra no apartado das
comidas “fantásticas”. Para representar o
maná botouse nun atril enorme, con dúas
velas laterais, sobre o que estaba a Biblia
unhas areas de sal Maldon, que foi o que
atopamos máis parecido a descrición que del
se fai na Biblia. Neste grupo incluíuse tamén a
galleta que aparece en Alicia no país das
marabillas de Lewis Carrol , galleta que xa
todos quixeramos para nós: altera o noso
tamaño a conveniencia; así calquera! Outro
libro que fala de comidas marabillosas é O
señor dos aneis de Tolkien, pois nel aparece o
“pan de lembas” ou “pan do camiño”, é dicir,
o pan élfico. A Tolkien dedicóuselle unha mesa
en exclusiva que se decorou con hedras,
mapas da Terra Media, un dragón e os dous
libros que usamos deste autor, o xa citado e
mais O hobbit. O pan élfico relacionouse coas
actuais barriñas enerxéticas e falouse das
súas propiedades. Pola contra, de O hobbit
escolleuse o primeiro capítulo no que
empezan a chegar ananos á casa/buraco de
Bilbo e procuran comida, sobre todo doces e
mais doces: galletas, tortas, marmelada…
Porque os doces teñen moita importancia
nesta exposición, de feito reaparecen en O
pudding de Nadal de Agatha Christie: que
apetitoso pudding vai saborear monsieur
Hercules Poirot na cea de Nadal… “recheo” de
un botón, un anel, un rubí,… e decorado con
acivro. Na lectura dese día comemos tamén
un pudding de chocolate que nos soubo… a
gloria!
Outras mesas falaban de infusións e almorzos.
Así descubrimos as propiedades do café con
Cinco semanas en globo de Julio Verne e
mesmo, desde dentro do globo e rodeados de
sacos de café de distintas partes do mundo,
nos revelaron como facer o mellor café do
mundo (mesturado con bourbon).
cerna dura dixital
23
Asterix acabou dicíndonos cal é a orixe do
costume de tomar té ás cinco en punto en
Gran Bretaña, e, de paso, sabemos tamén as
propiedades desta infusión e as súas orixes
ancestrais. Co libro Los cinco se escapan de
Enid Blyton comprobamos como o almorzo
varía moitos duns países a outros,
descubrimos as diferenzas entre o almorzo
inglés e o continental, valoramos a
importancia desta primeira comida do día,
sobre todo para os adolescentes que deben
reter cousas na cabeza durante o estudo
diario…
Finalmente desprazámonos a outras partes do
mundo para descubrir o que se come por aí.
Así que collemos a maleta e marchamos
primeiro a África, co libro de Agnes Agboton
Más allá del mar de arena, para descubrir
como se torran os cacahuetes con area de
praia e que fan unha comida (o man n’sonu)
que nos lembrou moito ao noso caldiño, aínda
que este leva de todo, mesmo peixe. Por
suposto explicamos as propiedades dos
cacahuetes e aprendemos outras cousas da
comida africana: que é o cuscús, tamén
toman té no norte de África,…
De aí marchamos ata Xapón co libro El cielo
es azul, la tierra blanca. Una historia de amor
de Hiromi Kawakami para comer de novo
balea!!! como xa fixeramos cos mariñeiros de
Moby Dick, pero tamén bebemos sake,
probamos o atún con soia fermentada e a raíz
de loto salteada… e dixerimos algas,
descubrindo que nós tamén temos nas nosas
costas unha marabillosa verdura mariña que
pouco a pouco imos incorporando á nosa
cociña.
