CRA de Coristanco-Santa Comba
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 15 DE MAIO DO 2020
HORARIO ACTIVIDADE
09:00 Aséome e preparo o meu almorzo
10:00 Semana das Letras Galegas
Carvalho Calero : Varias propostas
11:00 Aséome e preparo a miña merenda
12:00 Xogo libre/xogo só
13:00 Actividade Pedagoxía Terapéutica
O peletre
14:00 Aséome, axudo a preparar a comida e
a pór a mesa
AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS
Seguimos coas actividades das letras galegas:
Os de Educación Infantil pinchade neste enlace:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5008412-memory_de_carvalho_infantil.html
Os de Educación Primaria facede clic aquí:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5008341-memory_de_carvalho_calero.html
Para Educación Infantil e Primaria, pinchade a continuación:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5011497-vozes_e_imagens.html
A seguinte mandala a podedes colorear todos:
Os de 3 e 4 anos recortar e facer este crebacabezas:
Os de máis de 5 anos recortar e facer este crebacabezas:
CRA de Coristanco – Santa Comba
OLA A TOD@S!! Como segue todo?
Esta é unha das semanas máis fermosas para tod@s porque recordamos a
antepasados que mostraron un agarimo especial por un fermoso sinal de
identidade común como é a nosa lingua.
Para comezar o día imos a escoitar unha canción moi bonita para descubrir o
que esconde baixo a palabra peletre: https://youtu.be/xaswe5sGBIE
AGORA xa sabedes o que é? Pois sí, o xogo do peletre ou da mariola é un xogo
moi divertido que se realiza poñendo unha serie de números determinada que
se encerran nunha figura polos que seguindo a orde determina se dan saltos
coas pernas xuntas ou a pata coxa.
Pois ben propoño que cada un de nos se poña mans a obra para construír un
baixo as seguintes premisas:
1. O peletre debe estar numerado do 1 ao 10.
2. Cada número estará encerrado nunha figura xeométrica distinta
empregando como mínimo 4 (triángulo, cadrado, círculo,
rectángulo,...).
3. Se non tedes espazo físico para realizalo nas vosas casas podedes
construílo con folios de cores.
4. Para poder construír distintos déixovos unha foto para que poidades ter
algunha idea.
O PELETRE ACTIVIDADE DENDE A AULA DE PT PARA O
15 DE MAIO
CRA de Coristanco – Santa Comba
DESPOIS de construír este xogo que nos permitirá movernos un pouco máis
invítovos a convertervos en INVESTIGADORES DO PASADO e que descubramos
palabras antigas que non usamos actualmente no noso vocabulario. Moitos dos
nosos avós ou bisavós usaban o termo peletre para chamar así ao xogo
anterior e propoño que lles preguntemos por algunhas desas palabras e
despois fagamos un debuxo que explique o que é coa axuda precisa a
escribamos. Imos descubrir entre todos cantas palabras descoñecemos!!
PARA REMATAR, aquí vos deixo un popurrí das cancións do libro “A fiestra
dos soños” de onde se recolle a canción do peletre para que o vexades e o
escoitedes porque é moi divertido: https://youtu.be/IdWbFmdZnl4ç
Como xa dixen ao inicio, esta semana tan especialadicada a nosa lingua
gustaríame compartir convosco un videopoema realizado por Celia Parra no
que se entende a lingua como a nosa nai e que ten o fermoso título de
“Adondar a lingua”
Tendes aquí o enlace para escoitaloco desexo que vos guste tanto como a min
e recordade sempre adondar a lingua galega: https://youtu.be/-PQzM7IULyg
ATÉ PRONTO AMIGAS E AMIGOS! APERTAS TENSAS