TÍTULO: PERFIL DA FAMILIA E AFECTADOS/AS NA ASOCIACIÓN GALEGA DE
TRASTORNOS DA PERSONALIDADE (TP-GALICIA). MUÑIZ, S. E GUERRA, B.
RESUMO. Nesta comunicación queremos dar a coñecer o perfil socio-
demográfico e psicolóxico da familia e afectados das persoas que se achegan á
asociación. Referímonos a aspectos como o nivel socio-económico, a unidade
familiar, o tipo de diagnóstico, a comorbilidade, o número de profesionais que
atenderon ao paciente, a existencia de ingresos hospitalarios, os tratamentos
seguidos, os antecedentes traumáticos, a existencia de denuncias ou os
ingresos penais, as autolesións e os intentos de suicidio. As conclusións do
estudo dos perfís das familias mostran unha visión xeral e actualizada da
situación persoal e familiar dos/das usuarios/as da asociación.
PALABRAS CLAVE. Trastorno da personalidade, familia, perfil socio-
demográfico e psicolóxico.
TITLE: FAMILY AND PATIENTS PROFILE IN BORDERLINE DISORDER ASSOCIATION
(TP-GALICIA). MUÑIZ,S. E.GUERRA,B.
In this meeting we will explain the demographic and psychologic profile
of the family and patients that visit the association. In principle we refer
to aspects such as social-economic level,family unity,
comorbidity ,diagnostic, number of professionals to diagnosticate the patient,
existence of hospital admissions, treatments, traumatic background, existence
of complaints or penitentiary income and attempted suicide.The conclusions of
this research gives a global and updated view of the personal and family
situation of the users of the association.
KEY WORDS: borderline disorder,family, socio-demographic and psychological profil
1
INTRODUCIÓN
Os trastornos da personalidade son patoloxías que están
empezando a cobrar especial relevancia no eido da clínica
debido á forte demanda destes trastornos, tanto na área de
urxencias como nas unidades de saúde mental. Este trastorno
demanda atención sanitaria debido á gravidade (intentos de
suicidio, autolesións, impulsividade) e variedade (consumo de
drogas, problemas alimentarios) dos síntomas. (Rubio Larrosa,
V.2003; Fernández Guerrero, 2007)
Segundo o DSM-IV-TR os trastornos da personalidade son
trazos persistentes na forma de percibir, relacionarse e
pensar sobre o contorno e sobre un mesmo, que se pon de
manifesto nunha ampla gama de contextos sociais e persoais.
Estes trazos constitúen trastornos de personalidade cando son
inflexibles, desadaptativos e cando causan un deterioro
funcional significativo ou un malestar subxectivo. Estímase
que a prevalencia de trastorno límite é de aproximadamente o
2% da poboación xeral, do 10% dos pacientes vistos en centros
ambulatorios, e en torno ao 20% entre os pacientes
psiquiátricos ingresados. En poboacións clínicas con
trastornos da personalidade sitúase entre o 30 e o 60%. Entre
as persoas diagnosticadas desde a adolescencia ata a mediana
idade, un 70% cometerá algún intento de suicidio e un 50%
repetírao, incluso diversas veces ao longo da súa vida. Entre
un 8 por cento e un 10% consumárao (American Psychiatric
Association, APA 1994).
2
Os trastornos da personalidade, nalgunhas ocasións,
aféctanlle gravemente á convivencia familiar. A familia
xeralmente non é capaz de controlar debidamente a situación
por falta de coñecemento sobre estes trastornos mentais,
falta de habilidades de comunicación e como tratar
adecuadamente as situacións de crise. Estas situacións de
crise poden levar á persoa a recorrer a comportamentos
autodestrutivos, como poden ser autolesións, ameazas ou
intentos de suicidio, agresións a persoas próximas ou
illamento extremo. (Consellería de Sanidade e Consumo da
Comunidade de Madrid, 2005).
Na literatura aconséllase incluír no tratamento do TLP
unha abordaxe familiar, xa que existen claras necesidades de
intervención pola razóns anteriormente mencionadas
(Gunderson, 2002; Mosquera, 2004 a; 2004 b, 2005; Martín
Cabrero, 2009;) e, así mesmo, os trastornos da personalidade
considéranse trastornos graves, de larga duración, de mal
prognóstico, crónicos, de difícil intervención e de difícil
adherencia ao tratamento.
