A proba en todo momento irá acompañada da Policía Local e do continxente de Protección Civil; os 100 primeiros cicloturistas inscritos terán avituallamento (sólido e líquido), e ao rematar a proba farase un sorteo de agasallos entre os participantes e o público asistente.
REGULAMENTO:Os participantes deberán ter cumpridos os trece anos de idade.A proba desenvolverase pola estrada local, que chega ata o Mosteiro de Caaveiro, sendo en todo momento neutralizada pola organización.O percorrido da mesma será de 28 Km.Será obrigatorio o uso de casco.Todos os participantes inscritos na proba, estarán cubertos por unha póliza de seguros de accidentes personais de grupo.
V CONTRA-RELOXO INDIVIDUAL NO PASEO MARÍTIMO.
O 12 de abril a partir das 12 horas terá lugar no paseo marítimo a 5ª Contra-reloxo individual para ciclistas de idades comprendidas entre os seis e os catorce anos.
Os 1º e 2º clasificados de cada categoría, recibirán un trofeo.As categorías establecidas serán as seguintes:
-De 6 a 8 anos.-De 9 a 11 anos.-De 12 a 14 anos.
III CIRCUITADA DE B.T.T. CONCELLO DE PONTEDEUME
• O día 11 de abril a partir das 16,30 horas terá lugar no Paseo Marítimo de Pontedeume ( debaixo da ponte da autoestrada ) a 3ª circuitada B.T.T. •A entrega de dorsais realizarase a partir dás 16:00 horas. •As categorías serán as seguintes :
A: de 6 a 9 anos. B: de 10 a 16 anos. C: maiores de 16 anos.
REGULAMENTO:
•A proba será mixta e para maiores de 6 anos.•Dependendo da categoría terán que percorrer un número de voltas que será indicado pola organización.•A saída realizarase en grupos de seis ciclistas clasificándose os tres primeiros para a final.•Será obrigatorio o uso de casco.•Os participantes da proba estarán cubertos por unha póliza de seguros de accidentes personais de grupo.•Ao remate da proba realizarase un sorteo de agasallos entre os participantes e o público asistente.Entregarase avituallamento sólido e líquido. Recibirán trofeo o 1º e 2º clasificados de cada categoría.
VI MARCHA POPULAR POLAS FRAGAS DO EUME.
A 6ª Marcha popular polas Fragas do Eume, se celebrará o vindeiro 12 de abril, con saída ás 10 da mañá no paseo marítimo de Pontedeume.
Para inscribirse deben telefonear ao SERVIZODE DEPORTES do Concello de Pontedeume,Número: 981-433041 ou personarse no PávillónMunicipal de Deportes “ A Casqueira” antes do día 8 , ou media hora antes no lugar da proba.