E de Xapón demos un chouto ata México para
probar con Laura Esquivel e o seu libro Como
auga para chocolate as tortitas, recheas de
todo, comprobamos o que pica o chili,
saboreamos o aguacate e adozamos a froita
co “miguelito”… toda unha experiencia para o
padal. Por suposto deuse información sobre o
valor nutritivo e culinario destes manxares.
cerna dura dixital
24
2º - Lecturas
3º - Xincana
Durante todos os segundos recreos do
terceiro trimestre leuse na biblioteca os
fragmentos seleccionados dos distintos
libros, e, sempre que foi posible,
acompañados da comida á que se facía
referencia. Así cando se leron os libros de
facían referencia á froita, comiamos algún
tipo desta, por exemplo, mazás en A illa do
tesouro, pero non se deu atopado cereixas
para a lectura da condesiña, mágoa! Os
doces acompañaron as lecturas das
sobremesas: galletas, biscoito, pastas e ata
torradas que fixo a profe Mari; barriñas
enerxéticas durante a lectura de O señor dos
aneis, cacahuetes durante a visita a África,
mandarinas cando se foi a Xapón (non se
atreveron co sushi) e para o final deixouse a
lectura de Como auga para chocolate de
Laura Esquivel, do que se leu cada día un
capítulo, degustando comida mexicana a
esgalla: tortitas, guacamole, nachos, olivas
picantes, chili, froita con miguelito,… unhas
con máis éxito ca outras.
A actividade remata cunha xincana na que
participan todo o alumnado do centro.
Consiste na procura de información sobre as
distintas mesas da exposición. Deberán
percorrelas todas e buscar a resposta ás
preguntas nos libros, nos carteis informativos,
mapas, botes de comida, sacos ou calquera
outro obxecto que estea sobre a mesa. As
preguntas versan tanto sobre o aspecto
literario como o científico, social ou cultural,
pois achéganse tanto á química (molécula de
cianuro), como a pintura (cores que usa
Vermeer nos seus cadros), ó uso de pesos e
medidas (como miden os pesos dos envases
noutros países ou diferenza entre peso neto e
escorrido), a simboloxía dos envases (é
reciclable,…), á xeografía (nome dunha illa,
fronteiras de países,…), bioloxía (cetáceos
mariños, diferenzas entre legumes e
verduras…) e un milleiro de cousas máis .
cerna dura dixital
25
Letras de amor
Por suposto, nos recreos do martes lemos todos os piropos pola megafonía do centro con moita
expectación: houbo aplausos, gritos, desmaios (ben, desmaios non pero case) e moito amor.
Este curso volvemos facer a actividade de letras de amor co motivo do día dos namorados. Esta vez
tratábase de elaborar expresións, poemas, palabras,... de amor e/ou galanteo para dedicarlle a algún
compañeiro ou compañeira, clase, profe ou persoal non docente. Os primeiros días non houbo unha
gran participación, pero logo fóronse animando e presentáronse bastantes traballos. O xurado era o
propio alumnado que foi votando ata lograr unha gañadora final: Andrea Méndez Santorum de 4º B.
cerna dura dixital
26
Revista Enormic bandaNo segundo trimestre algúns alumnos e alumnas
animáronse para participar na elaboración da
revista de banda deseñada ENORMIC BANDA, en
colaboración con máis institutos da comarca do
Salnés. Como no momento da convocatoria para
a realización dos traballos, aínda non se sabía
nada sobre a contía das axudas que iamos ter da
consellería, acordouse reducir gastos,
diminuíndo o número de páxinas e que foran
preferentemente en cor branca e negra. Os
traballos preseleccionados no noso instituto
foron:
Traballo feito por Martín Carramal Meis
cerna dura dixital
27
Traballo feito polo grupo 3º A
cerna dura dixital
28
O papel do bosque
cerna dura dixital
29
Letras galegas 2012
Lembranzas
Tamara Abal Padín (3º C) – Terceiro premio
Desde hai algúns anos , existe unha historia
que relata o que lle ocorre a unha muller
chamada Inés.
Inés era unha muller divertida, alegre,
sociable. A súa paixón desde nena fora a
moda, por iso se convertera nunha deseñadora
de moda moi famosa en todo o mundo.
Viaxaba por todos os países ensinando os seus
vestidos, presentándose aos mellores desfiles
de moda e organizándoos.
Despois duns anos decidiu casar. Era a muller
máis feliz do mundo, xa que tiña cartos, fama,
alguén con quen compartilo todo, que a quería
e a apoiaba en todo o que ela facía. Pero esa
felicidade non durou moito tempo.