O diagnostico máis frecuente é o trastorno límite da
personalidade (TLP), entre un 1,1% e 4,6% (APA, 1994), é
dicir, a persistencia dobra á da esquizofrenia. Diagnostícase
frecuentemente en mulleres, nunha ratio de 1:3. Como
consecuencia da variada sintomatoloxía, sumada á
inestabilidade afectiva e á diminución do control de
impulsos, é moi probable que este trastorno manifeste unha
gran comorbilidade con trastornos afectivos nun 93%, con
trastorno de ansiedade nun 88%, con trastorno por uso de
3
sustancias nun 65% de homes e 41% de mulleres, e o 53% un
trastorno de alimentación co 30% mulleres e co 10% homes.
(Grupo de traballo sobre o trastorno límite da personalidade,
2006). Neste grupo, tamén se fala da frecuente coexistencia,
ata un 25%, de características inherentes ao trastorno
antisocial da personalidade, que supón que estes pacientes
adopten patróns de conduta que implican problemas coa lei.
METODOLOXÍA
Utilizouse unha metodoloxía cualitativa e cuantitativa
para a recollida de datos socio-demográficos e psicolóxicos.
Esta recollida de información sobre os diferentes perfís
fíxose mediante entrevistas individuais aos familiares. A
mostra total é de cincuenta e dúas familias, que foron
atendidas periodicamente entre os anos 2006-2008 na
Asociación TP-GALICIA .
RESULTADOS
A continuación, presentamos as táboas coas seguintes
porcentaxes.
4
TABOA 1. FAMILIAS
Hombres Mujeres Total Familias
0
10
20
30
40
50
60
27
25
52
FAMILIAS
TABOA 2. DATOS DEMOGRAFICOS
A Coruña65%
Pontevedra25%
Ourense2%
Lugo8%
DATOS DEMOGRAFICOS
TABOA 3. NIVEL SOCIO-ECONOMICO
Nivel Alto20%
Nivel Medio72%
Nivel Baixo8%
NIVEL SOCIO-ECONOMICO
TABOA 4. TIPO DE PARENTESTECO
5
Fillos-as Irmans Conxuxe
0%10%20%30%40%50%60%70%80%90%
100%84.61%
13.46%
1.92%
Tipo de Parentesco
TABOA 5.UNIDADE FAMILIAR
Separados/Divorc.15%
Monoparentales15% Padres Adoptivos
8%Familia convencional
62%
UNIDADE FAMILIAR
TABOA 6. CONVIVENCIA PERSOA CON DIAGNOSTICO( HOME)
Convivencia
Homes convivencia familiar55%
Homes non convivencia familiar
45%
6
TABOA 7.CONVIVENCIA CON DIAGNOSTICO( MULLER)
Convivencia
Mulleres convivencia familiar
60%
Mulleres non convivencia familiar
40%
TABOA 8. MEDIA IDADE PACIENTES
Media Total Media Homes Media Mulleres
26.5
27
27.5
28
28.5
29
29.5
28.49
27.7
29.28
MEDIA IDADE PACIENTES
TABOA 9. TIPO DE DIAGNOSTICO
7
TIPO DE DIAGNOSTICO
88,80%
11%14,80%
33% 33%
68%
32%
4%
20%
44%
0%
3,70% 3,75%
0%0%
10%20%30%40%50%60%70%80%90%
100%
Chicos
Chicas
TABOA 10. COMORBILIDADE
Consumo 1 sus-tancia
Consumo más de 1 sustancia
Total casos de consumo
Trastornos de Alimentación
Outro tipo de diagnóstico
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
80%
90%
100%
25%
51%
78%
7%
33%
8%
20%
28%32% 32%
COMORBILIDADE
Homes
Mulleres
TABOA 11. NUMERO DE PROFESIONAIS QUE O ATENDERON
8
Mulleres Homes
0
0.5
1
1.5
2
2.5
3
3.5
4
3.73.48
Nº de Profesionais que os atenderon
TABOA 12. EXISTENCIA DE INGRESOS HOSPITALARIOS
Total Homes Mulleres0%
10%20%30%40%50%60%70%80%90%
100%
69% 67%72%
EXISTENCIA INGRESOS HOSPITALARIOS
TABOA 13. TRATAMENTOS
9
Ambos (Psicóloxico e Psiquiátrico)
Un solo (Psiquiátrico) Ningun
0%10%20%30%40%50%60%70%80%90%
100%
34.61%26.92%
38.46%
TRATAMENTOS
TABOA 14. ANTECEDENTES TRAUMATICOS
Antecedentes Traumáticos
13,46% 11,53%
0,00%
10,00%
20,00%
30,00%
40,00%
50,00%
60,00%
70,00%
80,00%
90,00%
100,00%
Homes Mulleres
TABOA 15.DENUNCIAS-CARCERE
10
Total denuncias Total carcere
0%10%20%30%40%50%60%70%80%90%
100%
23.00%
3.80%
DENUNCIAS-CARCERE
TABOA 16. AUTOLESIONS-INTENTOS DE SUICIDIO
Total autolesions/intentos de suicidio
Mulleres Homes0%
20%
40%
60%
80%
100%
38%
68%
11%
AUTOLESIONS-INTENTOS SUICIDIO
CONCLUSIÓNS
O perfil das familias que acode a TP-GALICIA é unha
familia da área de Santiago, de nivel socio-económico medio,