Nunha das poucas viaxes que fixera co seu
home, ocorreu algo terrible. O avión no que
viaxaban tivo un accidente cando estaba xa
preto do seu destino e caeu ao mar.
Ó pasar un par de anos, unha mañá Inés
espertou nunha casa estraña co son das ondas
do mar. Ergueuse confusa e dirixiuse cara á
praia onde se atopaba unha muller mirando o
mar.
A muller notou a presenza doutra persoa e
xirouse, ó ver que era Inés, a muller
sorprendeuse moito. Entón Inés preguntoulle
que lle pasara, que facía naquela casa e quen
era, posto que non lembraba nada, nin a súa
identidade. A muller díxolle que non o sabía,
que había dous anos que a atopara na praia
tirada na area e que durante todo ese tempo
coidara dela. Inés marchou cara á casa
confusa, aparvada. Pero o que non sabía Inés
era que a muller que a recollera e coidara
durante eses dous anos, lle estaba a mentir.
Dous meses despois, Inés decidira que ía
pescudar quen era, que lle ocorrera dous anos
atrás, por que chegara ata aquela praia e por
que non era quen de lembrarse do que lle
ocorrera.
O concello de Meaño organizou un concurso literario co motivo do Día das Letras Galegas 2012,
dirixido ao alumnado do noso instituto. Os traballos consistían na redacción de contos curtos inéditos
en galego. Os gañadores recibiron o premio o 17 de maio na Casa de Cultura de Dena.
cerna dura dixital
30
Dirixiuse cara á cidade para buscar a
información que quería, pero non a daba
atopado. Dunha das veces na que andaba na
procura de novas sobre ela, viu un anuncio dun
desfile de moda. Pero o que máis lle
sorprendeu foi que o nome de quen organizaba
o desfile lle resultaba moi familiar.
Cando entrou, todos os que estaban presentes
quedaron abraiados, sen fala. Ela estrañouse
de que ocorrera iso, pero máis lle estrañou
cando se achegou a un home que estaba a
dirixir o desfile, e, ó vela, asustouse e
chamouna polo seu nome.
Inés abraiada preguntoulle como sabía o seu
nome, se a coñecía. O home díxolle que si,
que ela era a dona de todo aquilo, pero que
todos pensaban que estaba morta. O home
explicoulle que na última viaxe que fixera co
seu home, xusto nese país, o avión no que
viaxaban caera ó mar e que a policía dixo que
morrera xa que non aparecera o seu corpo. Á
súa cabeza viñan e ían imaxes de maletas, un
aeroporto, o seu home e mais ela sentados no
avión, o avión caendo cara ó mar e afundindo
nel. Negrura, a partir de aí só vía negrura.
Inés asustada e aparvada, dirixiuse cara á casa
da muller. Ó chegar alí, enfadada,
preguntoulle á muller por que lle mentira, que
xa sabía toda a verdade. Sabía que era unha
deseñadora de moda moi famosa, que estaba
casada e que todo aquilo lle ocorrera polo
accidente de avión que tivera.
A muller respondeulle entre saloucos que non
o fixera por mal, pola contra, que o fixera
para protexela. Comentoulle que non lle
dixera nada, porque cando vira que espertara
asustada e desorientada, non quería darlle a
mala noticia de que tivera un accidente de
avión e que perdera ó seu home. Inés
comprendeuna e agradeceullo.
Despois de moito tempo, Inés volveu a ser
unha deseñadora de moda moi importante
ademais de volver a casar. Pero unha cousa
que xurou por vida foi que nunca ía volver
viaxar nun avión.
cerna dura dixital
31
Os desexos dun neno
Sandra Torres Frieiro (4º ESO B) – Segundo premio
Nun afastado lugar e hai moito tempo vivían
dous irmáns orfos que se querían moito.
Ela, que se chamaba Laia, estaba moi
enferma, naceu cunha enfermidade no
corazón, e Max, seu irmán, pasaba as horas no
seu laboratorio intentando descubrir unha cura
para esa enfermidade.
A pesar dos prognósticos (ninguén cría que ela
vivise máis dun ano), el conseguira mantela
con vida sete anos, pero aínda non lograra
curala.
Un bo día o noso protagonista creu encontrar a
solución: unha árbore, unha especie de bonsai,
que nacía no Amazonas e que as tribos de alí a
utilizaban para combater todo tipo de
enfermidades. O malo era que o Amazonas
estaba moi lonxe e Max non tiña diñeiro para
conseguir unha desas árbores. Por iso, ó día
seguinte saíu na busca dun traballo e pronto
encontrou un nun laboratorio que estaba
preto, no que lle pagaban un bo soldo, co que
lle sería fácil reunir o diñeiro necesario para
comprar a árbore.
Pasados dous meses xa tiña a árbore no seu
laboratorio, pero descubriu con gran tristeza
que a sabia desa árbore non curaba a súa
irmá.
Estaba desesperado e xa non sabía que facer.
Tería que experimentar coa árbore para
conseguir algo, pero unha soa árbore non era
suficiente para conseguir unha cura definitiva.
Inmerso nos seus pensamentos, sen querer
derramou un tarro de sal sobre a árbore,
botouse a chorar porque creu que o sal
murcharía a árbore e xa non podería conseguir
nada.
Derrotado polo seu fracaso, tardou varios días
en entrar de novo no seu laboratorio e cando
finalmente o fixo...
¡O BONSAI FLORECERA!
Comprobou que o sal cambiara a estrutura
xenética da árbore e agora tiña maiores
propiedades curativas.
Volveu a inxectarlle a sabia a súa irmá e en
pouco tempo observou como Laia podía facer
cousas que antes lle impedía facer a súa
enfermidade. Fíxolle moitas probas e a súa
felicidade completouse cando descubriu que
tiña o corazón máis forte que ninguén e que
podía levar unha vida normal.
O asombroso desta historia é que Max,
cando conseguiu a cura para a súa irmá, tan só
tiña 15 anos.
cerna dura dixital
32
Don Cosme e don Ramón eran dous anciáns que
vivían na residencia da terceira idade, pero
cuns pasados moi diferentes. Don Ramón,
provinte dunha familia campesiña humilde,
tivera unha escasa educación; don Cosme en
cambio proviña dunha familia obreira, con
fortes tendencias sindicalistas e un marcado
carácter político.
Estes dous anciáns, como sempre, pasaban as
tardes nun dos bancos da sala de estar da
residencia; don Ramón, home de poucas
palabras, xa sabía de memoria o discurso que
como todas as tardes lle soltaría don Cosme.
Comezaría recordando aqueles tempos que
traballara nos sindicatos para mellorar as
condicións laborais, asistindo a manifestacións e
mesmo convocando moitas máis. En cambio
don Ramón xamais asistira a unha manifestación
nin fixera unha folga, incluso cando a empresa
láctea á cal lle vendía o leite que producía na
explotación gandeira familiar baixou os prezos,
deixándoos case na ruína. El simplemente calou
e aceptou.
A continuación empezaría cos políticos. Segundo
el os políticos eran como uns ditadores, o pobo
elixíaos cada catro anos dándolles un cheque en
branco, podendo facer o que quixesen durante
ese tempo. Segundo el viviamos nunha
“ditadura democrática”; don Ramón non
entendía moito de política e sempre lle dicía
que era mellor deixalos a eles facer e desfacer
o que quixesen, que ó fin e ó cabo eran os que
entendían diso. Don Cosme, como sempre, non
respondería ás súas palabras, pensando para si
mesmo que iso é o que queren os políticos:
persoas con poucos coñecementos, que non se
queixen dos movementos do goberno aínda que
prexudiquen o pobo. Continuaba dicindo que
calquera día os políticos acabarían con todo,
incluído el, como seguisen xestionando tan mal
o goberno. De cara á hora da merenda xa non
quedaba ningún tema máis que tratar, así que
comezaría a falar dalgún tema familiar. Don
Cosme esta semana tiña novidades. O seu fillo,
que casara xa hai un tempo e lle dera un neto,
agora quedara no paro e co que lle pasaban do
subsidio non chegaba nin para pagar a hipoteca
do piso, polo que dependían da súa pensión.