normalmente cun/cunha fillo/a, no 84% dos casos cunha idade
media de 28 anos, que no 60% dos casos mantén unha
convivencia na casa dos familiares e cun informe psiquiátrico
de trastorno da personalidade, no 88% dos casos de homes e no
69% dos casos de mulleres. Así mesmo, existe unha alta
comorbilidade, no 77% dos casos de homes existe o consumo de
sustancias e nas mulleres un trastorno de alimentación no
11
32%. O diagnóstico máis frecuente en homes e mulleres é o
trastorno límite de personalidade (TLP), e as persoas co
trastorno de personalidade tiveron de media tres ou catro
profesionais (psiquiatras e psicólogos), coa existencia de
ingresos hospitalarios nun 69% dos casos, que se deben a
intentos de suicidio e autolesións. Na actualidade, máis do
60% dos/das pacientes acode a algún tipo de tratamento
farmacolóxico ou psicolóxico.
As familias acoden despois dunha larga peregrinación por
varios centros, moi poucos dispoñen dalgunha información
sobre o trastorno da personalidade e a maior parte non leron
nada sobre o tema ou teñen información incorrecta. En xeral,
séntense excluídos, desinformados, desesperanzados,
culpabilizados, non tomados en serio e con información
negativa sobre o trastorno (non hai nada que facer, son
manipuladores, é para toda a vida etc.). Demandan sobre todo
que se lles ensine a tratar o TP na convivencia diaria e como
afrontar as situacións de crise (extraído de www.alai-
tp.com).
Por este motivo, a asociación pretende darlles resposta
a estas demandas realizando diferentes actividades coas
familias para proporcionarlles información sobre o trastorno
da personalidade e ferramentas para poder manexar situacións
de crise, como os grupos de psicoeducación e charlas
informativas con profesionais en saúde mental. Así mesmo,
tamén intentamos traballar aspectos máis emocionais e de
respiro familiar para diminuír o estrés e a ansiedade que
presentan as familias, como a realización de grupos de
12
autoaxuda e talleres de relaxación e autocoidado.
O ter información ampla e axeitada sobre o trastorno de
personalidade posibilita que a familia entenda mellor as
condutas do seu familiar, e así é capaz de modificar patróns
de relación e comunicación con el, ademais de poder
establecer limites nas súas relacións, darlle un apoio
correcto sen sobreimplicación, aprender a manexar as crises
de maneira axeitada, que diminúa a demanda de recursos etc. E
como consecuencia, diminúe a busca de recursos sanitarios
asistenciais.BIBLIOGRAFIA
APA. Manual diagnostico y estadistico de los trastornos mentales.( DSM-IV)
Barcelona: Masson, 1995.
Consejeria de Sanidad y Consumo de la Comunidad de Madrid. Recorriendo los
limites. Guia practica para familiares y pacientes con trastorno limite de
la personalidad. 2005.
Grupo de Treball sobre el Trastorn Limit de la Personalitat. Quaderns de salud
mental; 8. Edición: CatSalut, Barcelona, 2006.
Gunderson, J.G. El trastorno limite de la personalidad. Guia clinica. Barcelona:
Ars Medica, 2002.
Fernandez Guerrero, M.J.. Trastorno Limite de la Personalidad. Ediciones Amaru:
2007.
Martin Cabrero, B. Grupo de familiares de personas con trastorno limite de
personalidad. Interpsiquis, 1, 2009.
Mosquera, D. Diamantes en Bruto I. Un acercamiento al trastorno limite de la
personalidad. Manual informativo para profesionales, pacientes y
familiares. Madrid: Ediciones Pleyades, 2004.
Mosquera, D. Diamantes en Bruto II. Manual psicoeducativo y de tratamiento.
Madrid: Ediciones Pleyades, 2004.
Mosquera, D.y Ageitos, L. Mas alla de lo aparente. Un acercamiento a los
comportamientos, pensamientos y actitudes de los familiares de personas con
Trastorno Limite de la Personalidad . Madrid: Ediciones Pleyades, 2006
Rubio Larrosa, V. Trastornos de la personalidad. Editorial Elsevier(2003)
13