Hoxe don Cosme si que estaba alterado de máis.
Xa levaba teimando na mesma idea de que os
políticos acabarían con todos, incluído el. Toda
a tarde na sala pequena onde se atopaban había
unha televisión, aínda que estaba “prohibido”
prendela a determinadas horas nas que podería
saír algún político. Cada vez que isto pasaba
don Cosme acababa propinándolle numerosos
insultos. Pero aquel día que ninguén esperaba
que aparecesen, saíu un ministro xustificando
os recortes nas pensións dos xubilados. Don
Cosme levantouse e, antes de que puidese dicir
nada, caeu fulminado, segundo se soubo máis
tarde, por un ataque ao corazón. Don Ramón
aínda estivo uns días despois pensando para si
mesmo que tería que ter coidado, xa que, se
conseguiran eliminar a don Cosme, calquera día
os políticos virían a por el e o resto de persoas.
Ditadura democrática
Martín Carramal Meis (4ºB) – Primeiro premio
cerna dura dixital
33
Valentín Paz AndradePolítico, empresario, xornalista, ensaísta, poeta,... Valentín Paz Andrade foi un home polifacético
coma poucos. Comprometido coa terra e marcado por unha época convulsa, tivo ideas innovadoras
co propósito de forxar os alicerces para unha patria próspera: unha prensa galega moderna, a unión
por ferrocarril con Europa, unha economía empresarial competitiva e con base na tecnoloxía,
partidos políticos galeguistas, unha banca propia, refinerías de petróleo operando en Galicia ou
explotacións hidroeléctricas.
A súa concepción da cultura como valor económico e de Galicia, como potencia cultural, levouno a
apoiar a creación da Editorial Galaxia e a fundación de xornais.
Valentín Paz Andrade sentía, ademais, unha profunda preocupación polo destino da lingua.
Convencido do carácter internacional do galego e das posibilidades que a lusofonía podía achegar á
difusión da nosa cultura, defendeu a comunidade lingüística con Portugal e co Brasil: A conservación
e o cultivo do idioma propio é un imperativo ligado á vida e á economía dos habitantes de Galicia
tanto como á súa cultura e á súa historia.
Valentín Paz-Andrade naceu o 23 de abril de
1898 na parroquia de Lérez (Pontevedra)
nunha familia ben coñecida da cidade. Tivo
tres irmáns. Sendo mozo, da man do seu tío
materno, o poeta Juan Bautista Andrade,
iniciouse no xornalismo, comezou a se
interesar pola literatura e coñeceu a Castelao.
A partir de 1917 estuda leis en Santiago. Aquí
segue manifestando as súas inquedanzas
xornalísticas, culturais e ten unha
participación destacada no movemento
galeguista. Rematou a carreira en 1921. Nese
ano marcha para a guerra de África, unha
experiencia curta, pero que deixou certa
pegada na súa única e inédita novela, Soldado
da morte. A partir de 1922 exerce como
avogado; dous anos máis tarde, publícase o
seu primeiro libro Los puertos nacionales de
pesca. Aportación de Vigo al estudio del
problema. Nos anos trinta ten unha
importante colaboración no movemento
galeguista, toma parte na elaboración do
anteproxecto do Estatuto de Galicia e é
candidato a deputado.
Notas biográficas
cerna dura dixital
34
En 1932 sofre un atentado ao que sobrevive.
En setembro de 1936 é desterrado a Verín e,
nos primeiros días de 1937, destérrano de
novo a Requeixo da Queixa, e logo a Castro
Caldelas e A Pobra de Trives. Aquí coñeceu a
Pilar Rodríguez Prada , coa que casou en 1939.
Había un ano que residía en Vigo.
No durísimo desterro na Serra de Queixa,
pasando fame e frío, o autor sentiu por
primeira vez a necesidade de escribir versos.
Durante a década dos corenta, dedícase á súa
actividade profesonal, mais non abandona o
xornalismo. Nos cincuenta, na súa xira
americana, adquirirá coñecementos sobre o
sector pesqueiro que ían dar froitos
transcendentais para a nosa terra, como a
creación de PESCANOVA, SA. Ademais,
establecerá lazos co galeguismo do exilio aos
que xa nunca renunciaría. PolítIcos como
Lorenzo Varela ou Castelao, pintores como
Seoane e escritores como Blanco Amor,
condenados ao ostracismo, atoparían en Paz-
Andrade apoio e esperanza. No ano 1963
continuou a traballar no proxecto de creación
do Banco Industrial de Galicia, un banco
netamente galego orientado ao aforro e ao
desenvolvemento do país, pero a autorización
foille denegada de novo.
Todas estas actividades non lle impiden seguir
escribindo en diferentes medios, investigando
e interesándose por diversos eidos da cultura.
En 1968 sae do prelo o seu segundo poemario,
Sementeira do vento, e xa no ano 1970 La
marginación en Galicia, volume en que recolle
varias ideas sobre a situación de abandono da
que é vítima o noso país. Metidos xa en 1976,
participa activamente na renacenza da
democracia en España. No ano 1979 publica
Cen chaves de sombra, “un libro de poemas
dun loitador, dun home con coraxe á hora de
escribir e á hora de pelexar”, segundo afirma
Lorenzo Varela. Recibiu numerosos galardóns
ao final da súa vida. Foi elixido membro da
Real Academia da Lingua e das Ciencias,
outorgáronlle O pedrón de Ouro, a Medalla ao
Mérito Social Marítimo e a Medalla de
Castelao, entre outros recoñecementos.
Despois de loitar varios meses contra unha
doenza cardiovascular, finou unha madrugada
do 19 de maio de 1987. Foi enterrado no
panteón familiar do cemiterio de Lérez, na
súa Pontevedra natal, envolto na bandeira
galega, segundo expreso desexo seu.
Información recollida do traballo “Colleita do 1898” do IES Xoán Montes (Lugo), premiado pola Secretaría
de Política Lingüística para o Día das Letras Galegas 2012 e cuxa difusión foi a través da exposición dos
carteis.
cerna dura dixital
35
Radio Ruxe
Neste curso 2011-2012 tentamos dinamizar a
programación da radio cun novo proxecto,
ideado por todos os colaboradores habituais e
pensado para facer da radio un medio de
comunicación ao alcance de todo o alumnado
e profesorado e persoal non docente do noso
instituto. Para isto tentamos que pasasen pola
nosa mesa de debate o maior número de
profesorado. Sen dúbida, toda unha
experiencia para todos os participantes.
O traballo da radio non só se limita ao
momento da súa difusión polas ondas, pois
tras o pano do escenario, súmanse horas de
traballo para optimizar todo o instrumental
utilizado e necesario para a realización e
emisión dos programas. Sabemos con fe e
certeza que este vindeiro curso serán
solucionados e, ao fin, verase un traballo que,
ás veces, supera ao de grandes profesionais.
Os temas que tratamos foron pensados para
crear opinión, polémica, conciencia e tamén
algunha pequena dose de humor. Falamos
sobre a Lei de aborto e se esta favorece ou
prexudica na decisión final dunha rapaza de
dezaseis anos para interromper o embarazo;
se o consumo de alcol en rapaces de menor
de idade as fins de semana é necesario para a
súa socialización; como mellorar a nosa saúde
cambiando os nosos hábitos: practicar
deporte, camiñar, etc.
Finalmente queremos agradecerlles a súa
participación a todos os que fixeron posible
este proxecto e desexarvos unhas estupendas
vacacións.
Un cordial saúdo.
O grupo de radio.
Fotografía matemática
1º premio: El Sena y la simetría de Chailot
Autora: Iria Ásperez Balboa, 3º B
2º premio: Unidades e fraccións
Autora: Alba Paz Castro, 1º B